You are on page 1of 3

Tema 11.

- O movemento obreiro no Sexenio democrático e


na Restauración

Coa industrialización do XIX, xurde un novo grupo social, o proletariado ou clase


obreira. Debido á debilidade do proceso industrializador español, os obreiros foron un
grupo menos numeroso comparado con outros países máis industrializados, pero non
evitou que sufriran duras condicións de vida e de traballo no XIX e primeiro terzo do
século XX: longas xornadas laborais, salarios ínfimos, explotación infantil, discriminación
laboral das mulleres, etc,. Este cúmulo de problemas, foi animando aos traballadores a
organizarse de forma progresiva para reivindicar a mellora das súas condicións de
traballo, ante a oposición de patróns e gobernantes. Así nace o movemento obreiro, que
seguirá as ideoloxías marxista e/ou anarquista.

O movemento obreiro, como conxunto de accións levadas a cabo polas clases traballadoras
para conseguir melloras salariais e laborais e dereitos políticos e sociais, desenvolveuse
desde os inicios da industrialización, na década de 1830, pero con maior intensidade no
período do Sexenio Democrático e da Restauración, a finais do século XIX e comezos do
XX.

As reivindicacións iniciais serán estritamente laborais (mellora das condicións de


traballo, regulación do traballo feminino e infantil, xornada, salarios…) e ante a negación
das mesmas pasarase a reivindicacións políticas (liberdade de asociación, cambios na
propiedade dos medios de produción, cambio de sistema político…), pois se vira que sen
representatividade política os obreiros non tiñan oportunidade de mellorar as súas vidas.

As primeiras protestas obreiras en España sitúanse nas décadas de 1820 e 1830, e foron de
natureza violenta: É o fenómeno do ludismo, a destrución de máquinas por parte dos
obreiros ao responsabilizalas da perda de emprego. Ex. O incendio da fábrica de
Bonaplata en Barcelona en 1835; máis cerca, na fábrica de tabacos de A Coruña en
1857 as traballadoras tiraron ó mar as novas máquinas de liar tabaco (e se non chega a
correr, ó director da fábrica) dado que a máquina atrasaba o ritmo de traballo e as
cigarreiras cobraban por cigarro feito. Estas accións son espontáneas e non organizadas, e
non teñen consecuencias máis aló da represión patronal e gobernamental; son
principalmente un síntoma do descontento obreiro. Nas zonas rurais non hai
ludismo como tal; o que ocorre alí é a ocupación espontánea de terras por parte de
xornaleiros, sobre todo en Andalucía e Estremadura (tamén sen máis consecuencias que a
posterior represión).

Pasarase progresivamente ás primeiras formas de asociacionismo obreiro (Sociedades


de Socorro e Mutualidades, na década de 1840, con finalidade de asistencia mutua dos
obreiros en caso de enfermidade o accidente laboral, que naquela época podía significar a
fame para a familia do obreiro). Estas primeiras asociacións no tiñan permitido
representar os obreiros nin negociar as condicións de traballo coa patronal, e por suposto
as medidas de protesta como folgas non estaban permitidas. Tras certos avances no bienio
progresista, as asociacións obreiras foron declaradas clandestinas durante gran
parte do reinado de Isabel II.

O período clave para o movemento obreiro será o Sexenio Revolucionario. A


Constitución de 1869 permitirá a liberdade de asociación. As ideoloxías obreiras
penetrarán con máis facilidade, polo que darase o seguinte paso na organización e loita:
nacerá o asociacionismo con poder de interlocución coa patronal, que desembocará no
nacemento dos sindicatos. Despois da caída da I República voltará a prohibición das
asociacións obreiras, para volver a ser legalizados có partido Progresista a partir de 1887.

Co inicio do Sexenio Democrático, as ideoloxías ou filosofías obreiras tiveron máis


facilidades para penetrar no noso país. En 1864, fundárase en Londres a I Asociación
Internacional de Traballadores (AIT), na que estaban presentes as dúas grandes
ideoloxías obreiras, o anarquismo e o socialismo científico ou marxismo. En
España foi especialmente importante o anarquismo con respecto a outros países europeos,
en parte porque tivo implantación máis cedo.

Anarquismo:

Trala Revolución de 1868, o líder anarquista Bakunin enviou a España a Giuseppe


Fanelli para organizar a sección española da AIT. Froito das actividades do grupo
bakunista, en 1870 celebrouse en Barcelona o primeiro Congreso Obreiro e creouse a
Federación Rexional Española (FRE), adscrita á AIT, chegando a ter arredor de
30.000 afiliados cara 1873, sobre todo, en Cataluña, Levante e Andalucía. Os
anarquistas defenden:

• unha revolución violenta para destruír o Estado capitalista e burgués


• suprimir calquera institución ou autoridade (Estado, capital, incluso
familia)
• abolir a propiedade privada e crear unha nova sociedade igualitaria e baseada
no colectivismo (propiedade colectiva dos bens)

Durante o Sexenio, a FRE suscitou un forte temor entre os empresarios e os gobernantes,


debido a sucesos violentos como os de Alcoi en 1873. A FRE manteríase na clandestinidade
tras ser declarada ilegal polo goberno no 1874, ata a súa disolución en 1881.

Dende o seu nacemento, o anarquismo español dividiríase entre un sector sindicalista e


moderado, e unha corrente radical, partidaria da violencia (acción directa), proliferando
na Restauración os atentados anarquistas (contra Martínez Campos en 1893, a bomba
no Liceo barcelonés 1893, o asasinato de Cánovas del Castillo en 1897), que
provocaron unha feroz represión gobernamental. Despois de dúas décadas de represión e
desorganización as distintas tendencias anarquistas españolas fundarán o sindicato CNT
(Confederación Nacional do Traballo, 1910), a principal organización obreira
española xunto á UXT.

Marxismo:

Chega a España cara 1871. Baseado nas ideas de Marx e Engels, rivalizaba co anarquismo
polo control do movemento obreiro. Marxismo e anarquismo coinciden no obxectivo
final (unha sociedade sen clases nin propiedade privada con igualdade
absoluta e xustiza social), pero discrepan no camiño a seguir:

• Os anarquistas buscan a revolución espontánea que leve a destrución do Estado e


a sociedade, para que dende o caos xurda de maneira espontánea a nova orde (a
sociedade sen clases colectivista). Por esencia, están en contra de calquera
tipo de organización e autoridade (só toleran o sindicalismo asembleario, no
que as decisións tómanse colectivamente por votación de todos os membros)
• Os marxistas creen que a vía axeitada é a creación dun partido de vangarda,
cos líderes da clase obreira, que lidere a revolución e, despois da toma do poder pola
clase obreira, estableza un período transitorio de ditadura do proletariado como
etapa intermedia ata lograr a educación revolucionaria suficiente para finalmente
chegar á sociedade sen clases. Polo tanto, ven necesaria a existencia de
partidos políticos.
• Finalmente, dentro dos marxistas existen dúas tendencias:
◦ comunistas, que ven ó partido só coma un vehículo revolucionario e néganse
a chegar a acordos parlamentarios co resto de partidos,
◦ socialistas, que sen renunciar á revolución, e mentres as condicións para esta
non existan, ven posible participar na política e o goberno para mellorar
as condicións dos traballadores, mediante partidos políticos e sindicatos.

As principais organizacións socialistas españolas foron fundadas polo líder obreiro


Pablo Iglesias durante a Restauración: o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE,
creado en 1879) e a Unión Xeral de Traballadores (UXT, sindicato creado en
1888). Os socialistas españois tiveron unha forte implantación entre os obreiros de
Asturias, País Vasco, Madrid e Cataluña, así como no campo andaluz (onde rivalizaban cos
simpatizantes do anarquismo). Debido á manipulación electoral da Restauración, terán
moi poucos deputados no parlamento.

Posteriormente, e por influencia da III Internacional e da revolución rusa, unha parte dos
socialistas se separará e formará en 1921 o Partido Comunista de España. Finalmente, a
finais de século creáronse sociedades obreiras católicas que cunha óptica cristiá
pretendían contrarrestar o avance do anarquismo e socialismo, defendían a colaboración
de clases e pretendían lograr a concordia social que sostiña a Igrexa.

En resumo, as 2 correntes obreiras principais que se conforman serán o socialismo


(UXT e PSOE) e anarcosindicalismo (CNT). Estas dúas forzas, máis urbana a UXT e
máis rural a CNT, vertebrarán a loita obreira durante a Restauración, con forza crecente,
aproveitando a tolerancia coas organizacións sociais nos períodos de goberno do Partido
Liberal. A CNT inclinarase con todo pola propaganda polo feito (terrorismo contra figuras
políticas ou empresariais, como o asasinato de Cánovas en 1897) mentres que o socialismo
utilizará folgas para reivindicar melloras laborais. A actitude do Estado na Restauración
variou dependendo de quen gobernase, alternando entre a represión e o recoñecemento de
dereitos aos traballadores. Aínda así sempre houbo unha forte vixilancia e habitual
emprego da forza, mediante a Garda Civil e o exército, para sufocar os levantamentos,
sobre todo no Primeiro de Maio.

A pesar das dificultades o movemento obreiro español foi conseguindo que durante as
primeiras décadas do século XX os gobernos da Restauración elaborasen leis de carácter
laboral (como a creación do Instituto Nacional de Previsión en 1908 para a xestión dunha
incipiente seguridade social, o recoñecemento do dereito de folga ao ano seguinte, ou a
redución da xornada laboral a 8 horas en 1919). Máis adiante, ás reivindicacións de tipo
laboral xuntaranse ás de tipo político, demandando un cambio do réxime cara un sistema
democrático, sendo as organizacións obreiras protagonistas na crise da Restauración e, con
posterioridade, na II República.

You might also like