You are on page 1of 1

CONTINUACIÓN COA PROBA TIPO TEST (17/02/2020)

Durante esta clase retomamos a proba coa que comezaramos na anterior interactiva, é
dicir, o profesor quixo seguir insistindo en que empregásemos a razón. Iso sí, eu pensei
que ibamos entrar xa máis en profundidade en materia sobre o Neolítico, por exemplo,
curiosidades desa etapa, amosándonos o mestre algunha copia dun resto material
aunténtico, como realizou o profesor Ramón Fábregas nunha práctica en Prehistoria I,
ensinando copias de cranios dos diferentes homínidos.

Pois ben, seguindo coa proba, a reposta da pregunta 3 tamén podíase saber
empregando a dedución, e nesta decateime que unha cuestión que semella ser moi
complicada, en realidade non é así. A pregunta era: En que xacemento está o KMN-ER-
1470? (o mestre deunos unha pista, trátase dun cranio) Nun primeiro instante o termo
parece moi complexo, ata o mencionou o profesor, pero ao reflexionar, decatámonos
de que son siglas que podemos deducir tendo un pouco de coñecemento sobre a
principal zona de restos humanos prehistóricos a nivel mundial e de xeografía. Entón, a
respota é o xacemento de Olduvai posto que KMN quere dicir Kenya Museum
National, museo no cal se recollen restos da zona dese xacemento e ER, East Rudolf.

Por outra banda, outro exemplo de uso sinxelo do razoamento é a resposta da


pregunta 6, na cal pregúntase o significado de PPNA e PPNB. Cabe destacar que
resultou divertido o chiste do mestre, deixando claro para algún despistado que PP
non ten ningunha relación co Partido Popular. Pois simplemente, tendo un pouco de
destreza co inglés, intúense as iniciais: Pre Pottery Neolithic A, e a partir de ahí
traducir, Neolítico Precerámico A e Neolítico Precerámico B.

Con esta cuestión rematamos a práctica, e fancendo unha síntese desta, resultoume
menos entretida que a anterior debido a que se repetiu o mesmo formato, iso sí,
supoño que nas seguintes xurdirán unha maior variedade de temas e formatos.

Páx 2

You might also like