You are on page 1of 4

tema 2

TRABALLANDO COS TEXTOS

O título
Un título é un enunciado do contido dun libro ou doutro escrito que se coloca ao comezo del. Debe presentar de modo obxectivo,
agradable e sintético a información que vén no texto. As características son: breve (non máis de 7/8 palabras), preciso e exacto
en relación ao contido do texto, adecuado ao sentido e á intención do texto e orixinal e atractivo. O habitual é que carezan de
verbos e presenten a idea central á que se refire o contido; normalmente son frases nominais cuxo núcleo é un substantivo ( A
Revolta Irmandiña), unha frase nominal seguida dunha explicación ( A Revolta Irmandiña, xénese e desenvolvemento ) ou o título
bimembre (Xénese e desenvolvemento da revolta irmandiña ).

O tema
Determinar o tema do texto consiste en expresar con poucas palabras a idea que o autor nos quere transmitir. Trátase de
expresar de forma concisa a idea fundamental dun texto. Para averiguar cal é o tema dun texto pode ser útil formular
algunhas preguntas como: de que fala?, cal é o obxectivo del?. . . A definición do tema ha de ser clara, breve e exacta; por iso
débese ter coidado de non incluír nel contidos anecdóticos ou persoais. Nos textos argumentativos o tema adoita coincidir coa
tese que se pretende demostrar ou defender no propio contido. Nos textos narrativos sería un resumo do propio resumo do
texto.

O esquema
O esquema é unha técnica de síntese, é reducir ao fundamental algo que está desenvolto con maior extensión. Polo tanto,
consiste en expresar graficamente o que se subliñou, é dicir, en representar a estrutura dun tema.
- Vantaxes: permite tomar conciencia da xerarquización das ideas principais e secundarias, axuda á comprensión de ideas, é
útil para repasar e facilita a memorización ou fixación das ideas importantes.
- Requisitos: debe aparecer só o fundamental do contido, debe ter unha xerarquía de ideas, as ideas deben expresarse de
maneira breve e cómpre evitar frases ou oracións longas.
- Elaboración: lectura comprensiva do texto, subliñado de ideas principais e secundarias, determinación dos apartados,
disposición gráfica e plasmación das ideas do texto de xeito breve e claro.
Existen diferentes tipos de esquemas, todos eles, igual de válidos: esquema de chaves, esquema numérico. . .

O resumo
Resumir é condensar un texto breve, eliminando os accesorios, os contidos básicos doutro texto máis extenso. Polo tanto, un
resumo expresa de maneira integradora, condensada, coherente e con palabras do autor ou autora o contido esencial dun texto.
- Vantaxes: facilita a comprensión do tema, mellora a capacidade de análise e síntese e aforra tempo para memorizar ou
repasar.
- Características: brevidade e selección das ideas importantes e imprescindibles, claridade e precisión nas palabras escollidas,
orde nas ideas redactadas no texto e breve extensión, pois debe supoñer un terzo do texto orixinal.
- Elaboración: debe ser un texto redactado, composto por enunciados coherentes e non unha simple enumeración de ideas. A
ortografía, expresión e presentación son aspectos básicos de calquera resumo e que hai que coidar. É necesario, para facer
un bo resumo, ter feito unha lectura comprensiva e o subliñado de ideas importantes e secundarias.
A estrutura
A estrutura é a organización dun texto en partes, entre as que habitualmente pode establecerse unha orde ou unha xerarquía. A
estrutura externa atende á disposición dos enunciados en capítulos, apartados ou parágrafos e a estrutura interna atende á
distribución e a xerarquía das ideas na mensaxe. Así, determinar a estrutura interna dun texto equivale a establecer unha
división en partes, dende o punto de vista do contido. Non obstante, a estrutura externa pode ser de grande utilidade, xa que
adoita existir unha correspondencia entre división en parágrafos e estrutura interna de contido. O tipo de texto que teñamos
que analizar vai influír na división da súa estrutura externa; habitualmente están divididos en tres partes que distinguiremos
como introdución, corpo ou desenvolvemento, e conclusión ou desenlace.

A intencionalidade do texto
O texto organízase segundo o seu contido, a intención do emisor e a forma do discurso predominante atendendo a cinco
estruturas básicas: narrativa, expositiva, argumentativa/persuasiva, dialogada e poética.

ESTRUTURA NARRAT IVA


A intencionalidade é relatar feitos, sucesos ou acontecementos, habitualmente organizados segundo unha liña cronolóxica e
espacial que son protagonizados por uns personaxes e contado por un narrador. Normalmente divididos en tres partes e que
poden ser reais ou imaxinarios; e tamén habitualmente combinados con textos descritivos.

ESTRUTURA EX PO SIT IVA


A súa intencionalidade é explicar feitos ou ideas e dar información obxectiva sobre estas; normalmente desenvolvida en tres
partes.

ESTRUTURA ARGUME NTATI VA / PE RSUAS IVA


A intención é convencer ao público dunha idea, opinión ou posicionamento, baseando o discurso en razóns lóxicas e
subxectivas e apelando aos sentimentos, gabanzas. . . para persuadir mellor. Normalmente dividido en tres partes.

ESTRUTURA DIALO G ADA


A intención é posibilitar un favorecer un intercambio ou diálogo entre locutores, alternando opinións, xuízos ou sentimentos
acerca dun tema determinado. A característica máis destacada é a estrutura en forma de diálogo e a interacción directa e
continua entre emisor/receptor.

ESTRUTURA POÉ TIC A


A intención é expresar sentimentos e centra a súa atención sobre a forma da mensaxe e o goce estético dela.
Habitualmente en forma de verso poético.

O texto e as súas propiedades


Un texto é un enunciado ou un conxunto de enunciados, enlazados de maneira coherente, que posúen sentido completo. O texto,
xa sexa oral ou escrito, debe reunir tres propiedades básicas.

A ADE C UAC IÓ N
Establece que calquera texto se debe adaptar a un contexto ou situación comunicativa determinada. A adecuación pódese
establecer respecto do contexto ou da situación comunicativa. Xa que logo, o texto debe cumprir dúas condicións:
- Presentación. Debe de estar distribuído de maneira axeitada (disposición das marxes e dos parágrafos), empregar
recursos tipográficos (letra grosa, cursiva. . . ) e respectar a normativa (estándar lingüístico).
- Rexistro. Un texto é adecuado se o seu rexistro (formal ou informal) se axusta á situación comunicativa en que se
produce: a canle que emprega (oral ou escrita), o destinatario a que vai dirixido e a intención do emisor (persuadir,
deleitar, informar, etc).

A C O HE RE NC IA
É unha propiedade que pon en relación todos os elementos dun texto, dotándoo dun significado global que permite entender
a información. Depende de dous factores:
- Que resulte adecuado.
- Que teña unidade de sentido. Os enunciados que o constitúen débense referir a un mesmo tema, e non saltar
arbitrariamente dun asunto a outro. As ideas deben ser compatibles entre si, isto é, non se poden contradicir unhas a
outras.
Para conseguir a coherencia textual, a información debe organizarse e estruturarse segundo unha orde. Nalgúns casos esa
estrutura está determinada polo tipo de texto. A estrutura máis frecuente é a que divide o texto en tres partes:
- Introdución: enunciado ou presentación do tema.
- Corpo do escrito: exposición detallada dos aspectos incluídos nese tema.
- Conclusión.
Sexa cal sexa esta estrutura, o texto está formado por varios parágrafos e cada parágrafo por varias oracións

A C O HESIÓ N
Os enunciados que forman un texto preséntase conectados ou enlazados (cohesionados) entre si mediante procedementos
lingüísticos:

Os conectadores ou marcadores discursivos


Son pezas lingüísticas que enlazan os parágrafos e as oracións dun texto, contribuíndo, así, para a súa cohesión.

Acrecentan novas ideas na mesma liña Incluso, é máis, máis aínda, ademais, así
Marcadores aditivos
argumentativa do texto previo. mesmo, de igual forma, tamén. . .

Polo contrario, en troca, pola contra, pero,


Marcadores de contraste Expresan a oposición entre dúas ideas.
mais, iso si, porén, non obstante, agora ben. . .

Establecen unha relación de causa Pois, por iso, por conseguinte, xa que logo, por
Marcadores de consecuencia
efecto entre dous enunciados sucesivos. tanto, daquela, de maneira que, entón. . .

Ordenan as distintas accións a que se Logo, despois, a seguir, a continuación, así


Marcadores temporais
alude nun texto. mesmo, máis tarde, posteriormente. . .

En primeiro lugar, en segundo lugar, por


Indican as distintas partes en que se
Marcadores de orde unha banda, pola outra, por último,
organiza ou se distribúe un texto.
finalmente. . .

Isto é, ou sexa, é dicir, a saber, noutras


Aclaran palabras, ideas ou expresións
Marcadores explicativos palabras, mellor dito, de todas as maneiras,
que aparecen anteriormente.
de todos os xeitos. . .

Ilustran mediante exemplos as


Así, por exemplo, en especial, en particular,
Marcadores de concreción afirmacións ou ideas aparecidas con
en concreto, nomeadamente. . .
anterioridade.

Chaman a atención para a mensaxe


Home, muller, anda, mira, olla, non é?, non
Marcadores de contacto que se transmite, reforzando os seus
si?, sabes?, entendes?. . .
razoamentos.

Recorrencia
No discorso, certos elementos remiten a outros, que resultan necesarios para a súa interpretación. Existen varios
procedementos:
- A repetición de palabras ou substitución por sinónimos.
- Uso de substantivos hiperónimos.
- Uso de pronomes persoais, posesivos ou demostrativos que se refiren a substantivos aparecidos previamente.

Substitución
Consiste na colocación dun elemento en lugar doutro ou doutros no texto, evitando a súa repetición.

Elisión
É a omisión dun elemento, recuperable polo contexto (Vai vir Alberte? Debería.).

You might also like