You are on page 1of 81

HISTORIA DO MUNDO

CONTEMPORÁNEO

1º BACH. 15 TEMAS

1
2
ÍNDICE:

- Tema 1: A Europa do Antigo Réxime

- Tema 2: A crise do Antigo Réxime

- Tema 3: A Primeira Revolución Industrial

- Tema 4: Os Estados europeos: Liberalismo e Nacionalismo

- Tema 5: Os cambios na sociedade europea do S. XIX

- Tema 7: A Segunda Revolución Industrial e o Imperialismo

- Tema 8: A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

- Tema 9: A Revolución Rusa e a URSS

- Tema 10: A economía de entreguerras e a Gran Depresión

- Tema 11: A época de entreguerras: democracias e totalitarismos

- Tema 12: A Segunda Guerra Mundial (1939-1945)

- Tema 13: A Guerra Fría

- Tema 14: Asia e África: da descolonización ás novas potencias

- Tema 15: América Latina: S. XX-XXI

- Tema 16: Da CEE á Unión Europea

3
4
Datas importantes:

- 1605: Cervantes, El Quijote ( 1ª parte).


- 1611: Galileo defende a teoría heliocéntrica de Copérnico.
- 1642-1649: Guerras Civís inglesas.
- 1649: Proclamación da República en Inglaterra.
- 1689: Guillerme de Orange, rei de Inglaterra, xura a Declaración de Dereitos.
- 1748: Montesquieu, O Espírito das leis.
- 1762: Rousseau, O contrato social.
- 1763: Voltaire, Tratado sobre a tolerancia.
- 1776: Adam Smith, A riqueza das nacións.
- 1773: Motín contra o imposto do té en Boston.
- 1776: Declaración de independencia de EE. UU.
- 1787: Convención de Philadelphia. Constitución de EE. UU.
- 1789: Estados xerais de Francia, Asamblea nacional Constituínte, inicio da revolución e
Declaración dos Dereitos do Home e Cidadán.
- 1791: Asamblea Lexislativa.
- 1792: Lei do divorcio en Francia. A Marsellesa.
- 1795: Directorio.
- 1799: Consulado. Beethoven , Primeira sinfonía. Sistema métrico decimal. Combination
Acts.
- 1800: Robert Owen, colonia New Lanark.
- 1804: Coroación de Napoleón. Código civil francés e Imperio napoleónico ata 1815.
- 1811: papel moeda no Reino Unido.
- Persoas importantes: John Kay, Hargreaves, Arkwright, James Watt, Crompton, Cort,
Cartwright, Alessandro Volta, Robert Fulton, George Stephenson, Samuel Morse.
- 1815: Congreso de Viena, firma da Santa Alianza.
- 1819: Masacre de Peterloo.
- 1820: Revolucións liberais: España, Nápoles e Grecia.
- 1830: Francia ocupa Alxeria.
- 1831: Eugène Delacroix: A Liberdade guiando ao pobo. Darwin embarca no Beagle.
- 1834: Zollverein.
- 1937: Telégrafo.
- 1838: Cartismo.
- 1839: orixe da fotografía.
- 1840: Proudhon: Que é a propiedade?
- 1845: Engels; A situación da clase obreira en Inglaterra.
- 1848: “primavera dos pobos”, vaga revolucionaria en Europa. Manifiesto Comunista.
- 1849: Víctor Manuel II inicia a unificación de Italia.
- 1850: Submarino.
- 1859: Charles Darwin: A orixe das especies.
- 1861: Víctor Manuel II rei de Italia. Teléfono de Reis.
- 1862: Bismarck chanceler de Prusia.

5
- 1864: I internacional.
- 1865: León Toltói Guerra e paz. O Capital, de Marx.
- 1868: Revolución Meixi en Xapón.
- 1869: Concilio Vaticano I. Canle de Suez.
- 1870: Unificación de Italia.
- 1871: Primeiro Sistema Bismarckiano. Comuna de París.
- 1885: Conferencia de Berlín. Automóvil a gasolina.
- 1889: II internacional.
- 1891: O Papa León XIII: Rerum Novarum.
- 1895: primeira proxección de cine.
- 1898: Crise de Fashoda e perda das últimas colonias españolas.
- 1903: Panamá sepárase de Colombia.
- 1905: Domingo Sanguento. O tsar de Rusia promete reformas e créase unha Duma sen
poderes.
- 1907: Creación da Tripla Entente.
- 1908: Ford T.
- 1914: Asasinato en Saraxevo de Francisco Fernando o 28/06 e inicio da I Guerra Mundial un
mes despois. Canle de Panamá. Participación rusa na Gran Guerra.
- 1917: Revolución Rusa en febreiro. EE.UU. declara a guerra a Alemaña en abril. Créase o
Partido Comunista de Rusia. Triunfo da Revolución en México.
- 1918: 3/03 Tratado de Brest-Litovsk. Fin da Guerra e Armisticio en novembro. Comunismo
de Guerra. Guerra Civil Rusa, Trostki como máximo líder do exército vermello.
- 1919: 28/06 Tratado de Versalles. III Internacional.
- 1920: Partido Nazi en Alemaña.
- 1921: NEP, Nova Política Económica. Partido Nazionale Fascista italiano.
- 1922: Creación da URSS. EE.UU. 1ª potencia mundial. Mussolini primeiro ministro de
Italia.
- 1923: Ocupación do Ruhr. Ditadura de Primo de Rivera en España.
- 1924: Morte de Lenin.
- 1926: Ditadura de Mussolini.
- 1927: Ditadura de Stalin.
- 1928: I Plan Quinquenal. Réxime de Salazar en Portugal.
- 1929: 24/10 Crac de Wall Street. Primeira emisión de TV. Tratados de Letrán.
- 1930: Primeiras purgas na URSS.
- 1931: Crise en Europa. Hiperinflación alemana.
- 1932: Roosevelt presidente de EE.UU.
- 1933: New Deal. Hitler Chanceler de Alemaña. Voto feminino en España.
- 1935: Segundo New Deal. Leis antisemitas de Nüremberg. Italia inicia a conquista de
Ethiopia.
- 1936: Procesos de Moscova. Keynes Teoría xeral do emprego, o xuro e o diñeiro. Guerra
Civil Española.
- 1938: Agresións alemás contra Austria, Checoslovaquia e Polonia.
- 1939: Alemaña ocupa Polonia. Inicio da Segunda Guerra Mundial.
- 1940: Capitulación francesa ante Alemaña en xuño. Batalla de Inglaterra.

6
- 1941: Operación Barbarroxa. Ataque a Pearl Harbor en decembro.
- 1942: Batalla de Stalingrado. Capitulación italiana.
- 1944: Desembarco de Normandía o 6/06.
- 1945: Capitulación alemana en maio. Bombas atómicas de Hiroshima e Nagashaki en
agosto. Fundación da ONU.
- 1946: Churchill propón a creación dos Estados Unidos de Europa.
- 1947: Inicio do Plan Marshall. Independencia da India e Pakistán.
- 1948: Bloqueo de Berlín. Ponte aérea. A ONU declara os Dereitos Humanos. Benelux.
- 1949: OTAN. COMECON. Independencia de Indonesia. Consello de Europa.
- 1950-1953: Guerra de Corea.
- 1951: Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA).
- 1955: Pacto de Varsovia. Conferencia de Bandug.
- 1956: Crise de Hungría. Independencia de Tunisia e Marrocos.
- 1957: Sputnik, primeiro satélite espacial. Tratado de Roma e nacemento da CEE e o
EURATOM.
- 1959: Revolución cubana.
- 1960: Independencia da África francesa, Nixeria e o Congo belga. Reino Unido promove a
creación da EFTA.
- 1961: Conferencia de Belgrado.
- 1962: Crise dos misiles en Cuba. Independencia de Alxeria. Concilio Vaticano II.
- 1965: Intervención estadounidense en Viet Nam.
- 1967: Guerra dos seis días. EE. UU. apoia a Israel e a URSS aos países árabes no conflicto
árabe-israelí.
- 1968: Primavera de Praga.
- 1972: Primeiro acordo de SALT.
- 1973: Ditadura de Pinochet en Chile. Reino Unido, Irlanda e Dinamarca entran na CEE.
- 1975: Conferencia de Helsinki. Gobernos comunistas en Viet Nam e Cambodia.
Independencia das colonias portuguesas.
- 1976: Ditadura de Videla en Arxentina.
- 1979: A URSS entra en Afganistán.
- 1980: Revolución sandinista en Nicaragua.
- 1981: Negociación STAR URSS-EE.UU. Grecia entra na CEE.
- 1982: Guerra das Malvinas.
- 1985: Encontro Reagan-Gorbachov.
- 1986: España e Portugal entran na CEE.
- 1989: Caída do Muro de Berlín.
- 1991: Caída da URSS.
- 1992: Tratado de Maastricht: Unión Europea.
- 1995: Incorporación de Austria, Suecia e Finlandia.
- 1998: Crise financeira en Arxentina.
- 1999: Creación do BCE.
- 2002: Nace o euro como moeda común en 12 países.
- 2004: Europa dos 25.
- 2007: Europa dos 27.

7
- 2008: Raúl Castro sucede a Fidel Castro no poder en Cuba. Crise económica financeira.
- 2013: Nicolás Maduro sucede a Chávez en Venezuela. Europa dos 28 coa incorporación de
Croacia.

8
Tema 1: A Europa do Antigo Réxime

1. A economía do Antigo Réxime.

- A economía baseábase na subsistencia. Os campesiños explotaban as terras da nobreza e da Igrexaa. Nas


zonas costeiras o comercio tivo un auxe crecente.
No S. XVIII, o auxe do comercio e as novas técnicas agrícolas supuxeron un cambio importante que
provocou un aumento de poboación.

1.1 A agricultura

- No S. XVIII, a agricultura e a gandaría foron a principal fonte de riqueza; o 80% da poboación eran
campesiños en situación de pobreza, a maioría deles e as explotacións agrarias estaban adicadas ao
autoconsumo. Case ⅔ da terra pertencían á Igrexa e a nobreza. O sistema de propiedade era o señorío, que
podía ser:
● Territorial: o señor recibía dos campesiños unha renda a cambio da cesión da terra.
● Xurisdicional: o señor tiña capacidade de goberno e ditaba xustiza en nome do rei.
- Os señores gozaban de tributos especiais, prestacións persoais e o monopolio de servizos básicos para a
comunidade rural. No S. XVIII producíuse o aumento de poboación que provocou unha maior demanda
de produtos agrícolas e un incremento das ganancias. Esta situación favoreceu á Igrexa e a nobreza.

1.2 O comercio

● Comercio interior: estaba pouco desenvolvido a causa das malas comunicacións terrestres e da pouca
capacidade adquisitiva da poboación. Isto mellora no S. XVIII coa mellora de camiños.
● Comercio exterior: nas colonias proliferou o sistema de plantacións traballadas. A produción destas
plantacións vendíase en Europa. Os países europeos exportaban ás colonias manufacturas. Este comercio
favoreceu a creación de compañías comerciais e o enriquecemento de moitos comerciantes.

1.3 Manufacturación

- Os artesáns, organizados en gremios, controlaban a produción manufactureira. Estas organizacións tiñan


un sistema de traballo que non permitía grandes producións, xa que a maioría eran pequenos talleres de
poucos traballadores.
Esta situación cambia no S. XVIII xa que un sector da burguesía comercial, comezou a invertir na
produción de manufacturas, construíndo talleres máis grandes.

2.1 A nobreza e o clero

- Os que pertencían á nobreza e o clero non pagaban impostos. Estes sectores privilexiados
monopolizaban os altos cargos da administración, da Igrexa e do exército.

9
- A nobreza: dentro dela había diferenzas, por un lado estaba a alta aristocracia e os grandes títulos que
acumulaban a maior parte do poder político e un gran patrimonio económico. Por outro lado a baixa
nobreza e os pequenos fidalgos pasaban apuros para manter as súas condicións.
- O clero: alto clero de extracción exclusivamente nobiliaria, controlaba os beneficios do rico patrimonio;
o baixo clero, composto pola maioría do clero regular, vivían de xeito moi modesto.

2.2 As clases populares

- Os privilexiados formaban un 2% da poboación. O resto constituía o estado xeral ou terceiro estado. Un


conxunto que tiña en común a ausencia de privilexios xurídicos, económicos e sociais.
● O mundo rural: ocupado por campesiños sen terra e propietarios pobres; aínda que había unha pequena
cantidade de labradores acomodados.
● O mundo urbano: o lugar máis baixo etstaba ocupado por vagabundos e mendigos. As clases populares
estaban compostas de artesáns, criados e traballadores manuais.
Enriba estaba a burguesía, un grupo de privilexiados comerciantes, funcionarios etc. Compartían o
interese de rematar cós privilexios do alto clero e da nobreza.

2.3 O ascenso da burguesía

- No século XVIII, as cidades creceron de xeito significativo. Os burgueses fixéronse hexemónicos en


gran parte das grandes cidades europeas. Chegaron ao nivel de riqueza da nobreza e polo tanto eran
tratados como tales. Xurdiron novas xeracións de banqueiros, xa desligados da dependencia dos
gobernantes e dispotos a facer negocios cos burgueses máis emprendedores; tamén hai que engadir un
círculo de profesionais da xestión política, letrados e profesores.

3.1 As monarquías absolutas

- As dinastías europeas foron concentrando cada vez máis poder. O fortalecemento da autoridade real
basábase en extraer impostos, obter homes e recursos e manter un exército profesional. Para iso creouse
unha administración pública e eficaz, unha burocracia que coontrolase todo o territorio. O resultado foi a
monarquía absoluta que foi o sistema máis común en toda Europa. A soberanía real implicaba a facultade
dos reis para decretar leis, administrar xustiza e gobernar sen límites.

3.2 O despotismo ilustrado

- No S. XVIII, algúns monarcas absolutos empezaron a ser consicentes da necesidade de introducir


cambios sociais e económicos para manter o seu poder. Tomáronse medidas para o impulso da economía;
repoboron zonas deshabitadas, construíronse infraestruturas e modernizouse a administración. Todo isto
seguindo o lema: Todo para o pobo pero sen o pobo; os monarcas que seguiron esta corrente foron
chamados déspotas ilustrados.

10
4.1 Principios xerais da ilustración

- Uso da razón: había que explicar o mundo de xeito racional.


- Defensa das ciencias experimentais: no S. XVIII establécense as bases da física, matemáticas,
astronomía e da química modernas.
- Fe no prgreso humano: o auxe da ciencia, crecemento económico e reformas sociais e políticas permiten
alcnazar o benestar material e a felicidade colectiva.
- Aposta pola tolerancia relixiosa: o centro da vida tiña que ser o home. Denunciaban o peso excesivo da
Igrexa no Estado e condenaban o fanatismo relixioso.
- Liberdade económica: propoñían eliminar as trabas que obstaculizaban a liberdade de mercado, liberar a
terra e o capital.

4.2 O pensamento político ilustrado

- Algúns ilustrados confiaban no sistema de monarquía absoluta e outros criticaban ao absolutismo


defendendo os dereitos dos cidadáns prefigurando as bases do liberalismo.
As sementes plantadas polos principios ilustrados da liberdade política e igualdade social creceron pronto
polo descontento da burguesía urbana.
As ideas dos líderes revolucionarios baseábanse nas obras de John Locke, Voltaire D´Alambert e Diderot.
Montesquieu propuxo a separación de poderes e Rousseau foi moito máis alá criticando a sociedade do
Antigo Réxime.

4.3 O pensamento económico

- En 1776 o filósofo Adam Smith publica A riqueza das nacións, na obra explica como Inglaterra e
Holanda progresan no S. XVIII. O crecemento da produción baséase no traballo das nacións e na
ambición dos axentes económicos. Elaborou a lei da oferta e a demanda que rexía os mercados.
No S. XVII os mercantilistas propugnan a intervención do Estado na economía para controlar a produción
manufactureira e a emisión da moeda. A mediados do S. XVIII, a teoría predominante era a fisiocracia
que baseaba o crecemento no incremento da produción agrícola. A obra de Adam Smith sentou as bases
do capitalismo.

11
12
Tema 2: A crise do Antigo Réxime

1.1 A revolución americana: nacemento de EE. UU.

- A rebelión das 13 colonias británicas deu lugar a unha guerra pola independencia e xerou un proceso
revolucionario. A loita pola igualdade, liberdade e polos dereitos dos gobernados produciu un cambio
político que desembocaría no nacemento de EE. UU. A independencia abriu o proceso de revolucións
burguesas.

1.2 Os antecedentes

- As colonias británicas gozaban de autonomía respecto ao Goberno Central. Tiñan asambleas


representativas, impostos reducidos e liberdade de comercio.
Había diferenzas entre os pequenos propietarios rurais, a burguesía das cidades do norte e as plantacións
escravistas do sur onde traballaban medio millón de escravos negros. A pesar das diferenzas sociais e
económicas, non tiñan os problemas derivados da sociedade estamental vixentes no continente europeo.

A rebelión dos colonos

- Tivo unha orixe fiscal e comercial. Gran Bretaña aumentou a presión tributaria sobre as colonias e esixiu
o cumprimento das leis sobre os monopolios comerciais e os impostos aduaneiros. Os colonos
protestaron; sostiñan que non tiñan participación parlamentaria e polo tanto non aceptarían esas leis
fiscais. Sentíanse discriminados xa que achegaban impsotos e riqueza. O malestar foi creando un clima de
opinión cada vez máis estendido, contrario á dependencia de Gran Bretaña.
O detonante foi a concesión á Compañía das Indias Orientais do monopolio da venda do té. En 1773 un
grupo de mozos disfrazados botaron ao mar a carga de té dos barcos amarrados en Boston.
As medidas represivas tomadas polas autoridades británicas desencadearon o conflito. Un Congreso
Continental en Philadelphia redactou en 1774 unha Declaración de Dereitos e agravios coas súas
reivindicacións a Gran Bretaña. Xurdiu a Asociación Continental que acordou non importar nin exportar;
buscaban que as compañías inglesas que comerciaban coas colonias apretasen ao Goberno Británico.
Enviáronlle un escrito ao rei expoñendo as súas queixas, este ignorounos e no Segundo Congreso
Continental organizouse un exército; os colonos do norte conseguiron mobilizar aos do sur. O 4 xullo de
1776 asinouse a Independencia.

1.2 A Guerra de Independencia

1ª Fase (1775-1777): Os milicianos, a pesar da súa inferioridade en homes e armas, conseguiron estender
a insurrección e fustrigar as tropas británicas.
O 12 de xullo de 1776 fíxose a Declaración de Virginia redactada por George Mason e foi a primeira
declaración histórica de dereitos humanos. O 4 de xullo de 1776 asínase a Declaración de Independencia,
redactada por Thomas Jefferson de acordo cos principios do liberalismo político.

13
2ª Fase (1778-1782): A guerra converteuse nun conflito internacional, xa que Francia tiña ánimo de
revancha despois de perder contra Inglaterra. España vía unha oportunidade de recuperar os territorios
perdidos contra Inglaterra.
O balance de forzas inverteuse e o exército británico comezou a perder posicións ata a súa derrota
definitiva en Yorktown, 1781. O recoñecemento británico da independencia de EE. UU. chegou coa firma
de Paz de Versalles.

1.3 A Constitución de EE. UU.

- En 1787 os pais fundadores reuníronse en Philadelphia para crear unha Constitución; a mesma establece
a República federal como forma de Estado. Esceptuando a moeda, defensa e política exterior que é
competencia do Estado Federal os estados asumen os demáis aspectos da administración.
- Á fronte do poder executivo sitúase o presidente. Este é elexido por sufraxio universal indirecto cada 4
anos. O presidente dirixe ao exército e nomea o goberno. 1º presidente George Washington.
- O poder lexislativo reside no Congreso que se conforma dunha Cámara de Representantes e dun Senado.
- O poder xudicial e independente das demáis institucións do Estado; está encabezado polo Tribunal
Supremo encargado de interpretar a Constitución.
A Constitución non solucionou as tensións e diferenzas entre os Estados do norte e sur. Este problema
desencadeou na Guerra de Secesión. A Constitución foi a primeira Consitución liberal da historia e
demostrou a súa vixencia ata a actualidade.

2. A Revolución Francesa

2.1 Causas da revolución

- As orixes foron unha combinación de factores políticos, económicos e sociais que tiñan que ver coa
estrutura do Antigo Réxime. Francia tiña débedas das guerras e a ameaza da bancarrota era permanente.
Algúns ministros propuxeron unha reforma fiscal que obrigaba aos privilexiados a pagar impostos. Nin a
nobreza nin a Igrexa estaban dispostos a pagar impostos e a Asamblea de Notables díxolle ao rei que
debía convocar aos Estados Xerais se quería implementar un novo imposto.
A convocatoria dos Estados Xerais en 1789 coincidiu cun período de crise económica, xa que as malas
colleitas provocaron unha crise de subsistencia. O prezo do trigo e do pan estaba polas nubes e a redución
do consumo de produtos artesanais acentuou máis a crise. Moitos talleres pecharon e moita xente perdeu
o empleo.
Todo isto xerou un grave descontento da sociedade. Os campesiños protestaban contra o pagamento dos
décimos e os abusos feudais, a xente da cidade facíao contra a carestía, escaseza, falta de traballo e
abandono das autoridades locais.
A burguesía queixábase da presión fiscal e pedían garantías de liberdades civís e políticas e unha reforma
profunda do Estado e da administración. As ideas da ilustración fixéronse notar nos Estados Xerais e os
delegados do 3º Estado pediron que se votase por separado e non por estamentos; desa maneira pretendían
evitar o triunfo das teses dos privilexiados que sempre sumaban 2 votos contra 1.

14
2.2 A Asemblea Nacional (1789-1792)

- Os delegados da burguesía reuníronse na sala de xogo de pelota. Os representantes do 3º Estado xuraron


non separarse ata darlle unha Constitución a Francia. Creouse a Asemblea Nacional Constituínte.
- As protestas dos deputados desta asemblea fixeron eco nas rúas de París e o 14/7/1789 prodúcese a toma
da Bastilla iniciando a revolución.
- Multiplicáronse as revoltas antiseñoriais con asaltos a castelos. Publicáronse os decretos que remataron
cos décimos, as prestacións persoais e os privilexios xurídicos estamentais. A partir dese momento,
tódolos cidadáns eran iguais á hora de pagar impostos. Abolición do sistema feudal.
- A asemblea aprobou a Declaración de Dereitos do Home e Cidadán. O texto consagraba os dereitos
naturais de tódolos franceses: liberdade de pensamento e culto, igualdade ante a lei, seguridade,
propiedade e resistencia á opresión. Establecía que a soberanía nacional era a expresión de vontade xeral.
Leis que puñan fin ao Antigo Réxime:

● Liberdade de comercio e industria.


● Expropiación dos bens eclesiásticos.
● Disolución das ordes monásticas e a Constitución Civil do clero. Os clérigos que acataban a Constitución
pasaban a depender do Estado e o papa suspendéunos.
● Emisión de papel moeda.
● Lei Le Chapelier: prohibía a creación de gremios e asociacións.
● Organización territorial do país que dividía en departamentos e comunas.

Coa Constitución de 1791 Francia convertíase nunha monarquía constitucional con separación de
poderes:
● Executivo: o goberno seguía en mans do rei que tiña dereito a vetar leis da Asemblea.
● Lexislativo: a Asemblea estaba formada polos representantes da nación que eran elixidos en eleccións
por un sufraxio censatario no cal votaba o 15% da poboación masculina.
● Xudicial: quedaba a cargo dos xuíces electos independentes.

- A Constitución era de carácter moi moderado e os sectores máis revolucionarios pedían cambios máis
radicais. A residencia do rei trasladouse ao Palacio das Tullerías. O rei tentou fuxir de Francia pero foi
descuberto na fronteira e foi reconducido a París. A fuxida estaba planeada para que países absolutistas
interviñeran Francia para deter a revolución.
- Disolveuse a Asemblea e convocáronse eleccións xerais. Creouse a Asemblea Lexislativa onde se
dividiron os que querían deter a revolución e os revolucionarios.
O Club dos Feuillants eran monárquicos e entre os revolucionarios estaban os xirondinos e os máis
radicais, os xacobinos que buscaban un sufraxio universal e a desaparición da monarquía.
- No medio dunha gran crise a Asemblea decláralle a Guerra a Austria e o exército prusiano atravesou a
fronteira francesa. Asaltouse o Palacio das Tullerías. Comezou a facerse famosa a Marseillesa, un himno
totalmente revolucionario.

15
2.3 A Convención (1792-1795)

- Despois dunhas eleccións por sufraxio universal masculino, creouse a convención que aboliu a
monarquía e proclamou a República. Na batalla de Valmy o exército cidadán francés expulsou ao exército
prusiano e unha vitoria sobre os austríacos suporía a continuidade da revolución. Un dos procesos máis
acendidos que enfrontou aos xirondinos e xacobinos foi o proceso aberto ao rei. A presión destes últimos
conseguiu que o monarca fose guillotinado.
- As cortes reais europeas crearon unha coalición internacional. A guerra chegou ás fronteiras francesas e
A Convención creou un exército nacional baseado no recrutamento obrigatorio.
- Na primaveira de 1793, as levas e a carestía das subsistencias provocaron protestas campesiñas como a
sublevación contrarrevolucionaria que se levantou en Vendée. Nun ambiente case de Guerra Civil, as
clases populares protestaban en París e pedían un goberno máis democrático. Chegou ao poder
Robespierre, que co apoio da multitude conseguiu sacar do goberno aos xirondinos; desa maneira
comezaba a Convención xacobina.
- Creouse unha nova Constitución de carácter máis democrático e social baseada na soberanía nacional e
o sufraxio universal. Estableceuse un novo calendario republicano, promoveuse a educación primaria
gratuita, prohibíuse o culto relixioso e crearonse festas dedicadas á razón.
- Ditaron reformas sociais que afectaban a propiedade da terra, salarios mínimos e fixáronse os prezos dos
artigos de primeira necesidade.
- Robespierre comezou a eliminar aos “inimigos da revolución”; comezando así a época do Terror,
executando a máis de 40.000 persoas.

2.4 O Directorio (17995-1799)

- A burguesía moderada puxo fin á experiencia republicana, e Robespierre e os seus partidarios foron
guillotinados. A Convención pasou a mans de conservadores que anularon a lexislación democrática,
clausuraron os clubs e decretaron a Constitución do ano III, con sufraxio censitario, dúas cámaras
lexislativas e un poder executivo encabezado polo directorio de 5 membros.
- Esta, foi a última etapa da revolución, e estivo marcada por un xiro conservador. Os motíns e as
protestas foron reprimidos con dureza polo exército. Os dirixentes tiveron que facer fronte a
conspiracións como a de Babeuf que avogaba por unha transformación radical. Este foi executado e foi
considerado un precursor do socialismo utópico.
No medio dun clima de inestabilidade, Napoleón Bonaparte da un golpe de Estado o 18 de brumario
cabando así coa revolución.

3. O Imperio Napoleónico

3.1 A Construción do imperio

- En 1796 o directorio encoméndalle a Napoleón o mando do exército de Italia. Conquistou o norte do


país e derrotou a Austria. Regresou a Francia coma un heroe nacional. Era o mellor xeneral e o máis
capacitado no campo de batalla.

16
O golpe de Estado que deu instaurou un Consulado no cal o poder executivo estaba repartido por
Napoleón e por outros dous consules. Pouco despois convertérase a el mesmo en cónsul único e vitalicio.
O goberno concentraba moito poder e tiña nas súas mans a iniciativa lexislativa.
Comezou unhas reformas administrativas que pretendían manter os principios do liberalismo moderado.
O culto católico volveu ter apoio do Estado. Promulgouse o Código civil, Código do comercio e o Código
Penal que defendían as principais reivindicacións burguesas: as liberdades individuais, igualdade ante a
lei e defensa do dereito de propiedade.
Estas reformas xunto coa igualdade fiscal, educación primaria e centralización administrativa sentaron as
bases da Francia contemporánea.

O Imperio estendeu as fronteiras por Europa despois de derrotar a Austria, Prusia, Rusia, España e
Portugal. Os éxitos militares non se explican se non se ten en conta que as tropas loitaban contra exércitos
do Antigo Réxime. Os intelectuais simpatizaban con Napoleón.
Dende o mar do Norte ata o Mediterráneo, case todos os Estados europeos quedaban baixo a
administración do Imperio. So Reino Unido escapuo desta construcción política.

3.2 A derrota napoleónica

● A derrota de Trafalgar subliñou a superioridade naval inglesa que sorteou o bloqueo continental decretado
por Napoleón.

● Dúas campañas produciron un enrome desgaste: os franceses sufriron unha derrota na Península Ibérica e
unha presión contínua do pobo español. As vitorias inglesas obrigaron aos franceses a repregarse e
marcharse ao outro lado dos Pirineos. En Rusia unha desastrosa invasión rematou cunha retirada en pleno
inverno.

● A coalición internacional dirixida por Reino Unido derrotou aos franceses en Leipzig. Os aliados
chegaron ás portas de París facendo que Napoleón abdicase.

Napoleón regresou ao poder co imperio dos cen días que rematou cunha derrota en Waterloo. Foi
desterrado á illa de Santa Helena onde morreu. O trono francés volveu a mans dos borbóns con Luís
XVIII o cal otorgou unha Constitución faborable ás clases propietarias conservadoras.

3.3 A pegada da Revolución

- As potencias que venceron a Napoleón intentaron instaurar o Antigo Réxime pero foi imposible. Os
exércitos de Napoleón destruíran as estruturas do feudalismo e a derruba das monarquías absolutas
permitiu a chegada das ideas revolucionarias.
- Promulgáronse constitucións que acabaron coa sociedade estamental, creáronse monarquías limitadas
con separación de poderes e un lexislativo elixido por sufraxio censitario.

17
18
Tema 3: A primeira revolución industrial

1.1 Antecendetes da revolución industrial

- A revolución industrial foi un longo proceso de cambios tecnolóxicos, económicos e sociais. Orixínase
en Inglaterra.

No S. XVIII a maior parte da riqueza proviña da terra. Predominaba a agricultura de subsistencia que tiña
frecuentes crises agrarias. Nas cidades, as actividades artesanais estaban moi limitadas. A produción era
baixa e o comercio a grande escala encontrábase con moitos problemas.
As familias comezaron a engadir ao traballo de campo os recursos complementarios que obtiñan dunha
produción manufactureira artesanal.

Co domestic system, os campesiños realizaban nos seus fogares un traballo artesanal cos seus propios
instrumentos e vendían nos mercados as súas manufacturas.

Co putting out system os comerciantes proporcinábanlles aos campesiños as materias primas e os


instrumentos, fixaba prezos e recollía produción.

Co paso do tempo cambiou ao factory system e orixináronse as primeiras fábricas.

1.2 Gran Bretaña, pioneira na industrialización

- No S. XVIII, controlaban un grande imperio colonial. A súa frota, dominaba as principais rutas
marítimas e coas Navigation Acts reservaban obrigatoriamente o transporte de mercadorías en barcos
ingleses. O Parlamento prohibiu a venda de tecidos de algodón Indio. Os beneficios do comercio exterior
proporcionaron un capital importante para o desenvolvemento indstrial.

● A expansión do mercado exterior ía unida a un crecemento interior. O país contaba cunha estensa rede de
portos, estradas, canles e unha gran demanda de bens debida ao crecemento demográfico e ao alto poder
adquisitivo.
● A estabilidade política da monarquía parlamentaria facilitou moito este proceso xa que favorecían aos
intereses dos comerciantes.
● A innovación era un factor importante. Nos pequenos talleres a experimentación tecnolóxica era moi
cotiá.

2.1 As transformacións agrarias

- A revolución agrícola sentou as bases do creccemento industrial. As transformacións agrarias


proporcionaron máis cantidade de alimento, man de obra, demanda de produtos e capital para o
investimento.

19
- As Enclousure Acts cambiaron a paisaxe agraria inglesa xa que se cercaron campos e devesas
comunitariase convertéronse en parcelas privadas, isto perxudicou aos pequenos propietarios que
venderon as súas propiedades e emigraron ás cidades. Todo isto beneficiou aos grandes terratentes
dispostos a aumentar o seu rendemento.
- Melloráronse os arados de ferro. Aparecen novidades como a sementadora en fileira ou as malladoras
mecánicas.
- Sistemas de cultivo: Sitema Nortfolk, combina careais con legumes ferraxeiras. A rotación permitiu
aumentar a produtividade e suprimiuse o barbeito. Difundiuse o guano como fertilizante e aumentou a
produción de millo e pataca. Estes cambios explican o aumento da produtividade do sector agrario.

2.2 Os Cambios demográficos

- Gran Bretaña viviu un crecemento demográfico debido ao aumento da taxa de natalidade e unha gran
diminución da taxa de mortalidade.
A caída da taxa de mortalidade debeuse á mellora da alimentación e hixiene. A dieta viuse enriquecida e
os avances na hixiene debéronse ao acceso progresivo da poboación a xabón e auga corrente.
Descubríronse as vias de contaxio dalgunhas enfermidades e as primeiras vacinas.
O aumento da poboación proporcionou man de obra barata e abundante. O crecemento da demanda de
consumo foi un importante factor no avance industrial das últimas décadas do século XVIII.

3.1 Os sectores pioneiros da produción industrial

- A industria textil algodoeira foi o sector máis importante da insutrialización británica. Prohibíuse
importar tecidos de algodón estampados estimulou a produción interior. Creceu a demanda e adoptáronse
innovacións tecnolóxicas, Jhon Kay coa lanzadeira voante, Hargreaves co spinning Jenny, Arkright coa
Water frame, a mule Jenny de Crompton e o tear mecánico de Cartgright.
James Watt creou a máquina de vapor que conseguiu transformar o movemento oscilante da bomba de
Newcomen noutro contínuo e circular.
A demanda de ferro e carbón fomentou o desenvolvemento siderúrxico. A produción de ferro mellorou
coa difusión de altos fornos e carbón de coque que substiruirá ao carbón vexetal.
Onion e Cort inventaron a pudelación e laminación de ferro co que obtiñan un produto puro e sinxxelo de
traballar. As industrias instaláronse preto das minas de carbón.

3.2 Os transportes

- Produciuse unha revolución dos transportes en Gran Bretaña cun extenso programa de construcción de
canles e estradas. O cambio radical chegou cando se aplicou a máquina de vapor ao transporte co
ferrocarrile o barco de vapor. O tempo das viaxes diminuíu moito e os desprazamentos fixéronse máis
seguros e baratos.
George Stephenson fixo a primeira locomotora de vapor e a primeira liña de ferrocarril
Liverpool-Manchester.
Mentres o ferrocarril estendíase por Europa en Gran Bretaña xa había 10000 km de liñas férreas. O
ferrocarril foi o principal motor da industrialización xa que en Gran Bretaña triplicouse a produción de

20
ferro e carbón. Creceu o capitalismo financeiro e moitas empresas lanzáronse á construcción do
ferrocarril.
A navegación a vapor tivo un progreso lento e durante décadas os buques de vela conviviron cos de
vapor. Os barcos de roda foron substituídos polos de hélice co que aumentou a velocidade e a tonelaxe
dos barcos; comezou a fabricación de cascos de ferro e aceiro.

3.3 O comercio e o capital

- A revolución dos transportes fixo posible a integración dos mercados nacionais e propiciou o
incremento do comercio exterior a longa distancia. No S. XIX os centros industriais de Gran Bretaña
producían a metade do algodón, ferro e carbón mundial.
A industrialización necesitaba grandes investimentos de capital. Ao principio os negocios eran familiares
pero co paso do tempo necesitaron grandes investimentos de diñeiro debido á construción de grandes
instalacións fabrís.
Creáronse sociedades mercantís formadas por varios vestidores, as S.A. foron as máis coñecidas. Os
bancos convertéronse en modernas entidades de investimento.

4.1 Gran Bretaña, potencia mundial

Gran Bretaña converteuse na 1ª potencia mundial e era o “taller do mundo”. A revolución industrial
cambiou as relacións económicas de todo o mundo e supuxo o triunfo do capitalismo. Os comerciantes e
empresarios rexíanse polos principios do liberalismo.

Gran Bretaña defendía o librecambismo, unha política sen intervención estatal, trabas legais nin aduanas.
Os demáis países europeos adoptaron políticas proteccionistas para protexer as súas industrias nacionais.

4.2 A revolución industrial en Europa

- A inicios do S. XIX iniciouse a industrialización de Bélxica, no norte francés e na Renania alemá. Estes
países foron os primeiros seguidores da revolución.

- Bélxica: destacou a insutria téxtil e siderúrxica; o estado tivo un importante papel axudando á iniciativa
privada.
- Francia: o mesmo ocorreu en Francia e nos outros países eurpoeos. Tivo unha lenta revolución debido
ao peso do sector agrario e o lento crecemento demográfico.
- Alemaña: A unión aduaneira foi o primeiro paso cara á integración económica que non se conseguiu ata
a unificación política. Foi importante a siderurxía debido ao auxe do ferrocarril.

- Os seguidores atrasados (Italia, España, Portugal, Austria-Hungría, Rusia) iniciaron a indsutrialización a


inicios do S. XX xa que eran sociedades moi agrarias.

21
22
Tema 4: Os estados europeos: liberalismo e nacionalismo

1.1 As vagas revolucionarias

- Foron necesarias 3 vagas revolucionarias para derrubar o muro do Antigo Réxime e edificar os estados
liberais. A 1ª conxunta revolucionaria estendéuse polo Mediterráneo, na 2ª derrocouse aos Borbóns en
Francia e isto percorreu Bélxica, Polonia, Suiza, Italia e Alemaña. A 3ª revolución foi a máis ampla e
profunda e foi o momento de exaltación do nacionalismo.

1.1 A Restauración

- Coa derrota de Napoleón as potencias vencedoras reuníronse en Viena para definir unha nova orde
política. O obxectivo principal das resolucións do Congreso de Viena era a restauración da orde política
tradicional.
O sistema político da Restauración buscaba a creación dun equilibro de poderes. O imperio austríaco
impuxose no norte de Italia, Prusia ampliou a súa influencia sobre os territorios alemáns da
Confederación Xermánica, Rusia estendeu as súas fronteiras cara ao oeste, Gran Bretaña asegurou o seu
dominio marítimo, Suecia anexionou Noruega e Franica volveu ás fronteiras anteriores á Revolución.
Luís XVIII promulgou unha Carta Outurgada que mantiña transformacións políticas.

O mapa da Europa de Viena mantívose sen modificacións durante case un século. As ideas
revolucionarias da soberanía nacional e os dereitos cidadáns calaran fondo, e os principios liberais e as
ideas nacionalistas difundíronse por Europa.

1.2 Movementos revolucionarios de 1820

- A 1ª vaga revolucionaria comeza en España en 1820. Obrigouse a Fernando VII a aprobar a


Constitución de 1812. Rafael Riego iniciou un levantamento proliberal. No sur de Europa o seu exemplo
impulsou as revoltas liberais que estalaron en Nápoles, Piamonte e Portugal.
Estes movementos fracasaron pola reacción das forzas absolutistas. O único que triunfou foi o dos gregos
contra o imperio turco. A causa do pobo grego encontrou apoio na opinión pública e o imperio Otomán
debilitábase cada vez máis.

1.3 As revolucións de 1830

A insurrección popular de París (1830) iniciou uns movementos revolucionarios en Europa cun carácter
liberal e nacionalista.

- En Francia a revolución tivo a súa orixe na política reaccionaria imposta por Carlos X. As masas
populares contaban coa complicidade do exército e o rei marchou ao exilio. Chegou Luís Felipe de
Orleáns, disposto a crear unha Constitución liberal.

- Bélxica seguíu o exemplo de Francia e indeoendizouse dos Países Baixos.

23
- Polonia revelouse contra a opresión rusa. A represión tsarista impuxo o absolutismo acabando coa
autonomía limitada que mantiñan os polacos.

1.4 A revolución de 1848

- Foi o final do ciclo revolucionario contra as monarquías absolutas. As clases traballadoras comezaron a
ter voz propia e moi crítica coa orde capitalista. O malestar social viña motivado pola crise de
subsistencia dos anos anteriores; as malas colleitas empeoraron o modo de vida. A crise agraria afectou á
industria, empobrecendo a artesáns e obreiros.

As medidas autoritarias impostas polo goberno francés desencadearon unha revolta popular. A Garda
Nacional negouse a disparar ás manifestacións e a presión destas provocou a fuxida de Luís Filipe de
Orleáns. Proclámase a Segunda República e un goberno provisional instaurou o sufraxio universal, aboliu
a pena de morte e a escravitude. Luís Napoleón Bonaparte gaña a presidencia da República e 2 anos
despois da un golpe de estado e proclámase emperador do Segundo Imperio.

En Austria as protestas conseguiron a destitución de Metternich e a abdicación do emperador que aboliu a


servidume feudal e promulgou unha constitución liberal.
As revoltas estendéronse polos Estados Alemáns. Intentaron crear unha constitución de carácter liberal
pero o rei de Prusia negouse a aceptala e disolveu o parlamento de Frankfurt.

En toda Europa do leste desapareceu a servidume feudal, o sistema parlamentario impúxose na maioría de
países triunfando o liberalismo moderado.

2.1 Que é o nacionalismo?

- O termo nación comezou a utilizarse para definir un colectivo humano con relacións económicas e
sociais estreitas e un sentimento de pertenza a un pobo diferente aos demais.
Nacionalismo: ideoloxía política que defnde o dereito de cada pobo a configurar un Estado independente.
- Nacionalismo liberal: defende a liberdade dos individuos para formar unha comunidade política.
- Nacionalismo cultural: influído polo Romanticismo, cre que os pobos teñen un espírito propio
inmutable. Os pobos dotados desa alma colectiva están destinados a formar os seus propios Estados
nacionais.

2.2 A unificación alemá

- Prusia foi a protagonista deste proceso político. Era o estado máis grande e con maior desenvolvemento
económico e militar.
O primeiro paso chegou coa Unión Aduaneira que permitía a libre circulación entre os Estados da
Confederación Xermánica. O segundo foi cando se formou o Parlamento de Frankfurt que pretendeu dar
unha constitución liberal a Alemaña. Prusia negouse e impuxo un proxecto moito máis conservador.
Conflictos da unificación:

- Guerra dos Ducados con Dinamarca.

24
- Batalla de Sadowa.
- Ocupación de Alsacia e Lorena e guerra contra Napoleón III.
- No palacio de Versalles proclámase a Guillerme I emperador do II Reich.

2.3 Unificación italiana

- A iniciativa política correspondeulle ao reino de Piamonte-Sardeña. O exército de Piamonte derrotou


aos austríacos coa axuda de Francia, anexionando Milán e Lombardía. Posteriormente anexiónanse
Parma, Módena e Toscana. Desta forma remataba a unificación do norte italiano. Garibaldi incorpora o
sur con Nápoles e o reino das Dúas Sicilias.

A derrota austríaca fronte a Prusia permitiu a anexión de Venecia. Máis tarde as tropas italianas ocupan
Roma para convertela na capital. O papa iniciou un conflito que rematou cos Tratados de Letrán que
permitiron a creación do Estado Vaticano.

3.1 As primeiras democracias

- Nos países europeos produciuse un lento e desigual proceso de transición cara a democracia. Ese cambio
foi resultado das transformacións económicas, sociais e culturais; e tamén das loitas sociais e políticas dos
distintos movementos. As minorías percibiron que non podían gobernar á marxe da sociedade.

Reino Unido
- A era vitoriana foi unha época de expansión colonial e modernización e tamén do desenvolvemento da
demcoracia liberal. A monarquía e o réxime parlamentario foron os piares do Estado Británico.
Co sufraxio masculino impulsado polos conservadores o dereito ao voto aumentou nun millón e cunha
nova reforma liberal aumentou a 5 millóns.

Francia
- Napoleón III dirixiu unha política exterior expansionista e no interior un poder moi autoritario. O
crecemento da oposición e a presión obreira obrigáronlle a adoptar reformas educativas, lexislativas e
sociais.

Declaroulle a guerra a Prusia, isto acabou co seu imperio. A presenza das tropas prusianas en París
desatou a Comuna de París que rematou cunha sanguenta represión.
Aprobouse a Constitución da III República que concedía sufraxio universal masculino. O réxime
republicano consolidouse con medidas lexislativas como o ensino gratuito e obrigatorio. Nos últimos anos
do século os gobernos de esquerda afondaban un proceso de democratización cunha ampla lexislación
social.

3.2 O II reich

- O imperio alemán era un estado federal cunha monarquía constitucional. Prusia estaba moi por riba do
resto dos territorios. O goberno do Káiser e de Bismark tiña un tinte autoritario. O parlamento no podía
controlar o goberno e o chanceler respondía ante o emperador.

25
- A política interior de Bismarck buscaba a unidade do imperio cunha serie de medidas xurídicas e
económicas que conseguiron a unión de todos os territorios.
O chanceler temía o poder dos obreiros e creou un sistema de seguridade social con seguros laborais e
pensións de xubilació e invalidez.

- A política exterior estivo marcada por un desenvolvemento militar o cal alertou ás outras potencias. Na
acción exterior o fin xustificaba os medios. O seu obxectivo era reforzar Alemaña e manter a paza no
continente.
Buscaba o illamento de Francia para que pagara unha indemnización de guerra. Esta política exterior tivo
3 sistemas.
- Creación da Liga dos Tres Imperios (Prusia, Austria-Hungría e Rusia).
- Formación da Tripla Alianza (Alemaña, Italia e Austria-Hungría).
- Buscaba de novo a alianza con Rusia.

- Guillerme II quería levar adiante unha política de expansión colonial. Os conflitos imperialistas
acenderon as rivalidades europeas, era a época da paz armada.

3.3 Os imperios plurinacionais

Imperio Austro-Húngaro

- Os Absburgo gobernaban alí dende había séculos de forma autoritaria. Ante a ameaza de secesión de
Hungría o emperador viuse obligado a aceptar unha monarquía dual. Hungría conseguiu unha gran
autonomía pero a creación de 2 reinos non solucionou o problema das nacionalidades. As reivindicacións
polacas e checas foron reprimidas pero os nacionalismos eran cada vez máis.

Imperio Ruso

- A Rusia Tsarista era un réxime autocrático. Na parte europea, a maioría da poboación era eslava. Nos
territorios asiáticos había gran variedade de etnias. Os movementos nacionalistas enfrontábanse á política
de rusificación. Rusia tiña unha economía agraria atrasada. Alexandre II aboliu a servidume do
campesiñado pero reprimiu aos nacionalistas e aos obreiros. Alexandre III redobrou as medidas
represivas.
Nicolás II non cambiou a política pero coa derrota con Xapón tivo que facer tímidas reformas. O Imperio
estaba moi debilitado.

3.4 A cuestión dos balcáns

- A descomposición do Imperio Otomán converteu aos Balcáns nun grande problema na política europea.
O imperio Otomán tiña unha grande inestabilidade política e era incapaz de facer fronte aos nacionalistas.
Independizouse Grecia e seguíronna Serbia, Rumanía e Bulgaria. Os partidarios das reformas liberais
deron un golpe de Estado, pero o sultán anulou a constitución e aumentou a represión. A cuestión de
Oriente foi un dos detonantes da Gran Guerra.

26
Tema 5: Os cambios na sociedade europea do S. XIX

1.1 O crecemento urbano

- O crecemento foi espectacular xa que a poboación urbana pasou dun 10% a un 30%.
- Nos países que tiveran unha temperá revolución industrial conseguiron un grao de urbanización máis
intenso. O éxodo rural foi un proceso irreversible. Millóns de campesiños emigraron cara as cidades
industriais.
A poboación de España, Italia e Portugal era maioritariamente campesiña. En Rusia chegaba ao 80%.

1.2 Crecemento e desigualdade social nas cidades

- As cidades sufriron un desenvolvemento desordenado. Creáronse barrios obreiros nos cales non había
hixiene. Os traballadores amoreábanse en vivendas de mala calidade, na priferia urbana. As clases
populares carecían de servizos básicos, en contraste cos barrios ricos que vivían nas zonas residenciais. A
desigualdade social era cada vez maior.

As grandes urbes comezaron a deseñar unha política de planificación urbanística e comezaron a proxectar
novos barrios e a investir na dotación de servizos públicos. As cidades comezaron plans de ensanche que
transformaron a súa estrutura.

O casco vello remodelado, os novos ensanches e os barrios obreiros marcaban a separación social dos
habitantes. Os conveciños estaban separados polo tipo de barrio ou vivenda.
Nas cidades que levaron a cabo estas transformacións instaláronse os servizos básicos como auga potable
ou iluminación. A estación de FFCC foi un sinal de prestixio e de nova centralidade.

2.1 A vida burguesa

● Alta burguesía: eran os propietarios dos medios de produción. As familias burguesas máis importantes
ascenderan no máis alto da escala social. Os nobles perderan parte da súa hexemonía social e comezaron a
compartir interesés coa burguesía como controlar o poder político ou militar. Defendían o progreso
económico, a propiedade privada…
● As clases medias: estaba composta por comerciantes, propietarios de talleres artesáns… Formaban un
conxunto heteroxéneo cun claro protagonismo nas loitas políticas.

Os burgueses definíanse pola busca da riqueza económica e o benestar material. A nova sociabilidade
diferenciaba o público do privado.
Para moitas familias o máis importante era a casa xa que era o símbolo máis importante do seu nivel de
vida. A presenza de criados diferenciaba as casas populares das burguesas.

27
2.2 A vida dos obreiros

- O proletariado era un conxunto homoxéneo de traballadores que compartían a condición de asalariados e


dependían do seu traballo para vivir. A vida dos traballadores estaba dominada por unha sensación de
inseguridade.
Os obreiros especializados tiñan un salario modesto, non obstante, os industriais tiñan que soportar unhas
condiciñons pésimas. Nas fábricas e minas os accidentes e enfermidades eran frecuentes e os salarios eran
moi baixos. Non existía ningún tipo de protección social recoñecida.
- A clase obreira vivía en barrios nos suburbios das cidades, nos cales non había servizos básicos.
O gasto en roupa era moi reducido xa que a combraban cada varios anos. Os traballadores lavávanse máis
que os burgueses, por necesidade, xa que tiñan oficios nos que se ensuciaban.

3.1 Orixes do movemento obreiro

- Na Europa do Antigo Réxime eran frecuentes as protestas populares pero coa chegada do capitalismo as
protestas foron deixando paso a novas formas de mobilización. As demandas dos traballadores
centráronse na mellora das súas condicións laborais.
Entre as primeiras protestas destacan a destrución da maquinaria, o Ludismo. Os primeiros movemtnos
luditas estaban protagonizados por fiadores e tecedores. O paso seguinte foi a organización estable de
asociacións de obreiros. O goberno inglés acabou legalizando estas asociacións.

As reivindicacións obreiras non so eran laborais, xa que se o pobo lograba representación no Parlamento
lexislaríanse reformas sociais e conquistaríanse dereitos cidadáns. O cartismo foi o movemetno de masas
político que logrou mobilizar miles de obreiros. Os gobernos asumiron a necesidade de negociar cos
cartistas e impulsaron reformas sociais que mellorasen as condicións.

3.2 Sindicatos obreiros

- O sindicatos legalizáronse e mostraron a capacidade das organizacións do proletariado para mellorar as


súas condicións de traballo e elevar o seu nivel de vida. Naceron os primeiros partidos obreiros de
carácter socialista. Creáronse sindicatos nacionais de obreiros cualificados que, a través da negociación
colectiva e das folgas conseguiron melloras laborais.

4.1 O socialismo utópico

- Étienne Cabet e Filippo Buonarroti participaron na revolución francesa e legaron o pensamento radical e
igualitario de Babeuf.
- Robert Owen: mellorou as condicións dos seus traballadores e fundou unha comunidade ideal que non
tivo éxito.
- Conde de Saint-Simon: cría nas virtudes de progreso técnico e defendía a creación dunha nova
sociedade baseada na produción. No Estado deberían estar os científicos e técnicos para chegar ao
benestar social.
- Charles Fourier: denunciou o capitalismo como culpable da explotación e da miseria obreira.
- Proudhon: denunciaba a propiedade privada como un roubo. É un dos precursores do anarquismo.

28
4.2 O marxismo

- Teoría socialista elaborada por Marx e Engels que publicaron o Manifiesto Comunista en 1848. A obra
presenta os principios básicos da súa doutrina social e política. Nesa época había dúas clases sociais
enfrontadas: a burguesía e o proletariado. Os traballadores debían lanzarse á conquista do poder político.
Marx, en O Capital analiza o funcionamento do capitalismo e concluíu en que a causa da pobreza era a
propiedade dos medios de produción en mans da burguesía.
No futuro, unha vez alcanzado o poder político, teríase que pasar pola ditadura do proletariado para
alcanzar as condicións dunha sociedade comuinista.

4.3 O anarquismo

- O anarquismo é unha ideoloxía que defende a revolución dos traballadores. Os seus precedentes pódense
relacionar con Proudhon, pero as bases do anarquismo encóntranse nas teorías de Bakunin, o cal defendía
a revolución da clase obreira para destruír o capitalismo. Ao contrario que os socialistas, non cría que a
revolución sería o final dun proceso de maduración e organización proletaria, senón o resultado de
revoltas populares. Despois alcanzaríase a sociedade comunista a través da libre asociación dos
individuos.

Os anarquistas rexeitaban a acción política, a creación de partidos obreiros e a participación nas


instititucións oficiais. Crían que unha vez destruído o capitalismo, era necesario derrubar o Estado.
Calquera forma de autoridade oprimía a liberdade dos individuos.
Os postulados anarquistas sentaron as bases dunha cultura libertaria. Algúns grupos anarquistas seguiron
o camiño dos atentados co terrorismo de estado. Tamén tiveron certa repercusión sindical e unha rica
armazón sociocultural.

5.1 A I Internacional

- En 1864 formouse a unha asemblea de obreiros ingleses crearon a AIT. No comité provisional destacaba
Marx. En moitos países creáronse asociacións obreiras locais que representaban a traballadores
industriais, artesáns e xornaleiros do campo. A AIT propuxo a solidaridade da organización coas
mobilizacións obreiras e a loita pola mellora das condicións dos traballadores.

Comezaron as primeiras disputas xa que os socialistas franceses buscaban unha vía máis moderada fronte
á liña máis radical de Marx. O ingreso de Bakunin aumentou os enfrontamentos xa que os seus
partidarios rexeitaban os partidos políticos obreiros. O fracaso da comuna de París acelerou a crise interna
da AIT. A confrontación levou á expulsión dos anarquistas que crearon unha internacional antiautoritaria,
que tivo unha vida efémera.

5.2 A II Internacional

- En moitos países fundáronse partidos socialistas de ideoloxía marxista, o máis apoiado foi o SPD que en
poucos anos conseguiu uns resultados electorais sorprendentes. En 1879 fúndase o PSOE, máis tarde o

29
partido dos traballadores de Francia. Ao tempo aparecían os sindicatos. No Reino Unido creouse o
Partido Laborista que recolleu a afiliación masiva de millóns de traballadores.

En 1889 a II Internacional foi unha confederación de partidos obreiros socialistas. Sen renunciar á loita de
clases, as organizacións aprobaron a participación dos obreiros na vida política parlamentaria. Acordouse
que o 1 de maio fose unha xornada de protesta mundial. Na II Internacional existiron dúas tendencias: os
partidarios que aceptaban o sistema democrático e practicaban unha política reformista, e os socialistas
revolucionarios que mantiñan as teses marxistas que predicaban a conquista do poder mediante a
revolución. A II Internacional non sobreviviu á Gran Guerra.
A II Internacional foi reconstruída como Internacional Socialista en 1923 polo laborismo británico e o
SPD. Os comunistas uníronse como seccións nacionais á III Internacional de 1919.

30
Tema 7: A Segunda Revolución industrial e o imperialismo

1. A Segunda Revolución Industrial

As potencias industrializadas de Europa mantiveron a súa hexemonía industrializadora, pero xurdiron


novas potencias como EE. UU. ou Xapón. Factores da 2ª Revolución Industrial:

- Profunda crise económica que transformou as bases do capitalismo industrial.


- Innovacións tecnolóxicas derivadas da ciencia moderna.
- Industrias eléctrica e química.
- Uso do petróleo como materia prima enerxética.
- Renovación da industria metalúrxica e expansión da siderurxia do aceiro.

1.1 Novas potencias industriais

- Reino Unido: seguiu sendo a principal potencia pero a súa hexemonía reduciuse a medida que outros
países alcanzaban a fase de plena industrialización. En vésperas da Gran Guerra foi superada por EE. UU.

- Alemaña: converteuse na segunda potencia debido a 4 factores:

- Auxe do transporte ferroviario e marítimo.


- Aproveitamento dun sistema educativo e científico moi evolucionado.
- Concentración industrial e financeira que deu lugar a grandes empresas.
- Firme apoio do Estado ao crecemento industrial.

- EE. UU: converteuse na 1ª potencia mundial debido a:

- A riqueza de recursos naturais no seu territorio.


- Un amplo mercado de consumo e de man de obra.
- A construción dunha rede ferroviaria e telegráfica.
- A creación dun sistema empresarial aberto e flexible.
- A especialización rexional da produción e o consumo, cun oeste agrícola que abastecía ao país.

Xapón: coa Revolución Meixi en 1868 rematouse co feudalismo. O novo estado monopolizou a economía
e promoveu a formación de empresas públicas para o desenvolvemento industrial. Fíxoo aproveitando a
man de obra barata. O investimento en educación e en investigación tecnolóxica renderon os seus froitos.
As grandes empresas beneficiarias da privatización vendían a Asia sen competencias.

1.2 As novas fontes de enerxía e as novas industrias

- Siderurxia do aceiro: a grande innovación siderúrxica foi a obtención do aceiro e logo aceiro inoxidable.
- Os novos metais: os avances metalúrxicos que formaron parte do complexo de innovacións foron o
aluminio e novas formas de obter cobre e niquel.

31
- Electricidade: foi a grande innovación enerxética como fonte de luz, calor e enerxía. A invención dos
transformadores e alternadores xunto con cables de alta tensión permitiron conducir a electricidade.
- Petróleo: o seu uso supuxo notables avances como combustible para a iluminación doméstica e como
brea para os barcos. Karl Benz inventou o motor de combustión interna.
- Automóvil: Benz e o seu enxeñeiro produciron o prototipo do moderno automóbil. A ascensión do
automóbil chegou ao seu cume en 1910 coa fabricación do Ford T. Creouse a cadea de montaxe, este
sistema supuxo unha nova organización do traballo (Taylorismo), que trouxo consigo a separación do
traballo de concepción e o traballo de execución.
Á expansión do automóbil seguiulle a industria aeronáutica co primeiro voo en avión. Dende entón o
petróleo converteuse en materia prima esencial para os carburantes.
- Industria química: creceu de forma tan fulgurante como as numerosas aplicacións.

1.3 A revolución dos transportes e comunicacións

- O barco de vapor impúxose aos barcos de vela ao compás de innovacións tecnolóxicas como a hélice e
melloras portuarias.
- O tendido ferroviario se estendeu a zonas nas que o comercio con destino Europa requería transportes
fiables. O gran salto viu coa invención do código Morse e aos 20 anos xa había cables transatlánticos que
comunicaban Europa e América.

1.4 Unha economía mundializada

A creación dun mercado interdependente non foi un proceso harmónico nin equilibrado. Respondía a
algunhas das seguintes necesidades.
- Demanda de materias primas e alimentos.
- Busca de mercados para unha maior produción industrial.
- Esixencia de zonas para a emigración onde colocar os excedentes demográficos.
- Demanda de áreas de investimento para rendibilizar os seus capitais.

Grazas aos novos medios de transporte e comunicación houbo migracións masivas de millóns de persoas
que abandoaron o vello continente cara América ou Asia. O punto álgido deste movemento alcanzouse en
vésperas da Gran Guerra.

2.1 Causas do imperialismo

- O crecemento capitalista potenciou unha expansión imperial que lle permitiu controlar colonias que
fosen centros de materias primas e dispoñer de zonas de emigración para o execdente demográfico.
- Os dirixentes dos países industrializados promoveron a expansión colonial como vehículo de
autoafirmación nacional e de prestixio exterior.
- Creouse un clima de opinión xa que os europeos críanse superiores ante calquera outra civilización. Este
sentimento emprendeu os plans de conquista sen custos nin esforzos excesivos.

32
2.2 Os medios da expansión impeiral

- O barco de vapor: permitiu remontar as correntes dos ríos e penetrar nas cuncas ata daquela inaccesibles.
- A industria química: descubriu e produciu os primeiros medicamentos.
- A industria armamentística: concedeulles aos países industrializados unha superioridade en combate con
respecto ao armamento antigo.

2.3 A expansión imperialista

- Exploración: África foi o continente que máis interese espertou. Os primeiros protagonistas abriron as
rutas de entrada e deron información xeográfica precisa.
- Conquista: os seus protagonistas foron os exércitos e as armadas que libraron as batallas para someter á
poboación indíxena.
- Explotación: o poder das colonias estaba en mans dos delegados dos Estados que administraban os
territorios cos seus poboadores indíxenas.

● Colonias de poboamento: extensos territorios pouco poboados que recollían os excedentes demográficos.
● Colonias de explotación: eran a maioría. Abastecían de materias primas a metrópole, compraban
manufacturas, podían ser enclaves estratéxicos…
● Os dominios eran colonias de poboamento con autonomía e autogoberno e os protectorados eran
territorios con institucións e gobernantes autóctonos baixo a autoridade da potencia.

3.1 A xeografía da repartición africana

- Na Conferencia de Berlín de 1885 se decidiu que só a ocupación efectiva do territorio africano podía dar
título de lexitimidade á colonización por parte dun país reclamante. Inicouse unha súbita carreira das
potencias imperialistas para repartir o continente.

- África quedou en mans das potencias europeas. So dúas zonas quedaron libres: Liberia e Ethiopia.
Reino Unido intentou dominar as áreas próximas ás rutas marítimas. Francia, intantaba constituír un cinto
de colonias africanas desde o Atlántico ata o mar Vermello.
A presión británica de formar unha columna continua non puido materializarse pola intervención de
Alemaña que chegaba tarde á repartición imperialista, e non só pretendeu conxurar os plans británicos,
senón tamén crear un cinto colonial que unise a súa África oriental con África do sudoeste. A negativa
británica e francesa permitiu a instalación de colonias de potencias europeas minoritarias.

4.1 Os imperios europeos en Asia

- Reino Unido tivo na India a súa principal colonia, e estendeuse cara Birmania, Malaysia, Singapore,
Hong Kong…
- Rusia expandiuse fóra das súas áreas europeas, ocupando Alaska, a zona do Cáucaso e toda Siberia.
- Francia centrou os seus afáns imperiais na península da Indochina, Viet Nam, Cambodia, Laos…
- Holanda ocupou a illa de Xava e ampliou os seus dominios por Indonesia.
- Alemaña ocupou Nova Guinea Oriental e distintos arquipélagos do Pacífico.

33
4.2 As novas potencias imperiais

- Xapón: os obxectivos foron Corea e China. Xapón necesitaba materias primas para abastecer á súa
poboación e territorios para administrar o seu excedente demográfico. A delimitación da súa fronteira
colonial con Rusia provocou a guerra ruso-xaponesa que rematou nunha vitoria para Xapón. O
enfrontemento con China foi máis larvado e episódico, pero concluíu coa cesión de varios enclaves.

- EE. UU: a guerra con México concluíu coa anexión do territorio mexicano ao norte de Río Grande.
Alaska foi comprada a Rusia e impuxeron o seu control sobre Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

5. As consecuencias do imperialismo

- Foi causa de numerosos conflitos entre os países imperialistas.


- No plano económico, significou un reaxuste dos fluxos mercantís e financeiros que favoreceu o
desenvolvemento dos países metropolitanos e a explotación dos recursos das colonias.
- Na orde sociopolítica, a repartición territorial fracturou sociedades forxadas por vínculos tribais, creando
fronteiras artificiais.

34
Tema 8: A Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

1.1 A Paz Armada

- A política bismarckiana tropezou co problema do enfrontamento entre os imperios austrohúngaro e ruso


nos Balcáns; esta zona converteuse nun foco de tensión, que acabaría rompendo o precario equilibro
logrado pola diplomacia alemá. Outro foco de tensión estaba na repartición colonial no norte de África,
onde Alemaña pugnaba con Francia e Reino Unido.
O novo Káiser, Guillerme II, promoveu unha política dirixida a expandir a influencia política e colonial
do imperio. Iso significaba apostar polo aliado austrohúngaro, emprender unha política de rearme naval
para competir polo dominio dos mares e soster o decadente imperio otomán.

1.2 A Tripla Entente e as crises pre-bélicas

- O temor a Alemaña fixo que Francia e Rusia converxesen nunha alianza de apoio mutuo asinada en
1891. Francia renunciou a Sudán en beneficio de Reino Unido, propiciando a Entente Cordiale. Rusia tras
a súa derrota na guerra contra Xapón aproximouse ao Reino Unido. Rusia, Reino Unido e Francia
formaron a Triple Entente. A resposta alemá foi reforzar a súa alianza con Austria-Hungría e Italia.
Alemaña tratou de socavar a fronte común dos países da Tripla Entente, propiciando catro crises:

● Primeira crise marroquí: enfrontouse con Francia, España e Reino Unido ao apoiar a independencia
marroquí.
● Crise Bosníaca: apoiou a incorporación de Bosnia-herzegovina a Austria-Hungría.
● Segunda crise marroquí: opúxose, de novo, á ocupación militar francesa de Marrocos.
● Crises balcánicas: iniciáronse coa declaración de guerra de Grecia, Serbia, Montenegro e Bulgaria contra
os otománs.

2. As causas da guerra

● A gran rivalidade franco-alemá no corazón de Europa. No caso de Francia, ese antagonismo con
Alemaña estivo na orixe do achegamento a Rusia e ao Reino Unido.
● A crecente oposición do imperio austrohúngaro e do ruso ao compás da desmembración do imperio
otomán.
● A progresiva confrontación entre Reino Unido e Alemaña, tanto pola súa rivalidade como principais
potencias industriais e financeiras do continente, como pola oposición das súas respectivas políticas
coloniais.
● As tensións xeradas pola carreira imperialista que foi creando unha oposición maior entre o bloque
franco-británico e Alemaña.
● O peso da carreira armamentística na medida que os países rivais preparaban con decisión as súas armas
e exércitos para a continxencia dunha inevitable guerra.

35
3.1 Dous bandos enfrontados

- O primeiro bloque estaba constituído pola Tripla Entente: Francia, Reino Unido e Rusia. A este grupo
foron incorporándose máis países.

- O segundo bloque estaba formado polas potencias dos imperios centrais: imperio alemán, austrohúngaro
e o otomán que acababa de perder gran parte dos seus territorios europeos. Máis tarde sumouse Bulgaria.
A marxe destas potencias, outro grupo conformou o bloque de países europeos neutrais durante toda a
contenda.

3.2 La Faísca que iniciou o conflito

- O detonante foi o asasinato do arquiduque Francisco Fernando e a súa esposa, herdeiros do trono de
Austria-Hungría, por parte dun nacionalista serbio. Tras o atentado o imperio austrohúngaro esixíu a
Serbia durísimas medidas contra o movemento paneslavista. Serbia negouse ao estar apoiada pola Tripla
Entente. Deste modo todos os países abriron a porta á guerra.
Austria-Hungría declara a guerra a Serbia e Alemaña invade a neutral Bélxica; Reino Unido declara a
guerra a Alemaña.

4.1 A guerra rápida

- A primeira fase da guerra foi unha etapa de grandes movementos de tropas coa convición de que a
contenda podería resolverse moi pronto. Alemaña invadiu Bélxica para atacar a Francia polo norte. Rusia
atacou Alemaña e Austria-Hungría penetrando nos seus territorios. Francia lanzaba as súas tropas contra
os alemáns en Alsacia e Lorena, mentres que Reino Unido enviaba forzas expedicionarias a reforzar a
fronteira franco-belga e despregaba a súa frota para acurralar a Alemaña.

- A guerra de movementos esgotouse pronto ante a sorpresa de todos. A idea alemá de acabar con Francia
fracasara. Tamén fracasou a ofensiva francesa para desaloxar aos alemáns de Alsacia e Lorena. Na fronte
oriental, as iniciais vitorias rusas pronto foron seguidas de contraofensivas alemás.
A contenda entrou na fase da guerra de trincheiras ou posicións. A idea dunha guerra curta esvaeceuse e a
propia dinámica bélica impuxo a ambos os dous bandos a necesidade de librar así unha guerra de desgaste
e esgotamento.

4.2 A guerra de posicións

Os aliados conseguiron novos apoios, mentres que os imperios centrais lograban sumar ao seu bando o
imperio otomán e Bulgaria. Para dobregar ao inimigo os dous bandos despregaron novas estratexias
bélicas.
Alemaña esforzouse en atacar Rusia e o resultado foi a ocupación de Polonia e das terras bálticas, así
como a ocupación de Serbia polo imperio austrohúngaro.
Os aliados atacaron ao imperio otomán que resistiu vitoriosamente, aínda que noutras frontes a sorte
decantouse polo bando aliado. O mesmo aconteceu nas colonias africanas de Alemaña ou nos seus
arquipélagos no pacífico.

36
Intensificáronse os combates con longas e sanguentas batallas como a de Verdun ou Somme. Os alemáns
atacaron Verdun co propósito de esgotar o inimigo pero a resistencia francesa superou o desafío.
Rematada a batalla de Verdun, os británicos emprenderon a ofensiva do Somme contra as posicións
setentrionais alemás. Malia estas batallas as posicións non se moveron case nada. As liñas de trincheiras
fortificadas continuaron en toda a fronte.

4.3 O ano crítico. 1917

- O impeiro ruso sucumbiu ante as súas graves derrotas e sumiuse na revolución. O partido bolxevique
tomou o poder e iniciáronse as xestións para asinar a paz de inmediato. Deu comezo unha cruenta guerra
civil, e alemaña avanozu pola fronte rusa aproveitando a situación. O goberno bolxevique aceptou as
severas condicións de paz do tratado de Brest-Litovsk.

- Woodrow Wilson levou a EE. UU. á guerra defendendo a idea de salvar o mundo para a democracia.
Unha das razóns da entrada de EE. UU. na guerra debeuse ás constantes agresións alemás aos convois de
subministración provintes de América para os aliados. A entrada de EE. UU. fixo que as tropas
franco-británicas recuperasen a iniciativa na fronte occidental.

4.4 O ano decisivo: 1918

- Alemaña, liberada da súa fronte oriental intentou axudar aos seus aliados austrohúngaros e otománs. Na
fronte occidental, iniciou unha ofensiva na zona de Flandes. O éxito foi rotundo, coa ruptura das liñas
inimigas pero os aliados reaccionaron freando o avance na batalla de Lys.
Para infortunio alemán, chagaba a Francia o corpo expedicionario norteamericano. A clara superioridade
aliada comezou a causar efecto na moral da tropa e na retagarda alemá.
Co imperio austrohúngaro en descomposición e os seus exércitos esborrallándose, o novo emperador
solicitoulle o armisticio ao presidente Wilson; o alto mando alemán deuse conta de que o mellor era
renderse. Unha insurrección da mariñeiría da frota alemá contaxiou aos outros soldados e en moitas
cidades xurdiron organismos que seguiron o exemplo ruso na demanda da paz inmediata. O káiser
abdicou e fuxiu a Holanda ao tempo que en Berlín se proclamaba a república. Alemaña solicitou o
armisticio que entrou en vigor o 11/11/1918. A Gran Guerra rematara.

5.1 O efecto sociopolítico e económico

- O liberalismo político dera paso a un crecente dominio do Estado sobre a sociedade e a economía.
Nacionalizáronse empresas, controlouse o uso ferroviario, racionáronse os alimentos…
- Produciuse un crecemento da burocracia administrativa civil e militar, para organizar a produción e o
esforzo bélico xeral.
- Orixináronse cambios na estrutura social co acceso da muller a postos de traballo antes impensables.
- A guerra supuxo unha destrución de recursos, o equivalente á riqueza creada en oito anos de
crecemento. Aumentou a débeda pública e a inflación duplicou os prezos en EE. UU., Reino Unido e
Alemaña. EE. UU. pasou a ser a 1ª potencia mundial e os países derrotados quedaron obrigados a pagar
altísimas indemnizacións.

37
- Eses cambios provocaron camios políticos no interior dos países. En Reino Unido e Francia o poder
civil saíu reforzado e a guerra pasou a ser dirixida polos seus xefes de Goberno. En Alemaña a autoridade
do Káiser perdeu peso e protagonismo ante o poder ditatorial.

5.2 Perdas humanas e consecuencias

- Os soldados mortos superaban os 11 millóns e uns 21 millóns de feridos. Unha multitude de mutilados
poboaron como mendigos as rúas de moitas cidades. Alemaña perdeu 300.000 civís máis e en Rusia
morreron 12 millóns de persoas máis. A gripe de 1918 levou por diante a vida de 20 millóns de persoas.
Os credos antiliberais e antidemocráticos empezaron a gañar terreo da man de millóns de ex-combatentes.

5.3 Os tratados de paz e o reauste territorial

A modificación radical da estrutura política e fronteiriza de Europa e dalgunhas zonas coloniais. A


contenda varreu catro grandes imperios que deron orixe a novas nacións. O reaxuste foi obra da
Conferencia de Paz de París (1919). Os líderes dos catro grandes países levaron a iniciativa a pesar dos
seus desacordos.

- O Tratado de Versalles asinado con Alemaña; desaparecía o imperio alemán e todas as súas colonias
pasaron a mans das potencias vencedoras. Alemaña tamén perdeu Alsacia e Lorena e cedeu un ducado a
Dinamarca. Foi obrigada a recoñecer a súa responsabilidade no estalido da guerra, a asumir o pagamento
de cuantiosas reparacións económicas e reducir o seu exército a menos de 100.000 homes.
- Tratado de Saint-Germain e de Trianon: o imperio austrohúngaro desaparecía xurdindo Austria,
Hungría, Checoslovaquia, Iugoslavia, Romanía, Eslovenia, Croacia e Bosnia-Herzegovina.
- Tratado de Sèvres: o imperio otomán desapareceu e estableceuse a república de Turquía. O que quedou
do imperio foi dividido nun mosaico de reinos, repúblicas, protectorados e mandatos por todo Oriente
Próximo.

5.4 O mundo da posguerra e a Sociedade de Nacións

- A vella Europa perdía a súa hexemonía mundial a favor de EE. UU. e afrontaba serios problemas de
reconstrución e estabilización.
A Gran Guerra deu orixe a unha nova Europa e un mundo moi diferente. Os problemas sociopolíticos e
económicos que xerou seguiron presentes durante a precaria paz de entreguerras.

A Conferencia de Paz de París aprobou a constitución da Sociedade de Nacións. Instalada a súa sede en
Xenebra, era a primeira organización internacional destinada a evitar unha nova guerra xeral. O seu
obxectivo era velar polo mantemento da paz mundial.
A Sociedade de Nacións tivo unha historia curta e ineficaz. EE. UU. renunciou a participar porque o
Senado vetou a integración proposta polo presidente Wilson. Tampouco contou con Alemaña e a URSS.
14 países abandonarían a Sociedade de Nacións antes de 1939 por diversos motivos.
O estalido da Segunda Guerra Mundial confirmaría o seu fracaso, e só a fundación da ONU permitiu
salvar parte do seu legado.

38
Tema 9: A Revolución Rusa e a URSS

1.1 Demografía, sociedade e economia

- Rusia estaba rexida polo tsar da dinastía Romanov e exercía todos os poderes estatais por dereito divino.
- A poboación vivía maioritariamente no campo. Esa poboación tiña unha gran variedade etnolingüística e
relixiosa. Case a metade era rusa, base da burocracia e das élites gobernantes.
- O poder absoluto do tsar exercíase grazas a unha máquina burocrática civil e militar que contaba co
apoio da nobreza e do clero ortodoxo. A nobreza e o clero xunto coa coroa eran os maiores propietarios
da terra fértil. A inmensa maioría da poboación era un campesiñado moi pobre que traballaba a terra
como xornaleiros e arrendatarios.
- A economía sustentábase nunha agricultura moi pouco produtiva. A servidume feudal fora abolida
poucos anos antes. A economía rusa tamén iniciaba un intenso proceso de industrialización.

1.2 As tensións políticas

- O proceso de modernización conducirá ao xurdimento de focos de oposición denunciando o atraso do


país. A oposición liberal estaba arraigada entre as pequenas e medias burguesías urbanas que apoiaban ao
Partido Constitucional Democrático.
- A principal forza opositora residía nos movementos populistas. integrados por intelectuais radicais da
pequena burguesía. A súa difícil penetración entre os campesiños empurráraos á táctica terrorista en
grupos de vangarda que tivo unha dura represión policial; pasaron a constituír o Partido Social
Revolucionario.
- O Partido Socialdemócrata Ruso inspirado nos principios do marxismo. Nel destacou Lenin.

1.3 Lenin e a formación do bolxevismo

- Lenin foi o principal pensador revolucionario. O partido debería ser unha organización formada por
militantes-soldados que asumisen o papel de vangarda das masas. Debía ser un núcleo reducido de líderes
xerarquicamente organizados. O seu obxectivo era a conquista do poder político para levar a cabo un
programa de revolución social, colectivista e igualitaria. Lenin desviábase da tradición marxista europea,
para el ese reformismo socialdemócrata non era revolucionario, e a clase obreira só era capaz de articular
sindicatos defensivos incapaces de conquistar o poder político. Lenin impuxo as súas ideas ao Partido que
se acababa de fundar. Dentro do mesmo xurdiron dúas correntes: os bolxeviques e os menxeviques.

1.4 A Revolución de 1905

- O imperio dos tsares sufriu a súa primeira revolución tras perder a guerra contra Xapón, isto supuxo
unha humillación para o tsar e o seu exército. Xerouse un descontento dos sectores burgueses e dos
núcleos obreiros. Os campesiños aproveitaron a derrota para esixir melloras nas súas condicións de vida e
maiores posibilidades de acceso á propiedade da terra.
- O detonante foi unha masiva manifestación obreira, un domingo de xaneiro de 1905, que se dirixiu ao
Palacio de Inverno para presentar as súas reivindicacións ao Tsar. O exército disparou contra os

39
manifestantes, o coñecido como Domingo Sanguento. O tsar prometeu á oposición a concesión de
liberdades civís e a convocatoria dunha Duma que elaborase unha Constitución liberal-democrática. Os
menxeviques e bolxeviques aceptaron a promesa e abandonaron as mobilizacións, pero as promesas de
Nicolás II non se cumpriron. O goberno do tsar volveuse máis arbitrario ao caer en poder de camarillas da
corte. A camarilla máis influente estaba dirixida por Rasputín.

2.1 Rusia na Gran Guerra

- A participación rusa na Gran Guerra foi decisiva para a caída do réxmie tsarista. Varios procesos foron
minando a capacidade de acción e mesmo a lexitimidade do Goberno ruso ante a súa propia poboación.
Todo isto propiciou a expansión da fame e a miseria nos campos e nas cidades. O descontento popular
transformouse nunha mobilización xeral contra a incompetencia do tsar e das autoridades.

2.2 A Revolución de Febreiro

- O primeiro golpe revolucionario produciuse en Petrogrado. Ante unha manifestación espontánea de


mulleres e obreiros que esixían alimentos. O goberno enviou ao exército para reprimila pero moitos
soldados negáronse, a maioría das tropas da cidade uníronse ás protestas e forzaron a dimisión do
Goberno. O baleiro de poder intentáronno cubrir uns deputados liberais establecendo un Goberno
Provisional, mentres os sóviet asumían as funcións administrativas pola súa conta.
- O colapso do Estado forzara a caída do tsar e a súa substitución por unha república liberal democrática.
O cambio non levou consigo a estabilidade da situación.

● Por un lado estaba o Goberno constitucional de Kerenski.


● Por outro lado estaban os organismos administrativos constituídos polas masas obreiras das
cidades, os campesiños e os soldados.

Lenin, desde a súa primeira intervención, anunciou a vontade de tomar o poder e instaurar a ditadura do
proletariado. Aínda que os bolxeviques eran moi poucos en Petrogrado, Lenin conseguiu articular un
programa de tres esixencias: paz (poñer fin á guerra), pan (acabar coa fame), terra (para os campesiños).

2.3 A Revolución de outubro

- Kerenski confiou a dirección do exército ao xeneral Kornilov, quen intentou dar un golpe de Estado
fallido. Ante a persistencia da fame produciuse un segundo golpe revolucionario o 25 de outubro.
Bolxeviques co apoio dos mariños tomaron o Palacio de Inverno. Patrullas bolxeviques ocupaban todos
os puntos estratéxicos da cidade. Lenin tivo que afrontar graves e variados desafíos. Os bolxeviques tiñan
moi poucos seguidores e eran fortes nas grandes cidades e nas áreas industrializadas. Esa situación
quedou exposta polos resultados das eleccións á Asamblea Constituínte que se convocara pouco antes de
outubro; os bolxeviques recibiron o apoio de menos dunha cuarta parte.
- Lenin non estivo disposto a compartir o poder logrado. Apenas inaugurada a Asamblea Constituínte,
ordenou a súa disolución e confirmou que o único poder en Rusia habería de ser o Goberno bolxevique.

40
- Segundo o decreto de disuloción non había lugar na nova Rusia para o vello parlamentarismo burgués. E
engadía que se inauguraba unha dura represión contra os inimigos do réxime. Constituirían a ditadura do
proletariado, para granxear a adhesión da maioría dos traballadores.

3.1 Os primeiros pasos do réxime

- Os bolxeviques implantaron unha ditadura de partido. E habería de ser unha ditadura tanto máis dura
canto maior fose a resistencia das outras forzas políticas. O golpe de Estado e a disolución da Asemblea
inauguraron unha nova fase na historia de Rusia.
- O novo réxime soviético fíxose nun contexto de guerra civil contra os chamados rusos brancos, apoiados
polas potencias aliadas. Déronlles facilidades loxísticas e axuda financeira.
- Os focos de resistencia contrarrevolucionaria foron especialmente fortes en Ucraína, no extremo asiático
e en zonas illadas do Cáucaso e da Siberia central. O Exército Vermello organizado por Trotski conseguiu
mobilizar case medio millón de soldados. Revelouse como un instrumento capaz de lograr a vitoria
militar sobre os rusos brancos e os seus aliados occidentais.
- Lenin ordenou o fusilamento do tsar Nicolás e da súa familia. A paz asinada en Brest-Litovsk amputaba
a Rusia unha gran parte dos seus territorios europeos, pero permitía ofrecer á exasperada poboación a
esperanza de reconstrucción baixo un poder bolxevique.
- Creouse a III Internacional que quería ser dirección do movemento comunista internacional co
obxectivo de obter apoios na esquerda mundial e exportar a revolución por todo o mundo capitalista e
colonial.

3.2 Do comunismo de guerra á NEP

- Lenin procedeu a edificar un réxime totalitario que foi o primeiro Estado de Partido Único na historia.
Ese réxime fíxose cargo de toda a vida organizada do país en virtude de política de comunismo de guerra:
nacionalizáronse todas as industrias, empresas e mesmo a propiedade da terra. Os efectos foron
desastrosos: millóns de persoas morreron de fame e frío neses anos.

A evidencia do fracaso foi tal que Lenin promoveu o fin do comunismo de guerra en 1921 e substituíuno
pola Nova Política Económica que lle permitía ao campesiñado retomar o control das súas granxas e
comercializar as colleitas. Ese retorno controlado á economía de mercado conseguiu recuperar os niveis
de produción agraria e industrial. O Estado seguía reservando para si o control do crédito e dos sectores
clave da economía; a revitalización desta foi inmediata. Isto tivo como consecuencia a aparición dun
campesiñado próspero e dunha burguesía comercial puxante. O réxime construíu unha sociedade
supostamente gobernada polos obreiros e campesiños.

A represión de calquera oposición ao réxime foi o seu principal sinal de identidade. Lenin apreciou as
tendencias burocráticas provocadas pola confusión entre partido único xerarquizado, institucións do
Estado e organizacións sociais instrumentalizadas, que tendían á creación dunha ditadura persoal.

41
3.3 A sucesión de Lenin

- O ascenso dos appartchik propiciou a elección de Stalin como secretario xeral do partido cando a saúde
de Lenin empezaba a quebrarse. Para entón, expresaba temores sobre Stalin que concentraba un poder
inmenso. Tampouco lle parecía boa a súa outra alternativa, León Trotski, que era máis capaz pero tiña
unha excesiva confianza en si mesmo.

Á morte de Lenin, a URSS xa estaba en vigor. Trotski defendía a internalización da revolución como
premisa para a supervivencia do réxime soviético, que non podería sobrevivir nun ámbito capitalista.
Criticaba a continuidade da NEP polo risco que supoñía para a revolución. Stalin defendía a necesidade
da construción do socialismo nun só país. Defendía o papel da burocracia na consolidación do réxime
bolxevique na URSS e a continuidade da NEP.

4.1 O poder persoal de Stalin

- O ascenso de Stalin era unha manifestación de que a revolución copiara as tradicións políticas da vella
Rusia, que agora tiña un novo tsar vermello. Stalin ocupaba todos os cargos de poder.
O papel do Partido Comunista dentro do Estado fixo que fose obxecto de varias purgas destinadas a
eliminar do seu seo aos adversarios de Stalin. Expulsouse a máis de medio millón de afiliados por
deslealdade. Pero as purgas máis famosas tiveron lugar entre 1936-1938 cos Procesos de Moscova onde
condenaron a morte a miles de dirixentes políticos e altos mandos militares.
O exército do poder político durante o período stalinista empregou a violencia máis extrema para impoñer
a súa política. O terror converteuse nunha arma para anular resstencias. A vella policía política leninista
transformouse na NKVD, que tivo ao seu cargo as tarefas represivas e a dirección do Gulag.

4.2 Industrialización e colectivización

Stalin puxo fin á NEP e levou a cabo unha revolución completa da economía soviética. O programa de
estatalización da economía tivo tres grandes focos de actuación:

- Planificación central de toda a vida económica por parte do Estado, comprometido coa idea dunha
economía dirixida que tiña como fin a moderniación do país. Un novo departametno do Goberno, o
Gosplan quedou encargado de romodelar a vida económica para fixar cotas de produción a cada sector.
Elaborouse o primeiro Plan Quinquenal como un programa de execución obrigatoria cuxo incumprimento
acarreaba sancións graves.
- Someter a agricultura a un proceso forzado de colectivización que levou consigo a formación de granxas
colectivas autónomas ou estatalizadas. A resistencia do pequeno e mediano campesiñado foi intensa pero
inútil, especialmente en Ucraína.
- O terceiro foi a industria. A industria pesada resultou privilexiada nos plans estatais fronte ás industrias
de consumo civil. Realizáronse xigantescas obras públicas e un enorme esforzo educativo. Os resultados
do plan foron desiguais, pero foi un éxito claro en bens de equipo e a renda nacional creceu
exponencialmente. No Segundo Plan, a prioridade foi a enerxía, a industria lixeira e o transporte. Mentres
os países capitalistas vivían a Gran Depresión a URSS incrementaba o seu PIB.

42
Tema 10: A economía de entreguerras e a Gran Depresión

1.1 Europa e o problema da débeda

- En 1919 os países europeos comezaron a facer balance das perdas humanas ocasionadas pola guerra.
Tamén descubriron a intensidade das destrucións que supuxo a perda dunha boa parte das instalacións
industriais e das infraestruturas.
O conflito deixara un enorme custo financeiro porque o gasto militar só puidera sosterse coa venda das
reservas de ouro, a emisión de débeda pública e coa inflación. Os países europeos solcitaron grandes
créditos a EE. UU. O problema da débeda cos estadounidenses quedou vinculado a outro problema, que
lastraría a recuperación económica: as reparacións financeiras que Alemaña debía pagar.

A busca dunha solución atrasouse ata avanzado o ano 1923, cando Francia ocupou a cunca do Rhur, como
pagamento de reparacións que os alemáns non podían asumir. Grazas á concesión de créditos
estadounidenses a Alemaña, esta conseguiu superar a crise.

2. A expansión económica dos anos 20

- O axuste das economías implicaba a reanudación dos fluxos comeriais e só foi posible establecendo un
novo marco internacional de intercambios e paridades monetarias. Superado o reaxuste inicial, a
economía mundial iniciou un período de gran mellora. Na década dos vinte quedou claro o declive da
importancia de Europa no plano internacional.

2.1 O dominio de EE. UU.

- A produión industrial de EE. UU. tivo un crecemento do 80%. O crecemento económico estadounidense
estaba baseado no forte impulso de industrias recentes, como o automóbil ou as eléctricas. Ese dinamismo
produtivo fomentou un consumo de masas en todo o país. Vivíase unha sensación de prosperidade e de
abundancia. A puxanza da economía estadounidense e a dependencia financeira de Europa fixo que o
dólar se convertese na moeda de referencia internacional.

2.2 Os riscos da expansión económica

- Persistía a desorde financeira internacional, que lastraba a recuperación do comercio. Tras o abandono
do padrón ouro, as divisas nacionais soportaran grandes flutuacións da súa convertibilidade e frecuentes e
catastróficas depreciacións. O marco alemán sufrira unha vertixinosa caída e o dólar pasou a ser o padrón
de medida do valor das demáis divisas e o refuxio seguro para os investimentos.
- A agricultura e o comercio internacional tiñan dificultades no medio da prosperidade. As melloras
produtivas nos novos países industrializados xeraran un crecemento produtivo agrícola. Esa
sobreprodución repercutiu moi pronto na perda de valor das mercadorías.

43
- O aumento da produción industrial dos vellos e dos novos países industrializados significou un
incremento considerable da oferta. A competencia provocou conflitos comerciais.

3.1 Os felices anos vinte

O trauma que supuxo a Gran Guerra e os seus efectos deixaron unha profunda pegada na sociedade de
posguerra. O primeiro efecto social foi un crecente igualitarismo social derivado da compartida
experiencia de sufrimento nas trincheiras de tantos mozos de distinta orixe social, xeográfica e cultural.
Esta tendencia foi máis marcada nos países de Europa central e oriental.

- A expansión das cidades, que pasaron a ser o hábitat predominante en moitas sociedades en prexuízo do
tradicional poboamento rural.
- O desenvolvemento dunha industria de medios de comunicación de masas, que aproveitaban a
alfabetización xeral e as novas aplicacións tecnolóxicas para difundir o xornal, a radio e a TV.
- A aparición de novas formas de sociabilidade de masas, que reforzaron as tradicionais plataformas da
sociedade civil, pero tamén novidosos medios de relación interpersoal.

- Cabe destacar o éxito logrado polos movementos de mulleres que loitaban pola emancipación civil e
polo dereito a voto. A mobilización das mulleres durante a guerra para atender labores críticos xerara
unha conciencia da importancia do seu papel, que serviu de plataforma para reivindicar os seus dereitos
na posguerra. Os éxitos foron evidentes.

3.3 O consumo de masas

- Un último aspecto da sociedade dos felices anos vinte foi o importante crecemento do consumo tamén
entre os sectores populares. O aumento de vendas de electrodomésticos, foi un bo indicador desa faceta
do benestar cotián. O espírito de confianza nos novos tempos estaba detrás do incremento de automóbiles
nas rúas e da densidade do tráfico que empezaba a apuntar. Se ben o automóbil era a máquina de
transporte máis admirada polo público, non era a máis impresionante no seu dominio da velocidade: o
arranque da aviación civil e comercial empezaba a converterse no novo símbolo da modernidade.

3.4 Un crecemento económico desequilibrado

- No medio da prosperidade xurdiron signos de debilidade e desde a perspectiva histórica comprobouse


que foron decisivos no desencadeamento e no afondamento da crise de 1929. A Gran Guerra provocou a
alza dos prezos dos produtos agrarios; a produción nacional incrementouse grazas á mecanización e a un
incremento no uso de fertilizantes. A crise de 1920-1921 marcou o comezo dun período de descenso dos
prezos e das rendas agrarias.

O mal momento do campo acentuouse polas medidas que adoptaron os campesiños. Para intentar frear a
caída das súas rendas, aumentaron a produción e os rendementos. Isto supuxo unha maior oferta de
produtos no mercado e unha diminución de prezos. Esta redución dos prezos afectou ás materias primas.
Os países especializados na produción e exportación destas materias sufriron unha progresiva diminución
dos ingresos.

44
Outro desencadeante foi a diferenza do rendemento entre os sectores industriais clásicos e novos. As súas
dificultades víronse agravadas pola competencia no mercado internacional doutros países que
aproveitaran a Gran Guerra para instalar industrias dedicadas a subministrar os países belixerantes.

4.1 O crac da bolsa de Nova York

- A bonanza económica chegou á súa fin coa primeira sinal da crise: a quebra das operacións bolsistas de
Wall Street o 24/10/1929, o xoves negro.
Na bolsa neoiorquina produciuse unha avalancha masiva de venda de accións provocada polo pánico ante
a súa posible depreciación inmediata. Os prezos das accións caeron en picado, ao que seguiu o
derrubamento do dólar. A quebra bolsista expandiuse co afundimento dos bancos, a evaporación dos
aforros e a ruina de millóns de titulares.
O crac da Bolsa de Nova York foi o momento crítico de cambio de tendencia e comezo dunha nova etapa
de recesión, que pasou a ser depresión internacional cuxos efectos durarán 10 anos.

4.2 Da crise bolsista á depresión económica

- A primeira manifestación da profundidade e intensiade da depresión foi a súbita caída dos índices de
produción industrial. A Gran Depresión significou un derrubamento da produción debido ao peche de
empresas; a saturación do mercado cun exceso de oferta de produtos.
En 3 anos a produción industrial en EE. UU. descendeu á metade. Alemaña sufriu unha contracción
similar e as demáis potencias tamén sufriron caídas. Entre 1929 e 1932 o volume de intercambios
comerciais mundiais diminuíu un 25%.

4.3 Os efectos sociais

- A crise foi produto inmediato da depresión, e medidas tomadas tiveron pobres resultados. No plano
social foi onde se apreciou o efecto máis terrible da nova situación económica polo grande incremento de
parados, que era consecuencia do peche de empresas. Cara 1932 chegou a haber en todo o mundo
industrializado ao redor de 40 millóns de parados. O elevado paro pasou a ser un elemento estrutural da
situación socioeconómica. A situación provocou un grave problema para millóns de familias.

4.4 A fase pesimista dos anos trinta

- O impacto da crise rematou coas esperannzas dos felices anos vinte. O derrubamento económico
mundial tivo un impacto determinante nas sociedades. Moitas das tendencias iniciadas seguiron o seu
curso nos anos 30: as cidades proseguiron o seu crecemento, o campo seguiu despoboándose… A vida
social e cultural foise polarizando ideolóxica e politicamente. Creceu unha mística antiliberal e
anticapitalista que tanto adoptaba a roupaxe da revolución como da reacción. En ambos casos
lexitimizábase o uso da violencia.

45
5.1 EE. UU. o New Deal

A chegada de Roosvelt á presidencia estadounidense supuxo un programa de intervención do Estado na


economía, o New Deal, un conxunto de medidas que incluía:
- Aplicación dunha política monetaria expansiva.
- Control eficiente dos bancos a través do Sistema de Reserva Federal.
- Intervención no mercado dos produtos agrícolas para subvencionar a redución de colleitas e axustar os
prezos agrarios evitando o seu derrubamento.
- A política de reactivación económica mediante o gasto estatal masivo en obras públicas.

O New Deal freou a depreseión e sentou as bases dunha recuperación lenta e sostida. A plena
recuperación so se alcanzaría en vésperas da Segunda Guerra Mundial.

5.2 Italia, Alemaña, Reino Unido e Francia

- En Italia, onde Benito Mussolini dispoñía de plenos poderes desde 1922, o sistema bancario estivo a
punto de derrubarse a causa dos efectos ocasionados pola crise. O Estado fascista interviu a economía e
creou o IMI e o IRI (hólding estatal). O Estado controlaba o 80% da economía e ogribou a orientala cara a
unha autarquía pouco eficaz.
Intentouse resolver o excedente de man de obra e a falta de materias primas mediante unha política
expansionista e belicista, de maneira que o rearme foi a clave para a recuperación económica.

- En Alemaña, os gobernos socialdemócratas e conservadores foran incapaces de deter o azoute da crise.


Eses fracasos foron a oportunidade para o triunfo nazi. Coa chegada ao poder de Adolf Hitler en 1933,
Alemaña emprendeu unha senda de recuperación baseada na aplicación dunha política de intervención
estatal nunha economía case militarizada. Alemaña fomentou a recuperación interna grazas a programas
de grandes obras públicas e de rearme militar masivo.
O paro reducírase a pouco máis do 4% da poboación activa. Era unha clara indicación de que o nazismo
entendía que a superación da crise alemá pasaba por un rearme acelerado.

- Reino Unido estaba gobernado polos laboristas condo comezou a crise pero estes non foron quen de
superar o desafío. Un novo goberno conservador enderezou a situación con varias medidas: depreciacións
monetarias, reducións salariais, incentivos… Reino Unido conseguira reducir o paro a niveis de 1929 e
lograra superar os índices de produción daquel ano crítico.

- En Francia a crise inicialmente tivo un menor impacto, pero minou a prosperidade lentamente ao longo
dos anos trinta. En 1936 o Goberno da Fronte Popular adoptou medidas similares ao New Deal, que
tiveron certo efecto. Pero a inestabilidade política e a crecente polarización social amorteceron o éxito das
medidas. Francia seguía sen recuperar a produción de 1929.

46
6. Causas e consecuencias da Gran Depresión

- Existencia de moitos e novos países industrializados que competían no mercado mundial con gran
número de produtos e servizos que chegaban a saturar a demanda, provocando a caída dos prezos e a
redución de beneficios.
- Coexistencia dun sistema financeiro internacional inestable, nominalmente apoiado de novo no padrón e
co dólar como divisa fonte de referencia, a pesar da resistencia de EE. UU. a actuar como centro
financeiro internacional.

As consecuencias máis evidentes foron: o aumento do papel do Estado na economía, necesidade de


encontrar mecanismos de financiamento do comercio internacional, e o impulso á industrialización de
países de América do Sur e o resto do mundo.
A depresión, a través do sufrimento e malestar orixinados, alimentou o xurdimento de movementos
políticos extremistas, dispostos a substituír pola forza tanto o debilitado sistema capitalista coma a
deostada democracia liberal. Apareceron diferentes opcións para competir pola hexemonía
político-intelectual: Comunismo-Marxista, aparición do Fascismo e o realzamento do capitalismo.

47
48
Tema 11: A época de entreguerras. democracias e totalitarismos

1. O efémero triunfo da democracia

- A crise da democracia da época de entreguerras tivo varios motivos concorrentes: o grave peso das
dificultades económicas, agudización dos conflitos sociais e laborais e as tensións nacionalistas e o
antagonismo político no interior dos países entre as forzas políticas de esquerdas e de dereitas que se
movían nun clima belicista.

1.1 A consolidación da democracia no Reino Unido

- No Reino Unido, o triunfo militar confirmou o firme prestixio popular da democracia como sistema
político. O sistema electoral seguiu sendo maioritario, o que favorecía o bipartidismo e a formación
de Gobernos sólidos. A Cámara dos Comúns ampliou as súas funcións en detrimenio da Cámara dos
Lords. Un goberno de coalición intentou atallar os seguintes problemas do país:

● A dificil recuperación económica que esixía asumir un novo papel secundario no mundo, detrás
de EE. UU. O imperio británico readaptouse dotando aos seus dominios de plena autonomía.
● A resolución do conflito irlandés, que daría orixe á creación do Estado Libre de Irlanda como
novo dominio británico. Irlanda foi construíndo a súa emancipación ata que, se proclamou como
República independente en 1947.

- O partido Laborista formou breves gobernos en 1924 e en 1929-1930, antes de caer vítima da súa
incapacidade para afrontar a Gran Depresión.
- O partido Conservador foi logrando sólidas maiorías electorais e se consolidaron como goberno,
asumindo a tarefa de facerlle fronte á depresión cun programa de reformas socioeconómicas e
proteccionismo imperial.

1.2 O lento declive da Terceira República en Francia

- A Terceira República continuou a súa existencia despois da Gran Guerra. A República era incapaz
de solucionar os problemas da poboación.
O sistema electoral era proporcional o que facilitou o pluripartidismo, e houbo moita inestabilidade
política, pola difícil recuperación económica, pola existencia dun clima de conflictividade
sociolaboral constante e pola conciencia dun debilitamento demográfico.

As dereitas francesas dominaron durante os anos vinte. Os socialistas, apenas chegaron ao poder en
contadas ocasións. A Gran Depresión agravou as tensións da sociedade francesa e alimentou as
incertezas do seu electorado. O último intento de atallar ese pesadelo foi a vitoria nas eleccións de
1936 da Fronte Popular. O seu programa apenas tivo tempo de levarse a cabo porque os perigos
internacionais acabarn socavando a unidade do Goberno e a do propio país.

49
2.1 A crise de posguerra en Italia e o ascenso ao poder do fascismo

- O esforzo da guerra deixara a Italia exhausta, porque as ganancias territoriais eran menos das
esperadas. Os gobernos nomeados polo rei contemplaron con temor como as dificultades económicas
da posguerra xeraron un clima de conflitividade social moi intenso.

Mussolini considerou unha ruptura co pasado liberal-democrático e en marzo de 1919 formou un


novo partido inspirado na milicia, cuxo nome foi Fasci Italiani di Combattimento, o partido recibiu o
nome de Partito Nazionale Fascista. O fascismo enfrontouse nas rúas a socialistas, comunistas e
sindicalistas.

O éxito da súa estratexia culminou en 1922 cando Mussolini levou a cabo a Marcha sobre Roma.
Ante esa demostración de forza fascista, o rei e as élites decidiron pactar co fascismo baixo a
convicción de que sen Mussolini, Italia era ingobernable. Este aceptou o encargo real e formou un
primeiro Goberno de coalición. O país anhelaba paz, orde e tranquilidade. Por iso moitos asumiron
con esperanza ou resignación a suba ao poder do partido fascista.

2.2 A doutrina do fascismo

- Mussolini articulou unha ideoloxía que mobilizou a sociedade italiana. O proxecto fascista
promovía unha militarización da sociedade para insuflar nela as virtudes castrenses de respecto á
xerarquía e aos principios de obediencia e disciplina. O pensamento fascista basease en:

● Hipernacionalismo extremado: o novo imperio sería contrario ao statu quo beneficioso para as
democracias occidentais.
● Un modelo de Estado renovado nun sentido ditatorial e totalitario a cuxa fronte estaría o Duce.
● Un partido único e sólido, que era unha especie de exército civil para soster o réxime contra os
seus inimigos pola persuasión ou a coacción.
● Un concepto da vida e da política como actividades paramilitares, que asumía a lexitimidade do
uso da forza para a conquista do poder político.

- Eses obxectivos esixían tamén un alto grao de autarquía económica, tanto produtiva coma
financieira, para asegurar a capacidade de Italia para facer fronte con éxito a unha nova proba de
guerra total.

2.3 Da ditadura reaccionaria ao novo Estado totalitario

- O goberno de coalición, presidido por Mussolini, conseguiu éxitos políticos que redundaron no
prestixio do Duce do fascismo: atoulles as mans aos sindicatos, acalou á oposición, restableceu a
orde pública e remontou a crise económica con medidas proteccionistas. Clara demostración do xiro
iniciado foi o asasinato do líder socialista Giacomo Matteoti, crítico coa represión fascista.

Italia converteuse nun Estado totalitario onde convivía un rei, Vitor Manuel III, con poderes
limitados, e un Duce, Mussolini, cun poder ilimitado.

50
O Estado asumiu o control dos sindicatos, das asociacións de mulleres, das organizacións xuvenís e
de todos os resortes da vida social. O Duce gañou o apoio dos católicos italianos en 1929 cos
Acordos de Letrán. Neles garantíase a soberanía da Cidade do Vaticano dentro de Roma.

2.4 O achegamento fascista á Alemaña nazi

- A estabilidade lograda en Italia reforzou o seu prestixio internacional ante os demais países
europeos. Ao mesmo fin contribuíu o seu éxito para minorar o impacto da Gran Depresión mediante
a intensificación das políticas eonómicas autárquicas.
Dende o acceso ao poder de Hitler, Mussolini comezou a abandonar a equidistancia entre bloques
europeos e foi inclinándose a favor do novo réxime alemán. As súas accións así o reflectían, como é
o caso da invansión de Abisinnia; o apoio conxunto con Alemaña a Franco na guerra Civil
española… O obxectivo de Mussolini era apoiarse en Alemaña para expandirse polo Mediterráneo.

3.1 A república de Weimar durante os anos vinte

- A derrota alemana na Gran Guerra dera orixe á creación da República Democrática. Adolf Hitler
converteuse en Führer dun novo partido, o NSDAP. Hitler consideraba que a República era unha
imposición das potencias vencedoras. A iso hai que sumarlle a grande indignación ante as grandes
sumas de diñeiro que Alemaña debía pagar. Isto foi aproveitado polos nazis para fomentar o odio.
A República de Weimar pareceu consolidarse durante o decenio dos anos vinte sobre a base do
acordo político dos partidos de esquerda e de centro. Malia os seus éxitos na estabilización
económica, a República tívolle que facer fronte a un dobre desafío:

● Pola esquerda; a axitación revolucionaria fora moi intensa, cando o Partido Comunista que se
acababa de fundar intentara imitar os bolxeviques con insurreccións sufocadas pola policía.
● Pola dereita, a axitación nacionalista antidemocrática provocou un intento de golpe de Estado en
1923 orquestado polos nazis. O golpe foi sufocado e Hitler condeado a 5 anos de prisión. O
fracaso convenceuno da necesidade de usar a vía legal para destruír a democracia desde dentro.

3.2 Principais ideas do nazismo

● Unha concepción da patria alemá fundamentada sobre unhas bases raciais que se consideraba
superior ás demais.
● Unha visión social-darwinista da vida e da historia, que resaltaba a necesidade de preservar a
pureza da raza.
● Un antisemitismo racial extremado que vía no xudeu a ameaza máis perigosa e mortal.
● Unha filosofía política que contemplaba o Estado como unha entidade paramilitar para a
protección da patria e da raza.
● Unha articulación do partido similar a un exército civil combatente para a loita contra os
inimigos internos da patria e a conquista do poder. O partido sería a columna vertebral do
Estado.

51
3.3 Da marxinalidade á toma do poder

- Na década dos anos vinte, o movemento nazi non tivo bos resultados electorais. Nas eleccións de
1928 conseguiu 12 deputados. A posición destes cambiou coa crise de 1929. O impacto desta en
Alemaña foi moi severo: a produción industrial reduciuse á metade, a inflación desbocouse e os
parados disparáronse. A diminución das rendas provocou un cataclismo político. Moitos sectores
sociais, volveron a súa mirada angustiada cara os nazis co seu discurso de salvación patriótica e
rexeneradora. En 1930, o NSDAP conseguiu 6 millóns de votos e duplicou os seus militantes. A
incapacidade dos distintos gobernos para facerlle fronte á crise acentuou máis a deriva
antidemocrática; de feito ante a violencia das rúas, Paul Von Hindemburg, comezou a gobernar ao
marxe do goberno. Nas eleccións de 1932, os nazis obtiveron 230 escanos.
O destino da democracia estaba sentenciado.

3.4 O Estado totalitario

- O 30/01/1933 Hindemburg ríndese ante as evidencias e entrégalle a Hitler o poder do Estado


mediante o seu nomeamento como chanceler. O Führer disolveu o parlamento aproveitando o
incendio do Reichstag. Promulgou o decreto para a salvagarda do pobo e o Estado, que anulaba a
Constitución e o seu réxime de dereitos. Aprobou unha Lei de Plenos Poderes, que lle outorgaba
dereito a gobernar sen intervención doutros órganos estatais. Prohibiu todos os partidos menos o nazi
e converteuse no dono de Alemaña ante a morte de Hindemburg que eliminou calquera obstáculo ao
seu réxime.
Inataurado no poder, Hitler desencadeou unha feroz represión contra os opositores políticos e contra
sectores da poboación xulgados perigosos ou indexesables. A parte de utilizar para iso unha nova
policía secreta, A Gestapo, mobilizou ás SS que se converteron nunha despiadada policía política.
A represión afectou a aqueles que cuestionaban a Hitler, incluso a membros do partido. Na noite dos
coitelos longos (1934), Hitler ordenou a detención e execución dos seus vellos camaradas.

3.5 A represión contra os xudeus

Entre 1933-1938, o réxime conformouse cunha política discriminatoria cara os xudeus. Dende a
noite dos cristais rotos, un asalto a todos os barrios e negocios xudeus de Alemaña, iniciouse unha
política de segregación física, que incluía a instauración de guetos pechados e vixiados nas cidades e
o traslado de moitos xudeus a campos de concentración. O nazismo emprendeu a súa última fase: a
solución final, o xenocidio da poboación xudía.

3.6 Unha sociedade nazificada

A reorganización e adoutrinamento da sociedade foi rápido e profundo. Os organismos delegados do


partido convertéronse en canles de encadramento e mobilización da poboación xermana.
A política social e económica do réxime concentrouse en garantir unha rápida superación da
depresión sobre a base dunha crecente autarquía produtiva e financeira onde o Estado debería asumir
novas tarefas e funcións. Promoveuse un un crecemento da industria siderúrxica, carbonífera e de

52
armamento. As grandes empresas da industria pesada alemá foron grandes beneficiarias desta
política económica.
Como resultado, o paro obreiro descendeu radicalmente grazas aos novos empregos en obras
públicas e industria pesada, así como o aumento de soldados. En 1938 alcanzouse o pleno emprego.

Ao mesmo fin contribuíu a política de arianización da economía, que obrigou aos xudeus a
desprenderse das súas empresas, empregos e oficios. Eses éxitos socioeconómicos cimentaron un
alto grao de conformidade, dos alemáns co novo réxime.

3.7 Os éxitos iniciais da política exterior

A implantación do nazismo suscitou o asombro e temor no resto de Europa, pero non houbo
reaccións adversas oficiais, nin sequera por parte da URSS.
As grandes democracias occidentais estaban decididas a non se enfrontar militarmente coa nova
Alemaña, por iso fixeron unha política de pacificación e busca de acordos tácticos con Hitler. A
claudicación francesa e británica ante os nazis en Europa nutríase no pavor a outra guerra mundial.
Influíu o medo a que outro conflito puidese promover unha expansión do comunismo, por iso
consentiron todas as acometidas nazis: plebiscito e unión do Sarre a Alemaña, axuda militar a
Franco, establecemento do Eixe Roma-Berlín, anexión unilateral de Austria…

53
54
Tema 12: A Segunda Guerra Mundial

1.1 Causas do conflito

A Segunda Guerra Mundial foi unha continuación da primeira e tivo as características dunha guerra
total, que se librou en todos os recantos do mundo.
Nos anos vinte, as tensións entre os distintos países quedaron amortecidas polo esgotamento das
sociedades tras a dura contenda. A Gran Depresión socavou os precarios equilibros europeos e
internacionais e abriu a vía do conflito bélico.

A Gran Guerra deixara conflitos latentes nos países vencidos, desconformes coas cargas impostas.
Tamén algúns países vencedores como Italia quedaron descontentos. A iso había que sumar a
posición reservada e hostil da URSS cara ao mundo capitalista.
No extremo oriente xurdiu un crecente movemento antiimperialista que cuestionaba a lexitimidade
da presenza colonial europea. Combinándose a decidida aposta do Xapón por construír un novo
imperio na zona.

1.2 As potencias do Eixe

● Alemaña: emprendera a senda do rearme militar masivo e a revisión das fronteiras. Consentiuse
a remilitarización de Renania, a intervención na guerra civil española, ocupación dos Sudetes…
Todo formaba parte do programa de expansión gradual dos nazis.
● Italia: iniciou unha política imperialista e expansionista. En 1935 invadiu Abisinnia e desexaba
un maior expansionismo na zona. Asinou un pacto con Hitler en 1936, formando o “Eixe
Roma-Berlín”.
● Xapón: era unha monarquía cun emperador. Os seus dirixentes consideraban que os xaponeses
eran racialmente superiores ao resto de asiáticos. Comezou en 1931 o seu desafío militar
ocupando a provincia chinesa de Manchuria. Asinou en 1936, con Alemaña o pacto
Antikomitern ao que logo se sumou Italia.

Estes tres países abandonaron a Sociedade de Nacións tras a condena das súas iniciativas
expansionistas. O Pacto de Aceiro entre Italia e Alemaña reforzou a alianza. Resultou sorpresivo o
pacto de non agresión xermano-soviético, xa que Stalin gañaba tempo e seguridade cedendo ás
pretensións de Hitler.

1.3 O bando dos aliados

Eran as grandes democracias occidentais, Francia e Reino Unido. Intentaron evitar a guerra cedendo
ás demandas dos países totalitarios. No verán de 1939 comprenderon que os seus inimigos non se
calmaban ante as concesións, por iso decidiron dar apoio militar a Polonia na súa desputa fronteiriza
con Alemaña.
Á alianza franco-británica sumaríanse medio centenar de países ameazados ou atacados polas
potencias do Eixe: Polonia, a URSS, EE. UU, Brasil, México…

55
Os países neutrais foron: Suecia,Suíza, Irlanda, España e Turquía. Uns polo temor ás consecuencias e
outros por preservar a neutralidade.

2.1 Ainiciativa estratéxica alemá

O 1/9/1939, Alemaña invade Polonia e dous días despois Reino Unido e Francia decláranlle a guerra.
Nin Italia nin Xapón nin a URSS nin EE. UU. asumiron compromisos bélicos nese momento. Coa
abafadora vitoria alemá sobre as forzas polacas, a guerra pareceu estancarse.

A situación cambiou na primavera de 1940 coas ofensivas alemás de guerra lóstrego. Conquistaron
Noruega e Dinamarca; polo oeste invadiron Holanda e Bélxica, superando as defensas francesas no
Rhein. Envolveron polas costas ao exército galo e forzaron a Francia a romper a súa alianza co Reino
Unido e pedir o armisticio.
Italia decidiu saír da súa non belixerancia para aliñarse con Alemaña atacando os británicos en
Exipto. Curchil decidiu resistir o expansionismo ítalo-xermánico.

2.2 A batalla de Inglaterra e a guerra naval no Atlántico

● A batalla de Inglaterra iniciouse con masivos bombardeos aéreos sobre cidades e centros
industriais. Os alemáns cancelaron a invasión por falta de medios. Coa batalla do Atlántico en
pleno apoxeo a de Inglaterra quedou en táboas. Hitler obtivo a súa primeira derrota.
● A guerra no Atlántico foi un combate polo corte ou contiunuidade dos transportes mercantes que
abastecían o asediado Reino Unido.

Roosevelt conseguiu aprobar a Lei do Préstamo e Arrendo pola que se facilitaba a venda de material
militar a Reino Unido e a outros países.

2.3 A guerra no leste

En xuño de 1941, Hitler ordenou poñer en marcha a Operación Barbarroxa; a invasión da URSS. O
obxectivo era conquistar en poucas semanas as principais cidades rusas. Hitler consideraba que a
derrota da URSS serviríalle para asegurar as súas costas orientais e garantir as subministracións de
trigo e petróleo.

As tropas soviéticas non se renderon e mostraron resistencia e vontade de contraataque. A chegada


do inverno de 1941 impediulle aos alemáns conquistar as cidades planeadas, salvo Kiev. A pesar das
súas grandes perdas de homes, o exército vermello non daba síntomas de colapso.
A paralización da ofensiva alemá e a estabilización da fronte oriental, a fins de 1941, constituíron un
dos grandes fracasos militares de Hitler.

56
2.4 A mundialización da contenda: a guerra no pacífico

O 7/12/1941 a aviación xaponesa atacou a base militar de Pearl Harbor. Unha parte da frota
estadounidense quedou danada ou destruída. Este feito provocou a entrada de EE. UU. na guerra.
Xapón invadiu Malaysia, Singapore, Filipinas.... Os soños imperiais xaponeses fixéranse realidade.
EE. UU. puxo o seu enorme potencial militar da man dos aliados e a mediados de 1942 conseguiron
deter a expansión xaponesa.

3.1 A viraxe da contenda

A gran tenacidade do exército soviético permitiu derrotar os alemáns nas batallas de Stalingrado e
Kursk. A primeira, en xaneiro de 1943, considerou a rendición do VI Exército alemán. A segunda,
Kursk, en agosto de 1943, considérase unha das grandes batallas da historia da humanidade que
rematou cunha derrota mortal para o Terceiro Reich.

A finais de 1942 produciuse o desembarco anglo-norteamericano no norte de África: a Operación


Torch. Alemáns e italianos defendéronse en Tunisia que foi invadida polos aliados, estes invadiron
máis tarde Sicilia o que provocou a caída do réxime fascista e a detención de Mussolini e o novo
Goberno italiano asinou un armisticio cos aliados. Os alemáns fixéronlle fronte aos aliados e Italia
quedou dividida: no sur un Goberno proaliado e no norte un Goberno fascista. Na primeira metade
de 1944 o avance cara o norte levou á entrada aliada en Roma.
As vitorias aliadas fóronse consolidando e iniciouse unha campaña de bombardeos sobre Alemaña, o
país quedou arrasado polas bombas o que paralizou á industria bélica.

3.2 O Desembarco de Normandía e o afundimento do Terceiro Reich

O alto mando anglo-norteamericano dirixido por Eisenhower, comezou a preparar a invasión de


Francia. A decisiva operación tivo lugar o 6/6/1944.
O día D á hora H, as tropas aliadas desembarcaron por sorpresa en Normandía. Tras duros e
sanguentos combates, a progresión das forzas aliadas permitiu liberar París en poucas semanas e
chegar ás fronteiras de Alemaña. Ao tempo o Exército Vermello estaba a punto de ocupar Varsovia.
Hitler non estaba disposto a asumir a derrota nin a renderse polo cal a guerra focalizouse
directamente no territorio alemán. O custo humano desas últimas batallas foi espantoso, durante a
campaña final para ocupar Berlín, morreron máis de medio millón de persoas.
O afundimento do Terceiro Reich rematou coa toma por asalto da capital alemá o 30/4/1945. Ese
mesmo día Hitler suicídase no seu búnker incapaz de admitir a derrota.

3.3 A derrota de Xapón

O goberno militar do emperador Hiroito recibiu os primeiros contratempos, que indicaban un cambio
de tendencia na fronte do Pacífico. Os norteamericanos conseguiron derrotar os xaponeses nas illas
de Midway. Xapóin viuse obrigado a iniciar unha retirada e avacuación de cada unha das illas
logradas. A campaña militar estadounidense fíxose por dúas vías:

57
● A campaña naval para ir liberando illa a illa con ataques masivos. Entre 1942-1945, a frota
americana e a súa infantería de mariña librou unha loita titánica e cun custo humano terrible para
desaloxar os xaponeses das súas posesións. A resistencia xaponesa foi heróica, iso explica a
lentitude da operación de vitoria aliada. Os norteamericanos chegaron a considerar unha paz
negociada aínda que non se levou a cabo.
● A campaña de bombardeos aéreos para desmoralizar o inimigo. A capacidade operativa aliada
só empezou a ser decisiva despois da ocupación das illas Marianas e unha vez dispoñible a
superfortaleza voante B-29. Os obxectivos centráronse en cidades e zonas industriais de Xapón.

3.4 O epílogo das bombas atómicas

A resistencia encarnizada e suicida seguía sendo a política oficial do Xapón e contaba co apoio da
poboación. Mentres militares xaponeses combatían ata a extenuación, o Goberno mobilizaba a toda a
poboación para prestar servizo militar nun programa denominado “A Gloriosa Morte de Cen
Millóns”.

A decisión da utilización da bomba atómica foi tomada polo presidente Harry S. Truman. O 6/8/1945
unha bomba de uranio caeu no centro de Hiroshima matando a máis de 100.000 persoas. Vista a
negativa xaponsesa a recoñecer a derrota, tres días despois lanzouse outro ataque a Nagasaki,
matando a 74.000 persoas. O emperador Hirohito anunciou a rendición o 15/8/1945.

4.1 As perdas humanas e reaxustes territoriais

Calcúlase que morreron 70.000.000 de persoas; 20.000 persoas por día de conflito. O maior prezo
humano foi para Alemaña, con entre cinco e sete millóns de soldados mortos. Xapón perdeu dous
millóns de soldados e medio millón de civís. Italia uns 400.000 soldados. A todo iso hai que sumarlle
os 6.000.000 de xudeus asasinados no Holocausto.

- Alemaña: dividiuse en 4 zonas e máis tarde en dous: República Democrática (baixo o mando da
URSS) e República Federal (países capitalistas).
- A URSS recuperou as fronteiras do antigo imperio ruso.
- Xapón volveu aos límites anteriores á súa expansión.
- Austria recuperou a súa independencia no ano 1955.

4.2 Un mundo destruído

Europa, atopábase nunha situación de caos económico e con dificultades para asegurar o
abastecemento da súa poboación. Na parte ocupada polos aliados, EE. UU. reorganizou a economía e
facilitou créditos. A URSS impuxo o modelo socialista na Europa central e oriental.
A II Guerra Mundial resultou beneficiosa economicamente para EE. UU. que non sufriu os efectos
negativos da contenda no seu territorio.

O desexo de superar os conflitos internacionais plasmouse na creación da ONU, cuxo antecedente foi
a Sociedade de Nacións xurdida despois da I Guerra Mundial.

58
Tema 13: A Guerra Fría

1.1 Características da Guerra Fría

A guerra fría foi un conflicto global entre o bloque occidental (EE. UU.) e o bloque oriental (URSS).

● A configuración dun sistema bipolar ríxido cun eixe en cada unha das superpotencias. Un sistema
internacional con dous bloques enfrontados ideolóxicamente, con estruturas diferentes e con sistemas
militares enfrontados.
● O desencadeamento dunha competencia militar que levaba consigo unha carreira de armamentos centrada
nos arsenais nuclares. En 1949 a URSS fabricou a súa primeira bomba atómica acabando co monopolio
de EE. UU. Ambas potencias desenvolveron bombas nucleares máis poderosas que as de Hiroshima.
● A existencia dunha tensión moi acentuada pero sometida a autorregulación pola común vontade de evitar
o enfrontamento directo.
● A presenza da ONU como foro de contacto permanente entre os dous bloques. Unha institución que
serviu como factor amortecedor das tensións e conflitos.

1.2 Etapas da Guerra Fría

A guerra inciou no ano 1945. Os desacordos que foron minando o espírito de colaboración e implantando
un receo mútuo tiveron que ver co futuro de Alemaña, dividida entre catro potencias.
A ruptura consagrouse coa Guerra Civil grega e a tensión ruso-turca nos estreitos en 1947. A guerr
atravesou varias fases:

● Estalido e consolidación (1945-1962): iniciou en 1945 e tivo a súa máxima intensidade na guerra de
Corea.
● Distensión e coexistencia pacífica (1962-1979): caracterizouse pola distensión entre os dous bloques a
pesar dos conflitos localizados. Creouse un novo clima de entendemento e negociación.
● Agravamento da Guerra Fría e caída da URSS (1979-1991): nestes anos houbo unha gran rivalidade
teconolóxica no campo militar. Chegou a súa fin co colapso e disolución da URSS.

2.1 Os primeiros desencontros

O final da guerra deixara a metade oriental de Europa en mans da URSS e a occidental baixo as mans de
EE.UU. e os británicos. EE.UU. e os seu aliados europeos temían que a presenza soviética no leste
significase a instalación de réximes comunistas. Truman tratara de lograr de Stalin, en Yalta e Postdam,
unha promesa de eleccións libres neses países.

As dificultades en Europa acentuáronse como resultado da división de Alemaña. A zona ocidental e a


soviética comezaron a funcionar de xeito autónomo. O desacordo alemán sumábase ás diverxencias
noutros escenarios internacionais:

- Turquía: EE.UU. apoiaba o Goberno fronte aos soviéticos para permitir o paso libre nos estreitos.

59
- Irán: EE.UU. esixiulle á URSS a retirada das forzas militares.
- Grecia: unha guerra civil entre guerrilleros e monárquicos.

2.2 A Guerra Fría faise oficial

En marzo de 1947, Truman oficializou a situación da Guerra Fría. Pouco despois anunciaba a unificación
das zonas de ocupación occidentais en Alemaña coa creación da RFA.
En 1947 constituíuse en Moscova a Kominform como oficina de coordinación de todos os partidos
comunistas e prohibíuselles aos países de Europa Oriental solicitar axuda económica do Plan Marshall.

A tensión trasladouse a Palestina, protectorado británico dende 1920. Dende finais do S. XIX fora destino
de inmigración de xudeus que fuxían das persecucións antisemitas. A ONU decidiu dividir Palestina en
1947 en dous territorios: un árabe e outro xudeu. Os países árabes rexeitaron a medida mentres que a
poboación xudía creaba o Estado de Israel en 1948. Na zona sucedéronse varias guerras e foi foco de
tensión internacional.

A tensión bipolar non deixou de crecer abrindo a vía a un efrontamento xeral en todas as áreas. Os
soviéticos forzaron a caída do goberno checoslovaco e impuxeron un goberno comunista. Stalin ordenou
o peche dos accesos terrestres a Berlín coa pretensión de forzar a retirada aliada das súas zonas de
ocupación. O bloqueo de Berlín foi superado grazas a unha ponte aérea establecida desde as zonas de
ocupación occidentais.

Os partidos comunistas de Europa Occidental gozaban de grande apoio social e electoral. A doutrina
Truman vetou a estes partidos dos gobernos dos seus países. Como resposta á creación da RFA creouse a
RDA, dividindo o país en dous. A tensión seguiu crecendo debido á construcción da primeira bomba
atómica da URSS e ao triunfo da revolución comunista de Mao Zedong en China.

2.3 A guerra de Corea

A tensión acumulada rematou por estalar na guerra de Corea (1950-1953). Cada bloque apoiou ao seu
protexido: a URRS e China a Corea do Norte, e EE.UU. a Corea do Sur. Ambos bandos evitaron que esa
guerra localizada desembocase nun conflito global con armas nucleares.

O conflicto converteuse nunha guerra de posicións estables provocando graves danos aos dous países.
Xerou dous millóns de baixas militares e civís. As dúas partes optaron por buscar unha solución
diplomática no seo da ONU. Finalmente decidiuse dividir o país en torno ao paralelo 38 creando dous
estados distintos. O fin da guerra de Corea coincidiu coa morte de Stalin.

3.1 A resposta estadounidense ao perigo soviético

A vitoria republicana nas eleccións de 1952 levou á presidencia ao xeneral Eisenhower quen continuou
coa política de freo ao comunismo. A elección de J. F. Kennedy en 1960 rompeu ese consenso
interpartidista en política exterior. EE.UU. formulou e sostivo varias liñas de actuación para lograr a
contención co comunismo:

60
● O Plan Marshall: o plan de axuda económica e militar para os países de Europa Occidental, que pretendía
frear o comunismo. EE.UU. saíra da guerra como a primeira potencia económica. Puxéronse á cabeza da
nova orde económica mundial fixada na Conferencia de Bretton Woods (1944) na que se creou o FMI e o
Banco Mundial.
EE.UU. que necesitaba estimular a demanda europea, ofreceu axuda económica aos vencidos e aliados. O
Plan Marshall supuxo a transferencia directa de recursos a dezasete países por un valor superior a 11.000
millóns de dólares da época. Dous terzos da axuda consistiron en materias primas, bens de equipo e
produtos enerxéticos.
● A formación de alianzas militares co fin de crear un cordón en torno ao bloque soviético, foi fundamental.
A OTAN creada en Washington en 1949 e a SEATO en 1954 e o ANZUS ademáis de tratados bilaterais
co Xapón e Taiwán.
● As tensións sociais: un aspecto importante da Guerra Fría é a represión de ideoloxías esquerdistas. Entre
1950-1956 produciuse a “caza de bruxas”, persecución política dos sospeitosos de Actividades
Antiamericanas e simpatías co inimigo comunista.

3.2 EE.UU. e a crise de 1956 no bloque occidental

A crise da Canle de Suez foi o primeiro escenario onde as dúas grandes superpotencias demostraron a súa
intención de iniciar unha fase de distensión. EE.UU. e a URSS deixaron claro que, a partir dese momento
que as potencias europeas xa non tería ningunha influencia nesa rexión. Os problemas xurdiron polo
dominio da Canle de Suez e pola rivalidade árabe-israelí en Palestina.
En Exipto gobernaba un réxime militar nacionalista e prosocialista. En 1956 aproveitando a retirada das
tropas británicas que protexían Suez, Exipto nacionolizou a canle para financiar o custo do seu programa
de modernización.
A resposta chegou por sorpresa cando os exércitos británicos, francés e israelí atacaron a Exipto e as súas
forzas esmagaron á resistencia exipcia. A URSS apoiou a Exipto e ameazou con intervir se non había
unha retirada dos europeos. EE.UU. premeu a Francia e Inglaterra para que retiraran as tropas.

3.3 A resposta soviética ao desafío estadounidense

Os soviéticos acusaban a EE.UU. de ter como obxectivo a dominación universal do capitalismo en todo o
planeta. Moi conscientes da potencia militar e nuclear de EE.UU. a URSS adoptou estas medidas:

● Consolidou a posición política e militar soviética en Europa Oriental co fin de evitar un ataque directo á
URSS. O golpe de Praga e o bloqueo de Berlín, o que tamén estimulou as purgas militares comunistas
non leais á URSS nas democracias populares europeas. A consolidación política veu acompañada dun
proceso de integración económica de Europa Oriental.
● Ante a superioridade militar de EE.UU. aumentáronse os presupostos de investigación militar. O éxito
coroou o esforzo e, en agosto de 1949 ensaiaron a súa primeira bomba atómica. En 1953 conseguen a súa
primeira bomba de hidróxeno.
● En 1955 a URRS promoveu unha alianza militar en Europa Oriental, o Pacto de Varsovia. Completou ese
primeiro escudo con pactos bilaterais en China, Viet Nam do norte e Corea de Norte.

61
A morte de Stalin non alterou esa política a pesar de abrir un difícil período de transición. Jrushchov
apostou por un relaxamento da tensión con EE.UU. que fixese máis doado o cambio político. Un feito
significativo foi o inicio da carreira espacial en 1957 ando a URSS puxo en órbita o Sputnik, o que
arrepiou a occidente polo polo potencial e control militar soviético.

3.4 A URSS e a crise de 1956 no bloque oriental

En 1956 a URSS afrontou unha grave crise. No XX Congreso do PCUS, Jruschov criticou a Stalin por
abuso de poder, abrindo a senda á desestatalización do réxime. Houbo revoltas en Europa Oriental:

● Na Alemaña Oriental, xa tivera lugar unha folga xeral de protesta en 1953, foi reprimida.
● En Polonia, as protestas populares forzaron os dirixentes soviéticos a aceptar unha nova dirección
comunista máis aperturista.
● En Hungría, os disturbios levaron ao poder a novos dirixentes antisoviéticos. O novo goberno esixiu a
retirada das tropas da URSS, prometeu eleccións libres e anunciou a saída do Pacto de Varsovia. O
Kremlin decidiu invadir o país e esmagou a sublevación popular ocasionando tres mil mortos. As
potencias occidentais condearon a invasión pero non fixeron nada para detela.

O control das poboacións orientais tivo a súa expresión máis rechamante na construcción do Muro de
Berlín, que separaba as áreas da cidade baixo administración occidental da soviética.

3.5 A crise cubana de 1962

- A orixe do problema cubano estaba no triunfo da revolución en 1959, dirixida por Fidel Castro, cuxas
principais medidas nacionalizadoras e colectivistas provocaron hostilidade no goberno estadounidense
que fíxolle ao país un embargo económico.

- Castro buscou apoio económico na URSS e dende 1962 comezaron a chegar técnicos soviéticos a Cuba
para instalar bases de misiles de alcance medio. A URSS levaba atraso na construcción de misiles a longo
alcance e esperaba compensalo coa instalación de misiles en chan cubano.

- Avións estadounidenses descubriron as obras e a administración Kennedy respondeu con firmeza


alarmada ante a posibilidade da guerra nuclear. J. F. K. anunciou a imposición dun bloqueo naval a Cuba
para cortar a chegada dos misiles. Advertiu que calquera ameaza de ataque nuclear dende Cuba
significaría un ataque contra a URSS. Moscova cedeu e ordenou regresar aos barcos antes de ser
interceptados. A tensión de Cuba abriu a vía a outra fase nas relacións bipolares.

4.1 O xurdimento de novos actores internacionais

A disposición soviético-estadounidense a reducir a tensión estaba estimulada polo xurdimento dun grupo
de países desconolizados. Na conferencia de Bandurg, bautizáronse como o terceiro mundo e constituirían
o Movemento de Países Non Aliñados. Reuniu representantes de 24 países de Asia e África e os seus
principais representantes foron o presidente indonesio e o primeiro ministro indio. Non foron invitados
nin Israel nin a Unión Sudafricana. Celebrouse nun contexto crítico para Asia e as súas resolucións foron

62
a declaración contra o colonialismo e contrario á Carta das Nacións Unidas que daría orixe ao
Movemento de Países Non Aliñados. A Conferencia de Bandug simboliza a emerxencia dun bloque de
países que trataban de actuar no mundo á marxe de ambas as dúas superpotencias.

● A Iugoslavia de Tito. Iugoslavia estaba baixo a dirección de Tito que tivo un papel importante na Guerra
Fría e a dinámica de bloques. Estivo enfrontado a Stalin e en 1954 iniciou contactos con dirixentes dos
novos grandes Estados. Promoveu a Conferencia de Brioni, onde se trazaron as liñas básicas dos Estados
opostos á Guerra Fría. Na Conferencia de Belgrado constituíuse formalmente o Movemento de Países
Non Aliñados.
● A República Popular China. A ruptura coa URSS supuxo a aparición doutra superpotencia despois de que
China conseguise a bomba atómica en 1964. As diverxencias doutrinais entre ambas potencias comezaron
coa desestalinización. Mao nunca eliminou a Stalin e seguiu admirando ao ditador soviético. China
criticou a doutrina imposta por Jruschov sobre a necesidade da coexistencia pacífica. Estas diferenzas
provocaron a cancelación de axuda soviética a China. O apoio soviético á India no conflito chinés-hindú
exacerbou a tensión entre os países. Os delegados chineses criticaron o revisionismo doutrinal soviético e
romperon a unidade do bloque comunista en 1960. Os comunistas competiron entre si e en 1971 China
entra na ONU con dereito a veto.
● En Francia a política do xeneral De Gaulle puxo en marcha unha estratexia de defensa autónoma coa súa
propia tecnoloxía nuclear que levou ao país a abandonar a estrutura militar da OTAN. Estableceu
relacións directas con China e diplomacia co terceiro mundo.
● A RFA levou a cabo a Ostopolitik, que implicou un achegamento ao bloque socialista con visitas e
tratados asinados con Moscova, Varsovia e Praga.

4.2 A Guerra de Viet Nam

Francia tivera que retirarse de Indochina tras perder a guerra contra os independentistas. Viet Nam quedou
dividida en dous: Viet Nam do Norte, aliada da URSS e dirixida por Ho Chi Minh e Viet Nam do Sur, cun
réxime prooccidental protexido por EE.UU. En 1957 comezou no sur a guerra de guerrilas dun grupo
procomunista, o Vietcong apoiado por Viet Nam do Norte. EE.UU. enviou apoio militar e tras o asasinato
de J.F.K., Lyndon Johnson decidiu aumentar esa axuda.

A guerra convertérase nunh avía sen saída, co débil goberno survietnamita e co Vietcong recibindo apoio
chino e soviético. As manifestacións pacíficas convertéronse nun elemento constante da vida política e
sinal de identidade estadounidense. Ese mesmo movemento xurdiu no mundo occidental.

4.3 As negociacións de limitación das armas nucleares

En 1970 iniciáronse as negociacións entre a URSS e EE.UU. para a reducción e o control de armas
nucleares. En 1972 asinouse un acordo de limitación específica e medios de control recíprocos no
almacenamento de misiles balísticos. O acordo renovouse en 1974 cando se dispuxo que cada
superpotencia non podería acumular máis de 2400 misiles intercontinentais.

63
Outra proba de que Viet Nam non embazou a dinámica de distensión manifestouse na Conferencia de
Seguridade e Cooperación en Helsinki en xaneiro de 1973. Aprobouse unha acta final que condensaba os
principios de coexistencia pacífica e cooperación entre Estados para garantizar a paz e a seguridade.

5.1 Os novos focos de tensión mundial

- A conversión de Ethiopia nun réxime prosocialista.


- A vitoria dos Khemeres vermellos en Cambodia en 1975, que engadía un país comunista máis a Asia.
- O triunfo sandinista en Nicaragua en 1979 ao igual que a guerra civil en El Salvador, a un espazo
estratéxico para a seguridade de EE.UU.

O detonante do enfrontamento foi a situación en Oriente Próximo despois da caída do réxime iraní (aliado
estadounidense). Instaurouse a primeira república islámica antioccidental liderada polo Aiatolá Jomeini.
Este feito radicalizou as posturas iranís. EE.UU. afrontou o desafío islámico radical con sancións
económicas e un bloqueo diplomático. A crise iraní provocou un cambio radical na política exterior
estadounidense, que tivo como protagonista a Ronald Reagan o cal despregou unha poloítica de rivalidade
militar coa URSS co obxectivo de provocar a caída do réxime soviético.

Todas estas políticas demostrábanlle ao mundo e á URSS o potencial económico de EE.UU. e a súa gran
capacidade tecnolóxica. O efecto final foi a vitoria estadounidense na Guerra Fría.

5.2 O inicio do colapso da URSS

Entre 1989-1991 a URSS desintegrouse e salvo China, Cuba e Corea do Norte desapareceu o bloque
comunista no mundo. O resultado foi o desmantelamento do réxime poloítico de partido único e
economía estatal planificada.
O fracaso económico do sistema colectivista era incontestable desde fins dos setenta, con descensos en
todos os indicadores económicos e graves problemas de abastecemento. A gravidade do problema
apreciouse en 1979 cando os soviéticos interviron en Afganistán. A operación foi un fracaso que
provocou unha guerra entre os soviéticos e as guerrillas islamistas apoiadas por EE.UU. Case dez anos
despois despois, a URSS viuse obrigada a retirarse de Afganistán, onde se instalou un Estado Islámico
máis precario dominado polo talibáns.

5.3 A perestoika e a caída do Muro de Berlín

A elección de Mijaíl Gorbachov como dirixente soviético foi resultado da conciencia da gravidade da
crise e unha tentativa de solucionala sen que a estrutura política se resentise. Tras o fracaso das tímidas
reformas, a dirección soviética comprendeu que o mal funcionamento da URSS esixía o fin dunha
economía planificada. Iniciouse un proceso de reforma liderado por Gorbachov.

A política reformista tivo consecuencias nos países do Pacto de Varsovia, que emprenderon a súa senda
de transición cara o capitalismo e a democracia como en Hungría e Checoslovaquia. O 10/11/1989
produciuse a caída do Muro de Berlín e se abriron as portas á reunificación das dúas Alemañas baixo
moldes democráticos e capitalistas.

64
O rápido colapso soviético e as dificultades de transición ocasionaron un último intento de resistencia por
parte dos conservadores da dirección soviética: en agosto de 1991, un golpe de Estado destituíu a
Gorbachov e tratou de frear as reformas. Pero as condenas internacionais provocaron o fracaso do golpe
aos tres días, ese tamén foi o detonante final para a implosión da URSS.

6. As diferenzas entre os dous bloques

Economía: O bloque capitalista baséase nun sistema de propiedade privada dos medios de produción e no
mercado libre, en tanto que o socialismo se fundamenta na propiedade colectiva e no mercado
planificado. Nas economías capitalistas é a libre empresa a que mobiliza, fomenta e asigna os recursos
humanos e materiais segundo a oferta e a demanda. Nas economías socialistas o sistema fundaméntase na
propiedade colectiva e no control e planificación por parte do Estado de toda a actividade económica.

Sociedade: No bloque capitalista hai un sistema de clases sociais diferenciadas que teñen graos diferentes
de importancia e de riqueza segundo as súas propiedades rendas ou salarios (clases altas, medias e
baixas). O bloque socialista oriéntase na anulacióno da diversidade de clases en favor dun igualitarismo
social xeneralizado. O obxectivo era a desaparición das clases e que toda a cidadanía tivese condicións
parecidas. Ese obxectivo non se cumpriu xa que nestas sociedades xurdiron co poder político clases
privilexiadas.

Política: No bloque capitalista, o Estado é garante dos piares da vida económica e social, aínda que non
está exento das presións dos intereses dos oligopolios. No bloque socialista, o Estado é o garante da nova
sociedade revolucionaria baseada na propiedade colectiva, planificación económica e igualitarismo social.

65
66
Tema 14: Asia e África: descolonización e novas potencias

1.1 Factores do camiño cara á independencia

En 1945, os representantes de 50 países asinaron a Carta da ONU. Tras a I Guerra Mundial o presidente
Wilson avogaba polo recoñoecemento do dereito á autodeterminación dos pobos e os movementos
nacionalistas das colonias comezaron a coller forza. Os seus principais dirixentes procedían de élites
locais e educáranse en institucións e universidades europeas.

En 1945, con Europa devastada pola guerra era evidente a debilidade das potencias xa que Francia,
Holanda e Bélxica foran invadidas polos alemáns e Reino Unido estaba esgotado tras a contenda e non
tiña capacidade económica nin militar. Ademáis diso a poboación das colonias non estaba disposta a
esquecer as promesas de liberdade recibidas a cambio da súa axuda.

Os líderes nacionalistas converteron a defensa da súa cultura e identidade en manifestacións


independentistas. A súa ideoloxía foi moi diversa:

- Nos países desenvolvidos de Occidente, a opinión pública comezou a estar a favor da independencia das
colonias e as voces críticas contra o imperialismo denunciaban a existencia de negocios lucrativos en
mans dunha minoría.
- A ONU incorporaba na súa Carta Fundacional o principio de igualdade entre todos os pobos e o
recoñecemento do dereito de autodeterminación. A plasmación destes dereitos chegou en 1960 coa
resolución 1514 que condenaba a explotación e dominación dos pobos.
- A descolonización favoreceu a EE.UU. e á URSS que apoiaron as reivindicacións nacionalistas e
propiciaron a emancipación das colonias.
- Na Conferencia de Bandug sentáronse as bases dunha organización política internacional situada á
marxe dos 2 grandes bloques capitalistas e socialistas, os Países Non Aliñados.

1.2 Inestabilidade política e subdesenvolvemento

Os dous trazos que definen o terceiro mundo foron a súa inestabilidade política e a súa dependencia
económica. O militarismo, trazo común destes países, impediu construír unha Administración e unha
sociedade civil sólida e estable. Poucos lugares libráronse de golpes de estado e guerras civís provocadas
por divisións étnicas internas.

A característica que mellor defina ao terceiro mundo é a súa situación de pobreza, subdesenvolvemento e
dependencia económica. Teñen altas taxas de crecemento demográfico, unha renda per cápita moi baixa e
unha desigualdade social interna extrema. Unha minoría acumula case toda a riqueza, mentres a maioría
vive no límite da subsistencia. O subdesenvolvemento xurdiu cando as economías das colonias quedaron
subordinadas aos intereses das metrópoles. O peso da débeda externa impide calquera posibilidade de
desenvolvemento. Actualmente a fronteira norte-sur indica a separación dos países ricos e os pobres.

67
2.1 India e Pakistán

India era a xoia da coroa inglesa e a administración británica deixáballe autonomía aos gobernos dos
protectorados e principados locais. A maioría da poboación permanecía atada á terra cunha servidume
feudal. Nas cidades destacaba a pequena burguesía cunha boa educación. En 1885 nace o Partido do
Congreso e en 1905 a Liga Musulmá os cales reclamaron a independencia do país. Mahatma Gandhi
criticaba os efectos da industrialización colonial, reclamaba o regreso á cultura hindú e propugnaba a
resistencia pasiva e a desobediencia pacífica das leis inglesas. O movemento estendeuse polo
campesiñado e as clases urbanas. En 1945, Reino Unido concedeu a independencia seguindo o Plan
Mountbatten e en 1947 a colonia quedou dividida en dous estados independentes. Por un lado a Unión
India e por outro Pakistán.

A partición da India provocou numerosos enfrontamentos violentos e unha vaga de millóns de refuxiados
cara un e outro lado da fronteira. Pakistán foi gobernado varias veces por ditaduras militares mentres que
India mantivo un sistema democrático dominado pola familia Nehru.

2.2 O sueste asiático

● Posesións británicas: en 1948 independizouse Birmania. Ese mesmo ano créase o Estado de Ceilán que
pasou a ser Sri Lanka. Malaysia independizouse en 1957 e Singapore en 1965.
● Indochina: a Liga Comunista do Viet Minh dirixida por Ho Chi Minh proclamou a República democrática
de Viet Nam. Francia comezou unha longa guerra ata 1954 cando foron derrotados. Na Conferencia de
Xenebra acordouse a creación de tres estados: Laos, Cambodia e Viet Nam. O país vietnamita quedou
dividido en dúas zonas; o norte dirixido por Ho Chi Minh e o sur apoiado por EE.UU. Foi un longo
conflito que rematou coa vitoria norvietnamita e a creación da República Socialista de Viet Nam.
● Indonesia: o final da guerra foi aproveitado polo Partido Nacionalista de Sukarno para declarar a
independencia. O fracaso militar dos holandeses e a presión internacional permitiron a independencia.

3.1 A revolución chinesa

En 1912 a revolución derrocou ao emperador e China converteuse nunha República. Nos anos trinta a
ditadura de Chiang Kai-Shek encontrou a oposición do Partido Comunista Chinés liderado por Mao
Zedong. Os partidarios de Mao emprenderon unha estratexia polo país, a Longa Marcha.
En 1945 estalou unha guerra civil que durou ata 1949 co triunfo de Mao e a proclamación da República
Popular China.

O programa da ditadura comunista baseado na colectivización agraria e nacionalización da industria,


produciu unha transformación do país. Mao puxo en marcha o “Gran Salto Adiante”, unha mobilización
xeral de toda a poboación que pretendía aumentar a produción agrícola mediante comunas de campesiños.
O resultado non foi o esperado e durante uns anos o país tivo taxas negativas de crecemento económico.

Nos anos sesenta, China rompeu relacións coa URSS e Mao comezou a Revolución Cultural. Unha
campaña de mobilicación popular contra o inmobilismo dos políticos e dos funcionarios e os excesos da
burocracia que rematou con millóns de mortes. Os negativosresultados provocaron un xiro político e

68
Zhou Enlai, forzou unha apertura ao exterior establecendo relacións diplomáticas con pañises occidentais,
ingresando no Consello de Seguridade da ONU ou obtendo o recoñecemento diplomático de EE.UU.

A morte de Mao (1976) abriu unha nova etapa en China. Subiu ao poder Deng Xiaoping que puxo fin ao
radicalismo vivido e emprendeu reformas para modernizar a agricultura, industria, ciencia e exército.
Creou un sistema mixto que mantiña unha estrutura socialista pero adaptando ao país unha economía de
mercado.

3.2 A expansión económica de Xapón

Xapón era un lugar illado, cunha cultura ancestral sometido a un réxime feudal. A revolución Meixi
modernizou o país e converteuno na primeira potencia asiática. A súa política imperialista e belicista
levouno ata a Segunda Guerra Mundial. A derrota contra EE.UU. supuxo a ocupación do seu territorio
pero o inicio da guerra de Corea cambiou a política estadounidense. Comezou a chegar axuda a Xapón
para aseguralo no bloque capitalista. Recuperou o nivel de desenvolvemento económico que tiña antes da
guerra e converteuse na terceira potencia económica grazas a:

- Existencia de man de obra abundante e cualificada.


- Investimento estatal en desenvolvemento científico e innovación.
- Construcción de grandes concentracións industriais tecnolóxicas.
- Grande impulso das exportacións.
- Pervivencia no mundo laboral dos valores tradicionais do aforro, discilpina e respecto á xerarquía.
- Non investimento en gastos militares para desviar o presuposto a gastos sociais e de innovación.

4.1 Os nacionalismos africanos

Ao rematar a II Guerra Mundial, Exipto, Liberia e Ethiopia gozaban da súa independencia. Exipto
conseguira a súa independencia en 1922, Liberia a mediados do S. XIX e Ethiopia recuperou a súa
independencia na Seguna Guerra Mundial.

O procesos de descolonización comezou a finais da década dos 50 e en apenas dez anos configuráronse os
novos estados africanos. A vaga descolonizadora estaba relacionada coa existencia dunha nova élite
africana, educada nas universidades europeas e que coñecía o ideario de democracia, liberdade e
emancipación. Xurdiron moitos partidos e organizacións nacionalistas, capaces de mobilizar á poboación.
Así naceu o panafricanismo que promovía a solidaridade e unión entre os pobos africanos. O proxecto
utópico non pasou da cabeza dalgúns intelectuais e políticos, pero impulsou o desenvolvemento dos
movementos de liberación e axudou a estender a conciencia nacional entre a poboación.

4.2 A África negra británica

O primeiro país en independizarse foi Ghana que foi seguido de Nixeria, Serra Leoa, Tanganyica,
Uganda, Malawi, Zambia e Kenya.
Neste último houbo un enfrontamento violento entre independentistas e colonos británicos. Os maiores
conflitos tiveron lugar nas colonias da África austral, Unión Sudafricana e Rodhesia, que proclamaron a

69
súa independencia de xeito unilateral poñendo en marcha unha política de segregación racial cara á
poboación negra.

● Sudáfrica. A longa loita dos negros continuou coa liberación de Nelson Mandela, o que significou o fin
do apartheid e o comezo dun estado democrático.
● Rhodesia. O réxime mantívose ata 1980 cando a maioría negra logrou o poder e creou Zimbabwe.

4.3 O final do imperio francés, belga e as últimas colonias.

● Francia: a emancipación das colonias francesas comezou en 1956 cunha lei de autonomía e a celebración
dun referendo. Nun primeiro momento, a maioría dos territorios decidiron permanecer na Comunidade
Francesa pero en 1960 todas as colonias subsaharianas independizáronse. A historia destes países está
marcada pola inestabilidade política, golpes de Estado e conflitos civís.
● Bélxica: a administración belga non seguiu o exemplo de franceses e británicos pero en 1960 viuse
obrigada a conceder a independencia do Congo. Os enfrontamentos étnicos e os intereses creados pola
riqueza do subsolo provocaron unha guerra civil que culminou cunha ditadura militar.
● As últimas colonias: en 1960 a Somalia italiana independizouse e en 1968 Guinea Ecuatorial faría o
propio con España. As únicas colonias que quedaban eran as de Portugal. A metrópole estivo moito
tempo en guerra coas guerrillas de Mozambique ata que en 1974 coa Revolución dos Caraveis iniciouse o
proceso de emancipación colonial.

5.1 A descolonización do Magreb

● Libia: emancipouse en 1951 como resultado do acordo dos vencedores da Segunda Guerra Mundial.
● Marrocos e Tunisia. Os nacionalistas loitaron contra os franceses e despois de varios anos Francia
concedeulles a independencia. España que controlaba a zona norte de Marrocos cedeu tamén os seus
territorios.
● Sidi Ifni. España quedou co Sahara español e a zona de Sidi Ifni que pasou a ser marroquí.
● Alxeria. Era unha colonia moi vinculada á metrópole cun millón de colonos europeos. As mobilizacións
nacionalistas foron reprimidas e anos máis tarde a Fronte de Liberación Nacional disputou unha longa
guerra cos franceses que ocasionou medio millón de mortos e atentados terroristas brutais. Na metrópole a
guerra causou unha crise política interna onde un grupo de xenerais creou un exército paralelo que
cometeu actos violentos e intentou derrocar ao presidente da República. O xeneral De Gaulle, disolveu a
OAS e concedeu a independencia de Alxeria en 1962.

5.2 Oriente Próximo e Oriente Medio

● Exipto: era un reino independente pero os seus gobernos estaban controlados por Reino Unido. En 1952
unha revolución dirixida por militares derrocou ao rei e proclamou unha república. O primeiro presidente
converteuse nun líder do mundo árabe. Baixo o seu goberno constituíuse un réxime socialista que realizou
reformas agrarias e sociais e obras públicas. Tamén nacionalizou a canle de Suez o que ocasionou un
grave conflito internacional con Israel, Francia e Reino Unido.
● Sirya era independente dese 1941 e dominado por socialistas. Un golpe de Estado en 1963 achegouno á
órbita da URSS.

70
● A península arábica (Arabia Saudita e Emiratos Árabes): son réximes teocráticos gobernados de acordo
coa lei islámica con reservas petrolíferas e vinculados ao mundo occidental.

● Irán e Iraq: en Irán reinaba Reza Pahlevi cunha ditadura militar apoiada por EE.UU. e Reino Unido que
controlaban a explotación do petróleo. En 1979 produciuse unha revolución e creouse unha República
Islámica de Irán dirixida polo Aiatolá Jomeini.
En 1980 comezou a guerra entre Iraq e Iráne rematou en 1988 pero non foi o final das tensións e
hostilidades nunha zona estratéxica que se converteu nun escenario moi conflitivo con outras dúas
guerras: guerra do Golfo e a de Iraq.
● Afganistán converteuse nun foco de tensión con varios conflitos sucesivos, como a guerra civil, a ditadura
talibán e a intervención armada internacional tras os atentados do 11-S.

5.3 O conflito árabe-israelí

A proclamación do Estado de Israel en 1948 foi o inicio dun conflito que segue aberto a día de hoxe.

● Primeira guerra árabe-israelí: comezou coa proclamación do Estado de Israel e permitiulle ampliar o seu
territorio e lograr acceso a Xerusalén. Os países árabes defendían a creación dun Estado Palestino nos
territorios ocupados por Israel, pero finalmente non se levou a cabo.

● En 1956 os israelís conquistaron a península do Sinaí e logo retiráronse debido ás presión internacionais.

● En 1967 tivo lugar a guerra dos Seis Días. O exército de Israel derrotou rápidamente ás tropas exipcias,
sirias e xordanas, e ocupou as franxas de seguridade.

● En 1973 na guerra do Yom Kippur, a superioridade militar israelí freou o ataque de Exipto e Syria.

As guerras non solucionaron o problema e o camiño da diplomacia deu os seus froitos cando Exipto
recoñeceu o Estado de Israel. O prblema palestino quedou sen resolver e dende 1964 a Organización para
a Liberación de Palestina (OLP) converteuse na voz do pobo palestino recoñecida pola ONU.
En 1982 Israel invadiu o sur do Líbano e en 1987 xurdiu a Intifada, unha revolta na rúa dos mozos
palestinos contra a ocupación israelí. Continuaron as tensións ata que a Conferencia de Madrid (1991)
abriu a vía da diplomacia. A OLP recoñeceu o Estado de Israel pero os conflitos segue aberto a día de
hoxe.

71
72
Tema 15: América Latina: S. XX-XXI

1.1 A explosión demográfica

Nos anos cincuenta, o crecemento da poboación foi espectacular; a mortalidade infantil descendeu e a
taxa de natalidade mantívose. Un factor destacable é o crecemento das cidades pero ese crecemento non
se fixo planificado e as cidades actuaron como focos de atracción para miles de campesiños, que
ocuparon a periferia en barrios que carecen das mínimas condicións de salubridade (favelas).

A emigración aos países ricos é un dos trazos demográficos característicos. Por esta razón, o número de
latinoamericanos residentes en EE.UU. ou España é moi elevado.

1.2 A América campesiña

No campo mantívose a estrutura da gran propiedade, a pesar dos intentos de reforma agraria. A sociedade
estaba formada por terratentes, donos da propiedade da terra; pequenos propietarios, que cultivan
explotacións pouco rendibles, e xornaleiros. O sistema de monocultivo extensivo é o máis frecuente.
Os campesiños máis pobres son os indios. Moitos deles falan as súas propias linguas e moitos son
analfabetos. Están excluídos da vida política e son obxecto de opresión. A situación de opresión provocou
rebelións como a revolta do Exército Zapatista de Liberación Nacional, en 1994.

1.3 A desigualdade social

Os grupos sociais están formados por un reducido sector pertencente á gran burguesía, unha débil e
minoritaria clase media, un sector urbano de traballadores, grandes masas de campesiños e os pobres. A
desigual repartición da riqueza orixina problemas sociais e é fermento de movementos revolucionarios.
Nos últimos 15 anos producíronse grandes cambios nalgúns países que iniciaron unha vía de progreso
social e desenvolvemento económico.

2.1 A dependencia económica

A economía dunha gran parte destes países dirixiu historicamente os seus esforzos a explotar os seus
recursos naturais. Esta tendencia estendeuse á agricultura e grandes compañías estranxeiras explotaban
eses recursos. Un gran número de produtos estaban destinados aos mercados internacionais e
transformábanse nos países industrializados. Outra característica é a especialización na extracción ou o
cultivo dun ou varios produtos. Ao depender os prezos dos mercados internacionais cando estes baixaban
os países latinoamericanos entraban en quebra.

2.2 A época do crecemento

A Gran Depresión supuxo unha desfeita para as economías latinoamericanas. A caída dos prezos afectou
aos produtos que se exportaban e algúns gobernos decidiron crear unha industria nacional de

73
transformación que permitise producir bens de consumo. Entre 1945 e 1973, as economías dalgúns países
tivero un ritmo de crecemento económico positivo.

A caída dos prezos agrícolas provocou a ruina de miles de campesiños que emigraron ás cidades. Esta
oferta de man de obra barata prpiciou a entrada masiva de capital estadounidense e o inicio dunha tímida
industrialización.

2.3 O problema da débeda externa nos oitenta

Os países latinoamricanos solicitaron aos países ricos grandes préstamos. Os xuros financeiros pagábanse
mediante a exportación de materias primas. O prezo destes produtos baixou nos mercados internacionais e
reducíronse os ingresos. A dependencia adquiriu un marcado carácter financeiro máis determinante que as
dependencias anteriores. Case toda a riqueza investíase en pagar a débeda exterior aos bancos e
organismos financeiros internacionais.

Os xuros da débeda foron crecendo e afogaron as posibilidades de conseguir novos créditos. De feito, os
países latinoamericanos empregaron en torno ao 10% do PIB para pagar os intereses dos créditos cedidos.
Iso supuxo un atraso considerable no desenvolvemento económico.

3.1 A primeira metade do S. XX: época de caudillos e ditadores

Formouse en case todas as nacións unha oligarquía crioula e mestiza que concentrou o poder e as
riquezas. O Exército tivo un protagonismo especial xa que a súa intervención na vida política foi
constante. Na maioría das ocasións, os militares gobernaron ditatorialmente.
Os ditadores adoitaban ser militares de alta graduación. Algúns foron famosos pola dura represión política
e outros pola estabilidade e o seu programa de reformas como é o caso de Pinochet en Chile.

3.2 Os sesenta e setenta: golpes militares contrarrevolucionarios

Dende os anos sesenta, os movementos revolucionarios estendéronse polo influxo da revolución cubana.
Cuba representaba o triunfo da revolución socialista, a liberdade fronte a EE.UU. e un intento de reforma
agraria.

En moitos países organizáronse movementos revolucionarios, que se lanzaron á loita armada, levando a
cabo unha guerra de guerrillas. Os investidores estranxeiros vían con prevención o proceso
revolucionario, que facía perigar os seus intereses económicos. A década dos setenta destaca pola
sucesión de golpes de Estado apoiados xeralmente por EE.UU.

- En Chile gañou as eleccións de 1970 unha coalición de partidos esquerdistas, sendo elixido presidente
Salvador Allende. Tras un sanguento golpe de Estado, o exército derrocou ao presidente e chegou ao
poder Augusto Pinochet en 1973 gobernando ditatorialmente ata 1990 coa aplicación de políticas
neoliberais.

74
3.3 Fin do S. XX: dominio de EE.UU.

As xuntas militares deron paso a transicións democráticas e en América central, varias revolucións
remataron co goberno dos ditadores. O cambio político estaba motivado polas novas condicións
económicas e pola influencia de EE.UU. Os investidores estranxeiros preferían investir en países con
estabilidade democrática. A maioría dos novos gobernos democráticos aplicaron políticas neoliberais.

A volta á democracia non rematou cos problemas sociais e políticos e xurdiron de novo movementos
revolucionarios partidarios da loita armada, movidos pola desigualdade social e a miseria da poboación
que se acrecentou coas políticas neoliberais.

4.1 Crecemento económico a partir de 2003

Dende 2003 a taxa de crecemento latinoamericano superou o 5% anual, cuns baixos niveis de inflación.
Destaca a progresiva actividade exportadora de materias primas debido a unha gran demanda asiática. Na
última década produciuse unha maior distribución da riqueza con políticas de redución da taxa de paro,
aumento dos salarios, melloras nos servizos sociais e cambios na educación. En xeral dende 2002 a
pobreza reduciuse pero aínda hai millóns de persoas que viven na máis absoluta miseria.

4.2 Gobernos nacionalistas e de esquerdas

● Arxentina, Uruguay e Chile: elixiron gobernantes que optaron por aproveitar o crecemento para facer
poolíticas de distribución da riqueza.
● Brasil: viviu un período de profunda transformación cun importante crecemento económico, unha política
de distribución da riqueza, un impulso das obras públicas e melloras en educación e sanidade.
● Ecuador: consolidouse no poder a Alianza País dirixido por Rafael Correa. A súa política denominada
“revolución cidadá Avanza” fixo que o país crecera nos últimos anos potenciando o sector eléctrico, a
extracción de hidrocarburos e a minería.
● Colombia e Perú: outros exemplos de transformación nos que se está a producir unha gran modernización
do país e un crecemento económico.
● Venezuela: dende 1998 goberna un partido de esquerda, simpatizante da Revolución Cubana dirixido por
Hugo Chávez que gorbernou ata 2013 cando sucedeuno Nicolás Maduro.

5.1 México: a loita pola terra

● A ditadura de Porfirio Díaz: baixo a súa ditadura, México tivo unha gran expansión económica. Impulsou
as obras públicas e a inndustrialización pero agravou os problemas endémicos. Ampliáronse as
propiedades coa anexión de zonas comunais. Esta situación estivo no trasfondo dos levantamentos
populares que deron apoio á Revolución Zapatista.
● Francisco Madero: produciuse un golpe de Estado que derrocou á ditadura de Porfirio Díaz e o novo
presidente, Francisco Madero, comprometeuse a devolverlles as terras aos indíxenas, pero esta devolución
non se fixo efectiva e Madero foi asasinado en 1913. Emiliano Zapata e Pancho Villa protagonizaron o
levantamento para derrocar ao novo goberno antirrevolucionario, o cal desembocou nunha guerra civil
1913-1917 que finalizou coa vitoria dos zapatistas.

75
● A Revolución Mexicana: este movemento considerou un proceso de reconstrucción do país coa
secularización do Estado, a extensión do ensino obrigatorio, a creación da asistencia social, o
recoñecemento dos dereitos dos traballadores e a nacionalización de empresas.
Tras a revolución fundouse o Partido Nacional Revolucionario que pasou a ser Partido Revolucionario
Institucional (PRI) que gobernou no S. XX.
● Lázaro Cárdenas: impulsou as medidas revolucionarias radicalizando a reforma agraria, nacionalizando os
ferrocarrís e o petróleo e elaborou un proxecto de extensión da educación gratuíta.
● Vicente Fox: en xullo do ano 2000 unha coalición de partidos derrorou ao PRI levando á presidencia a
Vicente Fox.
● Felipe Calderón Hinojosa: pertencente ao Partido de Acción Nacional que accedeu ao poder en 2006. O
seu goberno caracterizouse pola loita contra o narcotráfico.
● Enrique Peña Nieto: en 2012 o PRI venceu nos comicios electorais. Asinou o Pacto por México e seguiu
loitando contra o narcotráfico e a corrupción. O aumento da violencia erosionou a súa figura como
presidente.

5.2 A Arxentina peronista

Arxentina era un dos países máis desenvolvidos de América Latina. Bos Aires converteuse nunha das
metrópoles máis importantes do continente. Foi o período de Hipólito Irigoyen. Pero a economía
arxentina viuse afectada pola Gran Depresión de 1929.

● Juan Domingo Perón: en 1943 produciuse un golpe militar e Juan Domingo Perón foi nomeado ministro
de traballo e realizou importantes reformas en favor dos obreiros. En 1946 foi nomeado presidente da
República e tres anos despois modificou a constitución e instaurou un réxime democrático. Realizou
reformas populistas e impulsou a nacionalización de bancos e industrias. En 1955 un golpe de Estado
derrocouno e exiliouse a España.
● Restauración da democracia: en 1973 venceu o Partido Xudicialista (peronista). Perón volveu do exilio e
tivo un célebre recibimento. Á súa morte sucedeuno a súa muller Isabel Perón.
● Goberno de xuntas militares: Arxentina estivo gobernada por xuntas militares con actuacións represivas
cos demócratas. A guerra das Malvinas foi un intento de estimular o espírito nacionalista dos arxentinos.
● Consolidación do Estado Democrático: consolidouse o Estado Democrático, gobernado polo Partido
Xudicialista. Tras un goberno socialdemócrata sucedéronse varios presidentes peronistas. Carlos Menen,
realizou unha política neoliberal con privatizacións que levou ao país á quebra nos 2000.

5.3 A Revolución Cubana

● República democrática: durante a primeira metade do S. XX, Cuba foi unha república democrática
gobernada autoritariamente e case todos os presidentes estaban colocados polos militares.
● Fulgencio Batista: levou a cabo un golpe de Estado tras perder as eleccións. Exerceu o poder cunha dura
represión e converteuse no gardián dos intereses estadounidenses.
● A revolución: en 1953 produciuse o primeiro movemento armado contra o réxime. Fidel e Raúl Castro
foron encarcelados e exiliados en México. Fidel Castro e os revolucionarios desembarcaron en Cuba e
crearon un grupo armado revolucionario. O movemento de rebelión creceu e vivíronse anos de guerra
civil. Triunfou Castro en 1959 comezando unha nova etapa na historia de Cuba.

76
● Fidel Castro: nacionalizou as compañías de electricidade e teléfono, promulgou unha lei de reforma
agraria que provocou enfrontamentos con EE.UU., nacionalizou a produción de azucre e do petróleo e
rompeu relacións con EE.UU. En 1963 Cuba proclámase como primeira república socialista de América
Latina. Castro gobernou de forma ditatorial ata 2008.
● Raúl Castro: co seu mandato iniciáronse pequenas reformas para liberalizar a economía e unha tímida
tolerancia cos opositores.

77
78
Tema 16: Da CEE á Unión Europea

1.1 As raíces do europeísmo

- Os precursores da idea dunha unidade europea apareceron ao principio da Idade Moderna, Luis Vives ou
Erasmo de Rotterdam. Posteriormente apareceron escritores que defenderon a existencia dunha
conciencia europea relacionada co desexo da paz e do equilibrio. No S. XVIII os ilustrados postularon a
necesidade dunha Europa unida, pero no S. XIX impúxose a competencia entre os estados nacionais. A
comezos do S. XX, as grandes potencias precipitáronse na carreira armamentística que rematou na Gran
Guerra. Máis tarde celebrouse un congreso da Unión Panaeuropea pero a crise de 1929 e o ascenso das
ideoloxías totalitarias crearon outro escenario diferente.

1.2 Os primeiros pasos cara á integración

- Despois da II Guerra Mundial, Europa quedou dividida en dous bloques separados polo Telón de Aceiro.
En 1946, Winston Churchill, pedía a edificación duns Estados Unidos de Europa. Era unha aspiración
compartida por moitos, que necesitaba empezar a dar pasos concretos. En 1948 entrou en funcionamento
a unión aduaneira do Benelux (Bélxica, Holanda e Luxemburgo). Púxose en marcha a Organización
Europea para a Cooperación Económica e tivo lugar o Congreso da Haia. En 1949, dez países acordaron a
constitución do Consello de Europa. Ao ano seguinte asinouse o Convenio Europeo para a Protección dos
Dereitos Humanos. En 1951 coa sinatura do Tratado de París nacía a Comunidade Europea do Carbón e
do Aceiro (CECA).

2.1 O Tratado de Roma

O proceso de construcción europea non estivo libre de obstáculos e problemas. O proxecto de creación
dunha Comunidade Europea de Defensa quedou en vía morta despois do rexeitamento francés. En 1955,
os ministros de exteriores iniciaron as negociacións que culminaron cun acordo de mínimos que prevía a
formación dun mercado común e unha comunidade para a enerxía atómica.

En marzo de 1957, os seis países integrantes da CECA asinaron en Roma o tratado da CEE e o Tratado da
Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM). O obxectivo era a creación dun mercado común
sen barreiras aduaneiras. A CEE estableceu:

- En Bruxelas a sede dunha Comisión Europea, que seguía as directrices dos presidentes de Goberno e
ministros.
- En Luxemburgo, o Tribunal de Xustiza.
- Strasbourg, lugar designado para as sesións da Asemblea Parlamentaria.

2.2 A primeira ampliación da CEE

Na década dos 60 Europa tivo un gran crecemento económico. En 1962 púxose en marcha a Política
Agraria Común (PAC), o control comunitario da produción, os prezos e as subvencións agrícolas.

79
En 1960, Reino Unido promoveu a creación da Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA), cun
alcance moi limitado. A EFTA fracasou e obrigou aos británicos a solicitar o acceso á CEE; unha
adhesión difícil xa que Londres mantiña relacións especiais con EE.UU. e a Commonwealth. Charles de
Gaulle vetou a entrada dos británicos na CEE en dúas ocasións, 1963 e 1967, pero finalmente Reino
Unido pasou a ser membro en 1973.

A crise do petróleo de 1973 afectou gravemente aos países europeos. O proxecto comunitario da CEE
permaneceu estancado ata 1979. Ese ano puxéronse en marcha novas iniciativas, como o sistema
monetario europeo (SME) ou a creación dunha moeda de conta, que pretendía lograr estabilidade
monetaria. Realizáronse as primeiras eleccións europeas.

2.3 A Europa dos Doce

Entre 1974-1975, desaparecen as ditaduras dos países mediterráneos, isto permitiu a apertura comunitaria
cara ao sur. O establecemento de réximes democráticos era unha das condicións para ingresar na CEE:

- Grecia adheriuse en 1981.


- España e Portugal en 1986. Ese mesmo ano a Europa dos Doce aprobou a Acta Única Europea.

O proxecto dun mercado común europeo facíase realidade, e tamén a libre circulación das persoas en
1990, na Convención de Schengen. Suprimíanse as fronteiras internas entre os países e creábase unha
única fronteira exterior onde os controis de entrada fosen idénticos. O espazo Schengen foise ampliando a
novos socios da UE e mesmo a países extracomunitarios.

3.1 O Tratado de Mastrich

En febreiro de 1992, o Consello Europeo acordou que a CEE pasase a denominarse Unión Europea. Os
asinantes do acordo querían facer constar o seu compromiso de ir máis alá dun mercado común para crear
unha entidade xurídica independente de carácter político e social.

● Creación dunha Unidade Económica e Monetaria cuns criterios de converxencia moi ríxidos, posibilitaría
unha moeda única. Eses criterios implicaban que o déficit e a débeda non suerasen o 3% e o 60%
respectivamente, e fixaban os tipos de xuros e inflación.
● A dotación dun Fondo de Cohesión que axudase económicamente ás rexións cunha renda per cápita
inferior á media comunitaria.
● A UE reforzaba os poderes do Parlamento, creaba unha Política Exterior e de Seguridade Común e
ampliaba as competencias de Xustiza e Interior coa creación da Europol e o impulso da cooperación
policial e xudicial.

O proceso de ratificación do Tratado de Mastrich mostrou os límites do proceso de integración política.

80
3.2 A Europa dos Quince

- Noruega e Suíza rexeitaron o convite á adhesión á UE.


- Suecia, Finlandia e Austria aceptáronno. Eran países occidentais con sistemas políticos estables e un
nivel de vida moi alto. O 1/1/1995 pasaron a formar parte da UE que xa tiña 15 membros.

3.3 O Tratado de Amsterdam

As perspectivas dunha futura ampliación da UE facía necesaria unha reforma das institucións
comunitarias. Ese foi o obxectivo do Tratado de Amsterdam en 1997. Acordouse a ampliación das
competencias do Parlamento Europeo e a creación do Alto Representante da Política Exterior e de
Seguridade Común.

O tratado incluía o compromiso de desenvolver unha política común para fomentar o emprego e
disposicións relacionadas coa protección do medio, respecto aos dereitos sociais e a libre circulación,
recollendo o contido do Acordo de Schengen.

4. Principais institucións da UE

● O Consello Europeo: é o máximo órgano político da UE. Está foramdo polos xefes de Estado ou de
Goberno e polo presidente da Comisión Europea. A presidencia rota cada dous anos e medio con
posibilidade de renovar unha vez. As funcións do presidente son: presidir os cumios da UE (soe haber 4
por ano) e fixar o rumbo e as prioridades políticas xerais.
● O Consello de UE: representa os estados membros. Está integrado por un ministro de cada país e a
presidencia é rotatoria cada 6 meses. As funcións son: aprobar a lexislación e o presuposto, coordinar as
políticas económicas, asinar acordos, desenvolver políticas de exterior e de defensa… As decisións
adóptanse por maioría cualificada e cada país, dependendo da súa poboación, ten un número determinado
de votos.
● A Comisión Europea: fórmana un presidente e comisarios durante cinco anos, hai un comisario por
Estado membro. As funcións son: propoñer as leis, asegurar o cumprimento da lexislación e dos tratados
europeos e xestionar o presuposto. O presidente atribúelle a cada comisario competencias en ámbitos de
actuación específicos.
● O Parlamento: formado polos parlamentarios, elixidos por sufraxio universal cada cinco anos e que se
sentan no hemiciclo por grupos ideolóxicos e non por países. Son un total de 750 máis o presidente. Cada
estado ten un número proporcional á súa poboación, sendo un mínimo de 6 e un máximo de 96. As
funcións son: debater e aprobar a lexislación da UE, someter a control outras institucións, debater e
adoptar o presuposto da UE… Todo coa axuda do Consello Europeo.
● O Tribunal de Xustiza: formado por un xuíz de cada país, designado cada 6 anos. O tribunal garante que a
lexislación da UE se interpreta e aplica e resolve as desputas relativas ás leis comunitarias.
● O Tribunal de Contas: integrado por un representante de cada Estado, nomeado cada 6 anos. Comproba
que a UE inviste o seu diñeiro de acordo cos seus presupostos. O seu papel consiste en mellorar a xestión
financeira da UE e informar sobre o uso dado aos fondos públicos.

81

You might also like