You are on page 1of 16

As cidades na Idade Media

ÉPOCA DE PROSPERIDADE: AGRÍCOLA E COMERCIAL


• Expansión agrícola: A partir do s. XII a produción agrícola medrou debido ao aumento de
superficie cultivable e a rotación trienal dos cultivos, deixando o barbeito a unha terceira parte.
Introdúcense novas ténicas: a) Arado de ferro ou veso logrando maior profundidade levantando e
aireando a terra b) esténdese o regadío pola influencia islámica, introducindo novos cultivos c)
difundíronse os muíños de vento ou auga liberando moita man de obra.
Como consecuencia do aumento da produción agrícola redúcese a mortalidade e aumenta a
natalidade, medrando a poboación europea considerablemente pasan de 42 millóns a 73 millóns en tres
séculos.
• Desenvolvemento do comercio e a banca: Ao crecer a poboación aumenta as necesidades de
produción e medra o número de artesáns. As manufactureiras textil eran as máis importantes. Había
dúas grandes rutas marítimas:
a) A ruta do Mediterráneo: Unía ciudades españolas/ francesas/italianas con portos e ciudades
musulmáns e bizantinos. Os europeos importaban productos de luxo coma sedas, especias, peles,
porcelana…e exportaban coiro, armas, ferro, trigo, tecidos….
b) Ruta do Atlántico e do Báltico: Comunicaba portos de Portugal/ España coas ciudades flamencas de
Bruxas e Amberes, coas alemanas de Hamburgo e Lübeck, as rusas. Cambiaban lanas castellanas e
británicas, viños franceses, estaño inglés e o ámbar, as peles, a madeira e o trigo de Báltico. A
asociación de comerciantes da Hansa controlará esta ruta do Báltico.
As ferias facíanse periódicamente, as máis famosas eran as de rexión francesa de Champaña.
• EXERCICIOS: ÉPOCA DE PROSPERIDADE
1) En qué século mellora a produción agrícola?
2) Explica as causas desa mellora
3) Cales son as novas técnicas que se producen no s. XII?
4) Que foi a Hansa
5) Completa a táboa
RUTA
CIDADES/PAÍSES
IMPORTACIÓN
EXPORTACIÓN
O AUXE DAS CIDADES
• O crecemento das cidades: A partir do s. XII as ciudades experimentan un gran crecemento.
Moitas antigas ciudades aumentan de tamaño e nacen otras novas en lugares estratéxicos das rutas
comerciais. Causas do crecemento:
a) As melloras agrícolas van reducir o número traballadores no campo, isto xunto co crecemento
demográfico fai que moitos campesinos emigren ás ciudades en busca de traballo.
b) Moitos servos fuxen da servidumbre do señor feudal, marchan ás ciudades.
c) Buscan protección dentro das murallas da cidade. En xeral eran ciudades pequeñas, cunha
poboación de 50,000habitantes.
• As ciudades serán centros relixiosos, políticos e económicos. Moitas ciudades estaban baixo a
xurisdiccións do señor feudal, do rei ou da Igrexa. Os burgueses loitan por liberase e poder
gobernarse a si mesmas, cando o conseguían o rei concedíalles o foro que era un documento onde
se estipulaba os seus dereitos e os seus privilexios e a forma na que se gobernaban.
• As ciudades tiñan o seu propio goberno, que evolucionará dunha asamblea de veciños a un concello,
presidido por un xuíz, un alcalde e rexedores…co paso do tempo as familias máis ricas dominarán o
goberno das ciudades. As súas función eran: recadar impostos, defender a cidade, coidar as murallas,
administrar hospitais e escolas…os funcionarios encargábanse destas función.
• A sociedade urbana: O habitante das ciudades eran os burgueses. Había diferencias entre eles:
• Os mercadores e artesáns máis importantes formaban xunto co alto clero a élite da sociedade
urbana. Eran ricos e controlaban o goberno da cidade.
• A maioría dos habitantes: artesáns, tendeiros, freires, estudiantes, sacerdotes, servicio
doméstico… formaban un grupo modesto.
• Pobres e marxinais.
• A maioría da socidade eran cristianos pero tamén había xudeus que vivían en barrios chamados
xuderías e musulmáns que habitaban nas mourarías.

• Os gremios: dende o s. XII a artesanía empezou a medrar debido ao crecemento da poboación e das
ciudades. Os artesáns dun mesmo oficio asociáronse formando os gremios e ninguén podía
dedicarse a un oficio se non pertencia ao gremio. Desta forma axudábanse e evitaban a
competencia. Cade gremio tiña o seu estatuto que debían xurar todos os seus membros. Os gremios
Controlaban a produción: distribuían as materias primas necesarias para fabricar as mercadorías,
vixiaban o número de traballadores e fixaban os prezos. Ocupánbanse da asistencia dos artesáns e
da súas familias.
Algúns dos oficios medievais eran: tecedores, zapateiros, carpinteiros, ourives, tintureiro, Ferreiro,
panadeiros…. Usaban as mans coa axuda de poucas ferramentas. Traballaban en pequenos obradoiros
situados na casa do propietario, onde facían a venda ao público. Habitaban nos mesmos barrios ou rúas:
rúa dos ferreiros, dos cesteiros…
• EXERCICIOS: AUXE DAS CIDADES
1) Explica as causas do crecemento das ciudades
2) Quen podía dominar as ciudades?
3) Que eran os foros?
4) Como evolucionou o goberno das ciudades?
5) Que función tiñan as ciudades?
6) Como se chaman os barrios dos xudeus e dos mouriscos
7) Fai una pirámideda sociedade urbana
8) Que eran os gremios?
9) Cales eran as súas función?
10)Escribe gremios da Idade Media.
RENOVACIÓN DA CULTURA
• As ciudades medran considerablemente constrúen catedrais, lonxas, concellos e palacios. Ademáis
do furor arquitectónico xorden:
a) Escolas urbanas: os burgueses teñen a necesidade de que os seus fillos adquiran coñecementos para
os negocios e o goberno. As escolas podían ser catedralicias ou capitulares se dependían do
bispado, nela impartían ensinanzas de tipo relixioso. As escolas municipais dependían do concello,
impartían coñecementos relixiosos pero tamén clases de lectura, escritura, contabilidade…En ambas
escolas imparía as ensinanzas o Mestre profesional. Nestas escolas non admitían a mulleres.

b) Novos xéneros literarios: xorden libros de cabalerías, poesía lírica, cantares de xesta…moitas obras
foron escritas en linguas propias desprazando ao latín. Redescubren a Aristóteles a través das
traducións árabes. Santo Tomás de Aquino inspirouse moito en el

c) Nacemento das universidades: xorden como una asociación gremial de Mestres, co paso do
tempo serán centros de estudos. Estaban divididas en facultades especializadas en disciplinas:
artes liberais, medicina, dereito e teoloxía. Cada facultade estaba dirixida por un decano e cada
universidade por un rector.

d) Ordes mendicantes: o crecemento das ciudades leva a crear ordes relixiosas nas ciudades con freires
que practicaban a vida en pobreza. Os dominicos e os franciscanos foron unas das máis importantes.
• EXERCICIOS: renovación cuiltural
1) Por que xorden as escolas urbanas
2) Explica os dous tipos de escolas que había
3) Como xorden as universidades?
4) Que disciplinas dominaban a universidade?
5) Que era un rector e un decano?
6) Que eran as ordes mendicantes?
CONSOLIDACIÓN DAS MONARQUÍAS
 Fortalecemento real: Dende o S. XIII os reis fortalecen o seu poder fronte aos señores feudais grazas a
1) crecemento das ciudades, os reis concedían os foros a cambio do seus apoio. 2) crecemento
económico, permite recadar impostos e contratar exércitos propios. 3) desenvolvementos das
universidades, fomentaron a restauración do dereito romano que otorgaba máis poder aos reis.
 O goberno dos reinos: A partir do s.XIII os reis comezan a convocar as Cortes ou Parlamentos para
buscar o apoio das ciudades e rebaixar o poder dos nobres. As súas principais funcións eran: recadar
novos impostpos e aprobar gastos extraordinarios. As Cortes estaban integradas polo rei, os nobres,
os clérigos e os representantes das ciudades. Soamente o rei podía convocalas.
 Enfontamento entre os reinos: Os reis intentaron estender os seus dominios (fortalecemento real e
creación de exércitos). Moitos conflitos tiñan orixe en disputas sucesorias, a guerra dos Cen Anos
enfrontou a Inglaterra contra Francia durante máis dun século rematando coa vitoria francesa. Outros
enfrontamentos tiñan orixe nas fronteras que nalgúns casos estaban pouco definidas. As veces as
causas eran internas debido a que moitos nobres non recoñecían a autoridade do rei.
 Cisma de Occidente: A morte de Gregorio XI, uns cardenais elixen a Papa e outros a outro Papa
diferente. Os monarcas apoian a un ou a outro. Rematan o cisma elixindo a un único Papa: Martiño V
• EXERCICIOS: CONSOLIDACIÓN DAS MONARQUÍAS
1) Razóns pola que o rei fortalece o seu poder.
2) Que eran as Cortes?
3) Cal eran as función das Cortes?
4) Quen convoca as Cortes?
5) Quen integraban as Cortes?
6) Cal foi una das guerras máis importantes da I. Media? A quen enfrontou? Quen
gañou?
7) Que foi o Cisma de Occidente?
8) Fai un mapa de Europa cos principais Reinos
CRISE DO SÉCULO XIV
Problemas na agricultura: Europa sofre un incremento de precipitacións
que provoca a perda de moitas colleitas. O crecemento da poboación levou a
una intensa explotación do campo que deteriorou os terreos agrícolas
esgotándoos. Isto provocará una crise de abastecemento estendéndose a
fame e a desnutrición na poboación.
Guerras e revoltas: Nas guerras alistáronse moitos campesinos que
deixaron o campo para loitar, deixando as terras sen cultivar. A mortalidade
creceu e destruitonse moitas colleitas. Ante isto os reis, nobres e a Igrexa
incrementaron os impostos provocando moitas rebelións campesiñas.
Peste Negra: entre o 1348/52 Europa sufriu a Peste Negra, os máis afectados
foros os desnutridos, os famentos e os que vivían con malas condición
hixiénicas. A Pesta orixinouse en Asia e propagouse nos barcos dos
mercaderes estendéndose por toda Europa afectando máis ás ciudades
debido á concentración de xente. Unha cuarta parte da poboación morreu por
esta causa. A Peste repeituse en diversas ocasión.
• EXERCICIOS: CRISE DO SÉCULO XIV
1) Razóns da crise agrícola do s.XIV.
2) Por que houbo rebelións campesiñas no s. XIV
3) Que foi a Peste Negra

You might also like