You are on page 1of 2

Pautas para a construción textual.

-Antes de comezar a escribir, lede o punto 6 (o comentario crítico) do


tema 1 Comentario de textos.
1-Selección da información.

-Antes de empezar a escribir debedes identificar o tema que tedes que


tratar. É un aspecto moi importante porque moitos/as de vós non
tratades o tema que se propón e o texto está completamente mal
desde o comezo. (Adecuación temática. Información errónea)
-Antes de empezar debedes pensar a tese (opinión persoal) que
teredes que defender cos argumentos.
-Antes de comezar debedes pensar dous ou tres argumentos e como
os ides defender. Os argumentos deben ser distintos, non o mesmo
explicado e repetido ao longo de todo o texto (ausencia de progresión
temática. Información insuficiente e redundante). Podedes repasar os
argumentos no citado tema 1.
-Antes de empezar debedes pensar tamén en como redactar a
introdución (contextualización social ou paráfrase das ideas do texto,
repasade cando se emprega cada unha).
-Ide anotando toda esta información nun folio á parte ou na marxe ou
a parte inferior do folio que empreguedes se se trata dun exame.

2-Estrutura.

-Introdución (1º parágrafo): Presentación do tema + formulación da


tese. A tese (opinión persoal) non se pode volver repetir ao longo
do texto.
O tema que se vai taratar debe presentarse de forma completa e coa
información pertinente e necesaria. A tese debe ir introducida por un
marcador textual e expresarse de forma clara.
-Corpo argumentativo: defensa da tese empregando, polo menos,
dous argumentos distintos ben defendidos e desenvolvidos. Ca
da un deles redáctase nun parágrafo distinto introducido por un
marcador textual que NON sexa correlativo (primeiramente/en primeiro
lugar...en segundo lugar).
-Conclusión: breve resumo de todo o anterior. Pódese pechar o texto
suxerindo unha idea, escribindo unha cita ou facendo unha pregunta

(non é obrigatorio). A conclusión vai introducida por un marcador


textual.
3-Rexistro lingüístico.

O texto ten que estar redactado en rexistro formal e o nivel de lingua


ten que ser o estándar (normativo). Son erros moi graves:
-redactar en 2ª persoa empregando o pronome ti e verbos en 2ª
persoa ( "sabes", "oirías"...)
O máis correcto é escribilo usando a 3ª persoa.
-Empregar palabras propias do rexistro coloquial: cousa, facer, dicir,
ter, refráns, acurtamentos de palabras (profe, tele), empregar
abreviaturas (etc.).
-A falta de cohesión textual: repetición de palabras e sintagmas.
Pódense suprimir (elipse), substituír por deícticos (deíxe) ou por
sinónimos e hiperónimos.

4-Corrección ortográfica e gramatical.

Ortografía. Castelanismos. Signos de puntuación e concordancia dos


elementos da oración.

É moi importante repasar a ortografía e a expresión do texto unha vez


escrito.

Nota: a partir de agora non corrixirei ningún texto que conteña os


seguintes erros:
-non trate o tema proposto.
-Non exprese a tese no primeiro parágrafo.
-Repita o mesmo argumento ou sexa unha exposición non
argumentada.
-Non teña unha estrutura clara delimitada polos seus correspondentes
marcadores textuais que non sexan correlativos.
-Empregue un rexistro lingüístico coloquial e sobre todo, estea
redactado en 2º persoa.

You might also like