You are on page 1of 7

-Anarquismo: o anarquismo ou socialismo libertario presenta unha doutrina

heteroxénea, agrupa propostas individuais de distintos ideólogos. Tódalas correntes


anarquistas criticaban a sociedade capitalista e propoñían un modelo alternativo baseado
na ausencia de autoridade.

Os principios básicos do seu pensamento poden resumirse en: crítica da propiedade


privada e defensa da propiedade colectiva, a oposición da existencia do Estado e a súa
substitución por comunas (asociacións libres e voluntarios), o apoliticismo e o rexeitamento
dos partidos políticos e a defensa da espontaneidade das masas, do individualismo e da
acción directa.

O primeiro inspirador do anarquismo foi Proudhon, quen afirmaba que a propiedade era un
roubo e defendía un sistema social baseado no mutualismo e o cooperativismo.
Posteriormente, Bakunin formulou que a revolución e a destrución do capitalismo estarían
protagonizadas por tódolos sectores oprimidos, e serían o resultado da loita espontánea e
libre das masas contra a opresión. O seu obxectivo non era conquistar o Estado, senón
destruílo.

-Marxismo: o marxismo foi unha corrente socialista que defendía a necesidade de


destruír a orde liberal e o sistema económico capitalista para crear unha nova sociedade
sen propiedade privada e sen clases sociais. O proletariado, a clase explotada, era quen
debía establecer, mediante a revolución, a nova orde social comunista. A teoría marxista
fundamentábase en:

● Unha análise do pasado entendido como unha loita de clases, é dicir, segundo os
marxistas a oposición ou enfrontamento entre clases caracteriza as etapas da
historia: esclavismo, feudalismo e capitalismo.
● A crítica do capitalismo. Marx denunciaba a propiedade privada dos medios de
produción e a explotación do traballo asalariado, grazas á cal os capitalistas xeran
beneficios e se apropian deles.
● A proposta dunha nova sociedade comunista. Para iso era necesaria unha ditadura
do proletariado, para rematar coa propiedade privada e substituíla por formas de
propiedade socializada. Isto conduciría, á desaparición das clases e a constitución
dunha sociedade igualitaria.

-O ludismo: pola consecuencia do desemprego, os baixos salarios e as xornadas


esgotadoras. Os traballadores comezaron a organizarse para reivindicar mellores
condicións de traballo. Comezaron a destruír máquinas co obxectivo de presionar aos
empresarios a negociar as súas condicións de traballo. Os traballadores inspiráronse en
Ned Ludd ou comúnmente chamado “Capitán Ludd” polas cartas ameazantes enviadas a
empresarios.

-O sindicalismo: en 1820, os traballadores comprenderon a necesidade de crear


organizacións para defender os seus dereitos e mellorar as súas condicións de traballo.

As primeiras organizacións obreiras foron as sociedades de Socorros Mutuos, en ocasións


clandestinas. Cobrábanlle unha cota aos seus asociados co fin de axudar co traballador ou
a súa familia en caso de enfermidade, paro ou defunción. O cobro de cotas aos seus
membros permitíanlles crear caixas de resistencia e darlles soporte aos obreiros en caso de
folga.

Posteriormente, cando se derrogaron as leis que prohíban as asociacións obreiras,


fundáronse organizacións de oficios, as Trade Unions, ou sindicatos. No 1834, produciuse a
unión dos diversos sindicatos de oficio, e constituíuse a Great Trade Union, un sindicato
unificado que chegou a ter máis de 500.000 de traballadores afiliados.

O primeiro sindicato que se formou en España foi a Asociación de Tecedores de Barcelona


en 1840.

-O cartismo: a persecución á que estaban sometidos os dirixentes sindicais e a negación


do dereito ao voto convenceu a algúns obreiros da necesidade de participar en política. No
1836, un grupo de obreiros fundou a Working Men’s Association, que publicou a Carta do
Pobo que demanda o sufraxio universal masculino máis o voto secreto, a igualdade entre o
distrito urbano e o rural, un salario de deputado e a inmunidade parlamentaria, sen
represalias. No 1842, transformouse na Asociación Nacional da Carta, considerada como o
primeiro partido político dos traballadores.

Presentaron as súas demandas á Cámara dos Comúns e promoveron na súa defensa


folgas e manifestacións. A Carta foi rexeitada e, aínda que non conseguiron os seus
obxectivos, o cartismo permitiu a concienciación de amplas capas de traballadores e a
consecución da primeira redución da xornada laboral a 10 horas (1847).

-A primeira internacional: en 1864 creouse a Asociación Internacional de


Traballadores (AIT) co obxectivo de coordinar a loita de todos os obreiros.

A AIT organizouse en seccións nacionais e tiña un Consello Xeral dirixido por Marx, que
redactou os estatutos e o manifesto inaugural no que se establecían os principios básicos
da Internacional: a emancipación dos traballadores debía ser obra dos mesmos
traballadores, que conquistarían o poder político para acabar coa sociedade burguesa e
implantar o socialismo.

Acordáronse impulsar as mobilizacións obreiras e definíronse unha serie de reivindicacións:


redución da xornada laboral, supresión do traballo infantil, desaparición dos exércitos
permanentes, socialización dos medios de produción e o recurso á folga como o medio máis
eficaz para conseguir estes obxectivos.

Malia, xurdiron discrepancias entre Marx e Bakunin. Bakunin acusaba a Marx de controlar a
AIT e de que gran parte dos acordos reflectían as posicións marxistas. Bakunin propugnaba
a abolición do Estado e amosábase hostil a calquera forma de autoridade política.

As delegacións dos países máis industrializados (Reino Unido, Alemaña) apoiaban as teses
de Marx, e os países máis atrasados (España, Portugal, Italia) as de Bakunin. Este
enfrontamento sufriu despois da Comuna de París provocaron a ruptura da organización no
1872.
-As revolucións de 1848:
● A revolución en Francia:

Na Francia occidental, en febreiro do 1848, un levantamento popular destronou a Luis


Felipe de Orleans e proclamou a II República. O novo réxime adoptou medidas
democráticas novidosas:
- Sufraxio universal masculino
- Liberdade de prensa
- Abolición da pena de morte e da escravitude
- Recoñecemento dalguns dereitos para os traballadores.

Para mitigar o paro creáronse os Obradoiros Nacionáis, dirixidos polo Estado. Logo dunhas
eleccións, o novo goberno pechou os obradoiros e a supresión dalgunhas reformas sociáis.
A resposta produciu en xuño do 1848, en forma de novo movemento insurreccional obreiro,
que esixía a consolidación da república social. A rebelión foi esmagada coa intervención do
exército e a represión dos insurrectos. Trala revolta, a República evolucionou nun sentido
conservador e no 1851, Napoleón impuxo o seu poder e proclamou o II Imperio Francés.

● O espertar das nacións:

Esta revolución tivo un importante contido nacionalista no Imperio austríaco, onde dominaba
unha monarquía absolutista. Neste contexto, o rexurdimento nacionalista desenvolveuse de
xeito paralelo á revolta liberal. A insurrección iníciase en Viena e provocou a caída de
Metternich, a elección Asemblea Constituínte mediante o sufraxio universal e a abdicación
do emperador. Tamén comportou a emerxencia de movementos nacionalistas, que
reclamaban o recoñecemento da súa identidade, o respecto á diversidade lingüística e
cultural e a igualdade de dereitos entre diferentes pobos. Na lombardía italiana, a
insurrección reclamou a retirada dos austríacos, mentres que en Venecia chegouse a
proclamar a república. En Hungría proclamouse a independencia, o que provocou unha
guerra con Austria, que non aceptou. Nalgúns estados alemáns o movemento
revolucionario tivo un grande impacto e supuxo un avance cara a unificación territorial. En
Italia, Piamonte, consolidouse monarquía liberal baixo a dinastía de Savoia. En poucos
meses os movementos foron derrotados pero o imperio austríaco viuse obrigado a introducir
reformas.

- Estableceuse un sistema liberal moderado


- Modificouse a estructura do Imperio

-A restauración e o congreso de Viena

As grandes potencias vencedoras reuníronse no congreso de Viena baixo o patrocinio do


chanceler austríaco, inspirador da Restauración. O obxectivo era o rexeitamento dos
principios da revolución francesa e malia defensa do lexitimismo. Nalgúns países, ante a
imposibilidade de retornar totalmente ao absolutismo, os monarcas tiveron que facer certas
concesións. Luis XVIII promulgou unha carta otorgada que recoñecía algúns dereitos
políticos e o funcionamento de dúas cámaras cunhas atribucións limitadas. Pola contra, no
Imperio Austríaco, Rusia e en España, a Restauración supuxo o pleno restablecemento do
Antigo Réxime, mentres que en Reino Unido se mantivo o sistema parlamentario. O
congreso de Viena procedeu á remodelación das fronteiras de Europa co obxectivo de
equilibrar as súas forzas e as zonas de influencia mediante o reparto dos restos do Imperio
napoleónico. Asentáronse dous principios que ían rexer a política internacional:

- A celebración de congresos periódicos para arbitrar solución ante posibles alteracións


deste equilibrio territorial.
- O dereito de intervención nos países ameazados por unha renovación liberal. Prusia,
Rusia e Austria crearon a Santa Alianza, un pacto que permitiu a súa intervención política e
militar a requerimento de calquera monarca ameazado por unha revolución liberal. Pouco
despois incorporáronse outras monarquías.

-As primeiras ondas revolucionarias (1820-1830)

Malia o aparente retorno ao Antigo Regime, as ideas da Revolución Francesa deixarán a


súa pegada nos países europeos. A primeira onda revolucionaria produciuse na década
1820 e provocou en España, Portugal, Nápoles e Piamonte o inicio dun curto periodo liberal
que finalizou coa intervención directa das forzas absolutistas da Santa Alianza. Os
monarcas recuperan o poder dunha forte represión desencadeouse contra os liberáis
(detencións, execucións, exilios,...) Só en Grecia onde se uniron os intereses liberáis cun
forte movemento nacionalista, triunfou unha insurrección contra o Imperio turco. No 1822
proclamou a súa independencia, que se fixo efectiva no 1829 despois dunha cruel guerra.
Unha segunda onda iniciouse no 1830 onde se derrocou ao último monarca Borbón (Carlos
X) e se implantou unha monarquía constitucional que proclamou rei a Luis Felipe de
Orleans. O exemplo francés estendeuse e supuxo a independencia de Bélxica o que alterou
por primeira vez o mapa establecido en 1815. En Polonia, un movemento liberal a favor da
independencia foi esmagado polo exército ruso.

Como resultado destas revoltas liberáis, na maioría dos países de europa occidental
desapareceron os réximes absolutistas e impuxéronse Gobernos Liberáis moderados, cuxo
referente era a constitución francesa do 1791.

-A unificación de Italia e Alemaña

● Italia:

Italia no 1815 estaba dividida en estados desiguáis, o Papa era soberano nun deles e
Austria incorporara ao seu imperio a lombardía e o Véneto, só o Piamonte estaba
gobernado por unha monarquía liberal, a dinastía de Savoia. A conquista napoleónica
difundira as ideas liberáis á vez que estimulara un sentimento nacional de oposición aos
invasores. Durante a Restauración, estes ideais mantivéronse vivos grazas a minoritarias
sociedades secretas. En 1830 formouse o Risorgimento, un movemento de afirmación
nacional que tivo unha primeira expresión política na estratexia de unificación propugnada
por Mazzini e a súa organización, a Nova Italia. O fracaso dos intentos revolucionarios levou
a Cavour, xefe do goberno da monarquía piamontesa, a impulsar unha nova estratexia para
a unificación. Fases da unificación:
- Cavour conseguiu axuda francesa , derrotar aos austríacos e a anexionar a lombardía e
tamén os estados centráis. A acción militar engadiuse a diplomática, que supuxo a cesión
de Niza, Savoia a Francia, a cambio do recoñecemento do novo reino de Italia.
- Doutra banda, Giuseppe Garibaldi, emprendeu a conquista do sur cun exército moi
reducido que conseguiu o apoio popular para liquidar o réxime borbónico. A fin de non
dividir o movemento nacionalista, Garibaldi renunciou á perspectiva republicana e cedeulle
a Vítor Manuel II de Savoia as conquistas que se acadaran, recoñecendo así como rei de
Italia.

Finalmente, a unidade completouse coa anexión do Véneto, logo de derrotar os austríacos e


a conquista dos Estados Pontificios malia a oposición do Papa. Roma converteuse na
capital da nova Italia e creouse o estado do Vancano baixo a soberanía do pontífice. O novo
Estado tivo que se enfrontar a tres grandes problemas:

- A hostalidade do papado
- O contraste entre un Norte industrializado e un Sur agrario e atrasado
- O carácter incompleto da unidade, xa que Istria e Trento permaneceron baixo dominio
austríaco.

● Alemaña:

No século XVIII os filósofos Herder e Fichte estableceron as bases do nacionalismo alemán,


que foron reforzadas co Romanticismo. A nación definíase como unha alma espiritual,
inmutable e eterna. O congreso de Viena estableceu a confederación xermánica, que
aglutinaba 39 Estados, coa presenza de dúas poderosas potencias, o reino de Prusia e o
Imperio Austríaco. O primeiro paso cara a unificación foi a creación do Zollverein ou Unión
Aduaneira, un mercado de libre circulación. No Zollverein integrouse Prusia, mais non
Austria, o que puxo en evidencia que sería Prusia quen dirixiría o proceso unificador,
mentres que Austria mantiña as suas aspiracións imperiáis. Durante a revolución do 1848,
os sectores liberais e democráticos conseguiron formar un parlamento en Frankfurt, con
representantes dos distintos Estados elexidos por sufraxio universal. O parlamento
ofreceulle a coroa da posible Alemaña unificada ao rei de Prusia, Federico Guillerme IV,
mais a monarquía prusiana rexeitou a oferta por provir dun acto de soberanía popular. A
unificación: A partir de 1862 o chanceler de Prusia, Otto Von Bismarck, impulsou que Prusia
dirixira a unificación a partir da súa supremacía económica militar e da neutralización de
Austria, o seu gran rival. Esta estratexia provocou tres guerras:

- O enfrontamento con Dinamarca que supuxo a anexión dos ducados de Schleswig e


Holstein.
- A guerra contra Austria, a que derrotou na batalla de Sadowa, e que significou a disolución
da confederación da Alemaña Norte. Só Austria e os estados do Sur quedaban ao marxe
- Unha guerra contra Francia que permitiu cohesionar os Estados Xermánicos contra un
inimigo común os franceses foron derrotados en Sedán. A vitoria militar supuxo a
proclamación do segundo imperio e de Guillerme I como emperador. A unidade supuxo
unha estructura confederal dominada por Prusia, que lle imprimiu unha ideoloxía
conservadora e militarista ao novo Estado.
-Os novos estados liberais

● Reino Unido:

Ao longo do século XIX, o Reino Unido experimentou un gran progreso económico e foi
capaz de articular un vasto imperio colonial. Neste periodo destacou o reinado de Vitoria l
(1837-1901), durante o cal se implantaron reformas políticas que permitiron asentar as
bases dunha democracia estable e de corte liberal. O sistema político británico estaba
composto pola Cámara dos Lords e pola Cámara dos Comúns. Nesta última era habitual a
alternancia de dous partidos políticos, os tories (conservadores) e os whigs (liberáis); estes
últimos foron desprazados polo Partido Laborista. O réxime de monarquía parlamentaria
evolucionou cara a unha democracia liberal, grazas a unha serie de medidas que
bascularon o poder de decisión desde os grandes propietarios ruráis cara ao ámbito urbano.
Así, a reforma electoral do 1832 permitiu a extensión do sufraxio, aínda que esixía o
pagamento dunha renda (sufraxio censatario). Posteriormente, o ministro conservador
Disraeli impulsou a reforma electoral do 1867 e ampliou o dereito de voto a todos aqueles
varóns que tivesen casa en propiedade ou pagaran un alugueiro, permitíndolle votar a un
gran número de obreiros industriáis urbanos. Finalmente, a reforma electoral do 1884, a
iniciativa do liberal Gladstone, significou a extensión do sufraxio universal masculino, salvo
a quen non tivese residencia fixa, aos criados domésticos e aos fillos que residían cos seus
pais. A Acta de Unión do 1801 supuxo o nacemento do Reino Unido de Gran Bretaña e
Irlanda, pero a situación irlandesa foise deteriorando paulatinamente por mor da crise da
pataca, que provocou unha gran fame e a emigración masiva, así como a expulsión dos
arrendatarios irlandeses das terras de propiedade inglesa. O movemento nacionalista
cobrou protagonismo e producíronse atentados terroristas por parte da Sociedade Feniana.
No 1886, Gladstone presentou a Home Rule, que lle outorgaba unha maior autonomía a
Irlanda no marco do Reino Unido. Irlanda, fracturada entre o Norte, de maioría protestante e
fiel ao Reino Unido, e o Sur, de maioría católica, acadou a súa independencia trala guerra
de independencia irlandesa.

● Francia:

A diferenza do modelo británico, en Francia os procesos dos anos 1789, 1830 e 1948
constituíron un claro exemplo do protagonismo revolucionario na construción do réxime
democrático. Logo da revolución do 1848, Luís Napoleón Bonaparte accedeu á presidencia
da república francesa. Pouco despois disolveu a Asemblea, e logo de obter o apoio
plebiscitario para exercer plenos poderes, proclamou o ll Imperio francés (1852-1870) e
intitulouse emperador co nome de Napoleón III. Entre o 1852 e o 1860, o Goberno de
Napoleón III caracterizouse polo bonapartismo, isto é, o establecemento de medidas de
corte autoritario coas que o emperador concentrou o poder executivo, ostentou o mando
militar, estableceu censura de prensa e perseguiu a oposición. A partir do 1860, o poder do
emperador debilitouse e concedeu unha serie de medidas liberalizadoras, como o dereito a
folga, a liberdade de asociación e de prensa ou a amnistía para os condenados por delitos
políticos. O enfrontamento entre Napoleón III e Bismarck pola elección do candidato ao
trono español no 1870 culminou coa declaración de guerra a Prusia. A guerra franco-
prusiana concluíu coa derrota francesa na batalla de Sedán e no Tratado de Versalles
(1871), que supuxo para Francia a perda de Alsacia e Lorena e a fin do Il Imperio. A Ill
República francesa (1870-1940), xurdida trala derrota de Sedán, tivo que facerlle fronte á
proclamación da Comuna, un goberno autoxestionario que gobernou en París durante
algunhas semanas e que concluíu de xeito violento coa intervención do exército e coa
execución duns 20.000 revolucionarios. Logo da experiencia da Comuna, a Ill República
evolucionou cara un réxime democrático e republicano. No 1875 aprobouse a Constitución
da Ill República, que estableceu o sufraxio universal e un sistema no que o poder executivo
era ostentado polo presidente da república e o lexislativo se repartía entre o Senado e a
Asemblea. As medidas reformistas afondáronse tralo triunfo republicano do 1880. Entre
estas destacaron as melloras no ámbito social (lei de pensións, seguridade laboral etc.) e no
educativo (consideración do ensino como laico).

You might also like