You are on page 1of 3

O PRONOME PERSOAL II.

CONTRACCIÓNS DO PRONOME ÁTONO

Cando nun enunciado aparecen varios pronomes persoais átonos, estes contraen
entre si. O primeiro elemento da contracción sempre será o pronome de CI e
despois o de CD. O pronome de CD sempre será de 3ª persoa (sing. ou pl.). As
contraccións resultantes son as seguintes.

CI CD Contraccións

Me mo, ma, mos, mas

Che cho, cha, chos, chas

Lle o, a os, as llo, lla, llos, llas

Nos nolo, nola, nolo, nolas

Vos volo, vola, volos, volas

Lles llelo, llela, llelos, llelas

Fíxate en como cando o CI é unha forma en plural (nos, vos ou lles), ao rematar en
“s”, cando unimos o pronome de CD o, a, os, as, aparece o alomorfo lo, la, los, las e
o “s” final do pronome desaparece, tal e como vimos anteriormente.

EXEMPLOS
(O CI aparecerá de vermellos e o CD de verde; fíxate como ao substituír po
pronomes, o CI vai sempre primeiro o despois o CD)

Hoxe trouxéronme un regalo. Hoxe trouxéronmo (me + o)

Viron a Marta no cine. Vírona. (Non hai CI, polo que non hai contracción ningunha)

Deron unha sorpresa a Marta esta mañá. Déronlla (lle + a)

O titor entregaravos as notas a próxima semana. Entregarávolas. (vos + as)

COMPARA E FÍXATE NO SINGULAR E NO PLURAL DE CADA PRONOME

Trouxeron flores a Laura. Trouxéronllas. (Lle + as)


Trouxeron flores aos meus pais. Trouxéronllelas. (Lles + as)
Trouxeron un pastel a Laura. Trouxéronllo. (Lle + o)
Trouxeron un pastel aos meus pais. Trouxéronllelo. (Lles + o)

Para que aparezan as “formas con l” (nolo, volo, llelo ou os seus respectivos
femininos e plurais) o CI debe ser plural.
EXERCICIOS

Nesta páxina tes que susbtituír as partes destacadas en rosa (CI) e en vermello
(CD) polos pronomes que correspondan, facendo a contracción cando sexa
necesario. Primeiro asegúrate de saber cales son as contraccións e de entender
cando se usa llelo/llo, llelos/llos, llela/lla, llelas/lla. Hai dúas páxinas.

http://cotovia.org/proxecto/exe/exe_mor_53.html?orix=ud4&tare=07&tema=mor_ud4
_01.html

Aquí tes máis oracións para practicar isto. Busca o CD e o CI, substitúeos por
pronomes e fai as contraccións necesarias. Algunhas destas oracións xa as
fixeches, pero sería absurdo que tratases de enganarte a ti mesmo.

1. Sempre deu regalos aos feiticeiros.

2. Hoxe vendín o porco a uns tratantes.

3. Teño que pór un ferrollo á porta.

4. Merquei unhas morcillas á tendeira.

5. Regalei a gravata a meus irmáns.

6. Escondinlles as bonecas nun recanto.

7. Cando lle teceu eses panos preciosos?

8. Deches a comida ás tartarugas?

9. Como ensinaches os sinais de tránsito ao teu fillo pequeno?

10. Sinalei as tarefas aos alumnos.

11. Pon o funil á botella!

12. Pedín lentellas ao camareiro.

13. Puxo unha flor na lapela ao Pepe.

14. Despois tirou os estadullos ao carro.


15. Rubén colocou o roncón á gaita.

16. Pon sal aos pementos de Padrón, eses que uns pican e outros non.

17. A doutora recomendoulle ao meu curmán unha dieta moi xeitosa.

18. Aínda non lle empezaron as obras ao Gumersindo na ribeira.

19. Na rapa das bestas cóllenlles o rabo aos cabalos.

20. Saqueille os cartos da man cando o vin.

Subirei as solucións nun documento á parte.

You might also like