You are on page 1of 5

A LITERATURA NO TEMPO DAS

IRMANDADES
No primeiro terzo do século XX porducíronse importantes cambios políticos, sociais e
culturais, entre os que destacan os seguintes:

 A II República
 14 de abril de 1931 ten lugar a instauración da Segunda República.
 Etapa de intensa actividade política e cultural
 Corresponde co desenvolvemento do nacionalismo e cun extraordinario
crecemento da literatura

 O movemento agrario ou agrarismo


 Movemento reivindicativo do campesiñado, que se organiza e crea sociedades
e sindicatos para loitar pola abolición do sistema foral e pola modernización
do sector agrario
 Neste labor destacaron especialmente:
 A sociedade Solidaridad Gallega e Acción Gallega (liderada por Basilio
Álvarez)
 Despois de anos de mobilizacións e loita en 1926 os foros son abolidos

 A decadencia da fidalguía e o nacemento da burguesía


 A fidalguía perde o seu papel preponderante na sociedade debido á abolición
do sistema foral, que era a súa principal fonte de ingresos
 É substituída por unha burguesía chegada de fóra, dedicada
fundamentalmente ao comercio, á banca, á industria conserveira e a
construcción naval

 O trasvase de poboación rural a espazos urbanos


 Cambiando a agricultura e a pesca pola industria, o comercio e o sector
servizos
 Isto supuxo o desenvolvemento das cidades como Vigo ou A Coruña

 A creación das Irmandades da Fala en 1916


 Por iniciativa de Antón Vilar Ponte
 O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra
 O obxectivo principal era a dignificación do idioma galego e a expansión do
seu uso
 Van xordindo novas irmandades nas vilas e cidades de Galicia e no mundo
 A este movemento súmanse escritores e intelectuais do momento
 En 1918 as Irmandades convértense nunha organización política que
formulará as teses do nacionalismo galego
 En 1931, na VII e última asamblea das Irmandades, fúndase o Partido
Galeguista, que redacta o Estatuto de Autonomía. Foi aprobado en plebiscito
polo pobo en 1936 pero non chegou a entrar en vigor pola guerra civil
 O seminario de Estudos Galegos
 Institución Fundada en 1923 por estudantes e profesores da Universidade de
Santiago e por integrantes das Irmandades da Fala
 Os seus obxectivos foron estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e
utilizar a lingua galega no ámbito científico

 A guerra civil e a posterior ditadura


 Supoñen un período de silencio e represión que dará lugar á paralización da
vida política e cultural e ao retroceso de todos os avances conseguidos
durante a II República
A LITERATURA NOS COMEZOS DO SÉCULO XX
- Nas primeiras décadas do século XX a literatura galega experimenta un notable crecemento.
Os autores recollen o herdo do Rexurdimento do século XIX e van incorporando novos
xéneros e novas perspectivas que revitalizan o panorama literario
- Debemos destacar a creación de editoriais (Lar, Céltiga, Nós…), e a de revistas e xornais (A
Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar…), que propician a dinamización cultural de Galicia e
posibilitan un incremento da actividade literaria na nosa lingua en todos os xéneros.
- Na produción literaria de comezos do século XX diferéncianse dúas etapas:
 Etapa anterior a 1916 (data de fundación das Irmandades da Fala)
 Caracterízase pola continuación das pautas marcadas polos escritores do
Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal, principalmente.
 O xénero máis cultivado segue sendo a poesía
 Destaca Antonio Noriega Varela
 A comprendida entre 1916 e o comezo da Guerra Civil en 1936
 Grazas ao labor das irmandades da Fala créanse as infraestruturas necesarias
para a renovación da literatura
 O panorama literario vai ir mudando progresivamente coa incorporación de
novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran desenvolvemento.
 Neste momento aumenta considerablemente o cultivo da narrativa, así como
do teatro e do ensaio. Destaca neste período Ramón Cabanillas
 No seo das Irmandades xurdirá o Grupo Nós, que continuará o labor de
difusión e reivindicación da lingua galega e dará, como veremos máis adiante,
un notable pulo á actividade literaria

- Autores:
 Noriega Varela
 Exerceu como mestre en varios lugares de Galicia
 Vencellouse ao movemento agrario, e sobre iso escribiu algúns poemas
 Autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da terceira edición
cambia o seu título por Do Ermo
 A súa poesía trata dúas temáticas principais:
 Costumismo Naturalista:
o Describe paisaxes, costumes e circunstacias da vida dos labregos
 Lirismo da natureza
o Conta os aspectos máis humildes da paisaxe
 Ramón Cabanillas
 Realiza estudos no Seminario Menor de Santiago
 En 1910 emigra á Habana, alí publica os seus dous primeiros libros de poesía:
No desterro (1913) e Vento Mareiro (1915)
 En 1916 regresa a Galicia e participa activamente nas iniciativas políticas e
culturais do seu tempo: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de estudos
galegos…
 Vincúlase ao nacionalismo e a Acción Gallega e convértese no poeta do
movemento agrarista cos seus poemas de ton anticaciquil
 Isto valeulle o apelativo de Poeta da Raza
 En 1920 ingresa na Real Academia Galega e en 1929 na Real Academia
Española como representante da literatura galega
 Despois da Guerra Civil volve escribir obras en galego
 É autor do primeiro libro que publica a Editorial Galaxia, Antífona da cantiga

 A súa obra:
 Moi extensa e variada. Cultiva diferentes xéneros pero
fundamentalmente o poético
 A súa poesía caracterízase por conxugar a tradición literaria
procendente dos escritores do século XIX coas novas correntes
anovadoras do seu tempo como o Modernismo.

 Poesía lírica, na liña de Rosalía e Curros. Segundo o tema abordado,


clasifícase en:

o Poesía cívica
 Poemas de carácter agrarista, anticaciquil e nacionalista
 É a súa poesía máis representativa
o Poesía intimista
 Temática amorosa, lembranzas do pasado, identificación
coa natureza, continuadora de Rosalía
o Poesía costumista
 Describe paisaxes, tipos, costumes rurais, desde unha
perspectiva crítica ou humarística e con novidades
formais de carácter modernista
 Poesía narrativa
o Na liña de Pondal.
o Obras de temática mítica e reivindicación nacional. Neste
subxénero inclúese:
 Na noite estrelecida, que consta de tres sagas:
A espada Escalibor
O cabaleiro do Santo Graal
O sono do rei Artur
 O bendito San Amaro narra os acontecementos
principais da vida desde santo.
 Samos trata da historia e da vida dos monxes deste
mosteiro no que o propio Cabanillas pasou algunhas
tempadas

o As Irmandades da Fala deron moita importancia ao teatro como


medio de concienciación social e difusión da nosa historia e da
nosa cultura. Cabanillas publicou dúas pezas teatrais:
 A man da santiña
 O mariscal
o Realizou, ademáis, traducións ao galego de textos de autores de
diferentes épocas, recollidas no seu libro Versos de alleas terras
e de tempos idos (1955)

You might also like