You are on page 1of 2

Xeografía Humana · Grao en Historia · Curso 2022/2023

Interactiva 1: Ensaio ao redor da figura de Élisée Reclus

Antes de comezar

O ensaio é un dos tipos de texto que desenvolverás con máis frecuencia na universidade. Nel,
precisarás reflectir un punto de vista persoal e coherente sobre un tema escollido ou
asignado. Para iso, é recomendable partir dunha análise inicial do tema ou fenómeno e, a
continuación, expresar os argumentos que consideres, normalmente baseados en fontes de
información. Máis alá de demostrar que se domina o tema escollido, resulta fundamental
presentar os argumentos de maneira clara e concisa. A xeito de aproximación, na aula,
revisaremos a estrutura básica dun ensaio académico.

Introdución do exercicio práctico

Le paseniñamente o prólogo da obra L’homme et la terre, de Reclus (1906). Neste texto,


observarás que o autor alega vivir nunha época de crise profunda, por diferentes cuestións
eminentemente históricas e xeográficas. A partir dun ou varios dos piares sinalados por
Reclus, reflexiona sobre os posibles beneficios de incorporar a disciplina xeográfica ao estudo
da Historia.

De xeito complementario e voluntario, ofrécese a posibilidade incorporar ao ensaio unha


breve reflexión sobre a énfase no social de Reclus respecto ao considerado ‘pai’ da Xeografía
Humana, Friedrich Ratzel. Neste sentido, aconséllase a lectura do artigo de López Trigal
(2011).

Materiais

Prólogo da obra L’homme et la terre, de Reclus (1906) [Lectura obrigada] e artigo de López
Trigal (2011) [Lectura recomendada], dispoñibles no Campus Virtual.

Criterios de avaliación

[Rúbrica na seguinte páxina]

Referencias

López Trigal, L. (2011). “Comentario: «Las leyes del crecimiento espacial de los Estados» en el
contexto del determinismo geográfico ratzeliano”. Geopolítica(s). Revista de estudios sobre
espacio y poder, 2 (1), 157-163.

Reclus, É. (1906). El Hombre y la Tierra. Prefacio. Versión española por Anselmo Lorenzo para
la Escuela Moderna de Barcelona (1906), 5-7. Dispoñible en liña en:
http://grupodeestudiosgomezrojas.wordpress.com
Rúbrica para a avaliación do traballo:

Valor
Apartado Descrición
numérico
Contextualiza o traballo a partir do(s) texto(s) e/ou
Introdución axeitada 3 puntos
materiais introducidos na aula.
Desenvolvemento Formula os argumentos e puntos de vista de xeito
3 puntos
ordenado e claro acaído, isto é, de maneira ordenada, clara e concisa.
Expresa unha ou varias conclusións persoais e
Conclusión coherente 3 puntos
coherentes cos aspectos sinalados anteriormente.
Atende á lingua e á forma do traballo (nome, título,
Forma e coidado da
referencias, etc.). O traballo está redactado sen 1 puntos
lingua
grallas en galego, español ou inglés.
[+] Contraste co texto de Inclusión dun breve contraste entre as figuras de
+1 punto*
López Trigal (2011) Élisée Reclus e Friedrich Ratzel.

*O valor total máximo da práctica é de 10 puntos

You might also like