You are on page 1of 2

1. A que chamamos Rexurdimento?

un periodo que sucede en boa parte do

século XIX e se caracteriza por 2 fenómenos: a recuperación da escrita

literaria do galego e a aparición dun movemento político-ideolóxico.

2. Que dous fenómenos relacionados caracterizan o Rexurdimento?a

recuperación da escrita literaria do galego e a aparición dun movemento

político-ideolóxico.

3. Que dous movementos políticos teñen lugar no século XIX? O provincialismo

e o rexionalismo.

4. Que defendía cada un deses movementos políticos? O provincialismo

reivindicaba a unidade administrativa de Galicia e un maior autogoberno;

denunciaba a marxinación social do país e o seu obxectivo principal era a

rexeneración socioeconómica. O rexionalismo compaxinou cultura e política,

facendo da língua a súa preocupación primordial. A súa fundación adoita

situarse en 1886, cando Manuel Murguía define Galicia como nación.

5. Cita algunha obra de carácter propagandístico de principios do século XIX.

Un labrador que foi sarxento aos soldados de novo alistamento (1808),

anónimo.

6. Cita dous autores e as súas obras do periodo Precursor?

● Xoán Manuel Pintos: A gaita gallega

● Francisco Añón: Escribiu un gran número de poemas

7. Quen escribiu A gaita gallega?

Xoán Manuel Pintos

8. Que datas se toman para marcar o inicio e o fin do Rexurdimento?

Desde a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro (1863)

ata a creación das Irmandades da Fala (1916).


9. Que característica presenta a publicaciòn O tío Marcos da Portela?

É unha publicación periódica monolingue

10. Cita un autor e unha obra narrativa do Rexurdimento e de que trata?

Marcial Valladares é o autor da primeira novela galega, Majina ou a filla

espúrea (1880). A obra caracterízase polo emprego diglósico que se fai

da lingua: a clase alta fala castelán e a baixa galego.

You might also like