You are on page 1of 47

A IMPORTANCIA DA REFLEXIÓN (10/02/2020)

No comezo desta interactiva o profesor amosounos dossiers de alumnos de cursos


anteriores para que así nós teñamos unha guía á hora de realizar os nosos durante
este curso. Dende o meu punto de vista, é unha medida axeitada posto que deste
modo despexamos dúbidas (cabe destacar que poucos docentes realizan isto).
Ademais puiden observar que eran bastante elaborados, que se lle adicou un tempo
considerado para a súa realización (resultoume chamativo), polo menos os que
analicei.
A continuación o profesor expresounos a idea de que na xuventude actual existe unha
importante falta de reflexión e curiosidade, a pesar do gran desenvolvemento das
fontes de información (Internet). Isto sí esta a pasar xa que eu, que me atopo entre
esta xuventude, percíboo na miña vida cotiá frecuentemente e decátome de que o
tema non semella que vaia a mellorar. O mestre argumentou este asunto explicando
que, por exemplo, a xuventude trata feitos dos anos 70 e 80 do século pasado como
se fosen prehistóricos debido a que posúen case un nulo coñecemento sobre eles e
unha clara falta de reflexión.
Así pois, tanto como para a vida cotiá como para estudar a Prehistoria, a nosa reflexión
xoga un papel fundamental. O profesor explicounos claramente este pensamento
mediante unha proba tipo test a cal fomos respondendo entre todos os presentes na
aula. Por exemplo, na pregunta 2 exponse: en que se basea a dendrocronoloxía? A
resposta é nos aneis das árbores e pódese saber simplemente tendo un pouco de
coñecemento de semántica porque ``dendro-´´ significa árbore. A medida que ibamos
avanzando na proba, dábame conta de que as respostas eran dedutivas posto que
empregando a reflexión e tendo un coñecemento xeral dalgúns temas que non
estivesen relacionados concretamente coa Prehistoria, respondíanse sen problema.
En conclusión, ao finalizar esta aula decateime de que ``a cabeza non está só para por
sombreiro´´, razoando sempre, a resposta é posible, aínda que non se empregue a
memorización ao 100% para obter o coñecemento sobre un determinado tema.

CONTINUACIÓN COA PROBA TIPO TEST (17/02/2020)


Durante esta clase retomamos a proba coa que comezaramos na anterior interactiva, é
dicir, o profesor quixo seguir insistindo en que empregásemos a razón. Iso sí, eu pensei
que ibamos entrar xa máis en profundidade en materia sobre o Neolítico, por exemplo,
curiosidades desa etapa, amosándonos o mestre algunha copia dun resto material
aunténtico, como realizou o profesor Ramón Fábregas nunha práctica en Prehistoria I,
ensinando copias de cranios dos diferentes homínidos.
Pois ben, seguindo coa proba, a reposta da pregunta 3 tamén podíase saber
empregando a dedución, e nesta decateime que unha cuestión que semella ser moi
complicada, en realidade non é así. A pregunta era: En que xacemento está o KMN-ER-
1470? (o mestre deunos unha pista, trátase dun cranio) Nun primeiro instante o termo
parece moi complexo, ata o mencionou o profesor, pero ao reflexionar, decatámonos
de que son siglas que podemos deducir tendo un pouco de coñecemento sobre a
principal zona de restos humanos prehistóricos a nivel mundial e de xeografía. Entón, a
respota é o xacemento de Olduvai posto que KMN quere dicir Kenya Museum
National, museo no cal se recollen restos da zona dese xacemento e ER, East Rudolf.
Por outra banda, outro exemplo de uso sinxelo do razoamento é a resposta da
pregunta 6, na cal pregúntase o significado de PPNA e PPNB. Cabe destacar que
resultou divertido o chiste do mestre, deixando claro para algún despistado que PP
non ten ningunha relación co Partido Popular. Pois simplemente, tendo un pouco de
destreza co inglés, intúense as iniciais: Pre Pottery Neolithic A, e a partir de ahí
traducir, Neolítico Precerámico A e Neolítico Precerámico B.
Con esta cuestión rematamos a práctica, e fancendo unha síntese desta, resultoume
menos entretida que a anterior debido a que se repetiu o mesmo formato, iso sí,
supoño que nas seguintes xurdirán unha maior variedade de temas e formatos.

COMO ENFRONTARSE A UN TEXTO (02/03/2020)


Antes de entrar de cheo no tema a tratar nesta interactiva, o profesor citounos o libro
Cómo se hace una tesis1 de Umberto Eco, e realizou unha síntese sobre este.

Agradécese que nos recomendase este exemplar posto que poucos profesionais da
docencia adéntrase na orientación cara o futuro dos alumnos, excepto os
coordinadores. Estou seguro de que no meu TFG vai serme de grande utilidade. Por
outra banda, mencionounos tamén a revista Sémata3, un medio informativo da facultade.
Ao falar deste asunto, o mestre volveu insistir na idea da falta de curiosidade da xente nova
debido a que, por exemplo, hai alumnos de 1º de Historia que non coñecen a orixe da nosa
facultade, dende o seu punto de vista. En realidade, dende a miña percepción, deben ser a
maioría dos meus compañeiros.
Tras esta introdución, o docente pasou a explicar cómo traballar cun texto. Pois ben,
ensinounos unha serie de pasos a seguir, comezando con sintetizar o texto nunha liña. A
coninuación atopar as palabras clave, analizar, marcar as partes do texto e ideas principais.
Despois averigüar quen é o autor, a época e clasificalo en xenérico ou especializado; por último
remátase cunha valoración crítica persoal. Logo desta expliación, deu paso a súa aplicación,
dividíndonos en grupos, os cales tiñamos que responder a cada apartado antes mencionado. O
texto en cuestión trataba sobre o proceso de evolución neolítica no Crecente fértil e o seu
autor era Gordon Childe. Resultoume interesante a idea que atopamos entre todos no texto, a
cal era que o autor fai un paralelismo desta evolución coa Revolución Industrial empregando o

1
Trátase dun libro pensado para persoas con poucos recursos e apoios de información que
explica como escoller un tema, buscar a biliografía, estruturar o traballo e organizar o tempo.
Aporta consellos moi peroais posto que fala da súa experiencia na elaboración da súa tese.
22
https://arqueologialibre.wordpress.com/2014/01/06/como-se-hace-una-tesis-de-
umberto-eco/
33
Unha revista de periocidade anual na cal se expoñen temas indiviudais e colectivos do eido
histórico-social, amosando elaboracións de investigación en relación coas Ciencias Sociais e
Humanidades.
comparativismo. Xustifícao deste modo debido a que o paso ao Neolítico foi un cambio radical
para a humanidade tanto como a Revolución Industrial e ademais, outra característica en
común é que estas dúas revolucións non ocorreron de xeito simultáneo en todos os territorios.
Como conclusión desta interactiva penso que foi de grande utilidade polo motivo de que
adquirín un coñecemento valioso que probablemente serame dunha certa imporancia ao
longo do grado, cando deba analizar bastantes documentos. Pero en cambio aínda estou un
pouco desacougado, esperaba que nesta clase xa se enfocase unicamente nun tema do
Neolítico de xeito máis dinámico.
COMO ENFRONTARSE A UNHA OBRA DE ARTE (9/03/2020)
A introdución desta práctica comezou coa presentación por parte do mestre de dous
libros, Estudios sobre iconología 1 de Erwin Panofsky e El sentido del orden 2 de E.H.
Gombrich.

3 4

Trala mención, explicounos que estes dous exemplares fóronlle moi útiles durante a súa etapa
como estudante e agora como docente. Iso sí, lembrounos que as traduccións ao castelán de
escritos con esta tipoloxía de temas non estiveron dispoñibles ata os anos 70
aproximadamente; consecuencia da censura do franquismo, ``unha época moi gris´´ según as

1
Neste libro ensínanse as pautas que segiu o propio autor cando realizou os seus
traballos na historia da arte, destacando aspectos como a distinción entre iconoloxía e
iconografía.
2
Este exemplar expón unha análise contundente sobre cómo o ser humano ao longo
da historia foi buscando a orde e o ritmo no espacio e no tempo, véndose reflectidos
na arte.
3
https://www.todocoleccion.net/libros-segunda-mano/estudios-sobre-iconologia-
erwin-panofsky-alianza-ilustrado~x102371847
4
https://www.todocoleccion.net/libros-segunda-mano-pintura/el-sentido-orden-
psicologia-artes-decorativas-e-h-gombrich~x60981123#sobre_el_lote
palabras de Antón Abel. Esta situación faime cavilar sobre que, hoxe en día, os estudantes non
lle outorgamos o valor correspondente aos milleiros de obras traducidas e que a maioría delas
pódense consultar con facilidade.
Proseguindo coa explicación, pasamos a analizar unha obra entre todos. En primeiro lugar, hai
que contextualizar, neste caso, é unha pintura parietal do Solutrense, localizada na cova de
Lascaux. A segunda parte sería a análise da imaxe, comenzando coa iconográfica e rematando
coa iconolóxica. Sobre este último aspecto mencionounos un dato interesante, a
interpretación sobre as obras prehistóricas é moi difícil xa que, por exemplo, non significa o
mesmo o paxaro nesta pintura ca nun capitel do Pórtico da Gloria (o Espírito Santo).
Resultoume chistoso e a vez didáctico. En canto a interpretación, os alumnos intuíamos que se
representaban as tripas do bisonte, unha lanza e incluso, que na figura antropomorfa
apreciábase unha cabeza de paxaro.

1 2

Logo disto, xa nos expuxo a división de como elaborar unha análise dun xeito máis
formal en seis pasos:
1º Nome do xacemento/cultura.
2º Historiografía.
3º Descripción, análise iconográfico.
4º Cronoloxía, contexto arqueolóxico e cultural.
5º Análise iconóxico, interpretación e significado.
6º Bibliografía.
Amosado isto, foinos mostrando unha serie de imaxes e os alumnos debíamos redactar
brevemente calquera dato que tivésemos en coñecemento sobre cada unha. Así
1
http://arqueologiacognitiva.blogspot.com/2015/11/lascaux-una-cueva-clave.html
2
https://www.pinterest.pt/pin/325103666846230948/
mesmo, díxonos que ese folio no cal escribiramos, tiñamos que agregalo ao dossier.
Debido a que a entrega desta memoria vai ser en formato dixital, procedo a expor o
que escribín:
1ª Imaxe: penso que é o xacemento neolítico de Catal Huyuk, un dos máis relevantes
desta etapa. Supoño que serán as ruínas dun simple poboado.
2ª Imaxe: nada
3ª Imaxe: fai referencia ao tipo de técnica que se empregaba coas cunchas para
decorar a cerámica neolítica.
4ª Imaxe: nada
Con isto rematamos a última interactiva (nese momento non sabiamos que ía ser a
derradeira como consecuencia da pandemia) e como conclusión quero destacar que
esta foi dende o meu punto de vista a máis entretida, didáctica e interesante.

CONCLUSIÓN DAS AULAS INTERACTIVAS


En rasgos xerais sentinme un pouco desanimado porque a situación actual non
permitiu a continuación destas clases e semellaban que as seguintes ían a ser tan ou
máis instrutivas ca última. Antón Abel ensinounos curiosidades e consellos bastante
útiles ao longo destas prácticas, pero eso supoñía pequenos desvíos da materia en
concreto. Penso que as interactivas co profesor Ramón Fábregas en Prehistoria I foron
máis axeitadas en relación coa materia, iso sí, escasas de consellos básicos para os
estudantes.
Por outra banda, un asunto que me desacougou aínda máis foi que a práctica de
campo non se levou a cabo e deste modo non puiden ver algún resto neolítico na
realidade, non de xeito dixital.
En definitva, a pesar de que non foron tan dinámicas como esperaba, en realidade
prefiro que se levasen dese modo, posto que así recollín información de gran apoio
para o desenvolvemento do traballo no grao a medida que vaia avanzando nos cursos.

REDACCIÓN DOS TEMAS 1,2 E 3


Antes de tratar en profundidade o Neolítico como etapa e cambio radical na historia da
humanidade xunto cos seus rasgos, vou amosar un matiz peculiar en relación coa
definición. O concepto foi levado a cabo por primeira vez por John Lubbok1 no ano
1865 e tradúcese como ``pedra nova´´. Pois ben, nomear ese período dese xeito non é
o máis adecuado posto que a industria lítica non foi o aspecto de maior relevancia, xa
que, a pesar da fabricación de novas ferramentas, mantivéronse as técnicas do
Paleolítico Superior. O asunto máis significativo foi a mudanza da base económica.

A época neolítica encádrase no marco histórico humano da Prehistoria, a continuación


do Paleolítico pasando por unha transición (o Mesolítico), e en relación á historia da
Terra, sitúase no Holoceno2. Os aspectos distintivos fronte ao Paleolítico, os cales
supuxeron as bases crucais do desenvolvemento da maioría das sociedades
posteriores da historia, foron os seguintes: a implantación da agrcicultura e a gandaría,
a sedentarización, a fabricación de cerámica e a organización social en tribus. Iso sí,
cabe destacar que esas novidades revolucionarias non foron simultáneas a nivel
cronolóxico e xeográfico. Vese proxectada tal situación, por exemplo, en sociedades
nas que xurdiu a cerámica con anterioridade á economía de produción e viceversa.
Como punto de partida, é presciso resaltar cales foron as principais teorías acerca
desta revolución, como denominaba Gordon Childe3. Divídense en dúas hipóteses,
evolución cultural e presión demográfica; atopando dentro delas diversas posturas de
autores recoñecidos. A primeira expón que se debeu á culminación dun progreso
cultural (constante no ser humano ao longo da historia) tras a adquisición de
1
Prehistoriador e arqueólogo relevante do século XIX de orixe británica. Foi
influenciado nos seus estudos e investigacións polo evolucionismo; definiu por
primeira vez os termos palelítico e neolítico.
2
Época posterior ao Pleistoceno que comezou no 8000 a.c aproximadamente na cal
a temperatura global incrementouse e temperouse seguidamente á ultima
glaciación. Perdura ata a actualidade e subdivídese en cinco etapas.
3
Un dos máis importantes prehistoriadores e arqueólogos do século XX, nacido en
Australia. Transformou a Arqueoloxía nunha rama imprescindible da Historia debido
a que o restos das culturas materias supoñían unha reconstrución máis fiable do
pasado, según o seu criterio.
determinados coñecementos. Esta idea foi explicada por primeira vez por Darwin, pero
autores como Childe propoñían diversas causas, razonando éste que era consecuencia
do factor climático que favoreceu a aparición de oasis onde abundaba unha
concentración de fauna e flora. Ademais, Wright, Braidwood e Flannery deducían que
ao xurdir unha serie de mutacións en diversas plantas silvestres que foron
contemporáneas á aparaición de animais salvaxes susceptibles á domesticación, o
homo sapiens foi capaz de dar ese gran paso. A última explicación desta tipoloxía
teórica atribúeselle á escola de Cambridge, na cal se apelaba a unha culminación dun
proceso longo e paulatino do dominio dos recursos. Aínda que estas ideas posúen
unha certa aceptación hoxe en día, desembocan en dous erros: tratan ese progreso
gradual como ineludible e a base desas deducións non é sólida xa que a explicación só
se fundamenta nela mesma.

Por outra banda, o pensamento da presión demográfica xustifica que ese cambio foi
inconsciente debido ao incremento inexorable da poboación humana iniciado o
Holoceno. Esa mudanza económica non sería voluntaria posto que a caza e a
recolección mantiveron a súa efectividade dende a orixe humana, deste modo, a
actividade agropecuaria só perfeccionaría a productividade (a capacidade de alimentar
un maior número de persoas) mentres que a nutrición por cada individuo diminuiría,
agrvándose coa aparición de máis esforzo causado por ese tipo de actividade.
Circunstancias como a especialización na caza de animais de menor tamaño (o
Holoceno supuxo a extinción das presas enormes) , cuxa expansión territorial é menor,
ou a subida do nivel mariño a cal ocasionou migracións de persoas cara zonas
interiores, contribuirían á esa concentración e incremento demográfico; incluso unha
tendencia propia do homo sapiens ao crecemento podería ser unha causa, dando lugar
a expansión total por todos os territorios mundiais, pero carece de validez, non se
xustifica por que a mudanza se levou a cabo en zonas centrais e non nas máis remotas.
Estes tres razoamentos foron propostos por Harris, Binford e Cohen (seguindo esta
orde).
Así mesmo, Rindos, dende outro punto de vista, inclinouse máis polo neodarwinismo.
Según o seu planteamento, a principal causa sería a transformación cultural de xeito
inconsciente ligado aos distintos tipos de dieta e a superioridade de determinados
grupos. En cambio, Testar explicou dende unha perspectiva social, que o xurdimento
da propiedade en grupos, sendo consecuencia do almacenamento dun número
notable de certos alimentos, desencadenou unha estrutura social desigual provocando
novos métodos para o incremento da nutrición.
En conclusión, a neolitización foi un proceso complicado no cal participaron a
condición climática, o coñecemento ilimitado do ser humano, a evolución cultural, o
vencemento da barreira demográfica e a sedentarización. Deste modo, a maioría das
hipóteses compoñen en conxunto unha explicación razoable sobre o que aconteceu no
pasado, orientándonos polos datos que se obtiveron ata o momento.

Tornando aos ragos deste período, a base económica primordial tiña como eixe a
actividade agrícola (tamén a pecuaria noutras en certas zonas) derivada da
sedentarización de aldeas estables. A ignicultura1 practicouse en todos os contextos,
favorecendo á fertilización do solo grazas aos restos orgánicos vexetais.

Deste modo, a terra aproveitábase para o cultivo de cereais e leguminosas


principalmente, destacando o trigo e a cebada, aínda que a tipoloxía de preferencia
dependía do territorio. O paradigma de China, onde os principais eran o arroz e o

1
Consiste en modificar segmentos de monte para dotar o terreo de condicións
favorables para o cultivo. Emprégase a sección de árbores ou o desbroce e o lume.
paínzo, ou o do norleste do continente suramericano, sendo relevantes a pataca, o
cacahuete e a mandioca. A gran variedade de plantas e animais domésticos 1 deuse
grazas á existencia de agriotipos 2, pero estes non estaban espallados por todo o
mundo no inicio do Neolítico, senón que se localizaban en rexións nucleares como por
exemplo, nas áreas montañosas Próximo Oriente. Paradigma disto é a neolitización
tardía de Europa fronte a da terra de orixe deste cambio, importando desta última os
agriotipos.

3 4

Amais, a agricultura implicou o desenvolvemento de novos útiles de traballo,


salientando a machada de pedra puída, a fouce de madeira e o muíño de man. O
primeiro tratábase dunha peza maciza de pedra pulimentada cun fío nun dos dous
extremos e que se procedía a mangar con madeira na maioría dos casos. Fabricábanse
distintas variedades en canto a forma e tamaño, destinadas a unha función de labor,
1
Despois do can no Paleolítico Superior, os seguintes en ser domesticados foron os
ovicápridos no 7000 a.c e os suídos e bóvidos mil anos despois, todos eles no
crecente fértil.
2
Fauna e flora precendentes das domésticas e que eran susceptibles de ser domadas.
3
Triticum diccocum. Trátase do trigo de escanda, unha das primeiras variantes do
trigo silvestre (triticum boeticum) que se cultivou. Deste tipo deriva o trigo común
(trigo aestivum) e o seus grans están cubertos por unha pequena cáscarca. A mostra
máis antiga do seu cultivo remóntase ao 9º milenio a.c. na zona que percorre dende
o val medio do Éufrates ata o val do Xordán.
4
Hordeum spontaneum. Vulgarmente coñecida como a cebada silvestre, sendo
antecedente da cebada común (hordeum vulgare), e caracterízase a diferenza desta
última por ter catro filas de gran menos e estar vestido o gran. O primeiro cultivo de
cebada dátase entre o 8000 e 7000 a.c no Próximo Oriente.
bélica ou funeraria. A segunda ferramenta caraterzábase por ser simple, pero de moita
utilidade, empregándose principalmente para a sega de herba e colleita de cereais,
fortalecendo o seu fío incrustando laminiñas. Por último o muíño de man, que estaba
composto por dúas pezas de de pedra abrasiva (movente a superior, durminte a
inferior, empregábase para moer os grans dos cereais ou o ocre destiando aos ritos.

En canto aos artefactos comúns na industria ósea destacan a espátula e a culler, dando
a supoñer unha preparación de alimentos máis sofisticada. Tamén había a presencia
de ósos en colares e adornos, xunto cunha multitude de materiais (cunchas, pedra
caliza, etc) para a realización deses obxectos.
O realmente novidoso na elaboración en xeral, foi a cerámica. A súa suposta orixe
sitúase no Oriente Medio, pero o período precerámico deixa en evidencia a hipótese.A
pesar de que o resto máis antigo pertence ao 8900 a.c. e localizouse no xacemento de
Mureyebet, a cerámica no se espallou ata a partir do final do VII milenio a.c por esa
rexión. Os recipientes creábanse por medio da cocción do barro, transformando unha
materia dúctil nunha compacta e ríxida e que dependendo da técnica ígnea aplicada
(lume oxidante ou redutor) obtíñanse cores avermelladas ou escuras. Multitude de
técnicas usadas vense proxectadas na decoración, sendo común a impresa (cardial ou
non cardial), a incisa acanalada e a de relevo (adherindo cordas, mamelóns, etc.).
Ademais da propia decoración, levábase a cabo un tratamento na superficie do
material mediante o bruñido (alisando as paredes do recipiente cun bruñidor antes de
pasalo polo lume, ocasionando un tono brillante), o alisado, o peiteado ou o engobe
(mesturando o barro con outro material en auga).
Como último matiz, o traballo con tecidos estivo presente; paradigma disto é a cestería
ou a vestimenta (en concreto o calzado), sendo a primeira xunto coa cerámica útiles
para o almacenamento de alimentos. Así mesmo, no eido relixioso salientaban as
figuriñas antropomorfas, tradición herdada das culturas das Venus do Paleolítico
Superior.

1 2

Anteriormente mencionaba que o xurdimento da cerámica é dubioso, en cambio o que


sí se pode asegurar con total contundencia é o crecente fértil como o berce da
neolitización. A súa cronoloxía divídese no precerámico A (duranto o 9º milenio a.c.) e
B (subdivídese en tres etapas [antigo/medio, recente e final], comprendidas desde o
8000 ao 6300 a.c.), finalizando co afianzamento da vida neolítica máis a cerámica
despois do B. Para comprender as características destas estapas, resultan primordiais
xacementos prehistóricos de determinadas zonas. Comezando por Palestina, sitúase o
de Xericó, datado no Natufiense. Trátase dun asentamento con vivendas de adobe as
cales no PPNA eran redondas e no PPNB pasaron a ser de forma cuadrangular. O
chamativo deste poboado é que se construíron fortificacións (unha muralla e unha

1
Recipiente cerámico impreso cardial. A ornamentación lévase a cabo coa impresión
dunha cuncha cando o barro aínda non se coceu. A cuncha máis frencuente era a do
cardium edule (o berberecho).
2
Vasilla incisa acanalada de terracota na cal para a decoración foi utilizado un
punzón cunha punta sen afiar, aplicando unha presión continua sobre o barro fresco
efectuando espazos horinzontais de maior ou menor anchura.
torre), ademais da presenza de enterramentos humanos no chan das casas (nalgúns
casos, cabezas só, posiblemente debido a algún tipo de culto). Con respecto á función
das fortificacións, plantexouse a teoría de que ou ben foron destinadas para
protexerse de inundación repentinas ou como representación de poder (carece de
sentido afirmar que houbesen sido para a defensa xa que o emplazamento da torre é
no interior). Así mesmo, na fase A os cultivos principais (trigo e cebada) e
posteriormente na B a domesticación de ovellas e cabras, conformaban a dieta básica.
Outros territorios que posúen asentamentos neolíticos dunha importancia
considerable son Mesopotamia e os Montes Zagros. É salientable o de Zawi Chemi
Shanidar con once mil anos de antigüidade onde foi probable unha gandaría intensiva
ovicáprida posto que se acharon unha gran cantidade de mostras de crías. Por outra
banda no de Jarmo (VIII milenio a.c.) hai evidencias da doma dos bóvidos, dunha
idustria lítica abundante xunto con figuriñas humanas de arxila.

En canto a rexión de Anatolia, nela atópase o xacemento por antonomasia máis


representativo do Neolítico no Próximo Oriente, Çatal Höyük. Datado na metade do 8º
milenio a.c., trátase dun poboado o cal podería ser considerado como cidade debido a
estimación da súa extensión (20 ha) e demografía no momento máis culminante (5000
habitantes). O peculiar neste asentamento é que as viventas estaban adheridas entre
si e posuíndo un acceso superior polo tellado. Amais, é posible que algunhas
habitacións actuasen como santuarios, sendo evidencia disto as pinturas de humanos
ou animais (felinos, bóvidos, aves rapaces) achadas en paredes. Outras sinais de
relixiosidade son as inhumacións baixo o chan próximo ás casas ou no propio desta,
nas cales é apreciada unha diferenciación social, e unha cantidade abundante de
figuriñas femeninas esculpidas cunha variedade numerosa de materias. En relación coa
economía, baseábase na actividade pecuaria de bóvidos e no cultivo de trigo e cebada
(potenciado pola irrigación), pero o comercio da obsidiana tiña tamén un papel
transcendental xa que na cultura material incluíanse principalmente artefactos
sofisticados dese material, a parte da cerámica, útiles óseos e de silex, etc.
No eido social, plantéxase unha sociedade matriarcal, estando ao mesmo nivel os dous
xéneros. Por outra banda, dende finais do PPNB iníciase un desprazamento por parte
de poboacións en todo o Oriente Medio cara aldeas de menor tamaño e máis
espalladas, causado posiblemente por un empeoramento climático ou escaseza de
recursos, ou incluso por mudar novamente a estrutura da sociedade, semellante á dos
cazadores-recolectores , deste xeito reduciríanse as diferenzas sociais. (Cita: Neolítico
precerámico [Próximo Oriente], Diccionario de Prehistoria, Menéndez, M., Jimeno, A.
y Fernández, V., Alianza Diccionarios, 2ª ed.).

Así pois, a partir da zona de orixe, a neolitización expándese, focalizándose


principalmente cara Europa por medio de tres rutas, sendo a danubiana e a
mediterránea as principais. Esta extensión divídese cronolóxicamente en sete etapas,
sendo a primeira (6800-6100 a.c.) co punto de partida en Chipre. Nese territorio está
localizado un xacemento de fase precerámica (Shillourokambos 1) e o máis destacado
de todos é o de Khirokitia 2, no cal xurdiu a presenza de pezas de terracota en períodos
posteriores. Continuando a expansión pola Grecia continental (2ª fase 6100-5800 a.c.),
na rexión de Tesalia sitúase o tell 3 de Sesklo onde se orixinou a cultura de Protosesklo,
deixando pegadas en Macedonia e Albania. Os poboados desta cultura (emplazados en
outeiros) estaban conformados por vivendas cadradas de compartimentación interior
1
Asentamento datado entre o 6880-6775 a.c., caracterizado por unha cultura
material cunha exuberante industria de sílex e obsidiana.
2
Poboado posterior ao de Shillourokambos. Estaba rodeado por un muro de
tamaño considerable e no interior situábanse vivendas de forma redondada
(influencia do PPNA oriental?). Practicábase un agricultura variada (cereais e
leguminosas) xunto coa gandaría (ovicápricos e suídos), ademais do troco con
obsidiana.
3
Termo de orixe árabe o cal define o outeiro composto por amoreamentos
estratigráficos das ruínas de aldeas.
complexa, levaban a cabo unha economía produtora e a realización dunha cerámica
feble, escura e bruñida (rematarán por pintarse máis tarde) ademais de figuriñas de
animais e antropomorfas. Xa en territorio macedónico, atópase o xacemento de Nea
Nikomedia (6230 a.c.) de edificacións con forma rectangular, estando constituídas por
postes de madeira; destacaba entre todas unha de tamaño importante, que semellaba
ser un espazo sagrado posto que se acharon obxectos como machadas de arxila cocida
ou figuras pequenas de mulleres. A actividade económica esencial xiraba arredor co
cultivo de leguminosas (guisantes, fabas e lentellas), complementado cos cereais.

Na zona dos Balcáns, é salientable o tell de Karanovo, en Bulgaria. As aldeas dese


espazo dedicábanse sobre todo á agricultura de leguminosas; en ocasións rodeadas
por empalizadas. O seus rasgos chamativos eran as pezas de terracota brancas de base
elevada máis os vasos tulipiformes. Por outra banda, nesta fase comeza unha
colonización áxil no Sur da península itálica, espallándose as cerámicas impresas
provenientes de actual Croacia.
Iniciada a 3ª etapa (5800-5500 a.c.), desenrólase a cultura de Starcevo (orixinaria de
Serbia) ao occidente dos Balcáns, posuíndo variantes rexonais. Caracterizábase pola
primacía pecuaria de ovicápridos; tamén existen sinais de agricultura mais o comercio
(obsidiana de Hungría e figuras pequenas de Grecia ). Amais, a decoración das pezas de
cerámica podían ser impresos ou con borbotina1, predominando o vermello
mesturado co branco ou o negro. Continuando a propagación neolítica polo Danubio
cara Europa central, xorde a cultura da cerámica de bandas (influencia dos grupos de
Starcevo ou Karanovo) a cal chega ata os Países Baixos e o norleste de Francia,
ocasionando a de Tripolije no norte do mar Negro nun período posterior.
As actividades primarias principais eran diversas; concentración da gandaría de
bóvidos (Köl Lindenthal, Alemaña) ou a agricultura alternante de cereais e
leguminosas para obter o máximo rendemento das terras. As aldeas posuían unha
ampla extensión como consecuencia de múltiples ocupacións nun mesmo
asentamento; emplazadas en montículos coa presenza de empalizadas e fosas
(defensa?, probabilidade reuducida), sendo paradigmático o caso de Bylany (40 ha).
Compostas por casas de forma cuadrangular e de grandes proporcións contruídas con
1
Incrustación de botóns de barro na propia peza.
postes de madeira, porén, a verdadeira novidade son os cemiterios magnos. Nos
enterramentos colocábanse unha serie de ofrendas (cerámica, ferramentas, adornos)
ao pé do difunto, aprecíandose diferenzas sociais (supremacía de anciáns, o xénero
masculino en xeral fronte ao femenino) debido á diversidade destas.

Regresando ao contexto do Mediterráneo central, destaca o xacemento de Stentinello


en Sicilia onde existía unha ampla diversidade de cerámica en canto a morfoloxía mais
a decoración, sendo a principal a impresa ou a impresa cardial; noutros tipos
trazábanse formas xeométricas. Un aspecto chamativo era a combinación da caza mais
a actividade agrícola, desenrolándose primordialmente raspadores ou láminas sen
retocar. Por último tamén se levaba a cabo o troco, importando materias como a
obsidiana ou a cuarcita. Así pois, partindo de Italia, a neolitización pasando por
Córsega, Cerdeña e as Illas Baleares, chegou á Península Ibérica, acontecendo o
mesmo coa influencia poveniente do sur francés e o norte de África.

Nea Nikomedia Bylany


Deste modo, pasados 200 anos trala finalización da derradeira fase antes mecionada,
complétase a colonización do mediterráneo occidental; con posterioridade na
meirande parte de Europa (5300-4900 a.c.). e rematando as dúas últimas fases en toda
a fachada atlántica (V milenio a.c.), culminando co Megalitismo na séptima (a partir de
finais do V milenio a.c.).
Na sociedade do Neolítico antlántico a actividade pecuaria vacúa concentrábase
maioritariamente nas rexións do norte europeo, occidente francés mais Gran Bretaña,
resultando nunha elevada consumición de lácteos. En cambio, en zonas situadas máis
cara o Sur, o gando ovicáprido era máis común. Os trazos decorativos cerámicos foron
posiblemente influenciados pola cultura cardial do Mediterráneo, aportando tamén a
agricultura. Un aspecto chamativo é a ausencia de recursos mariños na dieta
nalgunhas aldeas próximas ao mar, descoñecéndose as causas.

O protagonista da fachada antlántica europea foi sen duda o Megalitismo. O termo


engloba as edificacións neolíticas conformadas por grandes bloques líticos, sendo a
primeira arquitectura monumental do continente. Nun principio, a súa orixe foi
dubidosa posto que se acharon evidencias en diversos puntos do mundo (Exipto,
Grecia, Suramérica, etc), non obstante, confirmouse grazas ás datacións mediante
carbono 14 en Gran Bretaña e Portugal. Expoñéronse varias interpretacións as cales
responden ao por que do se seu desenvolvemento: función de transmitir información,
representación de poder ou marco territorial, a idea de representar a orde,
consecuencia da mudanza económica e demográfica. O asunto exento de dúbidas é a
súa división en dous tipos, unhas adicadas á rituais (menhires1, crómlech 2, henges 3)
mais outras ás sepulturas (dólmenes 4). Estes últimos subdivídense en tres patróns:
o primeiro consta só da cámara cuberta polo túmulo5, no segundo o habitáculo
destinado á deposición dos corpos seméllase a unha galería mentres que terceiro
engade un corredor (variantes rexionais con pasillos e cámaras que poden estar
6
compartimentados, sendo peculiar os tholos ). Por outra banda, o paradigma
prioritario dos dólmens localízase en Irlanda, o Newgrange (datado hai 4500 anos
mediante C-14). A súa cámara, chamativa por ser cruciforme, xunto cunha galería de
1
Gran bloque pétreo colocado en posición vertical sobre o chan que nalgúns casos
inclúen ornamentación grabada ou esculpida. Son comúns na Bretaña francesa.
2
Aliñamento de menhires que poden constituír unha forma cuadrangular, ovalada
ou en U.
3
Espazo cerimonial composto por bloques grandes, ás veces incluíndo postes de
madeira, formando un círculo, óvalo ou elipse, con zanxas e muros arredor.
Frecuentes na Inlgaterra meridional.
4
Construcións megalíticas de inhumacións conxuntas conformadas por unha cámara
funeraria (por medio de ortostatos), teito de pedra ou madeira e un túmulo (ben de
rochas, ben de terra) cubrindo toda a estrutura.
5
Acumulación de materia por parte do ser humano por enriba dun espazo funerario.
6
Dólmen cuberto cuxa planta presenta unha morfoloxía circular case perfecta; a súa
cuberta pode ser ben cónica, ben con forma de cúpula.
19 metros de longo atópanse aterrados baixo un túmulo descomunal de 80 metros de
diámetro aproximadamente composto por 97 pedras. Destacan os grabados pétreos
(espirais e zizags) mais a planificación da estrutura do corredor debido a que no
solsticio de inverno os raios solares penetraban no espazo propiamente sepulcral ao
amencer.
En referenia ás edificacións dos monumentos cerimoniais, o exemplo por antonomasia
sitúase en Inglaterra. Trátase do Stonehenge, un henge cuxo levantamento divídese en
catro fases (3000-1100 a.c.). Na primeira realizouse a excavación dunha buraca de 100
metros de diámetro como delimitación circular mais o posicionamento dos menhires
xunto cunha entrada prolongada. Posteriormente excaváronse 56 fosas e na terceira
etapa estableuse círculo secundario de menhires importados do sur galés. O recinto foi
rematado por medio da construción de trilitos (menhires con linteis pétreos),
formando estes un semicírculo. Así mesmo, o chamativo tamén se relaciona co eido
simbólico neste monumento posto que actuaba como culto ao Sol, coincindo o eixe do
recinto co punto polo cal alborecía no solsticio de verán.

(Newgrange) (Stonehenge)

You might also like