You are on page 1of 2

Pon en infinitivo conxugado e futuro de subxuntivo as oracións :

Se o facedes no tempo e na forma que correspondan seredes admitidos.

Cando conclúan as probas, deberán cubrir estes impresos.

Aquelas persoas que non presenten a documentación no prazo…

Farémolo segundo nos conveña.

Aínda que non o acheguen agora, poden entregalos despois.

Cómpre que o cubran de contado.

Que sexan admitidos ou non, vai depender disto!

Corrixe aquelas frases incorrectas e constrúeas de forma axeitada:

Encol da subministración non sei nada aínda.


Deica que cheguen aínda queda un mes por diante!
De aquí ao mércores aínda hai tempo para que a presenten (documentación).
Deica o século pasado non había esa posibilidade.
Verémonos contra as oito, porque antes non podo.
Após de chegardes, pasade por alí sen falta!
Cara ao mércores vanse reunir.
VERBOS DA SEGUNDA CONXUGACIÓ N menos ADVERTIR e DIVERTIR

BATER: debater, rebater, combater…


ROMPER: interromper, arromper, prorromper…
VERTER: inverter, reverter, perverter…
CORRER: recorrer, incorrer, descorrer, descorrer, percorrer…

VERBOS CON –E- NO RADICAL DA TERCEIRA CONXUGACIÓ N

B)-e- na raíz:

GRUPO I(SERVIR)

Presente de indicativo: sirvo – serves – serve – servimos – servides- serven


Presente de subxuntivo: sirva – sirvas- sirva – sirvamos – sirvades – sirvan
Imperativo, p2: sirve

NOTA: téñ ase en conta a diferenza entre “sirve”, que é imperativo e mais “serve”, que é sempre
presente de indicativo.

CONXÚ GANSE ASÍ:


ferir, mentir, sentir, seguir e os seus derivados e compostos: malferir; desmentir; asentir, consentir,
resentir, conseguir, perseguir e proseguir
NOTA:

Advírtase que conferir, inferir, etc. non son derivados de ferir, senó n que se remontan á base latina
FERRE, polo que non se conxugan como ferir.

GRUPO II(ADHERIR)

Presente de indicativo: adhiro– adhires – adhire – adherimos – adherides - adhiren


Presente de subxuntivo: adhira-adhiras – adhira – adhiramos – adhirades - adhiran
Imperativo, p2: adhire

CONXÚ GANSE ASÍ ademais de adherir:


advertir, divertir; agredir, transgredir; conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir;
competir, repetir; concernir, discernir; espelir; espir; dixerir, inxerir, suxerir; inserir; medir; pedir e
derivados; reflectir; vestir, investir, revestir

EXERCICIO: COMPLETA COA VOGAL PERTINENTE

Iso non me s…rve para nada .- Desm…nte iso xa, faino agora! .- Iso non llo cons…nten .- Es
ti quen agr….des con esa actitude, non eu! .- En que inv….stes o tempo? .- Inv…ste o teu
diñ eiro agora! .- Ins…re moeda e falará s.- Quen se esp…le nos obxectivos… - Iso refl…cte a
realidade do que oc….rre hoxe en día.- Eles non comp…..ten entre eles .- Quen se …spa na
rú a será multado.- M…nten descaradamente e … - Ese balde está a revert…r.- Aquela
persoa que transgr….da a lei, será castigada.- Pros…gue o traballo, non pares! .- As…me a
tú a responsabilidade! .- Cons…men alcohol a diario.- …non desl…e o traballo, ao
contrario!.- Cando desc…bren o ladró n…- F…nde un pouco de mantenga.- res…mese
todo…- S..gue, non pares! .- Quizais o cons…ga.

You might also like