You are on page 1of 2

Lingua Galega 2 (2.

º curso)
Facultade de Filoloxía XOÁN LÓPEZ VIÑAS
GRAO EN ESPAÑOL/ GALEGO E PORTUGUÉS / INGLÉS Curso 2022/2023

P06 PRÁCTICA 6. Ortografía (III) Grupo interactivo

1. Puntúa os seguintes enunciados con vírgulas, puntos e punto e vírgula:

• O cabalo de Atila rei dos hunos chamábase Othar

• Hai tres semanas merquei unha novela inglesa de misterio a semana pasada unha antoloxía de contos

irlandeses onte un poemario dunha autora escocesa

• Este ano inscribinme en fútbol sala teatro e xadrez por tanto vou ter pouco tempo libre

• Desde a última vez que nos vimos Laura medraches moito Vas camiño de seres tan alta como a túa nai

• Non te vin como che contei por iso non te saudei.

• Os alumnos que acabaron os exercicios poden saír

• Compramos mazás pexegos cereixas... porque tiñamos moita fame

• Xulia ten tres fillos por tanto é familia numerosa

• Xa sei que vostede é unha persoa ocupada mais grazas á bibliografía que vostede me proporcionará

poderei ampliar os meus coñecementos.

• En realidade desde que estiven na túa casa Uxía non puiden esquecer...

• Para evitar a ambigüidade un recurso moi habitual na lingua acentuamos os monosílabos cando teñen

máis dunha función ou son diacríticos

• Ti sabes que non debemos perdoalo

2. Nos seguintes enunciados introduce dous puntos, aspas, puntos suspensivos, interrogacións e

exclamacións.

• A profesora dixo O exame acaba ás cinco.

• Este verán visitei moitos países, como Vietnam, Laos, China e Xapón.

• Ei Alguén está aí

• Por que andas sempre metido en problemas

• Teño viaxado por moitos países Angola, Mozambique, Cabo Verde

• Noutras palabras foi un desastre.

• E, de repente, ela exclamou somos libres.

• Vou ir mercar as seguintes pezas de roupa unha saia, un xersei, un abrigo ti vas querer algo

• Descoñezo o significado do sintagma gaff-tope que lin no poema Lied ohne wörte de Manuel Antonio.

• Estou esgotado. Máis aínda: non podo mover nin un músculo.

• Es o pai de Pepa, verdade

• O que eu che diga a bo entendedor


Lingua Galega 2 (2.º curso)
Facultade de Filoloxía XOÁN LÓPEZ VIÑAS
GRAO EN ESPAÑOL/ GALEGO E PORTUGUÉS / INGLÉS Curso 2022/2023

3. Corrixe os erros de puntuación que houber nestes enunciados.

• As miñas mellores amigas son: Lila, Dores e Vitoria.

• Unicamente vexo filmes de dous directores: Almodóvar e Amenábar.

• Abriu o ollos e pensou, “Cinco minutos máis e xa me ergo”.

• Ten na casa unha colección de instrumentos musicais; frauta, violín, óboe, etc…

• Onte comprei: un libro, un secador, un caderno de follas milimetradas….

• Prezado Xosé,
Escríboche para lembrarche que mañá a reunión é ás cinco. Conto contigo!.

• Comer, durmir e facer deporte, estes son os tres puntos básicos dunha vida saudábel.

• O xulgado de instrución número 3 da Coruña, non ten dispoñibilidade até dentro de cinco meses.

• Ese libro contén moitos substantivos abstractos, por exemplo: imaxinación, beleza e paz.

• Un grave accidente, ocasionou a dimisión da xunta directiva.

• No val de Loureda, (Arteixo) encóntranse moitas árbores froiteiras; imos até alí?.

• Cartelle. 23 de xaneiro de 2.015

• Podes levar a miña cámara de fotos nova; mais ten moito coidado; non a perdas!

• Sr Casas, enviámoslle inmediatamente, os lapis, os marcadores, e as pastas, que nos encargou.

• Uns ían cantando, outros bailando.

• O I.E.S. da Laracha está a 100 m. da biblioteca municipal;

• Tras ver o seu expediente, (repleto de sobresalientes) sei que lle darán o premio

• Castelao —1886–1950— estudou medicina aínda que nunca exerceu.

• Vina nunha foto e levaba un chapeu mexicano. (Creo que cantou e todo.)

• Este ano imparto aulas en tres clases —todas elas de terceiro da ESO-.

• As reunións -a última durou catro horas- celébranse na sala de profesorado.

4. Coloca neste texto os sinais de puntuación que faltan.


Quen inventou as aspas

Pois si as aspas non existiron sempre e os sinais de puntuación tampouco se utilizaron sempre así na Idade Media

escribíanseasvecesaspalabrassenningunhaseparaciónninpuntuación un pouco difícil de ler non porén desde a

antigüidade grega existían signos de puntuación e espazos para separar as palabras e as frases mais como aínda non

existía a imprenta os libros escribíanos a man os frades e cada un facía un pouco o que quería utilizando a puntuación

como lle petaba ou non utilizándoa en absoluto easísaíanascousascomosaían tras a invención da imprenta en 1440 os

impresores buscaron formas de facilitar a lectura co paso dos séculos foi mellorando a presentación das páxinas coa

separación das palabras e dos capítulos e a utilización cada vez máis rigorosa dos signos de puntuación punto vírgula

exclamación interrogación

Philippe Nessmann Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches

You might also like