You are on page 1of 4

O futuro de subxuntivo:

Forma
Aínda que se trata dun futuro fórmase a partir raíz do pretérito, que se obtén da
1º persoa de plural do pretérito de indicativo sen a terminación -mos (dar: de-
mos, ver:vi-mos, vir: viñe-mos, nos verbos regulares coincide na forma co
infinitivo conxugado )

Todos os verbos forman o futuro de subxuntivo así

dar ver vir andar


eu de-r vi-r viñe-r anda-r
ti de-res vi-res viñe-res anda-res
el/ela/vostede de- r vi-r viñe-r anda-r
nós de-rmos vi-rmos viñe-rmos anda-rmos
vós de-rdes vi-rdes viñe-rdes anda-des
eles/elas/vostedes de-ren vi-ren viñe-ren anda-ren

Usos do futuro de subxuntivo no galego

Para que se poida usar o futuro de subxuntivo deben darse dúas condicións:

1ª Que acción sexa futura.

2ª Que se trate dunha construción sintáctica determinada.

Construcións sintácticas que permiten usar o futuro de subxuntivo:

a. Cláusulas condicionais reais futuras. Cláusulas introducidas por se que


presentan unha condición real, que se pode cumprir. O habitual nestes
casos é empregar o presente de indicativo:
Dareilles/doulles os regalos só se viñeren buscalos en persoa.

Hoxe non teño tempo para cantigas, mais mañá, se Deus me der forzas
cantarei/canto para vós

Cando a condición é hipotética, é dicir, pouco probable aínda que non


imposible. Nestes casos o habitual é empregar o pretérito de subxuntivo pero
tamén é o caso en que está máis xustificado o futuro de subxuntivo:

Se fores quen de resolver o problema tería /tiña que retirar as miñas


palabras, mais como non vas ser...
Se puidermos recibila como merece convidariámola/ convidabámola a
pasar o próximo verán connosco.

Se para o verán tivermos diñeiro fariamos/faciamos unha viaxe a


Estocolmo para visitarmos a nosa afillada.

b. Cláusulas temporais, case sempre introducidas por cando, aínda que non
unicamente. Sempre que a acción sexa futura. É a alternativa ao
presente de subxuntivo:

Poderán ver o expediente cando presentaren a autorización dun xuíz


Poden pasar ao comedor cando quixeren

Iredes xogar ao parque ao que fixerdes os exercicios de cálculo.

c. Cláusulas de relativo, sempre que a acción sexa futura. É a alternativa


ao presente de subxuntivo:

Dareille o premio a quen souber resolver un enigma.

Estas entradas son para os que trouxeren as tres mellores fotos.


Sexa quen for terá que presentar unha solicitude por escrito.

d. Cláusulas modais, sempre que a acción sexa futura. Van introducidas


por como, segundo, conforme. É a alternativa ao presente de
subxuntivo:

Ao chegares alí debes facer como vires que fan os demais.

Irei preparando as probas segundo me fordes enviando material.


Terán que resolver o problema segundo puideren , eles verán que
facer.
EMPREGA O FUTURO DE SUBXUNTIVO (*en todas as persoas posibles)

*Vou onde ____________________ (ir)

*Siga as normas que lle ____________________ (dar)

*Responderei as preguntas que me ____________________ (pór)

*Estimamos a quen nos ____________________ (axudar)

*Escribirán todo o que ____________________ (ver)

*Cando ____________________ (vir) á Coruña, nós estaremos lonxe

Faremos conforme ____________________ (saber)

No caso de que nos ____________________ (vir) tarde, vós esperaredes

Quen non ____________________ (vir) puntual, perde o autobús

Compren o que lles ____________________ (pracer)

Logo que ____________________ (pór) o diñeiro no seu sitio, sairemos sen


preocupacións

Se o acordo se ____________________ (avirse) ao estipulado, seguirei os pasos


indicados

Se ____________________ (ir) á compra, hai comida para todos

En canto ____________________ (poder) e ____________________ (ter) tempo,


ireite visitar

Poder contar comigo para o que ____________________ (ser) preciso

Así como ____________________ (facer), faremos

Sempre que ____________________ (traer) o prometido, serán ben recibidos

EMPREGA O FUTURO DE SUBXUNTIVO SE PUIDERES

1. Cando atope o enderezo, chamareite.


2. Teréillelo moi en conta aos que me axuden.
3. Cando poida, ireite visitar.
4. Cando poidan, vaian vela.
5. Faga como queira.
6. Regálelles algo aos que o axuden.
7. Déixenme estes pratos ben á vista!
8. Se quere vela, pague por adiantado.
9. Cando teña tempo libre, irei a Polonia.
10. Non paga a pena que te poñas así.
11. Cando o teñades, pasádemo a min.
12. Se decidides romper, contratade un avogado.
13. Quero que deixes as cousas como están.
14. Só lles recoñecerán os trienios aos que se leven ben co xefe.
15. Cando teñas acabado o traballo, avisarémoste.
16. Como sementes e esterques, así recollerás cando segues.
17. Se che din dous que es burro, ornea.
18. Corran as cousas como queira: xa pararán de correr.
19. Por onde vaias, fai como vexas.
20. Coza quen queira e amase quen saiba.

You might also like