You are on page 1of 2

INFINITIVO CONXUGADO

1. Infinitivo conxugado
En galego o infinitivo pode levar desinencias de número e persoa como calquera outro
tempo verbal, para indicar a súa concordancia co suxeito. Fórmase sobre a base do
infinitivo nominal, tanto nos verbos regulares coma nos irregulares: and-a-r, and-a-re-s,
and-a-r, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-re-n.
. Exemplos:
- Ao saírmos do cine atopamos a Xosé. (Nós)
- Saíron con tempo para chegaren cedo. (Eles/Elas)
- Aínda que eles volvan tarde, procura chegares cedo. (Ti)
- Quen estaba alí ó entrardes? (Vós)

2. Emprégase nos seguintes casos:


2.1. Cando leva suxeito distinto ao do verbo da oración dominante: entrou na casa
sen o saberen os donos, ao chegaren as chuvias sacaban os paraugas.

2.2. Aínda tendo o mesmo suxeito que o da frase dominante, cando vai precedido
de preposición, sobre todo se vai antes: para achegáreste a eles, toma precaucións;
antes de marchardes, comede algo.
Cando vai posposto ao verbo da oración dominante, usarémolo fundamentalmente
se hai certa distancia entre ambos: Seguide por ese estreito carreiro da beiramar
ata verdes as illas.

3. Non o usaremos nunca:


• nas perífrases: tedes que traballar,
• cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a
billa.
• nas frases feitas, refráns ou sentenzas que expresan verdades intemporais: querer
é poder.
4. Úsase en frases completivas e circunstanciais do máis variado:
• completivas (sen nexo): estardes atentos é fundamental, é preciso abrigármonos;
• circunstanciais (sempre encabezado por unha preposición, nunca conxunción):
• finais (con para): apurade un pouco máis o paso para chegardes a tempo;
• causais (con por): por falarmos de máis, metémonos nun compromiso;
• temporais (coa contracción ao): ao chegares, avísame;
• condicionais (con de): de cociñares mellor, contrataríante;
• concesivas e outros valores (con con): con choraren, non o van conseguir.
1. Introduce o infinitivo conxugado cando se poida:

-Tedes moitas posibilidades de ……….. (gañar) o concurso

-Non viron a película que se proxectaba por non ………(chegar) a tempo.

-Atopáronme ó …………..(ir, eles) para o cine.

-Os rapaces foron ………… (visitar) o museo.

-Non debedes…esquecer…………..(esquecer) a nosa cita.

-De non ………….(chegar) cedo os rapaces, marcharemos sen eles.

-Tedes que (voltar)……………mañá.

-Vinte………….(entrar) naquela tenda.

-Ao chegar…………(chegar, nós) estaban todos esgotados.

2. Enche os ocos co infinitivo conxugado que cumpra:

-Xa vai sendo hora de (rematar, ti).

-Será mellor (ir, nós) axiña para adentro, parece que quere chover.

-Trouxen estas flores para (facer, nós) un ramo.

Ao (saír, eles) do traballo, agardade por min.

-Vinte ao (saír, nós) da piscina.

-Ao (calar, nós), os rapaces botaron a rir.

-Ao (chegar, nós), os rapaces botaron a rir.

-De (seguir, vós) así, non vos falarei máis.

-(render, nós) nunca é boa solución.

-O pavillón é moi pequeno para (caber, eles) tantos espectadores.

You might also like