You are on page 1of 3

As cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

As cortes de Cádiz, formadas no 1810, rompen coa orde política e instauran os cambios
máis liberais ata ese momento. Istos son recollidos na Constitución de 1812, tamén
chamada “A Pepa”.

Unha vez Napoleón obtén os dereitos á coroa de Carlos IV (abdicacións de Baiona), á súa
vez decide cederlla ao seu irmán Xosé I. O descontento popular ante este novo goberno e
as súas reformas desencadea a Guerra de Independencia (1808 - 1814), dividindo a
poboación en dous grupos: aqueles que apoian o goberno francés ou afrancesados e os que
buscan o retorno de Fernando VII, a fronte patriótica. Esta última enfronta a Francia nunha
guerra de guerrillas, organizándose posteriormente en Xuntas.

En cada poboación xorde unha xunta local que se atopa baixo a autoridade de xuntas
provinciais. Ambas, no verán de 1808, envían un representante co fin de formar a Xunta
Suprema Central cuxa finalidade era a coordinación de accións bélicas e a dirección do país
neste período de guerra. Debido á incapacidade destas Xuntas para dirixir a guerra,
convócanse unhas Cortes onde os representantes deciden sobre a súa organización e
destino. Para xaneiro de 1810 acaban disolvéndose, sendo sustituída por un Consello de
Rexencia.

En Galicia, esta sublevación iniciase o 30 de maio na cidade da Coruña. Os sublevados


forman a Xuntas Suprema do Reino (Doc. 1 fonte primaria histórico-político). Esta asume
a soberanía alén de organizar a defensa e coordinar o labor das xuntas locais creadas nas
distintas cidades e vilas galegas.

Entre as elites comeza a estenderse a idea da necesidade de convocar unhas Cortes xerais
e extraordinarias, buscando con elas coñecer a vontade do país e impoñer as reformas que
fosen necesarias. Isto xera fortes discrepancias sobre que medidas tomar. Por unha banda,
a maioría dos nobres e eclesiasticos, buscaban reestablecer o sistema político tradicional.
Por outra banda, os partidarios do liberalismo, ven necesario realizar grandes cambios e
establecer unha Constitución baseada na soberanía da nación e na separación de poderes.
A elección de deputados a Cortes xunto coa súa reunión en Cádiz foron procesos dificiles
debido ao dominio francés en España. Para moitos dos representantes obtouse por elixir
substitutos ou deputados entre persoas de cada provincia que xa se atopasen en Cádiz. O
ambiente liberal desta cidade inflúe en que gran parte dos elixidos simpatizasen con esas
ideas.

O 24 de setembro de 1810 (Doc. 2 fonte primaria histórico-político), reúnense as Cortes


en Cádiz. Distribuíronse en varios grupos, sendo de maioritario a minoritario: eclesiasticos,
avogados, xente da administración e militares. Ademais dos xa mencionados había un
numero moi reducido de comerciantes, altas xerarquías eclesiasticas e nobreza, tampouco
estivo presente ningún campesiño. Referíndonos ás súas tendencias ideolóxicas, podemos
2 predominantes; os partidarios da liberdade e das reformas radicais (liberais) e os
partidarios da soberanía real (absolutistas).

O sector liberal faise coa súa primeira vitoria ao forzar a formación dunha cámara única, en
contraposición coa representación estamental tradicional. Asemade, na súa primeira sesión
aproban o principio da soberanía nacional (Doc. 2 liñas 1-2), recoñecendo que o poder
reside no conxunto dos cidadáns, expresado a través das Cortes formadas por
representantes da nación.

A Constitución promulgada o 19 de marzo do 1812, día de San Xosé, tamén coñecida como
“A Pepa”, é o texto legal que mellor define o espirito liberal das Cortes. Ademáis da
Constitución, elaboran numerosos decretos polos que eliminan as estruturas e fundamentos
do Antigo Réxime, establecendo así un novo modelo político, administrativo, social e
económico inspirado no liberalismo.

Primeiramente, defínese a nación como o conxunto de todos os cidadáns de ambos


Hemisferios, proclamando a igualdade entre os territorios peninsulares a as colonias
americanas (Doc. 3 art 1). O pobo exerce poder mediante a delegación de representantes
elixidos por un sufraxio masculino e indirecto, fronte á soberanía de orixe divina.

A estrutura do Estado correspóndese cunha monarquía limitada, baseada na división dos


poderes (Doc. 3 art 14). O poder lexislativo (Doc. 3 art 15), reside nas Cortes unicamerais,
as cales representan a vontade nacional. O monarca leva a cabo o poder executivo (Doc. 3
art 16), intervindo na elaboración de leis e tendo a dirección do goberno. Por ultimo, a
xustiza (Doc. 3 art 17) era a única competencia dos tribunais e establece un único código de
leis para todos.

En canto á relixión, declarase a relixión católica como oficial e única autorizada (Doc. 3 art
12). Tamén é creado o servizo militar obrigatorio e a implantación dunha educación primaria,
pública e obligatoria.

Fronte á diversidade lexislativa e administrativa do A.R., eliminanse os particularismos de


antigos reinos e os privilexios forais coa imposición dunha nova lexislación. Ademais,
recoñécense e defendense os dereitos e liberdades dos cidadáns. Entre eles encóntrase a
liberdade de opinión e de imprenta, a igualdade de todos ante a lei e ante cargas do Estado
xa sexan fiscais (Doc. 3 art 8) ou militares, recoñécese a propiedade privada individual
como dereito básico garantido polo Estado. Para asegurar a orde e a defensa destas
liberdades e da Constitución, créase a Milicia Nacional.

A Constitución complétase con varios decretos e leis destinados a eliminar o Antigo Réxime.
Abólense os privilexios feudais e dos señoríos xurisdicionais (1811), os señoríos territoriais
en cambio, pasan a ser propiedade privada. Esta abolición non afecta aos dereitos dos
nobres sobre a propiedade da terra, conseguindo ampliar a súa propiedade territorial
nalgúns casos. Outros decretos son a Supresión do Tribunal da Inquisición (1813) e a
anulación dos gremios e a unificación do mercado.

En definitiva, a Constitución do 1812 supón un exemplo de constitución liberal, inspirándose


nos principios da francesa de 1791, só que máis avanzada e progresista. A Constitución de
Cádiz foi un exemplo para a creación de moitas outras constitucións europeas e americanas
de anos posteriores. A pesar da importancia da súa obra, as Cortes non teñen gran
incidencia práctica na vida do país, debido á situación de guerra que impide a efectiva
aplicación do que se lexislará en Cádiz. A volta de Fernando VII interrompe esta experiencia
liberal, levando a situación de volta ao absolutismo.

You might also like