You are on page 1of 2

TEMA 2

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

A convocatoria de Cortes en Cádiz

No medio do conflito bélico, a Xunta Central Suprema organizou unha consulta


ao país e, ante o afundimento do Estado, puxo en marcha unha convocatoria de
Cortes e a conveniencia de elixir os deputados que representarian a nación. As
respostas á consulta sinalaban os gobernos de Carlos IV como responsables da
situación, formulaban queixas e presentaban a necesidade de reformas que
limitasen o poder do monarca.

A Xunta non puído sobrepoñerse ás derrotas militares e á fustrigación de sectores


absolutistas, sendo substituída por unha rexencia encabezada polo bispo de
Ourense (xaneiro do 1810), que convocou a reunión de Cortes. Os deputados non
sempre puideron ser elixidos con normalidade, dado o contexto bélico, pero uns
300 deputados conseguiron reunirse o 24 de setembro do 1810 no Teatro Cómico
da Illa de León (actual cidade de San Fernando, Cádiz) e celebrar a primeira
sesión das Cortes.

Nas primeiras sesións, os liberais conseguiron un importante triunfo ao


aprobarse que as Cortes era unicamerais e depositarias da soberania nacional, é
dicir, que exercian o poder en representación dos cidadáns que formaban a
nación. Asi mesmo, acordaron a división de poderes (lexislativo, executivo e
xudicial), estableceron a liberdade de imprenta e reconeceron a Fernando VII
como rei de España.

Adquirian, pois, un carácter revolucionario, xa que rompían coa doutrina


tradicional da soberania como atributo real e liquidaban os privilexios
estamentais, ao establecer que todos os cidadáns era iguais ante a lei e tiñan os
mesmos dereitos

O labor das Cortes: abolir o Antigo Réxime

1
A tarefa máis importante das Cortes foi a elaboración dunha nova constitución,
que se promulgou o 19 de marzo do 1812, dia de San Xosé, polo que se coñeceu
popularmente como "a Pepa". Era un texto longo, de 384 artigos, e a súa
tramitación viuse afectada polas vicisitudes bélicas e polas diferenzas entre
absolutistas e liberais.

Ademais do texto constitucional, as Cortes aprobaron unha serie de leis e


decretos destinados a eliminar o Antigo Réxi-me e a ordenar o Estado como un
réxime liberal. Asi, proce-deron á supresión dos señoríos xurisdicionais,
distinguíndoos dos territoriais, que pasaron a ser propiedade privada dos
se-fores. Tamén se decretou a eliminación dos morgados e a desamortización das
terras comunais, co obxectivo de recadar capitais para amortizar débeda pública

Votouse a abolición da Inquisición, cunha forte oposición dos absolutistas e do


clero, e a liberdade de imprenta, que no referente á relixión continuaba baixo o
control da Igrexa e condicionada por unhas x untas de censura. Finalmente, cabe
sinalar a liberdade de contratación, a anulación dos gremios e a unificación do
mercado.

Os lexisladores de Cádiz aproveitaron a situación revolucionaria creada pola


guerra para elaborar un marco lexislativo moito más avanzado do que seria
posible nunha situación de normalidade. Con todo, a obra de Cádiz non tivo unha
gran incidencia prática. A guerra impediu a efectiva aplicación do lexislado e o
regreso de Fernando VII frustrou a experiencia liberal e conduciu ao retorno do
absolutismo.

You might also like