You are on page 1of 7

A literatura medieval

galego-portuguesa
Tema 10-1º bacharelato.
Libro de texto Lingua galega e literatura 1, ed.Baía
Orixes da poesía romance
Ata o séc. XII o latín era a lingua literaria de Occidente. As linguas romances son aínda
linguas ágrafas. Ex: Códice Calixtino (vid. libro de texto), en latín.
En lingua romance destacan:
1º.- Cantares épicos (desde o séc. VIII, transmisión oral) que narran as fazañas de heroes
lendarios e Cantares de xesta. En castelán consérvase íntegro o Cantar de Mío Cid (mediados
séc. XII).
2º.- Lírica (poesía trobadoresca), desde mediados séc. XII. Cambio de gustos (debido ao
crecemento económico) relaxación hábitos guerreiros, refinamento costumes, revalorización da
muller, fan que xurda unha poesía amorosa en lingua romance: poesía trobadoresca.
A cultura trobadoresca en Europa

Ten a súa orixe no sur de Francia e comparten a lingua provenzal.


O foco inicial está no ducado de Aquitania: Guillerme IX, duque de Aquitania (1º trobador:
1071-1126) e a súa neta Leonor de Aquitania (raíña de Francia e logo de Inglaterra) crean unha
extensa corte literaria, protexen as artes, modelo de refinamento que se expande a toda Europa.
A fins XII, comezos XIII: nos reinos de Occidente hai escolas autóctonas que compoñen á
moda provenzal (adaptándoa aos gustos locais). Destacan as escolas catalá, italiana, francesa,
siciliana, xermana].
Neste contexto xorde a escola galego-portuguesa.
Vías de penetración da cultura trobadoresca

• Camiño de Santiago: ruta de difusión da arte románica e de entrada de xograres e


trobadores.
• Monxes de Cluny, reformas os vellos mosteiros cistercienses e desempeñan unha forte
misión educativa.
• Contactos nobiliarios: os nobres franceses nas guerras da Reconquista.
• Afonso III o Boloñés; viviu en Francia (casou con Matilda II, herdeira de Boulogne –N de
Francia- e converteuse en conde de Boulogne) ata ocupar o trono portugués, e educou con
mestres franceses ao seu fillo, don Denís de Portugal.
ETAPAS DA POESÍA GALEGO-
PORTUGUESA
O ciclo trobadoresco g-p desenvolveuse durante máis de 150 anos. En 1196 dátase o texto
trobadoresco máis antigo :un sirventés político “Ora faz ost´o senhor de Navarra”. 5 ETAPAS:
• 1196 Pre-afonsina Etapa de adaptación. Poetas máis antigos.
• 1245 Afonsina Reinados de Afonso III (Portugal) e Afonso X (Castela). Centro difusor na corte
literaria de Afonso X.
• 1284 Dionisíaca Centro difusor desprázase a Portugal (corte de don Denís).
• 1325 Pos-dionisíaca Recompilación de cantigas anteriores. Cambio de gustos (séc. XIV prosa).
1354 1445 Escola galego-castelá
• Etapa de decadencia. Últimos trobadores; composicións recollidas no Cancioneiro de Baena
(séc. XV)
AUTORES E INTÉRPRETES
As diversións nas cortes dos nobres consistían en xogos de mesa, exercicios cabaleirescos, monteira e trobar.
A poesía trobadoresca desenvólvese arredor das cortes reais e os palacios dos nobres. De aí trasládase a rúas
e prazas.
As cantigas foron concebidas para ser cantadas, con acompañamento instrumental. A simple lectura rouba
parte da súa riqueza.
Autores e intérpretes Orixe social función
TROBADOR Alta nobreza Autor, compoñía
SEGREL Baixa nobreza Autor e intérprete. Cobra
o seu traballo
XOGRAR Pobo Intérprete e ás veces autor
o que provocou burlas
dos trobadores
Cantadeiras,soldadeiras pobo Participan no espectáculo,
danzando, etc
A tradición manuscrita
O corpus da poesía galego-portuguesa medieval está formado por 1680 textos pertencentes a máis
de 150 poetas. Chegou a nós a través de :
manuscritos contemporáneos>fins do s.XIII –comezos do s.XIV
• Pergamiño Vindel: 6 cantigas de amigo con notación musical de Martín Codax
• Pergamiño Sherrer: 6 cantigas de amor con notación musical do rei D.Dinís
• Cancioneiro da Ajuda- 310 composición de amor.
Apógrafos renacentistas> copiados nos s.XVI e XVII
Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa
Cancioneiro da Vaticana

You might also like