You are on page 1of 17

5.

A tradición manuscrita

0. Introdución
1) Terminoloxía:
a) Tradición manuscrita / tradición diplomática: conxunto de manuscritos
que transmiten ou texto ou un movemento literario.
b) Códice: libro manuscrito.
 Codicoloxía: disciplina que ten o códice, e por extensión os
manuscritos en xeral, como obxecto de estudo, analizando o seu estado,
as causas do seu estado, o material, etc.
2) Datación dos manuscritos:
a) Materiais:
 Pergamiño: os manuscritos de pergamiño son, na lírica galego-
portuguesa, os máis antigos.
 Papel: os manuscritos cartáceos son máis doados de datar xa que o papel
adoita ter unha marca de fábrica / marca de auga / filigrana.
b) Letra (paleografía).
c) Lingua.
3) Manuscritos profanos conservados:
a) 4 códices.
b) 6 manuscritos breves.
Aínda que o número de manuscritos conservados da lírica galego-
portuguesa moi escaso (na provenzal consérvanse 95 cancioneiros), transmiten un
gran número de textos de xéneros diversos.

1. O estudo dos grandes cancioneiros


1.0. Introdución
1) Características xerais dos cancioneiros:
a) Son antoloxías, polo que hai unha selección de composicións que implica a
aplicación do gusto da época ou do antólogo. Así, conservamos máis de
700 cantigas de amor, unhas 500 de amigo e unhas 430 de escarnio e
maldicir.
b) Están estruturados por xéneros (amor > amigo > escarnio e maldicir).
c) Todos pertencen á mesma familia xa que, aínda sendo antoloxías,
transmiten case os mesmos textos.
d) Levan o nome da biblioteca na que se conservan. Algún mudou de nome
ao ser trasladado.
2) Teoría sobre a formación e estruturación dos cancioneiros romances
(G. Gröber, 1895): segundo G. Gröber os amanuenses que elaboraron os
cancioneiros tiñan que dispoñer de materiais previos aos cancioneiros (aínda
que algunha composición é posible que fose ditada por un xograr), estes
materiais podían ser de tres tipos:
a) Liederblätter ('follas de cancións'):
 É unha única folla que contén as composicións que caben nela.
 Pode ter dúas presentacións:
 Enrolada: rótulo.
1 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

 Dobrada: folla voante (Pergamiño Vindel).


 Na lírica galego-portuguesa conservamos o Pergamiño Vindel, o único
material deste tipo da lírica románica e que corrobora a hipótese de
Gröber (anterior ao descubrimento do Pergamiño Vindel).
b) Liederbucher ('libros de cancións'):
 Libro que contén as composicións dun determinado autor.
 Na lírica galego-portuguesa non se conserva ningún, pero segundo
investigadores coma Tavani ou Resende de Oliveira deberon existir
algúns de D. Dinis ou Johan Airas de Santiago xa que as súas
composicións aparecen xuntas nos cancioneiros.
c) Liedersammlungen ('pequenos cancioneiros'):
 Pequenos cancioneiros que compilan as composicións de:
 Varios autores con algún nexo entre eles (orixe, clase social, etc.).
 Un xénero.

1.1. Cancioneiro da Ajuda


1.1.1. Historia externa
1) Datación: é o máis antigo dos catro, xa que data probablemente da última
década do s. XIII (é anterior á extinción do momevento).
2) Localización: é ibérico, mentres que os outros catro son italianos
3) Conservación: consérvase no Pazo da Ajuda en Lisboa desde 1832.
4) Descubrimento:
a) É descuberto en 1810 por Ricardo Raimundo de Nogueira e estaba na
Biblioteca do Real Colegio dos Nobres de Lisboa.
b) En 1842 descóbrese en Évora un fascículo de 11 folios, que se integra
como parte do cancioneiro en 1843.
5) Historia: sabemos que na 2ª 1/2 do s. XV pertencía a Pedro Homem, xa que
asina o cancioneiro como o seu dono. Trátase dun poeta da pequena nobreza
do que podemos atopar composicións no Cancioneiro Geral de Garcia de
Resende.
6) Edicións:
a) 1823: Lord Chales Stuart (diplomático) realiza a primeira edición.

1.1.2. Descrición
1) Soporte: 88 folios de pergamiño de tamaño variable, o que implica que se
realizou nun centro con menos recursos ca unha corte real.
2) Descubrimento: aparece no mesmo volume có Livro de linhagens do Conde
de Barcelos, sen ningunha transición marcada entre o cancioneiro e esta obra.
3) Conservación:
a) Comeza no medio dunha cantiga de Vasco Fernandez Praga de Sandim,
polo que faltan os folios iniciais.
2 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

b) Remata no medio dun verso dunha cantiga de Roi Fernandez de


Santiago, polo que é posible que deixase de copiarse e non falten folios.
c) Foi encadernado no s. XVI, o que puido provocar a perda dalgúns folios
e, ademais, outros foron cortados para perfeccionar a encadernación.
4) Amanuenses:
a) C. Michaëlis considera que todo o cancioneiro é obra dun só amanuense.
b) Maria Ana Ramos (1994) establece que o deberon confeccionar dous
amanuenses sucesivos:
 Primeiro copista: 12 cadernos iniciais, nos que se usan poucas
abreviaturas.
 Segundo copista: 2 últimos cadernos, nos que non se usa ningunha
abreviatura e, aínda que se usa a mesma letra minúscula gótica
francesa en tinta negra, é diferente (en dentes de serra).
5) Estrutura:
a) Cadernos:
 Nun primeiro momento considerouse que constaba de 14 cadernos
irregulares.
 Trala restauración do cancioneiro entre 1999 e 2000 establécese que ten
17 cadernos irregulares.
b) Distribución do texto:
 A dúas columnas.
 Polo recto e o verso, coincidindo de xeito exacto as liñas entre un e
outro (pero con diferenzas no número de liñas por folio).
6) Decoración:
a) Principal: miniaturas incompletas:
 Só as 16 primeiras están pintadas.
 O resto ou están esbozadas ou só aparece o espazo para elas.
 Segundo Maria Ana Ramos a escaseza da cor azul é un indicio de que
non se elaborou nunha corte real.
b) Secundaria: tipos de letras iniciais:
 De diferente tamaño, de menor a maior:
 Iniciais de ciclo (ciclo por autor).
 Iniciais de cantiga.
 Iniciais de cobra, refrán e fiinda.
 As de inicio de ciclo (un ciclo por autor) non teñen decoración e o resto
aparecen decoradas ou non de xeito irregular. Nos dous cadernos finais
non hai decoración secundaria.
7) Música:
a) Está preparado para a música, pero non se chegan a escribir os pneumas.
b) A disposición é semellante ás cas CSM:
 O espazo para a notación musical aparece só no caso da primeira
estrofa, na que o texto aparece en liña continua.
 A diferenza das CSM, algunhas fiindas tamén presentan espazos para a
representación musical.

3 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

c) Segundo Maria Ana Ramos o compilador debeu dispoñer de materiais de


diferente tipo:
 Materiais con música só para a primeira cobra.
 Materiais con música para a primeira cobra e a fiinda.

d) Nalgúns casos hai unha separación silábica no texto que se pode deber á
necesidade dun espazo maior para o pneuma.
e) Maria Ana Ramos conclúe que o cancioneiro ten 3 seccións en canto á
musica, unha división que é congruente coa que tira Resende de Oliveira a
partir do estudo histórico-literario da obra. Estas seccións son:
 Sección na que non se transcribe a música nas fiindas.
 Sección con transcrición da notación musical das fiindas.
 Sección na que a transición da notación musical das fiindas pode
aparecer ou non.
8) Lugar e momento da súa elaboración:
a) C. Michaëlis:
 Lugar: corte portuguesa.
 Cronoloxía: fins do reinado de Afonso III, de xeito que a súa morte
sería a causa de que quedara inacabado.
 O cancioneiro sería unha copia do Livro das trovas de el rei D. Afonso
que aparece no listado da biblioteca do rei D. Duarte. Para C. Michaëlis
Afonso III é o promotor desta obra, aínda que outros autores consideran
que era só o seu posuidor.
b) Tavani:
 Lugar: corte de Afonso X, xa que atopa concomitancias cos códices das
CSM:
 Decoración.
 Transcrición da música.
 Grafías ll e nn.
 Cronoloxía: fins do s. XIII, quedaría inacabado pola morte de Afonso X
en 1284.
c) Francisco Adolfo de Varnhagen:
 Autoria: Conde de Barcelos.
 Cronoloxía: mediados do s. XIV.

d) A. Resende de Oliveira:
 Considera que é unha copia dun cancioneiro hipotético, o Segundo
canconeiro aristocrático.
 Cronoloxía: última década do s. XIII ou, con menor probabilidade,
inicios do XIV. Baséase na inclusión dunha cantiga de Paio Gomes
Chariño datable entre 1287 e 1288 xa que fai referencia ao momento no
que o autor deixa de ser almirante.

4 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

e) M. Ana Ramos:
 Segundo esta autora o compilador coñecía ben a arte de trobar pero
non tiña tantos medios coma os que podería ter nunha corte real.
 Lugar: norte de Portugal ou Galiza, xa que:
 Pola paleografía achégase aos textos galego-casteláns.
 Considera que as grafías non son un indicio para situalo en
diferentes lugares da Península, xa que eran comúns antes dos
cambios introducidos por Afonso III.
 Cronoloxía: última década do s. XIII.

9) Contido:
a) Contén 310 cantigas de amor (agás a Cantiga da guarvaia, que é de
escarnio e maldicir). Podería estar destinado a ser un cancioneiro só de
cantigas de amor ou a conter os tres xéneros maioritarios.
b) Son composicións de 38 autores anteriores ao período dionisíaco. Aínda
que non figura o seu nome (intencionadamente ou non), moitas das
composicións aparecen tamén nos apógrafos italianos. Para a atribución
das cantigas aos seus autores é importante a Tavola colocciana, xa que é o
índice dun cancioneiro.
10) Siglas: cancioneiro A (ou CA, menos usada).
11) Edicións:
a) Lord Charles Stuart (1823): publica unha edición parcial en París, con só
25 exemplares.
b) F. Adolfo Varnhagen (1849): edición parcial en Madrid, na que se
identifica o compilador con D. Pedro de Barcelos.
c) C. Michaëlis (1904): edición crítica que sigue vixente en grande parte. Na
reimpresión de 1990 inclúese un glosario da autora, que publicara por
separado, e un estudo de Ivo Castro.
d) Henri Hare Carter (1941): primeira edición diplomática completa.
e) Edición facsimilar (1994), publicada en Lisboa.

1.2. Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B, CB)

1.2.1. Historia externa


1) Denominación: ata 1924 foi coñecido coma o Cancioneiro Colocci-Brancuti:
a) Angelo Colocci foi o mecenas que promoveu a copia do cancioneiro.
b) Paolo Antonio Brancuti era o dono da biblioteca na que se atopou.
2) Importancia:
a) É o que transmite máis autores e textos (1647, dun total de 1679 segundo
Tavani).
b) Unhas 250 cantigas só se transmiten neste cancioneiro.
c) É o único cancioneiro que nos transmite a Arte de trobar ou Poética
fragmentaria.

5 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

3) Os cancioneiro B e V son tamén coñecido coma os apógrafos italianos, xa


que son copias que se realizaron en Italia.
4) Impulsor: o Cancioneiro mandouno copiar Angelo Colocci, secretario
apostólico de León X e Clemente VII, quen tamén mandou copiar o
cancioneiro V. Porén, este era un cancioneiro para o seu uso persoal, polo que
atopamos nel moitas notas de Angelo Colocci que nos achegan importante
información extratextual.
5) Motivos da súa creación: Angelo Colocci quería coñecer ben a Petrarca e
Dante e grazas ao seu estudo coñeceu a lírica provenzal, en concreto o
cancioneiro M, e posteriormente a lírica galego-portuguesa (segundo Tavani
coñeceu dous cancioneiros galego-portugueses, pero segundo Anna Ferrari só
un).
6) Descubrimento:
a) Angelo Colocci morre en 1549 e desde ese ano ata 1875 o non temos
novas do cancioneiro.
b) En 1875 Constantivo Corvisieri descúbreo na biblioteca de Paolo
Antonio Brancuti e informa disto ao filólogo Enrico Molteni, quen
publica a primeira edición do cancioneiro.
c) En 1880 élle prestado a Ernesto Monacci, mestre de Enrico Molteni e
editor do Cancioneiro V en 1875, e en 1888 adquíreo.
d) En 1924 é adquirido polo Goberno portugués e desde entón atópase na
Biblioteca Nacional de Lisboa.

1.2.2. Descrición
1) Características físicas:
a) Groso.
b) Cartáceo: úsanse 5 tipos de papel diferentes.
c) 335 folios (Molteni numerara erradamente 355).
d) Modesto (sen decoración, desordenado, etc.).
e) Consta aproximadamente dunhas 31 liñas por folio, a dúas columnas polas
dúas caras.
f) Tinta negra.
g) 41 fascículos irregulares, aínda que Anna Ferrari demostra que na
programación inicial prevíanse 32 fascículos regulares.
2) Amanuenses:
a) Procedencia: italianos, que non comprendían o texto que copiaban, e
ibéricos, que si entendían o texto. A diferente procedencia dos copistas é
unha congruente con que a copia se realizase na Curia papal.
b) Número de copistas:
 Tavani: 5.
 Anna Ferrari: 6.
c) Copista principal:
 Texto máis coidado.
 É o único que achega rúbricas atributivas.

6 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

 Usa a letra cursiva itálica chanceleresca, mentres que os outros usan


variedades gótico-bastardas.
d) Intervención directa de Angelo Colocci:
 Rúbricas introdutorias.
 Notas marxinais.
 Razós.
 Correccións.
 Numeración das cantigas, aínda que con lagoas e duplicacións (numera
1664, pero na actualidade conservamos 1647).
 Inicio da Arte de Trobar.

3) Carácter da copia: segundo Anna Ferrari foi unha copia alla pecia, é dicir, o
orixinal tivo que ser desmembrado e repartido entre diferentes amanuenses
para ser copiado con rapidez. Indicios disto son:
a) O gran número de copistas.
b) Os diferentes tipos de papel.
4) Notas de Angelo Colocci:
a) Localización:
 Marxinais.
 Folios enteiros encadernados por erro.
b) Finalidade:
 Organizativas.
 Atributivas (autores, razós, etc.).

5) Cronoloxía:
a) Anna Ferrari dátao en 1526 tendo en conta os seguintes datos:
 Marcas de auga do papel: nos 5 casos son papeis usados en Roma entre
1520 e 1530.
 No folio 13v está anotado o que lle pagaba Angelo Colocci aos copistas
con valores de moedas usadas entre 1504 e 1526.
 No folio 1r Colocci confronta este cancioneiro co cancioneiro M da
lírica provenzal valéndose para iso das notas que fixera entre 1525 e
1526 ao Cancioneiro M.
b) Datos que corroboran o anterior:
 Elsa Gonçalves apunta que o orixinal que serviu como base para o
Cancioneiro B puido chegar a roma a través dun sacerdote portugués
que se sitúa nesta cidade en 1525.
 Non podería ser posterior a 1526 xa que en 1527 prodúcese o saco de
Roma e o Papa abandona a cidade, polo que non se podería elaborar na
Curia.
6) Antecedentes:
a) Tavani: apunta que B e V teñen como base orixinais diferentes.
b) Anna Ferrari, Elsa Gonçalves, J. M. D'Heur e H. Livermore defenden
que as dúas copias derivan do mesmo orixinal.
7) Contido:
a) 1647 cantigas.
7 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

b) Tres xéneros en tres seccións.


c) Autores por orde cronolóxica.
d) Erros na estrutura, pola posible mudanza dos criterios ordenadores.
8) Edicións:
a) E. Molteni (1880):
 Edición diplomática.
 Parcial: non inclúe as composicións comúns ao Cancioneiro V, que
editara en 1875 Ernesto Monacci.
b) Elsa Paxeco e J. P. Machado (1949): edición en 8 vols. moi criticada por
outros investigadores.
c) L. F. Lindley Cintra (1982): edición facsimilar.

1.3. Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V, CV) (Códice Vaticano Lateranense


4803)
1.3.1. Historia externa
1) Finalidade: probablemente Angelo Colocci o concibise para intercambialo
ou regalarllo a outro humanista, de aí que sexa máis coidado (letra regular, un
único copista, case non hai notas marxinais, etc.).
2) Cronoloxía: 1526.
3) Descubrimento:
a) Debeu entrar na Biblioteca Vaticana xa en 1558, segundo Ernesto
Monacci, de aí o seu bo estado de conservación en comparación con B.
b) 1840: Ferdinand Wolf descúbreo.
c) 1877: sofre a única alteración da súa historia por mor dun proceso de
restauración no que:
 Os folios en branco repartidos ao longo do cancioneiro son
concentrados ao final do mesmo.
 Realízase unha nova numeración das páxinas sen contar cos antigos
folios en branco.
Con todo, podemos coñecer a estrutura orixinal grazas á edición
paleográfica que fixera Ernesto Monacci en 1875.

1.3.2. Descrición
1) Características físicas:
a) Cartáceo, con papel de tres tipos difrentes.
b) 210 folios en 11 cadernos.
c) Non se distinguen as liñas para escribir sobre elas, ao contrario ca en B.
d) Letra cursiva humanística itálica chanceleresca.
e) Columnas:
 Os 9 primeiros folios están escritos a unha columna.
 Os folios restantes están a dúas columnas.
 Aparece unha páxina polo medio a unha columna, da que se cre que
foi a proba para contratar ao copista.
f) Numeración: aparecen varios tipos de numeración, non sempre
coincidentes e que deben remitir ao orixinal (alén da numeración asignada
polo propio Colocci.):

8 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

 Árabe.
 Romana.
 Literación.
2) Amanuenses: un só.
3) Notas de Colocci: numera os folios dun xeito estraño, xa que distinguen
dúas partes sen diferenzas a nivel textual (hai un texto que comeza en 10' e
remata en 1), pero si a nivel físico.
a) Folios 1-10: aparecen numerados como 1', 2', 3', etc. Nesta parte:
 A tinta é negra.
 Non aparece numeración mediante letras (literación),
b) Folios do 11 ata o final: reiníciase a numeración en 1 e segue ata o 200.
Nesta parte:
 A tinta é sepia.
 Existe literación.

4) Antecedentes:
a) Tavani considera que existiron dous orixinais diferentes para B e para V,
de xeito que Colocci mandaría copiar V nun primeiro momento e despois B,
ao ter acceso a un cancioneiro máis extenso.
b) Anna Ferrari, Elsa Gonçalves, J. M. D'Heur e H. Livermore consideran
que o orixinal a partir do que se copiaron B e V é o mesmo.
5) Características da copia: houbo unha pecia cruzada para copiar B e V
segundo os que consideran que parte do mesmo orixinal.
6) Contido:
a) 1200 cantigas dos 3 xéneros maiores.
b) Son textos xa contidos en B, seguindo a mesma orde a atribuídos aos
mesmos autores.
c) Lagoas frecuentes, entre as que destaca unha lagoa inicial xa que o
cancioneiro comeza na cantiga que en B é a 391 e tamén falta a Arte de
trobar (pode deberse a esta lagoa ou a que non se quixese copiar). O propio
Colocci achega unha nota sobre esta lagoa, pero apunta que faltan só 43
folios, nos que non sería posible introducir as 390 cantigas que faltan.
7) Edicións:
a) Caetano Lopes de Moura (1847): publica os textos de V da autoría de D.
Dinís na que tamén describe o cancioneiro.
b) Francisco Adolfo de Varnhagen (1870/1872): publica unha edición
parcial de 50 poemas na que dá noticias de que descubrira un cancioneiro
en Madrid (o Cancioneiro da Bancroft Library).
c) Ernesto Monacci (1875): edición paleográfica cunha descrición do
manuscrito.
d) Teófilo Braga (1878): publica unha edición crítica baseada na de
Monacci, non no manuscrito, polo que foi mal acollida entre os
investigadores.
e) L. F. Lindley Cintra (1973): edición facsimilar.

9 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

1.4. Cancioneiro da Bancroft Library


1.4.1. Historia externa
1) Denominación antiga: Cancioneiro Berkeley (a Bancroft Library é a
biblioteca da Universidade de Berkeley).
2) Cronoloxía: arredor de 1600.
3) Descubrimento:
a) F. A. de Varnhagen dá noticias de que se atopa en Madrid en 1857,
denominándoo Cancioneiro dun grande de Hespaña. Decátase de que está
incompleto e da súa relación con V, polo qeu en 1858 viaxa a Roma para
coñecer V e compáraos:
 Semellanzas:
 Os dous comezan abruptamente cunha cantiga de Fernán
Gonçalves de Seavra.
 No alto da primeira páxina atópase o número 103.
 Ao lado da 3ª cantiga da primeira páxina figura a cifra 86 en
números romanos (LXXXVI).
 Diferenzas:
 O Cancioneiro K presenta unha letra e un papel máis modernos.
 K ten 272 folios segundo F. A. Varnhagen, pero coa 111 repetida,
polo que serían un total de 273.
b) Ata 1983 pérdese a pista deste Cancioneiro, pero neste momento é
adquirido pola Bancroft Library xunto cun amplo grupo de manuscritos
pertencente á familia Gutiérrez de los Ríos, condes e duques de Fernán
Núñez.

1.4.2. Descrición
1) Características físicas:
a) Cartáceo, con papel dun só tipo usado en Roma entre 1566 e 1600.
b) 273 folios, incluíndo a repetición dun deles aínda que se trata do 191 e non
do 111 como apuntaba Varnhagen.
c) Fascículos de 4 follas (8 folios).
d) Letra cursiva, a propia da 2ª 1/2 do s. XVI e comezos do XVII.
2) Amanuenses: tres.
3) Promotor: seguramente foi Juan Fernández Velasco, duque de Frías e
conde de Haro (familia protectora da lírica trobadoresca):
a) Era gobernador español en Milán e tamén tivo destinos en Roma entre
1592 e 1612, polo que se sitúa no lugar e momento da confección de K.
b) Era coleccionista e sabemos que parte do adquirido á familia Gutiérrez de
los Ríos procedía deste nobre.
4) Contido: é unha copia de V, con 43 poemas menos (a maioría dos poemas
que faltan sitúanse ao final do Cancioneiro).
5) Edicións: actualmente está sendo estudado por A. Askins, pero aínda non
dispoñemos de ningunha edición.
10 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

2. Os manuscritos breves
2.1. Tavola colocciana
1) Características físicas: 8 folios.
2) Contido:
a) Trátase do índice dun cancioneiro, escrito polo propio Angelo Colocci que
chega a nós nun códice misceláneo da Biblioteca Vaticana cuxa parte
principal é un vocabulario de diferentes autores tamén de Colocci (Catálogo
de autores portugueses).
b) Contén os nomes dos poetas precedidos por cifras, do 1 ao 1675, que
coinciden en xeral cos nomes e cantigas de B, aínda que este cancioneiro
só ten 1647 cantigas.

3) Interpretacións:
a) Índice dun cancioneiro perdido máis completo ca B (β), postura
defendida por:
 Molteni.
 Tavani.
 Silvio Pelegrini.
b) Dúbida entre se é un índice dun hipotético cancioneiro β ou de B:
 Monacci, descubridor do manuscrito.
 C. Michaëlis, quen tamén expón a cuestión de se foi elaborado por
Colocci ou copiado doutro índice.
c) Seguranza de que se trata do índice de B completo, postura defendida por
Elsa Gonçalves e outros (Anna Ferrari, J. M. D'Heur e H. Livermore). Esta
investigadora asegura ademais que non pode ser unha copia doutro índice,
xa que Colocci nunca realizaba copias el mesmo, polo que se trata dun
orixinal de Colocci realizado en dúas fases:
 Lista dos autores.
 Colocación da numeración á esquerda dos nomes.

4) Edicións: Elsa Gonçalves.

2.2. Pergamiño Vindel (R, N)


1) Historia:
a) Descuberto por Pedro Vindel en 1914.
b) Formaba parte da encadernación dun códice do s. XIV que contiña De
oficiis de Cicerón.
c) En 1915 Vindel publica unha edición cunha reprodución fotográfica do
pergamiño.
d) En 1918 adquíreo o musicólogo Rafael Mitjana, quen morre en 1921 sen
estudalo.
e) O pergamiño fica perdido e mesmo se chega a pensar que nunca existiu, ata
que en 1977 é redescuberto por Ismael Fernández de la Cuesta na
Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva actualmente.

11 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

2) Descrición:
a) Físicas:
 1 folio de pergamiño.
 Rectangular, pero disposto en horizontal a catro columnas, só polo
recto.
 Non ten indicios de que puidera ser arrincado dun códice.
 Letra cursiva gótica redonda, propia de fins do s. XIII e comezos do
XIV.
 Decoración das letras iniciais de cantiga e de cobra alternando as cores
azul e vermella.
b) Tipo de manuscrito:
 Tavani: considera que se trata dun rótulo ou rolo, é dicir, usado para a
confección dun códice. Neste senso sería o único manuscrito destas
características da lírica románica. Por esta razón adxudícalle a sigla R.
 M. Pedro Ferreira (musicólogo): considera que se trata dunha folla
voante, que ten a mesma función có rolo pero circula dobrada, non
enrolada. Adxudícaselle unha nova sigla: N (Nova York).
c) Contido:
 7 cantigas de amigo de Martin Codax, que xa se atopan en V e B na
mesma orde e con poucas variantes textuais. Isto pódenos levar a pensar
que N foi usado para a confección destes cancioneiros, aínda que tamén
cómpre ter en conta que é un pergamiño bastante coidado.
 Música de 6 das 7 cantigas. Ata 1990 (descubrimento do Pergamiño
Sharrer) foi o único manuscrito que contiña música da lírica profana.
d) Amanuenses: é un apógrafo, pero debe ser contemporáneo ou pouco
posterior ao autor (fins do s. XIII). Segundo M. Pedro Ferreira deberon
intervir tres mans na súa confección:
 Copista 1:
 6 cantigas iniciais.
 Rúbrica atributiva (ángulo superior esquerdo).
 Copista 2:
 Cantiga 7.
 Notación musical das cantigas 1, 4, 5 e 7 (mensural).
 Copista 3: notación musical das cantigas 2 e 3 (modal).

3) Edicións:
a) Pedro Vindel (1915).
b) Celso Ferreiro da Cunha (1956): edición baseada na de Vindel ben acollida
entre os investigadores.
c) T. Vesteiro Torres (1876) publica no Heraldo gallego de Ourense a obra
de Martin Codax, aínda que non pode ter en conta N.

12 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

2.3. Manuscritos M e P
1) Historia:
a) Cronoloxía: s. XVII.
b) Lugar de conservación:
 M: Biblioteca Nacional de Madrid.
 P: Biblioteca Pública Nacional do Porto.

2) Descrición:
a) Contido: son dous manuscritos que nos transmiten a mesma tenzón entre
D. Afonso Sanches (fillo de D. Dinís) e Vasto Martins de Resende, sen
engadir nada novo ao xa contido nos grandes cancioneiros
b) O manuscrito P engade unha nota na que se di que o orixinal do que foi
copiado pertencía a André de Resende e que tiña música, pero no s. XVII
a notación musical xa non debía ser entendida, de aí que non se copiase.

2.5. Manuscrito dos cinco lais de Bretaña (Vª, L)


1) Descrición:
a) Física:
 3 follas integradas nun volume misceláneo da Biblioteca Vaticana.
 Texto a unha columna sen división versal.
 Letra minúscula gótica da escola española do s. XVI.
b) Contido: 5 lais de Bretaña, que xa se atopan no inicio de B.
c) Antecedentes:
 Tavani: considera que B e Vª tiveron antecedentes diferentes.
 Anna Ferrari: defende que Vª e B tiveron un mesmo antecedente.
d) Amanuense: non debía ser hispánico, xa que parece non comprender o
texto.
2) Siglas:
a) Vª: é a sigla adxudicada e aceptada de xeito xeral (Vaticano).
b) L: é a sigla adxudicada recentemente polo CIRP e fai referencia a lais. Isto
rompe co costume de establecer as siglas en relación ao lugar de
conservación.

2.6. Pergamiño Sharrer


1) Historia:
a) Descóbreo Sharrer en 1990.
b) É unha folla arrincada dun códice.
c) Siglas:
 L (Lisboa).
 D (D. Dinís), atribuída polo CIRP.

2) Descrición:
a) Física:
 Texto a tres columnas (moi raro) de ancho desigual.

13 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

 En moi mal estado de conservación. Cotexando os textos cos de B e V


Sharrer determina que se debeu tratar dunha folla de gran tamaño, polo
que tivo que pertencer a un códice.
b) Contido:
 7 cantigas de amor de D. Dinís, xa contidas en V e B.
 Música das cantigas, a única conservada para cantigas de amor.

3. A xénese da tradición manuscrita ( stemma codicum). Diferentes


teorías
3.1. Tavani

α
A
|

β (C) γ

δ ε
| |
B ζ
|
V

Tavani realiza a súa análise baseándose sobre todo nos apógrafos


italianos (B e V), así considera que:

1) Existe un arquetipo común a toda a tradición manuscrita (ω)1:


a) Probablemente compilado na corte de Afonso X.
b) Razón para considerar que existe un único arquetipo: a maior parte dos
textos conservados repítense en todos os cancioneiros, por exemplo:
as
 266 1 composicións de A = 91-450 de B.
 B 391 = V 1.

2) División entre A e α:
a) A:
 Características diferenciais: textos anónimos.
 Outros trazos: debeu ser copiado na corte de Afonso X e ficaría
incompleto pola morte do rei.
b) α:
 Características diferenciais:
 Nomes dos autores.
 Erros de lectura inexistentes en A, comúns a B e V.

1
Esta parte da proposta de Tavani é aceptada pola maioría dos investigadores, aínda que J. M. d'Heur
afirmou nalgún momento que non existiu tal arquetipo común, pero nunca argumentou esta postura.

14 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

 Outros trazos:
 Dataría de mediados do s. XIV.
 Estrutura tripartita por xéneros.
 Identifícase coa compilación realizada polo Conde de Barcelos.

3) División entre β e γ:
a) β (hipotetizado sobre C):
 Características diferenciais:
 Unhas 24 atribucións diferentes entre B e C.
 Ausencia da Arte de trobar en C.
 C contén referencias a textos que non están en B (lagoa no medio do
cancioneiro, que non existe en V).
b) γ (comparación entre B e V): erros comúns a B e V que fan presupoñer un
antecedente común para os dous.
4) División entre δ e ε:
a) δ: hipotetizado baseándose nos erros non comúns de B e V e na lagoa
inicial de B (que non ten indicios de ter follas arrincadas ao principio).
b) ε: hipotetizado a partir da lagoa inicial de V (xa sinalada polo mesmo
Colocci) e erros.
5) Hipotetización de ζ: sería unha fase degradada de ε, de xeito que en ε
faltarían os 42 folios que sinala Colocci, pero en ζ faltarían máis.

3.2. J. M. d'Heur
J. M. d'Heur acepta a parte inicial da proposta de Tavani, pero difire dela
a partir de α, establecendo unha hipótese que posteriormente modifica:

1) Primeira proposta:

α
A
|

β (C) γ
| |
B (C) V

a) Divide α en dúas pólas hipotéticas: β e γ, que son os antecedentes


directos de B e V respectivamente.
b) Nun primeiro momento considera que C é o índice de β, pero despois
identifícaa co índice de B (igual ca Elsa Gonçalves).

15 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

2) Segunda proposta: simplificación da anterior, eliminando as dúas divisións


hipotéticas de α:
ω

α
A
|

B (C) V

3.3. A. Resende de Oliveira2


1) Conclusións tiradas do cruzamento da estrutura dos cancioneiros
cos datos da vida dos autores: existencia dos seguintes materiais:
a) Cancioneiro de cabaleiros:
 Data: 1275.
 Autores: 35 trobadores galegos.
 Estrutura: tripartita por xéneros.
 Lugar de elaboración: podería ser a corte de Afonso X, a corte dun
nobre galego, dun nobre castelán...
b) Segundo cancioneiro aristocrático:
 Data: 1290.
 Autores: engade 19 trobadores portugueses ao anterior.
 Estrutura: tripartita por xéneros.
 Lugar de elaboración: tivo que ser o mesmo có do Cancioneiro de
cabaleiros.
c) Cancioneiro de xograres galegos:
 Data: fins do XIII ou comezos do XIV.
 Autores: 28 xograres galegos.
 Estrutura: tripartita por xéneros.
 Lugar de elaboración: Galiza ou Castela.
 Anexión aos cancioneiros aristocráticos: seguramente se debe á
compilación feita por D. Pedro de Barcelos, xa que sabemos que en
1340 estivo en Galiza, polo que puido ter acceso a este cancioneiro.
d) Cancioneiro da Ajuda:
 Data: fins do XIII ou comezos do XIV.
 Antecedente: Segundo cancioneiro aristocrático (sería unha copia da
primeira sección).
 Textos engadidos: de Martin Moxa e Rui Fernandez de Santiago, dous
clérigos, polo que se rompe a estrutura inicial xa que non son
cabaleiros. Quizais esta fose a razón pola que se deixou de copiar.
 Estrutura: responde a unha estrutura tripartita por xéneros.

2
Depois do espectáculo trovadoresco : a estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos
séculos XIII e XIV (1994); Trobadores e xograres : contexto histórico (1995)
16 Literatura galega medieval I
2009/2010
USC
5. A tradición manuscrita

e) Libros de autores (de estrutura tripartita):


 D. Dinis, o máis extenso.
 Johan Airas de Santiago (burgués), o 2º en extensión.
 Estevam da Guarda, posterior aos anteriores.

2) Desaparición da estrutura tripartita: debe darse a partir de α, xa que o


obxectivo de D. Pedro é reunir o máximo número de textos posible, sen
atender a división por xéneros. Esta compilación:
a) É a última compilación colectiva da lírica galego-portuguesa, os
manuscritos posteriores son copias.
b) Está feita en Portugal.
c) Ten textos engadidos posteriormente (durante os séculos XIV e XV),
pertencentes xa á lírica epigonal (posterior a 1350).

17 Literatura galega medieval I


2009/2010
USC

You might also like