You are on page 1of 3

Sen dúbida a lectura ten múltiples beneficios para o ser humano, entre eles fomenta o

pensamento crítico, axuda a estimular a creatividade, a capacidades memorística, a


comprensión, escritura e vocabulario.

A primeira experiencia coa lectura que recordo é “Le petit Larousse illustré” cando tiña uns 5
anos. Unha enciclopedia que me formou nos meus primeiros anos de fala en francés. Ao ser
miña nai de orixe mozambiqueño, falaba portugués, e mudámonos a Portugal, onde vivín ata
os 12 anos. Durante esta etapa desenvolvín a miña lingua materna. Lembro gozar de lecturas
clásicas portuguesas como: “Viva o Rei - D. Afonso Henriques, o Conquistador”, “A bruxa e o
caldeirão”…

Nestas primeiras etapas escolares de primaria en Portugal, segundo me conta miña nai, xa que
a miña memoria non chega a tanto, para fomentar a lectura traballábase con obradoiros polas
tardes, nos que, xogando a teatralizar o contido do libro, convertendo aos pequenos lectores
en protagonistas do mesmo. Isto despertaba en nós o interese de saber cómo continuaba as
diferentes historias dos libros. A raíz de sacar este tema, xorde na cea de Nadal unha conversa
moi interesante, debemos deixar que a lectura apareza de forma natural como un proceso de
maduración e

propio de cada individuo ou debemos fomentarllela incitando a través de diferentes procesos?


Como futuro mestre, a miña posición e pensamento, que defendo sen dubidar, foi de sempre
procurar diferentes vías para cada alumno ou alumna, pois, cada un deles pode mostrar
diferentes actitudes ante a lectura. Unha parte do alumnado aceptará o método que elixamos,
outros non, e aquí é onde como docentes debemos atender todas estas situacións.

Parte da miña família está especializada en psicoloxía e aportaron outro punto de vista
bastante interesante que, en parte, tamén ten cousas a considerar. Todos nacemos e
morremos nalgún momento, e isto non se pode cambiar, pero entre o nacemento e a morte,
todos presentamos un proceso de crecemento e de maduración diferente. Nunha mesma
familia, como é o meu caso no que somos 3 irmáns, un fillo pode comezar a ler moi cedo (eu) e
outro pode comezar ler moi tarde (meu irmán máis novo). A meu irmán mais novo buscaron
inculcarlle a lectura de forma moito máis “forzosa” que no meu caso. Entón, o interese pola
lectura debe deixarse que naza ou de algunha maneira buscar inculcalo?

Teño o recordo que nun centro de primaria en Vila Pouca de Aguiar, un dos obradoiros que
levamos a cabo foi o de construir unha biblioteca para uso do centro e de calquera que quixera
gozar da lectura. Funcionaba como unha biblioteca de intercambios, podíase deixar libros e
coller outros, confiando na honradez das persoas. Todo marchaba ben e foi un proxeto que
gustou moito e tivo muito êxito.

Xa en quinto de primaria, mudei de centro, era un centro moito mais grande, parecía un
instituto, pero lembro que a lectura seguía traballándose con obradoiros e xogos, mellorando a
nosa relación con lecturas máis complexas e con menos debuxos, conseguindo así unha
progresión no ámbito lector.

Cando cheguei a Verín, lembro que non gocei tanto da lectura, foi en sexto de primaria.
Tiñamos que ler de xeito obrigatorio os libros que nos dicían e obviamente non foi o curso que
máis lin. Recordo libros como Rebeldes ou Kika Superbruxa, quizáis lecturas que poderían ser
interesantes pero non espertaron en min ningún interese. O meu problema coa adaptación ao
sistema e un primeiro curso en Galicia para nada bom só tiña unha solución: a lectura.
Comecei a ler libros sen parar pola miña conta, dende libros menos coñecidos a clásicos. Tiven
a sorte de que, xa no instituto as profesoras de galego e castelán propoñiannos lecturas de
autores modernos (e ás veces non tan modernos) que despertaban en nós a vontade de ler.
Durante esta etapa os libros aos que máis agarimo lles gardo son os de Flanagan (Andreu
Martín e Jaume Ribera) e Pel de Lobo de Xosé Miranda. Con 17 anos cheguei a Lugo e no IES
Xoán Montes coincidín cun profesor de bioloxía que casualmente se chamaba Xosé Miranda, e
casualmente tamén escribira un libro chamado “Pel de Lobo”.

Creo que tiven moita sorte, pois puiden gozar de lecturas que, grazas ao profesorado que me
acompañou durante os diferentes ciclos educativos, fixeron que adquirira hábito lector e non
só iso, senón que me axudou na miña adaptación a un “novo” idioma.

Levo moitos anos namorado da escritura de autores como Edgar Allan Poe, George Orwell ou
Santi Balmes (máis coñecido pola súa faceta como cantante de Love of Lesbian,
recomendadísimo como cantante e como escritor), lecturas que fago con pracer.

Como crítica , creo que un dos maiores problemas do alumnado sempre foron as lecturas
obrigatorias, moitas veces son lecturas que non despertan neles o hábito lector, e isto pode
ser perxudicial, pois chegan a asociar a lectura con algo negativo, provocando un rexeitamento
cara á lectura e aos seus beneficios.

Creo que esta materia axudarame a descubrir que podemos fomentar o hábito lector sen a
necesidade das lecturas obrigatorias, buscando outros camiños para achegarlles aos máis
pequenos o pracer de ler. Desta materia, quizáis sinto en falta ter asistido á parte de literatura,
quizáis para poder falar e coñecer novas formas de fomentar a lectura. Con esta materia
espero que, coa miña capacidade creativa e xunto aos coñecementos que adquirín co tempo,
poder levar a cabo diferentes metodoloxías para fomentar o ámbito educativo tanto na aula
como fora, porque creo que isto tamén é importante, fomentar a lectura fóra da escola, que
cheguen á casa con ansia de seguir lendo (ansia que moitos teñen desgraciadamente a día de
hoxe con chegar á casa e xogar con consolas). Espero tamén que a matéria me ensine a
transmitir todo o que sei en relación á lectura, pois quizáis un dos grandes problemas da
docencia en xeral sexa o de transmitir o que sabemos.

Respeto á dicotomía entre mediador-lector e lector-mediador, podo asegurar que, no meu


caso, a grandes rasgos, son lector-mediador,gozo da lectura como un hábito máis. No
practicum, puiden comprobalo, xa que, deixaron baixa a miña respondabilidade varios
pequenos con problemas de lectura: lían mal, pouco e polo tanto, non lles gustaban os libros.
Coa axuda da biblioteca do centro, levei a cabo un escape-room (actividade que a través de
pistas e adiviñas se avanza na busca dun obxeto), no que cada pista nos levaba á páxina dun
libro e esa á súa vez a outra doutro libro. Isto espertou neles o querer saber que escondían os
libros deste xogo, pero para isto, debían ler.

Como conclusión, podemos ver que nas aulas cada vez lese menos, como resposta ao abuso
das redes sociais, videoxogos e unha mala xestión á hora de fomentar a lectura. Debemos,
coma futuros docentes ser conscientes desta realidade e procurar novas estratexias que
desperten nos máis novos o pracer de ler.

Como ben dicías, hai tantos perfís lectores como persoas, e iso é increíble e máxico, pois
permite que o alumnado dunha xeración con aproximadamente uns 40 docentes dende
primero de primaria ata segundo de bacharelato, aprenda e goce da lectura por dif erentes
vías. Aquí é onde o noso traballo de formación previo a estar fronte unha clase debe ser
enriquecedor e útil. Debemos ser ambiciosos e querer saber máis, pois, nas nosas mans está o
futuro de moitos pequenos, e entre eles, de moitos docentes.

You might also like