You are on page 1of 2

PREGUNTA 5. Educación literaria: 5.

Contextualice historicamente o seguinte poema e


identifique e analice dúas características literarias do seu autor presentes nel. Indique
outros dous poetas desta mesma época pero de movementos literarios diferentes e
explique brevemente en que se basea esta diferenza. (Extensión aprox. 250 palabras) (2,5
puntos) TEXTO 8 DAS FOTOCOPIAS
Ramón Cabanillas é un autor que se sitúa no primeiro terzo do século XX (1900-1936).Este
período estivo marcado por transformacións económicas e sociais debido ó desenvolvemento da
industria e do sector servizos. Isto provocou un progresivo éxodo da poboación rural cara ás
cidades.
A nivel sociolingüístico, o galego continúa a ser a lingua maioritaria da poboación, aínda que
vinculada os sectores rural e mariñeiro. O castelán é o idioma hexemónico da sociedade e
acapara os ámbitos formais de uso.
Neste contexto nace o movemento nacionalista galego que marcará un importante camiño de
defensa, promoción e dignificación da lingua galega e a proxección desta a sectores nos que
aínda non tiña presenza como a política, ensaio...
É unha época de grandes avances para a cultura galega grazas ao traballo realizado polas
Irmandades da Fala (1916) e o Seminario de Estudos Galegos (1923), o Partido Galeguista
(1931). Tamén hai que destacar a creación de revistas como Nós (1920), editoriais como Céltiga
(1922) e Lar, (1924) e publicacións xornalísticas xa existentes como a Nosa Terra(1907).

O poema de Cabanillas que constitúe o Himno do movemento agrarista, pertence á poesía lírica
de carácter social e combativa na que se anima os galegos a loitar contra os caciques, e así
liberarase da escravitude dos foros.

No texto pódese ver algunhas das características propias do autor:

- A denuncia da opresión que sofre o campesiñado debido ao comportamento dos caciques da


época e anímamos a loitar: "Irmáns galegos..... a folla do fouciño fagamos rebrillar .......a Aldea
que traballa disposta a loitar"; " ergámonos sen medo"; para liberarse da escravitude dos foros "
Antes de ser escravos.....que corra a sangue a regos".

- A nivel formal, neste poema encontramos unha métrica e rima tradicional, que predomina na
obra do autor, continuísta da poesía do Rexurdimento.

En canto a poetas desta época de diferentes movementos literarios pódense destacar a:


- Antonio Noriega Varela. Poesía tradicional, con temática paisaxística e costumista. Pon en valor
nos seus poemas os elementos máis humildes da natureza.

- Amado Carballo. Vangarda (hilozoísmo). A diferenza de Cabanillas, non se centra na temática


social, senón que crea poemas impresionistas coa natureza personificada como centro. 355 plb.

You might also like