You are on page 1of 3

INFINITIVO CONXUGADO

Recoméndase o seu emprego:


 Cando o suxeito do infinitivo é distinto ao do verbo principal. Ex. Ao subiren ao
escenario comezamos a berrar coma tolos.

 Cando (aínda tendo o mesmo suxeito) o infinitivo vai antes do verbo principal e
precedido de preposición. Ex. Ao saíres arrima as contras e pecha a porta.

 Cando o infinitivo se atopa moi afastado do verbo principal e interesa destacar


o seu suxeito. Ex. Comeremos alá polas dúas da tarde no mesón que está no
cruce antes de proseguirmos a viaxe.

 Nas construcións reflexivas. Ex. Non traballaches todo o día para cansáreste
tanto.

Non se pode empregar o infinitivo conxugado:

 Se o infinitivo ten valor impersoal. Ex. Era de esperar este resultado.

 Cando forma parte dunha perífrase verbal. Ex. Tedes que saber o que custa
aforrar.

 Cando o infinitivo ten o mesmo suxeito có verbo do que depende e se atopa


inmediatamente despois del ou separado só pola preposición do réxime verbal.
Ex. Esquecéronse de cumprir o prometido.

 Cando o infinitivo depende dun verbo modal (querer, poder, deber). Ex. Podes
avisar ao seu pai. Ou de sentido (ver, escoitar, oír, sentir...).
EMPREGA O INFINITIVO CONXUGADO SEMPRE QUE SEXA
POSIBLE E XUSTIFICA O SEU EMPREGO OU A AUSENCIA DESTE

1. Por non estudar nada, vas levar un suspenso

2. Ao decidir o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial,


ben nos tiñamos que decatar da realidade

3. Ao ver os gardas botáronse a rir coma demos

4. Sen realizar algunhas melloras na explotación, nunca sacaredes grande


rendibilidade; con facer a estabulación libre e uns silos máis amplos poderiades
producir carne a bo prezo

5. Co gallo de saír as listas coas notas demos unha festa

6. Queres de verdade saber de onde saen os cartos?

7. Xa albiscou algo diso ao saír todas da cafetería

9. Con vender o negocio non resolveremos a situación financeira

10. Ao chover énchense de lama os buratos

11. Podemos saír sempre que queiramos

12. Conseguir agora unha entrada para o concerto vaiche custar caro

13. Non deixaron cambiar de conversa

14. A pesar de todo, erguémonos cedo e vimos as fervenzas

15. Reivindicar a supresión da lei Wert foi o motivo de moitas folgas

16. Sentímolos falar toda a noite

17. Cómpre facer reformas

18. Non nos permiten cambiar de opción


Introduce un infinitivo conxugado

Ex. “Cando vaias a Vigo, avísame” - “Ao ires a Vigo, avísame”. 

1. Cando saíches da casa, chegou Antón. 

2. Cando vaiamos a Cataluña, farémosvos unha visita. 

3. Se vas a Santiago, avísame. 

4. No caso de que teñan intención de participar, dilles que se deben anotar antes do 11
de xuño.

5. O alumnado púxose en folga porque consideran que a Consellería non inviste


abondo nos centros  de ensino públicos e gasta demasiados cartos nos privados. 

6. Como non fixeches os deberes, púxoche unha mala nota. 

7. 8. Para que che concedan a bolsa de estudos, primeiro tes que solicitala. 

9. Cómpre que fagas iso canto antes. 

10. Cómpre que fagamos iso canto antes. 

11. Convén que asistades a clase con regularidade. 

12. Xa é hora de que collamos unhas vacacións. 

13. Despois de que marchases, púxose a recitar.

14. Cómpre que andedes con máis lixeireza para que cheguedes con tempo.

15. Non é necesario que vos mergulledes ata o fondo.

16. Non estaría mal que colleses o primeiro tren para Ourense

17. Así que llos dei, xa se puxo a espallalos polo chan

18. Como non te comportes doutro xeito, acábase a amizade.

You might also like