You are on page 1of 28

TEMA 14: ESPAÑA NO FRANQUISMO (I)

1. BASES E APOIOS DA DITADURA FRANQUISTA


1.1. Leis fundamentais
1.2. Franco, caudillo de España
1.3. Un reino sen rei
1.4. Movemento Nacional
1.5. Unidade da patria e centralismo
1.6. Nacionalcatolicismo
1.7. Sindicalismo vertical
1.8. Limitación dos dereitos individuais
1.9. Subordinación da muller
1.10. Democracia orgánica

2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959


2.1. Do illamento exterior ao recoñecemento internacional
2.1.1. Os anos da Segunda Guerra Mundial. 1939 - 1945
2.1.2. Illamento Internacional. 1945 - 1953
2.1.3. Recoñecemento internacional. 1953 – 1959

2.2. Da autarquía económica aos inicios da liberalización


2.2.1. O período autárquico. 1939 -1950
2.2.2. Inicios da liberalización económica. 1950 -1959

2.3. A represión dos vencidos


2.3.1. Exiliados
2.3.2. Guerrilleiros

3. TEXTOS

4. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


19. O franquismo: características e institucionalización

1
TEMA 14: ESPAÑA NO FRANQUISMO (I)

• Resultado da Guerra Civil → consolidación do réxime ditatorial franquista


-Comezado a construír polos sublevados dende outubro de 1936
-Perdura ata a morte de Franco en 1975

• Franquismo → identificado como unha férrea ditadura


-Caracterizada por unha feroz represión da oposición
-Aínda que as súas institucións foron evolucionando e adaptando a diversas
conxunturas

• O Franquismo atravesa por dúas etapas:


-Ata 1959 → intento de establecer un estado totalitario inspirado no fascismo
→ desenvolvemento dunha autarquía económica
→ o apoio ás potencias fascistas durante a II Guerra Mundial
condénao ao illamento internacional
-A partir da década de 1960
-Dase paso → á liberalización económica
→ atenuación dos trazos máis fascistas

1. BASES E APOIOS DA DITADURA FRANQUISTA

• A natureza política do franquismo é obxecto de discusión entre historiadores


-Hai partidarios de identificalo cun réxime fascista
-Coincidencias co fascismo → réxime antidemocrático
→ pretendía controlar a sociedade
-Obxeccións a esta postura
-Houbo intentos de encadrar as masas en organizacións de apoio ao
réxime (Movemento nacional)
-Esta organización nunca chegou a ser a base do sistema como en
Alemaña ou Italia
-Postura máis defendida → ditadura militar unipersoal baseada en:
-Nacionalismo español autoritario
-Ideoloxía conservadora e católica
-Incorpora elementos do fascismo italiano

2
• As CARACTERÍSTICAS do novo réxime perfílanse durante a Guerra Civil e
foron obra de Franco
-Mando único e indiscutible
-Orde e obediencia á autoridade
-Imposición dos valores castrenses e católicos
-Unidade da patria
-Nacionalismo español
-Férreo control dos opositores
-Mantemento do tradicionalismo, costumes e símbolos

• Organizacións que constitúen a única canle de participación na vida pública


-Movemento Nacional → novo nome co que se coñecerá á FE-JONS partir
da derrota dos fascismos na II Guerra Mundial
-Agrupa → grupos políticos que apoiaban ao réxime: falanxistas, carlistas
e Monárquicos
→ mandos do Sindicato Vertical
→ cargos públicos do Estado, deputacións provinciais e
municipios
-Sindicato Vertical → organización única para obreiros e patróns
-Supresión dos sindicatos de clase
-Poboación feminina e xuvenil
-Encadradas na → Sección Feminina
→ Organización Xuvenil Española
-Obxectivo → adoutrinamento nos valores do réxime

1.1. LEIS FUNDAMENTAIS (permiten a institucionalización do réxime)

• Ao longo da ditadura establécense as chamadas Leis Fundamentais


-Causa → necesidade de establecer unhas leis básicas que organizasen o
Estado franquista → supoñen polo tanto a institucionalización do
réxime franquista
-Proceso lento e longo → comeza durante a Guerra Civil e remata en 1966
-1938 → Foro do Traballo → regulamenta o mundo laboral
-1942 → Lei de Cortes → creaba unhas Cortes con función deliberante e
consultiva
-1945 → Foro dos españois → conxunto de dereitos e deberes dos españois
a modo de Carta Outorgada

3
→ quedaban rexistrados na lei pero non estaban
garantidos na práctica
→ Lei de Referendo → daba entrada á opinión pública para sancionar
as leis que decidía o xefe do Estado
-1947 → Lei de Sucesión → España quedaba definida como un reino
→ Franco era ratificado como xefe do Estado
→ a decisión da elección a sucesor ao título de rei
quedaba nas mans de Franco
-1958 → Lei de Principios do Movemento → establecía os principios do
réxime: unidade, condición de reino
católico, unidades da vida social
(familia, municipio e sindicato)
-1967 → Lei Orgánica do Estado → síntese e actualización das anteriores

1.2. FRANCO, CAUDILLO DE ESPAÑA

• Concentración de todos os poderes do Estado na persoa de Franco


-Recibe o nome de Caudillo de España
-É presentado ante os españois como o símbolo e a encarnación da vontade
da nación española

• A personalidade de Franco é valorada de xeito contraditorio


-Para uns → é o salvador da patria en perigo → elixido por Deus para esta
misión
-Os seus opositores critican duramente a falta de liberdades, férrea censura,
prohibición do pluralismo político, dura represión
-Respecto do seu carácter destaca:
-Lentitude en tomar decisións
-Ideoloxía católica → pola que se somete á doutrina da Igrexa
-Carácter anticomunista → lévalle a aliarse co país que en cada momento
liderase o anticomunismo (Alemaña, EE UU)
-Monárquico → lévalle a definir España coma un reino

• Franco exercerá o poder contando sempre co apoio do exército


-Constitúe o piar fundamental do réxime
-Correspóndelle a defensa → do territorio
→ da unidade da patria
→ da orde pública

4
→ do réxime fronte aos inimigos da patria:
comunistas, separatistas
-Mantívose obsoleto e con escasa preparación

1.3. UN REINO SEN REI

• Lei de Sucesión (1947) → define España como un reino


-Trátase dun reino sen rei mentres Franco vivise posto que exerce a
Xefatura de Estado

• A Coroa correspondíalle a Xoán de Borbón, fillo de Alfonso XIII


-Existían diferenzas entre Franco e Xoán de Borbón respecto da sucesión
-Franco defendía a instauración dunha monarquía inspirada nos principios
do réxime franquista
-Xoán de Borbón defendía a restauración da monarquía tradicional
borbónica
-Evolución da posición de Xoán de Borbón respecto de Franco
-Durante a Guerra Civil declarou o seu apoio aos sublevados
-A partir de 1945 deterioro das relacións entre ambos
-Críticas e esixencias de Xoán de Borbón para que Franco restaurase a
monarquía
-1969 → Franco nomea a Xoán Carlos I príncipe herdeiro (“todo quedaba
atado e ben atado”)

1.4. MOVEMENTO NACIONAL

• Movemento Nacional → única formación política recoñecida


-Resto de formación políticas → estaban prohibidas
→ sometidas a represión e persecución policial
-Principios do Movemento → nacionalcatolicismo
→ sometemento dos individuos á nación española
→ Intervencionismo social do Estado
-Organismo que velaba pola observación destes principios → Consello
Nacional do Movemento

5
1.5. UNIDADE DA PATRIA E CENTRALISMO

• Principios defendidos polo réxime respecto de España: concepción


unitarista e centralista do Estado
-Todos os individuos e intereses deben someterse ás necesidades do
Estado español
-Todas as terras de España forman unha entidade única e indivisible
-Todo o territorio español debe ser rexido por un poder central
-Suprímense todas as institucións autonómicas creadas durante a II
República
-Sometemento da administración local ao goberno central
-O Goberno central nomeaba directamente os alcaldes das cidades
de máis de 10.000 habitantes
-O das restantes era nomeado polo gobernador civil
-Persecución de calquera manifestación de particularismo máis aló do
folclore
-Castelán → único idioma permitido

1.6. NACIONALCATOLICISMO

• Nacionalcatolicismo → ideoloxía na que se basea o réxime franquista


-Orixe → mutuo apoio e unión de intereses entre a Igrexa católica española
e o franquismo
-Consecuencia → sometemento da vida política, social e cultural ás
directrices da Igrexa católica

• Xerarquía eclesiástica católica apoiou aos sublevados


-Cualificou a Guerra Civil como Cruzada contra o ateísmo marxista
-Xustificou a autoridade de Franco → recoñecido como Caudillo de España
pola graza de Deus
-A cambio a Igrexa recibe → recoñecemento como a única relixión
autorizada
→ control sobre a moral, costumes, educación

• Concordato de 1953 → regulamenta as relacións entre o réxime a Igrexa


católica
-O Papa → recoñece o Goberno de Franco

6
→ concede a Franco o privilexio de presentación de bispos 1
-A cambio a Igrexa obtén:
-Potenciación do culto católico en toda España
-Capacidade legal de adquirir posuír e administrar toda clase de bens
-Restitución de parte dos bens perdidos nas desamortizacións
-Dereito a establecer seminarios e escolas
-Ensino obrigatorio da relixión católica
-Competencia exclusiva da Igrexa en cuestións referidas ao matrimonio,
control da moral pública

• Década de 1960 → cambio co papado de Xoán XXIII e o Concilio Vaticano II


-Supuxo unha forte renovación dentro da Igrexa católica → afectou tamén a
España
-Lei de liberdade relixiosa (1967)
-Permite cultos non católicos, con limitación e sempre en privado
-Dende finais dos 60 → o sector eclesiástico máis novo convértese nunha
das frontes de oposición ao franquismo

1.7. SINDICALISMO VERTICAL

• 1938 → promulgación da primeira das leis fundamentais: Foro do Traballo


-Obxecto da lei → regulamentar o mundo laboral
-Recolle aspectos destinados a mellorar a vida dos traballadores
-Prohibición do traballo nocturno de mulleres e nenos
-Descanso dominical e nas festividades relixiosas
-Vacacións anuais retribuídas
-Seguros sociais de enfermidade, vellez, invalidez e maternidade

• O ámbito sindical organizouse seguindo modelos fascistas


- Lei de unidade sindical, 1940 → declara ilegais todos os sindicatos de
clase existentes
-Organización Sindical do Movemento → coñecida comunmente como
Sindicato Vertical
-Organismo que integra aos traballadores e empresarios nun mesmo e
único sindicato
-Están supervisados polo Ministerio de Traballo
1
Terna (conxunto de tres persoas propostas para que se designe entre elas á que vai
desempeñar certo cargo) elaborada por Franco para que o Papa elixise quen había de ocupar
unha diócese vacante.
7
-Está organizada en torno a tres ámbitos: campesiño, artesanal-industrial,
e marítimo
-Subdivididos a súa vez en unidades segundo a actividade concreta
que realizasen (téxtil, ensinanza, alimentación…)
-O Estado configúrase como o árbitro das relacións laborais

1.8. LIMITACIÓN DOS DEREITOS INDIVIDUAIS

• O réxime franquista limitou e subordinou os dereitos e liberdades dos


españois á súa persoa e aos seus principios fundamentais

• Foro dos españois, 1945 → decreta deberes e dereitos que podían exercer os
españois
-Deberes → fidelidade á patria
→ lealdade a Franco
→ obediencia ás Leis Fundamentais
→ servizo militar obrigatorio
→ pago de tributos
→ manter a unidade espiritual e nacional de España
-Recoñécense algúns dereitos → de carácter individual: liberdade de
opinión, de residencia, de reunión e
asociación
→ de carácter social: dereito de educación,
seguro social de enfermidades e accidentes
-Todos estes dereitos estaban supeditados ao mantemento dos principios
fundamentais do réxime
-Facía imposible o seu exercicio con total liberdade

• Imposición de férrea censura


-Limitou a liberdade → de opinión e prensa
→ artística e cultural

• Nas escolas tratouse de inculcar á xente o chamado Espírito Nacional →


conxunto de ideas e valores políticos e históricos defendido polo réxime

8
1.9. SUBORDINACIÓN DA MULLER

• Familia → considerada como base fundamental da sociedade


-O concepto de familia responde á moral tradicional católica
-Baséase → no matrimonio canónico indisoluble
→ a procreación como principal obxectivo
→ funcións asignadas a cada membro → home: traer recursos
á casa
→ destino da muller:
atender á casa, coidado e
educación dos fillos

• Sección feminina → xogou papel fundamental na divulgación destes valores


-Creada en 1934 e dirixida por Pilar Primo de Rivera
-Potenciou un modelo de muller caracterizado pola pasividade política e a
nula participación pública
-Contribuíu a deseñar unha educación específicamente feminina destinada a
formar amas de casa (materias de Fogar, Cociña, Corte e Confección nas
escolas e institutos)

• A partir da década de 1960 → cambio na actitude respecto das mulleres


-Causa → cambios económicos e crecente desenvolvemento
→ incorporación da muller → á educación universitaria
→ ao traballo remunerado fóra do fogar

• Sen embargo as mulleres continuaron sometidas no plano legal a pais e


maridos ata o final do franquismo

1.10. DEMOCRACIA ORGÁNICA

• O franquismo non se proclamaba como ditadura senón como democracia


orgánica
-A democracia orgánica rexeita o sistema liberal e democrático baseado en:
-O parlamentarismo
-A participación política dos cidadáns a través de partidos políticos
-Considera que os órganos naturais de representación son tres:
-A familia onde se nace
-O concello onde se vive

9
-O sindicato onde se traballa
-Esta denominación xurdiu cando se quixo presentar a ditadura baixo un
cariz aparentemente democrático ante as democracias occidentais
-Esta solución permitía que os españois puideran participar na vida
política → por medio das súas organizacións naturais
→ sen intervención de partidos políticos

• 1942 → créanse unhas novas Cortes


-Concibido como un órgano consultivo e deliberante → debía asesorar a
Franco na elaboración das leis
-Os seus membros reciben o nome de Procuradores
-Unha parte dos procuradores eran elixidos por Franco
-Outros pertencían por razón de cargo (eran ministros, presidentes de
altas institucións, reitores de universidades….)
-O resto eran representantes dos sindicatos verticais
-Na práctica → era un organismo sometido e controlado polo poder
→ os seus membros actuaban seguindo a consigna “por Deus,
por España e ás ordes de Franco”

• Lei orgánica do Estado, 1967


-Tentou dar un carácter máis aberto e popular á elección dos procuradores
-Dous procuradores por provincia pasan agora a ser elixidos polos
cabezas de familia
-Na práctica os cambios foron mínimos
-As Cortes seguiron aprobando case sen discusión todas as leis
propostas polo Goberno

• No caso dos concellos → os concelleiros eran designados dende 1945


-Un terzo → polos veciños cabezas de familia
-Outro terzo → polos sindicatos locais
-Terceiro terzo → polos concelleiros xa electos

• Lei de Referendo, 1945


-Completaba a democracia orgánica → permitía someter a referendo dos
españois leis fundamentais
-Empregábase cando Franco así o decidía
-Foi empregada en dúas ocasións
-Na aprobación da Lei de Sucesión, 1947
-Lei orgánica do Estado, 1967

10
2. UNHA LONGA POSGUERRA. 1939 - 1959

• Dura posguerra entre o fin da Guerra Civil e o Plano de Estabilización (1959)


- España atravesou as dificultades que seguen a todos os conflitos bélicos
- Agravadas polo illamento internacional
-Os falanxistas dominaron os gobernos dos primeiros anos (etapa azul ou
falanxista)
-Moitos ministerios foron dirixidos por militares

2.1. DO ILLAMENTO EXTERIOR AO RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL

• O apoio de Franco aos fascismos europeos variou ao longo da II Guerra


Mundial
-Trala guerra España foi sometida a un duro illamento internacional
-Esta situación cambia a partir de 1947 co inicio da Guerra Fría
-O bloque occidental recoñeceu a Franco a súa loita contra o comunismo
-O Estado español foi sendo aceptado progresivamente nos organismos
internacionais

2.1.1. Os anos da Segunda Guerra Mundial. 1939 - 1945

• Flutuacións do apoio do Goberno de Franco aos fascismos europeos

• Entre a fin da Guerra Civil e o comezo da II Guerra Mundial


-Clara política de aproximación ás potencias fascistas
-Realizada fundamentalmente a través do seu cuñado, Serrano Súñer

• No comezo da II Guerra Mundial → España declarouse neutral

• Coas grandes vitorias das potencias do Eixe en 1940 → pasa da neutralidade


a non belixerancia
-Esta situación → permitíalle non participar directamente na guerra
→ pero si manter unha postura de amizade e colaboración
coas potencias fascistas
-Así llelo comunica directamente a → Hitler → entrevista do 23-10-1940
en Hendaia

11
→ Mussolini → entrevista do 12-2-1941
en Bordighera

• 1941 → Alemaña invade a URSS


-O réxime franquista considera a URSS como a súa antítese ideolóxica
-A causa disto organízase en España unha nova cruzada contra o
comunismo
-Supuxo o envío á fronte soviética da chamada “División Azul”
-Tratábase dunha expedición de voluntarios (60.000 homes)
-Entran en combate en outubro de 1941 na fronte de Leningrado
-Desempeñou un papel moi limitado e sufriu importantes perdas humanas

• 1943 → inicio das vitoria aliadas


-Franco volve a declarar neutral a España → intento de previr as fatais
consecuencias dunha derrota fascista

2.1.2. Illamento Internacional. 1945 - 1953

• Na Conferencia de Potsdam (1945) → Stalin intentou provocar a caída do


réxime franquista
-Non foi aceptado principalmente pola oposición de Churchill
-Defendía a non intervención nos asuntos españois

• España non foi aceptada na ONU polo seu réxime ditatorial


-Recoméndase aos países membros a ruptura das relacións diplomáticas
con España (Resolucións de 1946)
-Consecuencia → organización en Madrid de manifestacións multitudinarias
-Protestan contra a actitude da ONU
-Afirman o apoio ao réxime franquista → Franco é presentado como un
líder carismático ante os españois
-Nos anos seguintes → España será expulsada de numerosos
organismos internacionais

• Países que mantiveron relacións con España


-Portugal
-A Arxentina de Perón

• A situación cambia a partir de 1947 co inicio da Guerra Fría

12
-Causa → as potencias occidentais buscaron o apoio de todos os países
anticomunistas
-Inícianse cambios que lentamente acaban co illamento
-Francia reabriu a fronteira (1948)
-EE UU enviou axuda económica (1949)
-A ONU autoriza aos países membros a reanudar relacións diplomáticas
con España (1950)
-Facilitou o reingreso nos organismos internacionais dos que fora
expulsada

2.1.3. Recoñecemento internacional. 1953 – 1959

• 1953 → ano decisivo no recoñecemento internacional pola achegamento


Santa Sede e aos EE UU
-Sinatura do Concordato coa Santa Sede → renovan os acordos do
Concordato de 1851
-Confesionalidade católica do Estado
-Obrigatoriedade do ensino da relixión católica
-Matrimonio eclesiástico
-Leis de acordo coa doutrina da Igrexa
-Pacto cos EE UU → supuxo un triunfo para o réxime ante a opinión pública
-EE UU → concede importante axuda económica
-España → permite a instalación de bases militares de utilización
conxunta por un período de 10 anos renovable por outros dous
períodos de 5 anos (Morón, Rota, Zaragoza, Torrexón)
→ constituía un alto prezo pagado por España → en caso de
conflito podían ser empregadas sen consulta ao Goberno

• 1955 → acéptase a solicitude española de admisión na ONU grazas ao apoio


decisivo de EE UU
→ intégrase en organismos económicos → Fondo Monetario
Internacional
→ Banco Mundial

• 1956 → España tivo que recoñecer a independencia de Marrocos


-Causa → presión francesa
→ pola necesidade de aplicar os principios de descolonización
establecidos pola ONU

13
• 1959 → estas xestións culminan coa visita do presidente norteamericano
Eisenhower a Madrid

2.2. DA AUTARQUÍA ECONÓMICA AOS INICIOS DA LIBERALIZACIÓN

• A actividade económica non recupera os índices da preguerra ata ben


entrada a década dos anos 50
-Os españois sufriron un retroceso xeral na súa calidade de vida
-Recorreuse ao mercado negro
-Volveuse ao mundo rural para obter bens de primeira necesidade

2.2.1. O período autárquico. 1939 -1950

• Política económica da posguerra → inspirada nos fascismos europeos


-Características → autarquía
→ intervención estatal
-Obxectivo → evitar a dependencia do exterior mediante a autosuficiencia
económica
-Para logralo → impulsan a produción interior
→ dificultan as importacións mediante elevados aranceis

• Agricultura
-Descenso da produción → escaseza de fertilizantes, falta de maquinaria,
baixa produtividade
→ causou problemas de abastecemento de
alimentos
-Continúa a contrarreforma agraria comezada na Guerra Civil a favor dos
terratenentes
-Créase o Instituto Nacional de Colonización → trata de incrementar a
produción coa explotación de
novas terras
- Lei de Concentración Parcelaria (1952) → trata de evitar a excesiva
concentración das propiedades
-Estas medidas tiveron resultados escasos

• Industria
-Características → forte intervencionismo

14
→ fortes restricións legais aos investimentos estranxeiros
-Créase o Instituto Nacional de Industria (INI, 1941)
-Controla a produción dos sectores industriais básicos → o Estado era o
máximo inversor e promotor
-A dependencia tecnolóxica do estranxeiro impedía a redución das
importacións

• Transportes
-Nacionalización da rede ferroviaria
-Creación de RENFE (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois)
-As medidas non serviron para modernizar o sector

• Política fiscal → realización dunha reforma baseada en:


-Contribucións directas
-Creación da Contribución de Usos y Consumos
-Gravaba produtos alimenticios, energía, materias primas….
-Trataba de desincentivar o cosumo dada a escasez da posguerra
-Tratouse de favorecer aos grupos sociais que apoiaran a sublevación
-Supuxo un considerable aumento da recadación

• Transaccións comerciais → forte control do comercio exterior e interior


-Control do Estado das importacións e exportacións → era necesario unha
autorización administrativa para realizalas
-Redución das importacións ás consideradas imprescindibles → produce
carestía

• A autarquía mostrouse ineficaz


-Foi defendida polo réxime e obrigada polo illamento internacional
-Dominaba → escaseza
→ inflación
→ estancamento da produción
-Desenvolvemento do mercado negro → comercio ilegal coñecido
popularmente como estraperlo
-Exemplo da carestía → cartillas de racionamento
-Controlaban a venda de produtos básicos
-Evitaban o desabastecemento

15
2.2.2. Inicios da liberalización económica. 1950 -1959

• Recuperación económica na década dos anos 50


-Causas → boas colleitas nos inicios da década que permiten ter excedentes
agrícolas
→ chegada de importantes cantidade de divisas, materias primas,
fontes de enerxía e bens de equipo proporcionados polos acordos
cos EE UU
-Exemplo do impulso industrializador → fundación da Sociedade Española
de Automóviles de Turismo (SEAT)
-Remodelación do Goberno en 1957
-Entran técnicos que emprenden novas medidas económicas
-Modifican a política autárquica → abren a economía aos investimentos
estranxeiros
→ estas medidas culminaron en 1959

• Cambios na poboación española


-Aumento da taxa de natalidade → aumento da poboación
-Redución da poboación activa agraria → aumento da industrial e de
servizos
-Importante éxodo rural → acelera o proceso de urbanización

• Aparición das primeiras protestas obreiras a pesar da prohibición


-Causa → malas condicións de vida dos traballadores nas cidades
-Destaca a protesta en Barcelona contra a subida do prezo dos tranvías
(1951)
-Primeiro movemento de rebeldía que escapaba ao control das
autoridades

2.3. A REPRESIÓN DOS VENCIDOS

2.3.1. Exiliados

• Aínda que resulta difícil contabilizar o número exiliados, nunca se producira


un éxodo tan importante

• Gran porcentaxe de exiliados marcha a Francia


-Coa ocupación nazi → foron internados en campos de concentración ou

16
devoltos a España
-Outros, de grao ou pola forza, loitaron nas filas do exército francés contra os
nazis

• México → seguiu aberto á recepción de exiliados


-Exemplo seguido por case todas as repúblicas latinoamericanas
-Foi refuxio do Goberno republicano

• Unión Soviética
-Importante país de acollida → principalmente para os afiliados ao Partido
Comunista
-Importante labor realizado con nenos acollidos durante a guerra (nenos da
guerra)

• Outros exiliados saíron en anos posteriores á fin da guerra


-Comprenderon a imposibilidade de refacer as súas vidas pola forte
represión

• As organizacións políticas e sindicais republicanas trataron de manter a súa


organización no exilio
- Goberno republicano → mantivo unha oposición simbólica dende o exilio
mexicano
-Nos partidos políticos xurdiron divisións internas
-Dificultou a elaboración de programas comúns para loitar contra o
franquismo
-Comunistas → viviron momentos de tensión pola xefatura do partido que
ao final acadou Dolores Ibárruri (A Pasionaria)
-Anarquistas → uns eran partidarios do comunismo libertario
→ outros de pactar cos monárquicos para acabar co
franquismo
-Monárquicos → buscando apoios pactan cos socialistas, rompendo dito
pacto posteriormente

2.3.2. Guerrilleiros

• Guerrilla antifranquista
-Formada por partidos e grupos políticos que optan pola loita armada

17
-Tiveron cabida todas as ideoloxías contrarias ao réxime → a comunista
foi a máis significativa
-Tamén coñecidos como maquis ou fuxidos

• 1944 → Os principais dirixentes reúnense para conseguir a unidade de acción


-Difícil de conseguir pola dura persecución → principalmente da Garda Civil
- 1944 – 1952 → intensa actividade guerrilleira en Asturias, Galicia, León,
Sistema Ibérico e Andalucía

18
3. TEXTOS

Doc.1: Francisco Franco, discurso (18 de xullo de 1938):


Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura
gravemente ameazadas polos principios roxo-comunistas (...).
Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa
Cruzada, organicamente constituída; a un Estado neutro e sen ideais,
substitúeo o misional e totalitario, que orienta o pobo sinalándolle o camiño (...).
Hai que soldar ao pobo, dividido polos partidos, hai que unir medio século de
separacións; hai que borrar os prexuízos da loita de clases; (...) hai que elevar
os principios do Movimiento.

Doc.2: Lei sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940):


Tres son os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista
prevista polo Fuero del Trabajo, reflexo fiel da organización política do Novo
Estado, a saber: Unidade, Totalidade e Xerarquía. Haberá, pois, segundo
precepto do Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales serán encadrados
todos os factores da economía por ramas da produción ou servizos.
Artigo primeiro.-A Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única
recoñecida con personalidade suficiente polo Estado, quen non admitirá a
existencia de ningunha outra con fins análogos ou similares.

Doc.3: Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945):


Art. 1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o
respecto á dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana,
recoñecendo o home, en canto portador de valores eternos e membro da
comunidade nacional, titular de deberes e dereitos (...).
Art. 2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e
obediencia ás leis (...).
Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado
español, gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas
crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán
outras cerimonias nin manifestacións externas que as da relixión católica (..)
Art. 10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de
carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (..)

19
Art. 12.-Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non
atenten contra os principios fundamentais do Estado.

Doc.4: Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):


Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas
xurídicas (...), o órgano que se crea significará, á vez que un eficaz instrumento
de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha
institución máis sistemática do poder (...).
Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas
tarefas do Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración
das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do Estado.
Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a)
Os ministros. b) Os conselleiros nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c) O
Presidente do Consello do Estado (...). d) Os representantes dos sindicatos
Nacionais. e) Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia (...). f) Os
Reitores das Universidades (...). i) Aquelas persoas que pola súa xerarquía
eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servizos
a España, designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta.

Doc.5: Dionisio Ridruejo, Escrito en España (1962):


Os grupos económicos atribuíanse con todo acougo o seu lote de soberanía. A
Igrexa tomaría o seu. O Exército –aínda que oficialmente incluído, home a
home, no Partido único- absorbería a súa porción, exercendo o control dos
instrumentos executivos, e ficaría constituído en forza básica e arbitral. O
Partido único proporcionaría o persoal político por xunto e representaría
docilmente o papel de pobo na función (...). Pola súa banda, o poder persoal,
establecido como clave de arco (...), esponxaríase nunha camarilla recrutada
entre os máis fieis (...). En rigor, a guerra non producira poderes novos. Máis
ben repuxera no seu sitio, libres de coidados, aos poderes antigos, destruíndo
aqueles outros que os ameazaban.

Doc.6: “Fundamentos e directrices dun Plano de saneamento da nosa


economía, harmónico coa nosa reconstrución nacional” (1939), por
Francisco Franco:
O problema máis grande que se presenta á economía española é o desnivel
desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Suprimilo ten que
constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, doutra
maneira, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase a

20
esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente vai vigorizar a
economía dos países exportadores (...)
Imponse á nosa política comercial no exterior:
1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables.
2º. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución.
3º. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os produtos que
hoxe importamos.
4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas.

Doc.7: O historiador J. L. García Delgado valora así a política autárquica:


O significado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do
franquismo ten unha dobre dimensión: por unha banda, supón o remate do
proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España
durante o último tercio do século XIX e o primeiro do XX; por outra banda,
ocasiona o ancheamento da fenda que separa a
traxectoria de España respecto á de outros países europeos; unha diferencia
que, en ritmos de crecemento e de produto real por habitante, se amplía
enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se
sitúa nese decenio dos anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia
económica e contemporánea, coa cruenta eliminación dos partidos políticos e
organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fixación de
salarios, con mutilación das liberdades individuais e a perda, nuns casos, e
marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable. En suma, o fracaso
económico correu entón paralelo á regresión política e social.

Doc.8: Asemblea Xeral da ONU, decembro de 1946:


A) Pola súa orixe, natureza, estrutura e comportamento xeral, o réxime de
Franco é um réxime fascista, organizado e implantado en grande parte
mercede á axuda da Alemaña nazi e da Italia fascista de Mussolini.
B) Durante a longa loita das Nacións Unidas contra Hitler e Mussolini, Franco
prestou unha axuda moi considerable ás potencias inimigas, malia as continuas
protestas dos aliados (...).
A Asemblea Xeral, convencida de que o Goberno fascista de Franco en
España (...) non representa ao pobo español (...), recomenda que se prohiba
ao Goberno de Franco pertencer aos organismos internacionais creados polas
Nacións Unidas ou relacionados con elas (...).

21
Así mesmo, a Asemblea recomenda que todos os Estados membros das
Nacións Unidas retiren inmediatamente os embaixadores e ministros
plenipotenciarios que teñen acreditados en Madrid.

Doc.9: Manuel Fraga Iribarne, Así se gobierna España”, 1952:


O glorioso alzamento popular o 18 de xullo de 1936 foi un dos máis simpáticos
movementos político-sociais de que o mundo ten memoria. Os observadores
imparciais e o historiador obxectivo han recoñecer que a maior e a mellor parte
do país foi a que se ergueu, o 18 de xullo, contra un Goberno ilegal e
corrompido, que preparaba a máis sinistra das revolucións vermellas dende o
poder (...).
O pobo español, en plena crise de convivencia, aceptara a suprema xefatura
de Franco para que este derrotase militarmente ao comunismo; pero ao mesmo
tempo pedíalle que o constituíse politicamente, entregándolle a máis auténtica
caudillaxe, no sentido propio da palabra. Visto o fracaso das asembleas para
constituír ao país dende a crise de 1931, desexábase que esta vez fose un só e
verdadeiro caudillo o que dese novas leis, nova constitución á comunidade.
Coma Solón, coma Cromwell, coma tantos outros heroes nacionais, o Xeneral
Franco debía ser o pai da Patria que a volvese á normalidade e á orde.

Doc.10: Carta al Jefe del Estado (Salvador de Madariaga, 1944):


Xeneral, marche vostede. En van intenta vostede presentar España ao
estranxeiro coma unha democracia. Non hai democracia que valla. Non hai
estrataxema que agache as camisas de cor, coma Hitler, os pantalóns escuros,
coma Hitler, o saúdo romano, coma Hitler, o título de Caudillo, mala tradución
de Führer, coma Hitler, o partido único comendo o país en plena enchenta de
corrupción, coma Hitler, a prensa domesticada, coma Hitler, os campos de
concentración, coma Hitler. Xeneral, marche vostede.
Non llo digo por ofendelo. Pero o Caudillo dun bando dunha guerra civil non
vale para facer a unidade española. O home que fusilou a Companys, a
Zugazagoitia, a Cruz Salido e a tantos outros innumerables non serve para
facer a unidade española. Ten vostede aldraxadas e asoballadas a Cataluña,
Euskadi e Galicia. Malia que vostede é galego (...) vostede ten amordazadas as
tres linguas galega, vasca e catalá; mudo o Orfeón Catalán, disperso o Instituto
de Estudos Galegos de Santiago. Pero estes tres pobos teñen dereito a vivir
como lles pareza nunha España que, libre, é grande de abondo para todos.
Como a do Señor, é a de España casa de moitas moradas. Vostede non a
comprende. Xeneral, marche vostede.

22
Que haxa polo menos na súa vida un acto que España poida agradecerlle.
Xeneral, marche vostede.

Doc.11: Carta colectiva do episcopado español aos bispos de todo o


mundo, 1-7-1937
O 18 de xullo do ano pasado realizouse o Alzamento militar e estallou a guerra,
que aínda dura. Pero nótese, primeiro, que a sublevación militar non se
produciu, xa desde os seus comezos, sen colaboración co pobo san, que se
incorporou en grandes masas ao movemento que, por isto, debe cualificarse de
cívicomilitar; e, segundo, que este movemento e a revolución comunista son
dous feitos que non poden separarse, se se quere xulgar debidamente a
natureza inicial da guerra (…). Afirmamos que o levantamento cívicomilitar tivo
no fondo da conciencia popular un dobre arraigo: o do sentimento patrótico,
que veu nel a única maneira de levantar España e evitar a súa ruína definitiva;
e o sentido relixioso, que o considerou como a forza que debía reducir á
impotencia os inimigos de Deus, e como a garantía da continuidade da súa fe a
da práctica da súa relixión.

Doc.12: Lei de Sucesión na Xefatura de Estado. 26-7-1947


Art.1. España, como unidade política, é un Estado católico, social e
representativo que, de acordo coa súa tradición, declárase constituído como
reino.
Art.2. A Xefatura do Estado correspóndelle ao Caudillo de España e da
Cruzada, Xeneralísimo dos Exércitos don Francisco Franco Bahamonde. (…)
Art.9. Para exercer a Xefatura do Estado como rei ou rexente requirirase ser
varón e español, ter cumpridos os trinta anos, profesar a relixión católica,
posuír calidades necesarias para o desempeño da súa alta misión e xurar as
leis Fundamentais, así como lealdade aos principios que informan o
Movemento Nacional.

Doc.13: Lei Fundamental dos principios do Movemento. 17-5-1958


Eu, Francisco Franco Bahamonde, Caudillo de España, consciente da miña
responsabilidade ante Deus e ante a Historia, en presenza da Cortes do Reino,
promulgo como principios do Movemento Nacional, entendido como comuñón
dos españois nos ideais que deron vida á Cruzada, os seguintes:
II. A nación española considera como timbre de honor o acatamento á Lei de
Deus, segundo a doutrina da Santa Igrexa Católica, Apostólica e Romana,

23
única verdadeira e fe inseparable da conciencia nacional, que inspirará a súa
lexislación. (…)
IV. A unidade entre os homes e as terras de España é intanxible. A integridade
da patria e a súa independencia son esixencias supremas da unidade nacional
(…).
VI. As entidades naturais da vida social: familia, municipio e sindicato, son
estruturas básicas da comunidade nacional.
VII. O pobo español (…) constitúe o Estado nacional, a súa forma política é (…)
a Monarquía tradicional, católica social e representativa.
VIII. O carácter representativo da orde política é principio básico das nosas
institucións públicas. A participación do pobo nas tarefas lexislativas (…)
levarase a cabo a través da familia, o municipio e o sindicato e demais
entidades con representación orgánica que a este fin recoñezan as leis (…).

Doc.14: Convenio defensivo entre EE UU e España (26-9-1953)


Fronte ao perigo que ameaza o mundo occidental, os gobernos dos EE UU e
de España, desexosos de contribuír ao mantemento da paz e da seguridade
internacional con medidas de previsión (…) acordan o seguinte:
Art. 2. (…) O Goberno de España autoriza ao Goberno de EE UU (…) a
desenvolver, manter e utilizar para fins militares, xuntamente co Goberno de
España, aquelas zonas e instalacións (…) que se conveña (…) como
necesarias para os fins deste convenio. (…).

Doc.15: Antonio Fontán, Os corenta anos de Franco no poder. 1984


O poder omnímodo de Franco, como toda realidade humana, tiña naturalmente
uns límites que non podía traspasar. (…) Eses límites, ao meu xuízo, eran tres,
e nada máis que tres.
O primeiro era o catolicismo, que convertera a Guerra Civil en cruzada, con
todas as consecuencias (…). Franco cedía no que a Igrexa consideraba
indispensable e, a cambio do que non lle deixaba facer, inundábaa de
privilexios e vantaxe de todo tipo. (…)
A segunda gran limitación proviña do mundo exterior. Era a que impoñía a gran
potencia que en cada momento capitanease o anticomunismo no mundo. Ao
principio foron os fascismos, con Hitler e Mussolini á cabeza. (…)
A terceira limitación ao poder de Franco é a que eu chamo o “testamento de
Alfonso XIII”. O Caudillo non se imaxinaba nun libro de historia aliñado cos
presidentes Alcalá Zamora e Azaña e o que viñese despois, nin reducido á
serie dos caudillos militares: Espartero, Narváez, O´Donnell, Prim, Serrano e
24
Primo de Rivera. El pensaba de si mesmo á “maneira grande”. Alfonso XII,
Alfonso XIII, unha paréntese (o republicano), Franco e logo o Xoán que tocase.
Esa si era, para Franco, unha listaxe de nomes razoable. Nunca tomou en serio
ningunha outra fórmula sucesoria (…) especialmente desde que decidiu, en
1945, se non foi xa en 1943, impedir que o conde de Barcelona fose o rei de
España.

Doc.16: Discurso de Pilar Primo de Rivera. 1938


O verdadeiro deber das mulleres para coa patria é formar familias (…) nas que
se fomente o tradicional (…). Así pois, xunto á educación deportiva e
universitaria, irá esa outra que as prepare para que sexan o verdadeiro
complemento do home. O que non faremos nunca é poñelas en competencia
con eles, porque nunca chegarán a igualalos.

Doc.17: Concordato entre o Estado español e a Santa Sede. 27-8-1953


No nome da Santísima Trindade: a Santa Sede Apostólica e o Estado español,
animados do desexo dunha fecunda colaboración para maior ben da vida
relixiosa e civil da nación española, determinaron estipular o seguinte
Concordato que, asumindo os convenios anteriores e completándoos, constitúa
a norma que debe regular as recíprocas relacións das altas partes
contratantes, en conformidade coa lei de Deus e a tradición católica da nación
española.
Art.1. A relixión católica, apostólica, romana segue sendo a única da nación
española e gozará dos dereitos e prerrogativas que lle corresponden en
conformidade coa lei divina e o Dereito canónico.
Art.23. O Estado español recoñece plenos efectos civís ao matrimonio
celebrado segundo as normas do Dereito canónico. (...)
Art.26. En todos os centros docentes de calquera orde e grao, sexan estatais
ou non estatais, a ensinanza axustarase aos principios do dogma e da moral da
Igrexa católica.
Art.27. O Estado español garante a ensinanza da relixión católica como materia
ordinaria e obrigatoria en todos os centros docentes.

25
4. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
19. O FRANQUISMO: CARACTERÍSTICAS E INSTITUCIONALIZACIÓN
Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre a
caracterización e institucionalización do réxime franquista. Comezada durante a guerra civil
marcando as diferenzas coa democracia, nos seguintes anos diferentes textos legais van
conformando o réxime: a implantación do sindicalismo vertical, a creación dun
seudoparlamento á medida ou a codificación de dereitos e deberes dos españois son exemplos
representativos.

Doc.1: Discurso de Francisco Franco (18 de xullo de 1938):


Correspóndenos a paladinaxe dunha fe, unha civilización e unha cultura gravemente
ameazadas polos principios roxo-comunistas (...).
Á irresponsabilidade política dos partidos liberais, sucede a unidade da nosa Cruzada,
organicamente constituída; a un Estado neutro e sen ideais, substitúeo o misional e totalitario,
que orienta o pobo sinalándolle o camiño (...). Hai que soldar ao pobo, dividido polos partidos,
hai que unir medio século de separacións; hai que borrar os prexuízos da loita de clases; (...)
hai que elevar os principios do Movimiento.

Doc.2.-Lei sobre unidade sindical (31 de xaneiro de 1940):


Tres son os principios que inspiran a Organización Nacional-Sindicalista prevista polo Fuero del
Trabajo, reflexo fiel da organización política do Novo Estado, a saber: Unidade, Totalidade e
Xerarquía. Haberá, pois, segundo precepto do Fuero, unha soa orde de sindicatos, nos cales
serán encadrados todos os factores da economía por ramas da produción ou servizos.
Artigo primeiro.-A Organización Sindical de F.E.T. y de las J.O.N.S. é a única recoñecida con
personalidade suficiente polo Estado, quen non admitirá a existencia de ningunha outra con fins
análogos ou similares.

Doc.3.-Lei de creación das Cortes Españolas (17 de xullo de 1942):


Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (...), o
órgano que se crea significará, á vez que un eficaz instrumento de colaboración naquela
función, principio de autolimitación para unha institución máis sistemática do poder (...).
Art. 1.-As Cortes son o órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do
Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración das leis, sen prexuízo da
sanción que corresponde ao Xefe do Estado.
Art. 2.-As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a)Os ministros. b)Os
conselleiros nacionais de F.E.T. y de las J.O.N.S. c)O Presidente do Consello do Estado (...).
d)Os representantes dos Sindicatos Nacionais. e)Os Alcaldes das cincuenta capitais de
provincia (...). f)Os Reitores das Universidades (...). i)Aquelas persoas que pola súa xerarquía
eclesiástica, militar, administrativa ou social, ou polos seus relevantes servizos a España,
designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta.

26
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO: O FRANQUISMO
(CARACTERÍSTICAS E INSTITUCIONALIZACIÓN)
A oposición ás reformas democráticas da II República dará lugar a unha conflitividade social
crecente ao longo do período, desembocando nun Golpe de Estado que a súa vez, derivará en
Guerra Civil. A vitoria dos nacionais posibilita a Franco a instauración dunha ditadura que se
prolongará ata a súa morte.
Coa fin da guerra e a vitoria dos sublevados, imponse en España unha ditadura militar
unipersoal baseada no nacionalismo español autoritario, na orde e obediencia á autoridade,
nos valores castrenses e católicos, nalgúns principios tomados do fascismo italiano, na unidade
da patria, no férreo control da oposición, así como no mantemento da tradición. Estes trazos
definitorios se foran perfilando antes de ser rematado o enfrontamento, cando xa en outubro de
1936, se decide a creación dun mando único que recae en Franco, acumulando a Xefatura de
Estado e de Goberno. Parte dos principios que defende están contidos no discurso de Franco
recollido no primeiro documento, supoñendo un total rexeitamento da obra reformista
republicana. España identifícase cun Estado antidemocrático, e por tanto, “totalitario, que
orienta ao pobo sinalándolle o camiño”. Así mesmo rexeita os principios comunistas, socialistas
e anarquistas, cualificados de ameaza no primeiro parágrafo, e indicando que se deben “borrar
os prexuízos da loita de clases”. Baséase no conservadurismo e nos valores católicos, polo que
a igrexa, un dos principais apoios do réxime, cualificou o alzamento de “Cruzada” contra o
comunismo en defensa da orde católica e social.

Na última frase do texto, Franco alude aos principios do Movemento nacional, identifícado coa
única formación política recoñecida trala ilegalización e represión das forzas políticas. Estes
principios deben de ser asumidos pola poboación española, e se corresponden co
nacionalcatolicismo, que supón o ordenamento da vida política, social e cultural segundo ás
directrices da Igrexa católica, a intervención do Estado na sociedade, e no sometemento desta
á nación. Trátase dunha ideoloxía na que se basea o réxime e que nace do mutuo apoio e da
unión de intereses entre Igrexa e Franquismo.

A todo o anterior cabería engadir a forte oposición aos nacionalismos periféricos, vistos dende
o réxime como un perigo para a unidade de España. Desta idea deriva a concepción unitarista
e centralista do Estado, ao que se deben someter todos os individuos, e que debe estar rexido
por un único poder central, co que se suprimen todas as institucións autonómicas creadas
durante a II República.

Para a institucionalización do réxime franquista, foi fundamental aprobar as chamadas Leis


Fundamentais, posto que foron as encargadas de organizar o Estado franquista. A elaboración
destas leis foi un proceso longo que comeza xa durante a guerra, coa aprobación da primeira
en 1938, o “Fuero del trabajo”, á que se refire a primeira liña do documento 2, e non remata ata
1967 coa Lei Orgánica do Estado, que corresponde a unha síntese e actualización das
anteriores.

O obxectivo do citado “Fuero” centrábase na regulamentación do mundo laboral, incluído


aspectos destinados a mellorar a vida dos traballadores. Este “Fuero” complétase coa Lei de
unidade sindical de 1940, á que corresponde o documento 2. A partir do seu primeiro artigo
ilegalízanse todos os sindicatos existentes, sendo “a Organización Sindical de F.E.T. y de las
J.O.N.S. é a unica recoñecida con personalidade suficiente polo Estado”. Este organismo,
coñecido popularmente como Sindicato Vertical, integra tanto a traballadores como
empresarios, e tal e como se indica no final do primeiro parágrafo, estará organizado en torno a
tres ámbitos, o campesiño, o artesanal-industrial e o marítimo, subdivididos a súa vez en
unidades segundo a actividade realizada.

27
O terceiro documento corresponde a unha das Leis Fundamentais pola que Franco facendo
uso da “suprema potestade de ditar normas xurídicas”, crea en 1942 unhas novas Cortes.
Como indica o artigo 2 da lei “as Cortes compóñense de Procuradores”, que eran elixidos por
Franco, por razón do seu cargo, é dicir “a) Os ministros. b) Os conselleiros nacionais de F.E.T.
y de las J.O.N.S. c) O Presidente do Consello do Estado (...). e) Os Alcaldes das cincuenta
capitais de provincia (...). f) Os Reitores das Universidades (...).”, así como “d) Os
representantes dos Sindicatos Nacionais.”. Este órgano, tal e como indica o artigo 1,
unicamente tiña carácter consultivo e deliberativo, posto que debía asesorar a Franco na
elaboración das leis. Aínda que aparece cualificado como “órgano superior de participación do
pobo español”, na práctica estivo sometido ás ordes de Franco. Trátase dunha das leis
aprobadas por Franco co obxectivo de maquillar a ditadura ante a opinión internacional, nun
momento da II Guerra Mundial en que os fascismos están a sufrir derrotas.

O Foro dos Españois correspóndese con outra das Leis Fundamentais promulgada en 1945, no
que Franco recoñece aos españois un conxunto de dereitos e deberes a modo de Carta
Outorgada. Entre eses dereitos recoñecidos atópanse algúns de carácter individual, como a
liberdade de reunión, de residencia ou asociación, e outros de carácter social, como o dereito
á educación ou a seguros sociais de enfermidade e accidentes. Sen embargo, o único que se
pretende e dar certa aparencia democrática ao sistema, posto que estes dereitos estaban
supeditados aos principios do réxime, polo que na práctica non podían ser exercidos.
Igualmente recolle a liberdade de reunión ou asociación así como a de expresión, dereito
tampouco efectivo na práctica, dada a imposición dunha férrea censura nas mans da Igrexa,
que limitou a liberdade de opinión, prensa, e mesmo cultural e artística. A estes se sumaban
outros dereitos de carácter social como o dereito á educación ou o seguro social de
enfermidades e accidentes.

Xunto a estes dereitos o citado foro recolle os deberes dos españois, a fidelidade á patria, a
lealdade a Franco, a obediencia ás Leis Fundamentais, o servizo militar obrigatorio, o pago de
impostos ou o mantemento da unidade espiritual e territorial de España.

Ao anterior súmase a chamada democracia orgánica, denominación que se da a si mesmo o


Estado franquista. Segundo os principios da democracia orgánica, rexéitase o parlamentarismo
e a participación política dos cidadáns mediante partidos, e en cambio considéranse como
órganos naturais de representación a familia onde se nace, o municipio onde se vive e o
sindicato onde se traballa, é dicir, que os cidadáns podían deste xeito participar na vida política
sen intervención dos partidos. Novamente se trata de dar unha aparencia democrática á
ditadura ante as democracias occidentais.

Cabe destacar que no mesmo ano de promulgación do “Fuero dos Españois”, apróbase a Lei
de referendo pola que se completa a democracia orgánica. Foi empregada a decisión de
Franco en dúas ocasións, na aprobación da Lei orgánica do Estado (1967), que tratou de dar
un carácter máis aberto á elección dos procuradores, aínda que na práctica, as Cortes seguiron
baixo control de Franco, e na da Lei de Sucesión (1947), pola que España quedaba
configurada coma unha monarquía. Sen embargo e dado que Franco exercía a Xefatura de
Estado de xeito vitalicio, España preséntase como un reino sen rei. En anos posteriores e a
pesar de que a Coroa lle correspondía a don Juan de Borbón, as diferenzas entre este e o
ditador, dan lugar a que Franco nomee sucesor a Juan Carlos I.

As características que definen o franquismo concrétanse xa dende os primeiros anos do


réxime, que por outra parte estarán marcados polo illamento internacional e a autarquía
económica, defendida polo réxime, e imposta por este illamento.

28

You might also like