You are on page 1of 3

Os seguintes documentos deben permitirche a realización dunha composición sobre o

período histórico comprendido entre 1808 e 1814, no que se desenvolve a chamada Guerra
da Independencia. Comeza da coa sublevación popular do 2 de maio, á que se refire o Doc.1,
as Xuntas que se constituirán en diferentes ámbitos territoriais (Doc.2) Paralelamente á
guerra desenvólvese unha revolución política que tenta asentar o liberalismo e que ten a súa
mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz (Doc3). Lembra que non se trata de elaborar
un tema á marxe das fontes propostas, polo que debes referirte aos seus contidos ao longo da
túa redacción.

Doc. 1.-Orde do mariscal Murat (2 de maio de 1808):


“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue
francés foi vertido; reclama vinganza. Na súa consecuencia mando o seguinte (...):
Art.2. Todos os que foron presos no disturbio e coas armas na man serán arcabuceados (...).
Art.5. Toda xuntanza de máis de oito persoas será considerada coma unha xunta sediciosa
(...)
Art.7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos
provocando a sedición serán considerados coma uns axentes da Inglaterra e arcabuceados”.

Doc. 2.-Proclama da Xunta Central do Principado de Asturias (maio de 1808):


“Asturianos leais e amados compatriotas (...). O Principado, en desempeño daqueles deberes
que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia (...). A súa perfidia
co noso rei e toda a súa familia, enganándoo para facelo pasar a Francia baixo palabra dun
eterno armisticio para encadealos a todos, non ten igual na historia (...). ¡Á arma, á arma,
asturianos!”.

Doc. 3.-Constitución de 1812:


“Art. 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios(...).
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na nación e polo mesmo pertence a esta
exclusivamente o dereito de establecer as súas leis fundamentais (...).
Art. 14. O goberno da nación española é a monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A potestade de facer leis reside nas Cortes co rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no rei.
Art. 17. A potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

No ano 1808 as tropas napoleónicas entraron en España. Os invasores


franceses trouxeron consigo moitas ideas novidosas proveñentes da Revolución
Francesa, que cambiarían e transformarían por completo a política española.
A situación da monarquía española era pésima. O rei Carlos IV entregara
demasiado poder ao seu ministro Godoy, un dos maiores responsábleis da
invasión francesa.
Napoleón pediu permiso ao goberno español para pasar polo seu territorio
e así poder invadir Portugal, gran aliado de Inglaterra (o maior inimigo de
Francia), a cambio, España recibiría unha boa cantidade de territorio portugúes.
Godoy aceptou o acordo, pero o ministro non esperaba que Napoleón
incumplise o acordado.

As tropas francesas, logo de conquistar Portugal, non se retiraron de


España. Napoleón convocou a Carlos IV e Fernando VII en Baiona, onde ambos
serían arrestados. Esto causou un gran malestar na sociedade madrileña, que se
rebelou contra as tropas francesas, como aparece reflexado no Documento 1:
“Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...) O
sangue francés foi vertido…”

Mentres tanto, en Baiona, Napoleón obrigou a Carlos e Fernando a


abdicar no seu propio irmán, Xosé I Bonaparte, o que enfureceu máis a
poboación española. As insurreccións extendéronse a moitas cidades e
localidades, onde se formaron xuntas para organizar o goberno e a defensa,
como aparece reflectido no Documento 2: “O Principado, en desempeño
daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a
Francia…”
Napoleón intentou instaurar pola forza un sistema político de corte
liberal, plasmado na constitución de Baiona. Este proxecto reformista foi
contestado de forma distinta pola sociedade española. Por una banda, os
chamados afrancesados, ven por intereses propios ou porque estiveran dacordo
co mesmo, eran partidarios da invasión. Por outra banda, los chamados
patriotas, ben polas súas ideas reaccionarias ou porque, aínda estando a favor
do estado liberal non aceptaban que se impuxera pola forza, estaban contra a
invasión napoleónica. Por este motivos se crearon a Xuntas Provinciais e una
Xunta Central.

A Xunta Central formou unhas cortes en Cádiz, xa que esta era unha
cidade fácilmente defendible e estaba libre de influencia francesa. Nestas Cortes
reuníronse persoas de todas as ideoloxías que tiñan como obxectivo común a
expulsión do invasor francés, sen embargo os liberais van a ser os máis
importantes, debido a importancia que estes tiñan na cidade de Cádiz.

As Cortes de Cádiz promulgaron unha serie de leis moi modernas para a


época e unha constitución, a primeira constitución de España, a cal tamén era
moi progresista e moderna, como se pode observar no Documento 3, onde
aparecen ideas moi avanzadas para o seu tempo: A soberanía nacional (“A
soberanía reside esencialmente na nación”) igualdade ante a lei, dereitos e
liberdades individuais, división de poderes (“A potestade de aplicar leis en
causas civís e criminais reside nos tribunais”) oficialidade da relixión católica,
limitación do poder do rei (“O goberno da nación española é a monarquía
moderada hereditaria”) (“A potestadede facer leis reside nas Cortes co rei”)
sufraxio indirecto universal masculino e creación da Milicia Nacional. Tamén
se incluíu unha maior liberdade económica que supuxo a supresión dos gremios,
dos maiorazgos e un programa de desamortizacións cara a Igrexa Católica.

Esta constitución apenas puido entrar en vigor, debido ao contexto de


guerra no que se encontraba España e a posterior volta ao poder de Fernando
VII.

No ano 1814, tras o seu fracaso na invasión de Rusia e o apoio do


exército inglés aos guerrilleiros españois, Napoleón e as súas tropas son
expulsados de España, volvendo ao poder Fernando VII.
Moita xente recibiu a Fernando cos brazos abertos, pois pensaban que o
monarca aceptaría os principios liberais e respectaría a Constitución das Cortes
de Cádiz, sen embargo, ao pouco tempo, o novo rei restaurou o absolutismo con
todas as súas institucións, os liberais foron reprimidos aínda que seguiron coa
súa actividade na clandestinidade.

A invasión napoleónica a España supuxo a entrada de novas ideas no


estado español, que a pesares de ser reprimidas por Fernando VII terían unha
importancia decisiva no noso país durante os seguintes séculos.

You might also like