You are on page 1of 2

I. IDADE MODERNA.

Denominamos Idade Moderna ao período histórico que abarca desde finais do século XV ao século
XVIII. O seu inicio sitúase na caída de Constantinopla en poder dos turcos (1453) e o fin na
revolución Francesa de 1789. Durante estes siglos prodúcense unha serie de cambios
transcendentais na ciencia e na técnica que permiten os descubrimentos xeográficos de novas terras;
no pensamento e na relixión, na arte, na sociedade, economía e na política que deixan atrás os
coñecidos e mal chamados como séculos escuros que representaba a Idade Media.

1. POBOACIÓN. SS. XV-XVII


• A poboación europea crece lentamente no século XVI debido a elevada mortalidade
extraordinaria provocada polas guerras e epidemias e ao crecemento natural baixo. A pesares
dunha elevada natalidade, a mortalidade infantil era moi elevada e por iso do crecemento
lento.
• Ao longo do s. XVII a poboación europea estancouse polo aumento da mmortalidadde debido
as fames provocadas polas malas colleitas, epidemisas de cólera, tifos e polas guerras.
• A partir do s. XVIII comezou a aumentar entre outras razóns pola desaparición da peste
(vixianza dos portos, illamento dos infectados...) e Europa non volveu a sufrir os estragos da
peste aínda que sí doutras epidemias como a variola, o tifos que provocaban grandes
mortandades.

2. ECONOMÍA E SOCIEDADE. SS. XV-XVII.


Fronte a prosperidade dos ss. XV e XVI, o s. XVII foi de crise.

2.1. Economía.
- O aumento de poboación e a demanda de alimentos derivou na necesidade de explotación de novas
terras e no aumento da produción agrícola. Terras cultivadas con sistemas tradicionais de barbeito
e logo de rotación e no que destacaban os cultivos de cereais (trigo, centeo, avena), vide, oliveira e
plantas forraxeiras.
- A produción manufactureira centrábase nas cidades. Os artesáns encadrábanse en corporacións
ou gremios, que regulaban o acceso ao oficio, a promoción ás categorías de oficial e mestre, e moitos
detalles da fabricación e comercialización dos seus produtos. Fóra das cidades existían outras
industrias como a minaría, a do liño ou de panos para as que se empregaban máquinas movidas pola
auga ou o vento (muíños fariñeiros, os mazos das ferrerías e os batáns para os panos). A partir de
finais do s. XVI, a imposibilidade dos gremios de abastecer á demanda, sobre todo de produtos téxtis
provoca que tímidamente naza un sistema de produción denominado protoindustria. Os
comerciantes adquirían materias primas que distribuían entre campesiños para que os elaborasen e
recollían despois o produto acabado.
- As actividades comerciais vironse beneficiadas polos descubrimentos xeográficos e o centro
comercial desprazouse do Mediterráneo ao Atlántico onde cidades como Amberes, Hamburgo,
Londres, Sevilla, Lisboa se convertiron en importantes portos desde onde se redistribuían as
mercadorías ao resto de Europa. As grandes potencias coloniais estableceron un comercio desigual,
coñecido como pacto colonial, polo que a metrópole exportaba ás colonias produtos manufacturados
a cambio de materias primas. Materias primas inexistentes en Europa como especias, metais
preciosos, tecidos exóticos, produtos para tinturas, tabaco, azucre. Era tamén importante o comercio
de escravos, capturados en África e levados a América.
O comercio interior era moi escaso e só estaba ao alcance dos grupos máis poderosos
económicamente. A maioría, poboación campesiña, autoabastecíase dos produtos básicos.
O auxe do comercio internacional provocou por unha parte á formación de compañías de
comerciantes (comenda) para facer fronte ás perdas que se producían nas viaxes -naufraxios,
piratería- e as grandes necesidades de capital, e por outra parte, a que naceran novos instrumentos
mercantís: letras de cambio, cheques, bancos, no que destacaron familias italianas como os Médici
ou alemañas como os Fugger, pronto convertidas en prestamistas dos monarcas europeos e en
mecenas dos artistas reancentistas.

2.2. Sociedade.
- A sociedade seguíu dividida en estamentos: privilexiados e non privilexiados, diferenciados non
tanto pola riqueza senón polo acceso ao poder.
Os grupos privilexiados formábanos:
• A nobreza, non homoxénea, ocupaba os cargos do goberno e do exército, tiña terras polas
que exixía prestacións aos campesiños e non pagaba impostos.
• A Igrexa, con gran diferencia entre as altas xerarquías e o baixo clero, gozaba dos mesmos
privilexios que a nobreza.
Os non privilexiados formaban a maioría da poboación: os campesiños -maioría- suxeitos ao pago
de prestacións ao rei e aos donos das terras; nas cidades mesturábanse os artesáns e pequenos
comerciantes, funcionarios, criados, vagabundos, buscavidas, xunto a un novo grupo nacido dos
grandes comerciantes e banqueiros, a burguesía, enriquecida polos negocios e que en moitos casos
emparentaron coa nobreza.
- A subida de impostos no s. XVII e o endurecemento das condicións de vida provocaron o
empobrecemento da poboación e o aumento das desigualdades sociais, o que deu lugar a revoltas
tanto nas cidades como nas zonas rurais.

You might also like