You are on page 1of 9

TEMA 5- A DOMINACIÓN EUROPEA DO MUNDO (1870-1914)

1. Un novo marco económico

I FASE II FASE

Cronoloxía Finais S.XVIII S.XIX (1870)

Fontes de enerxía Carbón, vapor, energía Petroleo, electricidade


hidraúlica

Sectores productivos Industria textil do algodón. Industria petroleira, quimica,


Siderurxica farmaceutica e
automobilistica

Medios de transporte Ferrocarril, barco vapor Tranvia, metro, barcos


aviacion

Innovacións tecnologicas Lanzaeira, Segadora Telefono, fonografo,


telegrafo, conematografo,
lampada...

Novas potencia industriais Gran Bretaña, Bélxica, Alemaña, Xapón, Estados


Francia Unidos

2. Os novos metodos de producion: taylorismo e fordismo

A Segunda Revolucion Industrial estivo acompañada de novos metodos de organizacion da


producion.
Taylor demostrou que a eficiencia no traballo podia mellorar no caso de aforrarse tempo. O
seu obxetico era aumentar a productividade mediante a especializacion do traballo, e deste
xeito abaratar custos de producion e prezos.
O taylorismo deulle paso ao fordismo, un sistema que combinaba a producion en serie cos
incentivos salariais aos traballadores. Foi aplicado por primera vez na fabricacion do modelo
Ford T.
Diferencias entre Taylorismo e Fordismo
Taylorismo> Division do traballo, Reduccion do tempo de fabricacion, Produccion en masa,
Aumento das vendas, Maiores Beneficios.
Fordismo> Producion en serie , Reducion do prezo de custo, aumento salarial, aumento do
poder adquisitivo,credito, publicidade, consumo en masa.

Tipos de concentración industrial


Holding> sociedade financiera que posue capital en diversas e variadas empresas
Cártel> asociación de empresas similares para fixar prezos, coras de producción ou
distribuirse o mercado.
Trust> fusión de diversas empresas para crear unha nova baixo unha única administracion
Monopolio> fabricante ou distribuidor que ten a exclusiva sobre un producto.
As causas do imperialismo
O avance da industrialización e da competencia entre países empurrou as principais
potencias europeas a conquistar e colonizar amplas zonas do mundo (imperialismo).
Políticas e Demograficas
O dominio de mares e a posesión de colonias eran un signo de poder político e de prestixio
internacional. As colonias converteronse en enclaves estratexicos das potencias europeas
para incrementar o seu poder militar en todos os continentes.
Os territorios conquistados permitiron o establecemento do excedente de poboación
europeo.
Economicas
Europa dominaba a economia mundial e as suas industrias aspiraban a ampliar os
mercados para vender os seus excedentes de producion, asegurarse o abastecemento de
materias primas e investir capitais en zonas lnde se puidesen obter maiores taxas de
beneficios. Puxeron en explotación os recursos coloniais aproveitando o baixo custo da man
de obra indixena.
Culturais e ideoloxias
As expedicions xeograficas impulsadas por sociedades cientificas deron a coñecer a
existencia de territorios inexplorados ata daquela e de formas de vida e culturas moi
diferentes as de Europa.

Administración das colonias


Os territorios quedaron baixo a administración da metrópole (os diferentes estados)
Segundo o número de poboadores, distinguense as colonias de explotación e as colonias
de poboamento.
A organización non foi homoxénea, pero en todos os casos a metropole tiña o control de
aspectos cruciais da organizacion politica, economica e social.
Os principais tipos de dominación foron:
Colonia: o territorio conquistado non tiña goberno propio e dependía totalmente da
metropole. O gobernador, un reducido grupo de funcionarios e un exército de ocupación
exercían o control.
Protectorado: o territorio conservaba un goberno indíxena, que gran parte das funcións
relevantes eran exercidas pola metropole, como o mando do exercito e a politica exterior.
Dominio: o territorio tiña unha organización política de seu, estaba baixo soberanía
británica.
Concesión: era unha zona cedida á metropole durante un tempo determinado.
Enclave estratexico: tratábase dun pequeno territorio situado nun lugar decisivo para
asegurar o control marítimo, favorecer o comercio e garantir a defensa.
Mandato: era un territorio colonial que pertencera aos países vencidos na Primeira Guerra
Mundial e que estaba administrado baixo supervisión da Sociedade de Nacións.
Territorio metropolitano: era unha colonia de poboamento na que os colonos estaban
representados polas institucions da metropole.

O impacto sobre os pobos colonizados


No ámbito económico
A presenza occidental significou a imposición dunha economía de mercado con condicións
comerciais favorables á metropole. Tamén implicou a expropiación de terras aos nativos
para crear grandes plantacións, o cal supuxo un retroceso da agricultura de subsistenci a
prol do monocultivo de produtos de exportación, a espoliación das riquezas naturais, e o
inicio dunha dependencia económica.
As metropoles impulsaron a construcion de grandes infraestructuras para explotar e
comunicar os territorios conquistados. Non melloraron as condicions de vida dos nativos,
que subsistian en condicions de semiescravitude.
No ambito politico e social
A administracion colonial puxolles fin as estructuras e xerarquias tribais tradicionais e
impuxo unha nova elite dirixente, formada por europeos que gozaban de privilexios.
O establecemento de límites entre imperios iniu etniias enfrontadas ou dividiu antigas
nacions, ao crear numerosas fronteiras artificiais. Iso xerou multitude de conflitos.
A introducion de vacinas e medidas hixienicas e a construcion de hospitais por parte dos
misioneiros reduciron a mortalidade e favoreceron o aumento da poboación. Existiron
problemas de abastecemento de alimentos e grandes fames.
No ambito cultural
A imposición de linguas, do cristanismo e das formas de vida europeas afectaron as
crenzas e tradicions das poboacions autoctonas.
Se ben a difusión da ensinanza contribuiu a alfabetizacion dos nativos, o seu principal
obxetivo era inculcar a superioridade dos valores da civilización occidental.
TEMA 7- A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL (1914-1918)

As causas da guerra
A configuración de dous bloques e o aumento das tensións mais a rivalidade internacional
propiciaron unha politica de rearmamento das grandes potencias. A ameaza dunha guerra
parecía inevitable, polo que estes anos que precederon ao seu estalido se denominaron “a
paz armada”
A formación de dous bloques de alianzas
Alemaña tiña como obxectivo consolidar a hexemonía alemá na política continental europea
e a contención dos seus rivais, en particular o illamento de Francia, para evitar un posible
revanchismo pola perda das rexións de Alsacia e Lorena tras a derrota de 1870. Estas
alianzas desembocaron na sinatura da Tripla Alianza (1882) entre Alemana, o imperio
austrohúngaro e Italia.
Francia e Rusia, asinaron un acordo, Francia asinou con Gran Bretaña o Acordo Cordial.
Estas alianzas desembocaron a creación dun Triplo Acordo (1907)

Causas Profundas:
Alemaña tamen rivalizaba con Francia e Gran Bretaña polo dominio das colonias
extraeuropeas e aspiraba a se converter nunha potencia colonial africana. As pretensions
de Alemaña de introducirse en Marrocos, un dos ultimos territorios africanos ainda por
repartir, bateron cos intereses das potencias xa instaladas naquel continente.
Os Balcáns constituian unha zona de conflito en Europa como resultado da disgregación do
Imperio turco. Enfrontábanse os intereses de Serbia e de Bulgaria, unificar e liderar os
povos eslavos do sur, e os do Imperio austro-húngaro e do imperio ruso, aspiraban a
ampliar a sua influencia nos Balcáns. Para frear o expansionismo austríaco, Rusia
converteuse en protector e aliado de Serbia.

Causas inmediatas:
O detonante da guerra foi o asasinato en Saraxevo, capital de Bosnia, do herdeiro da coroa
austríaca o arquiduque Francisco Fernando. Un estudante bosníaco relacionado con grupos
nacionalista serbios perpetou o atentado. Animada por Alemañana, Austria declaroulle a
guerra a Serbia, acusada de organizar o atentado.

- A Guerra de Movementos (1914)


O inicio da guerra estivo marcado polo movemento das tropas en ambas as duas frontes co
obxetivo de obter unha vitoria rápida. O plan alemán (Plan Schlieffen) prevía atacar Francia
entrando por Belxica e Luxemburgo.
Os francenses atacaron Alemaña por Alsacia, pero aos poucos dias tiveron que retroceder
derrotados, os exercitos xermanos avanzaron sobre Belxica e invadiron Francia. Na fronte
do leste, unha rapida ofensiva Rusa sorprendeu os alemáns, pero foi rapidamente freada.

- A Guerra de trincheiras (1915)


Os exércitos se protexían mediante trincheiras para impedir o avance inimigo.
A entrada do Imperio turco e de Bulgaria trasladou o conflito aos Balcáns e a intervención
de iItalia ao lado dos aliados abriu unha nova fonte para o império austro-húngaro. Ademais,
a guerra mundializouse coa participación das tropas coloniais e a extensión do conflito a
outros continentes.
Os alemans infentaron romper a fronte francesa no norte de Francia.
- Da crise de 1917 ao armisticio
O ano 1917 foi decisivo para o desenvolvemento do conflito. As desercións aumentaron e
producíronse numerosos motíns na fronte. Doutra, o triunfo dunha Revolucion Rusa fixo que
o país abandonase a contenda e asinase o tratado de Brest-Litovsk con Alemaña.
Ainda mais decisiva foi a entrada en guerra dos EE.UU a consecuencia do fundimento dun
barco estadounidense por un submarino alemá.

A paz dos vencedores


A conferencia de París
O presidente Wilson propuxo un programa de 14 puntos para negociar a paz, baseado no
dereito das nacionalidades a construirse en estados, na destrucion dos imperios, na
consolidacion da democracia, no desarmamento e na liberdade de comercio internacional.

Os cinco Tratados de Paz


Versalles (Alemaña) Alsacia e Lorena pasan a Francia.
Pagamento das reparacions de guerra aos
vencedores.
Restricción do seu exército.
Reparticions de colonias alemas.

Saint Germain (Austria) Desaparición do Imperio austro-húngaro e


proclamacion dunha república democratica
Aparición de novos estados.
(Checoslovaquia, Iugoslavia, Hungría e
Polonia)

Neuilly (Bulgaria) Pagamento de indemnizacions de guerra e


reducion do seu exercito.
Cesión de territorios a Iugoslavia e Grecia.

Trianon (Hungría) Recoñecemento da independencia de


Hungría.
Cesión de parte dos seus antigos territorios
a Polonia, Checoslovaquia, Iugoslavia e
Rumania.

Sèvres (Imperio Turco) Desmenbración do imperio turco.


Entrega de territorios a Grecia.
Cesión de outros territorios.

As consecuencias inmediatas do conflito


Demográficas
A guerra tivo un elevado custo humano. Morreron case dez millóns de persoas. A alta
mortalidade afectou especialmente os homes, mortalizados entre os 20 e os 40 anos, e
levou a unha disminución da natalidade.
Economicas
o conflito empobreceu os países belixerantes. Moitas cidades, campos de cultivo, industrias
e vias de comunicación foron destruídas. As finanzas públicas dos Estados quedaron
completamente endebedadas. A guerra significou a perda da hexemonía europea na
economia mundial en beneficio dos EE.UU, que se converteron en lider das finanzas. O
conflito beneficiou o Xapón, que aumentou a sua producion para lles facer fronte aos
pedidos europeos, sobretodo de armamento.
Sociais
Os anos que seguiron a guerra foron de penurias para unha boa parte da poboación,
afectada por unha suba dos prezos aue minguaba a súa capacidade adquisitiva. Esta
situación fixo aumentar o malestar social e as manifestacions e as folgas estenderonse por
Europa. Estalaron revoltas impulsadas polos comunistas seguindo o modelo revolucionarios
ruso en Alemaña e en Hungría. Ambas as duas insurrecions foron sufocadas violentamente.

As novas fronteiras de Europa


Vencedores: Francia, Reino Unido, Irlanda, Romanía, Italia,Grecia…
Novos Estados: Polonia, Checoslovaquia, Estonia, Lituania, Letonia, Iugoslavia.
Vencidos: Alemaña, Austria, Hungría, Bulgaria, Turquía, Prusia.
Bajo control da SDN: Fiume, Sarre, Danzig, Memel.

Nova Europa
Como proposta do presidente estadounidense Wilson, creouse en 1919 a SDN (Sociedade
de Nacions) unha organizacion internacional que debía garantir a paz no futuro e fomentar a
colaboracion e a cooperacion entre Estados.
Tiña como deber supervisar o cumprimento dos tratados e protexer as minorias nacionais
TEMA 8- A REVOLUCIÓN RUSA E A ORIXE DO ESTADO SOVIÉTICO

Rusia antes da Revolución


Nicolao II era un xigante con pés de lama. O tsar gobernaba sobre un territorio inmenso e
moi poboado.
No ámbito político Rusia seguía a ser unha autocracia (sistema de goberno que
comcentraba o poder nunha sola figura): o tsar gobernaba directamente o Imperio e non
estaba suxeigo a ningunha Constitución, nin tiña que render contas ante ningún parlamento.
Os partidos políticos estaban prohibidos e unha eficaz política reprimía calquera oposición.
A Igrexa ortodoxa gozaba de influencia social e constituía un dos piares ideolóxicos do
tsarismo.
A Economía: sostíase nunha agricultura de subsistencia técnicamente moi atrasada e cunha
baixa producción. A moderna industrialización e o capitalismo só penetraran na parte mais
occidental do Imperio.
A Sociedade: era unha das mais desiguais de Europa. Na cúspide achábase a nobreza, no
outro extremo atopábanse os campesiños, a inmensa maioría da poboación. Vivían en
condicions de extrema pobreza. No medio dos dous atopábanse os kulaks, medianos
propietarios que se enriqueceran acumulando terras. Nas cidades industriais concentrábase
un importanye continxente de obreiros.
A maioría traballaba en grandes empresas, percibía salarios baixos e vivían en condicións
precarias. A feble industrialización implicaba que a burguesia fose escasa e tivese pouca
influencia nos ambitos do poder.

A oposición do tsarismo
Os primeiros opositores eran coñecidos como populistas e propugnaban a destrucción do
tsarismo e a construción dun socialismo de base agraria. Entre eles, enraizou o anarquismo,
que produciu algúns dos sus grandes intelectuais. Unha das súas organizacións eran Terra
e Liberdade.
A principios do S.XX, creouse o Partido Socialista Revolucionario, que tiña unha grande
influencia sobre os campesiños porque defendían a necesidade de expropiar a terra dos
terratenentes. O desenvolvemento do proletariado supuxo a difusión do marxismo e
fundouse o Partido Social-Democráta Ruso. Este partido escindiuse en dous bandos:
bolxeviques (Lenin como líder) e menxevique (Mortov como lider)

A guerra civil
A revolucion triunfara. Os defensores do tsarismo que apoiaban o goberno provisional e
aspiraban a unha republica parlamentaria e os campesiños propietarios de terras iniciaron a
resistencia armada co obxetivo de impedir a consolidación do Estado soviético. A eles
sumaronselles algunhas potencias occidentais que invadiron Rusia cos seus exércitos.
Dirixidos polos vellos mandos do exército tsarista, os partidarios da antiga orde acabaron
chamandose rusos brancos por oposicion á Rusia roxa. Iniciopuse enton unha guerra que
se espallaria ao longo de tres anos.
Para facerlle fronte á guerra civil, os bolxeviques crearon o Exército Roxo e o seu artifice foi
León Trotski. O novo exército revolucionario baseábase na disciplina e nos graos militares
clásicos. O conflito bélice foi longo e cruel: elevado número de vidas e sumiu na fame e na
miseria millóns de persoas. No medio deste clima de violencia e ante o temor de que o tsar
puidese ser rescatado polo Exército Branco, en xullo Nicolao II e a sua familia foron
executados polos bolxeviques. O Exército REoxo quedou vencedor na guerra.
O comunismo de guerra
O goberno sovietico estableceu “comunismo de guerra” que implicaba un estrito control da
economía polo Estado e unha ríxida vixilancia sobre a poboación.
En nome das necesidades básicas nacionalizaronse as industrias de mais de 10
traballadores, a banca, os transportes e o comercio. A produción de cereais quedou
controlada e os agricultores foron obrigados a entregarlles ao estado a maior parte das suas
colleitas. A disciplina laboral aumento e limitaronse os dereitos sindicais prohibiendose o
dereito a folga.
Estas ríxidas medidas bateron coa resistencia dun gran sector do campesiñado e tiveron
que implantarse pola forza. O descenso da produción e os problemas derivados da guerra
supuxeron enormes dificultades para toda a poboacion.
A necesidade de crear de crear un bloque compacto de revolucionarios capaz de se
impoñer aos contrarevolucionarios implicou o establecemento de fortes medidas represivas.

A sucesión de Lenin
O debate popularizouse ao redor de dúas figuras, Trotski e Stalin (desempeñaba a
secretaría do partido Comunista) Trotski e os seus aliados defendian impulsar a
colectivización da agricultura, estender a revolucion en Europa, a denominada revolución
permanente. O enfrontamento agudizouse e Stalin, que manexaba os resortes internos do
partido, conseguiu facerse co poder, encarcerar a Trotski e mandala ao exilio.
Stalin optou por lle poñer fin a economía mixta.
(As purgas de Stalin) Stalin perseguiu os seus opositores e tamén algúns dos seus antigos
colaboradores que podían facerlle sombra, expulsandoos do país ou condenandoos ao
carcere ou á morte.

Da revolucion de 1905 as revolucions de febreiro e octubro de 1917


1905 Feb 1917 Oct 1917

Causas I Guerra ruso- Descontento polo Permanencia da I


xaponesa. goberno do tsar. guerra mundial.
“Domingo sanguento”. Nicolao II e enorme
Gran desigualdade desigualdade.
social e descontento Permanencia da I
fronte ao tsarismo. Guerra mundial.

Obxetivos Acabar coa autocracia. Derribar a Derribar o goberno


monarquía. provisional e
implantar a
Ditadura do
proletariado.

Protagonistas Grupos de Soviets controlados


oposicions soviets. polos bolxeviques.
Lenin principal
lider.

Acontecementos A folga xeral e Asalto ao Palacio


numerosas de Invierno.
manifestacions. Sede do goberno
provisional.
Resultados República gobernada Inicio da
por un goberno Revolución
provisional liberal. bolxevique e da
Guerra Civil.

- Definicions:
Gulag= campos de concentración.
Anarquismo: É o movemento que rexeita calquera forma de violencia, tanto do Estado como
das loitas entre forzas sociais promovendo o pacifismo e a non violencia.
Sóviets: Eran asociacions de obreiros, soldados e campesiños rusos que xurdiron por
primeira vez durante a Revolución de 1905 en oposición ao tsarismo.
Tsaristas: É unha combinación de tsar e caesar, é un título que se lle deu ao emperador de
Rusia e ao primeiro presidente de Bulgaria e Serbia.
Rasputín: Foi un místico ruso con una gran influencia nos últimos días da dinastía.
Duma: parlamento.

You might also like