You are on page 1of 82

As viraxes de finais do século XIX.

A Primeira Revolución Industrial comeza na segunda metade do século XVIII en Inglaterra, e


considérase que pasa á plataforma continental trala Revolución francesa (1789-1799), pero en maior
medida dende os anos 10-20, e sobre todo na década dos 30, momento no que a Revolución Industrial
chega á Europa continental.

A Primeira Revolución Industrial, comezada na segunda metade do século XVIII, chega ata 1850-
1870, anos da transición da primeira á segunda. Entre 1870 e 1873 considérase os anos de inicio da
Segunda Revolución Industrial pois en 1873 acontece a primeira gran crise económica do sistema
capitalista1, que se xesta no 70 pero que estoupa nas primeiras bolsas europeas no 1873, cando o
mercado europeo non é capaz de absorber toda a produción e toca teito a industrialización, motivo
polo cal se ten que reestruturar todo.

Introdución

As mudanzas sociais no século XIX: A emancipación dos servos, o retroceso da escravitude;


transvase da condición de vasalos a cidadáns2

Na segunda metade do século XVII, e ata moi avanzado o século XX cando inicia a transición á
democracia en España, todos os continentes, excepto o africano, aumenta a poboación neste período,
pero foi en Europa onde a expansión demográfica se produciu en maior proporción. En África o
comercio de escravos e as loitas triviais minguaron moito a poboación; en Asia, triplicouse; e no caso
Europeo, cuadriplicouse entre os séculos XVII e o XX (o espazo xeograficamente máis reducido).

O feito de que Europa cuadriplicase a súa poboación determinou que a raza branca, a condición
de europeo, outorgaba certa licencia para dominar o mundo, pois serán os ricos do mundo, os
civilizados, os industrializados que teñan o maior progreso. Isto lévaos a colonizar boa parte do mundo
non colonizado (África e Asia) e ao maior transvase de poboación da historia, pois prodúcense os
grandes movementos migratorios nos que a poboación europea se traslada ás colonias africanas,
asiáticas e a América a través da emigración.

1Debemos lembrar que no Sistema capitalista sucédense crises de forma cíclica.


2Un cidadán é alguén do mundo contemporáneo. No mundo contemporáneo, nos séculos XIX e XX, hai constitución e cidadáns,
o que se contrapón ao Antigo Réxime, carente de Constitucións e con vasalos (había estamentos, non había igualdade xurídica).
Na Primeira Revolución Industrial acontece a revolución dos transportes, implantándose como
transporte masivo dende este momento o ferrocarril (as máquinas de vapor); na Segunda Revolución
Industrial segue sucedendo a revolución dos transportes, e resultan innovadores e revolucionarios o
automóbil e o avión. Hai dous episodios moi lamentables na historia que determinaron o gran
desenvolvemento do sistema de automoción: a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. As guerras teñen
un proceso de innovación industrial elevado, o que levou á gran difusión do automóbil trala Primeira
Guerra Mundial e a da aviación trala segunda.

Dende finais do século XVIII, cando remata o Antigo Réxime, a terra perde protagonismo fronte ao
capital, dándose o paso dunha economía tradicional con base agraria e artesanal a unha economía
moderna de base industrial. Isto provoca que aparezan as novas clases sociais: a burguesía e
proletariado, que traballaba nas fábricas e xorde en condicións de extrema pobreza e absoluta
explotación3.

Debemos lembrar que na Idade Media o que daba valor era a guerra, cando se pasa ao Antigo
Réxime o que daba prestixio era a terra (en mans da nobreza e o clero, é dicir, os estamentos clerical e
nobre), pero a partir da Idade Contemporánea no século XIX será o capital.

Neste momento combínanse diferentes aspectos que levan á transformación da sociedade do


Antigo Réxime á sociedade contemporánea. Eclosiona unha economía industrial cada vez máis masiva,
que leva á caída definitiva da economía de base agraria e de obradoiro a unha economía
contemporánea. Tras todo isto hai unha modificación da estrutura económica, se antes o importante
era a terra e o medio rural, aparecen agora o sector secundario e terciario, que medran moito, pero
tamén hai unha gran innovación no sector primario, relacionado coa maquinización do sistema agrario.
Todo isto non foi posible sin a tecnoloxía e o sistema de innovación industrial que arrastrou o proceso
da Revolución Industrial, aumentando a produción e a distribución a través do ferrocarril. O sector
económico máis importante é o primario, dende que o mundo é mundo.

A función do Estado

3Os obreiros tardaron moito tempo en acadar dereitos, para o cal primeiro tiveron que adquirir conciencia como clase, xuntarse
e defender os seus dereitos e logo adquirilos. Hai Estados nos que esta adquisición sería máis tardía que en outros. O caso de
España é un caso particular na historia de Europa pola irrupción do franquismo, hai carencias democráticas moi grandes porque
hai unha democracia moi nova, pois o período democrático é escaso, permanecendo rémoras do pasado.
Ca é a función do Estado? No Antigo Réxime había o mercantilismo, unha economía moi controlada
polo Estado e que favorecía aos estamentos e os sectores privilexiados. O liberalismo económico é a
filosofía do sistema capitalista que nace en Gran Bretaña e que se relaciona co individualismo.

O caso británico é paradigmático, pois o parlamentarismo, que ven do século XVII, o sistema liberal
que chega a día de hoxe a Europa e que se implantou no século XIX copiaba o modelo británico e logo
o francés, e o sistema económico copia o sistema británico, o individualismo económico da propiedade
privada. Foron os primeiros en implantar un sistema fiscal e arancelario.

Fronte a este caso está a Europa continental, onde nesta transición o estado é máis
intervencionista, copia máis a tradición do Antigo Réxime e tratan de facer unha economía capitalista
pero controlada dende os Estados (non sucedía no caso británico onde deixaban liberdade á hora de
innovar) que se combina coa ideoloxía nacionalista chauvinista de contrario ao veciño (que non tiñan
os británicos) que se xunta con este estado intervencionista. É a gran diferenza entre o mundo
anglosaxón e o da Europa continental.

Os británicos implantaron un modelo do liberalismo económico, que foi copiado polo caso
europeo da plataforma continental pero con certos tamices pois había características diferentes.
Fronte a isto, o liberalismo económico implantado na plataforma continental ten unhas características
que tamén beben do liberalismo político da plataforma continental e que son diferentes do
parlamentarismo británico; é dicir, o que sucede en economía ten tradución en política e viceversa.

A sociedade no século XIX

É unha sociedade sometida constantemente ao proceso de industrialización, o que transformará


a sociedade e as mentalidades. Aparecen as clases sociais, fronte aos estamentos do Antigo Réxime,
xurdindo entón a burguesía fronte a aristocracia (haberá unha simbiose entre ambas), e a emerxencia
das clases traballadores, que se coñece como proletariado, dentro do cal hai unha gran diversidade
(traballadores de minas, fábricas, ferrocarril, artesáns, xornaleiros...). Todo isto vaise diversificando a
medida que medra a sociedade capitalista e se implanta a Segunda Revolución Industrial dende
comezos do século XX. Neses anos de transición, ata o ano da guerra, é o ano de transformación real
da sociedade a unha capitalista.

O paso de estamentos a clases non sucede de forma inmediata, é un proceso paulatino. Ata o
século XVIII existía a nobreza, clero e estado llano, carente de representación política e dereitos pois
había diferenzas xurídicas. Trala industrialización e a implantación liberal que trae consigo as
Constitucións, aparece a igualdade xurídica, e trala Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán en
1789, onde decretan por primeira vez para a sociedade francesa a soberanía nacional, a liberdade
individual e a propiedade privada como dereitos inalienables á sociedade, é cando se perfila xa unha
sociedade contemporánea onde, a nivel económico, estaban os propietarios burgueses capitalistas e
os proletarios, a forza de traballo.

É dicir, ao longo do XIX, e sobre todo na última parte, hai unha transición xa definitiva das
estruturas do Antigo Réxime de condición feudal cara unha sociedade capitalista, burguesa, que non
consolidará ata o ano da Primeira Guerra Mundial.

O proceso de cambios sociais (XIX)

Ao longo do século XIX había dous grandes grupos hexemónicos que ostentaban o poder no
continente: a nobreza titulada que procedía do Antigo Réxime e que tiña na terra a principal fonte de
riqueza; ademais estaba a nobreza rural (junkers) e a nobreza local (gentry); e a burguesía ascendente
que tiña certa participación na terra. Estes grupos terán unha simbiose ao longo do século XIX, os
burgueses querían emular aos aristócratas e nobres e viceversa (hai burgueses que se ennobrecen a
través do matrimonio e hai nobres que se fan burgueses invertendo os seus cartos en industria), polo
que moitos dos títulos nobiliarios chegan ao día de hoxe, como, por exemplo, os Thyssen-Bornemisza.
No caso da burguesía hai tamén unha grande heteroxeneidade: alta (era a que se emparentaba cos
nobres), media (dedicados ás profesións liberais) e baixa.

Ao longo do século XIX Hai un cambio de mentalidades, importante para poder dar saída a todo
isto. Nestas sociedades que viñan do Antigo Réxime, moi relixiosas e sometidas ao poder clerical, cun
índice de analfabetismo moi elevado, foi necesario asignalo, o cal non foi sinxelo; foi máis doado en
países nos que o poder clerical era menor, como o caso británico, que en países como España onde o
poder do clero era moito máis forte. Unha vez dado o cambio de mentalidade aparecen as sociedades
laicas, o anarquismo, etc., e con isto hai xa un gran cambio de mentalidade. O cambio de mentalidade
é un dos procesos máis complexos da historia.
Nestes anos é o gran desenvolvemento da caricatura e da sátira para levar a cabo un proceso de
crítica social que xa viña de principios do
século XIX.

Exemplo disto son as caricaturas de


Honoré Daumier, como Los buenos burgueses,
nesta caricatura vemos o afán de ostentación
da burguesía, a hipocrisía da familia feliz, é
unha imaxe burlona da burguesía.

Na caricatura de Corte transversal de un


edificio parisino, de 1845 da revista Paris
Comique; vemos en sentido ascendente, xente popular na entrada, no primeiro piso aparece a alta
burguesía, a media burguesía no segundo, no terceiro a baixa burguesía e na planta superior un
bohemio pintor e un vagabundo. A medida que ascendías, descendía o nivel social, isto era así no
século XIX porque non había ascensor e había Honoré Daumier, Les Bons Burgeois (1835- Corte transversal de una casa
1840). parisina, Paris Comique (Paris
que subir a leña polas escaleiras. cómico), 1 de enero de 1845: “Los
cinco niveles del mundo parisino”.
Dentro das clases traballadoras hai, basicamente, campesiños (xornaleiros e Reproducido en: Wechsler, Judith.
1982. A human comedy.
aqueles que acaban sendo propietarios) e obreiros (coa súa diversidade). Dentro Physiognomy and caricature in
19th century Paris. Thames and
do grupo dos campesiños, a pesar de que a industrialización e o éxodo rural cara Hudson, p.27.
as cidades ou cara América foi moi evidente neste tempo, falamos aínda dun continente de campesiños,
pois a base da economía seguía sendo a agricultura. É preciso diferenciar entre a Europa occidental e
a oriental, na primeira o campesiño foise convertendo en propietario, agricultor propiamente dito,
grazas a súa condición de emigrado a América e retornado, ou non, con cartos que lle permitían o
cambio; estes acaban converténdose en grandes campesiños que acaban arrendando parte da súa
terra. Por outro lado, a Europa oriental permaneceu baixo o réxime de servidume moito máis tempo,
réxime que tardou moito en desaparecer; na realidade tardou máis en desaparecer que na teoría.

Na primeira metade do século XIX acontecen tres grandes revolucións liberais, ata 1850, acontecen
neste período tres grandes procesos revolucionarios liberais en Europa: o primeiro en 1820, o segundo
en 1830 e o de 1848. Na primeira houbo pouca participación do proletariado, aumentando esta
progresivamente coa maior conciencia de clase. A partir de 1848 é cando, en teoría, inicia a abolición
da escravitude no Imperio austríaco, pois Francia, país que levara a cabo a revolución social, decreta
dita lei, e dende entón implántase noutros estados (como EEUU, o estado escravista por excelencia);
pero unha cousa é que se decrete e outra que se aplique. No mundo occidental a fin da servidume no
Imperio ruso sucede no 1861.

Neste momento aparecen definicións e o tema da cuestión social. O feito de que se explotasen
moitos traballadores viuse que aumentaba o índice de mortaldade, pois as condicións de salubridade
nas que vivían nas fábricas eran lamentables. Unha serie de autores que nos anos 50 e 60, como E.P.
Thompson, estudaron as consecuencias da Revolución Industrial na sociedade. Na súa obra La
formación de la clase obrera inglesa, de 1963, podemos ler:

“El concepto de clase social.

No veo la clase como una “estructura”, ni siquiera como una “categoría”, sino como algo que de
hecho ocurre y puede demostrarse que ha ocurrido en las relaciones humanas. Si paramos la historia
en un momento concreto entonces no hay clases sino simplemente una multitud de individuos con
multitud de _. Pero si observamos esos hombres a lo largo de un periodo adecuado nos damos cuenta
de que hay unos modelos que hay unos modelos en sus relaciones, sus ideas y sus instituciones. Los
hombres definen la clase al unir su propio _ y al final esta es la única definición posible.

La clase toma realidad cuando algunos hombres, en consecuencia de unas experiencias comunes,
_ o compartidas, perciben una identidad de intereses y en contra de otros hombres cuyos intereses
son distintos (y generalmente opuestos) a los suyos.”

É dicir, a situación na que viviu o proletariado en réxime de escravitude e servidume na Europa


oriental, para acadar a conciencia de proletariado e de conciencia de clase como grupo homoxéneo foi
moi difícil, pois viñan dunha forma de vida diferente. O cambio de mentalidade e de estilo de vida leva
moito tempo, non se consegue nun día. Isto leva a que pouco a pouco os Estados danse conta da
necesidade de dar unha prestación aos obreiros, os cales danse conta de que deben demandar
dereitos; isto leva á creación da clase social, que se fai unha realidade efectiva dende a implantación
da Segunda Revolución Industrial nos anos 70.

O proletariado (working classes)

O contrapunto da emerxencia social da burguesía foi a configuración dunha gama de traballadores


industriais e de servizos que tenderon a ser clasificados no amplo termo de “proletariado”. Isto
aconteceu no século XIX, cando este amplo termo se foi diversificando cada vez máis. O denominador
común era ter a condición de asalariado, é dicir, traballaban para un terceiro, recibindo un salario a
cambio da súa forza de traballo. Este grupo tiña unha gran diversidade interna, cada vez maior, que
abranguía tanto traballadores da industria, rurais, ambulantes, eventuais, feirantes...

Dos grupos sobreexplotados do proletariado destacaron as mulleres e os nenos. Os burgueses


estaban interesados na contratación de nenos, que comezou no sector téxtil co algodón, porque tiñan
as mans pequenas, o cal facilitaba certas labores, pois era necesario meterse debaixo das máquinas
para movelas e facer tecidos, por exemplo, falecendo moitos deles. [Película Daeus]

Pouco a pouco foise formando un grupo de traballadores cualificados dentro do propio


proletariado, chamada a “aristocracia obreira” (primeiros encargados ou capataces). Este grupo foi
bastante importante no sector servizos, na administración, hostalería e o turismo, sector no que
aparece esta “aristocracia” de forma masiva.

Pensamento social e organización obreira

Dentro deste pensamento social e da organización obreira que se da ao longo do século XIX, as
tres grandes ideoloxías que definiron este século foron: o liberalismo, que se implanta coa Revolución
Francesa; o nacionalismo, as identidades patrióticas dos distintos estados europeo que rivalizaban
entre eles; e o socialismo, que se difunde sobre todo á raíz da consolidación do movemento obreiro.

O socialismo foi a decantación final dunha serie de ideas de longa tradición do pensamento
europeo que viñan xa do século XVII pero que non chegou a ter unha plasmación ata que se chega á
industrialización. Nace, sobre todo, á raíz do empobrecemento excesivo do proletariado; esta situación
de pauperización chegou ao extremo de protestar, pois o que gañaban non era suficiente para comer,
sendo a orixe do futuro movemento obreiro.

A evolución dos salarios en Francia na segunda metade do


século XIX. En primeiro lugar, debemos considerar as tres variables
que trata a gráfica: o custo da vida, o salario nominal e o real. Esta
gráfica abrangue de 1840 a 1900 en Francia, período no que
acontece o final da Primeira Revolución Industrial, a transición
entre ambas e a Segunda Revolución Industrial.

Á hora de comentar esta gráfica debemos lembrar que na


Primeira Revolución Industrial o sector estrela era o téxtil, e o
produto, o algodón; tivo esa gran transcendencia porque era este un produto versátil de longa vida e
produción relativamente barata, substituíndo á la, o liño e a seda, e tivo unha comercialización masiva
que chega á actualidade. Os outros sectores estrela deste período son o carbón e a metalurxia, moi
relacionado co ferrocarril e a máquina de vapor. O produto estrela na Segunda Revolución é a
electricidade, cunha versatilidade semellante ao algodón no téxtil, pois esta ofrece luz, calor, aplicación
industrial...; destaca tamén a metalurxia, concretamente co aceiro (motivo polo que, fronte á
revolución do ferro da Primeira Revolución Industrial, fálase neste momento da revolución do aceiro).

Para comentar dende 1840 ata 1900 debemos contextualizar o tema “os salarios en Francia”,
dende finais da Primeira Revolución Industrial ata finais da Segunda en Francia, que chegou a ser unha
grande potencia Europea nesta Segunda Revolución Industrial. A gráfica mostra que o custo da vida é
máis elevado que o salario gana a xente, como conclusión, a xente vive mal. Debemos facer tamén
unha comparativa entre o inicio, onde está por debaixo do índice medio, e o final anos antes da
Primeira Guerra Mundial, vendo un paulatino equilibrio, tralo cal está a organización do movemento
obreiro.

A urbanización de París no século XIX, a partir de


Haussmann.

O barón Haussmann foi un enxeñeiro, un prefecto do


departamento do Sena no período do Segundo Imperio na
época de Napoleón III, entre 1853 e 1870. Napoleón III tivo un
problema cando inicia o Segundo Imperio, pois tiña índices de
insalubridade elevadísimos, con moitos incendios, e con gran amoreamento urbano pola chegada de
persoas do mundo rural. Cando este se fai co goberno en 1852 chama a Haussmann para converter
París nunha metrópole actual; este fai unha planimetría que sería copiada. Os bulevares veñen deste
modelo: rúas anchas axardinadas para limpar o ambiente. Mantén dous grandes pulmóns da cidade,
o bosque de Vincennes e o de Bolonia; construíu as grandes estacións de ferrocarril que chegan á
actualidade, constrúe a chegada de ferrocarril externo e as redes de metro; constrúense tamén os
edificios más representativos da arquitectura ecléctica europea, destacando de todos eles a Ópera
Garnier.
O reparto do salario obreiro en Francia e EEUU, vemos a porcentaxe de gasto en cada un dos países.
O que sorprende é o custo da alimentación, arredor do 75% no caso francés en 1880, o gasto en
aluguer era moi baixo porque en moitos casos a propia fábrica ofrecía vivenda aos traballadores, mais
estaban en condicións infrahumanas, o que deducimos que as condicións de vida serían moi precarias.
Entre Francia e EEUU vemos que no caso estadounidense estaba máis equilibrado; en EEUU foi moi
rápida a conversión na segunda metade do século XIX, mentres que no caso europeo, pola historia que
ten detrás, tivo que implantar o réxime liberal. Son dous estados do mundo occidental do sistema
capitalista; en Rusia, neste período, a gráfica sería aínda máis extrema.

Nunha vista dunha fundición alemá de 1873, da


metalurxia Krupp. Situamos a imaxe na Segunda Revolución
Industrial, na transición de finais da primeira e inicios da
segunda.

Danos unha sensación de condicións infrahumanas polo


calor que había alí dentro, unha sensación de amoreamento
e transmite a idea de condicións lamentables. Non está electrificado, a metalurxia dá a propia luz (non
se ven cables eléctricos, polo que se correspondería máis con finais da Primeira Revolución Industrial).
Non estaba organizado aínda o movemento obreiro, polo que carecerían de protección social.

Un dos historiadores que traballou moito o tema da cuestión social foi J. Villermé, un dos primeiros
en tratar este tema e narrou a vida da xente. Na súa obra de 1840 Tableau de l’état physique et moral
des ouvriers employés dans les manufactures de coton, de laine et de soie comenta:

“Las condiciones de vida de los obreros de Lille

Los más pobres viven en los sótanos y en los graneros. Estos sótanos no tienen ninguna
comunicación con el interior de las casas. Se abren a las calles o a los patios, desde donde se baja por
una escalera que a menudo es al mismo tiempo la puerta y la ventana. Están constituidos por piedras
o ladrillo, abovedados o en baldosas, y todos tienen una chimenea, lo que prueba que han sido
construidos para servir de vivienda. Es en estas tristes y sombrías habitaciones donde come, duerme
e incluso trabaja un gran número de obreros. El día, para ellos, llega una hora más tarde que para los
demás, y la noche, una hora antes.
Su mobiliario ordinario se compone de una suerte de armario o de una plancha para colocar los
alimentos, de un hornillo de tierra cocida, algunos cacharros de una pequeña vajilla, dos o tres sillas y
un sucio camastro cuyas únicas piezas son un jergón y unos jirones de mantas.”

A cultura do meeting ven da segunda metade do século XIX, é moi


difundida porque gran parte da poboación era analfabeta. Era o método
utilizado, xunto coa lectura pública de xornais en prazas públicas ou nos
descansos das fábricas, para difundir a conciencia de clase.

O cartel promocional do primeiro de maio, celebrado de forma


oficial dende 1889, vemos que reivindican xornada laboral de 8 horas
(xunto con 8 de descanso e 8 de ocio). Entre 1886 e 1890 é cando se
demandan os tres 8, e decrétase en 1889 o primeiro de maio como o día oficial do traballador. Nos
carteis do primeiro de maio aparecen sempre figuras femininas porque a muller é a personificación do
triunfo da República, é unha icona que se extrapola porque un dos Estados máis reivindicativos foi
Francia.

Isto non foron cambios inmediatos, foise conseguindo a medida que se avanzaba no proceso da
implantación da Revolución Industrial. As doutrinas sociais non comezaron a sistematizarse ata os anos
20-30 do século XIX, unha vez que a Revolución Industrial pasa á plataforma continental e comeza a
difundirse, coincidindo cos episodios das revolucións liberais que se dan en Europa en 1820 e do 1830.

A palabra empregada para designar esta denuncia das inxustizas e polo avance do capitalismo foi
“socialismo”, a partir de onde se vai inculcando paulatinamente, pois os obreiros debían adquirir
conciencia de clase. Comeza a ser usada nesta época para contrapoñela ao “individualismo”, moi
parello á idea do burgués que solo mira o seu interese, o socialismo proletario é a contraposición do
individualismo burgués.

Os movementos que se foron sucedendo ata chegar á legalización do movemento obreiro foron
diversas. O socialismo utópico é o inicio do socialismo, tralo cal se da un paso máis co socialismo
científico.
O primeiro deles chamaba a atención sobre os efectos do capitalismo máis que sobre as causas
que provocaban a situación de pobreza e miseria dos traballadores; exemplo disto foron Saint-Simon,
Charles Fourier ou Robert Owen. Estaban máis preocupados polo efecto que tiña o capitalismo nos
traballadores que a orixe dos problemas. Tamén chamado socialismo pre-marxista.

Dáse un paso máis a partir do socialismo utópico e comezan a aparecen os socialistas científicos,
onde se analiza que o sistema capitalista ten como resultado a pauperización dos obreiros, pero
buscando a causa, que a burguesía explota á xente. É dende ese momento cando se analiza máis en
profundidade a cuestión desta pauperización dos obreiros cando se definen dúas ideoloxías: o
marximso (Karl Marx e Friedrich Engels) e o anarquismo (liderada por Pierre-Joseph Proudhon e Mijaíl
Bakunin).

• Marxismo

A ideoloxía marxista foi elaborada por Marx (El capital, 1867) e Engels (El manifiesto
comunista, 1848). Da aplicación posterior do marxismo debemos destacar a concepción da
sociedade capitalista como un antagonismo entre a clase burguesa e a clase obreira, da
que se deriva o principio de que o proletariado só poderá derrogar á burguesía por medio
da conquista do poder político. Isto desemboca na creación de partidos políticos obreiros
e leva tamén á postulación dunha futura sociedade de senso comunista como alternativa
á sociedade capitalista e burguesa.

Na historia europea houbo práctica da ideoloxía comunista, pero non chegou a


consolidarse, o comunismo non tivo viabilidade [Película La vida de los otros].

Na análise crítica da economía capitalista, considera que a causa de miseria dos obreiros
estaba na apropiación dos burgueses de parte do produto producido polo traballo, o que
se chama a plusvalía, para eles esta plusvalía rendía sempre nos burgueses.

Engels, en 1845 publica La situación de la clase inglesa, na cal redacta:

“La clase obrera inglesa en 1845, según el informe de Engels

Resumiendo los hechos expuestos: las grandes ciudades están principalmente habitadas
por obreros; estos obreros no tienen ninguna propiedad y viven del salario que casi
siempre pasa de su mano a su boca. Cada obrero está siempre sujeto a que le falte el pan,
es decir, a la muerte por hambre, y muchos sucumben. Las viviendas de los obreros están
generalmente mal agrupadas, mal construidas, son húmedas y mal sanas; los individuos
están encerrados en el más estrecho espacio, y en la mayoría de los casos vive por lo menos
una familia. Los alimentos son malos, insuficientes, de modo que en la mayoría de los casos
el obrero muere por hambre.”

• Anarquismo

O anarquismo fundaméntase menos na organización do partido obreiro e máis na


capacidade do individuo para acadar a súa propia liberdade nunha relación igualitaria cos
seus semellantes.

O seu rexeitamento á autoridade desemboca na negación do Estado como forma política,


pretenden a abolición da propiedade privada.

O enfrontamento entre marxistas e anarquistas foi evidente dende cedo, e estivo moi presente
nos grandes debates do movemento obreiro da segunda metade do século XIX, sobre todo durante a
Primeira Internacional (1864-1872), levándose a fin porque non houbo entendemento entre marxistas
e anarquistas, ademais doutros acontecementos que se sucederon, como diferentes guerras.

Primeiras accións colectivas

Ata 1850 o movemento obreiro careceu dos instrumentos necesarios para defenderse, é dicir, os
partidos obreiros, sindicatos e internacionais obreiras. Non foi ata mediados do século XIX cando tivo
organizacións propias.

As primeiras accións más importantes contra o asociacionismo foron en Francia e Inglaterra. Os


burgueses e nobres eran os menos interesados en que os obreiros se organizasen, pois eles ostentaban
o poder político, e foron os primeiros Estados en decretar a prohibición do asociacionismo. A primeira
foi Francia a través da Loi Chapelier en 1791 vixente ata 1864, decretándose a Loi Ollivier que permitía
o asociacionismo; no caso de Inglaterra aparece en 1799 e ata 1824 a Combination Laws/Acts que
prohiben as Trades Union. Ambas leis prohiben a asociación dos obreiros e tamén a folga, unha
maneira moi evidente de protesta.

As primeiras mobilizacións dos obreiros.


Inicialmente estaban os motíns e revoltas, protestas espontáneas en contra dos abusos que sufrían
dos seus patróns e burgueses. Unha das máis coñecidas foi a da fábrica de fundición de Sargadelos,
mobilizacións sen organizar, espontáneas, que tamén se rebelaban coas máquinas.

Aparece logo o ludismo (un líder británico que mobilizou aos traballadores, chamado Ned Ludd,
un traballador do sector téxtil), unha manifestación espontánea dos traballadores en contra das
máquinas, pois vían nela o elemento a destruír porque substituían aos traballadores na man de obra,
non se enfrontaban ao xefe burgués de forma directa. Manifestacións ludistas houbo en toda Europa
dende os anos 10 e 20, ata os anos 30-40 sobre todo en Europa do sur, pois inician no norte e van
avanzando cara o sur.

A partir deste hai o cartismo, un movemento inglés que ven do People’s Charter, a acción colectiva
máis elaborada da clase obreira da primeira metade do XIX (1838-1848). A carta do pobo foi enviado
ao Parlamento británico no 38 por primeira vez e no 48 por última, redactada por obreiros e nas cales
pedían dereitos a nivel político, é dicir, vemos un avance, pedindo sufraxio universal, obreiros no
parlamento e eleccións anuais. O cartismo non tivo unha tradición política, pero dende ese momento
faise evidente que os obreiros non solo queren melloras laborais, senón tamén dereitos políticos.

Chega a revolución do 48, a chamada revolución dos pobos, moi apoiada polo mundo obreiro,
pedindo dereitos laborais e tamén políticos, perfilando xa a creación de partidos e sindicatos obreiros.

Sindicatos e partidos obreiros

Os dous obxectivos básicos dos traballadores era modificar as condicións de traballo, para o que
crean unha serie de organizacións que chegan a día de hoxe e que coñecemos como sindicatos, a rede
de transmisión de dereitos laborais dos partidos obreiros que seguen existindo en Europa como
herdanza de todo isto.

A primeira ilustración amosa os chamados puntos negros, as


paisaxes industriais serán insalubres. Trátase dunha paisaxe
industrial típica europea de finais do século XIX. Trátase dunha
imaxe dos inicios da Segunda Revolución industrial. Nesas
fábricas estase empregando carbón, vemos ademais na
Paisaxe industrial. Ca. 1870-1880.
ilustración que esa paisaxe está ubicada na beira dun río (a auga
é fundamental para a industria, polo que sempre aparecen ás beiras dos ríos estas paisaxes industriais);
as residencias dos obreiros son de madeira, polo que nesa locación propiciarían unhas condicións de
insalubridade aínda maiores.

Na segunda imaxe reflíctese o caso americano, no que vemos


que os edificios residenciais están afastados das fábricas, os
núcleos negros industriais da época son máis espazados, non
teñen esa sensación de mala salubridade, carecendo destes
problemas a diferenza do caso europeo (isto vén dado porque Paisaxe industrial en EEUU.

América non tivo que pasar polo proceso da Primeira Revolución Industrial, asumiu directamente as
innovacións da Segunda e non tivo tantos problemas).

Na primeira imaxe móstrase o


traballo infantil nunha fábrica do sector
téxtil, probablemente de algodón. Chama
a atención que os nenos aparecen
descalzos, pois moitos deles eran
vagabundos, polo que deducimos unhas
condicións infrahumanas.

Na segunda, o traballo feminino nunha fábrica. Un elemento que indica que se trata da Segunda
Revolución Industrial é a iluminación (a Traballo infantil en fábrica do Traballo feminino en fábrica do sector
sector téxtil (I-II Revolución téxtil (I-II Revolución Industrial).
lámpada), ademais da indumentaria. Industrial).

Sindicatos

As primeiras organizacións obreiras foron de dous tipos: mutualistas e cooperativas, que viñan da
tradición do Antigo Réxime, o que se chamaban as “Sociedades de Socorros Mutuos”, pero non estaba
rexistrado en ningún lugar e non tiñan ningún tipo de dereito. É unha tradición que ven do século XVIII.

A partir da segunda metade do XIX, nos anos 50-60, é cando se pode falar de que comeza o paso
para organizar as agrupacións de obreiros oficialmente recoñecidas, con dereitos adquiridos
paulatinamente. As primeiras agrupacións sindicais recoñecidas foron en Inglaterra, país no que se
fixera a Revolución Industrial, a través das Trades Union Congress en 1868, pero non foi ata o 1871
cando se comezan a legalizar os dereitos dos traballadores; outro dos estados que legalizou
oficialmente a organización sindical foi Francia coa CGT (Confédération Générale du Travail) en 1895.
Os Estados non estaban interesados en que os obreiros adquirisen dereitos, pero se percataron de que
necesitaban facelo.

Dende finais do século XIX podemos falar da xeneralización dos sindicatos para as relacións laborais
industriais (que serían logo trasladados ao mundo agrario) dende a década de 1880, de feito é entre o
1889 e 1890 cando xa se oficializa a celebración do primeiro de maio como día do traballador. As razóns
polas que dende os 80 aparece a proliferación dos sindicatos foi a demanda da regulación do horario
de entrada e saída da fábrica (a defensa dos 3 oitos).

Partidos obreiros

Ademais dos sindicatos, que demandaban os dereitos laborais, aparecen as organizacións


partidarias para demandar dereitos políticos, necesitaban esta representación política para defender
os seus dereitos laborais, polo que aparecen neste momento os partidos políticos obreiros.

Dos primeiros partidos obreiros que aparecen foi o PSD (Partidos Socialdemócrata, Alemaña) en
1875; o segundo partido oficialmente recoñecido en Europa foi o PSOE (Partido Socialista Obreiro
Español) que se rexistra no 1879; e o Partido Laborista (Labour Party) en Inglaterra que existía dende
décadas antes pero que se oficializa como tal no 1905.

O gran creador do PSOE foi Pablo Iglesias, a partir da creación oficial do PSOE créase o seu sindicato,
a UGT, na década seguinte, no 1888.

As internacionais obreiras

A nivel internacional xorden as internacionais obreiras, hai algo que defende a conciencia obreira
é a solidariedade que viña de tradición do Antigo Réxime, os obreiros cando adquiren conciencia de
clase, agrúpanse e deféndense entre eles. Esa axuda mutua entre obreiros de distintos estados nace
relacionada coa acollida de exiliados que se moven en zonas fronteirizas da Europa da época,
coñecéndose obreiros de distintas nacionalidades que se organizan e asocian, e defenden a axuda
mutua entre diferentes Estados.

A Primeira Internacional materialízase en Londres en 1864 e remata en 1872, tivo unha curta vida.
Foi froito do traballo e contacto establecido sobre todo entre obreiros ingleses e franceses belgas. Esta
Primeira Internacional estivo liderada por Marx, quen redactou o manifesto fundacional e tivo parte
nos estatutos; este insiste no seu carácter central da clase obreira e a idea de que tiña que conquistar
o poder desbancando aos burgueses. Os países nos que a Internacional tivo implantación foron Francia
e Bélxica; tamén no caso español e italiano houbo certa presencia, pero tiveron máis peso as
notaridades anarquistas.

Nesta Primeira Internacional houbo un enfrontamento aberto dende o inicio entre marxistas e
anarquistas, o que levou á desaparición da Internacional. Houbo catro elementos concretos que
determinaron a fin da Primeira Internacional:

1. Enfrontamento entre anarquistas e bakunistas.

2. A guerra franco-prusiana (1870-1871), decretada entre Prusia e Francia polo trono español.

Durante o reinado de Isabel II, entre 1833-1868, é o período no que en España se implanta
definitivamente o sistema liberal, pero isto foi moi difícil, houbo boicot por parte dos
grupos conservadores e do clero (pois significaba o desenvolvemento do laicismo). O nivel
de corrupción era tan elevado que se focalizou na imaxe da raíña por falta de moral, comeza
no 1868 unha revolución e decrétase o Sexenio Revolucionario (1868-1874).

Neste Sexenio debátese cal será a nova forma de goberno en España (república ou
monarquía); finalmente decrétase que será unha monarquía, cun rei estranxeiro. Xerouse
un debate arredor da futura figura da monarquía, e houbo varios candidatos, recaendo
finalmente na figura de Amadeo I. Un dos candidatos foi da familia dos Hohenzollern, de
orixe austríaco-alemán; en Francia, onde se estaba desenvolvendo o Segundo Imperio de
Napoléon III, a quen non lle gustou a idea de estar rodeado de alemáns. Napoleón manda
unha carta a Bismark, quen parece ser que modificou a carta para declararlle a guerra a
Francia, polo que Napoleón declaroulle a guerra a Alemaña. A Amadeo de Saboya foille
imposible gobernar e acabaría abdicando. Por escoller un rei para España, o candidato
alemán foi o que determinou a guerra franco-prusiana. Dita guerra desestabilizou mito as
relacións entre os obreiros da Internacional, pois estaban enfrontados a nivel bélico.

3. Situación da comuna de París en 1871, que decretou a fin do Segundo Imperio de Napoléon
III e o inicio da Terceira República francesa.

4. A represión detrás de todo isto. Os estados inicialmente non querían que os obreiros
tivesen dereitos e se organizasen, polo que perseguiron a determinados líderes obreiros.
Todo isto desestabilizou moito a realidade dos obreiros, polo que a AIT acabase sucumbindo no
1872.

Unha vez superada esta situación crítica aparece a Segunda Internacional en 1889 (ano no que se
decreta o primeiro de maio) e que chega ata 1914. Nesta Segunda Internacional, nacida en París,
fúndase a partir dunha federación de organizacións internacionais tanto sindicais como de partidos,
onde tivo gran protagonismo o Partido Socialdemócrata alemán. Herda moito do que viña da Primeira
Internacional, coa idea fundamental do socialismo como herdeiro directo do marxismo (e a exclusión
do anarquismo), e a idea de folga organizada como idea de protesta para adquirir dereitos. Houbo
novamente un debate interno entre centristas e revisionistas: os centristas, ideoloxía de orixe alemá
liderada por Kautsky buscaba o derrube do capitalismo de forma inmediata, máis herdeiros do
anarquismo; e os revisionistas, seguidores máis do marxismo previo que defenden a idea do socialismo,
liderados por Berstein.

En 1914 comeza a Primeira Guerra Mundial, polo que os obreiros enfróntanse ente eles, ademais
estaría a Revolución rusa de 1917. A realidade da Primeira Guerra Mundial e o triunfo dos bolcheviques
na Revolución rusa leva de novo a unha desestabilización da Internacional. Isto leva a que a partir de
1919 se decrete a Terceira Internacional, chamada a Internacional Comunista na que destaca a figura
de Lenin, e que chega ata o ano 1943 aínda que coa Segunda Guerra Mundial queda desactivada a súa
efectividade.

Polo tanto, as relacións diplomáticas levan a que a situación obreira teña picos, pasando de
solidariedade a enfrontamentos por cuestións de identidade, tendo de trasfondo as identidades
nacionais que se desenvolven en Europa neste período con idea de negatividade cara o veciño.
A Segunda Revolución Industrial e a consolidación do capitalismo (mundo occidental)

Nesta etapa da Segunda Revolución Industrial consolídase o sistema capitalista, xestada durante a
Primeira, o que se define o mundo occidental que entendemos hoxe, Europa occidental, Estados
Unidos e Xapón, que será o mundo desenvolvido, capitalista, dende o último cuarto do século XIX ata
a Primeira Guerra Mundial.

Nestes anos, dende 1870/1873 ata o 1914 acontece a unión definitiva entre ciencia, técnica e
capitalismo financeiro, o gran desenvolvemento das entidades financeiras que chegan á actualidade.
Aparecen novas fontes de enerxía (electricidade como fonte de enerxía estrela pola súa versatilidade,
e o sector do petróleo relacionado coa automoción), novas industrias, hai un gran desenvolvemento
tecnolóxico (orixes da informática), hai unha forte industrialización no mundo occidental e unha
concentración de capitais moi grandes (os ricos reinvisten e a masa obreira faise clase media e vaise a
diversificar internamente).

A Segunda Revolución Industrial nace no 1870-1873 coa primeira crise económica do sistema
capitalista, e chega ata a Primeira Guerra Mundial en 1914; aínda que entre 1850 e 1870 houbo un
período de transición onde características da Segunda Revolución se iniciaron antes. O sector
fundamental da Primeira é o téxtil, co algodón, pero nesta Segunda é a electricidade; continúa a
metalurxia, mentres que na Primeira falamos da era do ferro, trátase neste momento da era do (este
cambio determinouse porque no ano 60 Bessener permitiu a obtención de aceiro de forma máis barata
que co sistema Crysol precedente).

Ao longo do sistema capitalista hai crises económicas cíclicas debidas á especulación nun
determinado sector, estouran nun determinado momento pola caída bursátil, en xeral, pero xéstanse
antes. A crise deste período foi debida á especulación coa rede ferroviaria europea.

A última rexión en España en adquirir liña ferroviaria foi Galiza, inaugurada no 1873 a liña Santiago-
Carril, mentres que entre 1830 e 1840 estaba implantada boa parte da rede ferroviaria británica,
francesa e belga. O sistema ferroviario español foi un dos máis tardíos en Europa pois a orografía non
acompañaba, ademais non había unha burguesía forte (boa parte das redes ferroviarias foron
impulsadas polos burgueses); deséñase deste xeito a primeira liña ferroviaria nos anos 60. Esta liña
entre Santiago e Carril creouse porque nese momento era o porto comercial máis activo próximo a
Santiago, e buscaban crear una liña de costa para comercializar o produto interior. Ademais, a liña
férrea francesa, por exemplo, está intercomunicada, mentres que en España as primeiras liñas férreas
esqueceron a zona noroeste. Coa inauguración da liña, o porto de Carril xa non estaba tan activo, fora
remplazado por dous portos comerciais máis importantes, Coruña e Vigo. Galiza seguía incomunicada
co resto do Estado polo que a riqueza agraria e pesqueira foi desaproveitada; foi comunicada co resto
do Estado en 1884 a través de Monforte4.

Os efectos de arrastre do crecemento económico que se da de forma masiva no último cuarto do


XIX

Todos estes cambios industriais, a idea de progreso que estaba constantemente en boca dos
grandes burgueses e da prensa, fortalece de forma indirecta institucións liberais, inicios de elementos
democráticos que se van a implantar nos estados europeos, comézase a falar xa da tendencia á
democracia.

Hai un notable incremento demográfico. Destacou neste período o sector da química, arrastrado
á súa vez polo petróleo, o cal trae avances na farmacéutica e no ambiente sanitario, as grandes vacinas
aparecen nestes anos. Isto leva a un aumento demográfico, explicado tamén por unha mellora na
alimentación, un índice de natalidade maior e unha diminución no de mortaldade; isto leva tamén ao
movemento migratorio, o transvase de fora de Europa entre 1880 e 1914, destacando un ano crítico
de saída da poboación europea cara o exterior, arredor de 1910, o cal desaparece co estoupido da
Primeira Guerra Mundial.

Ademais dos cambios políticos hai cambios sociais importantes, pois todo está acompañado dun
cambio de mentalidade que se foi xestando ao longo do século XIX, con sociedades máis laicas, cun
predominio da cultura burguesa (o estado de benestar), medran as clases medias (profesionalización
interna do proletariado), e destaca este espírito de superación (herdeiro da cultura británica). O forte
incremento do proletariado levou a que os Estados comezasen a telos en conta como un elemento a
considerar, pois comezan a profesionalizarse e diversificarse e demandan dereitos políticos; pero
tamén tivo efectos negativos.

4Isto crea cultura, e en Galiza non hai a cultura do tren. Na época da ditadura franquista isto potenciouse, e preocupáronse
polas comunicacións do resto de España, esquecendo de novo a zona noroeste.
Houbo unha separación abismal entre ética e economía (continuou a explotación do obreiro),
había una explotación desmedida dos obreiros e unha despreocupación dos problemas sociais do
proletario. A nivel internacional esa separación entre ética e economía leva a unha carreira
desenfreada polo dominio de colonias, o colonialismo inicial que a partir de finais do século XIX empeza
a ser chamado imperialismo 5 (momento no que interveñen EEUU e Xapón na carreira de domino
colonial), e cando se leva a cabo o reparto de África e Asia (cando comeza esta carreira polo dominio,
na conferencia de Berlín de 1884/85 decretan a escravitude en África a pesar de que se decretara a fin
da escravitude en 1848).

Neste período da Segunda Revolución Industrial podemos diferenciar tres grandes fases:

• Fase alcista ata a depresión do ano 1870-1873.

• Período de recesión, forte crise de 1870 ata 1896 (chamada crise finisecular). Período de
reaxuste para volver a unha etapa alcista.

• Dende 1895/96 etapa alcista ata os anos 20 (coa Primeira Guerra Mundial entre 1914 e 1919).

Esta crise solucionouse co proteccionismo e coas colonias (a crise actual é difícil porque xa non
queda nada que explotar).

Primeira fase: A Depresión

Foi dada pola especulación na construción do ferrocarril e a baixada de prezos por dous motivos
fundamentais: a escaseza monetaria (baixa a produción mundial de ouro), e habilitaron o patrón ouro;
e por unha elevada actividade económica, é dicir, unha crise de superprodución. Europa industrialízase
nesta fase, houbo un boom de compra e venda, pero chegou un momento no que a xente non consume
máis, a produción baixa pola acumulación de stocks, os obreiros quedan en paro, os burgueses e
proletarios non se enriquecen porque non producen nin venden e comeza a subir o prezo do produto
básico, da alimentación.

Cando a economía cae buscan novo mercado, nova man de obra e nova fonte de enerxía, pois
esgotábanse determinados recursos enerxéticos en Europa.

5O cambio de denominación de colonialismo a imperialismo dáse no momento no que entran en xogo Estados Unidos e Xapón,
pois suponse que nese momento xa está cuberto todos os imperios do globo terráqueo.
No campo comezou a aparecer a competencia de produto externo no contexto da revolución dos
transportes, o que leva a unha gran actividade comercial e á chegada a Europa de produto externo: de
EEUU chegaba algodón e trigo (o trigo que se producía en Europa era insuficiente), de Arxentina carne
(apareceron os primeiros buques neveira), de Australia e Nova Zelandia lácteos (son os anos das
conservas e confituras, e do envasado ao baleiro), Antillas e Europa azucre de caña e de remolacha
respectivamente, de África occidental o cacao e o aceite vexetal, India e China tés e infusións. Comezan
as competencias entre produtos.

Isto leva a un descenso xeral dos prezos e unha contracción da economía. As solucións foron as
políticas proteccionistas como os aranceis: os Estados, para protexer o produto interior, gravan con
aranceis os produtos que viñan de fora, unha medida económica moi tradicional, decimonónica, cun
efecto positivo a curto prazo, pero a medio e longo prazo estas medidas non son positivas para a
carreira capitalista, pois relentizan a lei da oferta e da demanda, é dicir, a competitividade, pois non
permite avanzar na agresividade do sistema capitalista. O primeiro arancel, que foi copiado por moitos
estados europeos, foi o alemán de 1879 con Bismarck, este comezou para o produto agrario pero
acabou estendéndose aos demais. Iso impulsa a economía nacional de forma inmediata, pero
estimulou o colonialismo en África e Asia, porque os burgueses querían seguir enriquecéndose para o
que precisaron de novo mercado e man de obra; e tamén levou a unha concentración empresarial.

A segunda parte: A recuperación económica, 1896-anos 20

Unha vez comezada a carreira colonial, iníciase a recuperación económica. Calcúlase que é a
primeira metade do ano 96 cando se comeza a superar a situación de crise europea porque se
descobren xacementos de ouro (Australia, Alaska ou África do sur) que permiten aos estados europeos
acumular ouro, o que aumenta a demanda pois venden en Europa e nas redes comerciais das colonias,
iniciando de novo un crecemento demográfico (hai una deslocalización da poboación cara as colonias,
desconxestiona a poboación excesiva do continente), e hai unha loita exacerbada polo poder
adquisitivo. O proteccionismo ten un efecto inmediato positivo, pero crea unha gran rivalidade entre
estados, ao que se lle suma a carreira armamentística, ambiente no que ten moita forza a ideoloxía
nacionalista, de onde aparecen as rivalidades polo proteccionismo, pola carreira colonial, pola carreira
polo dominio do mundo e da economía e que levan ao armamento e que desemboca no ano 14. Con
todo hai un aumento dos prezos, vivindo unha época de bonanza económica onde houbo tamén certa
especulación.
Este período coñécese como a Paz Armada (1870/73 e 1914), os anos previos da Gran Guerra,
período de gran desenvolvemento industrial en toda Europa e consumación do sistema capitalista.

A prosperidade económica que se da nestes anos significou o crecemento de produción, prezos e


salarios. Nestes anos a inversión é masiva, a Banca faise empresaria e financia moitas construcións
como as das colonias, a súa vía férrea para poder extraer o produto cara a costa e exportalo. A
expansión colonial trouxo novo mercado para vender produto europeo, novos xacementos dos que
carecía Europa, materia prima como fontes de enerxía e man de obra barata.

Interdependencia das grandes potencias

Os europeos percatáronse de que Europa era interdependente a pesar da rivalidade. En Alemaña


queimábase carbón británico e consumíase química rusa; en Gran Bretaña consumíase ferro alemán
para a construción da flota naval; Francia construía os seus altos fornos das zonas industriais con
crédito alemán.

Gran capitalismo

Todo isto levou á consolidación definitiva do gran capitalismo, do mundo global. Durante a Segunda
Revolución Industrial e o período da Paz Armada hai unha gran transformación social no mundo
occidental, son os anos nos que medran as cidades, son os anos da urbanización moderna europea,
seguindo o modelo de París o Barón Haussmann nos anos 60-70. Defínese o estado de benestar porque
medra o nivel de vida e tamén a calidade de vida, e pretenden chegar a maior calidade de vida. A
mentalidade capitalista pouco ten que ver coa mentalidade católica do Antigo Réxime. O gran
desenvolvemento industrial e do mercado de finanzas das bolsas leva á política da Paz Armada
(dicotomía que resume esta realidade), hai unha carreira armamentística desenfreada inicialmente
usada polas metrópoles europeas para dominar poboacións indíxenas pero que serviu tamén para
medirse co veciño; era un armamento moi innovador que nada tiña que ver co empregado na primeira
metade do século XIX. Tamén cambiou a mentalidade o imperialismo, cambia moito a mentalidade o
lugar de residencia; a deslocalización de Europeos cara as colonias axudou tamén aos cambios de
mentalidade, tambaléase o sistema católico europeo aínda que seguía moi presente, pero e a idea de
laicismo vai medrando dende finais do século XIX.
Nestes anos o sistema financeiro, tanto as Bancas nacionais como as privadas que se xestaban xa
dende o século XVIII, faise empresaria, é dicir, inviste para seguir enriquecéndose. A concentración
financeira e a integración capitalista son causa e ao mesmo tempo efecto do desenvolvemento da
Segunda Revolución Industrial.

Hai un forte desenvolvemento do Taylorismo, a produción en cadea para poder facer fronte á
demanda en masa que haberá no sistema capitalista; estaba implantado por Frederick Winslow Taylor,
pero que é asumido a partir da Segunda Revolución Industrial no sistema capitalista. Hai cada vez unha
maior racionalización do traballo para producir en masa e obter o maior beneficio posible para os
burgueses. Ao mesmo tempo a través deste contrólase aos obreiros, quedando este illado da
elaboración dun produto final; isto ocorre nos anos da maior explotación do proletariado e da
consolidación do movemento obreiro.

É o gran período do desenvolvemento das plusvalías, é dicir, do valor engadido dun produto
elaborado, que en teoría caía no burgués pero que cada vez máis demanda o obreiro, pois é este o que
o elabora.

Ademais nestes anos desenvólvese a cultura do monopolio, pero déronse conta de que neste
ambiente económico tan agresivo o que prevalecía era a lei do máis poderoso, non a lei do máis xusto.
Os tipos de concentración empresarial que se xestan agora son os cártel, holding e o trust.

• O cártel é unha agrupación de empresas, que conservando cada unha a súa independencia
financeira, perseguen eliminar a competencia e ao mesmo tempo pretenden regular a
produción, a venta e a fixación dos prezos. É o reparto territorial entre empresas, de tal
maneira que non ese encontran entre elas para lidiar polo dominio dun espazo territorial.

• Os holdings son grandes compañías que controlan varias empresas a través da adquisición
de todas ou a maioría das súas accións, polo que sempre teñen o poder; hai certo marxe
de competitividade pero marcan sempre as normas.

• Os trust son un número restrinxido de empresas baixo unha dirección central común que
domina un determinado sector da economía e controla a elaboración e comercialización
do produto. Vanse facendo máis especializados e controlan máis o proceso de elaboración
dun produto, dende a materia prima que se emprega, o proceso de elaboración e os
procesos de venda.
Cando todas as empresas que forman un trust integran ou se dedican á mesma actividade
(por exemplo á metalurxia) fálase dunha concentración horizontal; pero cando non se
dedican a mesma actividade fálase de acción vertical. Inicialmente foron horizontais, pero
como se foron especializando volvéronse concentracións verticais.

Industrias da Segunda Revolución Industrial

Durante a Segunda Revolución Industrial e a consolidación definitiva do sistema capitalista as


industrias tradicionais que viñan da Primeira Revolución Industrial continuaron sendo esenciais, non
desaparecen, pero apareceron novas innovacións nestes sectores que os foron perfeccionando ao
longo da Segunda Revolución Industrial.

Un caso concreto de innovación tecnolóxica foi o sistema Bessemer, que abarataba moito a
produción de aceiro, converténdose agora nun elemento nobre na construción, pois anteriormente co
sistema Crysol resultaba moi cara a súa obtención; dende 1860 cando inventa o Convertidor Bessemer,
foi un invento espectacular pois abaratou a produción do aceiro, material importante na industria naval,
a construción civil e a industria armamentística (lembramos que falamos da Paz Armada e a carreira
armamentística). En canto ao carbón e outros metais e minerais do período anterior como estaño,
chumbo e cobre seguen utilizándose pois se descobren novas aplicacións para estes.

Aparece tamén a industria téxtil nun sentido máis global, pois aparece a
moda, alimentado pola cultura burguesa. Os primeiros catálogos de moda son
de finais do século XIX, é a difusión da moda da man da burguesía, pois eran
os que demandaban estas novidades.

A industria papeleira ten tamén moita difusión, relacionada coa industria


química. Pero destaca a gran difusión dos xornais que axudaban a diminuír o
analfabetismo, ademais era o medio de difusión das ideas obreiras no
contexto do movemento obreiro.

Ademais destacan as innovación da industria alimentaria. En Galiza considérase que non chega o
proceso da Revolución Industrial ata este período, nos anos 70-80, a industria alimentaria introdúcese
dende 1880. Destacan as conservas, o envasado ao baleiro, aparecen as confituras, que viña todo
dunha tradición previa como a salazón en Galiza, pero supuxo o gran despegue da revolución
alimentaria.
Ademais das industrias tradicionais da Primeira Revolución Industrial, hai sectores punteiros nesta
Segunda Revolución Industrial; dentro dos grandes avances está a gran revolución do aceiro.

Pero hai sectores emblemáticos, como a electricidade. O éxito do algodón da Primeira Revolución
Industrial como elemento de gran versatilidade, tívoo a electricidade na Segunda, pois da luz, calor e
forza motriz e ten un alto valor engadido. Emprégase na industria dende os anos 70. O belga Zénobe
Gramme inventa a dinamo cuxa aplicación rendible foi no alumeado público (pero tardou moito en
aplicarse) e nos transportes públicos, como o tranvía e o metro.

Outro dos elementos innovadores foi o petróleo, moi


relacionado coa revolución dos transportes que viña xa da
época precedente. Aparece neste momento o automóbil, e será
un dos elementos icónicos neste momento. Aparecen as
refinerías, a primeira é a de Standard Oil de John D. Rockefeller,
en Ohio, inaugurada en 1870. Tamén aparece a industria do
automóbil, na que destaca Henry Ford, que creou a General Motors Corporation en 1908 en Detroit,
unha das primeiras multinacionais americanas que desapareceu como tal a efectos da crise do século
XIX en 2009 cando foi absorbida por Toyota; o primeiro coche construído en serie foi o Ford T, que
dende a súa construción comeza a difundirse a produción en serie, o fordismo.

Outro dos sectores de gran eclosión foi a industria química e o efecto de arrastre que trouxo. Tivo
moito que ver o petróleo pero tamén a industria farmacéutica, coa difusión das vacinas. Os abonos
químicos foron explotados de forma masiva neste momento. A farmacéutica Bayer nace nestes anos.

Aparece tamén a agricultura mecanizada, pois as máquinas empregadas son moito máis lixeiras e
perfeccionadas, comezando a difundirse onde o chan permitía esta mecanización.

Consolidación do movemento obreiro

Aparece tamén a consolidación definitiva do movemento obreiro. Non foi unha tarefa sinxela pois
nestes anos consúmase a gran explotación do proletariado por parte da burguesía. A industrialización
xa dende a primeira etapa provocara unha emigración masiva da xente do campo cara as cidades, o
gran éxodo rural do XIX, que ía a traballar ás cidades en fábricas que pertencían aos burgueses, pois o
campo comezaba a liberar man de obra. As condicións socio-laborais eran lamentables, pero comezan
a mobilizarse, adquirindo conciencia de clase paulatinamente, definíndose como cidadáns de dereito
e feito que demandarán dereitos políticos. Nestas lamentables condicións que vivía o proletariado
(longas xornadas, salarios miserentos, elevados riscos laborais, ínfimas condicións de hixiene e
explotación infantil e de xénero).

Coa xestación do movemento obreiro os salarios van sendo máis elevados, pero nese proceso está
todo o desenvolvemento do movemento obreiro, no cal destaca a grande represión onde moitos
obreiros foron incluso asasinados. Unha vez chegados aos anos previos a 1914 considérase que está
consolidado e regulado.

Dende 1848 houbera tres grandes revolucións liberais, pero fora nesta última cando o liberalismo
comeza a súa implantación definitiva en Europa. Os obreiros dende entón non solo demandan dereitos
laborais a través dos sindicatos, senón tamén políticos a través dos partidos obreiros; as primeiras
legalizacións sindicais son inglesas e francesas e nos anos 80, a pesar dos burgueses, comezaron a
demandar de forma masiva as xornadas de oito horas, para o cal reivindicaban o día do traballador, o
1 de maio. Dende 1889/90 é cando teoricamente se regula a xornada dos tres oitos e se decreta o 1
de maio. Como xa cidadáns de pleno dereito demandaban dereitos políticos, como fixeran
previamente os burgueses, que defenden a través dos partidos obreiros, dos que destaca os PSD
alemán, o PSOE e os Laboristas (este último tardou máis en ser legalizado, aínda que existía
previamente).

A Internacionais Obreiras

En medio de todo isto consolídase a conciencia obreira a nivel internacional. Destaca a creación
da Primeira AIT en Londres de 1864-1872 (un enfrontamento entre marxistas e anarquistas cos líderes
respectivos levou á súa fin nun ambiente moi incipiente da consolidación da conciencia obreira), e a
Segunda AIT en París de 1889-1914 (un enfrontamento entre
centristas e revisionistas e a eclosión da Gran Guerra que levaron á
desaparición da solidariedade entre obreiros).
A obra de 1901 Il cammino dei lavoratori (El
cuarto estado) de Giuseppe Pellizza da Volpedo buscaba
plasmar como o éxodo rural foi algo masivo en Europa
nestes anos pois houbo un gran traslado dos
traballadores do campo cara as cidades.
Folga téxtil en Massachusetts, 1912.
A idea de folga define o movemento obreiro, foi arma de
protesta, un elemento para concienciar aos obreiros de que tiñan poder, pois se eles paran, paran a
economía e a política. En EEUU hai una explotación masiva do proletariado, pois houbo unha chegada
masiva de inmigración europea que buscan defender os seus dereitos. Da fotografía chama a atención
que as forzas de orde están encañonando aos folguistas, o que dá mostra de que foi un movemento
moi reprimido.

É propio desta Segunda Revolución Industrial o aspecto do invento e a


aplicación deste na industria, a innovación. Debemos diferenciar entre
investigación e desenvolvemento: a investigación é a descuberta de inventos;
mentres que o desenvolvemento é a aplicación destes na industria, a innovación.
A idea de innovación que viña da Primeira Revolución Industrial continúa aquí.
Destacan deste período Thomas Alva Edison, inventor da lámpada
incandescente.

Destacan tamén os carteis publicitarios, a cultura da moda e da cartelería publicitaria, é dicir, o


que entendemos actualmente como marketing. Exemplo disto aparece nos carteis publicitarios da
compañía Bayer, onde comeza a establecerse o estereotipo dentro da cultura burguesa referido á
muller e os dores de cabeza. A industria de colorantes, a Albany Aniline & Chemical Company, foi
absorbida por Bayer; as tinturas teñen a súa orixe aquí, pois se relaciona coa industria química e o
emprego do algodón.

Outros sectores importantes nesta Segunda Revolución Industrial eran o da construción e


urbanización, a revolución da alimentación, e a cultura do ocio que chega ata a actualidade, unha
cultura burguesa implantada no século XIX. Nestes anos é a gran difusión do turismo da burguesía: a
vida contemplativa, a lectura, a cultura do balneario e logo do mar, é dicir, a cultura do benestar
burguesa. Tamén está a cultura do deporte, onde destaca a creación da FIFA en 1904, pois houbo unha
gran difusión do fútbol como deporte de masas6, a gran difusión do cine coa ilusión da realidade en
movemento. Ao inicio isto foi difícil, de feito, o cine era financiado como un espectáculo de masas.

Na consolidación do gran capitalismo, a nivel económico, as finanzas fanse internacionais, son os


anos de desenvolvemento das Bolsas financeiras (Nova York, Londres, Berlín, etc.,) e hai xa unha
internacionalización da economía, un mundo global, a través da emigración e das relaciones comerciais
e as multinacionais. A isto debemos sumarlle as carreiras armamentística e imperialista por parte dos
Estados europeos por dominar o mundo, xerándose un ambiente moi agresivo.

Son tamén os anos de proliferación das pontes de ferro, pontes polas que normalmente transcorría
unha vía férrea; exemplo disto son as pontes sobre o río Támesis de Londres, a ponte de Manhattan, a
de Brooklyn, ou a ponte internacional de Tui que comunica con Portugal. A idea de progreso o definía
todo, e prolifera a idea de técnico e enxeñeiro e os institutos politécnicos teñen aquí gran difusión
(tradición xa anterior) e a idea de innovar na construción. Destacaron algúns inventos particulares
como a máquina de coser particular, a linotipia (máquina para compoñer textos que tivo importancia
na proliferación dos xornais), o telégrafo e o teléfono, o motor de combustión, o celuloide (relacionado
co cine) e o pneumático (tiña como base o caucho, que proviña das colonias, pois non había en Europa).

O protagonismo previo que tiña Gran Bretaña desaparece (non desaparece como país industrial),
pois aparecen competidores como Alemaña (que grazas a Bismark aparece como potencia económica
tamén), EEUU e Xapón (copiando o modelo occidental pero mantendo a súa cultura; enviaron persoas
a Europa que logo reverteron os coñecementos no seu país).

Hai unha revitalización dos transportes, cunha gran difusión


do metro, dos tranvías e da automoción (sobre todo trala Primeira
Guerra Mundial). Inicialmente cando se comezan a facer as
primeiras liñas de metro en Europa, como a King’s Cross en
Londres non existían máquinas que horadasen, polo que primeiro
se quitaba a terra, se construía e era novamente cuberto, pero
Metro King’s Cross, Londres (1861).
dende principios dos anos 80 xa apareceron ferramentas que
permitían horadar por debaixo. A primeira liña de metro foi esta de Londres, en 1861. En 1898 houbo
en Madrid o primeiro tranvía, que se impuxo antes que o metro porque resultaba máis barato

6 Un dos equipos de fútbol máis antigos de España, constituído como tal, é o celta de Vigo.
construílo; a primeira liña de metro de Madrid foi inaugurado por Alfonso XIII, a liña 1 inaugurada en
1919.

Hai tamén novos valores sociais, é xa a implantación definitiva da cultura burguesa, todos tratan
de emular a cultura burguesa, relacionado co tema da alfabetización (que influíu moito no cambio de
mentalidade pois leva a ter espírito crítico), o desenvolvemento do ocio, o deporte e a idea de moda.

Consecuencias da Segunda Revolución Industrial

As consecuencias da Segunda Revolución Industrial foron moitas, non solo a cultura burguesa,
senón que a nivel económico se implanta definitivamente o patrón ouro como sistema de medida de
riqueza. Cada vez máis hai unha intervención dos estados sobre a economía, para rivalizar cos Estados
veciños e controlar o dominio de determinados sectores, a diferenza dos británicos que seguiron
mantendo a iniciativa privada.

A nivel político e social as consecuencias foron positivas no sentido de que se avanzou pero tamén
tiveron aspectos negativos. Os mellores escaparates inventados nestes anos para dar a coñecer ao
mundo o dominio dos Estados europeos foron as Exposicións Universais, as cales deixaban ver as
diferencias entre estados, e tamén a hipocrisía europea pois chegaron a expoñer indíxenas das colonias
(relacionado cunha mentalidade de dominio do mundo por parte de Europa, a primacía da “raza
branca” que busca culturizar aos colonizados e que se relaciona co darwinismo social7).

Todo isto ten tradución na cultura e na ideoloxía, pois non debemos esquecer que as obras de arte
son fillas do seu tempo. Nestes anos son os anos da alfabetización por excelencia, en países como
Francia e o norte eran países nos que a finais do século XIX o índice de alfabetización era moi elevado.
A nivel cultural estaban os movementos realistas/naturalistas: en literatura destacaba Galdós (Miau),
Pardo Bazán (Os pazos de Ulloa), Zolà (Germinal), Dostoiesky (Crimen y castigo); en pintura o
impresionismo con autores como Manet, Monet, Degas ou Lautrec que captan a instantánea do
momento; e a filosofía positivista con Comte (o pai da socioloxía). Todo isto resúmese perfectamente

7 Charles Darwin foi un biólogo que en 1859 publica El origen de las especies onde plantexa unha superioridade da raza máis
forte fronte as máis débiles nos reinos vexetal e animal. Os políticos deste momento toman esta filosofía e a aplican ao xénero
humano, que en teoría se diferencia dos animais pola capacidade de razoamento. Darwin sempre estivo en contra desta
aplicación, así como da escravitude e nunca aceptou que se aplicase a súa teoría ao xénero humano. Isto levou á filosofía do
darwinismo social que xustificaba a superioridade da raza branca, pois eran brancos, moitos deles rubios, altos e de ollos azuis,
cultos, civilizados (pois pasaran polo proceso da Revolución Industrial); opoñíanse deste xeito ao resto do mundo, que para eles
eran negros (con toda a connotación negativa), salvaxes, incultos e bárbaros, chegando incluso a falar do canibalismo.
na obra Impression: soleil levant de Monet, unha instantánea que reflicte esta mentalidade de cambio
e progreso que define estes anos previos á Guerra Mundial.
A conquista europea do mundo: Imperialismos e Exposicións Universais.

A tendencia en expansión da civilización europea provén de épocas antigas; na Idade Antiga houbo
diferentes pobos mediterráneos, como os fenicios, gregos ou romanos, estes últimos consolidan o gran
Imperio Romano que se estende por todo o continente europeo. Hai unha segunda oleada
conquistadora na Idade Media dos séculos XV ata o XVIII, coa descuberta de América e a europeización
desta, dando lugar a séculos de moitas loitas no mundo americano pola independencia; neste período
do Antigo Réxime hai o chamado pacto colonial entre a colonia e a metrópole (debemos lembrar que
no Antigo Réxime entendíase como un todo a metrópole e a colonia).

Isto cambia na Idade Contemporánea; trala derrota do Imperio Napoleónico no 1815, as colonias
que existían estaban baixo o dominio inglés, era o gran Estado colonial na primeira metade do século
XIX. Neste mesmo momento aparece a moda das exploracións xeográficas; os diferentes gobernos
buscan explorar estes territorios descoñecidos que, en teoría, non estaban baixo o dominio de ninguén,
e isto o financiaron os propios Estados europeos. A finais do século XIX, no último cuarto ata 1914, é
cando acontece a gran última oleada colonizadora en Europa a través do colonialismo sobre África e
Asia, e que se empeza a chamar imperialismo dende o ano 1898 cando EEUU e Xapón entran tamén
na carreira colonial polo dominio do territorio. Todo isto leva a unha gran rivalidade entre potencias
dentro do territorio europeo e nas colonias.

Na primeira metade do século XIX houbo unha moda das expedicións. Destaca Jules Dumont
D’Urville que explora a Antártida. Son os anos do desenvolvemento da xeografía como ciencia. A
primeira chegada ao Polo Sur data de 1911 polo noruegués Roald Amundsen, é mostra do coletazo
final dos exploradores financiados polo Goberno para a conquista do mundo.

Cal foi o punto de partida que se colle como data clave do desenvolvemento da última gran
colonización por parte do mundo occidental entre Asia e África? En 1848 tivo lugar a última das grandes
revolucións liberais burguesas, cando o período da restauración como sistema político, tralo período
napoleónico, se deron conta de que non podían regresar ao absolutismo, pois realmente a ideoloxía
liberal estaba implantada que medrara moito a raíz do período napoleónico e a economía burguesa
capitalista era xa unha realidade. O que lles interesaba aos burgueses e gobernos occidentais era
manter unha paz social para seguir engrosando a roda do capitalismo. Non interesaba que houbera
revolucións sociais e protestas, polo que tamén ten cabida neste momento o movemento obreiro,
xerando un período de certa paz e desenvolvemento económico, desenvolvéndose neste ambiente a
colonización de África e Asia.

O desexo de expansión estaba moi presente en todo o mundo occidental. Hai dous aspectos que
aparecen unidos, a idea de ciencia e a idea de técnica, é dicir, a idea de inventar e a idea de aplicar os
inventos á explotación, cunha palabra que o resume todo: o progreso, relacionando os Estados con
menos progreso ás colonias que a realidade da metrópole, polo que haberá unha realidade dun gran
dominio do mundo económico e político por estar na ola do progreso, o desexo de expansión.

Todo isto ambienta a recreación da cultura europea de corte burguesa, unha


cultura capitalista matizada pola idea de desenvolvemento e de civilización tralo
proceso das Revolucións Industriais e as liberais, o que dará como resultado unha
identidade europea coa idea de superioridade. A identidade europea, a raza branca,
considerada como superior, a que domina, a que está dominada polo progreso pois
ten ciencia e técnica, que se contrapón ao que denominaban como salvaxes, que
estarían para eles nun nivel inferior.

Isto leva á difusión do chamado darwinismo social, termo que se acuña a finais do século XIX a raíz
da obra El origen de las especies de Charles Darwin de 1859, pero foi acuñado por un filósofo e
sociólogo británico chamado Herbert Spencer a finais do século XIX. O darwinismo
"Un venerable
social foi empregado de forma malintencionada, Darwin falaba da superioridade das Orangután", caricatura
publicada en "The
especies pero no reino vexetal e animal, e defendía que non se podía aplicar ao Hornet", una revista
satírica, en 1871.
mundo humano porque estes tiñan a capacidade de raciocinio, pero Spencer e Litografía.
outros políticos, grandes defensores da colonización destes anos e moi interesados
en xustificar a colonización, aplicaron de forma interesada a superioridade da raza no xénero humano.
Darwin foi sometido a moita humillación pública que xeraron caricaturas como Un venerable
Orangután.

A partir do darwinismo social empezou a rivalidade entre potencias e a carreira desenfreada polo
dominio de colonias, pois ademais o dominio de colonias determinaba o grao de desenvolvemento
dun Estado, é dicir, cantas máis colonias tivese, máis desenvolvido estaba.

Estaba basado nunha superioridade, a raza branca que se consideraba superior, pois pasara polo
tamiz do progreso da Revolución Industrial, eran alfabetos (teoricamente, pois os niveis de
analfabetismo nestes anos diminuíron) e polo tanto, cultos, e como tal tiñan unha misión civilizadora
cara o mundo salvaxe que debían aculturizar. Isto tamén ten un fundamento cristiá que tamén
empregarán (igual que ocorreu na descuberta de América) para aculturizar aos salvaxes.

O que realmente sucede durante as colonizacións africanas e asiática por parte do mundo
occidental foi unha europeización do mundo africano e asiático, unha anulación das identidades dos
pobos indíxenas.

Cal foi a evolución do territorio colonial? Cando inicia o século XIX, a meirande parte do territorio
de dominio occidental era colonia, pero a comezos do século XIX os británicos eran a gran metrópole
colonial, levan a cabo nese momento o proceso de independencia dos países latinoamericanos, o único
gran país colonial a inicios do século XIX é Gran Bretaña. Cando inicia xa o período da Segunda
Revolución Industrial e comeza a carreira desenfreada polo dominio de África e Asia, en 1878, arredor
do 67% do territorio baixo o dominio do mundo occidental era colonia, e xa en 1914 o 85% do territorio
baixo dominio occidental era territorio colonial (mentres que cara 1800 solo o 35%), polo que cando
estoura a guerra, o mundo occidental é un mundo definido por grandes potencias coloniais.

No século XIX é cando ten lugar a emancipación dos territorios americanos. Haberá unha gran nova
expansión colonial a finais do século XIX onde o 50% do territorio explotado está baixo dominio
europeo e estará definido sobre todo nos continentes africano e asiático.

As colonias

Que son realmente as colonias? As colonias convertéronse en asentamentos demográficos fixos


de poboación occidental europea nas que se constituíron sociedades o máis idénticas posibles ás
europeas, pois en ningún momento respectaron as identidades das tribos ou etnias alí existentes, pois
a relixión, o sistema de goberno, a política ou a economía dos territorios coloniais era algo inferior que
debían superar e tamizar polo proceso occidental. Houbo un auténtico traspaso da cultura occidental
que levou por diante moitas das culturas autóctonas.

Desenvolvéronse varios tipos de colonias, pois non todas foron iguais:

• A colonia propiamente dita eran aqueles territorios onde a metrópole desenvolvía un


goberno e unha administración propia, copiada do modelo administrativo e económico
occidental. Interesaba unha explotación económica, pero para iso necesitaban a política,
pois en ocasión os gobernos autóctonos eran demasiado fortes.
• Houbo tamén moita colonia de fundamento económico exclusivo, como foi o caso de
Macao (baixo o dominio portugués ata 1999) ou Hong-Kong (baixo o dominio británico ata
1997). Nestas colonias económicas hai sobre todo un control económico por parte das
metrópoles, pero teñen certa autonomía política autóctona.

• As colonias de poboamento, como Arxelia para Francia ou Nova Zelandia para Gran Bretaña,
onde houbo unha auténtica aculturación europea, pois foron a banda de escape para a
presión social existente en determinados países polo aumento demográfico.

• As colonias estratéxicas, ou bases estratéxicas, como Xibraltar, eran zonas de fronteiras


conflitivas que interesaban moito para as relacións comerciais.

• Os protectorados, onde en teoría teñen unha estrutura política propia pero controlada pola
metrópole habendo detrás unha auténtica explotación, como é o caso de Marrocos.

• Os mandatos son un tipo de colonia que se desenvolve despois da Primeira Guerra Mundial,
trátase dunha tutelación para unha posterior independencia desa colonia (a gran oleada
de descolonización non chegou ata despois da Segunda Guerra Mundial, ata os anos 50).

Cando inicia a Segunda Revolución Industrial é cando realmente despunta a idea do dominio como
novos lugares para obter mercadorías, mercado e man de obra barata. Entre 1870/73 os únicos
territorios colonizados ata ese momento eran Australia, África do sur e India baixo o dominio británico,
e tamén Canadá baixo o dominio francés; esa era a realidade colonial do mundo occidental unha vez
chegada a fin da Primeira Revolución Industrial. Aparece a crise de 1870-73, que marcaba o cambio
entre a Primeira e a Segunda Revolución Industrial, iniciando o expansionismo sobre África, Asia e o
Pacífico, pois necesitan buscar nova fonte de enerxía, nova man de obra barata e novo mercado no
que colocar a súa produción. Esta moda do colonialismo que se desenvolve entre os 70 e os 95 do
século XIX convértese en imperialismo cando entran en xogo EEUU e Xapón: Estados Unidos empeza a
intentar dominar a zona de Centroamérica e América do Sur e Xapón a zona de Corea e a expansión
cara a zona rusa.
No mapamundi dos imperios coloniais a
finais do século XIX chama a atención que a
maior parte do territorio colonizado está
baixo o dominio de Gran Bretaña, un país moi
pequeno xeograficamente pero que
ostentaba unha gran cantidade de territorio
colonial; os británicos foron sempre ricos por
Mapamundi dos imperios coloniais a finais do século XIX
explotar a terceiros. O dominio británico foi
sempre evidente. De todo este territorio colonial a Gran Bretaña na actualidade só lle queda a
Commonwealth, con moito máis poder económico que o
mundo europeo, pois solo comercializan cos británicos
moitos destes Estados, teñen a exclusividade de
comercialización con eses terceiros estados, é, polo tanto,
unha das maiores riquezas que lle queda a Gran Bretaña,
esa relación económica que segue mantendo.

No mapa de África colonial, feito despois da


descolonización entre os anos 60-70, vemos un reparto
territorial artificial, cortadas de forma xeográfica, non son
divisións naturais, pois foron establecidas no proceso de descolonización, feito por europeos
occidentais, pois a través destas fronteiras non se tivo en conta a realidade social dos territorios, motivo
polo cal na actualidade a realidade de guerra no mundo africano segue estando en vixencia. Neste
mapa vemos que dominan en extensión Inglaterra e Francia; os británicos foron selectivos e
pretenderon crear un imperio de norte a sur mentres que os franceses pretendérono crear de oriente
a occidente, quedándose con territorios nos que a
Mapa de África colonial
explotación era moi limitada (o deserto), algo que non lles
sucedía aos británicos. Os franceses sempre se mediron cos británicos, tiñan un gran complexo de
inferioridade, e mentres que as colonias británicas foron sobre todo de fundamento económico, as
francesas eran coa idea identitaria.
No mapa de Asia colonial en 1914 chama a atención
que dominaba a maior parte do territorio o Reino Unido,
cuxa xoia da coroa era a India xa dende o século XVIII e
que foi un país colonial ata 1947 cando se proclama
independente; a raíña Victoria foi incluso proclamada
Emperatriz das Indias en 1877. Os británicos dominaron
Mapa de Asia colonial en 1914
esa zona, a cal lles interesaba moito pois os rusos
buscaban expansionarse cara o sur, e interesoulles moito establecer unha serie de Estados tapón na
fronteira cos rusos.

A zona de dominio xaponés centrouse sobre todo en Corea e a zona de Indochina foi a que
intentaron dominar os franceses (o golfo de Tonkín). Ao igual que os británicos, e como mostra dese
sentimento de inferioridade, os franceses buscaron crear un segundo imperio en Asia, pero nunca o
conseguiron, e chegaron incluso a arruinarse arredor de 1884. Hai unha parte dominada polos Estados
Unidos, a zona de Filipinas, dende finais do século XIX.

Ademais das zonas de dominio había zonas de


influencia. Non solo tiñan dominio nun
determinado territorio, senón que ás veces tiñan
dominio nas zonas de fronteira. Exemplo deste
caso foi China, que nunca estivo sometida, pero si
estivo baixo a influenza da metrópoles europeas.

Tamén é importante destacar os imperios


americano e xaponés. O imperialismo americano
desenvólvese dende finais do século XIX. Estados Unidos inicia a súa expansión cara a zona de Cuba,
Puerto Rico, República Dominicana, Panamá (territorio interesante polo control do canal de Suez que
se inaugura no ano da Gran Guerra), é dicir, Mapa imperialismo Estados Unidos e Xapón

comeza o dominio sobre América central e América do sur. A zona de Xapón intentou expandirse cara
o continente a partir da guerra con Corea e de Manchuria.
Aparecen nestes anos as caricaturas. Exemplo disto son caricaturas de España protexendo a Cuba;
nesta caricatura España aparece representada como unha figura feminina coroada que representa a
República (pois a coroa da república ten torres, fronte ao monárquico que ten un gorro cunha cruz), é
unha burla á monarquía española, e detrás dela, aparece Cuba como unha figura feminina vestida de
escrava, e un león famélico detrás de ambas, pois é un dos símbolos de España. Na revista catalana La
Campana de Gràcia, fíxose unha representación curiosa sobre a guerra de Cuba e o escaso poder que

Caricatura España O conflito cubano, caricatura Portada Le Rire


protexendo a Cuba
tiñan fronte os americanos, representado como un porco gordo; neste momento o nacionalismo catalá
estaba en auxe, e interesaba burlarse de España. E tamén na portada da revista satírica francesa Le
Rire, onde se ve o gran poder americano (un home con anteollos) co rei neno (Alfonso XIII é
proclamado rei oficialmente en 1902 con 16 anos) nun barco que apenas se sostén.

Nestes anos tamén se representan moito caricaturas referentes á Doutrina Monroe de 1823; no
1815 decrétase a restauración das monarquías tralo Imperio Napoleónico, protexéndose entre elas
para evitar regresar ao absolutismo, algo que non conseguiron, polo que os Americanos non permiten
ningunha inxerencia europea sobre América, polo que nestes anos rescátase ese discurso revanchista.
Represéntase a Venezuela, un dos estados máis ricos de forma
natural do mundo e nestes anos convertérase nun estado moi Caricatura Doutrina Monroe

desenvolvido economicamente; a España represéntase como


un toureiro/bandoleiro andaluz, pois os estereotipos que se
xestan no século XX veñen de antes; imaxe similar é a do
portugués; Alemaña é un personaxe baixo; un personaxe alto e
esvelto representa a Francia. Do outro lado aparece Estados
Unidos xunto con outros estados que ían detrás deles; o americano leva un fusil na man, unha arma
de fogo, símbolo de que pasaran pola revolución industrial.

As razóns da expansión imperial

A moda das exploracións xeográficas que se desenvolveran na primeira metade do século XIX,
financiadas polos propios Estados para intentar ter o dominio do mundo que non coñecían e seguir
explotándoo, pero era algo incipiente. Estas exploracións xeográficas ían a miúdo relacionadas aos
misioneiros, algo que xa se empregara na exploración de América, pois eran mandados de avanzadilla
para aculturizar aos salvaxes americanos pois o Deus cristián era para eles o único verdadeiro; esa
moda segue presente agora. Se a esta moda das exploracións xeográficas lle sumamos a idea dos
misioneiros e a chegada da crise dos anos 70, dá como resultado que durante o período da Segunda
Revolución Industrial, a nivel económico empregarase primeiro o proteccionismo interior a través de
aranceis que gravan produtos que veñen de fora, algo que a curto prazo xera riqueza, pero a longo
prazo non é competitivo pois ralentiza a competitividade e o crecemento; pero eando Europa toca
teito na produción e consumo buscan novo mercado, man de obra e fontes de enerxía,
desenvolvéndose nese momento a idea do colonialismo.

Dende cedo xérase unha competencia entre os propios estados europeos occidentais polo
dominio colonial do mercado exterior. O gran exemplo a seguir era Gran Bretaña, que tiña unha gran
colonia, a India, que surtía de todo isto a Gran Bretaña dende moi cedo. Danse conta entón de que a
única maneira de seguir no proceso capitalista e da revolución industrial era meterse na colonia para
crear mercado protexido e rendibilidade empresarial.

O imperialismo realmente foi rendible para todas as metrópoles occidentais? Non solo foron
razóns económicas as que dominaban, si inicialmente, pero cando todas as potencias se suman a este
proceso danse conta de que ten outros aspectos positivos para a mentalidade occidental do momento.
Unha das primeiras razóns que se comezaron a explotar foron as político-estratéxicas de prestixio a
nivel identitario, créase unha gran rivalidade polo dominio de colonia, pois isto determinaba o nivel de
desenvolvemento dentro do mundo occidental, o que xera o desenvolvemento de identidades
nacionais (vistas cunha idea de rivalidade do veciño). Tamén estaban as razóns militares, nun período
de paz no mundo occidental os exércitos aínda existían nos estados europeos, estes non podían estar
inactivos porque podían dar lugar a revoltas e golpes de estado, deste xeito, deslocalizan os exércitos,
buscan unha función nunha zona colonial que había que dominar, non foron sinxelos de someter, tendo
en moitas ocasións que enfrontarse a eles. Existían tamén razóns demográficas, pois Europa tiña un
problema de superpoboación, e unha maneira de desactivar este problema que podía traer unha
revolta social foi a emigración, desenvolvéndose nestes anos o maior transvase de poboación do
mundo, pois boa parte da poboación do continente europeo pasou a África, Asia e América. Tamén
estaban as razóns morais, relacionadas coa idea do darwinismo social e a función civilizadora da raza
superior branca que ía a dominar sobre o pobre e salvaxe.

O imperialismo 1890-1914

A época imperial desenvólvese dende 1890 ata 1914. Neste momento Europa traslada o sistema
de produción capitalista ás colonias, as cales estaban a anos luz do sistema capitalista pois non pasaran
polo proceso da revolución industrial nin da revolución liberal, chegándolles todo isto como un choque
moi grande. Isto levou a unha transformación de poboacións locais en asalariados. Empezaron a
establecerse diferencias raciais, para o que se explotou moito a filosofía do darwinismo social. Cando
Europa se deu conta do gran mercado que supoñían as colonias africanas e asiáticas, houbo unha
desenfreada carreira por inverter nas colonias, tanto os gobernos coma grandes burgueses e incluso a
Banca, e destas inversións bancarias naceron as bancas nacionais deses estados. Sobre todo houbo un
dominio político e territorial, non solo económico, do mundo por parte de occidente.

O imperialismo foi moi positivo para seguir engrosando a riqueza capitalista a través das inversións
financeiras feitas nas colonias. Dende os anos 80 comezou a xerar moita riqueza, polo que se creou
excedente, o cal foi invertido tanto no mundo occidental como na colonia para seguir explotándoa
(moitos destes Estados teñen neste momento liña férrea, pero feita en beneficio dos Estados europeos
que buscaban seguir explotándoos). Todo isto xerou rivalidades entre potencias nos territorios
coloniais, todo o mundo se medía cos británicos, Francia tiña un complexo de inferioridade moi grande,
de modo que cando intentan dominar África e Asia chocan entre eles.

Unha das crises internacionais que aquí estoura é a chamada crise de Fachoda de 1898, o capitán
francés Jean-Baptiste Marchand tiña pretensión de crear un imperio occidente-oriente en África, pero
o británico Horatio Kitchener pretendía crear o seu imperio norte-sur. En 1898 atopáronse ambos
exércitos na zona de Kodok (en Sudán do Sur) e durante meses agardaron ordes de Europa,
alimentando a prensa sensacionalista a situación, ata que ao final houbo un conflito diplomático sen
tradución bélica para poder seguir explotando pois un conflito internacional non xera riqueza
económica. Foi un conflito diplomático moi interesante pois apareceron as verdadeiras intencións de
cara a opinión pública e internacional do colonialismo occidental, aparecendo voces e incluso partidos
políticos contrarios á colonización e a explotación que se fora desenvolvendo no mundo colonial.

Áreas de expansión: Asia e África

No imperialismo Europeo de finais do século XIX e principios do XX destacan dúas grandes áreas
de expansión: África e Asia.

Para o caso de Asia houbo resistencia por parte de certos movementos nacionalistas, pero eran
escasos, non tiñan forza suficiente para enfrontarse aos exércitos europeos, que estaban moi armados
e eles carecían de armas desenvolvidas pois non pasaran polo proceso da Revolución Industrial.
Tiveron aquí moita importancia as rutas do Índico, pois eran rutas comerciais. Francia obsesionouse
polo sueste asiático pois pretendeu crear un imperio como o que tiña Gran Bretaña na India, pero
neste intento, na zona do golfo de Tonkín, entrou en bancarrota a partir de 1885 trala guerra; por outra
banda, Gran Bretaña tiña dominio na India, Birmania e Afganistán, empregados como estados tapón.

O reparto de África na xerga da prensa internacional era coñecido


como “a rapiña”, mentres que o reparto de China era chamado “la tarta”
ou “el pastel”. Na caricatura do reparto de China podemos ver diferentes
alegorías das identidades nacionais: a raíña Victoria de Inglaterra,
Alemaña, o zar ruso, a República francesa, Xapón e China. A raíña de
Inglaterra aparece marcando pauta, dominando o mundo; o zar ruso
parece non comprender ben o que ocorre; Francia non se involucra
directamente pero está observando o que acontece; o alemán impoñendo
a súa presenza; e o chino mandarín (sabemos que é mandarín polas uñas
longas) asustado, unha cultura ancestral que considerou a chegada occidental como unha absoluta
contaminación da súa cultura.
Dentro dos movementos nacionalistas que se deron na zona asiática destacaron as Guerras do
Opio8. Houbo dúas grandes guerras anglo-chinas do opio: a primeira entre
Caricatura, A tarta dos reis e dos
1839-1842 rematada co tratado de Nanking no cal China acabou emperadores, 1898.

permitindo a apertura de cinco portos para a comercialización cos estados europeos e coa cesión de
Hong Kong durante 150 anos ata 1997; a segunda, entre 1856-1860 onde se sumaron Francia, Rusia e
outros estados, na que perde de novo o goberno chino e acaba abrindo 11 portos máis para
comercializar cos occidentais, o que se coñece como os tratados de Siguais, e cedendo tamén Macao
a Portugal.

Outra manifestación do movemento nacionalista chino foi a rebelión dos


bóxers entre 1899 e 1901, os bóxers eran un grupo nacionalista contrario a todo
o que implicaba a contaminación con occidente, dedicándose a exterminar aos
occidentais a través de atentados. Houbo unha coalición dos Estados europeos
que se enfrontaron aos bóxers a finais do século XIX e acabaron eliminándoos.
Esta desestabilización que trouxo a guerra dos bóxers acabou coa dinastía Quing en China, que
teoricamente apoiaba aos bóxers, un elemento identitario da cultura china, e unha vez que estes
sucumben aos exércitos europeos acabou a dinastía Quing.

En África destaca a Conferencia de Berlín que se


desenvolve entre 1884 e 1885. Ata a metade do século XIX a
presencia europea en África era sobre todo na zona de costa,
debemos lembrar que non había aviación e que a
penetración natural que había cara o interior dos
continentes era polos ríos, e unha vez implantadas as redes
ferroviarias, tamén o tren; os belgas empregaron o río Congo
para dominar e controlar a zona do Congo belga, os
Franceses, Senegal, e os británicos, o Níger. Destacan os
belgas na zona do Congo porque a partir dos anos 70 nun congreso de xeógrafos apoiados polo rei
Leopoldo, o Congo convértese nunha colonia do rei dos belgas, de xeito que a riqueza que teñen
actualmente na monarquía belga, provén desta situación.

8O opio é unha planta alucinóxena que se dá moi ben nos climas da India e da China, supoñendo un dos mercados máis ricos
para os británicos. Para os chinos o opio era un gran tabú, e non permitían aos británicos establecer relación comercial nin
explotación do opio, pero como resultaba un mercado moi sustancioso economicamente, comezaron as guerras do opio.
No mapa aparecen reflexadas as diferentes rutas de África colonial, exploración, conquista,
reparto y explotación.
exploración, conquista, reparto e explotación que fixeron os
distintos estados Europeos sobre África. As rutas francesas realizadas por exploradores estaban
financiados polo propio goberno francés, as rutas dos británicos, a alemá e a portuguesa e a italiana.
Dentro dos franceses destacou moito Marchand, dos británicos, Livingstone e Stanley, os grandes
expedicionarios nestes anos e o portugués Serpa Pinto (pretenderon facer un pequeno imperio
occidente-oriente no cono de África ao sur). A ruta de Stanley está moi ben inventariada: realizou a
primeira nos anos 70, logo a zona do Congo e foi de oriente a occidente.

Neste continente, no caso africano, hai un novo protagonismo que adquire o mar Mediterráneo.
A rivalidade entre franceses e británicos foi moi evidente no norte de África, os británicos na zona de
Exipto e os franceses na de Marrocos, tendo Francia unha relación con Exipto dende a Idade Media a
nivel comercial, polo que había moita rivalidade polo dominio do norte de África; e tamén había unha
gran rivalidade á hora de establecer os dominios imperiais en África: de norte a sur os británicos e de
occidente a oriente os franceses.

No Mediterráneo está o canal de Suez, cuxo desenvolvemento e construción foi entre 1859 e 1869.
Este foi financiado orixinariamente con presuposto francés, e cando se decide facer este canal, ponse
en contacto cos franceses, pois Exipto era consciente que precisaba acercarse a unha potencia europea
para poder facer este canal. Ferdinand de Lesseps é o enxeñeiro que deseña o canal, e cando o inicia
os exipcios están en bancarrota, polo que saca a poxa pública as accións do goberno de Exipto sobre o
canal (máis do 50%), os franceses quixeron comprar as accións do goberno de Exipto, pero estaban en
bancarrota (debemos lembrar que entre 1870-1871 é o desenvolvemento da guerra franco-prusiana),
polo que son os británicos, moi interesados no dominio deste canal pola relación comercial que tiñan
coa India, os que se fan cargo; esta decisión enrareceu moito a situación entre británicos e franceses.
O canal de Suez fíxose con traballos forzados do pobo de Exipto. Nas imaxes que reflicten este
momento, a poboación exipcia son meros espectadores, aparecendo bandeiras francesas (pola obra
de enxeñería).

E logo acontece a crise de Fachoda. Na parte africana sucedéronse diferentes conflitos. Exemplo
diso foi a zona de Marrocos, pois unha vez aparece Alemaña, quixo convertela nunha potencia
internacional e colonial, supoñendo a zona de Marrocos unha zona de conflito. España púxose de lado
dos franceses e mantivo afastada a Alemaña. A zona sur tamén foi unha zona de conflitos.
A conferencia de Berlín

Ambienta o reparto de África no colonialismo. Foi convocada oficialmente por Bismarck, que
quería converter a Alemaña nunha gran potencia colonial, e incita a británicos e franceses a que tiñan
dereito a participar no reparto de África, percatándose de que tiñan que darlle cabida. Foi apoiada por
británicos e franceses, porque sabían que como gran potencia tiña que formar parte disto.
Desenvólvese entre o 15/11/1884 e 26/02/1885. Convidáronse ás potencias europeas, Turquía e EEUU.

Esta convocatoria xustifícana cun “entendemento mutuo” entre todas as potencias do reparto de
África. Buscaban desenvolver un marco “axeitado” e falaban de “normas de actuación racional”.

As conclusións ás que se chegaron nesta conferencia foron diversas. Determinouse que a


ocupación efectiva determinábase pola orde de chegada (ocupación efectiva=dereito colonial);
determináronse a liberdade de comercio en determinadas zonas; determináronse a neutralidade en
determinados territorios. Regúlase a navegación dos ríos, Níger e Congo. Regúlase a trata de escravos;
deixaron na acta final o dereito á escravitude en África.

O Imperio Británico

O colonialismo británico ven do séculos XVII-XVIII. Cando perden as 13 colonias, dende ese
momento danse conta que necesitan buscar novas colonias, foron dos primeiros estados en percatarse
de que necesitaban buscar novas colonias para seguir explotando.

Foi unha política colonial moi calculada e sistemática que buscaba explotar a riqueza económica.
Unha vez que perden as 13 colonias inicia un colonialismo férreo ao longo do século XIX que _ o
proxecto de Revolución Industrial consolidándose como potencia colonial.

Interesoulles o método de poboamento, pois tiñan un exceso de poboación, con colonias de


poboamento desenvolvida en Australia e Nova Zelandia, e colonias de explotación económica como
África e India.

Cando inicia o século XX, o 25% do territorio colonial estaba baixo o dominio británico.

A colonización da India ten tres etapas. Ata 1773 a relación coa poboación india era moi forte, e
créase a Compañía das Indias Orientais que ten a concesión real para poder explotar os territorios; a
segunda fase de 1773 ata 1858 cando se dan conta da riqueza da India, pactando entre a compañía e
a Corona; na terceira fase de 1858 ata 1947, o control da explotación da India como coroa está baixo
a Corona británica pero moito máis liberalizada, os burgueses ou a banca tamén entran aí, neste
período creáronse as barreiras naturais (debían crear estados tapóns para que nin os rusos nin os
franceses se meteran na coroa), os estados tapóns.

Tivo moita importancia a apertura do canal de Suez (1869) pois abarataban a relación comercial
coa India. A raíña Victoria é nomeada Emperatriz da India en 1877. Pero na realidade india houbo un
nacionalismo hindú que de cedo comeza a falar de independencia, e debemos destacar aquí a
Mahatma Gandhi, ata o ano da independencia en 1947.

Un dos elementos fundamentais que trouxo a explotación económica da India foi a aculturación
do pobo indio. Os maharajas sucumbiron ao dominio británico, neles podemos ver a aculturación, pois
nas fotografías vemos aos “lores” británicos no centro, nun balneario (propio da cultura británica),
paulatinamente, aínda que mantiveron elementos propios, foron cambiando elementos da súa
identidade.

Outras ilustracións mostran a chegada ao Tíbet dunha expedición británico. Percatáronse de que
esta zona non era especialmente interesante economicamente, pois establecen un pacto cos chinos, e
acábanlle cedendo esta colonia a China, que ten a soberanía. Hai unha confrontación entre dous
mundos no que un se impón sobre outro (habitualmente o que se impón é o occidental).

Outros territorios británicos: En Canadá tiveron varios puntos, a colonia británica en Canadá
acadou certa independencia entre 1864 e 1867. En Exipto o canal de Suez. En Australia inicia como
colonia de reclusión de presos a colonia de poboamento polo outro. Nova Zelandia levaron a cabo un
exterminio. En Sudáfrica, un dos núcleos ricos, tiveron problemas cos Bóers e coa zona de Orange e
Transvaal, a loita cos colonos holandeses e colonos británicos; na zona de Orange e Transvaal foi moi
complexo.

O Imperio Francés

Encarna o ambiente nacionalista e imperialista da época. _ Ante iso buscaron crear un imperio
colonial, mandando a grupos de colonizadores e houbo políticos defensores do colonialismo francés.
Pretenderon desenvolver un nacionalismo francés nas súas colonias, pois tiñan un gran complexo de
inferioridade. Jules Ferry 1832-189...
Quedou evidente a rivalidade con Gran Bretaña coa crise de Fachoda. A política de afrancesamento:
cultura, lingua e relixión. O imperio francés: orgullo nacional. Créase a Alliance Française na que
participou xente como Verne...

A súa anhelada colonización tróuxolles unha bancarrota, sobre todo polo dominio de Tonkín.

O caso do Congo Belga é un caso particular. É un estado moi rico (caucho, uranio, etc.) En 1876
organízase en Bruxelas a primeira gran Conferencia Xeográfica Internacional na que se falan das
expedicións de avanzadilla. Leopoldo, o rei dos belgas, crea neste momento a Asociación Internacional
Africana (AIA), financia a Henry Morton Stanley como expedicionador do Congo. Trala conferencia de
Berlín no reparto final de África a AIA convértese en Estado Libre do Congo en 1885. Leopoldo levou a
cabo unha auténtica masacre para explotar a poboación. Os estados occidentais eran conscientes disto
e non estaban de acordo con este. Lepolodo era parente da Raíña Victoria, e ao seu falecemento é
cando as outras potencias van encima do rei. Falece en 1909, e un ano antes cedeullo ao Parlamento
belga.

Rusia

A expansión por Asia de Rusia foi moi evidente, e tiña a obsesión de ter saída ao mar Mediterráneo,
o que provocou a guerra de Crimea entre 1853 e 1856, pois non querían que os rusos accedesen cara
abaixo pois temían a súa chegada. Outro dos focos de conflito foron os Balcáns, onde sucede o episodio
que levaría á Primeira Guerra Mundial e onde os rusos tiveron ganas de entrar para ter saída cara o
mar Mediterráneo (algo que non interesaba aos turcos). Constrúese neste momento o tren
transiberiano en Siberia. E o choque co expansionismo xaponés.

Marrocos

Houbo dúas grandes crises, a primeira en 1905 e a segunda en 1911. Coa creación de Alemaña
pretenden que Bismarck converta a Alemaña nunha gran potencia. Buscan crear unha zona de conflito
para poder levar a cabo o reparto, provocando a primeira crise. O resultado desta foi a conferencia de
Alxeciras en 1906 por un presidente galego; nese momento os franceses utilizan a España de escudo
e empezan a crear o “Marrocos español”.
En 1911 provocan unha segunda crise demandando unha maior participación, definindo o
protectorado de Marrocos en 1912 repartido entre Francia e España.

...

Sobre o imperialismo comezan a aparecer críticos liberais e o marxismo. Na primeira metade do


século XX aparecen J. A. Hobson e Schumpeter e a partir de 1950 ideas anticolonialistas.

En todo este ambiente desenvólvese a moda das Exposicións Universais, os escaparates do mundo
do poderío occidental. A primeira foi en Londres en 1851, a de París en 1889, en Barcelona en 1888 e
apareceron incluso exposicións rexionais como a galega en 1909 que tivo lugar en Santiago.

A de Londres de 1851 tivo un edificio temático, The Crysral Palace de Joseph Paxton iniciando a
moda das galerías comerciais. A idea do deseño, como a Silla de Compañía.

A exposición de París de 1889 coa icona da Torre Eiffel. A galería de máquinas. Desfiles dos colonos
indíxenas e expóñense coma animais.

A exposición de Barcelona cun cartel monárquico e medievalista. Cun arco de triunfo que daba
acceso a exposición no parque da Ciudadela.

A exposición rexional galega de 1909 cun cartel pouco cosmopolita, coa beata e o peregrino. Fíxose
na explanada do campus actual.

DOCUMENTAL ->
A cultura no “fin-de-siècle” e os adiantos científicos. Os debates intelectuais: o caso Dreyfus;
republicanismo portugués vs. rexeneracionismo español.

A cultura no “fin-de-siècle” e os adiantos científicos. Os debates intelectuais.

Affaire Dreyfus (1894-1916)

O caso Dreyfus foi provocado por unha sentencia xudicial por espionaxe. Foi acusado de un delito
de espionaxe, de pasar información aos alemáns, e foi un caso que conmocionou a sociedade,
marcando un fito do antisemitismo. Nace aquí a prensa sensacionalista. As consecuencias deste caso
tivo consecuencias políticas moi negativas, causando crises e cambios de goberno, e cuestionouse a
viabilidade da Terceira República Francesa.

Desenvólvese neste momento o oportunismo francés.

Polarizou a sociedade francesa e tivo unha tradución internacional, pois os que estaban a favor do
Dreyfus, os que estaban en contra e os que a consideraban una cortina de fume para crear unha
situación antisemita. Debemos recordar a crise internacional de Fachoda e una tensión entre _ e
británicos. Isto terá repercusión na aparición da guerra en 1914.

O contexto do caso Dreyfus:

En 1894 cando estoupa o caso, a Terceira República Francesa levaba xa 24 anos, pasando por
importantes crises, como o boulangisme, desenvolvido entre 1886-1891, o miliar ultraconservador
Boulanger, foi un caso que alimentou o nacionalismo francés ultraconservador.

O canal de Panamá e o escándalo da súa construción en 1892, con corruptos que eran burgueses
franceses; trala concesión do canal de Suez, os franceses, moitos militares e franceses, buscaron
financiar este canal de Panamá. Desapareceron moitos cartos, polo que se considerou un gran
escándalo de corrupción. Isto determinou que esta entidade financeira quedase en quebra e os
americanos....

A ameaza do anarquismo foi moi evidente, asasinando ao presidente francés en 1894.

Neste ambiente teñen lugar as eleccións de 1893, a oposición dos radicais levounos de novo ao
proteccionismo económico. Isto levou a unha gran inestabilidade política e entre 1893-1896 houbo
cinco gobernos e cinco presidentes de goberno.
O ambiente a nivel militar. Debemos entender este caso na perda de Alsacia e Lorena dos franceses,
o que alimentou un nacionalismo extremo o que trouxo moitos problemas nos anos sucesivos no
goberno francés. Moitos eran alsacianos, polo que había rivalidade interna nas tropas francesas.

Todo isto levou a que se crease unha alianza franco-rusa en 1892 (unha alianza anti-natura).

Había unha renovación interna no exército nestes anos, pero moitos aínda eran envellecidos e
monárquicos; isto levou a que estes militares desenvolveran un excesivo culto á bandeira (sumado ao
revanchismo francés) e facían desprezo á república. Dende os 80-90 había unha transformación interna.
O servizo de espionaxe e contraespionaxe; creouse a Sección Estatística (1871). Isto leva a que a
embaixada alemá en París estivese sometida a rigorosos controis.

A realidade social había unha tensión xeneralizada. Un nacionalismo antisemita, nacendo a Liga
Antisemita de Francia en 1890, nacendo xornais como La Libre Parole (1892), L’Èclair, Le petit Journal,
La Partie, La Croix. O clericalismo. A prensa sensacionalista/inxuriosa. A moda do duelo.

Tratouse en definitiva este caso Dreyfus cuxa cuestión permaneceu moi escura. Nos anos 60
desapareceu o documento base. O que significou era a persecución absoluta dos xudeus.

O desenvolvemento

En 1894 foi acusado de entregar aos alemáns documentos secretos, de espionaxe. Debían buscar
un culpable ideal por alta traizón. Foi condenado a cadea perpetua e desterro na Illa do Diaño.

Houbo unha polarización da sociedade francesa. A familia Dreyfus eran tecnócratas e contaron coa
colaboración do coronel Georges Picquart e atoparon ao verdadeiro culpable: Ferdinand Walsin
Esterhazy. Pero o Estado Maior nunca recoñeceu a súa equivocación.

A familia de Dreyfus contaron con moitos recursos.

Aparece nestes anos a idea de intelectuais. Amplíase o círculo de partidarios de Dreyfus cando foi
evidente que se acusou a un inocente. Zola publicou “J’Accuse” en 1898. Agrúpanse e hai unha petición
colectiva para que se revisase o xuízo (onde estaban Zola, A. Frances, E. Deckaux, G. Sorel, Cl. Monet...).
Clemenceau acuña, nun artigo de L’Aurore o termo “intelectuais”.

O desenlace: Houbo moitos disturbios antisemitas que deslumbraron a persecución dos xudeus;
púxose en jaque a viabilidade da Terceira República Francesa. Conséguese que se reabra o caso no
1893, o Goberno francés non recoñeceu que se equivocaron e nomean a Dreyfus culpable de novo,
demostrando o militarismo rancio. Dreyfus foi condenado a anos de traballos forzados, pero nesta
segunda sentencia dicían que tiña atenuantes pola experiencia previa da anterior detención. Loubet
indulta a Dreyfus e en 1906 foi declarado inocente e rehabilitando, sendo un líder como comandante
na Primeira Guerra Mundial.

As consecuencias deste caso foron enormes no desenvolvemento da crítica nacional, na cultura


de masas e na transparencia dos gobernos. En política houbo unha renovación da identidade nacional;
a nivel militar houbo unha modernización importante nos mandos que levou a unha democratización
do corpo militar francés; a nivel relixioso moitos católicos foron integrados nos republicanos; a nivel
social ...; a nivel xurídico levou a que se cuestionase a teórica igualdade xurídica; e a nivel diplomático
e cultural nace a figura do intelectual. O impacto internacional foi moi grande pero levou a que Theodor
Herzl crease a Organización Sionista Mundial en 1897 e o antisemitismo.

Revolucións rusas (1905-1917)

Situación previa

A familia dos Romanov instáurase en 1825 con Alejandro I, en 1825 herda Nicolás I (1825-1855).
No desenvolvemento da Guerra de Crimea (1853-1856). Ten repercusión con Alejandro II (1855-1881)
MOVEMENTOS NACIONALISTAS. Alejandro III (1881-1894). Con Nicolás II e na súa represión (1894-
1917) ten lugar a Revolución de 1905.

Os piares do estado tsarista era e clero, nobreza, exército e burocracia imperial. Era unha sociedade
moi deprimida con moitas crises agrarias e problemas de colleitas, era reprimida calquera oposición.
Existía a duma, como un parlamento, pero era meramente simbólico.

Revolución de 1905

Na revolución de 1905 demostrouse que a sociedade rusa estaba cansa desas situacións, era un
rexeitamento da autocracia do tsar + descrédito da guerra ruso-xaponesa (intelligentsia). Aqueles que
lideraron o proceso. Inicialmente foi apoiada a nivel social.

Empeza a haber situacións políticas en contra do goberno, con traballadores que demandan
mellores situacións laborais, desenvolvéndose o Domingo Sanguento. Nesta manifestación, o tsar fuxe
a Moscú deixando o Palacio de Inverno onde se calcula que houbo 2000 vítimas. Houbo moitos
exiliados, os cales acabaron en núcleos do movemento marxista e que regresan para liderar a
revolución do ano 17.
Resultados: duma estatal (monarquía constitucional limitada); represión; exilio desde a década de
1890 (contacto co marxismo): mencheviques e bolcheviques (dende 1903); Folga Outubro, Sóviet de
San Petesburgo (mencheviques-Trostky): Manifesto de Outubro; Decembro, represión bolchevique;
constitución de 1906.

Republicanismo portugués (1889-1910)

Introdución

No século XIX en Portugal houbo moita inestabilidade, co rei Miguel I. Foi necesario chegar á
Constitución de 1852 con María II e durante o reinado de Pedro V cando se proclama esta Constitución,
iniciando certa estabilidade e instauración paulatina do liberalismo.

Houbo un forte problema, o colonialismo portugués fronte aos intereses coloniais británicos en
África que levou a que gañasen máis os británicos. Ultimatum británico 1890; Descrédito monárquico,
rexicidio o 1 de febreiro de 1908. Manuel II (1908-1910). As eleccións de 1887 presencia republicana.

As colonias portuguesas eran Angola e Mozambique, separados por colonia británica, o que
impedía unir as súas colonias. Houbo aquí un tratado polo que ningún crea un imperio real, pero os
británicos conseguen dereito de paso.

O contexto da crise colonial que se da en Portugal. Na conferencia de Berlín os portugueses


mostraron os intereses no territorio africano e o desexo de crear un imperio, presentan o Plan da Rosa,
que choca cos intereses británicos. Danlle un ultimatum en 1890. Resolveuse a cuestión co Tratado
Windsor en 1899 onde se establece que os británicos tiñan dereito de paso cara o sur polas colonias
portuguesas mentres que os portugueses non tiñan este dereito. Levou a un descrédito soberano dos
gobernos e da monarquía; pouco a pouco os republicanos medran e as crises políticas evidenciaron o
éxito inminente.

A nivel económico hai unha crise, cunha bancarrota decretada en maio de 1891. Coa perda de
Brasil, a xoia da coroa, era o que lle daba a riqueza, e coa súa desaparición a situación financeira foi en
picado, e a colonización en África levounos a bancarrota.

Houbo unha crise social moi forte, enfrontándose republicanos e socialistas fronte aos
rotacionistas, o rotativismo entraba nun xogo de corrupción. Dentro dos liberais aparecen o partido
regeneracionistas e progresista. Impopularidade do rei Carlos I.
Hai unha forte crise relixiosa, pois o anticlericalismo alimentada polos republicanos e polo Partido
Regeneracionista.

Francismo

Aparece João Franco, que instaura o Francismo. O presidente Emile Loubert visita Portugal en 1905
pois era o presidente da República Francesa, o monarca tivo que recibilo por diplomacia. Houbo un
forte alzamento dos republicanos onde evidenciou a debilidade da monarquía. Dende 1906 Franco
pasa a ser o presidente do goberno, e intentou darlle cabida ao monarca na realidade social, fíxolle
decretar unha amnistía para os presos republicanos polo que o republicanismo foi en aumento.

Hai un manifesto en 1906 cuxa resposta foi a represión, censura e deportación de republicanos
dende o francismo, creando unha case ditadura.

Fin da monarquía portuguesa e triunfo do republicanismo.

O 1 de febreiro de 1908 foron asasinados nun rexicidio. Manuel II cando chega ao poder destitúe
a João Franco e nomea a Ferreira do Amaral que desenvolve a Política de Acalmaçao e decreta unha
amnistía xeral. Nas eleccións gañan máis os republicanos. Un congreso en 1909 xeral republicano.
Revolución de 1910 a república decrétase o 6 de outubro de 1910.

Rexeneracionismo español (1898-1923)

Introdución

A realidade intelectual en España era o movemento rexeneracionista, un movemento cultural de


crítica a realidade española de finais do século XIX que durou ata 1923. Era un movemento intelectual
cultural de moita transversabilidade pero que non tivo unha tradución política, non foi máis aló da
crítica, o único que dixo algo foi o sociólogo Joaquín Costa, nun texto publicado chamado Oligarquía y
caciquismo en 1901.

O discurso rexeneracionista é adoptado por liberais, conservadores, monárquicos e algún


republicano. Foi un discurso que tamén colleu Primo de Rivera, quen recuperaba o discurso de Costa
para ter apoios, e coñécese o reinado de Alfonso XIII como o rexenerador. Os seguidores deste
movemento foron moitos, destacando Mallada, Picavea, Rafael Altamira e a creación da ILE entre 1876-
1936.

Os rexeneracionistas falaban do caciquismo e dos altos índices de analfabetismo.


Buscaban erradicar o analfabetismo cun programa educativo forte, superar a miseria cunha
revolución agraria que modernizase o sector primario. Houbo proliferación dos xornais e revistas
científicas como Revista Contemporánea (1875-1907), España Moderna (1889-1914), Nuevo Teatro
Crítico, Germinal, Vida Nueva ou Alma Española.

Hai unha advertencia. No ano 98 foi a perda de Cuba, o Desastre do 98, estaba perdendo colonias.
Ante isto, Canovas e Sagasta déronse conta de que tiñan que sumarse ao discurso rexeneracionista e
aproveitaron que se ía a nomear a Alfonso XIII, que se presenta como o rei rexeneracionista. Políticos
destaca Sivela e Maura como conservadores, e dos liberais Alba, Canalejas e Azaña; entre os literatos
destaca Perez Galdós, e Miguel Primo de Rivera, que rescata o discurso de “ciruxán de ferro” de Costa.

DOCUMENTAL -> El mundo antes de 1914

“As luces apagadas de Europa”. A Primeira Guerra Mundial. Consecuencias políticas da guerra: creba
dos imperios, doutrina Wilson, ascenso dos EEUU de América.

“As luces apagadas de Europa”


Introdución
Europa a comezos do século XX: “europeización do mundo” pode considerarse como a
consolidación da globalización, parecía un obxectivo alcanzado.
O fantasma da guerra desaparecera do continente Europeo. As potencias europeas eran contrarias
a un conflito armado, pois levaría á fin da hexemonía europea. As guerras que estouparan no período
precedente á Primeira Guerra Mundial quedaban afastadas da xeografía física concreta das potencias
europeas.
O triunfo do sistema capitalista consideraba .... Capitalismo + paz e estabilidade. Primeira e
Segunda Conferencia Internacional de Paz: Haia 1899, 1907, 1915.

Por encima do optimismo xeneral, o futuro era incerto, e os estados nacionais e grandes potencias
europeas entraban no século XX convertidos en arsenais dispostos a iniciar calquera conflito, por iso
se coñece como período da Paz Armada. Houbo unha carreira armamentística, sobre todo Alemaña.
Os problemas que en Europa levaron á Primeira Guerra Mundial era a exaltación nacionalista que
nada ten que ver co nacionalismo romántico, non é solo un nacionalismo identitario, senón tamén
económico. Ademais disto, a rivalidade económica, alimentada trala crise de 1870 coa vía do
proteccionismo e co colonialismo/imperialismo.
En todo este ambiente creouse unha desconfianza mutua a pesar de ser potencias
interdependentes e conectadas entre elas polas colonias, polo que se xeraba unha tensión, e todo
alimentado pola prensa sensacionalista.
Causas
As causas que levaron á guerra eran de rivalidade étnica. Os Balcáns foron a zona neurálxica, foi a
escusa empregada polos dous bloques para iniciar o conflito armado. Ademais do caso dos Balcáns,
entre Francia e Alemaña había rivalidade polo contencioso de Alsacia e Lorena; o nacionalismo francés
foi alimentado pola reivindicación deste territorio. ... Na zona da Rusia polaca intentaban alimentar os
intereses polacos por intereses de rusificación. Nos Balcáns ... Albania vs. Grecia + conflito austro-ruso.
Turquía vs. Grecia (illas).
Tamén hai rivalidades económicas evidentes. Ata finais do XIX a supremacía industrial inglesa era
incuestionable, pero coa industria alemá convertéronse nun gran competidor. No ano 13 Francia obtiña
produtos ingleses e alemáns, en Bélxica as importacións alemás adquiren o primeiro posto; en Rusia
chegan a cuadriplicar. Alemaña conquista mercados aproveitando a súa situación xeográfica e comeza
a converterse en gran potencia económica.
Fronte a isto están os mercados financeiros, a City en Londres e a Bolsa de París. A bolsa de Berlín
non puido competir coa colocación de capital no estranxeiro pois o depósito aínda era escaso.
Nas causas e rivalidades psicolóxicas entra en xogo a carreira armamentística. A política de
armamento foi resultado da revolución industrial, o que levou a agravar a situación entre estados;
Alemaña aumenta o exército a 820.000 homes nun ano; Austria-Hungría chega a 160.000; en Francia
en tres anos pasou a ter 750.000 efectivos; en Rusia 1.800.000 soldados. Todos eses exércitos non
cadraban coa teórica idea de paz que facían ver dominar no continente.

Xullo 1914
O 28 de xullo asasinan ao herdeiro do Imperio Austro-Húngaro Francisco Fernando xunto coa súa
muller Sofía Chotek en Saraievo. Este atentado deu o afloramento das tensións e problemas que se
acumularan na zona, vendo neste atentado unha proba de perigo e manda un ultimatum a Serbia que
non foi aceptado, o que levou a que se iniciase a guerra. Dende o asasinato ata agosto os bloques
estaban definidos e realmente a responsabilidade foi colectiva.
A guerra
A guerra comeza en 1914 e será moi diferente aos enfrontamentos ata ese momento. Participaron
todas as grandes potencias, foi unha mundialización do conflito, arredor de 34 estados-nacións
implicados. O bloque central (Alemaña, Austria, Turquía e Bulgaria) e o bloque aliado (Rusia, Francia,
Gran Bretaña e Commonwealth, a que se lle sumaron Italia, Romanía, Xapón e EEUU). Era evidente a
supremacía do bloque aliado, pero dentro do continente, había unha superioridade alemá.
Dende este momento aparecen novas formas de facer a guerra con novo armamento. Acadara
medios moi perfectos e destrutores coa innovación industrial. Aparecen as metralladoras Mauser, os
canóns logran gran desenvolvemento, os submarino inicia como arma de guerra (importante nos
primeiros anos), os carros blindados (tanques), e aparecen produtos químicos e as primeiras armas
químicas (gases asfixiantes...), pasándose a chamar a Guerra Química a pesar de que na Haia
decretárase a non utilización de armas químicas en futuros conflitos (non se respectou). Aparece a
guerra do aire, aparecendo os cepelíns, aparecen as fotografías aéreas e aparece a artillería antiaérea.
É importante tamén a aparición de armas psicolóxicas, e todo o relacionado co espionaxe e
contraespionaxe, creados nos anos previos á guerra, pero neste momento desenvólvese e será moi
perfeccionado na Segunda Guerra Mundial.
Fases da contenda
Primeira fase chamada Guerra de Frontes percibida en 1914 coa fronte occidental e a oriental. A
guerra comeza case ao mesmo tempo en ambos frontes, atacando alemáns e rusos respectivamente.
Cando se chega a finais de 1914 vislúmbrase que a guerra será moi longa, pois eran liñas que se
mantiñan entre ambos bloques.
Hai un segundo período, a Guerra de Posicións entre 1915-1916, coñecido como a Guerra das
Trincheiras. Dende o ano 15 aparece a difusión de gases asfixiantes, .. e tanques. En maio do ano 15
tras sopesar as vantaxes e Italia entra na guerra, pois Bulgaria apoia dende o ano 16 cos centrais e
Romanía cos aliados. A finais do ano 15 é difícil avanzar, os bloques están moi enfrontados, non hai
gran mobilidade de fronteiras. Decídese atacar Verdún, un punto neurálxico en Francia para levar un
ataque masivo en Europa levando a cabo un ataque constante, comeza en febreiro de 1916, con Petain
comandando aos franceses, pero co inicio do verán faleceran 240.000 soldados alemáns e 270.000
franceses e con moita xente que morreu conxelada.
Aparece a crise de 1917, ano que se caracteriza por tres acontecementos: a intervención oficial de
EEUU na guerra, a retirada de Rusia da guerra (sofre a Segunda Revolución Rusa en 1917) a través do
tratado de Brest-Litovsk, e polo esgotamento xeral.
En xaneiro de 1917 Wilson proclamara o propósito de continuar en neutralidade, aparecendo
rivalidade entre Wilson e Alfonso XIII (eran neutrais pero querían ambos protagonismo). Houbo
rivalidade porque querían protagonismo e se postulaban como candidatos a negociadores da paz como
personaxes neutrais. En abril declara o Parlamento de EEUU a guerra a Alemaña, debido ao bloqueo
alemán, que se reducía teoricamente a ameazas verbais, pero as relacións comerciais seguían, pero no
ano 17 fai efectivo este bloqueo e bloquea o comercio coas costas francesas e inglesas. Buscaban
desactivar os países neutrais para que reconsiderasen. Aparece neste momento a guerra submarina,
pois Alemaña afundía barcos de mercadorías e pasaxeiros que viñan de América cara Europa, isto
sentou mal porque mataban a xente inocente de países neutrais. Alfonso XIII tentou intermediar para
que rematase era guerra submarina. No ano 17 tumba un vapor americano, pero en 1915 afundira o
Lusitania, barco de pasaxeiros e no 17 afunde o vapor Vilentia.
En 1918 hai unha ofensiva final. Cos americanos ao conflito suman 1.200.000 soldados e comeza
a xeneralizarse a aviación, tanto de caza como de bombardeo aéreo. Os tanques foron decisivos para
os aliados, que sumaron ao bombardeo aéreo americano, foron implantados sobre todo polos ingleses
e franceses; os alemáns tiñan máis confianza en métodos máis tradicionais. Cando chega agosto de
1918 había 1500 carros franceses e 1500 ingleses, ao que se lle suma a forza aérea americana. O
resultado foi o fracaso de Alemaña e a vitoria aliada. O Mariscal Foch estaba. O Armisticio en
Compiègne.

A mobilización dos recursos económicos nacionais


Do liberalismo ao dirixismo económico. Lévase a cabo co control monetario, o control do comercio
exterior e a distribución da materia prima e o control da distribución de produtos de consumo interior
a través de cartillas de racionamento e a fixación de prezos [foron moitas copiadas na Guerra Civil
Española]. Houbo control das economías por parte dos estados, pois a explotación dos recursos
supoñía tamén o control das relacións internacionais. Co comezo da guerra queda en evidencia que a
maior explotación era a inglesa, era unha potencia naval que deu moita vantaxe para liderar
inicialmente o conflito armado. Fronte a esta guerra comercial, estaba a guerra submarina, unha
modalidade nova de conflito moi difícil de controlar.

Balance/consecuencias da Primeira Guerra Mundial


Máis que vencedores e vencidos houbo vítimas e beneficiarios desprazando o equilibrio de _
dentro de Europa. Dentro das vítimas están as potencias que proporcionaron maior esforzo militar, o
balance demográfico foi negativo para Europa, o que hai que sumar 20.000.000 de feridos e unha
multitude de orfos. Europa perdeu unha décima parte da man de obra máis codiciada
O balance económico foi negativo, supuxo a o 22% da riqueza nacional alemá, o 30% francés e o
32% inglés.
A potencial industrial redúcese nun 40%, e a produción de carbón redúcese nun 30%.
O potencial agrícola redúcese nun 30%, perda de mercado internacional.
O balance financeiro foi negativo, as débedas nacionais en Alemaña multiplícanse por 20, en Gran
Bretaña por 10, e Italia por 6.
O balance moral e social. Hai un aspecto moi positivo: é a incorporación da muller en fábricas e
traballos sobre todo en fábricas de armas. Houbo un empobrecemento da clase media,
enriquecemento dos novos ricos e especuladores, ruínas dos rentistas, o revanchismo entre os antigos
combatentes (moitos mutilados, feridos, orfos...).
Os beneficiarios da guerras foron EEUU que se converte en primeira potencia mundial (gran
prosperidade e equilibrio moral) e Xapón que pasa a liderar o comercio e mercado no Pacífico.
Os países neutrais foron beneficiarios relativos. Non sufriron a violencia física da guerra, pero
permitiulles aumentar as reservas de ouro, tiveron certo desenvolvemento comercial e industrial por
surtir aos países belixerantes e certa industrialización como Canadá ou Brasil. Foi máis ficticio que real,
pois co fin da guerra esta economía de bonanza desaparece, como sucede co caso español onde Alba
fixo un programa para reconverter a agricultura.
Así pois, é evidente que a Primeira Guerra Mundial supón que Europa perda o seu posto
hexemónico no mundo, sendo substituído por EEUU.

Consecuencias da guerra
Intenta definirse unha nova orde mundial.
Hai unha serie de tratados que van a solucionar en teoría o tema da guerra. Exemplo deste foi o
de Versalles, ou o de Saint-Germain (aliados-Austria), Nevilly, Trianon, e Sévres (aliados-Turquía).
O que define a cuestión alemá é o Tratado de Versalles, asinado o 28 de xuño de 1919 entre Aliados
e Alemaña para a reconstrución de Europa con personaxes destacados: Clemenceau en Francia, Lloyd
Gorge en Gran Bretaña, Wilson en EEUU e Orlando en Italia. Os franceses optaban por un tratado duro
e facerlle pagar a Alemaña, fronte a el estaba Wilson. “dictatio”.
A través do tratado houbo unha transformación do mapa europeo, xerme de rivalidades para a
Segunda Guerra Mundial. Desmémbrase o Imperio Austro-Húngaro, a fin do Imperio Turco, reforma o
mapa político nos Balcáns, novos estados no Báltico (Estonia, Letonia, Lituania), recoñecemento da
nacionalidade polaca e muda do mapa colonial (Alemaña perde as súas colonias).
As reparacións da guerra, temas militares, cuestión da responsabilidade da guerra “a cuestión
alemá”.
Dende este momento hai un dilema interno entre potencias europeas, e é o trato que terán con
Alemaña dende ese momento. As maiores discusión apareceron entorno ao Sarre.
A cuestión alemá
Zona de Sarre (15 anos de usufruto para Francia). Devolución de Alsacia e Lorena a Francia, Austria
non podería unirse a Alemaña (Hitler faríao), entrega de Eupen e Malmedy a Bélxica, entrega de parte
de Prusia oriental a Polonia, Memel e Danzing proclamadas cidades libres.
As cláusulas económicas é o que se entende como a cuestión alemá. A Alemaña púxose unha
sanción de 220.000.000 de marcos para as reparacións de guerra, era unha esaxeración, e un
economista chamado Kaynes foi un dos primeiros en criticar esta sanción, e ao final no ano 21 houbo
unha comisión na que se acordaron reducións.
As cláusulas militares. Redución dos efectivos, prohibición do Estado Maior e da aviación, e a
entrega da flota naval alemá (foi afundida).
As cláusulas morais foron grandes. Culpabilizar a Alemaña non estaba ben, todas os estados tiveron
parte de culpa.

Consecuencias xeopolíticas
Triunfo de minorías nacionais e novas nacións (rivalidades): Polonia, Iugoslavia, Hungría,
Checoslovaquia e Estados Bálticos. No Adriático, Italia suma Trieste, parte Istria, Dalmacia e o val de
Adigio pero quedaron sen Fiume o que supuxo un sentimento de insatisfacción. A sociedade de
Nacións naceu con problemas, non entraron nin EEUU nin Rusia.
Isto será xerme do futuro da Segunda Guerra Mundial.

DOCUMENTAL -> La Gran Guerra


A neutralidade española na Gran Guerra e a revolución rusa.

A neutralidade española na Gran Guerra


A idea de que España fose neutral foi decidida polo rei en 1913. Fixo unha viaxe a París, onde
Alfonso XIII tomou esta decisión, viuse obrigado a decretar esta neutralidade obrigada, tanto pola
realidade española que pasara polo desastre do 98, que vivira a Guerra de Melilla, a Guerra de
Marrocos que se estaba vivindo nese momento (entre 1911-1927) co desastre de 1921. O rei era militar,
e levaba mal ter que declararse neutral ante a guerra.
A propia sociedade e o goberno eran contrarios a guerra. A pesar de que houbo un debate interno
entre xermanófobos e aliadófilos non houbo un posicionamento positivo cara a guerra. E na súa propia
casa tivo os bandos enfrontados.
O rei realmente quería participar, pero desenvolveu unha neutralidade activa, pois quería pasar á
historia como un mandatario de renome internacional. Dende o primeiro momento postulouse como
futuro mediador nas negociacións de paz. Outra maneira de estar presente invita a Benedicto XV a
refuxiarse no mosteiro do Escorial; parece ser que buscaba dar unha imaxe caritativa e benévola.
A función humanitaria coa creación da Oficina Pro-Cautivos, que na práctica se desenvolveu con
altruísmo, e que funcionou grazas a relacións que prestou a rede de embaixadas europeas dos países
en conflito. A Oficina Pro-Cautivos nace dende xullo de 1915 porque chega unha carta ao palacio real
dunha francesa que lle di que o marido está preso nun campo de concentración belga, e o monarca di
que fará todo o posible para que poidan ter contacto; atopan ao home e permítelle establecer contacto
coa señora; iso aparece en prensa e comezan a pedirlle intermediación ao monarca de información
civil. Organízase toda unha oficina de axuda humanitaria ata 1921. O director foi Emilio Mª de Torres e
organizábanse diferentes seccións como a de Desaparecidos e asistencia a prisioneiros, a de
repatriacións, un servizo de información e asuntos varios (tratamento de orfos...). Dende esta oficina
houbo unha recolecta de libros e enviaron libros a presos de guerra que lían español, deron cursos de
español, etc. Tamén axudou a figuras recoñecidas da cultura, como o bailarín ruso Vaslav Nijinsky e o
cantante Maurice Chevalier.
Nos últimos anos houbo unha recuperación da Primeira Guerra Mundial, e houbo unha iniciativa
dende o Palacio Real onde catalogaron un inxente fondo arquivístico. Grazas a estas medidas esta
actuación comezou a ser máis coñecida.
A difusión da actividade benévola do rei foi a través da prensa. O beneficio da condición
humanitaria. Candidato a Premio Nobel en 1917. O ano 17 foi un ano moi crítico, e houbo mobilizacións
sociais duramente reprimidas, o que levou a que se prolongase no trienio bolchevique, e na Guerra do
Rif onde sucede o desastre de Annual en 1921. Este descrédito internacional era evidente, e o premio
Nobel non cae na súa figura, senón na Cruz Roja Internacional.
A intención do monarca era poder ter un posicionamento internacional de recoñecemento nos
tratados de paz, pero nunca o invitaron.

A revolución rusa (1917)


Situación previa
Os Romanov eran xefes da igrexa e o Estado, iniciando con Alejandro I ata 1825. Nicolás I 1825-
1855 (guerra de Crimea 53-56). Alejandro II 55-81 (Movementos nacionalistas, Alejandro III 81-94.
Nicolás II 94- ...
Existiu a intención de dar unha imaxe de certo parlamentarismo coa creación da duma.

Revolución 1905
Houbera unha manifestación pacífica cara o Palacio de Inverno comandada pola intelligentsia.
Foron duramente masacrados no Domingo Sanguento o 9 de xaneiro de 1905.
Isto trouxo un gran descrédito
Resultados
O tsar acepta proclamar unha duma estatal (asemblea consultiva limitada). Usou a represión.
Moitos acabaron no exilio dende a década de 1890 (contacto co marxismo): mencheviques e
bolcheviques (dd. 1903). Folga de Outubro, Sóviet de San Petesburgo: Manifesto de Outubro.
Decembro represión bolchevique. Constitución de 1906.

Revolución rusa 1917


Aparece en Petrogrado en febreiro. Os soviets nacionais serán substituídos por un goberno
provisional. Nese momento Rusia está na Primeira Guerra Mundial, a situación de atraso da realidade
social rusa era moi evidente.
En outubro hai unha segunda gran manifestación onde triunfan os bolcheviques liderados por
Lenin. Aparece a Chega e fírmase o tratado de Brest-Litowsk.
Dende este momento ábrese unha guerra civil ata a proclamación da URSS en 1922.
En Rusia triunfa a revolución social, o que crea una situación de medo no resto das monarquías
europeas.

Unha das cousas que evidenciou o atraso ruso era o recibimento dos feridos de guerra: en carros
agrícolas, pois non había automóbiles nun momento no que xa existía a aviación.

Comezaron a aparecer as caricaturas anti-bolcheviques.


O período de Entreguerras. A crise do capitalismo: democracias inestables; fascismos en ascenso;
revolucións sociais.

Relacións internacionais
Neste período de entreguerras entre 1919 e 1939 pódese dividir en tres fases:
• 1919-1924: anos de dificultades
• 1924-1932: momento central (Locarno)
• 1933-1939:

O tratado de Versalles recolle a creación da Sociedade de Nacións. Entrou en vigor o 10 de xaneiro


de 1920. Creouse para cumprir tres obxectivos: garantir a paz mundial, a seguridade e independencia
dos Estados e o regulamento das relacións internacionais. Con sede en Xenebra, montou unha
estrutura orgánica que lembra ao congreso de Viena. Tiña una asemblea xeral, un consello e unha
secretaría; crea un tribunal internacional de Xustiza (Aia) e a OIT para defender os intereses dos
traballadores coa creación de convenios internacionais con postulados mínimos que deben
respectarse.
O éxito da Sociedade de Nacións foi unha efectividade real, pero que a pesar de que propuña ser
universal, naceu con moitas limitacións, como que EEUU non estivo presente, pois Wilson presentou
14 puntos que non foron aceptados. Os aliados opuxéronse ao ingreso de Alemaña e a URSS tampouco
foi admitida ata o ano 34.
A cadea de agresións e sancións que se desenvolve neste período supuxo a saída dalgunhas
nacións, como Alemaña e Xapón, Italia, a URSS... A idea de ser un organismo universal non foi nunca
consumado.
Podemos distinguir dúas etapas na Sociedade de Nacións, ata o ano 29 a primeira, unha etapa
positiva, e os anos 30 cando acontecen as invasións.

A dificultades da posguerra (1919-1924)


As relacións internacionais están definidas por novos principios da política internacional. A
situación de Europa cambiara, polos movementos revolucionarios nacionais e populares e tamén por ...
e as condicións de paz que se puxeran.
Estableceuse unha paz moi feble ... e a “cuestión alemá” que lle impediron entrar no circuíto da
economía internacional. Os problemas internacionais da cuestión da reparación había un problema
adicional, a cuestión soviética, pois trataron de non establecer relacións co mundo da URSS.
Comeza a cambiar cando Alemaña e británicos abren relacións cos rusos, aparecendo así, dende
1924 unha nova política de cooperación.

Política de negociación (1924-1932)


A política vai a ser sucedida por unha de apaciguamento por relacións comerciais entre estados
antes inimigos. Todo isto levou a unha mellora da situación económica en Alemaña, Italia, Gran Bretaña
e _. Aumenta a produción e o consumo. Houbo sucesións de gobernos pacifistas de esquerdas, e
partidarios da política de negociación. No campo diplomático hai unha nova fase con Rusia, e tamén
os EEUU comezan a intervir de novo no equilibrio da economía europea establecendo o plan Dawes
(1929) e o Plan Young (1930).
Dende o punto de vista internacional, o primeiro paso político deuse no Protocolo/Declaración de
Xenebra no 1924 ao que se sucederon os Acordos de Locarno un ano máis tarde. O primeiro era para
declararse todos contrarios á guerra química e os acordos de Locarno foi un reforzamento da paz entre
todos eles para chegar a unha seguridade colectiva e una cooperación para a paz. A través de Locarno
Alemaña recoñece a Alsacia e Lorena como francesas, acéptase a inviabilidade das fronteiras de Europa
oriental e Alemaña aparece en igualdade de condicións fronte as demais potencias. Locarno foi un
acordo de grandes potencias para resolver problemas militares aos cales non querían chegar, motivo
polo cal aparece tamén Alemaña.
Alemaña formará parte como un estado máis, o que lle permite entrar na Sociedade de Nacións
entrando en 1926 e a raíz deste fírmase o pacto Briand-Kellog asinado por 63 países en agosto de 1928.
Houbo un período interno de certa paz e cooperación entre estados con moi boas intencións.

As viraxes cara a guerra (1933-1939)


As relacións internacionais cambian drasticamente polas iniciativas expansivas das potencias do
Eixo, a actitude das potencias occidentais e a debilidade da Sociedade de Nacións para frear todo isto.
Isto leva á descomposición deste sistema de cooperación.
Os factores que levaron á agravación da situación internacional foron:
• Ocupación xaponesa de Manchuria (1931). ... A actitude internacional foi o non recoñecemento
do novo estado.
• Fracaso da Conferencia do desarme (1933). Neste ano, a Sociedade de Nacións organiza esta
conferencia, pero non houbo acordo: os rusos propoñían o desarme, os EEUU a redución, os
ingleses que debía ser proporcional ao desenvolvemento dos estados e os franceses
consideraban que debía estar baixo o control da Sociedade de Nacións. Isto levou a un novo
rearme nos estados.
• Réxime nazi en Alemaña (1933-1945) co respectivo expansionismo territorial negando a
existencia dos pactos previos.
• Conquista de Etiopía por Italia (1935-1936), a segunda guerra italo-etíope. Mussolini invade
Etiopía e xunta as penínsulas do cono oriental do continente africano.
• Guerra Civil en España (1936-1939), sendo un apoio indirecto ao fascismo italiano e nazismo
alemán.

O expansionismo alemán
O ascenso de Hitler, que lidera o partido, e chega ao poder como Canciller en 1933. O seu acceso
ao poder vai acompañado de reivindicacións dun espazo vital que non tiña final, inicia a súa intención
en primeiro momento con Austria, cuxa unión estaba en mente dende sempre, pero unha serie de
circunstancias non o favoreceron. En 1935 lévase a cabo un plebiscito en Sarre, que xa se contemplara
en Versalles. En marzo de 1935 vai a repudiar as limitacións do tratado de Versalles sobre os
armamentos e restablece de forma ilegal o servizo militar obrigatorio, o que provoca alarma nos
estados europeos e que provoca a conferencia de Stresa, onde Mussolini e outros se converte en _ da
Sociedade de Nacións. En marzo de 1936 aproveitando a invasión de Etiopía polos italianos, Hitler
atesta un golpe definitivo aos tratados de paz europeos e ocupa a zona desmilitarizada de Renania;
isto violaba o tratado de Versalles e de Locarno. Alemaña leva a cabo unha remilitarización das
fronteiras, e a Sociedade de Nacións só puido condenar esta acción. En outubro do 36 establece o eixo
Roma-Berlín e o eixo Berlín-Roma-Tokio. Queda establecido un novo equilibrio de forzas (por un lado
Alemaña, Italia e Xapón). En outubro do 1938 incorpora Austria ao Imperio Alemán.
A crise dos Sudetes, tamén coñecida como crise Checa, era unha zona con poboación alemá. En
Alemaña trataron de incorporar esta rexión, establécese a conferencia de Munich en 1938 onde
decretan esta zona para Alemaña, e crea o protectorado de Bohemia e Moravia.
O Gran Reich foi a causa que levou á proclamación da Segunda Guerra Mundial.

Reacción das potencias europeas


En vistas dos acontecementos, cambian os sistemas de alianzas e hai alianzas de acordos directos
que asegurasen unha protección mutua. Francia firma un pacto coa URSS en 1935; Inglaterra rompe
as relacións con Italia e se achega a Francia e Polonia. Nestes momentos hai unha gran carreira polo
armamento, un rearme. Hai unha aproximación entre Alemaña e Rusia tamén.
Todo isto abre a idea de que en setembro de 1939 sen previa declaración os exércitos alemáns
invaden Polonia, e Gran Bretaña e Francia declaran a guerra a Alemaña.

Os “felices anos 20” e a Gran depresión de 1929


Trala fin da Primeira Guerra Mundial e o Tratado de Versalles...
Mudanzas no mapa de Europa (descomposición dos vellos imperios; nacemento dos novos
estados). ....
Establécense varias etapas:
• “Felices anos 20”
• Crack do 29
• Depresión dos anos 30
É preciso sumar tamén as dificultades para asumir o novo modelo económico global, fronte ao
obsoleto capitalismo liberal do século XIX.

Cando finaliza a guerra e se firma o tratado de Versalles, foi evidente que o predominio británico
decae, consolídanse novas potencias e economías líderes do capitalismo, como Alemaña que se
converte nunha gran potencia, e sobre todo EEUU.
Isto se perfilaba con anterioridade da guerra, evidenciando como o protagonismo económico
británico se vira anulado por Alemaña e EEUU, pero a guerra precipita e acelera todo este proceso,
destacando catro importantes factores:
• Terán importancia as políticas proteccionistas. Co remate da guerra vólvese á situación previa,
o que leva a que se tivesen que reconverter as economías e se volvese ao proteccionismo.
• Hai un período de inflación provocado por este proteccionismo.
• A fragmentación definitiva do mercado mundial. Wall Street vs. City londinense.
• O Tratado de Versalles considerouse un fracaso a nivel económico, careceu dunha ausencia de
ordenamento internacional. Ademais, estaba o principio de culpabilidade alemá, moi negativo,
xa dito por John Maynard Keynes onde na obra Las consecuencias económicas de la paz xa fala
desta problemática.

DOCUMENTAL ->

Os felices anos 20. Límites da expansión


É unha expresión acuñada trala Segunda Guerra Mundial (despois da Primeira acúñase a “belle
èpoque”, pero son expresións infladas, pois non foi un período tan positivo.
Entre 1920 e o 1939 na evolución da economía internacional contrapóñense unha serie de
circunstancias positivas que foron positivas para o crecemento económico. Foron os avances
tecnolóxicos xa dende o século XIX e relacionado coa carreira armamentística, a substitución de
máquinas de vapor por motores eléctricos. Outro avance positivo foi un coñecemento máis científico
da economía industrial, aparecen escritos de economía. Tamén un valor positivo son os avances no
mundo das comunicacións, transformouse a difusión das comunicacións, cos xornais, a radio e o
teléfono. En cuarto lugar, un incremento demográfico considerable dende os anos 20. En quinto lugar,
uns mercados máis diversificados e especializados. E, por último, en sexto lugar, avances na agricultura
en boa parte do mundo, pois era un sector bastante atrasado pero que dende esta tecnificación
aplicada ao mundo agrario permitiu un crecemento sostido constante.
Era moi habitual os anuncios de tendas de aparatos de radio nos xornais, era o gran medio de
difusión de información.
Tamén hai unha serie de aspectos negativos que perturbaron e fixeron difícil un desenvolvemento
da economía do período de entreguerras e que pon certo límite á expresión de “felices anos 20”, pois
a especulación tras este crecemento leva ao crack do 29 e que arrastra unha depresión nos anos 30.
Esta situación determina que esta expresión se debe entender como algo americano e aplicado a
realidade económica de EEUU. Para o resto dos países chegou tarde e de forma marxinal.
Inglaterra
Inglaterra sufriu un envellecemento industrial que viña do período precedente, que determinou o
desfase da oferta fronte a países máis agresivos, e a City financeira nunca quixo perder o control
mundial, sacrificando a produción interior para manter unha libra forte fronte ao dólar.
Esta defensa da libra arrastrou unha política deflacionista que supuxo unha taxa do paro superiores
a outros países industrializados, o que supuxo un retraso no nivel tecnolóxico industrial da época-
Francia
A súa recuperación estivo lastrada polos destrozos da guerra, o que trouxo dificultades grandes. A
falta de políticas económicas fortes foi constante, o que arrastrou unha inestabilidade do franco, e
había a falsa crenza de que o pago das reparacións da guerra que se impuxera a Alemaña sería
fundamental na reconstrución de Francia, pero ata o ano 28 R. Poincaré levou medidas económicas
que levaron a unha estabilización tardía (tardou moito en ter efectividade).
Alemaña
A situación foi unha catástrofe, deudora dos pagos das reparacións vistas como unha humillación
nacional, imposibilitou a recuperación do estado e a inclusión no mercado internacional. Calcúlase nun
billón de marcos da época. O momento máis crítico foi o ano 23, sendo preciso suspender o pago das
reparacións a comezos de ano para poder soster a situación; a moeda perdeu valor e a economía
quedou colapsada, polo que se fai unha convocatoria na que se establece o Plan Dawes que buscaba
reducir as cotas de pago para permitir que Alemaña puidese incluírse no novo sistema de economía
internacional. Este plan permitiu unha estabilización do marco (Reichmark) .. liderando o circuíto os
americanos.
EEUU
Convértese no prestamista por excelencia do mundo, concedendo a Alemaña os créditos que...,
aos franceses tamén, e todo isto permite que os estados se metan no novo circuíto internacional,
comprándolles aos americanos.
Centroeuropa
As dificultades económicas foron paralelas á desmembración do espazo económico do antigo
Imperio Austrohúngaro. Viena vs. Berlín.
Europa mediterránea
O caso de Italia e España tiveron tendencia nacionalista en economía (en España estaba primo de
Rivera e Mussolini en Italia), cun intervencionismo estatal moi directo. Ambos estaban rexidos por
ditaduras. En ambos a creación das infraestruturas permitiron reducir o nivel de paro e superar boa
parte do atraso de ambos estados. A política hidráulica de obras públicas viña de Primo de Rivera e se
potenciou coa República.
Latinoamérica + Colonias
A resposta que se deu foi un incremento dos niveis de industrialización, desenvolvida a partir
dunha política de subvencións de importacións. Ademais, as inversións estranxeiras foron importantes
neste proceso, sobre todo americano que chocou cos intereses británicos. No 1925 máis do 75% das
transaccións latinoamericanas se regulaban en Wall Setreet, e no 29 máis do 38% ventas latinas con
EEUU e 34% compras dd. EEUU.
O Pacífico
A economía xaponesa pareceu manterse ao marxe de todo isto, pero na era Meijí (1868-1912)
houbo cambios institucionais fortes e Xapón converteuse nun país industrializado moi forte. Comezou
a expansión polo Pacífico buscando Munchuria en China, o que determina que entra en contraposición
cos intereses de EEUU.

Consecuencias directas nas economías nacionais


Dende punto de vista demográfico houbo cambios importantes, pois os estados que antes
absorbían poboación europea comezan a poñer limitacións á chegada de inmigrantes. O máis
representativo foi EEUU coa Quita Act en 1921 e a Inmigration Restriction Act en 1924, chegando a
limitado a 122.000 inmigrantes por ano.
A economía internacional a vixencia do nacionalismo económico, herdanza do proteccionismo dos
países europeos coa paz armada, dificultou os circuítos internacionais e a expansión económica. Os
avances _ ameazaron a triangulación comercial Europa-EEUU-Colonias. As restricións do tráfico
comercial mundial plantexaron problemas coa superprodución relativa.
As alteracións monetarias estaban en directa relación coa crise do patrón ouro, e a ausencia dun
sistema monetario internacional que puidese paliar os efectos do proteccionismo. A manifestación
máis evidente disto foi a rivalidade ente libra e dólar e que definiu boa parte da economía do século
XX. Ambas moedas foron nomeadas divisas claves na Conferencia de Xénova de 1922. Dende este
momento a competencia entre a City e Wall Street é moi dura, e os británicos volven ao patrón ouro
en 1925, determinándose o punto máximo de rivalidade entre ambos puntos financeiros. Coa volta ao
patrón-ouro, aparece de novo a especulación, agravando a decadencia financeira internacional, causa
do carck do 29.

Todo isto lévanos a pensar que os chamados felices anos 20 foi un produto americano, e a
sociedade de consumo inicia agora, e tamén a súa expansión, o consumismo ven deste momento. Hai
dúas etapas neste felices anos 20.
Unha primeira etapa máis positiva de 1922-1925 cando se poñen as bases do crecemento, se
establece o predominio do dólar fronte as outras moedas, comezan as ventas masivas a Europa, hai un
auxe do crédito interior e levou a certa reactivación económica e crecemento industrial e agrario.
Segunda etapa de 1925-1929. En 1925 comeza a invertirse esa tendencia. Hai un crecemento
descontrolado do crédito, o que se facía para aumentar a demanda interior. Ata que estoupa no crack
do 29.

Transformacións sociais despois da Primeira Guerra Mundial


Os dirixentes políticos proclamaron que non habería outro enfrontamento armado internacional,
sendo o fin de todas as guerras. O optimismo que invadiu a situación levaba a pensar que todo volvería
a situación anterior do ano 14, pero a realidade era diferente, pasara por un forte conflito bélico, hai
unha nova etapa histórica. O tempo dende o Tratado de Versalles ata a invasión de Polonia foi de moito
reaxuste de estruturas que viñan do século XIX, pois os sistemas políticos occidentais non eran
democráticos.
Houbo cambios económicos, moita mudanza política e un exemplo histórico coa revolución de
1917, impedindo que chegase ao mundo occidental o perigo roxo, e houbo tamén transformacións
sociais que ao mesmo tempo estiveron vinculadas á situación económica, que viviron desa sociedade
de consumo. Isto trae como resultado a crise dos sistemas democráticos e a aparición dos fascismos.
A mala dixestión destes cambios levou a unha radicalización dos sistemas políticos.
Houbo tres opcións político-sociais:
- A utopía dunha sociedade socialista, seguida polas xeracións máis novas, dispostos a loitas
polas revolucións sociais.
- A corrente autoritaria, fascista, que rematou nos réximes totalitarios alemáns e italianos, cunha
dialéctica de defensa dunha revolución anti-revolucionaria.
- Réximes liberais-democráticos, tardou en ser unha realidade porque hai outra guerra mundial.
Estes estados realizaron grandes esforzos para evitar a súa destrución, consolidándose algúns
deles, como EEUU, Gran Bretaña ou o caso sueco. Houbo en casos nos que non chegou a
proliferar.
Difúndese neste período o sufraxio universal, sendo Francia o primeiro estado en proclamalo na
revolución do 48, a partir do cal se foron sumando. A primeira experiencia de sufraxio universal en
España foi .... Nestes anos é unha difusión xeneralizada, pero aos burgueses non lle gusta, pois deben
asumir a súa presenza en política, a chegada de partidos e sindicatos obreiros. Reaxustar isto foi
realmente complexo.

A sociedade da posguerra
Houbo un cambio no mapa de Europa e alteracións económicas, pero tamén hai unha
transformación da sociedade cara a metropolización, metrópolis modernas con rañaceos. Aparece a
difusión de novos gustos e modas de carácter moi urbano, vendo de aquí a idea de urbanita, e que
eran unha ruptura coa “belle époque” que definía o período de 1900-1914.
Algúns dos elementos definitorios desta sociedade é a terciarización dentro da estrutura social do
mundo occidental, os grandes cambios da segunda revolución Industrial supuxera unha perda
importante da importancia do sector primario, isto leva á aparición dos chamados “traballadores de
cuello blanco”, aparecendo a difusión do turismo de masas, vencellados ao mundo da administración.
O que sucede é un traspaso dunha sociedade moi agraria a unha moi terciaria. Hai unha incorporación
masiva da muller ao mundo do traballo, moitas delas da experiencia de guerra e que continúan
traballando cando acaba a guerra, o que permite que aparezan no proceso de terciarización; as
mulleres europeas traballan en fábricas e as americanas no sector terciario. Tamén había índices
considerables de paro. Aparece unha nova estrutura de riqueza e a aparición dos “novos ricos”. A
inflación castiga moito ás clases medias, e determina a especulación a que aparezan os novos ricos e
que propicien o crack do 29.
No ano 30 un filósofo español, Ortega y Gasset, publica La rebelión de las masas, onde definía a
sociedade europea de entreguerras como unha evidencia das magnitudes das transformacións deste
período ocupando as masas todo, as cidades, os medios de transporte urbanos que se difunden agora
de forma masiva, as residencias familiares individuais que pasan a habitar bloques de vivendas,
aparece a idea e a moda do excursionismo, a nova cultura urbana de terciarización. Popularízase o
deporte e o ocio, como a recuperacións dos Xogos Olímpicos. As mulleres inclúense no mundo do ocio
e do deporte, aparecendo a flapper americana ao estilo garçon. Popularízanse tamén os concursos de
“Miss”, sendo a primeira Miss América Margaret Gorman en 1921
Todo isto é a sociedade de masas e de consumo que chega á actualidade. Esta sociedade tivo tres
soportes básicos que estaban interrelacionados. Un foi a modificación da estrutura laboral, a aparición
da sociedade de consumo e o ocio como un valor complementario do traballo. Dende agora a xornada
laboral de 8 horas, a vella reivindicacións dos sindicatos dende os anos 80, vaise xeneralizar dende o
tratado de Versalles, o que axudou á idea de ocio e de vacacións, e defínese aquí o consumo como un
comportamento masivo e excesivo (que tamén levou ao carck do 29) pois a xente comeza a vivir do
crédito, o cal chama ao consumo. O consumo foi unha idea americana trasladada a Europa, pero a idea
de ocio foi unha idea europea trasladada ao mundo americano.
Os gastos de publicidade aumentan moito, un 2% da renda nacional eran gastos de publicidade.
Xeneralízase a venta masiva de crédito. Aparecen os grandes almacéns. A industria automobilística
representa isto, pois a gran ilusión era ser posuidor dun automóbil.
O consumo é algo americano, e a idea de ocio é europea. Difúndese a cultura snob, persoas que
simulan uns hábitos de vida elitistas. Hai unha democratización da cultura, non solo os entendidos
acudían aos museos, en estados de Europa do norte e América, o que tivo moito que ver coa difusión
de medios de comunicación e a xeneralización do ensino público de cara a unha superación de atrasos
e analfabetismo.
Defínense as grandes cidades, metrópoles e iconos urbanos, como Nova Iorque, Londres, París e
Berlín como cidades europeas, Tokio e Moscú.
Hai unha nova reurbanización que se da trala Primeira Guerra Mundial, aparecendo as cidades
verticais definidas polos rañaceos e relacionadas coas capacidades innovadoras de arquitectos como
Sullivan e aparece a “liña de ceo” en grandes cidades como Nova Iorque. Aparecen tamén as cidades
xardín, nas que construían arquitectos como Le Corbusier, Walter Gropius ou Mies van der Rhoe.
Tamén aparecen as cidades dormitorio que chegan a día de hoxe. Hai unha gran xeneralización das
infraestruturas, como alcantarillado ou iluminación é unha realidade dende os anos 20.

A crise de 1929
O modelo norteamericano repousaba na especulación ata que rebentou. O outubro negro, o xoves
24, inicia o crack polo tanto en EEUU acadando o máximo no ano 33.
Entre o ano 26 e o 29 produciuse un desfase cada vez máis desfasado entre a alza bursátil e a
actividade económica real. Ademais, debemos ter en conta que en EEUU non existían grandes bancos
de depósito, non había unha banca nacional forte, o radio de acción das entidades bancarias era
limitado, o que deu lugar a que caeran en bancarrota pois non había ninguén que puidese regular e
rescatar esa situación previa.
Dende comezos do 29 xa se puxera de manifesto os indicios da inversión en alza e da futura crise
financeiro. O 24 de outubro iníciase o pánico cando foi unha realidade a existencia de case 13 millóns
de accións a unha demanda nula; o día 29 xa se ofrecían 16 millóns de valores e cunha demanda nula,
o que decretou o afundimento do sistema financeiro.
As consecuencias, entre o ano 29-32/33. Un total de 5.096 entidades bancarias presentaron a
suspensión de pagos, o derrubamento da banca tivo un efecto de arrastre de entidades empresarias e
comerciais. Outro dos efectos inmediatos foi a acumulación de stocks, que levou a unha redución dos
prezos de forma inmediata; un sector moi afectado foi o agrario. Todo isto aconteceu porque a caída
dos prezos agrarios é máis rápida que a dos produtos manufacturados. Houbo unha ruína inmediata
dos agricultores americanos e polo tanto dos comerciantes e industriais. Un dos índices evidentes da
crise foi o acelerado índice de paro que apareceu dende o ano 29, un paro que os americanos non
coñecían (nunca viviron o efecto físico destrutivo da guerra), e de pasar dun pleno emprego no 26 a
ter un elevadísimo paro no 29.
Dende o ano 29 houbo unha serie de reaccións en cadea que sumiron aos EEUU nunha depresión
económica e social que arrastraron a Europa. O comercio americano desapareceu do circuíto
internacional.
Arthur Miller, en Vueltas al tiempo, 1987, escribe: “El verano de 1932 fue probablemente el punto
más bajo de a depresión. Todo era muy sencillo: nadie tenía dinero... Fue también el año de las colas
en las panaderías, de hombres sanos y robustos que formaban parte de batallones de seis y ocho (...) ...
“.
As respostas que se deron ao carck. O ambiente de crise foi semellante en todas partes, pero non
foi así no caso das solucións que se buscaron de forma diferente. Podemos falar de dúas tendencias
básicas: as políticas deflacionistas, e o proteccionismo económico. Coa primeira buscaban ... NON SEI
XD. A segunda opción, os nacionalismo económicos estiveran presentes nos anos 20 e lembraban ao
legado liberal do período da Paz Armada, que favorecen o produto interior, solucionando o problema
a curto plazo, pero impedindo o desenvolvemento; impediu unha política de consenso para dar unha
saída máis certeira á crise e unificación dos estados, o que levou a unha compartimentaión da
economía internacional. Houbo unha conferencia en 1933, e ao final os países máis industrializados
repregáronse sobre si mesmos e sobre as colonias, pero os británicos firmaron os Acordos de Otawa
en 1933, polo cal o seu comercio era preferente e protexía o comercio co seu imperio, o que levou a
que foran os primeiros en solventar a situación. Os estados industrializados onde o imperio colonial
era case inexistente tivo unha economía autárquica, unha militarización da economía e con gran
agresión cara o exterior.
O fracaso das políticas deflacionistas levou a un punto no que era preciso buscar novos ... Todo isto
ven a demostrar o inicio da fin do sistema capitalista liberal, chegando á conclusión de que debía haber
un intervencionismo estatal pero moderado, non agresivo. Houbo dous modelos de intervención: nos
estados máis democráticos onde o apoio da propiedade privada deu lugar a empresas públicas; e o
desenvolvido en países de corte totalitario, como o caso alemán ou italiano, aumentando as tendencias
autárquicas de forma férrea a través da promoción de obras públicas e políticas de armamento (rearme)
(igual que na Paz Armada).
Houbo, para o caso dos países máis industrializados, acadouse a través de cinco puntos:
- Axudas inmediatas para reflotar empresas, a través de subvencións, comprando accións e/ou
concesións de créditos a baixo interese, ou coa nacionalización de empresas.
- Proteccionismo
- Atención ao campesiñado a través da compra de excedentes, subvencións ou fixación de
prezos agrarios mínimos.
- Financiación do rearme.
- Medidas estruturais e de progreso na industria. Unha economía científica aplicada á industria.

Solución de EEUU: New Deal


En EEUU o presidente Hoover desenvolvera iniciativas económicas que levaran a unha situación
chea de contradicións, eran unhas solucións económicas baseadas nos subsidios pero que non ían cara
unha industrialización do país, polo que non aumentaba a economía. Todo isto vai a solucionarse coa
chegada ao poder de Roosvelt (1933-1945), que xunto con Washington e Franklin son os considerados
presidentes enigmáticos de EEUU, estando no poder durante tres mandatos.
Este presidente demócrata devaluou o dólar, desenvolvendo o New Deal, baixa o valor do dólar
para que entrase en circulación; no plano agrario procura recuperar as ventas campesiñas a través da
limitación da produción, co relanzamento dos prezos e equiparalos a un nivel medio e a través das
subvencións das exportacións; dende o punto de vista industrial puxéronse en práctica medidas para
a reactivación industrial.
O gran éxito de Roosvelt radica no feito de ser capaz de levar adiante unha política que favorecera
ás clases traballadoras e a creación dun emprego masivo. Isto levou a un reforzamento da democracia
e o asentamento dos principios do Estado do Benestar. Isto conseguino a través das aplicacións da
teoría keynesiana, o que fai é aplicar as teorías de Keynes dentro da sociedade norteamericana, e vai
a defender un intervencionismo moderado, deixa moita iniciativa á capacidade privada pero controla
todo para evitar desfases entre distintos sectores da economía. A segunda aportación foi encauzar a
EEUU cara o liderazgo mundial; anteriormente se caracterizara a superarse a si mesmo, o que intenta
agora é converter a EEUU no líder mundial de cara a superar a situación de crise. Esa filosofía estaba
alimentada pola defensa das ideas democráticas, estaba en contra do temor roxo (da revolución rusa),
en contra das políticas de ultradereita dos fascismos, posicionando todo isto a través dun sistema
democrático, asinado na Carta do Atlántico en 1941.
Os resultados desa política do New Deal foron relativos... Os resultados non estiveron en
correlación cos medios empregados, pois o incremento da inversión pública non compensou a
debilidade da privada. No ano 37 a inversión privada era inferior ao 30%, e o número de parados era
de 7 millóns 700 mil. Ademais, o New Deal atopouse coa oposición das elites económicas
norteamericana, e comezaron a boicotear esta política, dicindo que tiña un sesgo moi social e
maliciosamente socializante, non aceptaban tanto favor cara os traballadores.
Considérase que foi algo moi positivo a longo prazo.

Os resultados individuais.
-Inglaterra: a crise do 29 encadeouse con problemas de anos anteriores, con propostas contrarias.
En setembro do ano 31 abandonaron o patrón ouro, devaluaron a libra para poñela en circulación e
procuraron a recuperación da economía dende abaixo. En febreiro do 32 firma os Acordos de Ottawa
co conxunto de antigas colonias que formaban parte do imperio británico, establecendo un mercado
imperial protexido onde as tarifas e aranceis non pagaban igual que os que viñan doutros estados. No
ano 35 acadáronse os niveis de produción e salariais do ano 29, e as exportacións británicas que no
ano 29 eran o 41% no ano 35 chegaron ao 71%.
-Francia: O país industrializado que menos afectado pola crise de forma directa pois tiña menos
relación con Wall Street. Practicou unha política deflacionista ata que chegou o Frente Popular, cando
se inicia un xiro na política económica, polo que Léon Blum inspirouse no New Deal americano e levou
a cabo un programa para a recuperación do poder adquisitivo como paso previo á reactivación
económica, firmando os Acordos de Matignon en 1936 cos folguistas representados nesta reunión
polos sindicatos, houbo un pacto social para protexer o incremento dos soldos (10-15% nos seguintes
anos), a redución da semana laboral a 40 horas (aumentando o número de traballadores). Inicia a
moda das vacacións en Francia, e nestes acordos se pactan as vacacións pagadas, como idea dun
dereito laboral (é o momento dos primeiros convenios colectivos). No plano monetario, devalúase o
franco, permitindo a entrada da economía nacional e internacional da sociedade francesa.
Pretendeuse o incremento do poder adquisitivo dos campesiños, creando a oficina do Trigo, regulando
o seu prezo. Para o incremento da produción industrial leva a cabo unha política de rearme dende
1938, igual que nos anos previos da Primeira Guerra Mundial. Estas medidas melloraron a situación, e
no 37 o nivel de produción aínda non chegara aos niveles do 29.
-Alemaña: Foi moi vulnerable a esta crise, partindo dunha situación moi negativa pola guerra, esta
situación tan negativa determina ou xustifica o ascenso da ultradereita e do nazismo. Dende o ano 30
os efectos da crise foron evidentes, e o fracaso das políticas deflacionistas levaron a unha agudización
da crise e un aumento masivo do paro. No ano 31 acontece o desplome definitivo do sistema bancario
alemán, e dende o ano 33 a política de reactivación leva a que acaden un prestixio político dos nazis.
O plan de rearme axudaron a cambiar os efectos da crise pero a un elevado prezo.
-Colonias e Latinoamérica: a crise agraria e comercial era moi forte, soportaban os coletazos da
crise que lle viñan dos estados que previamente comercializaban con eles. Trouxo unha inestabilidade
política, levando a revoltas en Uruguay ou Chile. No ano 33 se pon en práctica o New Deal entrando
novamente no circuíto comercial cos americanos.
Crise do liberalismo e irrupción das democracias trala Gran Guerra
Hai unha nova etapa histórica. Houbo un triunfo do sistema democrático. O liberalismo, dirixido
polos intelectuais, fronte a democracia que era desenvolvida por toda a sociedade. Aparecen os
obreiros en política. Co remate da guerra dos os países do continente europeo tiñan réximes
formalmente democráticos, no ano 40 había 6 democracias en Europa. Este retroceso da democracia
débese á modificación da estrutura social, e polas normas que rexe a actividade política, diferentes no
xeito de formar e organizar a representación cidadá e no proceso de toma de decisións: os cauces
clásicos do liberalismo políticos quedaron desbordados, pero estas democracias non puideron
aglutinar esta chegada masiva de xente á política, pois debemos falar da lenta xénese da democracia,
que solo foi posible trala experiencia traumática da Segunda Guerra Mundial. Houbo unha eclosión
das políticas de ultradereita que levan á Segunda Guerra Mundial.
Os indicadores desta difícil transición foron tres:
-Crise do parlamentarismo. O curso seguido polo parlamentarismo, a excepción do caso británico,
pasando por un descrédito absoluto. ...
-Rexeitamento burgués das masas. Costáballes asumir esta oleada de esquerdas sindicais que non
sabían asumir esa nova oleada política que chegaba.
-Sindicatos e convenios colectivos. Os convenios colectivos danlle moito poder aos traballadores,
levándoos a demandar moitos dereitos.
As democracias acaban sucumbindo, levando ao fascismo e nazismo que acabarán levando á
Segunda Guerra Mundial do ano 1939. Polo medio houbo extremismos políticos, favorecidos pola crise
do ano 29.

A crise da democracia e a irrupción dos fascismos


Durante os anos de entreguerras as democracias parlamentarias foron moi amplas, e había tres
exemplos moi evidentes: Inglaterra, Francia, EEUU, defenderon 3 puntos importantes.
-Francia. A revolución política caracterizábase pola inestabilidade en Francia, foi unha situación
confusa. Os anos 30 estiveron dominados por forzas de dereita, e dende a fin da guerra o panorama
estaba dominado polo Bloque Nacional liderado por R. Poincere, houbo certa reconciliación nacional,
e de certa recuperación económica. Na década dos 30 aparece unha etapa convulsa no plano social e
trala crise do ano 29 esta convulsión faise moi evidente, nestes anos déronse dou importantes feitos:
a organización de forzas de extrema dereita (Croix de Feu) a pesar do gran desenvolvemento sindical,
e aparece tamén o Frente Popular liderado por Blum, que vai a fomentar o desenvolvemento do
sindicalismo (entendía que debían meter ao proletariado no circuíto político pois a realidade social non
tiña nada que ver coa realidade liberal do XIX). Isto leva ao réxime de Vichy (1940-1944).
-Inglaterra. Tivo unha evolución diferente, lembramos que a situación económica era menos
favorable, e isto acarreara unha serie de conflitos sociais fortes, como a folga de 1926, onde os mineiros
deixaron de traballar durante 6 meses que foi duramente reprimida. En confrontación á situación
económica destacou que a evolución política, caracterizada pola solidez das institucións, axudou a que
houbera unha evolución política de pasar dunha visión liberal a unha máis democrática liderada polo
partido laborista que se vai a alternar nesta dinámica parlamentaria. No ano 31 GB opta por abandonar
algúns dos aspectos seculares da política económica, como que devalúa a libra, volve ao
proteccionismo pero bastante moderado (mirando o caso americano), desenvólvese a campaña de Buy
british para potenciar o mercado interior. Neste ambiente mellora o nivel de vida, hai unha construción
masiva de vivendas, moitas veces financiadas polo propio goberno, e a difusión de certas prestacións
sociais como as vacacións pagadas. Dende o ano 35 os conservadores collen as rendas do poder, pero
mirando este modelo dos anos anteriores e polo tanto, a ausencia de partidos políticos de carácter
extremista, levou a que se mantivese o parlamentarismo e unha consumación da democracia máis
rápida.
Unha das novidades é a independencia de Irlanda, consumada no 21 cando o tratado anglo-
irlandés do 06.12.21 proclamando a Constitución de 1937. Sinn Fein (Eamon de Valera).
-EEUU. A situación foi de desenvolvemento entre a prosperidade e a crise. O esforzo bélico fora
menor e convertérase no país prestamista por excelencia. Ademais o declive do vello continente
europeo e o ascenso de EEUU como potencia económica pasou a que fose unha primeira potencia
política e militar, o que levou a que se recuperara moi rápido tamén na política de rearme. Ademais a
atención prestada á política interior na época de entreguerras, miraron moito sanear a súa posición,
levou a dúas consecuencias inmediatas: o proteccionismo económico e control da inmigración masiva;
e á aparición dun fundamentalismo moral que serviu de contrapeso aos rápidos avances derivados da
prosperidade económica e a sociedade de consumo que alimentan nos anos de superación da crise, é
nese ambiente onde se volven ás teorías darwinistas e volven á Biblia como elemento científico e neste
ambiente créase a Lei Seca que se desenvolve no 1919 ata o ano 33, tendo o efecto contrario, os
inmigrantes comezaron a ser estigmatizados como un elemento negativo polo consumo de alcohol.
Eliminaron a cultura do salón do oeste americano, mermada ao non permitirse a comercialización de
alcohol. A creación oficial do Ku Klux Klan en Atlanta en 1914, idea xa da Guerra de Secesión, que
alimentado polas políticas darwinistas e a Biblia crea un ambiente negativo desenvolvendo un racismo
moi forte e vaise a desenvolver ideoloxía WASP (White, Anglo-Saxon, Protestant) e a forma de vida
americana (american way of life).

A política americana
A vida política americana para volver á normalidade, a volta á normalidade. O caso americano non
presentou .... O retorno á normalidade era un retorno cara os problemas domésticos, e houbo tamén
o famoso periplo bolchevique (dando unha imaxe de democracia “normal”). Trala presidencia de
Wilson (13-21) comeza un goberno republicano onde hai unha volta á normalidade e que chega ata o
ano 32 cos presidentes Harding, Coolidge e Hoover, que deron un decisivo apoio aos negocios
permitindo a concentración monopolística, en todo este ambiente aparece o crack do 29, pois era no
fondo unha economía ficticia, unha financiación internacional sen un fundamento real sólido que levou
á caída da bolsa. Foi necesaria a chegada de Roosvelt no ano 33 co seu programa do New Deal que
levou ao saneamento da situación e unha consolidación da democracia en América.

Neste ambiente está a Alemaña de Weimar (1919-1933).


Ao final da guerra proclama a república e ábrese o período histórico coñecido como República de
Weimar, pois nesta cidade proclamouse a constitución, considerada unha das máis avanzadas e
democráticas do mundo. Foi un período de 15 anos que rematou coa chegada do nazismo ao poder,
aínda que Hitler non derrogou a Constitución de Weimar.
Weimar foi unha etapa de transformación moi grande, un laboratorio ideolóxico da Europa de
entreguerras con Berlín como capital emblemática do momento (en comparación con París e Londres),
aparecendo personaxes como o director Fritz Lang, o arquitecto Mies van der Rohe, os artista Paul Klee
e George Grosz...
A Alemaña da posguerra tivo dous obxectivos: loitar contra as consecuencias inmediatas do
tratado de Versalles e a través dunha acción diplomática que se pode personificar en Setresemann; e
a creación dunha democracia política e económica.
A Constitución de Weimar.
Foi redactada por unha comisión co presidente Preuss. Recollen os principios básicos das
liberdades individuais, expresión e reunión, e tamén regula dereitos económicos e sociais importantes
para a instauración definitiva dun sistema democrático en Alemaña, decreta o dereito de traballo, vida
diga e vivenda, mostrando a vontade da creación dun estado social e de dereito de _ dende o punto
de vista económico.
Tamén ten outra particularidade importante, pois deseña a estrutura do estado e a organización
do poder sobre a herdanza do Imperio, non poden esquecer a historia pero deben superala. Mantén
unha dobre organización territorial: Reich (...) e Länder (distintas unidades autónomas, 17, nos que
dividen o territorio con competencias de política e sanidade). O poder recaía no presidente central:
houbo tres Reich, o I Reich con F Ebert, o II con P. Von Hindenburg e o III con Hitler.
... Coalición de Weimar e aqueles que rexeitaban e a boicotearon como forzas de extrema dereita
e forzas de extrema esquerda.
Weimar tivo tres grandes fases:
-Fase inicial de inestabilidade. (1919-23)
-Fase intermedia de estabilidade (1924-29). Veu acompañada da primeira recuperación económica
trala guerra.
-Fase final. (1929-33). Será caldo de cultivo onde se alimete as forzas de ultradereita e de
ultraesquerda co partido comunista.
A chegada do nazismo supón a fin do réxime de Weimar.
DOCUMENTAL -> La época de los totalitarismos

Os reximes autoritarios (Fascismos)


Hai dous grandes réximes autoritarios.
Por que apareceron os reximes autoritarios? De igual xeito que se falou de diferentes oleadas
democráticas trala Primeira Guerra Mundial, é certo que eclosionaron con forza unha serie de reximes
autoritarios que anulan o desenvolvemento da democracia. Cales foron os facotres que determinaron
esta eclosión? Hai unha razón de moito peso, o difícil arraigo dos sistemas democráticos
parlamentarios en Europa a partir dos estados que se crearan a cos tratados de paz onde o peso da
incipiente democracia non era moi grande. Hai un aspecto que tamén pesa moito, a crise tralo crack
do ano 1929, xustificando a gran causa do non desenvolvemento das incipientes democracias. E tamén
a influencia do triunfo da revolución bolchevique de 1917 que foi coñecida como o perigo roxo,
facéndose moi conservadores o que leva a unha raducalización das forzas de dereitas no mundo
occidental; este medo dos burgueses e clases medias europeas explica en boa medida a resistencia a
admitir os partidos socialistas (non entenderon os tempos que chegaban con forzas do movemento
obreiro... non o asimilaron) e levou á decantación progresiva a posicionarse en opcións autoritarias.
As características que podemos definir dos sistemas fascistas:
• Negan o pluralismo político, da tradición liberal que viña da revolución francesa e das
revolucións liberais do 20, 30 e 48. Defensa do partido único.
• Defensa do exercicio carismático do poder e o culto a ese líder.
• Idea de antiliberalismo. O liberalismo era, ademais do perigo roxo, o inimigo a destruir.
• Definen o estado como un organismo supra_? O fin común é o Estado, fronte as
democracias, onde o fin común era o individuo.
Outros elementos definitorios destes totalitarismos que se definen como fascismo a partir do
réxime italiano.
• Son ideoloxías de senso totalizador cunha _ que aspira á creación dunha nova sociedade
onde predomina un novo home que están totalmente desvinculados dos aspectos
negativos que lle foron adheridos polo sistema liberal.
• A mensaxe que emprega é totalmente radical pois aspiran á transfomación da sociedade.
Son sempre directrices unidireccionais. Defenden unha revolución que ten que estar
dirixida polo Estado ou un conxunto de organización intermediarias. O Estado monopoliza
as obras e os individuos deben someterse a este ente superior.
• Para acadar estes obxectivos emprégase a negación do pluralismo político e a creación do
partido único. Os partidos políticos eran unha das grandes lacras herdadas do sistema
liberal. Este partido único contaría sempre con un líder cunha idea moi carismática do
poder, ao cal obedecía toda a comunidade política e que era traducida pola bondade das
masas. No caso alemán era o fürer, o duce ou caudillo, conductor no caso rumano...
• A movilización das masas buscaba a destrucción da diversidade individual. Por iso apelan á
idea de raza, patria, xefe ou líder a seguir. Buscan anular a perspectiva individual. É
importante para iso a propaganda, os sistemas de ensino e a difusión da violencia e do
terror, é dicir, o medo.
• A represión a todo aquel que non se sumaba aos postulados. E o medo levaba a non actuar
de forma individual para non pasar por unha política represiva.
• Deféndese o nacionalismo económico, o que é unha auténtica falacia, pois eran
interdependentes. Procuraron políticas proteccionistas moi fortes e intentaron crear
autarquías moi fortes.
As razóns polas que triunfaron os rexímenes fascistas foron diversas, ata que punto foi posible que
triunfaran os fascismos? Houbo moitas interpretacións
• A explicación de tradición máis marxista, e a máis clásica, que xustifica a aparición do
fascismo na necesidade do gran capital de recurrir ás dictaduras políticas para seguir
engrosándose o capitalismo. A revolución social comía terreno polo que co fascismo
seguen engrosando o sistema capitalista.
• Unha segunda consideración explica este auxe como un xeito de acceder á modernización
para os estados. Os estados que máis tardaron en acollerse á revolución industrial foron os
primeiros en abrazar os reximes autoritarios. Sorprende isto para o caso alemán,
xustificándose porque alemaña estaba composta por entidades moi diversas e foi un
estado no que chegou tarde a Revolución Industrial, ainda que coa chegada esta foi masiva.
• Unha terceira vía, a máis científica e máis apoiada, xustifica o triunfo dos fascismos á
situación de crise xeralizada do período de entreguerras.
o Nese momento se forxou unha mística belicista que se mantivo en tempos de paz
depois da guerra, moi vixente nas lexións de antigos excombatentes que anhelaban
o período de guerra, o que levou á formación de grupos paramilitares
medianamente aceptados.
o Despois estaba a realizade da represión do crack do 29, soportaron esa crise
económica que supuxo unha miseria social que leva a un posicionamento de
políticas autoritarias.
o Ademais estaría a ruina das clases medias. Son estes os grupos que se fan máis
conservadores e apoian esas políticas autoritarias fascistas nutrindo moito as filas
destes reximes.
• O gran medo á socialdemocracia. As masas sociais accederan á política, e non lles gutsaba
aos grupos máis conservadores. Todo isto leva a que os grupos de elite se posicionen do
lado dos partidos de ultradereita.
O fascismo estivo motivado por movementos de reacción contra o liberalismo, pola incapacidade
de asumir a chegada de novos grupos políticos e a incorporación á política de obreiros a finais do século
XIX.
A radicalidade que acadaron os movementos fascistas estivo moi relacionada co grado de
intensidade da ideoloxía democrática. Nos estados onde as características democráticas non estaba
moi desenvolvidas, o fascismo apoioise nos sectores clericales e militares, como ocorreu en España,
Portgual, Hungría ou Polonia. En contraposición están os estados onde a democracia tiña certo arraigo,
como a Alemaña de Weimar, e neste caso, o apoio social foi máis importante.
As experiencias máis significativas foron o fascismo italiano, primeiro rexime en definicrse como
fascista, e o nazismo alemán que copiaba o exemplo italiano.

Fascismo italiano
Aínda que Italia fora un dos estados vencedores da Primeira Guerra Mundial porque se posicionara
no grupo dos aliados, a situación real fora moi difícil. As perdas humanas e económicas foran moi
grandes, e trala paz demostrouse que acadaron o que eles chamaban a “vitoria mutilada” pois só
conseguiran as cidades de Trento e o sur de Tirol e Istria, pero non consegueran a costa Dálmata e a
cidade de Fiume, por iso Orlando, o ministro italiano, saeu da reunión de Versalles moi disgustado e
acuñou ese termo, pois non tiveron o recoñecemento que demandaran nos tratados de paz.
Outra importante cuestión foi que o apoio dos aliados determinou que en 1918 non podían
xustifiacar que non tiveran declarado o sufraxio universal, declarado en 1918 e levouse a cabo en 1919.
A sociedade italiana non estaba moi preparada para asumir o sufraxio universal, e houbo un
cambalache de votos que viñan de épocas precedentes.
A inflacción e a crise económica estimulara moito a axitación das clases traballadores, subindo os
prezos pero non os salarios. Isto levou á multiplicación das folgas, tendo moito peso o anarquismo. Isto
levara tamén ao desenvolvemento de certa violencia social, pois eran duramente reprimidos. Neste
momento os grupos de dereita, chamados fascios, comezaron a facer unha política en contra da
movilización social, grupos pagados por patróns de empresas. Dende este momento os liberais víronse
forzados a situacións insostibles, eran políticos que presentaban máis o pasado, e será aproveitado por
estes grupos de ultradereita.
Todo isto levou a un descrédito da política e unha crise ministerial importante, e Giovanni _ tratou
de solucionar o problema dando cabida no parlamento a grupos _. En setembro de 1920 houbo unha
folga moi forte, duramente reprimida, desenvolvéndose o período coñecido como Biennio rosso entre
1919-1920.
Benito Mussolini
Neste ambiente aparece Benito Mussolini (1983-1945). Nace como socialista, políticamente
falando. Un home de orixe humilde que pertencía a pequena burguesía rural, cun pai ferreiro e unha
nai que era mestra de escola. Formou parte do partido socialista italiano. En 1902 emigrou a Suiza
onde foi expulsado. Mantivo contacto en Suiza con revolucionarios marxistas, e foi onde formou a súa
culutra. En 1904 hai unha lei de amnistía italiana que permitía o regreso e fixo o servizo militar
alternativo en _. Como mestre estivo destinado en _ e converteuse no editor dalgún xornal, pero
destacou cando se meteu no xornal milanés Avanti. Participou tamén no periodico Il Popolo d’Italia
(ultranacionalista). Alentou a creación dos fasci di combattimento (paramilitares). Este señor dende a
creación do Partido Nacional Fascista (Partito Nazionale Fascista) tiña en mente medidas que foi
consumando. ....
O que tivo que conseguir foi o apoio dos conservadores, consegue entrar no parlemento no 1921
cando é nomeado deputado, comezando entón o deseño da súa política fascista, para o cal necesitaba
o apoio dos conservadores, que apoiaran a represión do Bienio Rosso, e foi consciente desa realidade.
É onde se xesta a ideoloxía fascista. Nestes lugares desenvolvéronse os squadroni que van a anular
a identidade socialista,. No 1921 considérase xa un movemento de masas. Toscana; Emilia-Romagna.
Nas eleccións de 1921 o político da etapa precedente permitiu que se uniran a_. Intentou asumilos
na súa política liberal, confiando que apaciguaría o extremismo. Realmente nestas eleccións permitiron
que os fascistas actuaran con bastante impunidade e acadaron 35 escanos (PNF) no parlamento, fronte
138 para os socialistas e comunistas, 107 para os popolari (católicos).
-138 escanos = socialistas e comunistas
-107 = popolari (católicos)
-35 = fascistas (PNF)
-Benito Mussolini (Predappio)
-Italo Balbo (Ferrara)
- Roberto Farinacci (Cremona)
Mussolini veuse obrigado en converterse en _ pois a inestabilidade política vaise manter, pois hai
unha sucesión de primeiros ministros e gobernos. (Giolitti 1920-21 ; Bobomio 21-22; Facta 22,
Mussolini 1922) squadristi.
Todo isto leva á Marcha fascista sobre Roma (squadristi). Iníciase o 28/10/1922 onde reside
Mussolini. Esta idea contribuía a crear un símbolo para a futura rexeneración nacional e para inaugurar
unha nova era. A marcha acontece o día 28, pero foi un pouco minoritaria por mor da choiva, foi
deslucida pois só tres columnas de grupos paramilitares armados entraron na capital e asaltaron varias
oficinas de correos que representaban o parlamentarismo dexenerado. Curiosamente, neste momento
Mussolini é nomeado presidente; el quedárase en Milán ante o temor de que a marcha fora reprimida
polas forzas militares mandadas polo rei, Milán estaba preto de Suiza, pois o seu plan B era fuxir cala
alí. Ao final, descoñécese por que triunfou a marcha de Roma, pero o rei Victor Manuel III non chamou
ás forzas militares para reprimir a manifestación, posicionándose do lado de Mussolini (sucederá no
ano 23 con Primo de Rivera e o rei Alfonso XIII).
Todo isto inicia o triunfo do fascismo, e para moitos a actitude que se mantivo foi de alivio ante
unha situación previa de incertidume, e percatáronse de que había alguén que asumía levar a cabo
unha rexeneración da patria.
Mussolini foi nomeado primeiro ministro de xeito constitucional, pois o _ Albertino seguía vixente,
pero como deferencia cara os seguidores e militantes levou a cabo un desfile da vitoria, e disfrazan
esta realidade que emboban a visión social da realidade, pois era unha situación moi crítica. Inicia un
goberno de reconciliación nacional, e Mussolini conta cos liberais católicos, nacionalistas como G.
Gentile e militares. Buscou o apoio dos latifondisti do sur, da Igrexa, crea unha lei de reforma da
educación, e contou co apoio dos grupos conservadores e clases medias moitos deles monárquicos.
Dende o ano 22 cando Mussolini accede ao poder o grupo conservador é moi importante para o
seu apoio, moitos deles burgueses. Era un grupo moi elitista sen moita representación social, pero con
moito poder, pois eran altos militares do exértico, profesores de universidade, funcionarios de alto
rango da época precedente, homes de negocios e xente da alta adxudicación. Non solo se apoiou non
grupos paramilitares, tamén neste grupo, un complemento perfeto para o fascimso cunha ampla base
burguesa paramilitar, pois un grandes problemas era que non tiñan un gran programa político de
goberno.
Nas eleccións de 1924. ... O clientelismo e a intervenión dos prefetos, dependían deles. Así, o
goberno acada o 66% dos votos.
-66% votos = 2/3 dos escanos. Algo máis da metade eran de fascistas declarados.
-PSI = menos 5% votos (Partido Socialista)
-PCI= menos 4% votos (Partido Comunista)
-Popolari = menos do 4% dos votos (Conservadores Católicos)
A comezos de xuño, un grupo extremista asasina a Matteotti, que días antes pronunciara un
demoledor discurso. Mussolini negou implicacións neste episodio, pero cuestionábase se era un
réxime constitucional ou un réxime subversivo, comezando os asasinatos de estado cando se comeza
a cuestionar o réxime. Pouco a pouco a ambiente de crise faise máis agudo e comezan a aparecer nos
xornais voces contrarias. Isto tróuxolle certa oleada crítica a Mussolini. O 31/12/1924 un grupo de
membros da milicia mussoliniana déronlle un ultimatum a Mussolini para que tomase medidas contra
a oposición dun grupo de socialistas ou sembrarían o terror, e ante o temor dunha guerra civil en Italia,
o 3 de xaneiro de 1925 entrou no parlamento e retou aos seus inimigos a que o acusaran. Dende entón
inicia a ditadura fascista italiana nas mans de Mussolini.
Inicia a difusión do estado fascista.
Características do fascismo:
-Oposición á democracia e ao socialismo
-Concepción mística do Estado
-Desigualdade de clase
-Estado-nación =imperialismo, antisemitismo e xenocidio
-Corporativismo e autaraquía.
Pero con continuidade liberal
-Statuto albertino, 1848
-Rei (Vitorio Emanuele III) = Xefe do Estado
-Administración liberal

A ditadura fascista
A necesidade de chegar a un acordo para sumar apoio, significaba que a principal tarefa de
Mussolini fose acabar co poder que tiñan os squadroni, os grupos paramilitares que o estaban
sometendo, pois precisa que eses grupos precedentes neutralizase a radicalización. Apóiase en líderes
locais e provinciais, profesionais liberais, terratenentes e aristócratas do sur, apoiouse para anular a
radicalidade.
A limitación política do PNF italiano _ no 1926, pois as ditaduras de ultradereita levan a cabo unha
forte centralización. Neste novo estatuto de 1926 avógase por una centralización. Dende este
momento todos os postos eran nomeados de xeito xerárquico e a idea de estado pasaba a facerse
cargo do fascismo, cando adquire o poder forte e somete a esa radicalidade.
Hai unha gran defensa do estado fronte ao parlamentarismo.
Se hai algo que lle deu moita importancia e peso á ditadura foron os pactos de Letrán de 1929.
Unha situación que viña dende 1860-1870, deuse conta do gran peso da Igrexa, e pactou con Pío XI,
quen recoñece a creación do estado italiano, delimítase o territorio do Estado do Vaticano e dende aí
o fascismo italiano ten un colaborador, a Igrexa, o seu estado non sería completamente fascista porque
renunciou a certos postulados ideolóxicos en favor da igrexa. A partir dos pactos, finaliza a “cuestión
romana” e o papa pasa a chamar a Mussolini “hombre llamado por la providencia”. A pesar de que o
papa aceptou o fascismo, foi bastante crítico co antisemitismo.
Houbo unha férrea censura cunha lei de censura e debendo adicar páxinas ao fascismo italiano, ao
que se lle xunta a idea de propaganda.

A economía fascista
É unha economía imprecisa pero con características establecidas.
• Hai un desprezo cara ao materialismo.
• Expontaneidade vs. planificación.
• Pódense distinguir dúas etapas a nivel económico.
o A primeria delas durante o primeiro periodo. Onde había unha finalidade de
tranquilizar e gañarse o apoio dos burgueses. Intentaron equilibrar os orzamentos.
Foi importante o feito de que chegou ao poder nun momento de certo repunte
económico. Foron tamén os anos onde desaparece o desmesurado gasto bélico.
Isto da un superávit económico positivo, dando unha visión positiva do réxime.
o Unha segunda etapa onde se pode falar dunha verdadeira etapa de economía
fascista a partir de 1925. Deséñase unha nova economía
▪ cunha nova lei sindical en 1926, unha lei moi conservadora que prohibía
convocar folgas.
▪ Estado corporativo.
▪ Lettera di Lavoro foi un texto de 1927 onde teoricamente se lle da cancha e
se privilexia a empresa privada.
Nestes anos, a nivel industrial, hai un gran desenvolvemento, unha gran difusión dos avances
químicos, eléctrico, non tanto a industria do automóvil. Houbo avances tecnolóxicos. Concentrouse na
metade norte, a parte rica e industrial do reino de Italia, con máis recurso natural.
Na agricultura fascista se viviu a peor parte, era un sistema agrario bastante atrasado que non se
sometera a un gran proceso de industrialización. Desenvolveuse a corrupción e o crime organizado, a
Mafia.

Creación da nación fascista


Todos os réximes autoritarios buscan definirse con elementos identitarios extremos. A creación da
nación fascista resposta á larga tradición .... onde se intentou crear un fascismo e un sistema político
de base ideolóxica. De feito, o fascismo supuxo un intento de construir unha comunidade nacional
nova a partir de certos rasgos elitistas de superioridade, cuxo discurso captou a moita xente nova que
cría que a súa fortaleza sacara a Italia da ignorancia e trala victoria de 1918, coultándose o discurso da
victoria mutilada.
...
Hai todo un proceso de deificación do Duce, unha simboloxía ideal que materialmente non tiña
peso. Margherita Sarfatti escribiu un libro basado na biografía a Mussolini : “romano no espíritu e no
semblante, Benito Mussolini é a resurrección do arquetipo itálico, que reaparece repetidas veces ao
longo dos séculos” Margherita Sarfatti, Dux, 1926. Lembra a idea da Roma dos Césares (romanità).
Durante os anos 30 o culto ao Duce acadou cotas extraordinarias, as máximas que aparecen
reflictidas eran “creer, obedecer y luchar”, “vivir... “ “más vale comportarse un día como un león que
cien como un cordero”... O culto ao Duce chegou a ser unha auténtica relixión.
Tuvo un grande desenvolvemento o fútbol como medio de difución do deporte popular dentro da
cultura fascitsa.
Detrás de todo isto hai un gran baleiro intelectual, evidente dende o 1934. Chega un momento no
que o culto ao Duce, a retórica patriótica, os desfiles militares, as películas, o fútbol e as excursións ao
mar ... Déixase ver que o partido fascista era un partido corrupto e derivado do clientelismo; houbo
unha gran frustración (universitarios moitos deles) que xa non se crían este discurso, moitos deles
emigraron e comezan a cuestionar a visión fascista.
Mussolini deuse conta de que aparecían as voces críticas que non podía parar, e a saída que tivo
foi participar na Segunda Guerra Mundial.

NAZISMO ALEMÁN
Alemaña foi o único país realmente avanzado, tanto no nivel de vida como cultural, que caeu en
mans dunha ditadura irracional (máis que o fascismo, o franquismo, etc.) onde a explicación máis
razoable se atopa nas fluctuacións económicas tan adversas entre 1918 e 1933 que levaron a unha
radicalización da política.
A república de Weimar deixou de ser aceptada, a crise interna era evidente, e a coalición de
Weimar (socialdemócratas, liberais e católicos) comezan a posicionarse coa extrema dereita e extrema
esquerda (partido nazi, comunistas radicais) e moitos militares e organizacións paramilitares que
añoran o ambiente bélico e que tiñan un elevado ... como o caso de S.A. de Röhm. Chegou a tal extremo
que tralo crack do 29, levou a que no ano 33 o partido nazi gañase as eleccións e se iniciase o III Reich
baixo o mando de Hitler.

Adolf Hitler
Hitler non era alemán, era un austríaco nacido en Braunau en 1889, fillo dun funcionario de
aduanas de porto e el odiaba ao seu pai, un señor moi autoritario; a súa nai foi o seu grande apoio.
Tiña como obxectivo adicarse ás artes, pero carecía de talento. En Viena foi onde formou as súas ideas
políticas, dende novo mostrou desprecio cara a socialdemocracia, e sobre todo o antisemitismo (moi
inculcado dende neno). Dende cedo admirou os postulados do Partido Nacionalista Panxermánico. Era
unha persoa moi variable, hai estudos que demostran a súa carencia de ...; era teoricamente intelixente,
e tras unha formación secundaria en Viena, intentou ingresar na Academia de Belas Artes, pero foi
rexeitado por falta de talento. Viviu durante un tempo nun albergue de indixentes. Nestes anos
imbuíuse da idea que tiña el de antisemitismo, desenvolvido sobre todo a partir do caso Dreyfus.
En 1913 cando Alemaña xa era unha potencia política e económica, trasladouse a Munich para
escapar do servizo militar. Aparentemente dixo que escapaba do servizo militar porque non quería
servir á orde de oficiais xudeus. Atraído tamén pola prosperidade de Alemaña. Pretendeu alistarse non
exército, pero foi declarado “non apto”. Co inicio da guerra, o exército necesitaba efectivos, e colleu a
soldados non aptos, e el participou nos frontes de Francia e Bélxica. En 1916 foi ferido nunha perna e
pasou un tempo nun hospital (“perigosamente psicótico”). En 1918 quedou temporalmente cego por
uso de gases químicos, un psiquiatra o tratou nese momento, e este dixo que lle deu o ataque de
cegueira porque a batalla fora perdida polos alemáns, e decía que era un incompetente para comandar,
un psicótico e un “corvo branco” (persona que non cuestiona a autoridade superior).
Nestes anos de guerra medra o seu odio polo que considera aos inimigos interiores de Alemaña,
os xudeos e os socialdemócratas. A derrota de Alemaña foi para el algo terrible, e dende ese momento
culpou a xudeus e socialdemócratas como os inimigos. Considerou o Tratado de Versalles como unha
vergonza. .... Trala Guerra volve a Munich e métese no exército bábaro e traballa como espía para os
militares; encárgase de colaborar na supresión de levantamentos socialistas, entra en contacto do DAB
(partido obreiro alemán) e publícase os 25 puntos do DAB onde se supón que participou: nestes pídese
a unión con Austria, o antisemitismo, dase certa posibilidade de medidas socialistas para os
traballadores, acéptase o rearme, decrétase a limitación da liberdade de prensa e un reforzamento do
centralismo en detrimento das entidades federais.
En setembro de 1921 vanse a fusionar co Partido Obreiro Alemán e fúndase o NSDAP (Partido
Obreiro Nacional Socialista Alemán) que se acabará convertendo no Partido Nazi. Son constantes as
ideas de antisemitismo, antiparlamentarismo, xermanización alemana e rexeitamento dos elementos
culturais de tradición latina, e a doutrina do famoso “espazo vital”. Dende este momento o partido
expándese acadando adeptos e comeza a falarse da “Marcha sobre Berlín” en recordo da táctica
mussoliniana. A altura de 1921 era considerado como un gran orador, tiña facilidade de palabra, e
comeza a difundir os símbolos da esvástica e da cruz gamada; os seus discrsos eran polémicos,
atacando ao tratado de Versalles, aos políticos rivais e sobre todo a marxistas e socialistas, ademais de
xudeos. Toda esta proxección fíxolle acaparar o apoio dos grupos conservadores, nun momento no que
Alemaña era rexeitada polas demais potencias.
Todo isto aprovéitano os nazis e Hitler, e a recesión económica focalízana como que os culpables
son os de fora. Isto leva a que os grupos conservadores, industriais e burgueses, comecen a apoiar o
discurso nazi fascista destes primeiros anos.
En 1923 Hitler e outros fascistas como Ludendorff e Röhm dan un fallido golpe de estado coñecido
como “o putsch da cervecería”, foi frustrado, e estes líderes foron encarcelados. Neste momento Hitler
redacta o Mein Kampff (Manifesto Político) onde se recolle o antisemitismo, a superioridade da raza
aira e a antidemocracia.
En 124 cando saen da cárcere tras oito meses, encontraron un partido nazi dividido. Foi o ano de
apoxeo da república de Weimar. Dentro do partido atopáronse posturas encontradas: Röhm denfendía
a superioridade dos grupos paramilitares, de feito, foi o xefe das Seccións de Asalto (milicias ao servizo
do Partido Nazi); a tendencia de Strasser daba certa cancha á ideoloxía socialista, daba a posibilidade
da convivencia cun socialismo feble, esta segunda vía non foi viable e cae no olvido; a terceira vía,
defendida por Hitler, reafírmase con novos grupos paramilitares (SS) que conviven coas SA, que terán
ao propio exército alemán, tiñan un uniforme negro con camisa blanca, e tamén a Gestapo, a policía
secreta do estado que empregou como espías.
Hitler, para levar a cabo o triunfo das SS, vai a apoiarse en xefes rexionais adictos, os ras, caciques
da época mussoliniana, copiado agora por Hitler para crear esos caciques que lideran a incorporación
das SS.
Neste ambiente aparece a depresión do 29 e o discurso nazi é adoptado polos grupos
descontentos: os grupos de parados, as clases medias arruinadas, industriais e burgueses que viron
como a crise os desfavorecía... Isto retroalimentaba o ego de Hitler e o partido nazi.
Nas eleccións de 1932 Hitler non gaña, gaña un nazi independiente, Paul von Hindenburg, polo
que fixo unha política encuberta en contra da súa política, hai unas novas eleccións en xaneiro de 1933
cando gaña Hitler. Hitler pacta con católicos e grupos liberais para que nas novas votacións gañe el, cos
católicos de Franz von Papel. Acada a maioría e Hitler será Canciller, Xefe de Goberno e Xefe de Estado.
Está comprobado que foron eleccións amañadas, con represión e coacción para que non foran a
votar ou votasen a Hitler, e o emprego do medo.

Consolidación do poder de Hitler


Como se levou a cabo a consolidación do poder de Hitler?
Establece a Lei de Plenos Poderes. En Alemaña había a idea de que as eleccións que deran unha
maioría absoluta simbolizaba que se podía decretar esta lei. Dende entón comeza a persecución dos
adversarios.
As primeiras medidas nazis, xunto coa purga dos opositores, estaría
• Reichsstatthaler (Gobernos nazis nos Länder)
• Fronte Laboral Nazi (DAF) con Robert Ley
• Empresa alimenticia do Reich” con Walter Darré.
• HAGO, para artesáns e comerciais
• Volkswagen (“espíritu do pobo”)
o “Escarabajo” (Ferdinand Porche). Cando viu que a produción era considerable, crea
a Volkswagen.
En 1934, o 30 de Xaneiro, inicia a instauración da ditadura, e remata co sistema federal dos Länders,
constituíndose como presidente e canciller, a nominación de Führer.
Remata o sistema federal.
Tiveron moito desenvolvemento os grupos paramilitares, as SS + SA (Röhm), a Gestapo e o exército
nazi.
Noite dos coitelos longos, o 30/06/1934. Asasinados moitos mandatarios da SA, sendo os grandes
vencedores as SS.
Heinrich Himmler.
Instáurase dende este momento o terror nazi.
En marzo de 1936 abre Dachau, o primeiro campo de concentración nazi, cun gran desplegue e
con respaldo da prensa, adicta ao novo goberno nazi. Nace como un centro de detención e campo de
traballos forzados nos que os alemáns antisociais (inimigos políticos do réxime, homosexuais, xudeos...)
estaban sometidos a un réxime penal, cun trato inhumano onde non había condicións mínimas de
salubridade, había casos de asasinato dentro do campo; nas portas de entrada un cartel poñía “O
traballo libera”.
Non naceron como centros de exterminio, implantados a raíz de 1941, co único propósito de matar.
O terror a ser arrestado levou a unha conformidade pública co réxime nazi. Unha das armas máis
poderosas da historia é o medo. Un réxime autoritario non sobrevive solo con represión, buscan dar
outra imaxe, unha programación económica e industrial que buscaba crear adeptos, a nivel económico
houbo unha recuperación con construción de obras públicas, una política de rearme e una teórica
autarquía que buscaba camuflar carencias.
Nos primeiros anos houbo un crecemento económico interno, e a invasión de Sarre e Renania, os
XI Xogos olímpicos do 36 retransmitido na TV (150.000 espectadores). Buscaba dar un espíritu
nacionalista rexenerado: beleza do traballo, ocio e vacacións obreiras. Ministerio de Educación Popular
e Propaganda (Goebbels, 1933) ...
En Italia estaban os grupos balilla, grupos educativos que collían nenos e os formaban cara un
futuro, aparecen aquí as Xuventudes Hitlerianas (HJ), a Liga de Muchachas alemán (BDM), a Asociación
Nacional de Mulleres Nazis..
...
Estado Nazi
O Führer era o elemento de cohesión, frente a dualidade de poder pois dentro do partido nazi
había organizacións clandestinas que intentaron bocotear a administración do estado nazi.
A medida que avanzaron os anos 30, empezaron a ver os aspectos negativos, as masacres que
desenvolvía o exército e levou, en boa medida, á participación na Segunda Guerra Mundial en 1939.

A Igrexa
O posicionamento da igrexa.
O grupo protestante:
-pronazis (cristians alemans)
-opositores (igrexa confesional)
-Ideas comúns:
+anticomunistas
+nacionalismo conservador
Católicos (Concordato, xullo 1933)
-ambigüedade/doble moral
-“alienación” ao réxime.

OS excluidos
-Esquedas (clandestinidade)
-Xudeos, xitanos, homosexuais
-Eslavos do este + latinos
Política anti-xudea:
-Lei de Nuremberg
Noite dos cristais rotos (1938)
Programa de purificación racial (orde da eutanasia PH. Bouher /Holocausto – Solución final)

As áreas de maior definición da política nazi


A política racial (pureza aria, + espazo vital vs razas impuras = campos de exterminio. Xenocidio do
Holocausto.
Política exterior: dominio de Europa e do mundo
O rearme vs. Stresa e Liga de Nacións (1935). Plan Cuatrienal.

Deste xeito, o 3 de setembro de 1939 decrétase a Segunda Guerra Mundial.

DOCUMENTAL ->
A Segunda Guerra Mundial: da derrota do “inimigo común” á Guerra Fría. “Auschwitz” como legado
do conflito.

You might also like