You are on page 1of 2

OS CASTELANISMOS

Os castelanismos son un tipo de interferencias lingüísticas. Denominamos así á introdución de


elementos fonéticos, morfosintácticos ou léxicos dunha lingua noutra veciña que distorsionan
a súa norma lingüística.
No caso do galego, o contacto entre idiomas estruturalmente moi próximos e a situación social
de inferioridade da lingua propia favorecen o elevado número de castelanismos que afectan a
todos os planos da lingua.
Plano fónico
As interferencias neste terreo son as menos abundantes. Os máis frecuentes son:
– Indistinción do grao de apertura nas vocais medias.
– Deficiente pronuncia do fonema N velar
Plano morfolóxico
Neste plano as interferencias son moito máis numerosas:
– Alteración do xénero dalgúns substantivos *a nariz *a leite
– Emprego do artigo masculino diante de substantivos femininos que comezan por -a: *o
arte
– Uso errado de TE en lugar de CHE: *leveite un agasallo
– Uso do pronome persoal suxeito despois da particula comparativa CA ou das
preposicións CANDA, ONDA: *onda eu
– Uso do “lleísmo”, isto é, uso das formas de CI (lle, lles) en vez das correspondentes de
CD (o, os): *Convócolle a unha reunión
– Uso nos demostrativos das formas *estos, *esos
– Uso do pronome relativo *quenes. En galego este pronome relativo non ten forma de
plural
– Uso das formas *calquer, *primer, *tercer
– Uso do indefinido “algún” en oracións negativas: *non vin cousa algunha
– Utilización de tempos compostos co verbo “haber”: *Como che había dito
– Conxugación de verbos regulares como se fosen irregulares: *traduxo
– Uso como reflexivos de verbos que en galego non posúen esta forma: *cainme,
*casouse
Plano sintáctico
As interferencias son pouco frecuentes:
- Ausencia do artigo cos posesivos: *meu coche
- Incorrecta colocación do pronome átono na oración: *os galegos nos enorgullecemos do
goberno
- Emprego da preposición A co CD de persoa: *Vin ao teu curmán
- Emprego da preposición A na perífrase IR+infinitivo: *Vou a facer o xantar

Plano léxico
É o plano da lingua onde podemos atopar maior número de interferencias. Podemos atopar
préstamos necesarios (tortilla) pero a maioría son barbarismos completamente innecesarios.
Diferenciamos varios tipos de castelanismos léxicos:
- castelanismos que conviven coa forma galega que ve restrinxido o seu significado
especializándose en designar as realidades menos prestixiosas, máis antigas, máis rurais:
exemplos: vasoira/*escoba; billa/*grifo; tixola/*sartén; moa/*muela
- Uso, case exclusivo, da forma coincidente co castelán nos casos en que o galego ten dúas
formas:
exemplos: : lágrima/bágoa; labio/beizo; comprar/mercar; enfermo/doente
- Substitución da forma galega pola castelá, ás veces con adaptación ás regras fonéticas do
galego:
exemplos: *axuntamento; parexa; carreteira, Dios, gallego ...
Plano semántico
Neste plano as interferencias non son moi numerosas pero si podemos indicar unha serie de
palabras que se utilizan cunha significado errado por influxo do español:

• Almorzar /xantar: Almorzar é a realización da primeira comida do día.


• Escaleira/escada: En castelán non existe esta diferenciación. En galego a escada é a
transportable, e as escaleiras están fixadas no chan.
• Axuntamento/ concello
• Recorrer/ percorrer.
• Roxo /vermello: Vermello é encarnado ou colorado, e roxo é unha cor que vai entre o
amarelo dourado e o acastañado.
• Rubio/ louro: A cor rubia coincide co vermello; o louro vén sendo o dourado, aplicado
á cor do cabelo moitas veces.
• Sono/ soño: O sono pode ser a gana ou desexo de durmir, e tamén o estado de
repouso durante o cal durmimos; polo contrario, o soño son as imaxes oníricas.
• Desenrolo/ desenvolvemento
PRÁCTICA
1. No seguinte texto aparecen castelanismos léxicos. Detéctaos e sinala a forma
correcta galega.
Era unha tarde fría de jueves. A niebla cubría os campos e non deixaba ver a pequena
casa da escuela que habían construído os vellos do pueblo por detrás da carretera. A zanxa da
cuneta aínda enseñaba os restos do granizo que caera ben temprano pola mañá. Eu
atopábame canso e apenas podía soportar a dor da rodilla e o cuello. A caída fora moi
forte. Agora, esgotado, dedicábame a observar desde a ventana. Acompañábame unha
taza de menta-poleo ben quente e mantíñame á espera de que os amigos viñesen
visitarme.

2. Corrixir todos os castelanismos das frases


• Todos os concexais fan o mesmo: primeiro bébense un vaso de viño e logo botan a
cinza do cigarro no ceniceiro, por qué terán esa costume?
• En primer lugar hai que chear unha olla de papel con palabras e logo xa buscaremos a
súa interpretación.
• Cando se despertou, levantou as cexas intrigado por aquel ruído, e ao recoñecelo
rompeu a carcaxadas.
• Quenes están de acordo co proiecto que expuxo o señor Presidente?
• Tiña a completa seguridade de que iba a ganar moitos cartos nalgún lugar lexos de
aquí.
• Cal é o prato que che gusta máis: as almexas á mariñeira ou o conexo con lechuga?
• Aquela parexa de noivos que se estaba casando na igrexa parecía ser moi feliz e pensar
que esa felicidade lles duraría toda a vida.
• Sei que a estos nenos lles gusta moito ir á escuela porque seu profesor lles conta
relatos e tamén llelos fai escribir.Despois de morrerse, toda a familia, chorosa,
cooperou para lle pór a mortaxa.
• Na praza prodúxose un grande balbordo, así que nos achegamos a botar unha olleada,
mais ao vermos que non tiña importancia, marchámonos.

You might also like