You are on page 1of 2

CONTRACCIÓNS DOS DETERMINANTES COAS PREPOSICIÓNS

1.- Contracción das preposicións cos artigos determinados:

O A OS AS
A ó/ ao á ós/ aos ás
CON co coa cos coas
DE do da dos das
EN no na nos nas
POR polo pola polos polas

2.- Contracción das preposicións cos artigos indeterminados:

UN UNHA UNS UNHAS


CON cun cunha cuns cunhas
DE dun dunha duns dunhas
EN nun nunha nuns nunhas

este/ s esta/ s ese/ s esa/ s aquel/es aquela/ s isto iso aquilo


EN neste nesta nese nesa naquel naquela Nisto niso naquilo
DE deste desta dese desa daquel daquela Disto diso daquilo
3.- Contracción dos demostrativos coas preposicións:

4.- Contraccións do indefinidos coas preposicións:

outro/s outra/ s algún/ s algunha/ s


DE Doutro doutra dalgún dalgunha
EN Noutro noutra nalgún nalgunha

5.- Contracción dos pronomes:

EL ELA ELES ELAS


DE del dela deles delas
EN nel nela neles nelas

O A OS AS
LLE llo lla llos llas
LLES llelo llela llelos llelas
ME mo ma mos mas
CHE cho cha chos chas
NOS nolo nola nolos nolas
VOS volo vola volos volas
**Enche os ocos facendo as contraccións indicadas entre parénteses**

Onte vin a Pepe. Xa non me acordaba _______ (de + el).

Atopei ___ (a+ o) teu irmán ____ (en + un) banco ____ (de + o) parque.

Xa ___ (vos + o) dixen: non ____ (lles + o) por entregalo fóra de prazo.

Non ____ (che + o) comentei, pero ____ (con + os) puntos ____ (de +a) tarxeta dan regalos.

____ (en + este) parque atopei ___ (a + o) pai ____ (de + outra) das túas amigas.

Ninguén ___ (me + a) entregou ___ (por + a) mañá. ____ (de + algún) sitio me avisarán.

___ (con + un) ____ (de + estes) podes participar ___ (en + o) concurso.

___ (con + a) historia ___ (de + a) túa irmá non cheguei a tempo ___ (a + a) clase de lingua.

Non ___ (lle + o) dixen, pero ___ (con + o) aviso do director confiará ___ (en + iso).

____ (de + este) día non pasa que me fixe ____ (en + algunha) nova adquisición.

Non me fío ___ (de + eles), prefiro pensar _____ (en +outros) amigos.

Xoán ía ___ (por + o) cemiterio ____ (con + unha) nena, pero non ___ (me + a) presentou.

___ (con + as) présas non puiden avisarte ___ (de + esa) gran oferta.

___ (en + os) aparcamentos ___ (de + aquela) rúa golpeeime ___ (con + uns) pivotes.

__ (a + o) mozo ___ (con + o) que traballo premiarano ___ (de + algún) xeito.

Non ___ (lles + o) teñas en conta, ___ (en + outro) momento estarás ___ (en + a) súa situación.

___ (por + o) traballo non ___ (che + o) puiden contar, pero ___ (en + estes) días terei tempo.

Apetéceme máis a carne ___ (de + aquela) fonte que a ___ (de + esta).

___ (a + as) nenas que viven ___ (con + os) seus pais daranlles a beca ____ (en + outra) ocasión.

___ (de + isto) falarei ___ (en + o) momento oportuno e __ (con + a) miña familia.

Hoxe pensarei ___ (en + os) problemas ___ (de + os) máis necesitados ___ (por + o) noso ben.

___ (con + a) pensión de invalidez non pode pensar ___ (en + outras) inversións.

___ (en + a) manifestación ___ (de + esta) mañá non se falou ___ (de + un) representante.

____ (en + estes) tempos hai que axudar ___ (a + os) máis necesitados.

___ (con + uns) voluntarios será suficiente para colaborar ___ (en + o) proxecto.

Espero que non che pregunten ___ (por + a) operación ___ (de + a) miña nai.

Varios alumnos chamaron ___ (a+os) seus pais para acordarse ___ (de + aquilo).

Non ___ (vos + o) pediría ___ (en + outra) ocasión.

You might also like