You are on page 1of 3

• As caracterísitcas do capitalismo: Unha serie de pensadores británicos definiron, a finais do sé

culo XVIII, o liberalismo económico. Entre eles destacou Adam Smith, que estableceu os
principios do liberalismo:
◦ O interese persoal e a procura do máximo beneficio è o motor da economia.
◦ Os diversos intereses equilibranse no mercado grazas ao mecanismo dos prezos que se
adaptan á lei da oferta e da demanda
◦ O Estado debe absterse de intervir no funcionamento da economia e permitir o libre
desenvolvemento dos intereses particulares (librecambio).
◦ Baixo estes principios, o capitalismo industrial estruturase como un sistema no que os medios
de produción son propiedade privada da burguesia, e os traballadores das fábricas traballan
nelas a cambio dun salario.
◦ No capitalismo, a falta de planificación e o constante aumento da produción orixinan crises
económicas que se repiten bastantes veces

• O Congreso de Viena: Os representantes dos Estados europeos, liderados polas principais


potencias (Reino Unido, Austria, Prusia e Rusia) reuníronse no Congreso de Viena entre 1814 e
1815. Pretendían recuperar o control de Europa e volver ás estruturas do Antigo Réxime. Querían
deixar atrás os principios da Revolución Francesa, o liberalismo e o nacionalismo e, á vez,
controlar e vixiar a Francia para impedir un posible renacemento do seu imperio.
◦ As potencias reunidas no Congreso chegaron a unha serie de acordos:
▪ Restauración das monarquías absolutas e do principio de lexitimidade, polo cal se repoñían
no trono, baseándose en dereitos históricos, os monarcas depostos pola Revolución ou por
Napoleón.
▪ Procura do equilibrio político en Europa entre as diferentes potencias para asegurar a paz.
▪ Restablecemento do Antigo Réxime.
▪ Remodelación do mapa de Europa: establecéronse novas fronteiras que buscaban controlar
a Francia, frear o seu expansionismo e asegurar o dominio do continente por parte das
potencias absolutistas.

• A santa Alianza: En 1815, estableceuse o Tratado da Santa Alianza entre Rusia, Prusia e Austria.
Mediante este acordo, as tres monarquías comprometíanse a defender o absolutismo e o
cristianismo en Europa e a prestarse mutua axuda no caso de revoltas liberais. A Santa Alianza
permitía intervir militarmente onde xurdisen movementos revolucionarios, incluíndo territorios
fóra dos Estados que firmaron este acordo.
• O liberalismo: é un sistema politico que fundamenta a sociedade, no individuo. O Estado debe
garantir os dereitos e as liberdades fundamentais das persoas. O individuo libre é un cidadán e o
conxunto de cidadáns constituen a nación. O liberalismo e un sistema no que as decisións as toma
o Parlamento. Defende tamén a necesidade dunha constitución.

• O nacionalismo: é unha ideoloxía política que sostén o dereito dos pobos a decidir sobre eles
mesmos e a defender a súa soberanía. A nación pódese definir como un conxunto de individuos
que posuen unha mesma relixion, lingua, tradicións... e que desexan vivir en común. Esta vontade
deu lugar ao nacemento de movementos independentistas nos imperios otomán e austro húngaro e
foi a orixe da loita de italianos e de alemáns por unificárense nun único Estado.
• As revolucións do século XIX:
◦ O ciclo revolucionario do 1820: As primeiras revoltas liberais foron sobre todo insurreccións
armadas de militares apoiadas pola burguesía. Producíronse insurreccións en España, as dúas
Sicilias e Cerdeña
◦ O ciclo revolucionario do 1830: Entre 1829 e 1835 produciuse unha segunda onda
revolucionaria, de novo protagonizada pola burguesía. Nesta ocasión, tivo o apoio das clases
populares debido ao contexto de crise económica. A revolta en Francia estendeuse a outros
países de Europa, como o norte de Italia, Polonia, Prusia ou Suíza, aínda que en todos eles
fracasou.
◦ A primavera dos pobos (1848): son coñecidas como a primavera dos pobos, xa que un
importante número de pobos europeos alzouse contra o absolutismo.Un contexto de grave
crise económica provocou que nas revolucións participasen máis sectores populares.
Entrelazáronse así as reivindicacións liberais da burguesía coas demandas sociais das clases
populares.Como froito desta unión, esixíronse ideas máis radicais e democráticas.

A UNIFICACIÓN DE ITALIA E ALEMAÑA

• Unificación Italiana:
◦ A principios de século, a península Itálica atopábase fragmentada en oito reinos, O grande
impulsor da unificación foi o reino de Piamonte-Sardeña, que tiña un importante
desenvolvemento industrial e económico. Estaba gobernado por Cavour eVítor Manuel II.
◦ Na unificación italiana influíron diferentes factores:
▪ A vontade de independencia dos territorios do norte de Italia, que pertencían ao Imperio
Austríaco.
▪ As sociedades secretas eran defensoras do nacionalismo e do liberalismo.
▪ A burguesía tiña interese de que se instaurara un Estado liberal e unitario que permitise
eliminar fronteiras e ampliar os mercados.

◦ Cavour iniciou a unificación ao derrotar o Imperio Austríaco e conquistar a Lombardía, co


apoio de Napoleón III. A cambio da axuda, Niza e Savoia foron entregadas a Francia.
◦ Pouco despois, os Estados da Toscana, Parma e Módena uníronse ao Piamonte, tras derrocar
os seus gobernantes.
◦ En 1861, Vítor Manuel II foi proclamado rei de Italia. En 1866, incorporouse o Véneto ao
novo Reino de Italia e en 1870 anexionáronse os Estados Pontificios.
◦ O novo Estado italiano naceu cuns grandes desequilibrios entre un norte rico e industrializado
e un sur pobre e agrícola.

• A unificación de Alemaña:
◦ A Confederación Xermánica estaba formada por 38 Estados. O Estado máis extenso e
poderoso era Prusia. O seu canciller era Otto von Bismarck. Él foi o artífice da unificación, co
apoio da burguesía industrial e da nobreza terratenente prusiana.
◦ Na unificación alemá influíron diferentes factores:

▪ As ideas nacionalistas e liberais, forxaron un sentimento de pertenza a unha soa nación


alemá.
▪ Bismarck tiña A vontade de que Alemaña fose unha potencia europea que superase a
Austria e Francia.
▪ Os intereses económicos da burguesía buscaban a ampliación do mercado. Con ese
obxectivo, en 1834, Prusia impulsara o Zollverein (Unión Aduaneira).

◦ A disputa austro-prusiana polo control dos ducados dinamarqueses provocou unha guerra entre
as dúas potencias, que finalizou coa vitoria prusiana e a formación da Confederación Alemá do
Norte en 1866.

◦ En 1870 enfrontáronse Francia e Prusia. A vitoria prusiana supuxo a disolución do II imperio


francés, e consumou a unificación alemá. O II Imperio Alemán estaba formado por 26 Estados
federados que mantiñan algunhas institucións propias, pero baixo a hexemonía de Prusia. A
nova Alemaña converteuse nunha gran potencia europea e a primeira no ámbito militar.

You might also like