You are on page 1of 113

UNIDADE 3.

Á ÉPOCA DO
IMPERIALISMO
A época do imperialismo
1. O imperialismo e as súas causas
2. Conquista, organización e explotación das colonias

3. A repartición do mundo

4. As consecuencias da colonización

5. A fin dos imperios coloniais

6. Descolonización. Terceiro mundo

7. As causas da Primeira Guerra Mundial

8. A Gran Guerra

9. A organización da paz
Introdución
• Durante o derradeiro terzo do século XIX e os primeiros anos
do XX, os países industrializados do mundo viviron unha etapa
de prosperidade económica.

• As grandes potencias espalláronse e constituíron enormes


imperios coloniais.

• Na primeira década do século XX, as rivalidades económicas,


coloniais e nacionais entre os países europeos afloraron.

• Iniciouse unha escalada de tensións e de armamento que


desembocou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
Eixe cronolóxico
1. O imperialismo e as súas causas

1.1. A Europa dominante

1.2. As causas do colonialismo


1.1. A Europa dominante

• No derradeiro terzo do século XIX, a Segunda Revolución


Industrial transformou a economía das principais potencias
europeas.

• As innovacións técnicas, as novas formas de organización do


traballo e o crecemento da banca permitiron un aumento da
produción e do comercio e unha mellora dos transportes.

• Europa lanzouse ao dominio do mundo, aproveitando a súa


superioridade técnica, financeira e militar.

• Os países máis avanzados ocuparon territorios en África e


Asia, principalmente, e crearon imperios coloniais.
1. As causas do colonialismo
• Económico: os países de Europa necesitaban vender o excedente
da súa produción. Debían mercar materias primas e fontes de enerxía
máis baratas.

• Demográfico: exceso de poboación europea o que provocou


dificultades para atopar traballo e tensións sociais. O colonialismo
válvula de escape.

• Político: as fronteiras de Europa estabilizáranse a finais do século


XIX e a expansión territorial debía facerse sobre rexións
extraeuropeas.

• Ideolóxico: O nacionalismo conservador defendía a superioridade


dalgunhas nacións e o dereito destas a impoñérense sobre outros
pobos. Misión civilizadora. Algúns intelectuais, sindicalistas e
políticos, sobre todo socialistas denunciaron a situación brutal e
inhumana do colonialismo.
Migracións europeas a finais do século XIX
O peso de Europa en 1914

Habitantes (1800) 140 millóns


Habitantes (1914) 460 millóns
Exportacións 60%
Produción industrial 52%
Aceiro 49%
Carbón 48%
Trigo 51%
Ferrocarril 15%
Flota mercante 79%
Premios nobel 93%
Capitais 88%
Poboación 27%
2. Conquista, organización e explotación
das colonias

2.1. Exploración e conquista

2.2. A organización colonial


2. Exploración e conquista
• Na segunda metade do século XIX, a busca dos europeos de
territorios onde expandirse propiciou unha serie de viaxes
científicas e exploracións xeográficas.

• Británicos e franceses realizaron as primeiras expedicións.


Percorreron e cartografaron África central.

• 96% de África, 56% de Asia e 99% de Oceanía. A isto hai que


unirlle un colonialismo informal en América Central e do Sur.

• Unha vez coñecido o territorio, a conquista foi rápida e doada.

• A superioridade militar e técnica europea era tan grande que


a resistencia indíxena resultou bastante débil.

• Os europeos utilizaron as rivalidades internas entre as tribos e


etnias dos territorios ocupados para enfrontalas entre si.
1869. Apertura da canle de Suez
3. Xustificación
• Misión civilizadora dos países
europeos.

• Superioridade da raza branca.

• Necesidade de novos espazos onde


asentar o excedente de poboación
branca.
4. Tipos de colonias
• A colonia era organizada para ser controlada e administrada pola
metrópole. Podemos distinguir tres clases de colonias:

• Colonias de explotación. Nelas a metrópole dedicouse á


explotación económica. Non tiñan goberno propio e os
europeos exercían nelas unha política de ocupación.

• Colonias de poboamento. Eran colonias que recibían poboación


branca que emigraba para establecerse de forma permanente.
(Exemplo: Canadá, Australia, Nova Zelandia, África do Sur).

• Protectorados. Eran territorios que, tras a ocupación europea,


mantiveron a organización estatal, o goberno indíxena e un
aparato administrativo propio. (Exemplo: Marrocos, Exipto)
4. Tipos de
colonias
5. % de espazos colonizados
• 1800: 35%.

• 1878: 67%.

• 1914: 84,4%

• África: 96%

• Asia: 56%

• Oceanía: 99%
3. A repartición do mundo
3.1. A “repartición de África”

3.2. A ocupación de Asia

3.3. O Imperio británico

3.4. O Imperio francés e outros imperios

3.5. Estados Unidos e Xapón


3.1. A “repartición de África”
• A partir de 1870 iniciouse a colonización de África. Foi a máis rápida e
brutal e significou o dominio total do continente.

• Británicos e franceses tiveron vantaxe porque posuían bases en África


dende o século XVIII (tamén Portugal, dende moitos séculos atrás, estaba
nesta situación).

• Ambos os dous países soñaron con crear imperios continuos: de Norte a


Sur os británicos; de Oeste a Leste os franceses.

• O rei de Bélxica, Leopoldo II, creou o Estado Libre do Congo que a súa
morte legou a Bélxica.

• O choque de intereses entre potencias rivais impulsou a convocatoria da


Conferencia de Berlín (1885), onde se decidiron as normas e as zonas que
ocuparía cada unha.

• Alemaña e Italia, que se incorporan tardiamente no reparto colonial,


entrarán en conflito coas potencias tradicionais.
6. Repartición do territorio
• O inicio da colonización dun territorio era precedido pola
exploración de novos territorios.

• As primeiras expedicións europeas realizáronas


principalmente británicos e franceses.

• Destacaron os exploradores ingleses Livingstone e Stanley e


o francés Brazza, que percorreron e cartografiaron África
Central.

• Tras a exploración dun territorio, a conquista levouse a cabo


de forma relativamente rápida e fácil. Para iso, os europeos
aproveitaban as rivalidades entre as tribos e etnias indíxenas,
coa finalidade de enfrontalas entre sí e recrutar tropas ao seu
servizo.
Pouco a pouco,
o mapa de África foi
“enchéndose de cores
políticas”
Principais exploradores
e países a quen serviron
SITUACIÓN
DE ÁFRICA
TRALA 1ª G.M.
A idea de Cecil Rhodes
De unir O Cabo con Alexandría
(eixe norte-sur) chocará coa
Pretensión francesa de unir Dakar
con Somalia (eixe oeste-este)
O IMPERIO FRÁNCES E INGLÉS EN CONFLITO EN ÁFRICA
O doutor Livingstone, supoño.
Encontro de Stanley e Livingstone
perto do Lago Vitoria
O mapa de cor Rosa
portugués
entra en conflito
coas pretensións
de Cecil Rhodes
para Gran Bretaña
Conferencia de Berlín (1885)
Sentou as bases
do reparto de África
Posesións españolas
en África: Guinea Ecuatorial,
Protectorado de Marrocos e
Sahara Occidental
7. Conferencia de Berlín
• Celebrada en 1885 na capital alemá.

• Resolveu o conflito do reparto do Congo.

• Estableceu as bases da colonización do continente


africano a partir desta conferencia mediante dous
principios: a posesión da liña costeira daba dereito a
ocupación do espazo interior do continente.

• Para que se respectase o dereito da potencia


colonizadora esta tiña que ser efectiva.
8. Principais conflitos en África

• En África os principais conflitos son catro:

• A posesión do Congo. Resolto coa Conferencia de Berlín


(1885).

• Conflito entre franceses (proxecto Dakar-Xibuti ou eixe


Atlántico-Índico) contra ingleses (proxecto O Cairo-O Cabo ou
eixe norte-sur). Colisión en Sudán (crise de Fashoda en 1898)

• Guerra anglo-boer polo control de Sudáfrica (1902) control do


Transvaal.

• Incorporación tardía de Alemaña ao reparto de África


(comezos do XX).
3.2. A ocupación de Asia
• Asia foi ocupada tanto polas potencias europeas occidentais
como por outros países desexosos de expandirse (Rusia,
EE.UU. e Xapón)

• Os británicos dende a India anexionáronse Birmania e


enfrontáronse con Rusia polo control de Afganistán. Máis tarde
ocuparon Malaisia. Francia centrouse en Indochina.

• En China, todas as potencias colonialistas querían estar


presentes nun mercado tan importante e, a través das guerras
do opio (1840-1858), forzaron a apertura do comercio. Esta foi
contestada con diversas revoltas sociais como a dos bóxeres
(1899).
3.3. O Imperio británico
• A finais do século XIX, Gran Bretaña posuía o
maior imperio colonial do mundo: da India a
África. O seu obxectivo era o control das rutas
comerciais marítimas.

• A principal colonia de explotación de Gran


Bretaña foi a India. A súa conquista iniciárase no
século XVIII, por parte da Compañía das Indias
Orientais.

• Non obstante, a monarquía decidiu facerse cargo


da colonia e a raíña Vitoria foi proclamada
emperatriz da India (1876).
8. Principais conflitos en Asia

• A vontade dos británicos de protexer a


India (xoia da coroa) levounos a
conflitos con Francia polo control de
Birmania e con Rusia polo dominio de
Afganistán e o Tíbet.

• Tamén foi importante a guerra do opio


(1840-1858) para controlar o mercado
Chino.
Liñas de expansión do imperio británico e francés a finais do s. XIX
3.4. Francia e outros imperios
• A 2ª potencia colonial era Francia. O seu
emplazamento está situado
maioritariamente en África do Norte e
Sueste Asiático.

• A súa competencia foi enorme con outros


imperios, sobre todo con Gran Bretaña en
África.

• Outras potencias eran Rusia, Países


Baixos, Bélxica, Portugal e, en menor
medida, Alemaña, Italia e España.
3.5. Estados Unidos e Xapón
• Estados Unidos e Xapón foron as dúas únicas
potencias extraeuropeas que iniciaron, a finais
do século XIX, unha expansión colonial.

• Estados Unidos levouna a cabo en dúas


direccións: cara ao Pacífico e cara ao Caribe. (da
Doutrina Monroe ao Big Stick)

• Xapón, apoiado por Gran Bretaña, interveu para


deter o avance ruso na provincia chinesa de
Manchuria, e ocupou as illas Kuriles, Corea e
Formosa (Taiwán).
9. Principais imperios

• Gran Bretaña: Canadá, Australia, N. Zelandia,


Unión Sudafricana, India, Birmania, Nixeria, Guaina,
Exipto, Rodesia, Kenia, Uganda, Sudán, e enclaves
pequenos moi importantes (Xibraltar, Adén, Hong
Kongo, Singapur, diversas illas anillanas…

• Francia: Guaiana, Indochina, Marrocos, Alxeria,


Túnez, África Occidnetanl Francesa, África
Ecuatorial Francesa, Madagascar.

• Alemaña: África Sudoccidental, Tanganica e


Camerún.
9. Principais imperios
• Portugal: Cabo Verde, Angola, Mozambique.

• Bélxica: Congo.

• España: Guinea Ecuatorial, Sahara, N. Marrocos.

• Rusia: Siberia.

• Países Baixos: Indonesia

• Italia: Somalia, Eritrea, Abisinia, Libia.

• Dinamarca: Indias Occidentais, Islania, Grenlania.

• EEUU: Alaska, Filipinas, Porto Rico.

• Xapón: Manchuria, illas Kurís, Corea, Formosa.


Construción
da canle
de Panamá
10. Tipo de colonialismo de EEUU e Xapón

• Dúas potencias de industrialización máis tardía participaron na


repartación colonial: EEUU e Xapón.

• EEUU, logo da guerra de secesión (1861-1865), impúxose o


modelo industrial dos estados do noreste e os seus enormes
recursos enerxéticos e de materias primas unidos á utilización da
tecnoloxía convértese nunha das principais potencias mundiais e a
primeira de América.

• A expansión colonial irá cara ao Pacífico e Caribe despois da


Guerra de Cuba. Colonialismo informal (big stick e diplomacia
dólar)

• Xapón (revolución Meixí) primeira potencia industrial de Asia


(necesita materias primas e fontes de enerxía) expansión cara
Manchuria, Kuriles, Corea e Formosa.
4. As consecuencias da colonización

4.1. A introdución de avances europeos nas


colonias

4.2. As transformacións económicas

4.3. Os cambios sociais e culturais


4.1. A introdución de avances europeos nas colonias

• As potencias colonizadoras introduciron algúns avances


nos territorios coloniais: portos, estradas, ferrocarrís, etc.

• Puxeron novas terras en cultivo e crearon industrias, aínda


que todo iso fose en beneficio propio.

• A introdución de medidas hixiénicas e a construción de


novos hospitais permitiron a redución das epidemias.

• Como consecuencia disto, a mortalidade descendeu e a


poboación aumentou.

• Os europeos crearon escolas nun intento de


aculturización, de impoñer as formas de vida dos
colonizadores. Tamén se intentou impoñer o cristianismo
e as crenzas occidentais.
11. Consecuencias
4.2. As transformacións económicas

• Nas colonias impuxéronse os intereses económicos dos


colonizadores. A maioría da poboación indíxena quedou
sometida e as súas condicións de vida empeoraron.

• Potenciáronse as grandes plantacións de produtos que


beneficiaban a metrópole: cacao, café, algodón, froitas, etc.

• Os nativos debían traballar nas plantacións para subsistir, e


ademais tiñan que comprar os alimentos, porque se impuxo
unha economía monetaria e de mercado.

• A artesanía local arruinouse debido á competencia dos


produtos industriais importados desde a metrópole, a prezos
baratos e en grandes cantidades.
4. As consecuencias da colonización:
a explotación económica
• A colonización implicou algunha cousa positiva no
sentido de que aos pobos africanos nos permitiu
entrar no mundo moderno. O proceso colonizador
achegounos aspectos culturais que, a pesar de
seren estranxeiros, se poden considerar fecundos.
• Vin construír ferrocarrís, pero (...) o negro substituía
a máquina, o camión, o guindastre. Esgotados,
maltratados polos capataces, lonxe de calquera
vixilancia, pálidos, famentos desesperados, os
negros morrían en masa (...).

• Leopold S. Senghor, presidente de Senegal


4.3. Os cambios sociais e culturais

• A estrutura social tamén cambiou como


resultado da imposición dos novos modelos
coloniais.

• As sociedades coloniais reflectían unha


profunda segregación. Os funcionarios e
colonos da metrópole adoitaban vivir en
luxosas residencias, en contraste coa
miseria dos indíxenas.

• O impacto da cultura occidental fíxolles


perder a identidade ás culturas indíxenas.
5. A fin dos imperios coloniais

5.1. As causas da descolonización

5.2. O proceso descolonizador

5.3. O conflito de Oriente Medio

Tema 10. páx. 218-221


12. As causas da descolonización

• O desexo de independencia da maioría da poboación das


colonias.

• A puxanza dos movementos nacionalistas.

• A diminución do prestixio das potencias coloniais. (Exemplo


Xapón en Asia)

• A expansión dunha opinión internacional contraria á


colonización. (Carta do Atlántico, 1941; Declaración da ONU,
1946; Declaración Universal dos Dereitos Humanos, 1948:
dereito á autodeterminación)

• O apoio á descolonización das dúas grandes potencias


(EE.UU. e URSS).
13. Papel que desempeñou a ONU

• Coa creación da ONU (1945) e unha


opinión pública internacional
desfavorable á colonización,
manifestada a través da Declaración da
ONU (1946) e a Declaración Universal
dos Dereitos Humanos (1948), que
proclamaron o dereito dos pobos a
dispor de si mesmos (dereito de
autodeterminación).
14. O proceso descolonizador
etapas

• A primeira etapa iniciouse en Asia tras a fin da Segunda Guerra Mundial, cando
os movementos nacionalistas se opuxeron ao retorno á situación anterior. 1947:
India, 1949: Indonesia; 1954: Vietnam proclama a independencia despois dunha
guerra de nove anos contra Francia.

• A segunda etapa afectou o Norte de África e iniciouse en 1951, cando a colonia


italiana de Libia accedeu á soberanía. 1956: Marrocos e Tunes por Francia que
intentou manter Alxeria (independencia en 1962).

• A terceira fase afectou a África subsahariana e estendeuse entre 1955 e 1965,


cando a maioría das colonias británicas, francesas e belgas se proclamaron
independentes.

• A derradeira fase afectou o Cono Sur africano e foi tardía. Angola e Mozambique
de Portugal, 1975 e Namibia de Sudáfrica en 1990. En Sudáfrica, declarada
independente en 1961, impúxose un réxime de apartheid ata 1993.
Etapas da descolonización (1945-1994)
Gandhi Sukarno Nehru

Senghor Nasser Mandela


15. Pregunta opcional
16. O conflito de Oriente Medio
• Palestina era un protectorado británico habitado por musulmáns,
pero cun importante continxente de xudeus.

• En 1945, as milicias xudías palestinas levantáronse para forzar a


retirada dos ingleses e facer presión a favor da creación dun
Estado xudeu que acollese aos sobreviventes do holocausto nazi.

• En 1947, unha resolución da ONU propuxo a partición en dous


Estados, un xudeu e outro palestino e en 1948 , Ben Gurion,
proclamou o Estado de Israel.

• Os palestinos e os seus veciños musulmáns non recoñeceron o


novo Estado israelí, formaron a Liga Árabe (Exipto, Siria, Arabia
Saudita, Líbano, Iraq, Xordania...) e desencadearon a primeira
guerra árabe-israelí (1948-1949), que rematou coa adquisición de
novos territorios palestinos por parte de Israel.
16. O conflito de Oriente Medio
• O final deste conflito non trouxo unha paz consensuada e en
1956, estalou unha segunda guerra, que foi seguida dunha
terceira en 1967 (guerra dos sete días). En todas elas se
impuxo Israel, que estendeu a súa zona de ocupación.

• Para defender os intereses dos palestinos, en 1964 creouse a


OLP (Organización para a Liberación de Palestina), dirixida por
Yaser Arafat, que fomentou o terrorismo contra Israel e os
seus aliados. A partir do ano 1974, esta organización
abandonou a violencia e apostou pola vía da negociación.

• En 1993 acordouse a creación en Israel dun territorio


autónomo baixo autoridade palestina. Así e todo, os
enfrontamentos proseguen e a convivencia entre xudeus e
palestinos contiúa a ser moi conflitiva.
Aprende analizar un conflito bélico
Aprende a estudar os feitos, analizar mapas e a cronoloxía

a) FORMULACIÓN DO CONFLITO (1948-1949) MAPA 1


• A que responde a partición?
• Como se dividiu o territorio palestino?
• Quen habitaba ese territorio anteriormente? MAPA 2
• Por que se iniciou unha guerra en 1948-1949. A quen
enfrontou?
b) DESENVOLVEMENTO DO CONFLITO (1949-1973)
• Observa a cronoloxía:
• Cantas guerras houbo entre 1949 e 1973?
• Cal foi o resultado?
• Cando se creou a OLP? Cales eran os obxectivos?
• Cando mudou de estratexia?
• MAPA 3 Que territorios incorporou Israel en 1967?
• Cando foi abandonada a península do Sinaí? Por que?
c) OS INTENTOS DE CHEGAR Á PAZ (1995) MAPA 4
• Que tipo de territorios apecen por 1ª vez neste mapa?
• A que responden? Cando se asionou o 1º acordo de paz
• Entre israelíes e palestinos? Que condicións fixaron?

CRONOLOXÍA
1949 1ª guerra árabe-israelí 1973 4ª guerra (Yom Kippur)

1956 2ª guerra árabe israelía 1978 Exipto recoñece a Israel. Israel


deixa o Sinaí

1967 3ª guerra (Guerra dos 6 1993 Conferencia de Washington.


días) Territorios autónomos e
negociación do Estado
palestino
6. Descolonización e Terceiro Mundo

6.1. O xurdimento do Terceiro Mundo

6.2. O neocolonialismo, unha herdanza


colonial

6.3. Disputas étnicas e territoriais


17. O xurdimento do Terceiro Mundo

• A maioría dos novos Estados xurdidos da descolonización sentíanse


marxinados da política internacional. Dentro da bipolarización en bloques
durante a Guerra Fría (EE.UU. e a URSS). Pretendían decidir sobre o seu
destino e vencer a pobreza.

• Con estes obxectivos, reuniuse en 1955 a Conferencia de Bandung, que


acolleu a representantes de 29 países africanos e asiáticos recentemente
descolonizados.

• En Bandung acordouse a condena do colonialismo, a soberanía e


igualdade das nacións, arranxos dos conflitos pola vía pacífica, o
rexeitamento da inxerencia nos asuntos internos dos Estados, axuda
económica e cultural aos países afroasiáticos xunto con outras medidas.

• A conferencia estableceu unha alianza de estados independentes de


corrente neutral e non aliñada. Como resultado, na conferencia de
Belgrado (1961) estableceuse o Movemento de Países Non Aliñados.
Nasser, Tito e Nehru Conferencia de Bandung
Na conferencia
de Bandung, 1955
18. O neocolonialismo, unha herdanza colonial

• O neocolonialismo era unha nova forma de dominio


que implicaba unha dependencia económica e cultural
da antiga metrópole por parte dos países
descolonizados.

• A estrutura económica dos novos países era débil.


Debían exportar materias primas e importar produtos
industriais.

• Esa dependencia comercial é o intercambio desigual.

• Como consecuencia disto, estes países sofren unha


forte dependencia financeira e tecnolóxica do exterior.
As desigualdades económicas no mundo
Intermon Oxfam
Manos Unidas
Médicos sen fronteiras
7.3. Disputas étnicas e territoriais
• O trazado das fronteiras dos países que se independizaban
respondía a intereses coloniais e, con frecuencia, estes países
agrupaban a tribos e etnias diversas.

• Ademais, algúns dos novos dirixentes instauraron gobernos


ditatoriais e corruptos, sustentados polo exército, que satisfacían
os intereses das vellas metrópoles.

• Nalgúns países xurdiron movementos revolucionarios para facerse


co poder, o que desencadeou a guerra civil en moitos deles.

• A violencia, a represión e mais a corrupción impuxéronse como


normas de convivencia nuns réximes políticos onde non se
respectan os dereitos humanos.
7.3. Disputas étnicas e territoriais
Nosa Señora da Paz Yamusukro

Rúas de Yamousukro

Nosa Señora da Paz Yamousukro

Hutus e tutsis

Bokassa Bokassa (documental en francés) Ruanda hutus e tutsis


COLONIAS ACTUAIS
METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN

MARROCOS SAHARA OCCIDENTAL ÁFRICA 266.000 382.617


AUSTRALIA ASHMORE E CARTIER ( ÍNDICO 5,2 km2
AUSTRALIA CHRISTMAS ( ÍNDICO 134,6 km2 1.275
AUSTRALIA I. COCOS (KEELING) ÍNDICO 14,2 km2 647
AUSTRALIA HEARD E MCDONALD ÍNDICO 417 km2
AUSTRALIA I. MAR DO CORAL (OP) PACÍFICO 3 km2 3
AUSTRALIA NORFOLK (OP) PACÍFICO 34,4 km2 2.665
DINAMARCA ILLAS FEROE (OA) ATLÁNTICO 1399 km2 48.065
DINAMARCA GROENLANDIA (OA) ATLÁNTICO 2175516 km2 55.385
EE_UU BAKER E HOWLAND (OP) PACÍFICO 1,4 km2
EE_UU GUAM (OP) PACÍFICO 549 km2 133.152
EE_UU JARVIS (OP) PACÍFICO 4,5 km2
EE_UU JOHNSTON (OP) PACÍFICO 2,8 km2 1.375
EE_UU KINGMAN (OP) PACÍFICO 1 km2
EE_UU MARIANAS SEP, ILLAS (OP PACÍFICO 457 km2 48.581
EE_UU MIDWAY, ILLAS (OP) PACÍFICO 5,2 km2 453
EE_UU NAVASSA (ANTILLAS) ANTILLAS 5,2 km2
EE_UU PALMIRA (OP) PACÍFICO 12 km2
EE_UU PUERTO RICO (ANTILLAS) ANTILLAS 8959 km2 3.600.000
EE_UU SAMOA AMERICANA (OP) PACÍFICO 195 km2 50.923
EE_UU ILLAS VÍRXENES (ANT) ANTILLAS 355 km2 101.809
EE_UU WAKE (OP) PACÍFICO 6,5 km2 302
METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN
FRANCIA GUADALUPE (ANTILLAS) ANTILLAS 1780 km2 422.114
FRANCIA GUAYANA FRANCESA AMÉRICA 90996 km2 133.376
FRANCIA MARTINICA (ANTILLAS) ANTILLAS 1100 km2 387.656
FRANCIA MAYOTTE (OP) PACÍFICO 374 km2 89.938
FRANCIA NOVA CALEDONIA (OP) PACÍFICO 178056 km2 19.103
FRANCIA POLINESIA FRANCESA (OP PACÍFICO 4165 km2 210.333
FRANCIA REUNIÓN (OI) ÍNDICO 2512 km2 639.622
SAINT PIERRE E MIQUELON
FRANCIA (OA) ATLÁNTICO 242 km2 6.652
FRANCIA WALLIS E FUTUNA (OP) PACÍFICO 274 km2 14.175
NORUEGA BOUVET (OA) ATLÁNTICO 58 km2
NORUEGA JAN MAYEN (OA) ATLÁNTICO 381 km2
NORUEGA PEDRO I (ANTÁRTIDA) ANTÁRTIDA 180 km2
NORUEGA SVALBARD (OGA) ÁRTICO 62906 km2 3.209
NOVA ZELANDIA ILLAS COOK PACÍFICO 293 km2 18.903
NOVA ZELANDIA NIUE PACÍFICO 264 km2 2.321
NOVA ZELANDIA TOKEALU PACÍFICO 10,4 km2 1.544
PAÍSES BAIXOS ANTILLAS HOLANDESAS ANTILLAS 800 km2 191.311
PAÍSES BAIXOS ARUBA (ANTILLAS) ANTILLAS 194 km2 62.365
METRÓPOLE COLONIA SITUACIÓN EXTENSIÓN POBOACIÓN
REÍNO UNIDO ANGUILLA (ANTILLAS) ANTILLAS 96 km2 8.960
REÍNO UNIDO ASCENSIÓN (OA) ATLÁNTICO 88 km2 1.099
REÍNO UNIDO BERMUDA (OA) ATLÁNTICO 53 km2 60.686
REÍNO UNIDO ILLAS CAIMÁN (ANTILLAS) ANTILLAS 259 km2 25.355
ILLAS XEORXIAS DO SUR E
REÍNO UNIDO SANDWICH DO SUR (OA) ATLÁNTICO 3592 km2
REÍNO UNIDO XIBRALTAR EUROPA 5,8 km2 28.074
REÍNO UNIDO GUERNESEI (I. DO CANAL) ATLÁNTICO 65 km2 58.867
REÍNO UNIDO JERSEY (I. DO CANAL) ATLÁNTICO 116 km2 82.809
REÍNO UNIDO MALVINAS (ILLAS) (OA) ATLÁNTICO 12173 km2 2.121
REÍNO UNIDO ILLAS MAN ATLÁNTICO 572 km2 69.788
REÍNO UNIDO MONTSERRAT(ANTILLAS) ANTILLAS 102 km2 11.852
REÍNO UNIDO ILLAS PITCAIRN (OP) PACÍFICO 4,6 km2 55
REÍNO UNIDO SANTA ELENA (OA) ATLÁNTICO 122 km2 6.720
REÍNO UNIDO TERR. BRIT. OCE. ÍNDICO ÍNDICO 60 km2 3.400
REÍNO UNIDO TRISTÁN DA CUNHA (OA) ATLÁNTICO 98 km2 297
REÍNO UNIDO TURKS E CAICOS (ANTI) ANTILLAS 430 km2 12.350
REÍNO UNIDO I. VÍRXENES BRITÁNICAS ANTILLAS 153 km2 16.644
8. As causas da Primeira Guerra Mundial

8.1. Colonialismo e nacionalismo

8.2. Carreira de armamentos e alianzas

8.3. O estalido da guerra


19. Causas I Guerra Mundial

• Entre as causas do enfrontamento


salientaron:

• A rivalidade entre as potencias


coloniais.

• A exaltación nacionalista.

• O conflito dos Balcáns.


19. Rivalidades entre as potencias coloniais

• A finais do século XIX, a política alemana


varía: pásase do realpolitik de Bismarck,
baseado na unificación de Alemaña e no seu
equilibrio en Europa pola vía diplomática ao
weltpolitik do kaiser Guillerme II, baseado
no rearme armamentístico e unha política
colonial ofensiva.

• Os conflitos entre os imperios rivais tiveron o


seu escenario preferente en Marrocos (1905
e 1911). Alemaña, que contaba con escasas
colonias na zona, quixo impoñerse a Francia
e Gran Bretaña.
Posesións alemanas en África que serán administradas por Gran
Bretaña por mandato da Sociedade de Nacións despois da 1ª Guerra
Mundial.

África
do
Suroeste
19. Exaltación nacionalista
• A derrota de Francia na guerra franco-
prusiana (Sedán 1871) que supuxo a perda
da rexión de Alsacia e Lorena a favor de
Alemaña crea unha situación de
resentimento e revanchismo impulsado
polas clases dirixentes políticas dos
respectivos países.

• Alemaña e Gran Bretaña tamén terán unha


rivalidade polo control das rutas
marítimas e o comercio internacional.
Fases da unificación
alemana

Alsacia e Lorena
será unha das
Causas da 1ª G.M.
Alsacia e Lorena
será unha das
Causas da 1ª G.M.
19. O conflito dos Balcáns
• Foco de tensións dende mediados do XIX.

• Mosaico de etnias, culturas e relixións moitas veces mesturadas. Ata mediados do s.


XIX estivo ocupado polo imperio turco.

• Pobos sometidos aos turcos independizáronse durante este século: Grecia, Serbia,
Romanía, Bulgaria, Montenegro.

• O imperio Austrohúngaro, imperio multinacional formado por unha minoría xermánica


dominante e múltiples nacionalidades sometidas (húngaros, checos, eslovacos, croatas,
serbios, italianos...) desexaba ocupar a rexión. Acusaba a Serbia de apoiar as protestas
do serbios que vivían dentro do seu imperio.

• Os serbios (eslavos) estaban protexidos por Rusia que defendía os intereses de tódolos
pobos eslavos (paneslavismo), como o seu pla de afianzar o seu poder na zona e
ocupar os estreitos do Bósforo e os Dardanelos, que abrirían o Mediterráneo ás súas
flotas (conflito con Turquía e Gran Bretaña).

• 1ª crise balcánica: 1908 Austria ocupa Bosnia, Rusia deixou ben claro que estaba
disposta a se enfrontar a Austria no caso de que houbese un conflito armado.

• 2ª crise balcánica: 1912-1913: expulsión dos Balcáns dos turcos que só quedan con
Estambul. Grecia queda con Tracia, Serbia con Macedonia, Romanía con Dobrudja e
independízase Albania.
OS BALCÁNS
A comezos da 1ª GM
20. Carreira de armamentos e alianzas
A Europa da Paz Armada
• O malestar existente entre as grandes potencias orixinou unha
carreira de armamentos. Investiuse moito diñeiro en fabricar
armas, construír barcos de guerra e adestrar as súas tropas.

• Así mesmo, todas as potencias se lanzaron a un complexo


sistema de alianzas militares para prepararse para un posible
enfrontamento.

• En 1882, Alemaña, Austria-Hungría e Italia asinaron a Tripla


Alianza.

• Francia, temerosa do poderío militar alemán, aliouse con Rusia


e mellorou as súas relacións con Gran Bretaña. As tres
potencias acabaron asinando o Triplo Acordo (1907).
Europa durante a Primeira Guerra Mundial
Berlanga e o Imperio Austrohúngaro:

Los jueves milagros


El verdugo Sátira sobre a
Tripla Alianza
8.3. O estalido da guerra
• O 28 de xuño de 1914 foi asasinado en Saraxevo o
herdeiro do Imperio austrohúngaro, Francisco Fernando.

• Austria declaroulle a guerra a Serbia, convencida de que


era o momento de acabar con ela e estender o seu dominio
polos Balcáns.

• Rusia interveu para protexer a Serbia, e Alemaña, aliada de


Austria, declaroulles a guerra a Rusia e a Francia.

• Os acontecementos precipitáronse, e nunha semana, os


países foron declarándose a guerra.

• Gran Bretaña tamén o fixo cando, nas primeiras campañas


militares, os exércitos alemáns invadiron Bélxica.
Asasinato do
Herdeiro ao trono
Do imperio austrohúngaro
Francisco Fernando por un
Estudante serbio en Saraxevo
(Bosnia).
Considerado o detonante da 1ª G.M.
21. Detonante da guerra

• O episodio que actuou como detonante da I Guerra


Mundial foi o asasinato do arquiduque Francisco
Fernando, herdeiro ao trono do Imperio austro-
húngaro, e a súa esposa a arquiduquesa de
Saraxevo o 28 de xuño de 1914, a mans dun mozo
estudante nacionalista serbio. A partir deste
momento Austria declaroulle a guerra a Serbia co fin
de acabar con ela e estender os seu dominios nos
Balcáns.

• O mecanismo das alianzas militares e os intereses


contrapostos das potencias non tardarían en
converter un conflito orixinado nos Balcáns, nunha
gran guerra europea.
22. Incorporación dos países ao conflito. Ano e
causas
IMPERIOS CENTRAIS ALIADOS

Austria-Hungría acusa ó Goberno de Serbia Serbia: nega a intervención da policía. 25-VII


do asasinato o 28 VI. Ultimato 23 VII. mobilización xeral.
Declaración o 28-VII. Rusia: mobilización parcial fronte a Austria 29-VII
Alemaña: aliada de Austria-Hungría dende e 30 VII mobilización total ante a entrada de
1879 dirixe un ultimato a Rusia 31-VII para Alemaña. O trunfo da revolución soviética X 1917,
que paralize a mobilización e a Francia para supón a retirada da guerra por parte destes.
Francia: aliada a Rusia dende 1892. Decreta o 1-
que permanezca neutral. Ante a falta de
VIII mobilización xeral.
resposta declara a guerra o 1-VIII a Rusia e 3-
Gran Bretaña: 5-VIII ante a invasión de Bélxica e
VIII a Francia o 4 invade Bélxica. a entrada no territorio francés.
Turquía: receloso dos rusos, apoio dos Xapón: 23-VIII. Pretexto o pacto cos británicos en
intereses alemáns: investimentos destes en 1902. Realidade: ocupación do espacio colonial
Turquia. XI-1914. alemán no Pacífico.
Bulgaria: prexudicada en 1913 logo da 2ª Italia: 23-V-1915. Territorio de língua italiana en
guerra balcánica. Desexa recuperar os poder de Austria e costa Dálmata.
territorios que tivo que ceder a Romanía, Portugal: 9-III-1916. Defensa das súas colonias e
Grecia e Serbia; mantense neutral nun alianza cos ingleses.
principio, pero logo, a cambio da Macedonia Romanía: promesas de Transilvania. 27-VIII-
serbia, apoia, ós Centrais dende o X-1915. 1916.
EE_UU: potencia asociada non aliada.
Consecuencia da guerra submarina. 6-IV-1917.
Grecia: obrigada e compensacións no imperio
turco entra o 27-VI-1917.
9. A Gran Guerra

9.1. A guerra de movementos

9.2. A guerra de trincheiras

9.3. A crise de 1917 e a fin da guerra

9.4. A guerra na retagarda


Fases da I Guerra Mundial
Eixo cronolóxico
23. A guerra de movementos
• Os exércitos alemáns atacaron Francia, entrando por
Bélxica e Luxemburgo, para vencela rapidamente e
poder dirixir logo todos os seus esforzos á fronte rusa.

• Ao principio esta táctica semellou funcionar pero os


exércitos francés e inglés conseguiron reorganizarse e
deter o avance do exército alemán na batalla do
Marne.

• Na fronte oriental, os alemáns tamén avanzaron ao


principio rapidamente, pero os rusos reaccionaron e
chegaron ás fronteiras do Imperio austríaco.
Guerra de trincheiras
23. A guerra de trincheiras
• Tras os primeiros movementos, as frontes inmobilizáronse.
Na fronte occidental abríronse trincheiras desde Suíza ata o
mar do Norte e iniciouse unha fase dura de guerra.

• Fíxose necesaria a busca de novos aliados que achegasen


máis soldados á guerra.

• En 1915, Italia interveu a favor dos aliados e Bulgaria e o


Imperio turco axudaron as potencias centrais, sen que a
guerra semellase ter un bando vencedor.

• En 1916, os alemáns lanzaron unha ofensiva para romper a


fronte francesa, na batalla de Verdún. O saldo foi 1.000.000
de mortos aliados e 800.000 alemáns.
Guerra de trincheiras Senderos de Gloria
23. A crise de 1917 e a fin da guerra

• Durante 1917 triunfou en Rusia a Revolución bolxevique e os


revolucionarios, preocupados polos seus problemas internos, asinaron a
paz con Alemaña e retiráronse da guerra (Tratado de Brest-Litovsk).

• O abandono de Rusia foi compensado coa intervención de Estados


Unidos que, despois do afundimento do transatlántico Lusitania por un
submarino alemán, decidiu entrar en guerra.

• En 1918, na fronte Leste, británicos, franceses e italianos derrotaron a


Austria e os seus aliados. O Imperio austrohúngaro e o turco pediron o
armisticio e os combates cesaron.

• No Oeste, os alemáns foron derrotados. O 11 de novembro de 1918


asinouse o armisticio. En Alemaña o káiser Guillerme II marcha para
Holanda e proclamouse a república.
24. A guerra na retagarda
• A Primeira Guerra Mundial foi un conflito de novo tipo pola
mobilización de moitos recursos e pola implicación da
poboación, civil e militar.

• Os medios técnicos, en transporte e armamento,


ocasionaban moitos mortos, mutilados e demasiada
destrución.

• Os contendentes reconverteron as súas industrias para


fabricar armamento, pediron préstamos e substituíron a man
de obra masculina por mulleres.

• Utilizáronse modernas técnicas de propaganda para mobilizar


a opinión pública.
A incorporación da muller á
industria pesada supuxo un
avance na reclamación dos seus
dereitos laborais e políticos
10. A organización da paz

10.1. O Tratado de Versalles

10.2. Un novo mapa de Europa

10.3. A Sociedade de Nacións


25. O Tratado de Versalles
• O tratado máis importante foi o da paz con Alemaña. Asinouse en
Versalles e os vencedores impuxéronlle duras condicións:

• Declarábase Alemaña única culpable do estalido do conflito e


obrigábaselle a pagar fortes reparacións de guerra (en diñeiro e en
produtos).

• Desmantelábase case por completo todo o seu exército, así como a


súa mariña e prohibíaselle rearmarse. Arrebatábaselle o seu imperio
colonial, repartido entre Gran Bretaña e Francia por mandato da
Sociedade de Nacións.

• Devolvíanselle os seus territorios de Alsacia e Lorena a Francia;


Schleswig a Dinamarca; e dous cantóns a Bélxica. A Posnania e unha
parte da Prusia occidental entregáronselle a Polonia.

• Trátase dunha paz humillante, o cal habería de reavivir o seu


nacionalismo e o desexo dunha revancha no futuro.
Orlando Wilson Clemanceau Lloyd George
(Italia) (EE.UU.) (Francia) (Gran Bretaña)

Salón dos espellos


do palacio de Versalles
onde se asinou a paz
con Alemaña en 1919
27. Un novo mapa de Europa
• Ademais do Tratado de Versalles, outra serie de tratados ocupáronse do resto de
vencidos (tratado de Saint Germain (1919); fronte a Austria; tratado de Neuilly (1919)
fronte Bulgaria; tratado de Trianon (1920), fronte Hungría; tratado de Sèvres (1920)
fronte Turquía.

• O presidente de Estados Unidos, Wilson (14 puntos), propuxera que cada nación
tiña dereito a formar un Estado independente (co seu idioma, costumes e historia).

• Os antigos imperios derrubáronse:

• O Imperio ruso perdeu case toda a súa costa no Báltico e cedeulle grandes
extensións á nova Polonia.

• O Imperio turco desapareceu case por completo. Quedando reducido só a Turquía.


Apareceron Iraq, Siria e Palestina, aínda que administrados como protectorados por
ingleses e franceses.

• O Imperio austrohúngaro desintegrouse e no seu lugar xurdiron novos Estados:


Checoslovaquia, Hungría e Austria. Serbia medrou quedando como Iuguslavia.

• Para illar á Rusia revolucionaria creáronse grandes estados tapón: gran Polonia e
gran Romanía, aínda que para iso tivesen que reunir a Estados de diversas
nacionalidades.
Aprende analizar as consecuencias
dun conflito bélico

Os tratados de paz, principalmente o de


Versalles, supuxeron a remodelación do
mapa europeo de entreguerras. Isto
traerá consecuencias. Para analizar o
mapa de bes ter en conta:
a) A REMODELACIÓN DE EUROPA
• Observa e explica os cambios
territoriais:
• Cesión dos alemáns.
• División do imperio austrohúngaro.
• Perdas do imperio Ruso.
• Enumera os Estados que naceron trala
1ª G.M.
• Que Estados aumentaron o seu
territorio.
b) CONDICIÓNS IMPOSTAS A ALEMAÑA
• Analiza o esquema (outra diapositiva)
e explica as condicións e reparacións
que se lle impuxeron a Alemaña no
Tratado de Versalles.
• Explica porque o tratado de Versalles
non foi un tratado de paz senón unha
imposición dos vencedores.
• Quen foron os seus principais
beneficiarios?
TRATADO DE VERSALLES

CONDICIÓNS POLÍTICAS CONDICIÓNS MILITARES


•Cesión de territorios alemáns: •Abolición do servizo militar
•Alsacia-Lorena (a Francia) •Redución a 100.000 homes o exército
•Corredor de Danzing (Polonia) •alemán e desarme vixiado pola SDN.
•Eupen e Malmedy (Bélxica) •Ocupación da beira esquerda do Rin.
•Schleswig (Dinamarca) •Demilitarización da beira dereita 50 km

•Disgregación do Imperio Austrohúngaro


•(T. St. Germain e Trianon)

REPARACIÓNS DE GUERRA

DESTRUCIÓN DO IMPERIO COLONIAL E O SEU COMERCIO


•Cesión de tódolos dereitos e títulos das posesións ultramarinas.
•Cesión da meirande parte da flota mercante alemá.

PAGAMENTO DAS INDEMNIZACIÓNS DE GUERRA


•Cesión do Sarre e Silesia.
•Pagamento de reparacións: 6.500 millóns de libras.
EUROPA TRALA PAZ DE PARÍS
DISOLUCIÓN DO IMPERIO TURCO
POSESIÓNS ALEMÁS PERDIDAS NO PACÍFICO
26. A Sociedade de Nacións
• Por proposta do presidente Wilson creouse unha nova
organización, a Sociedade de Nacións (SDN), que debía
garantir a paz, fomentar a cooperación internacional, etc.

• A sede instalouse en Xenebra e quedaron establecidos dous


organismos: a Asemblea e un Consello.

• Pero o panorama de destrución, miseria, débedas, etc.,


dificultou o labor da nova institución.

• O feito de que Estados Unidos non se integrase na SDN, nin


tampouco moitos países descontentos cos resultados da paz,
especialmente Alemaña e Italia, converteu a SDN nunha
organización de vencedores.

You might also like