You are on page 1of 8

1.

Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

1. Análise previa
Achega información sobre onde se atopa o texto e as condicións nas que
está. É unha análise que se centra en aspectos externos ao texto, pero importantes
para achegármonos a el.

1.1. Aspecto bibliográfico


A localización bibliográfica pode ser:
a) particular: refírese á edición dun texto determinado,
b) xenérica: achega información bibliográficos de elementos máis amplos
(autor, tema, xénero literario...)
Existen ciencias auxiliares da literatura que estudan estes aspectos:
a) Biblioloxía: refírese a libros impresos,
b) Codicoloxía (de códice): textos manuscritos.

1.2. Aspecto ecdótico


Refírese ao estado no que o texto chega até nós (en bo estado,
deturpado...) e o establecemento da versión auténtica. Existen tres partes neste
tipo de análise:
a) Recensio: recompilación de material, das diferentes versións / edicións e
estudo das mesmas.
b) Stemma (árbore xenealóxica): estudo das variantes dos textos e das relacións
que hai entre elas.
c) Constitutio textos ou Restitutio textos: busca e análise do texto máis
achegado posíbel á versión orixinal do autor. Atopar o texto tal e como o
autor o quixo escribir é, mesmo hoxe, unha tarefa moi difícil. Nunha edición
crítica do texto achegaríanse notas a pé de páxina.

2. Análise intratextual
É a análise de elementos intrínsecos do texto, a análise literaria
propiamente dita. Aínda que a división entre fondo, forma e estrutura ten interese
metodolóxico, cómpre dicir que algunhas escolas negan esta diferenciación por
considerar o texto unha unidade non divisíbel.

2.1. Análise do fondo ou do contido


Refírese á temática do texto como obxecto en si mesmo 1. Podemos atopar
os seguintes elementos:
a) Argumento: é conxunto detallado dos acontecementos e situacións básicas no
texto. Segundo diferentes escolas poden detectarse nel os seguintes
elementos2:

autores elementos repetidos concreción deses elementos


V. Propp situacións ou funcións concreción
Greimas actantes actores

1
A análise extratextual adoita basearte principalmente na temática para, a partir dela, desenvolver unha
análise biográfica, etnográfica...
2
Exemplo: en Os vellos non deben de namorarse de Castelao hai tres partes nas que se repiten as
mesmas situacións/funcións ou actantes, mais en cada unha a concreción ou os actores son diferentes.

1
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

b) Tema central: eixo básico, idea nuclear do texto.


c) Temas secundarios: temas menos desenvolvidos que serven de
complemento, contraste ou descanso do tema principal.

2.2. Análise da forma ou da expresión

2.2.1. Nivel gráfico


Podemos atopar numerosos recursos aplicados á escritura que o autor usa
con fins expresivos:
a) Disposición:
 Do espazo: dá lugar á diferenza entre verso e prosa. As alteracións poden
ter valor estilístico.
 Disposición en forma figurativa, propia das vangardas (tipogramas e
caligramas).
 Acróstica, mesástica, celéstica.
 Anagrama (transformación dunha palabra doutra por transposición das
súas letras).
 Amalgama: fusión de palabras separadas polas normas ortográficas.
 Polindromo: texto lido da mesma forma tanto de esquerda a dereita
coma de dereita a esquerda.
b) Tipografía: tipos de letra, cor. Exemplo: en A historia interminábel a
fantasía distínguese da realidade pola cor do texto.
c) Ortografía: non cumprimento das normas ortográficas con función
expresiva. Exemplo: Pájinas escojidas de Juan Ramón Jiménez ou ausencia de
puntuación para a transmisión do pensamento no monólogo interior.
d) Caligrafía: reprodución de manuscritos con intención:
 testemuñal (orixinal)
 estética ou ornamental
e) Grafémica: expresividade simbólica dos grafemas, da forma das letras.
Exemplos:
 l: esvelta e alta, símbolo da depuración.
 o: redonda, símbolo dos elementos materiais.
f) Elementos extralingüísticos: elementos que acompañan o texto. Exemplo:
debuxo e texto en Cousas de Castelao.
g) Xeroglíficos: expresión dun texto a través de debuxos significativos,
baseados en escrituras antigas (exipcia).

2.2.2. Nivel fónico


a) Fenómenos fonoestelísticos:
 Onomatopea: evocación de sons reais coa linguaxe. Pode ser:
 da lingua: habitual, común e recoñecíbel;
 da fala: non xeneralizadas, senón inventadas polo autor para un caso
concreto.
 Fonosilbolismo: evocación de sensacións non auditivas a través da
expresividade dos fonemas, estas sensacións poden ser:
 visuais
 táctiles
 cinéticas
2
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

 anímicas
Este efecto conséguese de forma:
 aliterada
 contrastiva

 Aliteración: repetición dun ou varios fonemas con intención estilística.


Pode ser:
 vocálica
 consonántica
 Paranomasia ou annominatio: colocación en lugares próximos de dúas
palabras foneticamente semellantes. Sematicamente poden presentar:
 proximidade
 contraste

b) Métrica3:
 Verso: está composto por sílabas fonolóxicas.
 Clasificación segundo a extensión:
● Simples (menos de 11 sílabas), poden ser:
- Arte menor (menos de 8 sílabas)
- Arte maior (máis de 8 sílabas)
● Compostos (12 sílabas ou máis), esta maior lonxitude fai que estean
divididos en dúas partes ou hemistiquios. Os hemistiquios poden ser:
- Isostiquios, se teñen igual medida
- Heterostiquios, se a súa medida non é igual4
 Acentuación: marca o ritmo do verso. Neste senso é importante o
establecemento do acento de intensidade obrigatorio ou ictus, que marca o
sistema compositivo e inflúe no cómputo silábico. No galego actual sitúase
na penúltima sílaba.
 Rima: igualdade de tódolos sons (rima consonante) ou só dos vocálicos
(asonante) ao final de cada verso a partir da última vogal acentuada.
 Pode ser continua (a-a-a-a), xemelga (a-a-b-b), abrazada (a-b-b-a),
encadeada (a-b-a-b)
 Rima interna: dentro do verso.
 Rima de cabo roto ou partida: no medio da palabra.
 Estrofa.
 Poema: conxunto de versos constituídos ou non en estrofas.
c) Fenómenos mixtos: refírense as relacións entre verso e frase:
 Esticomitia: correspondencia entre verso e frase.
 Encabalgamento: desaxuste entre verso e frase, pode ser:
 segundo a súa extensión:
● abrupto (menos de 5 sílabas no verso seguinte)
● suave (máis de 5 sílabas no verso seguinte)
 segundo o lugar no que se produza:
● léxico: no medio da palabra
● sirremático: parte da oración gramatical

3
Cómpre ter en conta que a métrica actual é diferente da medieval.
4
Tamén existen os braquistiquios, unidades moi breves marcadas graficamente. Son pouco frecuentes.

3
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

● oracional

2.2.3. Nivel gramatical


Aínda que xa as retóricas clásicas consideraban que este tiven tiña
pertinencia expresiva, durante algún tempo esta foi unha afirmación discutida, pero
durante o século XX vólvese considerar que ten valor expresivo. Así, danse
fenómenos morfosintácticos coma:
1) Omisión de partes do discurso. É o caso da elipse, que consiste na omisión de
partes sen que isto impida a comprensión. A elipse pode darse en forma de:
 Asíndeto: supresión das conxuncións.
 Zeugma: cítase un elemento e non se volve repetir. É moi frecuente.
2) Acumulación:
 paráfrase: reprodución libre dun texto,
 amplificación: desenvolvemento,
 digresión: saída do tema,
 paréntese: inciso,
 pleonasmo: redundancia,
 epíteto: colocación de adxectivos que non achegan significados novos ao
substantivo (“sombra escura”),
 enumeración.
3) Recorrencia:
 palabras, que poden estar ou non en contacto,
 categorías morfosintácticas,
 especial ordenamento: paralelismo gramatical
4) Concordancia:
 anacoluto: ausencia de concordancia, moi frecuente na poesía.
5) Ordenamento especial da frase:
 hipérbato,
 quiasmo (ordenamento cruzado, antiparalelístico),
 retruécano: especie de eco, reagrupación das mesmas palabras en distintas
frases.

2.2.4. Nivel léxico-semántico


Este nivel refírese á selección do vocabulario, selección que pode estar
afectada por fenómenos:
a) diacrónicos: arcaísmos, neoloxismos...
b) diatópicos: barbarismos...
c) diastráticos: cultismos, vulgarismos...
d) diafásicos: familiarismos, eufemismos...
Poden presentarse neste nivel as chamadas figuras retóricas ou tropos,
de entre as que destacan:
a) Imaxe: identificación de elementos expresos no texto entre os que existe unha
relación lóxica.
b) Imaxe visionaria: identificación de elementos expresos non texto entre os que
non existe unha relación lóxica.
c) Metáfora: substitución dun elemento por outro co que mantén unha relación
de semellanza.

4
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

 Metonimia: metáfora consistente na substitución de elementos que gardan


unha relación causa – efecto / efecto – causa, todo – parte / parte – todo,
autor – obra / obra – autor...
 Sinécdoque: metonimia parte – todo / todo – parte, singular – plural / plural
– singular.
 Alegoría: metáfora ampla, continuada.
d) Símbolo: representación dun elemento intelectual mediante un elemento
material.
e) Prosopopea: personificación, humanización.
f) Símil: comparación.
g) Antítese: oposición.
h) Ironía.
i) Sarcasmo: ironía cruel.

2.2.5. Nivel pragmático


Refírese aos usuarios do texto (emisor, receptor e personaxes) e ao
marco pragmático do mesmo (espazo e tempo).
a) Emisor ou narrador, podémolo clasificar de diferentes xeitos segundo os
seguintes criterios:
 Cantidade:
 Individual ou univisional.
 Colectivo ou multivisional.
 Homoxeneidade:
 Híbrido: varios puntos de vista.
 Uniforme: punto de vista único.
 Presenza na acción:
 Personaxe principal.
 Personaxe secundario.
 Coñecemento da acción:
 Omnisciente: coñece todo o desenvolvemento da acción. Á súa vez pode
ser:
● Panorámico: coñece os personaxes por dentro e por fóra.
● Radiográfico: só coñece o exterior dos personaxes.
 Limitado: coñecemento parcial da acción.
 Persoa verbal: pode usar calquera das seis.
b) (o que está dentro da obra, non identificábel co
Receptor literario ou narratario
lector):
 Cantidade: individual ou colectivo.
 Homoxeneidade: híbrido ou uniforme.
 Presenza na acción: principal ou secundaria.
 Coñecemento da acción: total ou parcial.
 Persoas verbais: calquera das seis.
c) Personaxes:
 Descrición:
 Retrato: física e psíquica.
 Etopea: psíquica.
 Prosopografía: física.

5
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

 Da ideoloxía: política, filosófica...


 Etolóxica ou do comportamento.
 Sensorial.
 Manifestación no texto:
 Estilo directo: é o propio personaxe o que transmite as súas palabras.
 Estilo indirecto: as palabras dun personaxe sonnos transmitidas a través
doutro.
 Estilo indirecto libre: as palabras dun personaxe son integradas
literalmente no discurso doutro.
 Monólogo interior: transmisión dos pensamentos dun personaxe tal e como
se producen, é dicir, de xeito desordenado.
 Importancia:
 Principais.
 Secundarios.
 Caracterización:
 Definidos.
 Difuminados.
 Cantidade:
 Individuais.
 Colectivos.
 Evolución:
 Planos ou rectilíneos.
 Evolutivos.
d) Marco pragmático ou contextual:
 Tempo: é descrito a través da cronoloxía e pode estudarse desde diferentes
perspectivas:
 Ordenamento:
• lineal ou continuo,
• discontinuo ou anacrónico:
- retrospectivo (flashback): salto cara o pasado (corte brusco ou non),
- prospectivo (flashforward): cara adiante,
- simultáneo: accións que se desenvolven ao mesmo tempo, pero que a
linguaxe ten que presentar sucesivamente.
 Velocidade:
• rápido: moitos feitos en poucas palabras,
• lento: poucos feitos en moitas palabras.
 Duración:
• coincidente: tempo do discurso = tempo da historia,
• desproporcionado: o tempo do discurso é diferente do da historia. A
desproporción pode ser:
- amplificación,
- redución
• suspendido (descricións, reflexións...)
• omitido
 Espazo: é descrito pola topografía e podémolo analizar desde os seguintes
puntos de vista:
 Referencias á realidade xeográfica:
• real,
6
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

• imaxinario.
 Realidade ambiental ou sociolóxica:
• rural,
• urbano,
• marítimo,
• aéreo...
 Mobilidade ou inmobilidade:
• itinerante: sucesión de lugares ao longo do texto. Neste senso
podemos falar de:
- espazo de boomerang: saída e regreso.
- espazo sen retorno: saída do espazo sen regreso.
• estático: permanencia no mesmo lugar.
 Simbolismo: se o espazo ten unha carga simbólica dentro do texto,
falaremos dun espazo simbólico. Este simbolismo pode ser:
• positivo,
• negativo,
• opositivo (antíteses).
 Cronotopo: concepto usado polo teórico ruso M. Bakhtin para referirse a
unha asociación intrínseca espazo – tempo. En principio aplicábase só ao
relato, mais tamén se pode usar para a poesía. Exemplos: “O Suso” en O
crepúsculo e as formigas, de Ferrín; Os Eidos de Novoneyra (exemplo
achegado por Arcadio López Casanova).

2.3. Análise da estrutura

Con estrutura referímonos á disposición que adopta o texto, ás relacións


entre os elementos que o compoñen. Esta pode ser:
a) Externa: facilmente detectábel (actos, capítulos, estrofas...)
b) Interna:
 Episódica: estrutura en conxuntos autónomos que se encabalgan.
 Aberta: organización non definitiva da historia, que require a participación
do lector.
 Pechada: organización definitiva da historia.
 Circular: inicio e final iguais (frecuente nos poemas).
 Enmarcado: estrutura na que aparece un texto dentro doutro.
 Hipodiexética ou en espiral: textos enmarcados sucesivos.
 Constrapuntística.
 Paralelística.
 Iterativa: reiteración dos mesmos recursos.

3. Análise extratextual
Realízase mediante a aplicación doutras ciencias ao texto. Xeralmente
baséase no contido, non na forma.

3.1. Análise histórico-literaria


Estuda o texto desde dúas perspectivas:
1) O texto na Historia da Literatura (horizonte de espectativas): o seu lugar
no sistema literario, é dicir, se sigue a norma ou se confronta.
7
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC
1. Introdución á metodoloxía da análise literaria de textos

2) A Historia da Literatura no texto : relación do texto coa tradición


literaria da que forma parte (xénero, tópicos, mitos, motivos habituais,
intertextualidade...)

3.2. Análise histórico-social

1) O texto na Historia social:


 Distribución do texto: estudos de tipo comercial, editorial (máis actual).
 Recepción do texto: acollida (máis clásico).
2) A Historia social no texto: reflexo da sociedade na obra, compromiso
social do autor.

3.3. Análise antropolóxico-etnográfica


Son elementos que poden aparecer ou non, pero son frecuentes nos textos.
Son a cultura material ou a agrupación espiritual. Neste senso, M. Bakhtin falou
de carnavalización da literatura cando esta cuestiona as bases sociais.

3.4. Análise ideolóxico-filosófica


Análise de fenómenos ideolóxicos e conceptos filosóficos en relación ao
texto.

3.5. Análise biográfico-psicolóxica


Análise da biografía do autor en relación ao texto. Esta análise colle
moita forza grazas á psicanálise e tense abusado moito dela facendo da biografía do
autor algo determinante para a súa obra. Malia non ser así, en ocasións é un aspecto a
ter en conta (Retrincos de Castelao ou Scorpio de Carvalho Calero).

4. A interpretación persoal

8
Comentario Literario de Textos Galegos
2007/2008
USC

You might also like