You are on page 1of 47

TEMA 2 DE 4º

REVOLUCIÓNS LIBERAIS E
NACIONALISMOS
A REVOLUCIÓN AMERICANA

• Os colonos ingleses chegaron no século XVII á costa leste de


América do Norte que denominarán Nova Inglaterra e fundaron
nela trece colonias a mediados do século XVIII.
• Destas colonias as do Norte baseaban a súa economía na
agricultura e o comercio mentres que as do Sur ocupábanse de
grandes plantacións agrícolas traballadas por escravos.
• A metrópole estaba interesada nas materias primas que producían
nestes territorios pero non quería establecer industrias neles.
• O Reino Unido tiña o mopolio comercial destes territorios e
impedía ou dificultaba moito as relacións comerciais entre estas
colonias ou con outros lugares de América, o que impide o
desenvolvemento destes lugares.
A REVOLUCIÓN AMERICANA
A REVOLUCIÓN AMERICANA

• Xurde una gran tensión política entre a autoridade real e as


asembleas coloniais que tiñan bastante autonomía podendo
recaudar parte dos impostos que os colonos debían pagar pero
que non o facían por non estar representados no Parlamento
británico encargado de aprobar os impostos.
• O rei Xurxo III pretendeu regular mediante leis os impostos
coloniais entre 1764-1766, pero as colonias deixaron de mercar os
produtos británicos.
• No 1773 establecéronse as Tea Acts que outorgaban o monopolio
da venda do Té á Compañía Inglesa das Indias Orientais, isto
perxudicou aos comerciantes americanos que atacaron os barcos
británicos atracados no porto de Bostón, o que coñecemos como o
«motín do té».
A REVOLUCIÓN AMERICANA

• Este ataque foi o comenzo dunha revolta que desencadeou a


Guerra da Independencia Americana.
• No 1776 Thomas Jefferson redacta a Declaración de Dereito
de Virxinia que incluía os principios de soberanía nacional,
división de poderes e sufraxio, ideas tomadas da Ilustración.
• O 4 de xullo de 1776 reúnense no Congreso de Filadelfia os
representantes das trece colonias que asinan a Declaración
de Independencia de Estados Unidos.
• A guerra transcorre entre 1775 e 1783 os colonos baixo o
mando de George Washington solicitan axuda a Francia e
España que lla prestan e grazas a ela derrotan aos británicos.
A REVOLUCIÓN AMERICANA

• Durante eses anos prodúcense grandes batallas como Saratoga e


Yorktown que gañan os colonos e o conflito remata coa Paz de Versalles
en 1773 pola que o Reino Unido recoñece a Independencia de Estados
Unidos.
• No 1787 apróbase a Constitución Americana que será a primeira da
historia, na que se recoñece a soberanía nacional e a separación de
poderes, que detentarán:
• O poder lexislativo, reside en dúas cámara, o Congreso ou Cámara de
representantes e o Senado, sendo os seus membros elixidos por
sufraxio universal masculino, pero so de brancos.
• O poder executivo teno o presidente que se elixe por votación indirecta.
• O poder xudicial recae nos xuíces que serán independentes.
• No 1789 noméase primeiro presidente dos USA a Georges Washington.
GEORGE WASHINGTON
PRIMEIRO PRESIDENTE DOS USA
ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• CAUSAS DA REVOLUCIÓN
• DESCONTENTO SOCIAL: debido aos grandes impostos aos
que estaba sometido o pobo que case non lle permitían
sobrevivir e as aspiracións políticas que tiña a burguesía
enriquecida.
• CRISE ECONÓMICA: causada polas malas colleitas que houbo
desde 1760 que provocou a subida de prezos dos alimentos
e o descontento social pola dificil situación na que vivían.
• IDEAS ILUSTRADAS: o rei Luis XVI perde o apoio popular
porque non consigue facer prosperar as reformas e tamén o
dos privilexiados que temen as ideas ilustradas
Mª ANTONIETA Y LUÍS XVI
REIS DE FRANCIA
ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Dadas as difíciles circunstancias o rei decide convocar unha


Asemblea de Notables en 1787 para intentar convencer aos
privilexiados de que pagaran impostos polas dificultades do
momento, atopábanse en bancarrota. Estes néganse e obrigan ao
rei a convocar os Estados Xerais para poder aprobar novos
impostos.
• En maio de 1789 reúnense en Versalles os Estados Xerais, e antes
cada estamento elabora un caderno de queixas coas súas
reivindicacións.
• Os votos emitíanse por estamentos, o que sempre lle daba a
gañanza aos privilexiados, o terceiro estado propón o voto por
persoa, xa que eles eran máis numerosos e así gañarían a votación,
pero isto non prospera e deciden abandoar a reunión.
ORIXES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Os membros dese grupo do terceiro estado, constitúen a


Asemblea Nacional, porque se teñen como os únicos
posuidores de lexitimidade para representar a Francia, e nesta
reunión que se celebra na sala do Xogo de Pelota xuran non
deixar a reunión ata facer unha constitución para Francia,
polo que cambian o seu nome polo de Asemblea Constituínte.
• A partir de aquí o 14 de xullo de 1789 prodúcese a toma da
fortaleza da Bastilla polo pobo de París e ao mesmo tempo no
campo, os campesiños asaltan os castelos dos nobres e
queiman os títulos de propiedade que tiñan estes señores o
que se coñece a esta revolta baixo a denominación de «o gran
medo» e así comenza a revolución.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• 4 de agosto de 1789 a Asemblea Constituinte abole os dereitos feudais.


• Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789): Recoñece e garantiza
as liberdades persoais, a igualdade ante a lei e o dereito á propiedade.
• Estes dous Decretos supoñen o final do Absolutismo e o triunfo da Revolución
Liberal.
• Setembro de 1791 promulgación da Constitución.
• Esta Constitución recoñece a soberanía nacional e os dereitos fundamentais
dos cidadáns.
• Define á monarquía parlamentaria como forma de goberno.
• Establece a división de poderes que serán exercidos: O lexislativo pola
Asemblea, o executivo polo rei e o xudicial polos tribunais independentes.
• Pero o rei pode vetar as leis.
• Os membros da Asemblea elíxense por sufraxio censitario ( so votan os
homes, maiores de 25 anos e cunha determinada renda.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Establece a división de poderes que serán exercidos: O


lexislativo pola Asemblea, o executivo polo rei e o xudicial polos
tribunais independentes.
• Pero o rei pode vetar as leis.
• Os membros da Asemblea elíxense por sufraxio censitario (so
votan os homes, maiores de 25 anos e cunha determinada
renda).
• Outubro de 1791 tras a celebración das eleccións constitúese a
Asemblea Lexislativa.
• Tivo que enfrontarse a oposición da nobreza e do clero e a do
propio rei, abandoando o país moitos privilexiados para
conspirar contra a Revolución.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Abril de 1792 ante a ameaza das ideas revolucionarias Austria


e Prusia decláranlle a guerra a Francia.
• En Francia hai grupos que consideran as reformas
insuficientes, entre os máis radicais destacan os xacobinos e os
sans-culottes.
• Agosto de 1792 o pobo de París convencido da culpabilidade
do rei ante as derrotas francesas asaltan o palacio das Tullerías
onde residen os monarcas, e a Asemblea destitúe ao rei.
• Esta revolta forza unhas novas eleccións das que sae unha
nova asemblea que se denominará Convención Nacional, que
abole a monarquía e Francia pasa a ser unha República.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Na Convención hai dous grupos políticos os xirondinos


(republicanos moderados) e os xacobinos ou montañeses
(republicanos radicais), en principio son máis numerosos os
xirondinos e logran o control da asemblea.
• O rei Luis XVI é xulgado e condenado por traizón, a pena é a
execución na guillotina e perde a vida o 21 de xaneiro de 1793.
• Esta execución provoca a declaración de guerra do resto das
potencias europeas que constitúen a Primeira Coalición contra
Francia.
• Na rexión francesa de La Vendée prodúcese un levantamento
realista e ultracatólico.
• Ambas accións provocan a radicalización da Revolución.
EXECUCIÓN DE LUÍS XVI
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Ante o temor a unha derrota dos revolucionarios os sans –


culottes dan un golpe de Estado dirixidos por Robespierre en
xuño de 1793 contra os xirondinos e consiguen o poder.
• Aproban nese mesmo ano unha Constitución democrática
que recoñece a soberanía popular e o sufraxio universal
masculino.
• Robespierre asume todos os poderes e implanta unha
ditadura.
• Ante as ameazas militares do exterior e as de os
contrarrevolucionarios no interior deciden implantar o
Terror.
CONVENCIÓN XACOBINA 1793-94
ROBESPIERRE
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Nesta etapa xúzgase a aqueles sospeitosos de non apoiar á República e


calquera pode ser denunciado e condenado á guillotina incluso sen ter
probas dos delitos que se lle imputan. (Lei de sospeitosos)
• Execútase a máis de 50000 persoas de toda condición, nobres, clérigos,
líderes políticos e incluso a raíña Mª Antonieta, que era filla do emperador
de Austria.
• Para frear a crise económica establécense os prezos máximos para os
artigos de primeira necesidade. (Lei de prezos máximos)
• Limítanse os salarios e isto provoca o enfrontamento cos sans –culottes.
• Implántase un novo calendario que relaciona os nomes dos meses do ano
coas estacións. (Brumario, Xerminal, etc.)
• En xullo de 1794 Robespierre, trala perda dos seus apoios, é detido e
executado na guillotina cos seus seguidores, polos revolucionarios
moderados.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA

• Trala ditadura regresan os moderados ao goberno e aproban


a Constitución de 1795 ou do ano III seguindo o novo
calendario.
• Dita Constitución recoñece a soberanía nacional, o sufraxio
censitario e a separación de poderes que detentarán:
• - Poder lexislativo: Formado por dúas cámaras, Consello dos
Cinco e Consello dos Anciáns
• - Poder executivo: Formado por un Directorio de cinco
membros
• - Poder xudicial: Formado por xuíces independentes.
DIRECTORIO
PROBLEMAS QUE TIVO QUE AFRONTAR

• - Conxura dos iguais: Babeuf e os seus seguidores pretenderon impoñer


unha sociedade igualitaria tras derrocar ao goberno, non o conseguiron e
foron executados.
• - Revolta dos realistas: para intentar restaurar aos Borbóns no poder e
voltar á situación prerrevolucionaria. Foi freada por Napoleón Bonaparte
encargado da guarnición de Paris.
• - Auxe e popularidade de Napoleón Bonaparte tras frear aos realistas. Esta
situación preocupa ao goberno e manda ao militar a loitar nunha campaña
en Italia coas forzas da 1ª Coalición en 1796. Consegue vencelas.
• - Formación da 2ª Coalición polas potencia europeas no 1799, volta ao
enfrontamento bélico.
• - Golpe de Estado do 18 de Brumario (9 -11-1799) por parte de Napoleón
apoiado pola alta burguesía e establecemento do Consulado, co poder
exercido por tres cónsules.
CONSULADO

• Dos tres cónsules, Napoleón, Ducos e Sieyes, pásase a un.


• Definición do Consulado: Réxime personalista no que Napoleón
acapara todo o poder o que se recolle na Constitución do ano
VIII, que non contempla a división de poderes.
• Napoleón no 1799 foi nomeado primeiro cónsul e en 1802
proclámase cónsul vitaliceo.
• Medidas que adopta Napoleón:
• - Elaboura un Código Civil para simplificar as leis.
• - Creou o Banco de Francia.
• - Asina un Concordato coa Santa Sede para regular as relacións
coa Igrexa.
CORONACIÓN DE NAPOLEÓN
J. L. DAVID
IMPERIO NAPOLEÓNICO

• No 1804 Napoleón proclamóuse emperador.


• Política exterior napoleónica:
• - Desenvolve unha política expansionista para a que precisa
manter continuas guerras.
• - Nas contendas sofre derrotas coma a de Trafalgar fronte
aos británicos en 1805.
• - E tamén logra grandes victorias que lle otorgan a
hexemonia do continente europeo: Austerlitz (1805) contra
os austríacos, Jena (1806) contra os prusianos.
• - Establece un bloqueo continental para aillar aos británicos
impedíndolles comerciar con outros pobos.
IMPERIO NAPOLEÓNICO

• - Como Portugal non respecta o bloqueo decidiu invadilo e para


chegar ata o seu territorio pide autorización de paso por España e
tamén a ocupa, feito que provocou a Guerra da Independencia en
1808.
• - Rusia comenza a comerciar cos británicos e decide invadila en
1812, pero foi derrotado.
• - En 1813 fórmase unha coalición entre Rusia, Austria, Prusia e o
Reino Unido e conseguen derrotar a Napoleón na batalla de Leipzig.
• No 1813 tamén é derrotado en España.
• As forzas aliadas conseguen chegar a París e obrigan a abdicar ao
emperador o 6-4-1814, que se exilia na illa de Elba, no
Mediterráneo.
IMPERIO NAPOLEÓNICO

• - Desde Elba Napoleón fuxe e vai a Marsella, desde alí


consegue reunir ao seu exército, dirixirse a Paris, e retornar
ao poder, que mantén durante 100 días.
• - A derrota definitiva ten lugar fronte á septima coalición
internacional na batalla de Waterloo en 1815.
• - Tras ser apresado é deportado a illa de Santa Helena no
Atlántico, morre en 1821.
A RESTAURACIÓN

• Despois da derrota de Napoleón iniciase en Europa unha época na


que se pretende volver á situación anterior á Revolución, ao Antigo
Réxime, este período coñécese polo nome de Restauración.
• Características:
• - Lexitimismo monárquico: volveron a tomar o poder os monarcas
lexítimos trala paz.
• - Responsabilidade internacional: para evitar outra revolución entre
as grandes potencias acordaron poder intervir noutro país se a
monarquía era ameazada.
• - Sistema de Congresos: para a resolución dos conflitos, acordaron
as grandes potencias, utilizar a vía diplomática, organizando
reunións entre eles onde se discutiran os problemas.
CONGRESO DE VIENA 1814-1815

• Reuníu na capital austríaca as principais potencias europeas


baixo a presidencia de Metternich ministro de asuntos exteriores
de Austria, para evitar novas revolucións, garantir unha paz
duradeira e remodelar de novo o mapa de Europa.
• Así Francia volveu a fronteiras anteriores á Revolución.
• Arredor de Francia creáronse estados tapón para impedila crecer,
Holanda adquiriu Bélxica e Piamonte físoxe con Saboia e Xénova.
• Rusia, Austria e Prusia repartíronse de xeito equilibrado os seus
territorios.
• Non obstante o Congreso creou problemas coma a unión de
Noruega e Suecia, e non resolveu os nacionalismos de algúns
países coma Polonia, Italia ou Alemaña.
ALIANZAS INTERNACIONAIS CONTRA A REVOLUCIÓN

• Para consolidar a Restauración as potencias europeas


estableceron dous bloques de alianzas:
• SANTA ALIANZA: Parte do Congreso de Viena en 1815 e une a
Prusia, Rusia e Austria.
• - Ten un carácter antiliberal, recoñece a orixe divina da monarquía
e comprométense a defender o absolutismo fronte a calquera
revolución intervindo os outros membros no país afectado.
• CUADRUPLE ALIANZA: Fórmase entre o Reino Unido, Austria,
Prusia e Rusia, 1815-1830
• QUÍNTUPLA ALIANZA: Aos anteriores únese Francia no 1818 para
manter no trono a Luis XVIII e defender a orde do Congreso de
Viena.
NOVAS ONDAS REVOLUCIONARIAS

• Os intentos de voltar ao Antigo Réxime que se fixeron durante a


Restauración non sempre tiveron éxito e houbo lugares nos que xurdíron
novas revolucións.
• Factores que influiron nestas revolucións:
• - Afirmación dos sentimentos nacionais: As campañas de conquista
napoleónicas despertaron nos territorios invadidos sentimentos de pertenza
a unha nación. Trala reorganización do mapa de Europa que se fixo no
Congreso de Viena non tuvo en conta que na configuración dos novos
estados houbese pobos distintos con diferencias culturais importantes, iso
provocou a reivindicación por parte dalgúns de obter a súa independencia.
• - Defensa do liberalismo doutrina política que rexeitaba o absolutismo, e
defendía a limitación dos poderes do monarca por unha Constitución,
recoñecía a soberanía nacional, e trataba de recuperar os dereitos e
liberdades individuais conseguidos na Revolución.
REVOLUCIÓNS DE 1820

• PRIMEIRA ONDADA REVOLUCIONARIA 1820


• - Iníciase en España co Pronunciamento do comandante
Riego contra o absolutismo de Fernando VII en 1820.
Consegue impoñer ao rei a Constitución de 1812 e que
goberne baixo o seu amparo durante o chamado Trienio
Liberal. Cae pola petición de axuda do monarca á Santa
Alianza que envía a España un exército para restaurar o
absolutismo «os cen mil fillos de San Luis».
• - En 1821 os gregos sublévanse contra o Imperio Otomán e
logran a súa independencia en 1829 tras un longo
enfrontamento.
REVOLUCIÓNS DE 1830

• SEGUNDA ONDADA REVOLUCIONARIA 1830


• - Esta comenzou en Francia co derroucamento do monarca
absoluto Carlos X. O sucedeu Luis Felipe de Orleáns que
implantou unha monarquía liberal constitucional.
• - Levantamento dos belgas contra o rei dos Países Baixos, que
rematou coa independencia de Bélxica en 1831.
• - Ademais destas revolucións exitosas houbo outras que
fracasaron:
• -- Polonia levantouse en 1831 contra o Imperio ruso, pero a
sublevación foi duramente reprimida.
• -- Tamén houbo revoltas en algúns dos estados italianos que non
triunfaron, Parma, Módena, Estados Pontificios.
REVOLUCIÓNS DE 1848

• Extendéronse a varios países e ademais de ideais liberais e nacionalistas


tamén tiveron demandas sociais por parte das clases populares, e nalgún
caso un compoñente democrático porque reivindicaban o sufraxio universal
masculino.
• Francia, estala a crise en 1848 e acaba coa monarquía de Luis Felipe de
Orleáns, proclamándose a II República. Elaborouse a Constitución de 1848, de
carácter moderado e celebráronse eleccións das que saiu elixido Luís
Napoleón Bonaparte como presidente da República. O seu goberno fíxose
cada vez máis autoritario ata que deu un golpe de Estado e ploclama o II
Imperio en 1852.
• As revolucións nacionalistas extendéronse polo centro e o sur de Europa
«primavera dos pobos», (Praga, Polonia, Croacia, Lmbardía, Venecia, Hungría)
intentando impoñer novas Constitucións, pero fracasaron, ainda que
supuxeron un avance do liberalismo. E en Francia logrouse impoñer o
sufraxio universal masculino.
MOVEMENTOS NACIONALISTAS

• A creación dos Estados nacionais foi un proceso que comenzou


no século XIX coas revolucións liberais.
• A ideoloxía nacionalista pretendía que as fronteiras dos Es-
tados coincidixen coas das etnias, costumes, linguas e relixións.
• Os nacionalismos tratáronse de dúas formas:
• - Forma Disgregadora: reclaman a independencia
nacionalidades diferentes englobadas nun Imperio, por
exemplo Imperio Otomán ou Imperio Austrohúgaro, ou nun
reino caso dos Países Baixos dos que se separou Bélxica.
• - Forma Unificadora: Integración de diversos territorios
independentes nun so país, casos de Italia e Alemaña.
UNIFICACIÓN ITALIANA

• A península Italica estaba dividida en diversos Estados, uns


independentes e outros baixo dominación extranxeira.
• Existía unha lingua e unhas costumes comúns que
contribuíron á forxa dun sentimento común como pobo.
• O proceso de unificación iniciouse en 1859, liderouno o reino
do Piamonte co seu monarca Victor Manuel II e o seu
primeiro ministro o Conde de Cavour, aos que se sumou o
revolucionario Garibadi.
UNIFICACIÓN ITALIANA
FASES
• - 1859: O ministro Cavour logrou que Francia apoiase as demandas
italianas fronte aos austríacos e a cambio o Piamonte cedeulles Saboia e
Niza. No 1859 o exército franco-piamontés venceu as tropas austríacas
nas batallas de Maxenta e Solferino e Austria entrega a Piamonte
Lombardía.
• - 1860-61: O sur de Italia vai ser tomado por unha expedición
revolucionaria dirixida por Garibaldi «os Camisas vermellas» que se fan
con Nápoles e Sicilia e únense aos piamonteses para conseguir a unidade
do territorio, que en 1861 forma un parlamento en Turín e proclámase
rei de Italia a Victor Manuel II.
• - 1866: Piamonte apoia a Prusia contra Austria e a cambio consegue
anexionarse Venecia.
• - 1870: Os piamonteses aproveitando a retirada dos franceses trala
guerra Franco-Prusiana ocupan Roma e alí establecen a capital do novo
reino de Italia, pese a que o Papa non recoñece a ocupación e non será
ata a súa morte cando o novo Papa a admita.
UNIFICACIÓN ALEMANA

• En 1815 o territorio alemán estaba dividido en 39 Estados.


• O Congreso de Viena nesa data agrupounos formando a
Confederación Xermánica, presidida por Austria.
• O Estado máis poderoso era Prusia e convertíuse no eixo da
unificación.
• Prusia en 1834 organizou una unión aduaneira (Zollverein) na que non
participou Austria.
• En 1848 aproveitando a revolución e o movemento nacionalista, o
Parlamento reunido en Frankfurt, ofreceulle a coroa dunha Alemaña
unida ao rei de Prusia, que a rexeitou.
• A partir de 1862 o rei de Prusia Guillermo I e o seu ministro Bismarck,
contando cun poderoso exército e a supremacía económica,
aceleraron o proceso de unificación pola vía militar.
FASES DA UNIFICACIÓN DE ALEMAÑA
• 1ª FASE 1864: O problema sucesorio en dous ducados, con poboación
alemana, que pertencían a Dinamarca, vai a permitir tras gañarlles unha
guerra, que Prusia e Austria se fagan cada unha con un deles.
• 2ª FASE 1866-1869: Enfrontamento entre Prusia e Austria aproveitando
que Austria estaba sofocando a rebelión dos Estados italianos baixo o
seu dominio. Prusia invade o ducado austríaco de Holstein e iníciase a
guerra, que perde Austria na batalla de Sadowa en 1866, e anexiónanse
os territorios alemáns a Prusia que crea a Confederación da Alemaña do
Norte.
• 3ª FASE 1870-1871: Asínase unha alianza militar entre Prusia e os
Estados alemáns do sur, ante a oposición francesa e estala a guerra
Franco- Prusiana, onde o emperador Luís Napoleón III foi derrotado
polos prusianos na batalla de Sedán en 1870, e réndese en 1871, tendo
que entregar a Prusia Alsacia e Lorena. Consíguese a unificación
alemana, proclamándose en 1871 o II Reich e Guillermo I foi coroado
emperador de Alemaña, sendo o seu chanceler Otto Von Bismarck que
consigue facer de Alemaña unha gran potencia económica e militar.
UNIFICACIÓN ALEMANA

You might also like