You are on page 1of 3

TEMA-6.

pdf

Anónimo

Lengua Gallega

1º Grado en Maestro/a de Educación Infantil

Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte


Universidad de Vigo

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
TEMA 6: PROPIEDADES TEXTUAIS

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Un texto é unha unidade lingüística con sentido completo que cumpre unha función comunicativa. Os
textos poden ser orais ou escritos, e estar constituídos por un único enunciado ou por un conxunto de
enunciados. Para que unha unidade comunicativa poida recoñecerse como texto debe expresar un
significado completo, ter un sentido coherente e adecuarse ao contexto en que se emprega.

ADECUACIÓN
A adecuación é unha propiedade textual que ten que ver coa maneira en que o texto se axeita ao
tema, ás intencións do emisor, ao destinatario e á situación comunicativa na que se inscribe.
● Adecuación ao tema: o tema do texto condiciona tanto o contido do texto coma a súa forma.
● Adecuación á intención comunicativa: o texto se adecúa axeitadamente á intención do
emisor, ao destinatario resultaralle máis doado comprendelo e percibir a súa finalidade.
● Adecuación ao destinatario: o texto debe adaptarse aos destinatarios para os que vai
dirixido.

Reservados todos los derechos.


● Adecuación á situación: o texto adáptase á situación comunicativa por medio do cambio de
rexistro.

Ao valorar a adecuación do texto ao contexto comunicativo cómpre distinguir entre dous tipos de
contextos: o situacional e o sociocultural.
● Contexto situacional: é o marco espacial e temporal onde se produce a comunicación.
● Contexto sociocultural: está constituído polas relacións sociais existentes entre os
interlocutores e polo coñecemento cultural compartido.

COHERENCIA
A coherencia é unha propiedade textual que permite percibir un enunciado ou un conxunto de
enunciados como unha unidade comunicativa comprensible e interpretable. A coherencia é unha
propiedade pragmático-semántica vencellada co significado dos enunciados, coa súa organización e
coa continuidade de sentido do texto. Ademais, está ligada ao contexto en que se produce o texto, ao
mundo coñecido polos interlocutores e á competencia lingüística do destinatario. Os textos
coherentes están formados por enunciados entre os que existe un vínculo e nos que se leva a cabo
unha progresión informativa.

COHESIÓN
A cohesión é unha propiedade textual complementaria da coherencia, pois ten que ver cos
mecanismos lingüísticos que fan evidentes as relacións de significado que existen entre as partes
que constitúen o texto. Os enunciados que forman o texto están relacionados e vinculados por
procedementos lingüísticos que permiten que o conxunto se perciba como unha unidade. 3 Os
principais sistemas ou mecanismos de cohesión entre os enunciados que forman parte do texto son a
referencia, a deíxe e a conexión.
● Referencia: alusión a un mesmo elemento en oracións ou enunciados sucesivos mediante
formas referenciais que permiten evitar a repetición dunha mesma palabra ou frase. Poden
ser elementos gramaticais (pronomes, adverbios...) ou unidades léxicas (sinónimos,
hiperónimos...).
● A deíxe: mecanismo lingüístico que serve para relacionar o texto co contexto e coa situación
comunicativa. Son pronomes ou adverbios que indican os referentes reais do discurso.
Poden ser espaciais, temporais e persoais. Tamén poden relacionar elementos do texto.
● A conexión: utilización de palabras e frases para marcar as diversas relacións que se dan
entre as oracións e enunciados do texto. Existen elementos especializados en conectar
frases e oracións (e, porque, pero, a pesar de...) e outrosen indicar os vínculos entre
fragmentos e parágrafos do texto (por una banda, en consecuencia...). Son os denominados
conectores textuais.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507131
1. CONECTORES
Os conectores ou marcadores textuais son un conxunto de palabras e frases que serven para
vencellar ou relacionar palabras, frases ou oracións do texto vinculadas polo seu significado. Poden
funcionar como conectores as preposicións, as conxuncións, algúns adverbios e diversas frases e
locucións. Estas palabras ligan elementos dun mesmo enunciado, enunciados dun texto e tamén
fragmentos ou parágrafos no interior dun texto.
Atendendo ao tipo de relación que marcan e ás unidades que vencellan, distínguese entre
conectores textuais (lóxicos e estruturais) e conectorers interactivos. Os conectores lóxicos marcan a
relación semántica existente entre frases, oracións ou enunciados sucesivos. Polo tipo de relación
que indican clasifícanse en:

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
● Marcadores textuais: Advirten ao ouvinte das deducións que ten que facer para coñecer de
que xeito se fala, a clase de operacións lóxico-lingüísticas se están a realizar e se o tema se
atopa ao principio dun texto, no medio, ao fin ou se se pode continuar ou non.
● Marcadores interactivos: Teñene en conta a postura do falante respecto doouvinte, o ánimo
dos falantes, tendo moito a ver as constricións culturais e a cortesía.Ç

TIPOS CONECTORES TEXTUAIS

Consecutivos e Causais: introducen a causa Polo tanto, xa que logo, por conseguinte, xa
ou consecuencia dunha idea enunciada con que, dado que, porque, por iso, en
anterioridade consecuencia...

Reservados todos los derechos.


Opositivos: introducen unha idea que se opón Con todo, pola contra, pero, mais, non obstante,
ou é contraria a outra xa expresada en cambio, a pesar de que, aínda que, porén...

De actitude Con seguridade, con certeza, abofé,


posiblemente, sen dúbida, de certo...

Os conectores estruturais sinalan as distintas partes dun texto e marcan as relacións entre elas ou
entre unha parte e o resto do texto. Sérvenlle ao emisor para estruturar e ordenar as ideas do
discurso. Pola función que desempeñan clasifícanse en:
De transición Por outra banda, pola súa parte, polo que
respecta a, verbo de, no tocante a, a respecto
de, no que concirne a...

Aditivos: engaden unha nova idea á anterior Ademais, alén diso, é preciso engadir que,
mantendo a mesma orientación tamén, e, mesmo, incluso...

Ordenadores (comezo, continuación) En primeiro lugar, primeiramente, a


continuación, deseguido, a seguir…

Conclusivos De remate en resumo, en suma, en síntese, en poucas


palabras, para resumir... finalmente... por último,
para rematar…

Explicativos e exemplificadores é dicir, noutras palabras, isto é, ou sexa, mellor


dito, por exemplo...

Estruturador da información, digresor Por certo, a todo isto, falando de…, de tódolos
xeitos…

Ademais, existen moitos outros tipos de conectores que serven de maneira xeral para organizar a
información no texto: temporais (daquela, antes, a seguir, a continuación...), espaciais (preto de ( non
*perto, cara a, atrás, máis adiante...) etc.

¿Seis meses gratis en Netflix, Disney+, Spotify...? ¡Hazte cliente de BBVA!


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-7507131

You might also like