You are on page 1of 1

3. Que foi a Conferencia de Berlín?

Unha reunión entre as grandes potencias europeas celebrada en 1885 na que se acordou
a repartición de África entre elas.

4. Define:
Colonia
Era un territorio sometido á soberanía da potencia colonizadora e que estaba
administrado por ela. Esta fórmula implicaba un control político por parte da metrópole:
supoñía a anexión territorial e a perda da soberanía do país colonizado. Un exemplo foi o
Congo Belga.

Protectorado
Neles a potencia protectora controlaba a política exterior e as riquezas do país, mentres
que as autoridades nativas controlaban a política interior. Foi o caso de Gran Bretaña
sobre Exipto ou o de España e Francia sobre Marrocos.

Concesión.
Territorio que pertencía a un país independente, pero no que as potencias colonizadoras
obtiñan vantaxes comerciais, por exemplo, a cesión dunha serie de portos en calidade de
portos francos. Isto ocorreu en China.

Territorios metropolitanos.
Eran territorios considerados unha prolongación do país colonizador, e os seus habitantes
estaban representados nas institucións da metrópole. Exemplo destes foron a Güiana
Francesa e Alxeria con respecto a Francia.

Dominios.
Eran territorios cuxos habitantes obtiveron certo grao de autogoberno a pesar da
dependencia da metrópole, que controlaba ámbitos como a política exterior. Son exemplo
os dominios británicos de Australia e de Canadá.

5. Cales foron as consecuencias do colonialismo?


- Económicas. As colonias mantiveron unha relación de dependencia económica coa
metrópole, pois convertéronse en provedoras de materias primas e compradoras dos
produtos manufacturados. Desta forma obstaculizouse a súa industrialización e víronse
obrigadas a vender a baixo prezo produtos que despois volverían comprar transformados.

- Políticas. A metrópole exerceu o dominio político e administrativo da colonia. Desde


Europa, os mandatarios debuxaron novas fronteiras que dividiron pobos e mesturaron
culturas. Estas divisións desestabilizaron rexións como no caso de África, onde aínda
hoxe se suceden enfrontamentos armados.

- Demográficas e sociais. A colonización trouxo consigo a desaparición da organización


social indíxena e impuxo unha nova clase dirixente formada por cidadáns brancos. A
poboación nativa proporcionou man de obra barata e en múltiples ocasións foi maltratada
e sometida a situacións de escravitude.

- Culturais. O dominio europeo levou a unha perda de identidade dos pobos colonizados
xa que a cultura occidental impuxo a súa lingua, costumes, crenzas e valores.

You might also like