You are on page 1of 30

18.

O carácter político do franquismo ten diferentes opinións respecto diso. Uns identifícana co
fascismo, mentres que outros a consideran unha ditadura militar baseada no nacionalismo
español autoritario. Aínda que a ditadura franquista foi antidemocrática e pretendía controlar a
sociedade, nunca tivo unha organización de masas como a Alemaña de Hitler ou a Italia de
Mussolini. O fundamento ideolóxico da ditadura franquista baseouse no pensamento
conservador e católico español e incorporáronse elementos do fascismo italiano. Durante a
Guerra Civil perfilouse o novo réxime, dirixido por Francisco Franco, con características como o
mando único e indiscutible, a orde e a obediencia á autoridade, a imposición de valores
militares e católicos, a unificación da patria, o nacionalismo español e o férreo control da
adversarios. Os grupos políticos que apoiaron o franquismo agrupáronse no Movemento
Nacional. Suprimíronse os sindicatos de clase e creouse unha única organización de
traballadores e empresarios: o Sindicato Vertical. A poboación feminina e xuvenil estaba
encadrada en diversas organizacións para o adoutrinamento. Adoptáronse formas externas
identificando como a camisa azul e as marchas patrióticas. A ditadura franquista mantívose con
poucos cambios ata a morte do ditador.
A concreción legal do réxime franquista foi lenta e estivo articulada arredor dunhas leis ás que,
no seu conxunto, se lles daba un carácter constitucional como normas básicas da organización
do Estado: as Leis Fundamentais. Foron sete leis elaboradas entre 1938 e 1967. Atendendo ao
seu contido, diferêncianse dous grupos: de carácter dogmático e de carácter orgánico.
Para comezar, en 1938, apróbase o Foro do Traballo, que regulaba as relacións entre obreiros e
patróns, creándose o Sindicato Vertical (obrigatorio e controlado pola Falanxe).
Por unha banda, en 1942, promúlgase a Lei Constitutiva das Cortes, asesorando estas na
elaboración das leis.En 1945, coa fin da guerra, apróbase o Foro dos españois, unha aparente
Constitución con dereitos e liberdades moi limitadas por outras leis Neste mesmo ano,
promúlgase a Lei do Referendo, que recoñecía o dereito dos españois sobre as leis sancionadas
polo Xefe de Estado. Entón, para calmar os monárquicos, promúlgase en 1947 a Lei de
Sucesión, que define España como unha monarquía, na que Franco é o xefe de Estado vitalicio
con dereito a nomear o seu sucesor, que gobernará a título de rei (será Juan Carlos en 1969).
Finalmente, apróbanse a Lei de Principios do Movemento (1958) na que se denomina
Movemento Nacional á Falanxe para maquillala, establecéndose os principios inmutables do
Réxime, e a Lei Orgánica do Estado (1967), compendio e actualización de todas as leis
anteriores, que permite nomear a Franco un xefe de Goberno (Carrero Blanco, 1973).

Franco concentrou na súa persoa todos os poderes do Estado, poderes que lle foran
concedidos polos seus compañeiros militares da Xunta de Defensa durante a Guerra Civil
(Decreto do 29-9-1936). Se ben as limitacións legais a poder de Franco eran pocas, existían
certos límites derivados da propia formación do ditador: católico, polo que se sometía á
doutrina da Igrexa; anticomunista, aliándose co país que en cada momento liderase o
anticomunismo no mundo (Alemaña, EEUU) e monár-quico, polo que definiu a España como
un reino e establece que a xefatura do Estado sería ocupada, á súa morte, por un rei que el
designase. Franco foi unha personalidade complexa valorada de modo moi diferente: desde os
fanáticos partidarios que o consideraba como o salvador da patria en perigo (elixido por Deus
para levar a cabo esta excelsa misión), ás apre-ciacións dos seus opositores que non lle
perdoaban a falta de liberdades, a férrea censura, a proibición do pluralismo político e a dura
represión que exerceu. Franco exerceu o seu poder contado sempre co apoio do exército, que
se converteu na coluna vertebral do réxime.
Unha das peculiaridades do franquismo foi a definición de España como un reino (Lei de
Sucesión de 1947), pero no que Franco exercía como xefe de Estado, polo tanto sen rei mentres
Franco vivise. A elección do futuro rei, aínda que tiñan que aprobala as Cortes, era unha
decisión de Franco Xoán de Borbón, conde de Barcelona e fillo de Afonso XIII, reclamoulle a
Franco o trono que lle correspondía por dereito de sucesión lineal da monarquía española, tras
a abdicación do seu pai en xaneiro de 1941 en Roma. Pero as relacións entre Xoán de Borbón e
Franco foron complicándose pola cuestión da sucesión: Franco defendía a instauración dunha
monarquía inspirada nos principios do novo réxime, mentres que Xoán de Borbón defendía a
restauración da monarquía tradicional borbónica. Tampoco favoreceu a causa do conde de
Barcelona a evolución da súa posición política con respecto a Franco, alternando declaracións
de apoio (ata o punto de querer loi-tar con sublevados durante a Guerra Civil) con esixencias
de que Franco abandonase o poder.As relacións deterioráronse a partir de 1945 polas críticas e
as esixencias de Xoán de Borbón a que Franco restaurase a monarquía. Finalmente, en 1969,
Franco apartou da sucesión ao conde de Barcelona en favor do seu fillo (oán) Carlos que foi
proclamado príncipe herdeiro. Segundo frase de Franco, todo quedaba atado e ben atado no
referente á súa sucesión.
Tras a decisión tomada por Franco, entre Xoán Carlos e seu pai existiron numerosos roces por
esta situación. Mentres que o fillo se esforzaba en argumentar que nunca iría contra os
dereitos do seu pai, a realidade facía patente que a única vía de lograr que de novo un Borbón
chegase a ser rei de España era aceptar as esixencias de Franco. Xoán de Borbón non renunciou
aos seus dereitos ata 1977, sendo xa rei o seu fillo.

A doutrina oficial do réxime franquista baseouse no programa da Falanxe e dos requetés


(carlistas), fusionados en 1937 por orde de Franco como Falanxe Española Tradicionalista e das
XONS. Tras a derrota dos fascismos na Segunda Guerra Mundial, nun intento de disimular a
natureza fascista do seu réxime, Franco organizou o Movemento Nacional, que se converteu na
única canle de participación política para os españois, estando prohibidas todas as demais.
Os seus principios quedaron fixados en 1958 integrando o ideario da Falanxe e do
conservadurismo católico. Entre estes principios destacaban: a unidade nacional, o catolicismo
de Estado, a participación orgánica na vida política, o sometemento dos individuos á-grandeza
da nación española e o intervencionismo social do Estado, Para velar polo mantemento da
integridade destes principios creouse o Consello Nacional do Movemento.

Considerada como unha unidade de destino no universal (idea de Falanxe)


España foi a referencia á que todos os individuos e intereses debían estar sometidos. Todas as
terras que formaban Espana constituian unha entidade única e indivisible, rexida polo principio
da unidade dun poder central. Todas as institucións autonómicas creadas pola Segunda
República foron suprimidas e calquera manifestación de particularismo, máis aló do folclore, foi
per-seguida. A administración local quedou sometida ao goberno central, que nomeaba
diretamente a todos os alcaldes das cidades maiores de 10.000 habitantes e aos das restantes
a través do gobernador civil. O modelo e os valores impostos foron os de Castela e o único
idioma permitido o castelan.
O franquismo defendeu que a vida política, social e cultural estivese someti-da ás directrices da
Igrexa católica.A cambio, a Igrexa católica recibiu o recoñecemento do Estado como a única
autorizada e obtivo o control sobre a Moral, os Costumes educación.
Especialmente durante as décadas de 1940 e 1950, a Igrexa, ben directa-mente ou ben a través
das autoridades, impuxo na vida pública unha estrita moral católica, velando polos bos
costumes. O Concordato de 1953 regulamentou as relación entre a Igrexa católica e o réxime
franquista. A cambio, a Igrexa obtiña: a potenciación do culto católico en toda España; a
capacidade legal de adquirir, posuir e administrar toda clase de bens; a restitución dunha parte
dos bens eclesiásticos perdidos nas pasadas desamortizacións (especialmen-te edificios de
mosteiros): o dereito a establecer Seminarios, escolas e obras pías; o ensino obrigatorio da
relixión católica; a competencia exclusiva da Igrexa en cuestións referidas ao matrimonio, e o
control da moral pública. Concilio Vaticano II (1959-1965) produciron una forte renovación na
Igrexa católica que afectou tamén a España. No seo do clero e da xerarquía española foise
desenvolvendo unha corrente crítica que defendía un cambio nas relacións coa ditadura.

O rexime franquista regulamentou o mundo laboral mediante a promulgacion do Foro do


Traballo e 1938, a primeira das Leis Fundamentais. Nel recollanse aspectos sociais de mellora
das condicins dos traballadores como a prohibicin do traballo nocturno de mulleres e nenos, o
descanso dominical e nas festividades relixiosas e civs declaradas como tales, vacacionns
anuais retribudas, subsidio familiar, seguros sociais de enfermidade, vellez, invalidez e
maternidade. Declarados ilegais todos os sindicatos de clase existentes xa durante a Guerra
Civil, a organizacin sindical completouse coa Lei de Unidade Sindical de 26-1-1940, e os
traballadores quedaron encadrados, de modo forzoso, en corporacins de carcter vertical nas
que estaban includos, de forma xerrquica, os patrns e os obreiros baixo a supervisin do
Ministerio de Traballo.Todos eles formaban a Organización Sindical do Movemento que tiña
como xustificación última a desaparición da loita de clases característica das sociedades liberais
e capitalistas. O Estado, organizador e árbitro máximo das relacións laborais, actuaba de modo
paternalista e corporativo para evitar a conflitividade social.

Fronte ao carácter individual dos dereitos e liberdades característicos dos sistemas liberais e
democráticos, o réxime franquista limitou e subordinou estes dereitos á lealdade á persoa de
Franco e o respecto aos principios fundamentais, primeiro da Falanxe e, despois, do
Movemento. En 1945, o Foro dos espa-ñois decretaba os deberes e os dereitos que podian
exercer os españois.Como deberes establecíanse: fidelidade á patria, lealdade a Franco,
obediencia ás Leis Fundamentais, servizo militar obrigatorio, pagar os tributos, alimentar e
educar aos fillos e manter a unidade espiritual e nacional de España.
Como dereitos recoñecíanse algúns de carácter individual -liberdade de opinión,de residencia,
de reunión e asociación-, e outros de carácter social -dereito de educación, seguro social de
enfermidade e accidentes-; pero todos eles estaban supeditados a mantemento dos principios
fundamentais do réxi-me, o que facía imposible o se exercicio con total liberdade.
Ademais, o franquismo impuxo unha férrea censura, limitando tanto a liberdade de opinión e
prensa como a liberdade artística e cultural. Todas as manifestacións do pensamento, nas súas
diferentes modalidades, foron controladas e tentouse educar a xente nas escolas no chamado
Espírito Nacional, conxunto de ideas e valores políticos e históricos defendido polo réxime.
Desde 1966 iniciouse un tímido proceso de liberalización coa aprobación da
Lei de Prensa e Imprenta, presentada polo ministro de Información e Turismo, Fraga Iribarne,
que suprimía a censura previa, pero establecia fortes multas e secuestros de edicións, naqueles
casos nos que se infrinxian os prin-
cipios franquistas
Durante o franquismo a familia era considerada a base fundamental da sociedade e estaba
protexida polo Estado de acordo coa moral tradicional católica. A Sección Feminina, dirixida por
Pilar Primo de Rivera, contribuíu á difusión de valores que salientaban o papel da muller como
coidadora do fogar e da infancia, xustificando a súa exclusión do ámbito político. A educación
feminina estaba dirixida a formar amas de casa e o Servizo Social, creado en 1937, impúxose a
formación teórica e a prestación de traballo social obrigatorio para as mulleres. A partir da
década de 1960, cos cambios económicos e o desenvolvemento, produciuse un cambio de
comportamento e actitude cara ás mulleres, sobre todo coa súa entrada na formación
universitaria e no mercado laboral remunerado, pero aínda así estiveron legalmente
subordinadas aos seus pais e maridos ata o final. do franquismo.

O modelo político franquista, que foi denominado “democracia orgánica”, porque os seus
partidarios crían que o réxime representaba á sociedade a través de corpos naturais como a
familia, o concello e o sindicato, rexeitando a representación política baseada en persoas e
partidos políticos. Porén, esta participación orgánica foi un intento do réxime de crear unha
imaxe aceptable no contexto político occidental. En 1942 créanse as Cortes como órgano
consultivo e deliberativo para asesorar a Franco na elaboración das leis. Os membros das
Cortes, chamados procuradores, eran designados por Franco e representaban sindicatos
verticais e corpos profesionais, así como membros por razón dos seus cargos. A Lei Orgánica do
Estado de 1967 introduciu algúns dereitos e limitou minimamente o poder franquista. Os
avogados das Cortes eran elixidos por un sistema que limitaba o dereito ao sufraxio, con só
dúas eleccións directas por provincia. Os concellos estaban compostos por concelleiros
designados por eleccións dos veciños cabezas de familia, sindicatos locais e concelleiros
electos. O dereito de colaboración directa dos españois na sanción das Leis Fundamentais do
Estado estableceuse en 1945 pola Lei de Referendo, permitindo a participación de homes e
mulleres maiores de 21 anos, cando o consideraba Franco. O referendo utilizouse en dúas
ocasións: para aprobar a Lei de Sucesións en 1947 e a Lei Orgánica do Estado en 1967.
19.
A fin da Guerra Civil obrigou aos vencidos a poñerse a salvo do sistema represivo de
Franco. Arredor de 1940 aínda permanecian na cadea uns 300.000 españois, dos que
22.000 foron fusilados sen outra acusación que a de ser desafectos ao réxime; 7.000
mestres foron encarcerados, e dous terzos do profesorado universitario foi destituído
ou marchou ao exilio.A oposición ao réxime manifestouse, nesta primeira etapa do
franquismo, en dous ámbitos: os exiliados desde o exterior e a resistencia guerrilleira
no
interior

Resulta difícil conecer o seu número, e as cifras varían moito duns historiadores a
outros (entre 250.000 e 500.000).
Unha gran porcentaxe dos exiliados trasladouse a Francia onde nun primeiro momento
foron internados e campos de refuxiados.
A entrada dos alemáns en Francia (1940) durante a Segunda Guerra Mundial
provocou que moitos deles, considerados como perigosos polos ocupantes nazis,
fosen internados en campos de concentración (aproximadamente 13.000, dos que
sobreviviron unha sexta parte), ou devoltos a España (moitos foron executados nada
máis chegar).Outros refuxiados, de grao ou pola forza, quedaron enrolados nas filas
do exército francés que loitaba contra Hitler.
México, co Goberno de Lázaro Cárdenas) que xa axudara República durante a Guerra
Civil, seguiu aberto á recepción de exiliados, igual que a maioría das repúblicas de
América Latina. O Goberno republi-cano, no exilio tras a derrota militar en 1939,
acabou por establecerse neste país.
A Unión Soviética foi outro país importante de acollida, especialmente para os afiliados
do Partido Comunista. Mención especial merece o labor realizado cos nenos e nenas
que foron trasladados durante a guerra (uns 3.000, os coñecidos comanos nenos da
guerra, dos que moitos permaneceron na URSS
ata a fin do franquismo).
Non todos os exiliados saíron ao remate da Guerra Civil. Moitos tiveron que marchar
nos anos posteriores, cando comprenderon que era imposible refacer a súa vida como
consecuencia da forte represión exercida sobre eles polo réxime franquista.

O labor dos republicanos exiliados manifestouse e varias frontes: a política, cada vez
máis debilitada e que acabou por manter unha oposición case sim-bólica; as
manifestacións públicas na prensa e na radio dos países de acolli-da; a publicación de
ensaios e obras literarias que facian referencia á situación ditatorial española... O
polígrafo coruñés Salvador de Madariaga foi un dos máis constantes publicistas contra
o franquismo sintetizando coa súa actitude a posición dos republicanos contra a
ditadura de Franco.
Os partidos e grupos políticos que participara na Guerra Civil no bando republicano
quedaron nunha situación complexa, caracterizada pola falta de cohesión e obxectivos
comúns entre eles. No ano 1944 anarquistas e republicanos fundaron a Alianza
Nacional de Forzas Democráticas, co obxectivo de
restablecer as liberdades democráticas e convocar eleccións xerais e manti-veron
contacto con xenerais monárquicos convencidos de que o réxime franquista non
sobreviviría á derrota dos fascismos na Segunda Guerra Mundial, pero todo quedou
nun fracaso. Outro intento foi o que protagonizaron os monárquicos, defensores de
Xoán de Borbón, que, buscando os máximos apoios posibles, subscribiron un pacto
cos socialistas seguidores de Indalecio Prieto (Pacto de San Xoán de Luz, 1948) que
se rompeu pouco despois.

A guerrilla antifranquista estivo formada por grupos e partidos políticos que decidiron
organizar a protesta no interior do país empregando como arma fundamental a loita
armada. Nos primeiros momentos da guerra, os gue-rrilleiros, tamén coñecidos como
maquis nalgunhas zonas e noutras como os fuxidos, era xente escapada ao monte
coa idea e a esperanza de que podería regresar ao cabo duns días ás súas casas,
unha vez que o golpe militar estivese controlado. Pero a evolución dos feitos obrigou a
moitos destes fuxidos a organizar unha resistencia que durou, nalgúns casos, case
trinta anos.
En outubro de 1944 houbo n intento de invasión desde Francia, entrando polo val de
Arán, na que participaron uns 10.000 guerrilleiros (Operación Reconquista). O
obxectivo era provocar a caída do réxime franquista, aproveitando a debilidade dos
nazis na Segunda Guerra Mundial, pero a opera-ción saldouse cun rotundo fracaso
(130 mortos, case 600 feridos, numerosos consellos de guerra e condenas a morte).
A pesar do fracaso do val de Arán, incrementouse a actividade armada coa reación
das agrupacións guerrilleiras. Entre V944 e 1952 a actividade guerilleira fol moi intensa
en Asturias, León, Sistema Ibérico, Andalucia e Galicia (uns 10.000 guerrilleiros
aproximadamente). Nas guerrillas tiveron cabida todas as ideoloxías contrarias ao
réxime de Franco, pero a máis significativa foi a comunista, e do PCE procedía o
sentido organizativo, a conciencia política e a disciplina.

En Galicia a actividade da guerrilla foi extraordinaria, tanto polo número de guerrilleiros


como pola súa resistencia. A partir de 1950, e como consecuencia das consignas
chegadas de Francia de que se debía abandonar a resistencia armada e concentrar a
actividade na oposición política, a actividade da guerrilla descendeu
considerablemente, anda que seguían actuando algúns dos máis coñecidos, que foron
caendo nas mans da xustiza franquista e executados; Pancho (1954), Benigno
Andrade García, Foucellas, o máis emblemático (1952); outros morreron coas armas
na man, sendo Xosé Castro Veiga, Piloto, o derradeiro, en 1965. Nos enfrontamentos
coas forzas represoras tamén caeron moitos cargos da Garda Civil, xefes e oficiais do
exército, xefes locais da Falanxe, cregos adictos ao réxime, confidentes, etc.

A muller tamén xogou un importante papel na resistencia, non tanto como guerrilleira,
senón apoiando na retagarda, pero non por iso con menor perigo, pois as sentenzas
por colaboración era tan duras como as dos guerriIleiros.

O crecemento económica palenciou cambios sociais, pero no conseguia introducir


modificacions significativas no réxime poltico, polo que asequio ción foi en aumento.
" Cambios sociais
As melloras logradas polo desenvolvemento económico, as influencias estanxeiras a
través do turismo e da emigración, a infuencia dos medios de comunicación... fixeron
que a sociedade española dos anos sesenta fose cada vez más parecida á de Europa
occidental. máis urbanizada, dinámica, secularizada, aberta e cun mellor nivel de vida
con respecto ás décadas anteriores.
Estes cambios foron apreciables nos costumes e na vida cotiá en aspectos como:

o Mellora considerable da hixiene e a saúde, grazas á xeneralización da


Seguridade Social.
o Aumento mellora e variación dos produtos da dieta alimentaria
o Crecemengo da capacidade adquisitiva e maior acceso a bens de
consumo
o Inicio das viaxes familiares e en grupo nos períodos de vacacions
pagadas
o " Maiores posibilidades de posuír unha vivenda en propiedade grazas
aos programas de construción de vivendas protexidas
o Mellora do nivel de alfabetización polo descenso do analfabestismo
o adopción de atitudes menos intransixentes
o O impacto do Concilio Vaticano II orixinou tamén importantes cambios na
sociedade e no clero co nacemento das Comunidades de Base (
o Cambios na estética da moda:
o Importantes cambios nos gustos musicais
o No goce do tempo libre, o fútbol -Igualmente significativos son os cambios na
estrutura social:
o Aumento moi considerable das clases medias.
o Progresiva incorporación da muller ao mundo do traballo fóra do fogar.
o Lento pero imparable proceso de alteración da familia tradicional
.
Forzas de oposición
Ao tempo que se liberalizaba e melloraba a situación econômica, os anos sesenta
estiveron caracterizados pola intensificación da oposición, que demandaba a
restauración do sistema democrático. En 1963, nun intento de mellorar a súa
imaxe ante a opinión pública internacional, o Goberno creou o Tribunal de Orde
Pública (TOP), diminuíndo a actuación dos Tribunais Militares. Este Tribunal
estaba encargado de xulgar delitos políticos e de opi-nión contrarios ao réxime.
As principais frontes opositoras estiveron en:

•A Universidade. As primeiras manifestacións de protesta apareceron en febreiro de


1956, centradas en conseguir un sindicalismo de estudantes democrático que
substituíse ao oficial (SEU): pero a resposta do Goberno, , foi sempre dura
• O Movemento Obreiro. A partir dos anos sesenta as accións de protesta
multiplicáronse: folgas para conseguir melloras salariais e redución da xornada laboral,
En 1962,naceros na clandestinidade, unhas comisión obreiras que lograron
importantes éxitos electorais dentro da organización sindical oficial; foron o xermoTo
do sindicato Comisións Obreras (CC 0O).

En 1962-63 producironse os primeiros conflitos laborais graves (Asturias, Cataluña e


País Vasco); a represión sufrida por líderes, militantes ou simples simpatizantes
estimulou a afiliación e a votación nas eleccións sindicais aos representantes de CC
00, da UXT e doutros grupos sindicais clandestinos como a Fronte Sindical dos
Traballadores (vinculado a circulos católicos) e Unión Sindical Obreira (USO).

Un fito importante da protesta obreira (que combina reivindicacións proletarias con


esixencias de democraciatización) tivo lugar en Ferrol do 10 de marzo de 1972 cando,
como resultado do enfrontamento das forzas da orde pública cunha manifestación de
varios miles de persoas, resultaron feridos más de vinte traballado-res e dous caeron
mortos. Con motivo destes sucesos, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Miguel Ángel
Araujo, manifestou a súa protesta redactando un escrito que foi lido en todas as
igrexas da diocese; o texto era un ofrecemento ao diálogo e constitúe un cambio impor
tante na evolución do comportamento da Igrexa galega con respecto ao réxime. As
manifestacións de repulsa polos feitos de Ferrol esténdense por toda Galicia e na
factoria Citroên de Vigo iniciouse, aos pou-cos días, unha segunda folga que durante
vinte días mantivo á cidade en tensión. Estas folgas contribuiron poderosamente ao
desprestixio do réxime.

Igrexa Católica. Os cambios introducidos polo Concilio Vaticano |I modificaron o


comportamento dunha parte do clero español. En 1960, 339 sacerdotes asinaron un
documento, desautorizado pola xerarquía eclesiástica, denunciando os malos tratos e
a falta de liberdades. En 1971, unha asemblea conxunta de bispos e sacerdotes
presentou unha resolución na que se solicitaba a democratización, a recuperación dos
dereitos e liberdades e na que se solicitaba o perdón por non colaborar na reconci.
liación entre españois enfrontados na Guerra Civil. Desde finais dos anos 60 o
Vaticano trataba de revisar o Concordato de 1953, para eliminar o pri-vilexio de Franco
de presentar a terna para a elección de bispos, pero as circunstancias políticas
impediron chegar a acordos. En moitos puntos de España estaban xurdindo
movementos católicos de renovación entre a xuventude e o mundo obreiro como a
Xuventude Obreira Católica (JOC) e a Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC).
• A oposición política. Foi en aumento nos anos sesenta e comezos dos setenta: maior
actividade terrorista, incremento dos militantes e simpatizante da oposición interna
(que debía actuar de forma clandestina) e da solidariedade coa oposición desde o
exterior.

En 1959 fundouse ETA (Euzkadi Ta Askatasuna, Euskadi e Liberdade) como unha


forma radicalizada do nacionalismo vasco, dominado ata entón polo Partido
Nacionalista Vasco. Nace dun sector das Xuventudes do PNV e do grupo estudantil
EKIN, como "una organización clandestina revolucionaria que defende a loita armada
como medio para conseguir a independencia de Euskadi". As accións terroristas
levadas a cabo por ETA multiplicáronse rapi-damente tras o primeiro asasinato en
1968. O réxime responde coa Lei de represión de bandidaxe e terrorismo, polo que
pasaban á xurisdición militar todos os delitos de carácter sociopolítico, e establecía de
forma habitual o estado de excepción. Como resposta, aumentou a oposición vasca,
especialmente tras as sentenzas ditadas no Proceso de Burgos de 1970 contra
dezaseis etarras (nove penas de morte que logo foron conmutadas pola cadea
perpetua debido ás presións internacionais, incluída a petición de clemencia do Papa
Paulo VI).

En febreiro de 1962 o Goberno de Franco formulo a petición de entrada na


Comunidade Económica Europea. Desde o exilio, Salvador de Madariaga, inte lectual
español e presidente da Internacional Liberal, organizou, en xuño dese ano a
asistencia de destacados membros da oposición do interior e do exilio a unha reunión
do Congreso do Movemento Europeo reunido en Múnic Todos tiñan en común o
desexo de instaurar en España un sistema político democrático. A resolución
aprobada esixia aos países que quixesen entrar a formar parte dos organismos
europeos ter réximes democráticos. A prensa do rexime franquista cualificou este
Congreso como Contubernio de Múnic Moitos dos asistentes foron confinados ao seu
regreso a España, ou tiveron que exiliarse. Mentres, o Goberno organizaba
manifestación contra esta suposta inxerencia exterior nos asuntos internos de España

Entre os partidos obreiros destacou a actividade do PCE, que mantivo unha intensa
oposición ao franquismo tanto no interior, de forma clandestina, como no exilio. O
PSOE estivo dividido entre os socialistas do exilio (os his-tóricos) e os do interior (os
renovados).

Desde 1973 incrementouse a oposición, tanto en sectores tradicionalmente fieis ao


franquismo como nas forzas que se opuxeron desde os seus inicios.
• Disidencias políticas. Esperanzados polas reformas anunciadas o 12 de
febrero de 1974, diversos políticos e intelectuais pretenderon unha
transformación do réxime cara á posicións máis democráticas desde
dentro do propio sistema; a maioría deles formaron parte do grupo
Tácito) pseudónimo co que os seus compoñentes asinaban a maior
parte dos artigos periodísticos.
o Na Igrexa, tradicional apoio do réxime, aumentaron as críticas e o distan-
ciamento. O problema más grave foi o caso do bispo de Bilbao Antonio
Añoveros, orixinado pola defensa que este fixo nunha carta pastoral (febreiro
1974) do uso do éuscaro nas igrexas. Arias Navarro ordenou a expulsión do
bispo e, ante a ameaza de excomuñón, tivo que retirar a orde. A tensión foi
máxima, poñéndose de manifesto a progresiva perda de apoio de importantes
sectores da ligrexa ao réxime

o No exército, a oposición estivo representada pola Unión Militar Democrática,


organización fundada en agosto de 1974 que defendía que a institución militar
non fose un obstáculo no camiño cara á democracia. Deste modo o exército,
principal soporte do réxime autoritario de Franco, mostraba que xa non era a
institución monolítica de anos atrás, e que moitos oficiais novos eran
partidarios dun réxime democrático.
o Os obreiros e os universitarios intensificaron a súa actividade a través de
folgas, manifestación e protestas agravadas pola crise económica e a falta de
liberdades.
o A actividade terrorista contribuíu ao clima de malestar social con numerosos
atentados de ETA, FRAP (Fronte Revolucionario Antifascista e Patriótico) e
GRAPO (Grupos de Resistencia
Antifranquista Primeiro de Outubro).

A pesar de todo, o réxime non cedía. En marzo de 1974 era executado o anarquista
Salvador Puig Antich (o derradeiro por garrote), o que orixinou numerosas condenas
internacionais do réxime de Franco; e en agosto de 1975 aprobouse unha nova lei
antiterrorista que ampliaba a aplicación da pena de morte. En varios consellos de
guerra ditáronse once penas de morte para implicados en actos terroristas. As petición
de clemencia chegaban de todas as estancias: os bispos, o Papa, diversos gobernos
estranxeiros. pero cinco dos condenados foron fusilados en setembro de 1975 (3 do
FRAP e 2 de ETA).

Os partidos e organización antifranquistas iniciaron un proceso de unidade para


restablecer a democracia en España. En xullo de 1974, por iniciativa do líder do PCE
Santiago Carrillo, constituíuse en París a Xunta Democrática e en xuño de 1975
organizouse a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. Os
contactos entre ambas deron como resultado a (Plataxunta (outubro1975).
Paralelamente, o PSOE resolvía no Congreso de (Suresnes (Francia, outubro 1974) a
crise aberta entre os afiliados do interior (os renovados) e os do exilio (os históricos)
coa elección de Felipe González
como secretario xeral.

20.

A actividade econômica non recuperou os índices da preguerra ata ben entrados os


anos cincuenta. A sociedade española sufriu un retroceso xeral
na súa calidade de vida, tendo que recorrer moitas veces ao mercado negro ou
retornando ao campo para poder conseguir os imprescindibles produtos de primeira
necesidade.
• O período autárquico. 1939-1950
A política económica da posguerra, inspirada nos fascismos europeos, carac-terizouse
pola autarquía e a intervención estatal; o seu obxectivo era lograr
a autosuficiencia económica para no depender economicamente do exte-rior,
impulsando a produción interior e dificultando as importacións mediante a imposición
de elevados aranceis.
• Na agricultura descendeu a produción (escaseza de abonos, falta de maquinaria,
baixa produtividade...) e houbo problemas no abastecemento de alimentos. O Servizo
Nacional de Reforma Económica e Social da Terra continuou a contrarreforma agraria
iniciada durante a Guerra Civil en beneficio dos grandes propietarios e terratenentes
(devolvendo as
terras aos seus antigos propietarios). Para incrementar a produción agraria a través da
explotación de novas terras organizouse o Instituto Nacional de Colonización, que
entre os anos 1945 e 1970 construíu máis de 300 novos núcleos de colonización. Para
evitar a excesiva parcelación das propiedades.
en 1952 foi aprobada a Lei de Concentración Parcelaria. Os resultados económicos
destas medidas foron escasos, a pesar da propaganda oficial que delas se fixo.
• Na industria seguiuse a política intervencionista e de fortes restricións legais aos
investimentos estranxeiros. Creouse o Instituto Nacional de Industria (INI, 1941) para o
control da produción dos sectores industriais básicos, cuxo maior inversor e promotor
era o Estado. A dependencia tec-nolóxica do estranxeiro impedía alcanzar o obxectivo
da política industrial oficial: a redución drástica das importacións.
*• Nos transportes destacou a nacionalización da rede de ferrocarris de vía ancha (as
de vía estreita -FEVE- quedaba en mans da iniciativa privada) e a creación, en 1941,
de RENFE (Rede Nacional de Ferrocarris Españois). A medida non serviu para
modernizar o sector e non se apro-veitaron as circunstancias favorables que ofrecian
uns anos nos que a competencia da estrada era reducida debido á escaseza de
combustible e veículos.
• Na política fiscal iniciouse unha reforma baseada nas contribucións
directas e nos impostos sobre beneficios extraordinarios e de Usos e Consumos, o
que supuxo un considerable aumento da recadación, anda que non se establecía a
declaración obrigatoria das rendas obti-das polo traballo nin pola posesión do
patrimonio.

As transaccións comerciais estaban fortemente intervidas polo Estado; o comercio


exterior organizábase a través dun sistema de licencias e acordos bilaterais, mentres
que o interior estaba reglamentado pola Comisaría de Abastecementos e Transportes
(1939), a Fiscalía de Taxas (1940) e a Xunta Superior de Prezos (1941).

A autarquía, defendida polo réxime e obrigada polo illamento internacional, mostrouse


ineficaz e, a pesar de todas as reformas, dominaba a escaseza, a inflación e o
estancamento da produción cun importante desenvolvemento do mercado negro
(comercio ilegal coñecido popularmente como estraperlo). Foron anos de carestía a
todos os niveis; como exemplos, as cartillas de racionamento para controlar a venda
dos alimentos básicos e evitar o seu desabastecemento, e o emprego do gasóxeno
como carburante substitutivo do petróleo.
Nos anos cincuenta iniciouse a recuperación económica, situación á que contribuíron
poderosamente dos factores: as boas colleitas dos primeiros anos da década, que
permitiron ter excedentes agrícolas (supresión da cartilla de racionamento do pan en
1952), e as importantes cantidades de divisas, materias primas, fon-tes de enerxía e
bens de equipo proporcionados polos acordos con EE UU (que marcaron a fin do
illamento). Exemplo do impulso industrializador foi a fundación da Sociedade Española
de Automóbiles de Turismo (SEAT, 1950). En 1953 a empresa Autonacional S.A. de
Barcelona comezou a fabricar un pequeno coche, o biscuter, símbolo dunha época. A
remodelación do Goberno en 1957, coa entrada dalgúns técnicos, abriu o camiño a
novas medidas económicas que foron modificando a política autárquica e abrindo a
economía aos investimentos estranxeiros, medidas que culminaron en 1959.
A poboación española experimentou nos anos cincuenta importantes cambios:
aumento da taxa de natalidade e da poboación; redución da poboación activa agraria e
aumento da industrial e de servizos; as migracións do campo a cidade incrementaron
o proceso de urbanización, especialmente en Madrid e Barcelona.
Os cambios económicos e sociais orixinaron, a pesar da prohibición, as pri-
meiras protestas obreiras provocadas polas malas condicións de vida dos
traballadores nas cidades (Manresa 1946; Bilbao 1947). A máis destacada deste
período foi a protesta de 1951 e Barcelona contra a subida do prezo dos tranvías; ante
a reacción popular a non utilizalos durante varios días, a
Compañía tivo que anular a subida. Era a primeira vez que baixo o réxime de Francio
se producía un movemento de rebeldía que escapaba ao control das autoridades, que
foron destituídas.
os anos sesenta e comezos dos setenta estiveron marcados por un impor ante
desenvolvemento económico. Homes próximos ao Opus Dei e Dolfi cos con sólida
formación técnica controlaron os gobernos, de al que este período sexa coñecido
como autoritario-tecnocrático. En paralelo co desen-volvemento económico
producironse importantes cambios na sociedade española, que non foron
acompañados do cambio político. Este inmobilismo provocou o aumento xeral da
oposición.

Os problemas económicos que viña arrastrando España desde o inicio da política de


autarquía (inflación incontrolada, forte déficit co exterior, escaseza de materias primas
industriais, de fontes de enerxía...) evidenciaban a necesidade de dar á economía un
xiro radical. As medidas adoptadas deron bos resultados e o crecemento económico
español foi, nalgúns sectores, espectacular. Estas medidas económicas estiveron
favorecidas pola progresiva aceptación do réxime franquista e a integración de España
no bloque occidental ou capitalista.

Foi un programa de reformas realizado por un equipo de ministros e de altos Cargos


técnicos (os denominados tecnócratas) que contou co apoio do fondo Manecas os
denominados er obxectivo era abandonar o modelo autárquico e intervencionista para
establecer un modelo basado na liberalización económica, mais acorde coa economía
capitalista occidental. Os principais aspectos do Plano de Estabilización eran:

o Flexibilidade da economía mediante a liberalización dos prezos, supre-sión dos


intervencionismos estatais innecesarios, restablecemento da
libre competencia e reaxuste da política laboral, vinculándose o aumento
salarial ao aumento da produtividade.
o A política monetaria establecia maior elasticidade dos tipos de xuro aplicados
polo Banco de España.
o No sector exterior estableceuse a paridade da peseta e a liberalización dos
intercambios comerciais e os investimentos estranxeiros.
o No sector público, o Goberno comprometiase a axustar os gastos aos
ingresos, reducir a inflación, mellorar o rendemento do sistema fiscal e evitar o
excesivo peso do déficit da empresa pública sobre o orzamento estatal.

O éxito más destacable do Plano de Estabilización foi sentar as bases para iniciar o
forte crecemento da década dos anos sesenta, así como o abandono definitivo do
modelo autárquico. A otra cara da moda foi a crise que provocou o reaxuste de
salarios (aumento do paro e unha forte emigración); porén, esta crise estaba superada
(agás a emigración) arredor de 1962, ano no que se puxeron en práctica medidas
expansivas que foron decisivas para o desenvolvemento dos anos seguintes.

Entre 1960 e 1973 España viviu un período de espectacular crecemento económico


grazas aos efectos do Plano de Estabilización e ás reformas e medidas establecidas
nos Planos de Desenvolvemento, elaborados por un grupo de tecnócratas dirixidos por
Laureano López Rodó. Os Planos foron tres: I (1964-66), II (1969-72) e III (1972-75).
Todos eles centraron a súa aten-ción preferente no desenvolvemento da industria, o
sector que se conside-raba esencial para lograr o crecemento económico.
Os seus obxectivos eran; aumentar ao máximo o crecemento do produto nacional;
alcanzar o pleno emprego; potenciar a progresiva integración da economía española
na economía mundial; lograr unha distribución mais equitativa da renda, e facer máis
flexible o sistema económico

Os Polos de Desenvolvemento e Promoción Industrial foron creados para corrixir os


desequilibrios rexionais, potenciando novas industrias mediante unha serie de
medidas favorables (exencións fiscais, terreo industrial barato, subvencións para
instalalas...). Deste modo, localidades que praticamente non tiñan ningún tipo de
instalación fabril contaron con instalacións industriais (no l Plano: A Coruña, Vigo,
Burgos, Valladolid, Zaragoza, Huelva e Sevilla; no Il: Oviedo, Logroño, Córdoba e
Granada). Complemento dos Polos de Desenvolvemento foron as Grandes Áreas,
creadas co mesmo obxectivo de
corrixir os desequilibrios rexionais.

o O sector industrial experimentou un espectacular crecemento e diversificación,


o que permitiu que España se situase como a décima potencia do mundo
ocidental en 1974.
o As industrias de base, especialmente a siderurxia, resultaron moi beneficiadas
o As de bens de consumo creceron considerablemente, sobre todo a do
automóbil (o popular modelo 600 fabricado pola SEAT en Barcelona
converteuse no símbolo da nova sociedade de consumo); en Valladolid
instalouse a FASA-RENAULT que tamén produciu modelos económicos
e populares (o catro latas).
o Instaláronse refinerías para a transformación e refinado de petróleo.
o Mantivose a industria mineira tradicional (carbón), a pesar da súa escasa
rendibilidade.
o Potenciouse a produción hidroeléctrica a partir da construción de encoros.
A inauguración por Franco deste tipo de instalacións acabou sendo unha imaxe
familiar para os españois.En Galicia construfronse 12 grandes encoros entre
1949 e 1975 (Belesar, As Portas, Portodemouros, San Estevo, As Cunchas, Os
Peares ..), a metade deles explotados por FENOSA.
* O sector agrario non participou na mesma medida que o industrial do
desenvolvemento. Aumentou a gandería vacúa e a importación de razas selectas,
pero retrocedeu o gando lanar. Foi importante a mecanización e introdución de
melloras tecnicas (fertilizantes, insecticidas, herbicidas, especialización de produtos e
zonas...).
o Nos restantes sectores económicos, existen fortes diferenzas:
o A construción experimentou un extraordinario auxe ao ritmo do crece-mento
urbano e das novas áreas urbanizadas, especialmente as costei-ras para
atender as necesidades do turismo, que experimentou un
o espectacular incremento.
o Tamén foi importante o incremento na construción de estradas e inicio
o das primeiras autoestradas.
o O turismo experimento un crecemento espectacular, contribuíndo ao
desenvolvemento económico, especialmente nas zonas costeras
mediterráneas polas favorables condicións climatolóxicas (turismo de sol e
praia).
o A balanza comercial mantívose negativa, pola importación de abundante
material para a industria (ata o 70 % do total das importacións)
e a dependencia tecnolóxica e financeira do exterior.
Os datos económicos globais evidencian con claridade este crecemento: o
PNB, que diminuira entre 1935 e 1950, medrou lentamente na década dos cincuenta
para facelo un modo espectacular a partir dos anos sesenta. A renda per capita, que
en 1964 era de 660 $, en 1972 ascendía a 1.239 $, aínda que seguía sendo inferior á
media europea.
Pero este desenvolvemento económico interno non foi capaz de absorber a man de
obra excedente, polo que na década dos sesenta se produciu un forte incremento da
emigración, tanto no interior da Península desde as zonas agrarias ás industrializadas,
como cara a exterior, especialmente aos
países europeos.

O crecemento económico non estivo exento de problemas e escándalos, entre os que


destacou o de MATESA, unha empresa catalá de maquinaria téx-til na que foi
descuberto en agosto de 1969 un importante fraude financeiro no que estaban
involucrados membros do Goberno. Por outra parte, o cre-cemento económico no tivo
practicamente en conta as repercusións de tipo ambiental (instalación de industrias
contaminantes con escaso control en zonas poco axeitadas, urbanismo salvaxe nas
costas) nin de impacto no urbanismo das cidades (especulación do chan, chabolismo,
construción de mala calidade..).

A crise enerxética de 1973 (producida pola subida dos prezos do petróleo decidida
pola OPEP) e o inicio dun novo ciclo tecnolóxico afectaron gravemente a economía
mundial. Os países ocidentais más industrializados reduciron o consumo de petróleo,
e iniciaron un proceso de reconversión industrial. Pero o Estado franquista non
adoptou ningún tipo de medidas e a crise sacou á luz os defectos estruturais do
desenvolvemento económico dos anos sesenta: a dependencia tecnolóxica do
estranxeiro, o elevado endebedamento da empresa pública, a necesidade de
reconverter a industria e adaptala ás novas necesidades, o aumento do paro... O
milagre español remataba.

21.

Os últimos anos do franquismo foron os máis axitados. A prosperidade eco-nómica


dos anos sesenta (freada pola crise económica de 1973) fixo xurdir unha ansia xeral
de cambio e de maiores liberdades. Incluso nas filas franquistas urdiron diferenzas
entre os sectores máis conservadores e aqueles
que pretendían unha moderada apertura.

O ano 1973 resultou especialmente grave para Franco e o seu réxime. O deterioro
físico do ditador e as dificultades económicas e políticas do seu réxime anunciaban a
fin.

A crise enerxética de 1973 (producida pola subida dos prezos do petróleo decidida
pola OPEP) e o inicio dun novo ciclo tecnolóxico afectaron gravemente a economía
mundial. Os países ocidentais más industrializados reduciron o consumo de petróleo,
e iniciaron un proceso de reconversión industrial. Pero o Estado franquista non
adoptou ningún tipo de medidas e a crise sacou á luz os defectos estruturais do
desenvolvemento económico dos anos sesenta: a dependencia tecnolóxica do
estranxeiro, o elevado endebedamento da empresa pública, a necesidade de
reconverter a industria e adaptala ás novas necesidades, o aumento do paro... O
milagre español remataba.
En 1973, de acordo coa Lei Orgánica do Estado, Franco continuou exercendo a
xefatura do Estado pero en maio cedeu a presidencia do Goberno ao seu máis fiel
colaborador: Luis Carrero Blanco, o home da súa máxima confianza, que representaba
o imobilismo do sistema, ao denominado búnker.

Pero o novo Goberno case non tivo tempo de se estrear porque o 20 de decembro de
1973 Carrero falecía vítima dun atentado de ETA (operación ogro). Este magnicidio
político afectou profundamente a Franco: desde un punto de vista político, Carrero
representaba a continuidade do réxime, a salvagarda das súas esencias, era a figura
clave do futuro da ditadura; desde un punto de vista persoal, representaba a fidelidade
á persoa e á obra de Franco durante case corenta anos. As bágoas vertidas por
Franco no seu funeral eran moi elocuentes.

Tras a morte de Carrero, Franco nomeou como novo presidente ao ministro de


Gobernación, Carlos Arias Navarro, unha personalidade poco relevante dentro dos
grupos afíns ao réxime; era esencialmente un franquista partidario da liña dura. En
febrero de 1974 presentou nas Cortes un programa de goberno no que anunciaba una
serie de reformas popularmente coñecidas como o espirito do 12 de febreiro maior
liberdade de prensa, elección de alcaldes, creación de asociación políticas, maior
liberdade xudicial e reforma da lei sindical.
Estes débiles intentos renovadores chocaron coa negativa a introducir cambios por
parte dos sectores máis inmobilistas. O caso máis significativo foi o do ministro de
Información e Turismo Pío Cabanillas, que foi destituido por intentar ampliar a
liberdade de prensa. Ante este Inmobilismo, a oposición ao réxime incrementouse con
forza.

Desde 1973 incrementouse a oposición, tanto en sectores tradicionalmente fieis ao


franquismo como nas forzas que se opuxeron desde os seus inicios.
• Disidencias políticas. Esperanzados polas reformas anunciadas o 12 de
febrero de 1974, diversos políticos e intelectuais pretenderon unha
transformación do réxime cara á posicións máis democráticas desde
dentro do propio sistema; a maioría deles formaron parte do grupo
Tácito) pseudónimo co que os seus compoñentes asinaban a maior
parte dos artigos periodísticos.
o Na Igrexa, tradicional apoio do réxime, aumentaron as críticas e o distan-
ciamento. O problema más grave foi o caso do bispo de Bilbao Antonio
Añoveros, orixinado pola defensa que este fixo nunha carta pastoral (febreiro
1974) do uso do éuscaro nas igrexas. Arias Navarro ordenou a expulsión do
bispo e, ante a ameaza de excomuñón, tivo que retirar a orde. A tensión foi
máxima, poñéndose de manifesto a progresiva perda de apoio de importantes
sectores da ligrexa ao réxime

o No exército, a oposición estivo representada pola Unión Militar Democrática,


organización fundada en agosto de 1974 que defendía que a institución militar
non fose un obstáculo no camiño cara á democracia. Deste modo o exército,
principal soporte do réxime autoritario de Franco, mostraba que xa non era a
institución monolítica de anos atrás, e que moitos oficiais novos eran
partidarios dun réxime democrático.
o Os obreiros e os universitarios intensificaron a súa actividade a través de
folgas, manifestación e protestas agravadas pola crise económica e a falta de
liberdades.
o A actividade terrorista contribuíu ao clima de malestar social con numerosos
atentados de ETA, FRAP (Fronte Revolucionario Antifascista e Patriótico) e
GRAPO (Grupos de Resistencia
Antifranquista Primeiro de Outubro).

A pesar de todo, o réxime non cedía. En marzo de 1974 era executado o anarquista
Salvador Puig Antich (o derradeiro por garrote), o que orixinou numerosas condenas
internacionais do réxime de Franco; e en agosto de 1975 aprobouse unha nova lei
antiterrorista que ampliaba a aplicación da pena de morte. En varios consellos de
guerra ditáronse once penas de morte para implicados en actos terroristas. As petición
de clemencia chegaban de todas as estancias: os bispos, o Papa, diversos gobernos
estranxeiros. pero cinco dos condenados foron fusilados en setembro de 1975 (3 do
FRAP e
2 de ETA).

Os partidos e organización antifranquistas iniciaron un proceso de unidade para


restablecer a democracia en España. En xullo de 1974, por iniciativa do líder do PCE
Santiago Carrillo, constituíuse en París a Xunta Democrática e en xuño de 1975
organizouse a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. Os
contactos entre ambas deron como resultado a (Plataxunta (outubro1975).
Paralelamente, o PSOE resolvía no Congreso de (Suresnes (Francia, outubro 1974) a
crise aberta entre os afiliados do interior (os renovados) e os do exilio (os históricos)
coa elección de Felipe González
como secretario xeral.

A saúde de Franco foise deteriorando desde 1974. Aínda así, o 1 de outubro de 1975,
con motivo do aniversario do seu ascenso á xefatura do Estado, organizouse un acto
multitudinario na Praza
de Oriente no que Franco pretendía demostrar ao mundo enteiro que seguía contando
co apoio popular. Foi o seu derradeiro discurso. 0 5 de outubro sufriu o primero infarto
e na semana seguin-te presentáronse todo tipo de complicacións (infartos, hemo-
rraxias internas) que lle ocasionaron unha longa agonía.A súa morte tivo lugar o 20 de
novembro de 1975, xusta-mente trinta e nove anos despois da morte de José Antonio
Primo de Rivera. Foi enterrado o día 23, ao lado do fundador da Falanxe, na igrexa do
Val dos Caídos. No seu testamento político, ido aos españois por televisión por Carlos
Arias Navarro, reiteraba as ideas básicas nas que sustentara o réxi-me desde 1936: o
catolicismo como base do seu ideario polí-tico, unidade da patria, autoritarismo,
rexeitamento da democracia e do liberalismo.

Entre 1975-morte de Franco- e 1978-aprobación da Constitución- transco. treu a etapa


denominada transición democrática, que presenta os seguin.
tes trazos:
o Foi un proceso graduado no tempo, é dicir, que os principais responsables
políticos organizaron, por prioridades, as tarefas básicas: desvinculación do
sistema ditatorial, constitución formal da democracia, control civil do exército.
reforma económica, normalizacion do funcionamento das institucións e
mecanismos democráticos.
o Estivo baseado nun equilibrio entre a reforma e a ruptura que permitiu a
desaparición, desde a legalidade, das institucións franquistas sen ter que
recorrer á ruptura revolucionaria.
o Foi posible grazas ao consenso (a historia feita por todos) baseado en acordos
entre as forzas políticas, así como na autolimitación das elites políticas que
maioritariamente apostaban pola democracia. O consenso das forzas políticas
fixo posible que a transición da ditadura á democracia se realizase en paz e
orde, valores unicamente alterados pola actividade de grupos extremistas que
recorreron á acción terrorista coa intención de aleraro proceso.
• Os cambios acordados polas forzas políticas foron lexitimados mediante a consulta
popular: referendo da Lei de Reforma Política, eleccións de 1977, referendo da
Constitución de 1978.

Grazas a este proceso pactado, España quedou configurada, desde 1978, como un
Estado social e democrático de Dereito, que adopta a forma política da monarquía
parlamentaria baseada na soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo ideolóxico e a
convivencia democrática.

O 20 de novembro de 1975, e seguindo as disposicións esta-blecidas por Franco,


puxéronse en marcha os mecanismos legais para garantir a continuidade do réxime
franquista na figura de Xoán Carlos de Borbón e Borbón. O día 21 foi nomeado capitán
xeneral dos tres exércitos e, logo de xurar as Leis Fundamentais do Reino, o día 22 foi
proclamado rei de España ante o pleno das Cortes españolas e do Consello do Reino.
Momentos despois, o novo rei pronunciou o seu primeiro discurso oficial. Con
lembranzas á figura de Franco e á tradición, apuntaba tenues referencias de
renovación; a
moderación do discurso foi do agrado dos representantes do réxime franquista, e
confirmaba o desdén da oposición democrática, que vía no novo rei un mero
continuador da obra de Franco.

O día 27 realizouse a cerimonia de coroación do rei na igrexa dos xerónimos de


Madrid. Durante a cerimonia, o cardeal Vicente Enrique Tarancón pronunciou unha
homilía na que expuxo a postura da Igrexa ante as novas circunstancias.

O novo rei accedía ao trono en aplicación da legalidade franquista, pero seguía sen
resolverse o problema da lexitimidade dinástica, pois os dereitos históricos da Coroa
seguían correspondendo a seu pai, Xoán de Borbón. A solución demorouse ata o 14
de maio de 1977 cando, de modo oficial, foron cedidos estes dereitos de pai a fillo.
Xoán Carlos l iniciou o seu reinado tomando as primeiras decisións: mantivo como
presidente de Goberno a Carlos Arias Navarro, e nomeou (3-12-1975) como
presidente do Consello do Reino e das Cortes a Torcuato Fernández-Miranda, persoa
da súa máxima confianza

Presido polo franquista Carlos Arias Navarro, o primeiro Goberno da Monarquía tivo
unha composición heteroxénea e nel estaban representadas todas as familias do
réxime, así como personalidades de prestixio consideradas reformistas (Manuel Fraga,
José María de Areilza, Adolfo Suárez, Rodolfo Martín Villa), pero desenvolveu unha
política continuista consistente na defensa da permanencia do modelo franquista coa
concesión dalgúns dereitos.

Mentres o Goberno de Arias e o búnker franquista (o sector más pechado a calquera


tipo de cambio) paralizaba todo intento de reforma, nas rúas, especialmente dende
xaneiro de 1976, a conflitividade laboral foi en aumento.As folgas e as protestas eran
tanto económicas (negociación dos convenios colectivos, impacto da crise económica
na subida dos prezos) como políticas (presión para acelerar os cambios, reivindicación
nacionalistas, especialmente en Cataluña). As xornadas máis tráxicas aconteceron en
Vitoria-Gasteiz, onde o 3 de marzo, unha asemblea obreira (celebrada nunha igrexa)
foi reprimida pola policía, resultando cinco mortos e centos de feridos.

Pola súa parte, a oposición democrática, esixía o restablecemento inmediato da


democracia e a ruptura coas institución do sistema franquista. As diversas forzas da
oposición democrática fusionáronse na Coordinación Democrática que, a finais de
marzo de 1976, redactou un programa asumido pola maioría dos grupos políticos e
sindicais.
Mentres, o monarca realizo dúas importantes viaxes: unha por España e outra a EEUU
durante a que pronunciou un discurso no Congreso norteamericano que contribuíu a
consolidar o apoio internacional ás súas ideas reformistas. Ante o inmobilismo do
presidente Arias, que demostraba a súa ineficacia para afrontar as necesarias
reformas democráticas, as presións do monarca fixeron que presentase a súa dimisión
o 1 de xullo de 1976.

O labor conxunto e coordenado de Suárez na presidencia do Goberno, Torcuato


Fernández Miranda na presidencia das Cortes e o propio Rei, fixo posible que se
iniciasen os cambios políticos.
Tras aceptar a dimisión de Arias, o rei designou a Adolfo Suárez novo presidente de
Goberno (3-7-1976) ante a sorpresa de todos e a decepción da oposición, pois parecía
representar a liña continuista do franquismo, epoca na que desempeñara importantes
cargos (gobernador civil de Segovia, director xeral de Radiodifusión e Televisión,
ministro secretario nacional do Movemento).

Para facilitar a posta e prática do seu programa de reformas, nun Consello de


Ministros celebrado na Coruña o 30 de setembro de 1976, foi decretada unha amnistía
para todos os presos políticos, agás os acusados de delitos de sangue.

Como instrumento legal para articular a transición desde as institucións da ditadura a


unhas novas institucións democráticas, foi elaborado por TorcuatoFernández Miranda
un proxecto de lei, e agosto de 1976, coa idea de chegar á democracia parlamentaria
desde a legalidade vixente (da lei á lei) mantendo a paz social e o control do proceso
pola Coroa e o Goberno.
En setembro de 1976, Suárez reuniu á cúpula militar e logrou que aprobase o seu
proxecto de reforma; os militares aceptaron sempre e cando non se legalizase o
Partido Comunista. Despois someteuno á aprobación do Consello Nacional do
Movemento, que informou positivamente con algunhas emendas (80 votos a favor, 13
e contra e 6 abstencións).
Superados estes trámites, Suárez presentou a Lei para a Reforma Política nas Cortes
orgánicas franquistas, onde foi defendida por Miguel Primo de Rivera y Urquijo.

As Cortes aprobaron maioritariamente a LRP (425 votos a favor, 59 en contra, 13


abstencións e 34 ausencias). Deste de modo, as derradeiras Cortes franquistas
votaron a súa autodisolución (de aí que popularmente fosen denominadas Cortes
haraquiri). Iniciábase a voadura controlada do franquismo.

Tras a aprobación polas Cortes, a LRP foi sometida a referendo o 15 de decembro de


1976 No seu conxunto, a oposición democrática mantiña as teses rupturistas e pediu a
abstención no referendo. Os franquistas solicitaron o non, mentres que o Goberno
empregou todos os seus medios (espe-cialmente a prensa e a televisión) para
conseguir o voto afirmativo. Os resultados do referendo mostraban claramente a vitoria
do proxecto refor-mista: participación do 77,4 % do censo electoral e 94,2 % de votos
afirmati-vos. Estes resultados significaban a derrota do búnker franquista e da
oposición rupturista e o triunfo das propostas de Suárez.

Na oposición a Suárez e ao seu programa de reformas destacaron dúas fron-tes: a


dos políticos franquistas e grupos de extrema dereita (o búnker e os ultras), contrarios
a todo tipo de cambios, e a dos grupos terroristas ETA e GRAPO (Grupos de
Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro).
Paralelamente, o Goberno de Adolfo Suárez foi tomando otras medidas reformistas
entre as que destacan: a renuncia da Coroa o privilexio de presentación de bispos; a
ampliación da tolerancia pública (que permitía unha ampla liberdade de expresión);
entrevistas selectivas e individuais cos líderes da oposición política para conseguir o
respaldo á vía reformista a cambio da
súa legalización...

Estas medidas provocaron a reacción da ultradereita e da ultraesquerda.


As protestas destes grupos contra os cambios alcanzaron o punto máis grave a finais
do mes de xaneiro de 1977 (semana negra da transición). Grupos da ultradereita
asasinaron a varios estudantes e protagonizaron a masacre realizada contra avogados
laboralistas vinculados ao PCE (matanza de Atocha).Ao mesmo tempo, o grupo
terrorista de ultraesquerda GRAPO asasinaba a varios policías e gardas civis e
secuestraba a xeneral Villaescusa (presiden-te do Consello Supremo de Xustiza
Militar) e a Antonio de Oriol (presidente do Consello de Estado).

Unha vez afianzada a súa autoridade tras o resultado favorable sobre a LRP, Suárez
tiña que convocar as eleccións xerais. Para podelas realizar democra-ticamente,
recoñeceu o dereito de asociación política, que permitiu a legalización de numerosos
partidos políticos, agás os comunistas; tamén reconeceu os sindicatos e disolveu o
Movemento Nacional (1-4-1977).

A principal dificultade estivo na legalización do Partido Comunista. Era un problema


que había que resolver para que as eleccións fosen autenticamente democráticas.
Ante a sorpresa xeral, Suárez anunciou a legalización do Partido Comunista o 9 de
abril de 1977 (sábado santo rojo) logo de manter entrevistas secretas co seu
secretario xeral, Santiago Carrillo. A cambio da súa legalización, o PCE aceptaba as
peticións de Suárez: a monarquía como forma de goberno, a bandeira bico-lor, a
unidade de España e a democracia. A legalización do PCE provocou un forte malestar
entre membros destacados do exército e a dimisión do ministro de Mariña, pero
contaba co beneplácito do rei.

O Goberno fixou as eleccións xerais para o 15 de xuño. O anuncio acelerou a creación


de numerosas formacións políticas que desexaban concorrer a elas dando lugar a
unha interminable sopa de siglas; presentaron documentación 111 partidos dos que
foron legalizados 78, rexeitados 26 e disoltos 7.
Paralelamente a todo este proceso, regresaron a España moitos dos exilia-dos: Rafael
Alberti, Dolores Ibárruri, Federica Montseny...

A normativa electoral establece que, para a elección dos deputados do Congreso, as


candidaturas elaboradas polos partidos, federacións ou coali-cións que se formasen,
debían ser completas, bloqueadas e pechadas. A elección faríase por criterios de
representación proporcional corrixidos pola regra D'Hont. No entanto, para o Senado,
o sistema era de candidaturas indi-viduais (anda que elaboradas polos partidos) e os
senadores elixidos por criterios de representación maioritaria
Coa finalidade de obter mellores resultados nas eleccións, moitos grupos políticos
agrupáronse segundo as súas afinidades ideolóxicas. Manuel Fraga aglutinou ao seu
arredor as forzas da dereita formando Alianza Popular.As forzas de centro
(democratacristiáns, liberais e socialdemócratas) formaron a coalición Unión de Centro
Democrático (UCD), liderada por Adolfo Suárez. Os socialistas presentáronse
divididos entre o PSOE dirixido por Felipe González e o Partido Socialista Popular
(PSP) de Tierno Galván. O PCE presentouse en solitario, confiando en conseguir o
apoio maioritario da esquerda. Os candidatos a presidente de Goberno pronunciaron o
seu discurso de petición de voto na televisión na véspera das eleccións, pechando a
campaña Adolfo Suárez.
Nas eleccións do 15 de xuño a coalición gobernamental UCD conseguiu a vitoria
cunha maioría relativa de escanos; O PSOE foi a segunda forza más votada; o PCE
ocupou o terceiro lugar e AP foi cuarta; unicamente obtiveron representación as forzas
nacionalistas de Cataluña e do País Vasco. Nin a extrema dereita nin a extrema
esquerda lograron escano.

As Cortes formadas tras as primeras eleccións democráticas de xuño de 1977 tiñan


como misión elaborar unha Constitución que deseñase o novo modelo de Estado da
España monárquica e democrática. O 22 de agosto de 1977 constituíuse no Congreso
unha comisión, formada por sete deputados, encargada de redactar o borrador do
proxecto constitucional. Tras a súa pre-sentación, abriuse un prazo para presentación
de emendas (1.133) e, tras ser debatidas en comisión e pleno, foi aprobada polas
Cortes. O pobo español aprobouna no referendo do 6 de decembro de 1978.

Entre as caractersticas da Constitución de 1978 destacan:


o E unha Constitucion de consenso, resultado do acordo entre os diversos
partidos políticos con proxectos distintos e incluso antagonicos.
o .A ambiguidade e o eclecticismo, xa que está redactada dunha forma
intencionadamente ambigua que permite e posibilita distintas interpretacións.
Para algúns constitûe un inconveniente porque produce inseguridade: para
outros. constitue a sua principal virtude, porque permite gobernar aos partidos
da dereita e da esquerda sen necesidade de modificala, rectiticando asi os
vellos erros históricos de que cada ideoloxia truntante tivese que elaborar unha
nova. Constitución a sua medida.
o Progresista e democrática, polo seu contido e os mecanismos estabi dos para
a participación popular.
o A extensión, pois é mais longa de todas as Constitucións españolas.
o A rixidez, porque o procedemento de reforma que establece esixe unha
votación favorable dos 3/5 de ambas Cámaras e a ratificación popular en
referendo.
o Estrutura tradicional, organizada en dúas partes ben diferenciadas: unha
dogmatica, que recolle os grandes principios e definicións que deben inspirar o
desenvolvemento da sociedade e do Estado, asi como do conxunto de dereitos
fundamentais da persoa e unha parte orgánica, que recolle a organización do
Estado, establece a división dos seus poderes, a organización territorial e a
distribución de competen cias a entidades territoriais de distinto signo e o
proceso da sua reforma(Títulos II ao X).
o España definese como un Estado social e democrático de Dereito, o que
significa que todos os individuos e organismos, tanto públicos como pri-vados,
teñen que actuar segundo a Constitución e o ordenamento xuridi-co. O
cualificativo de democrático implica a participación cidada e o recoñecemento
de que a soberania reside no pobo; o de social queda un pouco máis difuso,
sendo tan só un mandato para o lexislador, un principio orientador dos poderes
públicos, é dicir, que os dereitos sociais (educación, vivenda, sanidade,
traballo...) deben ser os principios reitores da política social e económica que
debe aplicar o Goberno.
o A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria.
o España é un Estado unitario que recoñece e garante o dereito á autono-
mía das nacionalidades e das rexións que o integran, orixinando un novo
modelo: o Estado das Autonomías.
o O castelán e as demais linguas españolas son idiomas oficiais en cadan-súa
das Comunidades Autónomas.
o Recoñece tamén a Constitución a pluralidade política, manifestada na
multiplicidade dos partidos políticos, e sindical, co reconecemento dos
sindicatos de traballadores e das asociacións empresariais para a defensa dos
seus respectivos intereses económicos e sociais.

A Constitución dedica o máis longo dos seus Títulos (46 artigos) aos dereitos
fundamentais dos españois, aspectos que deben ser desenvolvidos posteriormente
por leis orgánicas.
Os dereitos poden agruparse en:
o Dereitos civis: á vida; á integridade física; á igualdade ante a lei (de razas, de
sexos, dos fillos con independencia das súas nais, de relixións...); á liberdade
(persoal, de empresa, de relixión e culto); a ter acceso aos tribunais de xustiza
con garantías procesuais; á propiedade privada, á obxección de conciencia; ao
honor e á intimidade persoal e familiar; a fixar libremente a residencia. Queda
proibida a tortura e a pena de morte
o Dereitos políticos: a expresar libremente, se censura previa, as ideas; a
reunirse pacificamente e se armas; a manifestarse; a asociarse (en parti dos
políticos, en sindicatos, en entidades culturais..); a crear fundacións; a
participar en asuntos políticos (votar, ter acceso a cargos públicos); a exercer
iniciativa lexislativa; a de formular peticións; a ir á folga....
o .Dereitos sociais: ao traballo; á libre elección de profesión; á promociónsocial a
través do traballo; a un salario suficiente para cubrir as necesida. des persoais
e familiares; á igualdade de trato dos sexos no traballo; á negociación colectiva
laboral; á educación...

Para protexer e garantir o cumprimento de todos estes dereitos, establece a


Constitución unha serie de mecanismos da xustiza que os cidadáns e as ins-titucións,
a título individual ou coletivo, pode utilizar se consideran que eses dereitos non se
cumpren. As máis altas esferas de apelación son o Tribunal Constitucional e o
Defensor do Pobo.

Tamén contempla a Constitución que, e determinadas circunstancias e a xuízo do


Goberno, todos ou parte dos dereitos dos cidadáns poden quedar suspendidos. O
estado de excepción e de sitio implica que non son de aplicación a maioría dos
dereitos civis e políticos.

Ademais destes dereitos, está recollidos na Constitución unha serie de principios


reitores da política económica e social entre os que destacan:
protección á familia, especialmente aos nenos e ás nais (con independencia
do seu estado civil); á terceira idade, con pensións axeitadas e periodicamente
actualizadas, servizos sociais para atender aos problemas máis específicos (saúde,
vivenda, ocio); á saúde, organizando a sanidade e a hixiene a través de medidas
preventivas e prestacións de servizos necesarios; fomento axeitado do deporte, a
educación física e, en xeral, o ocio; protección ao dereito a unha vivenda digna,
regulamentar o uso e valor do chan para evitar alzas inxustificadas dos prezos, así
como fomentar a construción de vivendas sociais e facilitar a súa adquisición por parte
dos grupos menos favorecidos; protección aos discapacitados, ao medio ambiente, ao
patrimo nio histórico-artístico...
Entre os deberes consignados na Constitución destaca a defensa da patria e a
contribución ao gasto público segundo a capacidade económica de cada quen.

A Constitución deseña un modelo de Estado unitario que traspasa poderes a outras


institucións (Comunidades Autónomas, provincias e municipios); a Coroa, as Cortes e
o Goberno central comparte o seu poder político cos Parlamentos, Presidentes e
Goberno das Autonomías.
• Coroa. Está representada polo rei. Como xefe do Estado, ten unha serie
de funcións, todas elas regulamentadas pola Constitución: sancionar e
promulgar as leis elaboradas polas Cortes; convocar e disolver as
Cortes; convocar eleccións e referendo a proposta do Goberno;
propoñer ás Cortes o candidato a presidente de Goberno e nomealo;
nomear e cesar aos ministros, a proposta do presidente de Goberno;
conceder honores de acordo coas leis; debe ser informado dos asuntos
de Estado e pode presidir, cando o estime oportuno, sesións do
Consello de Ministros; exerce o mando supremo das Forzas Armadas e
o dereito de graza, pero non pode autorizar indultos xerais; acredita aos
embaixadores estran-xeiros; manifesta o su consentimento para a
sinatura de tratados inter-nacionais; declara a guerra e acorda a paz,
previa autorización das Cortes. Para o sostemento da súa casa e
familia recibe, do orzamento xeral, unha cantidade que pode administrar
libremente. Aínda que o listado de funcións do rei pode parecer moi
longo, en realidade o seu poder é moi limitado e, como corresponde a
un sistema de monarquía parlamentaria, o rei reina, pero non goberna.

o As Cortes xerais. Están formadas por dúas Cámaras (Congreso de Deputados


e Senado) que representa ao pobo español. Os cidadáns eli-xen os seus
representantes en Cortes na circunscrición electoral, que é a provincia, cada
catro anos (período que se denomina lexislatura). O número de deputados é
proporcional á poboación de cada pro-vincia (pero todas deben ter polo menos
un deputado). O número de senadores é de catro por provincia elixidos por
sufraxio universal, mais un senador designado pola Comunidade Autónoma e
outro máis por cada millón de habitantes da respectiva circunscrición (a
provincia).As Cámaras elaboran os seus propios regulamentos e elixen os seus
presidentes; reúnense en sesión ordinaria ou extra-ordinaria e traballan e pleno
e comisións. O voto dos deputados e senadores é persoal e indelegable. A
función lexislativa é unha das tarefas fundamentais das Cortes. En casos
excepcionais, pode ser consultado o pobo sobre a aprobación dunha lei: o
referendo.

A excepción a este proceso é a do Decreto-lei (que nunca pode afectar ás institucións


básicas nin aos dereitos, deberes e liberdades constitucionais), un procedemento de
urxencia que pode utilizar o Goberno. As Cortes deben dar a súa convalidación ou
derrogación no prazo dos trinta días
seguintes.

• O Goberno. Exerce o poder executivo e está formado polo presidente


(pode haber vicepresidentes) e os ministros (nomeados e cesados polo
rei a proposta do presidente).

• O poder xudicial. O terceiro dos poderes do Estado está en mans dos xuí-ces e
dos tribunais de xustiza. Segundo o artigo 117, a xustiza emana do pobo e
administrase no nome do rei por xuíces e maxistrados independentes,
inamovibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da lei. A xustiza
é gratuíta para aqueles que careza de recursos económicos. Os cidadáns pode
participar na administración da xustiza a través do xurado. O Consello Xeral do
Poder Xudicial é o órgano máximo de goberno do poder xudicial e está
formado por xuíces e maxistrados. O Tribunal Supremo, con xurisdición en
toda España, é o órgano xurisdicional superior (agás no tema das garantías
constitucionais). O Tribunal Constitucional entende e temas de recursos de
inconstitucionalidade, de amparo por violación dos dereitos e liberdades
recollidos na Constitución, nos conflitos de competencia entre o Estado e as
Comunidades Autónomas ou destas entre si.

• As Comunidades Autónomas. A Constitución establece un novo modelo de


Estado: o Estado das Autonomías, unha forma mixta entre o Estado unitario e o
federal. Cada unha das dezasete Comunidades Autónomas (constituí-das entre 1979
e 1983 e que, polo tanto, non figuran citadas na Constitución) posúe os seus
correspondentes órganos de goberno coas competencias e a capacidade lexislativa
que lle concedan os seus Estatutos de Autonomía. Segundo a Constitución, non se
poden federar varias Comunidades Autónomas.

16.
Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil
entre españois enfrontados e dous bandos que se cualificaban a si mesmos e aos
contrarios como azuis, nacionais ou fascistas contra vermellos, antiespañois ou
comunistas. O Goberno da República conseguiu resistir durante case tres anos, pero
finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.

Tras a sublevación en Melilla, as tropas da Lexión dominaron rapidamente a


Situación en Marrocos. Na madrugada do dia 18, Franco felicitou aos subleva-dos,
autonomeouse ›efe das tropas de Afriça, decretou o estado de querra en Canarias e
Marrocos e dirixiuse aos españois xustificando o alzamento militar.

Nos días 18 e 19, ao mesmo tempo que Franco se trasladaba desde Canarias (no
avión Dragón Rapide pagado polo financeiro Juan March) cara a Tetuán para facerse
cargo das tropas de África, en distintas cidades da Península os militares conxurados
tentaron facerse co poder. Nalgúns casos triunfaron
(Pamplona, Sevilla, Valladolid, Burgos, Zaragoza, Mallorca...) pero noutros as
forzas republicanas lograron dominar aos rebeldes (Barcelona, Madrid, Valencia,
Oviedo). En Galicia, a sublevación militar iniciouse o día 20. Tras breves
enfrontamentos coas forzas leais na Coruña, Vigo e Ferrol, os sublevados fixéronse co
control do territorio.

Ante as confusas noticias da sublevación militar, o presidente do Goberno, Santiago


Casares Quiroga, ademais de emitir unha mensaxe tranquilizadora á poboación,
decretou o cese dos sublevados e a disolución dos Corpos militares que os apoiasen
ou estivesen baixo o seu mando. Pero estas medidas tiveron un efecto negativo para
os republicanos, porque moitos soldados abandonaron os cuarteis que estaban baixo
mandos indecisos; deste modo, a República quedou cun exército moi reducido.

As forzas sociais de esquerda pedían armas para facer fronte aos militares rebeldes,
pero Casares Quiroga non quixo entregar armas ao pobo, conven cido de que as
forzas obreiras, co pretexto de apoiar ao Goberno, non tarda-rian en suplantalo,
dimitiu. Na madrugada do día 19, Azaña formou un gabinete de conciliación presidido
por Diego Martínez Barrio que fracasou no seu intento de negociación cos militares
rebeldes, e tamen dimitiu. Azaña nomeou, o mesmo día 19, a José Giral presidente do
Goberno; contando co apoio das forzas da Fronte Popular e resolto a afrontar a
sublevación, decidiu entregar armas ás organizacións proletarias, anda co risco de que
estas impuxesen a revolución.

Os dous bandos enfrontados na Guerra Civil española entendían de modo


diametralmente oposto a súa participación no conflito.
• Para os protagonistas da sublevación, esta foi definida como un
Alzamento Nacional de apoio espontáneo, popular e cívicomilitar.
protagonizado polos sectores defensores da relixión, a unidade da
patria a propiedade privada, que se sentían ameazados polos
extremismos de esquerdas.
• Para o Goberno da República e as forzas da Fronte Popular que o
apoiaban, a acción dos militares non era máis que unha rebelión contra
a orde legalmente establecida e contra as reformas que se reiniciaron a
partir de febreiro de 1936.

As forzas políticas, económicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos
bandos en conflito desde o inicio da guerra. En liñas xerais, os apoios a un e outro
bando foron:
• A favor da República estiveron: a maioría dos xenerais do exército de Terra, a
mariñeiría (que se amotinou contra os xefes golpistas e fixose co control de gran parte
dos navios), a Aviación, a Garda de Asalto, as masas obreiras urbanas das cidades
industriais, os xornaleiros do sur da Península e a pequena burguesía urbana.
• A favor dos sublevados estiveron: oficiais intermedios do exército de Terra, a Garda
Civil (agás en Barcelona), as masas católicas e conservadoras(CEDA, monárquicos,
carlistas, falanxistas), os pequenos e mediados propietarios agrícolas.

Entre os apoios aos sublevados destacou o da Igrexa; o episcopado español cualificou


o movemento militar como unha Cruzada contra o comunismo en defensa da fe
católica, da tradición e da orde social. Bispos e clérigos acom-pañaban nas cerimonias
públicas aos militares rebeldes, e daban a súa bendición ás tropas sublevadas. Nunca
fixeron críticas en público sobre a represión exercida polos insurrectos, pero
condenaron duramente a represión das forzas de esquerda (incluso o Papa Pío XI
considerou aos sublevados como heroes cristiáns fronte aos bárbaros e salvaxes
republicanos).

Tradicionalmente considérase a guerra civil española como un claro antecedente da


Segunda Guerra mundial, non só polas súas implicacións políticas senón tamén polos
trazos que caracterizan a contenda. O conflito español pode ser considerado como:

o , Unha guerra ideolóxica presentada como unha guerra entre o fascismo e a


democracia, entre a civilización cristiá e o comunismo.
o . Unha guerra que implicou a toda a poboación, xa que participaron todos os
sectores da sociedade. No bando nacional o exército converteuse na columna
vertebral da sociedade, mentres que no republicano, debido á fragmentación
do poder do Estado, foron as organizacións obreiras as que actuaron como
canle da mobilización popular. A muller participou activamente no conflito, pero
con distinta función: no bando nacional, desempeño tarefas vinculadas co
auxilio social, atención aos feridos, confección de ropas para o exército...; no
bando republicano, ademas de exercer funcións semellantes ás do bando
nacional, a novidade foi a presenza de milicianas a fronte bélica, especialmente
nos inicios da guerra.
o Unha guerra que presenta trazos de combate social e de loita de clases, polo
enfrontamento entre grupos: obreiros contra patróns, xornaleiros contra
grandes propietarios.
o Unha guerra que militarmente mestura formas de combate arcaicas con outras
novas: o combate corpo a corpo, a ocupación do terreo palmo por palmo, o
escaso equipamento do soldado, as trincheiras... contrastan coa mobilidade
dalgunhas accións, co combate de tanques e carros brindados e cos
bombardeos á poboación. Nolbando republicanda guerra tivo tamén un elevado
compoñente popular e revolucionario Favorecido pola descomposición do
exército. O pobo, a través das organizacións obreiras, tomou as armas, creou
as 3uas propias milicias papulares e marchou a combater ás frontes, pero con
escasa organización, disciplina e estratexia As necesidades do combate
trouxeron consigo tanto a unificación e coordinación das milicias un novo
exército popular como a aparición de numerosos mandos procedentes das filas
obreiras (Durruti, Líster...).

A guerra. orixinou implicacións internacionais inmediatas. As tensións políti-cas e


ideolóxiças existentes nos países europeos víronse reflectidas nos acontecementos
que se vivían en España, e tanto os gobernos como a poboación tomaron posición a
favor ou en contra da rebelión. Os dous bandos enfron-tados pediron axuda en
material bélico: o Goberno da República, a Francia; Franco e Mola, a Hitler e
Mussolini.

Tratando de evitar que a guerra española se convertese nun conflito inter-nacional, as


principais nacións europeas acordaron en Londres non tomar parte no conflito e
constituir un Comité de Non Intervención (1-8-1936).Estes acordos implicaban a
prohibición de enviar homes e armas a ningún dos dous bandos, e só foron cumpridos
por Gran Bretaña e Francia. Estados Unidos decidiu non intervir de forma oficial, pero
hon impediula saída de armas e de petróleo para un e outro bando, sempre que os
subministradores fosen empresas privadas, e favoreceu a axuda de voluntarios.

• Axudas ao bando nacional. As potencias fascistas interviñeron no conflito apoiando


aos sublevados por unha mestura de motivos ideolóxicos e políticos.
• Alemaña prestou un importante apoio en efectivos militares que foi clave nos
primeiros días da guerra (barcos e avións para o paso das tropas de África á
Península). A Lexión Cóndor foi decisiva para o bombardeo de posicións
republicanas (Durango, Guernica, Madrid, Granollers, Barcelona...). A cambio
desa axuda, Franco comprometíase a asinar un acordo económico prioritario
con Alemaña; España pagaría ao final da guerra mediante concesións de
explotación das materias primas, especialmente minerais.
• Italia apoiou con material bélico tamén desde os inicios. Contar con España
significaba controlar estratexicamente o Mediterráneo. De Italia veu un grupo
de voluntarios: os Camisas Negras, que foron retirados de España, pola
presión internacional, en 1938.
• Portugal prestou axuda aos sublevados, pero moito menor que os países
anteriores. O Goberno ditatorial de Salazar, moi afín ao de Franco, prestou
constante auxilio ao bando nacional, facilitando o paso de armas e víve-res,
ademais de enviar 10.000 homes (os viriatos).
Axudas ao bando republicano. A República contou con escaso apoio das principais
democracias ocidentais, sendo fundamental a axuda da URSS.

• Francia practicou unha política de vacilacións e medo ante o posible triunfo


das posicións máis revolucionarias dentro da República espa-cola, que podían
repercutir e agravar as tensións internas na sociedade francesa, Nun principio,
o Goberno da Fronte Popular presidido por León Blum, axudou á República
española, pero tras a adhesión francesa á Non Intervención, o Goberno
prohibiu a venta de armas e material de querra e a axuda pasou a ter carácter
particulan (recrutamento de voluntarios, contrabando de armas). A fronteira
non se abriu ata marzo de 1939.
• Gran Bretaña temía un conflito internacional se se interviña en España, asi
como unha radicalización social que podería pór en perigo os seus intereses
económicos e podía complicar máis as súas relacións con Alemaña. O
Goberno do conservador Neville Chamberlain tratou de illar o conflito español
e Gran Bretaña foi a máxima defensora de que se cum-prisen os acordos do
Comité de Non Intervención, aínda que sabía que nin Italia nin Alemaña
cumprían o pactado.
• México tiña un goberno moi afín á República e o seu presidente, Lázaro
Cárdenas, ordenou o envío de armas. Foi unha axuda máis simbólica que
efectiva, pero sempre acompañada dun forte respaldo diplomático e de
amparo aos republicanos.
• A Unión Soviética, dirixida por Stalin, manifestou inicialmente unha acti-tude
de prudencia, A posibilidade dun triunfo republicano e a sovietiza-sión do país
podían ser mal vistos entre as potencias occidentais, situación que non
beneficiaba á diplomacia soviética, que pretendía un achegamento aos
Estados europeos apostos á Alemaña. Fronte a esta posición, os trotskistas
acusaron a Stalin de abandonar a idea da revolución mundial e as
manifestacións populares na rúa pedían a intervención soviética a favor da
República. O estímulo definitivo para a intervención Viría pola constatación da
axuda alemá e italiana aos sublevados. A axuda soviética concretouse no
envío de asesores militares e na venda de armas Pagadas co ouro do Banco
de España.

As Brigadas Internacionais foron formacións militares constituídas por voluntarios


estranxeiros que combateron nas filas do exército republica-no. As organizacións
obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo e moitos homes e mulleres
(intelectuais, periodistas, obreiros...) chegaron a España, desde outubro de 1936,
procedentes dos máis apartados países para combater en favor da democracia e
contra o fascismo, estimulados pola Internacional Comunista (Komintern). Formaron
parte destas brigadas personaxes destacados da cultura e da política como o
socialista italiano Fernando De Rosa Lenccini, o xeneral romanés Emilio Kléber, o
intelectual francés André Malraux, o novelista e periodista americano Ernest
Hemingway e o tamén novelista inglés George Orwell.

O número total de voluntarios antifascistas que formaron as Brigadas Internacionais ou


se alistaron nas milicias populares resulta moi difícil de calcular. As cifras que dan os
distintos analistas oscilan entre 40.000 e 60.000 homes ao longo da guerra aínda que
non superaron os 18.000 ao mesmo tempo. As Brigadas Internacionais tiveron un
destacado papel, tanto na defensa de Madrid como no fortalecemento da moral do
bando republicano

O desgaste da guerra e a presión internacional (Comité de Non Intervención) forzaron


a retirada destes voluntarios, que foi organizada polo Goberno de Negrín e a
Sociedade de Nacións mediante una Comisión Internacional que regulou a súa
marcha en outubro de 1938, En xaneiro de 1996 viñeron a España 300 brigadistas
superviventes aos que lle foi concedida a nacionalidade española en reco-ñecemento
polo seu servizo.

Cos inicios da guerra produciuse unha forte fragmentación do poder do Estado


republicano, ao mesmo tempo que tiñan lugar experiencias revolucionarias en zonas
controladas, por organizacións políticas e sociais que sostiñan a República.
A desorganización das institucions provocada pola sublevación militar, xunto coa
distribución de armas al pobo, orixinou unha importante dimina. cón da autoridade e do
poder do Estado republicano. Nas sidades e nos pobos xurdiron numerosos comités
revolucionarios, Controlados polas dis-intas forzas políticas de esquerdas, que se
fixeron cargo do poder na súa. zona ou exerceron unha acción de tutela e vixilancia
sobre as autoridades republicanas establecidas. Durante os tres anos de guerra
sucedéronse os
sequintes gobernos:
o Goberno de José Giral (19-7 a 4-9-1936). Constituíuse tras as dimisións De'
sucesivas de Casares Quiroga e Martínez Barrio, e estaba formado unicamente
por republicanos de esquerda. Non foi capaz de facer fronte á fragmentación
do poder do Estado nin de evitar as accións revolucionarias das organizacións
proletarias (ocupación de fábricas e terras, usurpación das funcións
represoras..), nin os avances dos sublevados.
o Goberno do socialista de Francisco Largo Caballero (5-9-1936 a 17-5-1937).O
seu principal obxectivo era unificar os esforzos de todas as forzas políticas e
sociais para facer fronte á guerra e reconstruir o Estado republicano. No seu
Goberno entraron a Tormar parte republicanos de esquerda, socialistas,
comunistas e, desde novembro, tamen anarquistas.
o Era a primeira experiencia deste tipo de goberno nun país occidental.
o
As principais tensións entre os distintos partidos e forzas que apoiaban á República
non desapareceron. Estas tensión estaban provocadas por unha cuestión de
prioridades: Facer a guerra e a revolución ao mesmo tempo? Primeiro gañar a guerra
e logo facer a revolución? Que tipo de república instauraría a revolución? Uns -PCE e
un sector do PSOE- defendían que primeiro se debía gañar a guerra como garantía
para poderfacer despois a revolución; isto significaba a centralización no mando, o
respecto á propiedade privada e a colaboración coas forzas republicanas. Outros -
POUM e sectores da CNT e da FAI- defendían que se non se façía a revolución era
imposible gañar a guerra, o que significaba realizar previamente a colectivización das
terras e das fábricas,

O Goberno de Largo Caballero reforzou a intervención económica do Estado mediante


a créación, entoutubro de 1936)dos Comités Directivos,
cos que pretendía iniciar o proceso de nacionalización de bancos e [controlar as
oligarquías financeiras O intento de reorganizar os diferentes sectores económicos
VenfrontouDos socialistas e comunistas, que defendian a necesidade de impoñer o
control do Estado sobre as terras e as empresas coletivizadas, cos anarquistas e
trosquistas, que era partidarios da autoxestión por parte dos traballadores.,

As tensións entre as forzas políticas e sindicais foron en aumento.


O enfrontamento máis forte orixinouse entre & PCE e o POUM apoiado
este por grupos da CNT e da FAI. En(maio de 1937 o enfrontamento tivo Carácter
bélico)nas rúas de Barcelona, provocando unha fonda crise no Goberno e a dimisión
de Largo Caballero que se negou a disolver o
tiros POUM, como lle esixía o PCE.)

Goberno do socialista Juan Negrín (15-5-1937 a 5-3-1939). Estaba


apoiado fundamentalmente polos comunistas do PCE que se converteran, grazas a
súa disciplina e control do exército, na principal forza de esquerdas. O reforzamento
da autoridade gobernamental e a coordinación militar permitiu realizar as grandes
ofensivas republicanas de Teruel e do Ebro. Tentou negociar a finalización do conflito
mediante a elaboración dunha proposta (Os Trece Puntos de maio de 1938, pero a
negativa de Franco, a calquera negociación obrigounoja defender unha política de
resistencia a morte.

O Goberno de Negrín elaboro un plano económico e social para coordinar a economía


baixo a dirección un Consello Nacional de Economía.
Algunhas das medidas establecidas eran: garantir a propiedade das terras para quen
as traballase; estableçer melloras nas condicións de traballo das clases obreiras
urbanas e rurais; dar a posibilidade de que o obreiro agri-cola ou campesiño puidese
escoller libremente entre o traballo colectivo ou individual da terra.

Tras a caída de Cataluña e o recoñecemento de Francia e Gran Bretaña do réxime de


Franco, Azaña dimitiu como presidente da República española (27-2-1939). O
Goberno republicano seguiu resistindo na zona centro e Levante ata o golpe de
Estado do coronel Casado, marchando ao exilio a finais de marzo de 1939. Rematada
a guerra, xa desde o exilio, os políticos republicanos mantiveron as institucións da
Segunda Republica e a oposiciónao réxime de Franco. En 1977 o derradeiro
presidente republicano, Fernando Vareta aceptou o réxime democrático e deu por
finalizada, desde o punto da legalidade da república

O alzamento militar causou unha ruptura total no normal desenvolvemento da


sociedade e da economía española. No bando republicano, as organiza-cións obreiras
de esquerdas viron a oportunidade de realizar a revolución social. Con distinta
intensidade, matices e características, producironse numerosas experiencias e
aplicáronse diversas medidas de colectivización e planificación económica.
Especialmente significativas foron as que tiveron lugar en Cataluña, Andalucía e
Aragón.

• En Cataluña, tras a sublevación militar, a Generalitat perdeu o control efectivo sobre


as rúas, converténdose a CNT na forza dominante.
Paralelamente, producironse numerosas ocupacións de terras e empresas.
Para coordinar a xestión revolucionaria creouse o Comité Central de Milicias
Antifascistas de Cataluña (21-7-1936), onde estaban representadas todaslas
tendencias políticas de esquerda, pero no que a FAl e a CNT, eran as forzas
predominantes e que se converteu nun poder paralelo ao da Generalitat. Este Comité
puxo en marcha a revolución Socia), de forma inmediata, con medidas como: a
modificación dos salarios; os horarios de traballo e os alugamentos urbanos en
beneficio dos traballadores; o control das fábricas e a súa produción, que quedou nas
mans dos seus respectivos comités obreiros (autoxestión), e a organización e xestión
dos servizos públicos (augas, alimentos, gas, servizos de tranvías...) polas forzas
sindicais.

O Goberno da Generalitat, quedo desbordado polos acontecementos pero, nun intento


de reconducir a revolución, logrou o 26 de setembro de 1936 incorporar ao
seuConselloa representantes das forzas obreiras) sendo a primeira vez que
oslanarquistas entraban nun Goberno. Froito do pacto entre as diferentes forzas, a
Generalitat aprobou o Decreto deColectivizaciónlenoutubro-de1936.

Despois dos acontecementos de maio de 1937, a Generalitat) co apoio do Goberno


central, o PSOE, O PCE e o PSUO, partidarios de frear a revolución
sociat, recuperou o control da situación. O POUM, que apoiaba á FAl e á CNT,
foi ilegalizado e o seu líder Andreu Nin asasinado por axentes de Stalin.
En Andalucia e Aragón, nas zonas agrarias que quedaron baixo a autoridade da
Repúbliça, produciuse unha intensa colectivización das terras realizada polos
campesiños, fundamentalmente os xornaleiros, e as Forzas revolucionarias de
esquerda, especialmente a CNT e o POUM e, en raenor medida, a UXT. Pobos
enteiros, controlados polos anarquistas, foron socializados; as terras eran explotadas
colectivamente; o dineiro fol suprimido e os talleres foron sometidos a control e á
planificación do sindicato. As colectivizacións anarquistas foron moi criticadas por
outras forzas de esquerda, especialmente polo PCE, que acusou tanto á CNT como ao
POUM de fealizalas pola forza e contra os intereses dos pequenos propietarios; tamén
os acusaron de que con estas medidas o única que conseguían era asustar aos
campesiños e deixar sen apoios á. República, chegando a propoñer o PCE a
descolectivización.
Paralelamente ás transformacións económicas producironse numerosas
transformacións na vida cotiá en toda a zona republicana. Viviuse con apaixonamento
o desexo de igualdade nos aspectos externos e a vida cotia experimentou unha
auténtica proletarización. A rúa encheuse de uniformes obreiros, o mono de traballo
azul; desaparecen os sombreiros e as garabatas dos vestidos cotiáns A muller asumiu
tarefas, e funcións produtivas e incluso par-ticipou na fronte de guerra, dentro do corpo
de Milicias Populares, empuñando as armas. Os cambios nos nomes das persoas
foron tamén significativos (Liberdade, República, Universo.. substituíron aos nomes
tradicionais) e traducían o ambiente de laicismo que se pretendía conseguir (urgexem-
pletoio do ourensán Gervasio Fernández de Dios que solici-tou do Ministro de Xustiza
o cambio do segundo apelido polo de Bakunin, argumentando que non quería nada
con Deus). A guerra repercutiu directamente na vida cultural e as artes, especialmente
no deseño gráfico, que se puxo ao ser-vizo dos intereses da Fronte Popular mediante
os máis variados carteis de propaganda.

A diferenza do que sucedia no bando republicano, na zona nacional produ-ciuse a


progresiva configuración e institucionalización dun réxime ditatorial baixo a autoridade
suprema de Franco.

A evolución militar e política da zona nacional non foi tan complexa como a da zona
republicana, xa que desde o comezo contou cunha forza aglutinante: o exercito Os
militares sublevados crearon a Xunta de Defensa Nacional (24-7-1936) er Burgos, o
primeiro órgano de mando dos sublevados. Estaba presidida polo militar de máis
rango e antigüidade, o xeneral Cabanellas e dela formaban parte os xenerais Saliquet,
Ponte, Mola e Dávilale os coroneis (Montaner e Moreno Calderón; en agosto
incorporáronse os xenerais Franco, Gil Yuste, Queipo de Llano e Orgaz. O seu
obxectivo fundamenta era a coordinación militar das columnas militares e civis, baixo
un mando único.
A Xunta asumiu tamén funcións administrativas e políticas, poñendo as bases do ovo
Estado fronte ao Goberno republicang. Entre as medidas desta Xunta de Defensa
estan: testablecer a bandeira bicolor como a bandeira de España (27-8-1936), declarar
ilegais todas as forzas políticas e sociais que formaran parte ou axudaran á Fronte
Popular (13-9-1936) e nomear a Franco Xefe de Goberno (29-9-1936).

Unha serie de factores favoreceron que Franco fose concentrando o poder na súa
persoa:
o A morte de Sanjurjo (20-7-1936) en accidente aéreo cando viña desde
Lisboa para facerse cargo da dirección do alzamento.
o O éxito na xestión dos primeiros contactog cos téximes italiano e alemán,
dos que obtivo laxuda inmediata.
o Os éxitos militares durante os tres primeiros meses coa conquista de Badaxoz
e a liberación do Alcázar de Toledo, que lle permitiron chegar ás
portas de Madrid, onde Mola fracasara na súa conquista
o
Tras a proposta da Xunta de Defensa de formar un mando único, o candidato elixido
foi Franco 29-9-1936), que tomou posesión dos cargos (xefe de Goberno do Estado
español e Xeneralísimo) o 1 de outubro de 1936, quedando así convertido na cabeza
visible da insurrección.

Franco disolveu a Xunta de Defensa e creo unha Xunta Técnica) (2-10-1936),


constituída por militares e civís que actuaba, a modo de Goberno, organizada en
comisión (Finanzas, Xustiza, Industria, Comercio e Abastecemento,
Agricultura, Traballo, Ensino, Obras Públicas e Comunicacións). O cuñado de Franco,
Ramón Serrano Suñel (membro de Falanxe Española), converteuse no seu principal
propagandista, especialmente nas relacións co exterior.

Polo Decreto de 30-1-1938, Franco disolveu a Xunta Técnicale organizou o primero


Goberno do novo Estado, asumido a suprema potestade de ditar normas xurídicas de
carácter eral e transformando as comisións en ministe-rios. Os (principios
básicos)deste novo Goberno xa se foran perfilando ao longo da guerra: autoridade,
xerarquía e orde. principios extraídos do ideario de Falanxel Todo o que se oponía á
unidade era suprimido: abolición dos Estatutos de Autonomía, uniformidade na lingua,
supresión dos sindicatos e unificación de obreros e patróns baixo a mesma
organización...

Tras a supresión de todas as forzas políticas republicanas, Eranço, xefe do Estado e


Xeneralísimo dos Exércitos, converteuse, ademais, en xefe do movemento político
organizado a partir de EF-XONS. No entanto, o proceso de unificación política non
estivo exenta de dificultades e protestas; desde Falanxe, Hedilla (líder á morte de José
Antonio Primo de Rivera), opú-ose, preocupado polas orientacións ultraconservadoras
que manifestaba o novo réxime. Os monárquicos e os tradicionalistas tamén rexeitaron
a fusión, porque a consideraban un golpe de Estado de signo totalitario. Pero todas
estas forzas políticas acabaron por asumir a unificación; unhas porque os seus líderes
foron encarcerados e quedaron sen capacidade de res-posta inmediata; outras porque
xustificaron a unificación como paso previo para gañar a guerra e, sobre todo, porque
lles unía a súa posición antiliberal, antimarxista e a lealdade a levantamento militar, ao
que axu-daran desde o comezo.

Paralelamente a proceso de configuración do réxime e das vitorias militares, o


Goberno de Franço a organizando a contrarrevolución no terreo socio-económico. A
lexislaçión sobre este tema foi abundante e completouse tras a guerra; entre as
primeiras medidas, destinadas a desmontar a obra da
República de esquerdas, destacan:

o Creación do Servizo Nacional de Reforma Económica e Social da Terra,


encargado de realizar a contrarreforma agraria.
o Supresión do réxime de concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa (pero
mantiñanse en Navarra e Álava, que apoiaran aos sublevados).
o Control da produción agraria e industrial.
o Derrogación da lei do divorcio e de matrimonio civil.
o Restablecemento da pena de morte.
o Lei de prensa, que establecía unha forte censura.
o Reconstitución da Compañía de Xesús, que supuxo a comuñón entre o
Alzamento e a Igrexa.
o Medidas no campo da educación que favoreceron aos sectores conserva-
dores e á Igrexa.

A Igrexa retomou o control da educación da pureza dos costumes sociaise da censura


e as organizacións católicas intensificaron as prácticas tradicionais e puxéronse ao
servizo do bando nacional loitando cos seus propios medios, incluído olsacrificio
persoal que implica privarse dos pequenos praceres da
vida cotiá.

You might also like