You are on page 1of 7

AS ORIXES DA LINGUA GALEGA

O galego é unha lingua románica, romance ou neolatina. Isto significa que é un idioma
formado a partir do latín que os romanos trouxeron ao noso territorio hai arredor de
2000 anos, no século I a.C. Comparte esta orixe con outras linguas da Península ibérica
coma o catalán, o asturiano, o castelán... e de fóra da Península, coma o italiano, o
francés, o sardo ou o romanche.

O latín é a base lingüística fundamental a partir da cal derivou a lingua galega. Con
todo, houbo outras linguas que tamén influíron na formación do galego:

 As linguas de substrato: linguas anteriores á chegada do latín. Remataron


desaparecendo, substituídas polo latín, pero deixaron a súa pegada no
vocabulario e na toponimia.
 As linguas de superestrato: linguas posteriores ao latín, dos pobos xermánico e
árabe. Non chegaron a substituír o latín, mais tamén deixaron a súa pegada no
vocabulario.

Os romanos chegaron á Gallaecia arredor do século I a.C, traendo con eles a súa cultura
e tamén a súa lingua: o latín.

Logo da conquista militar do territorio, xente de Roma aséntase na Gallaecia e vanse


tecendo relacións entre a poboación autóctona (galaicos ou castrexos:Celtas) e a
romana. Así, proliferan os matrimonios mixtos; galaicos e romanos traballan xuntos nas
explotacións mineiras, na construción de vías…; os galaicos participan no exército
romano… Estas relacións sociais favorecen que o latín vaia penetrando na Gallaecia.

Nun primeiro momento, o latín conviviu coas linguas de substrato, pero pouco a pouco
foi gañando terreo entre a poboación autóctona. Desenvolveuse un proceso de
asimilación e substitución lingüística que culminaría arredor do século V coa
extinción das linguas prelatinas.

Co paso do tempo e coa influencia das linguas do substrato e do superestrato, o latín


falado na Gallaecia foi mudando e evolucionando dun xeito especial e diferente ao latín
que se falaba noutras partes do Imperio Romano. No século IX, aproximadamente, este
proceso de cambio progresivo deu lugar a unha lingua nova: o galego.

E igual que ocorreu na Gallaecia, o latín tamén foi evolucionando de maneiras


diferentes no resto do Imperio Romano, dando lugar ás diferentes linguas románicas:
francés, italiano, romanés, occitano...

O substrato

O substrato do galego está constituído polas linguas prelatinas, faladas pola poboación
da Gallaecia antes da chegada dos romanos. Estas linguas acabaron desaparecendo,
substituídas polo latín, pero deixaron a súa pegada no vocabulario e na toponimia
galega.
Distinguimos dous tipos de substrato: o preindoeuropeo e o indoeuropeo:

1. Do substrato preindoeuropeo (situado cronoloxicamente na Idade de


Pedra) conservamos palabras coma carqueixa, queiroga, amorodo,
carballo, toxo…
2. Do substrato indoeuropeo ou substrato celta (situado
cronoloxicamente no 800 a.C) conservamos vocabulario coma berce,
billa, burato, bugallo, laxe, bidueiro…

Ademais desta influencia no léxico, as linguas de substrato tamén deixaron a súa pegada
na toponimia e hidronimia (os nomes de lugar e de ríos). Así, consérvanse na nosa
lingua numerosos nomes prerromanos:

o Hidrónimos: Miño, Avia, Limia, Tambre, Navia…


o Topónimos: Galiza / Galicia, Céltigos, Bergantiños, Barallobre,
Callobre, Cecebre, Lestrove…

Unha das tribus celtas chamábase Kalaikoi. De ahí os romanos chamáronlle galaicós e
de ahí pasou a Gallaecia.

O estrato

Os estratos son al linguas que veñen do latín. Do latín naceu op latín vulgar e
deste sairon as linguas románicas.

Os latinismos son expresións ou palabras latinas que se conservan


esactamente igual coma poden ser Curriculum vitae, hábitat, déficit

O superestrato

Despois da caída do Imperio Romano (século V), instálanse na Gallaecia os pobos


xermánicos, primeiro os suevos e logo os visigodos. Posteriormente, tamén na Gallaecia
tivo certa presenza (aínda que moi escasa) o pobo árabe. As linguas destes pobos que
chegaron despois dos romanos forman parte do superestrato do galego. Non chegaron a
desprazar a lingua latina, pero si influíron nela, deixando tamén a súa pegada no noso
vocabulario.

 Do superestrato xermánico consérvanse palabras coma agasallar, guerra,


banco, ganso, luva, roubar, xabón…
 Do superestrato árabe, posuímos léxico coma alcalde, alfombra, algodón,
álxebra, aldea, laranxa, xadrez…

Despois de recibir as influencias das linguas xermánicas e do árabe, a lingua falada no


noroeste peninsular estaba tan evo l ucionada que, a partir do século IX, era xa un
idioma perfectamente diferenciado do latín e das outras linguas románicas .

Esta lingua recibe o nome de galego-portugués, por ser o idioma que se falaba en
Galicia e no norte do actua l Portugal. Aínda que a separación política entre Galicia e
Portugal data do século XI, ata o século XV consideramos que a lingua que se falaba ao
norte e ao sur do Miño era a mesma: o galego-portugués

ETAPAS DA LINGUA GALEGA

Séculos | a.C - VIII

A historia do galego comeza coa chegada dos romanos á Gallaecia, hai arredor de 2000
anos. O latín acabará substituíndo todas as linguas que se falaban antes neste territorio
(o substrato) e, co devir dos séculos, irase transformando e transformando até se
converter nunha nova lingua diferente: o galego

A Idade Media. Séculos IX - XV

O galego é unha lingua normalizada, falada por todos os sectores da sociedade e, a


partir do século XII, empregada tamén en todo tipo de textos escritos. É unha etapa de
grande esplendor para a literatura galega: ao longo dos séculos XII! e XIV desenvólvese
a lírica trobadoresca, da que hoxe en día conservamos arredor de 2000 cantigas de
diferentes xéneros.

Os Séculos Escuros. Séculos XVI - XVII

Diferentes acontecementos políticos levan a que a lingua galega perda o seu prestixio,
deixe de escribirse e, pouco a pouco, deixe tamén de ser falada polas clases altas, que
empregan o castelán. O galego mantense como lingua maioritaria, falada pola meirande
parte da pobo.

O Século das Luces. Século XVIII

Comezan a escoitarse as primeiras voces que defenden a lingua e a identidade galegas.


Entre elas, destacaron a do Padre Feixóo e a do Padre Sarmiento.

O Rexurdimento. Século XIX

Iníciase neste século un movemento de defensa e recuperación da lingua, da literatura e


da cultura galegas, estreitamente vinculado coa aparición e desenvolvemento da
ideoloxía galeguista. As tres grandes figuras do Rexurdimento literario foron Rosalía de
Castro (Cantares Gallegos), Eduardo Pondal (Queixumes dos pinos) e Curros Enríquez
(Aires da miña terra) que inician a recuperación da lingua galega xunto con Manuel
Murguia.

O Século XX

1900 – 1936:
 Irmandades da fala: Noriega Varela, Ramón Cabanillas
 Xeración Nós: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Castelao
 Anos 20. Vangardas: Manuel Antonio
1936 – 1975:
 Silencio. Non se publicaron libros.
 Literatura no exilio (Arxentina)
 Poesía: Antón Tovar
 Prosa: Eduardo Blanco Amor, Xosé Neira Vilas
 Nova Narrativa Galega: Méndez Ferrín, Carlos Casares
 Teatro: Grupo Abrente de Ribadavia
1975 – Actualidade:
 Prosa actual: Manuel Rivas.
 Poesía actual: Olga Novo e Yolanda Castaño (Premio nacional de poesía)
 Teatro actual: Centro Dramático Galego.

AS IRMANDADES DA FALA

POESÍA DAS IRMANDADES (1916 – 1936)


1916 - Irmandades da fala (A coruña): Grupo de escritores preocupados polo galego
(facer gramáticas, diccionarios, escola...)
1936: Guerra Civil
TIPOS DE PUBLICACIÓNS:
1- Continuación do rexurdimento en temas e forma.
Rosalía De Castro: Follas Novas (Poesía amorosa, intimista)
Curros Enrriquez: Aires da Miña Terra (Poesía cívica, denuncia social)
Eduardo Pondal: Queixumes dos pinos (Poesía nacionalista, cívica)
2- Novos temas:
Denuncia contra os caciques e os foros (impostos pagados polos
campesiños aos fidalgos propietarios das terras)
Nacionalismo

ASOCIACIÓNS CONTRA OS FOROS: Acción Galega (Liderada polo abade de Beiro,


Basilio Álvarez)
AUTORES:
Antonio Noriega Varela
Ramón Cabanillas
ANTONIO NORIEGA VARELA

Noriega Varela naceu en Mondoñedo en 1869 e viviu en diversos lugares de Galicia ata
a súa morte en Viveiro en 1947. Estudou no Seminario da súa vila natal, pero non
chegou a ordenarse sacerdote. Exerceu como mestre en diversas localidades de Galicia e
interesouse pala recollida de materiais da literatura, da cultura e da fala populares.
Foi autor dun único libro, Montañesas (1904), que coñeceu varias edicións revisadas e
que, a partir da terceira, se titulou Do ermo (1920). Foi un poeta que fixou o seu interese
na paisaxe, especialmente na da montaña, que asociaba á introspección, é dicir, ao seu
estado de ánimo, e á soidade.
Comezou como poeta basicamente costumista e ruralista, para despois compoñer poesía
centrada no lirismo da natureza, en que mostra unha gran tenrura polos pequenos
elementos naturais (os vermes, as flores, as pingas de orballo ... ). Neste tipo de poesía
presenta influencias de correntes como o modernismo hispanoamericano (Rubén Darío)
e o saudosismo portugués.
O saudosismo é un movemento literario nacido en Portugal. A influencia ·do
saudosismo apréciase en Noriega no emprego de estrofas cultas como o soneto, no uso
dunha lingua coidada e no tratamento do tema da soidade.

RAMÓN CABANILLAS.

Natural de Cambados, vila ande naceu en 1876 e onde morrería en 1959, Ramón
Cabanillas estudou no Seminario de Santiago de Compostela, onde se afeccionou aos
autores clásicos latinos e gregos. Desempeñou distintos empregos administrativos e, en
1910, decidiu emigrar a Cuba. Alí relacionouse co grupo de galeguistas emigrados que
puxeran en marcha a Real Academia Galega uns anos antes, e comezou a escribir en
galego. Entrementres, tomou contacto coa ideoloxía agrarista e co seu principal
representante, Basilio Álvarez. Regresou definitivamente a Galicia en 1915 e, a partir
dese momento, aproximouse ao nacionalismo das Irmandades da Pala e, na época da
República, ao ideario do Partido Galeguista.
Cabanillas foi autor dunha ampla obra poética en que se poden recoñecer diversas
influencias. Destaca o influxo dos grandes mestres do Rexurdimento, dos que
continuará a liña de poesía combativa e social, sen esquecer a poesía máis futimista de
influencia rosaliana. Por outra banda mostrou en distintos libros de poemas a influencia
dos movemehtos estéticos de fins do XIX e dé comezos do XX, entre eles, o
modernismo hispanoamericano, sobre todo en aspectos formais como os seguintes:

- Uso do verso longo.


- Gusto polo exotismo e os ambientes propios de lugares afastados.
- Uso abundante de adxectivos coloristas e referidos a ámbitos sensoriais (luz, son .. .).
- Procura da musicalidade e do ritmo no verso.
Na obra de Cabanillas distinguimos dúas liñas poéticas fundamentais: a poesía lírica e a
poesía narrativa:
Poesía lírica
Este tipo de poesía está presente nos principais libros de poemas do autor: No desterro,
Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas.
Na produción lírica de Cabanillas pódense apreciar tres liñas temáticas fundamentais:
• Poesía costumista: Está integrada por composicións que describen paisaxes, ambientes
rurais ou escenas pintorescas.
• Poesía intimista: Maniféstase en composicións centradas na expresión dos
sentimentos, especialmente os amorosos e os referentes á admiraión da paisaxe
• Poesía cívica: Agrupa os poemas máis sociais, os que expresan os seus ideais de loita e
de denuncia. Ao principio reflicte os ideais agraristas e, máis tarde, expresará o ideario
nacionalista das Irmandades da Fala.
Nun primeiro momento defenderá os campesiños fronte aos señoritos e caciques.
Posteriormente centrarase na defensa de Galicia, asoballada por Castela.

Poesía narrativa
Á parte dalgúns poemas saltos, destacan dentro desta liña poética dous libros:
• O bendito San Amaro (1925). Lenda do Salnés. Sucede na península do Salnés. Don
Amaro de Alentei violenou a unha muller e acabou coa súa vida. Arrepentido ao cabo
de tempo decide cambiar a súa vida e remata convertido en santo.
• Na noite estrelecida (1926). Unha das obras máis importantes da literatura galega. Esta
obra constitúe a peza central da poesía narrativa do autor. Con ela pretende recrear a
antigüidade histórica da nación galega e crear uns mitos propios que sustenten os ideais
galeguistas.
Cabanillas recorre ás antigas lendas do Rei Artur e da procura do Santo Graal e
ambiéntaas en paisaxes e lugares de Galicia. Na obra realiza unha fusión entre os
elementos da mitoloxía celta e o cristianismo. A empresa de recuperar o cáliz realizase
como un mandato divino e Galahaz, o cabaleiro da Táboa Redonda escollido para esta
tarefa, destaca pola súa virtude e a súa pureza.
As súas características son:
- Paixases galegos (Illa de Sálvora, O cebreiro)
- Mistura de mitoloxía celta e cristianismo
A A acción transcorre en Galicia.
A obra está dividida en tres partes ou sagas, correspondentes a tres momentos da lénda
artúrica:
- A espada Escalibor: Nela nárrase como Merlín recupera a espada na illa de Sálvora e
esta pasa ao Reí Artur, ao ser o único que consegue erguela. ·
-0 cabaleiro do Sant Grial: Nesta parte xúntanse os cabaleiros da Táboa Redonda para
saíren na procura do vaso sagrado, que vai atopar no Cebreiro o cabaleiro Galahaz.
- 0 sono do Reí Artur. O Reí encamíñase cara á morte nunha barca, despois de recibir o
cabaleiro triunfante na recuperación do Santo Graal

You might also like