You are on page 1of 2

COMENTARIO DE TEXTO REVLUCIÓN FRANCESA

Os seguintes textos fan referencia á Revolución Francesa, situada no contexto da


Francia do século XIX. A Revolución Francesa foi unha ondada revolucionaria, que
se iniciou en Francia en 1789, e que se espallou por toda Europa ao longo da
primeira metade do século XIX, para rematar co absolutismo e o Antigo Réxime.
Foron as denominadas revolucións liberais. Os revolucionarios aspiraban a lles
poñer fin aos privilexios feudais, a participar a vida política e que todos os cidadáns
homes fosen considerados iguais. Todos estes textos son de natureza
histórico-literaria, pois os autores dan testemuño da súa época.

A Revolución Francesa do 1789 foi o fenómeno máis importante e que máis


trascendencia tivo a Europa do século XVIII. Tal é a súa importancia que marca o
inicio da Idade Contemporánea. Desde o punto de vista político supón a eliminación
do Antigo Réxime xa que a monarquía absoluta foi sustituida pola parlamentaria ou,
incluso, pola República. No social rómpese coa división estamental, serán abolidos
os privilexios da nobreza e do clero e o campesiñado será liberado de servidume
sendo así, o grupo social máis favorecido a burguesía. No punto de vista económico
remátase co Antigo Réxime ao chegar a burguesía ao poder que impoñen principios
fundamentais do liberalismo económico onde o Estado non intervén na economía.

Na primeira etapa da Revolución Francesa, a burguesía moderada intentou chegar


a un acordo co rei e mais cos privilexiados para converter Francia nunha monarquía
constitucional e parlamentaria. Así, a Asemblea Nacional Constituínte aboliu os
preceptos do Antigo Réxime onde se decretou a abolición do feudalismo
(estamentos, servidume persoal, décimos, etc), e promulgou a Declaración de
Dereitos do Home e do Cidadán (1789) que recoñecía dereitos e liberdades
individuais, como a liberdade de todos os cidadáns ante a lei e os impostos como se
observa no Documento 1, “os homes nacen e permanecen libres e iguais en
dereitos. As distincións sociais só poden fundarse na utilidade común”.
Promulgouse unha Constitución baseada na separación de poderes, a soberanía
nacional e na igualdade legal, aínda que lle reservaba ao rei o dereito de veto.
Estableceu o sufraxio censatario, que lle daba o voto só aos que posuían un
determinado nivel de riqueza. Por outra parte expropiáronse os bens da igrexa para
solucionar a crise financeira e formouse unha Asemblea Lexislativa que elaborou
novas leis para obrigar á nobreza a pagar impostos e abolir os gremios, entre
outras.

A República quedou en mans dos xirondinos, representantes do sector máis


moderado da burguesía. A nova asemblea chamouse Convención Nacional e foi
elixida por sufraxio universal masculino onde votan todos os homes con
independencia da súa riqueza. A Convención iniciou un xuízo contra Luís XVI e a
raíña María Antonieta que foron acusados de Traizón e finalmente condenados e
executados na guillotina en 1793 (Documento 2: “Cando caeu a cabeza do rei”,
“Cheguei do cadalso no momento mesmo no que un criado do verdugo sacaba coa
man a sangue do rei do cesto onde caera a testa”). A morte do rei provocou a
alianza das monarquías europeas, que formaron unha coalición absolutista contra
Francia, mentres que no interior do país estalaron revoltas contrarrevolucionarias e
conspiracións realistas protagonizadas polos antigos privilexiados (Documento 2:
“uns querían conservalo como reliquia dun santo; outros, coma un trofeo”).
En 1793, o sector máis radical da burguesía, fixo súas as demandas dos sectores
populares, fíxose co poder e a Revolución entrou na súa fase máis extrema.
Proclamouse unha nova Constitución que recoñecía a soberanía popular e o
sufraxio universal masculino. O goberno quedou en mans dun Comité de Salvación
Pública que lle outorgou o poder a Robespierre, un dirixente xacobino. Para rexeitar
a invasión austríaca obrigouse a todos os cidadáns a enrolarse no exército, e para
acabar cos opositores dos xirondinos e cos conspiradores impulsouse a política do
Terror como se pode ver no Documento 3, “Condúcese ao pobo pola razón e aos
inimigos do pobo polo terror”. Esta política consistía en que calquera que
conspirase ou opinase diferente era condenado a prisión ou a morrer na guillotina
(Lei de Sospeitosos). Todo isto provocou a oposición de gran parte de poboación e
en xullo de 1794 un Golpe de Estado acabou co poder xacobino, e Robespierre e
outros líderes xacobinos foron executados na guillotina (Documento 3: “O goberno
de Revolución é o despotismi de liberdade contraria à tiraría.

O fin de orde xudicial acabou coa monarquía e coa separación da sociedade en


clases fixas e inmovibles (aristocracia, clero e servos). Así, a república fíxose
sistema de goberno en Occidente. Deuse a primeira proclamación dos dereitos
humanos universais onde o lema da libertade, igualdade e fraternidade levou a
redación da primera lei de dereitos humanos sin distinción de raza nin credo nin
nacemento. Por outro lado, a influencia nas colonias americanas fixo que as
colonias americanas de Europa veran a Revolución Francesa como un exemplo a
seguir e así , os seus ideales marcaron huella nos seus propios procesos de
independencia. Finalmente o ascenso de Napoleón Bonaparte e o seu imperio
francés, así como as guerras europeas que lle seguiron, puxeron fin a este período
histórico.

Os presentes textos reflicten unha realidad política, social e económica vixente na


Europa de primeira metade do século XVIII. A diferenza do Antigo Réxime que
levaba unha forma de vida desigual e opresora, a Revolución Francesa supuxo
,ademais do inicio de Idade Contemporánea que constitúe un dos grandes
acontecementos da historia da humanidade, un gran avance en todos os niveis.

Nuria Rodríguez Crespo


1º BAC B

You might also like