You are on page 1of 4

SOCIEDADE DE CLASES E MOVEMENTO OBREIRO

As revolucións industriais e as súas consecuencias sociais: 1800-1914


Contidos recollidos nos apartados 4. e 5 do tema 2 do libro de texto (páx. 68-87), continuando no
tema 3, apartados 2.2 e 2.3 (páx. 102-107). E importante que lembres os cambios económicos e
políticos vistos anteriormente que asociaremos estos aos cambios sociais.
Coa aparición das clases sociais como criterio de diferenciación social durante o século XIX,
orixináronse numerosos enfrontamentos, relacionados coas diferentes condicións de vida e da
traballo entre a burguesía e do proletariado que daría lugar a movementos de protesta froito
das difíciles condicións de vida e explotación laboral.
O proletariado (o que traballa a cambio dun salario) con “conciencia de clase” (problemas comúns
e propios como clase) grazas ás ideas do socialismo marxista e ao anarquismo da segunda
metade do XIX, acabaría formando partidos políticos obreiros (socialismo marxista) e sindicatos
(marxismo e anarquistas). Marxismo e anarquismo (ambas socialistas e defesensores dos obreiros)
mostraron diferencias importantes entre elas.

COMPOSICIÓNS DE DOCUMENTOS (documentos relacionados con...)


I. Características da nova sociedade de clases do S. XIX.
II. As oríxenes do movemento obreiro: o movemento obreiro ata mediados do século XIX
(ludismo, mutuas e sindicalismo).
III. O socialismo e as Internacionais (o movemento obreiro na 2ª metade do XIX): marxismo e
anarquismo.
PREGUNTAS TEÓRICAS
I. O movemento obreiro ata mediados do século XIX (ludismo, mutuas e sindicalismo).
II. O movemento obreiro na segunda metade do XIX: Iª Internacional, marxismo e
anarquismo (características e diferencias).
TERMOS a definir
Anarquismo, clase social/sociedade de clases, Iª Internacional, ludismo, marxismo, proletariado,
sindicato, socialismo.
COMPOSICIÓN DE DOCUMENTOS
Características da nova sociedade de clases do S. XIX.

Xunto á presentación da explicación de aula, consulta fundamentalmente o apartado 4.1. A


Nova sociedade de clases (páx. 68-70).

Documentos 18 (páx. 69), doc. 19 (páx. 70, un dos dous doc), doc. 20 (páx. 71, dun dos dous doc).
Nestos documentos é importante que teñas claros aspectos como clase social (os criterios de
diferenciación entre as diferentes clases), cal é o novo papel da burguesía tanto no político como n
económico, (de ahí os temas anteriores, ,sobre todo a RF), e o do proletariado como nova clase social
que xorde coa Revolución Industrial.

PREGUNTA TEÓRICA
O movemento obreiro ata mediados do século XIX (ludismo, mutuas e sindicalismo).
COMPOSICIÓN DE DOCUMENTOS
As oríxenes do movemento obreiro: o movemento obreiro ata mediados do século XIX (ludismo,
mutuas e sindicalismo).

Comenza (brevemente e como contextualización) indicando cales eran as características da nova


sociedade de clases a comenzos do S. XIX, recollido no 1º e 2º parágrafos da páx. 68, e completao
coa descripción das condicións de vida e de traballo do proletariado do S. XIX, apartado b (páx.
70).
Continúa coa explicación de cales foron as 1ª formas de protesta desorganizadas, apartado 4.2. As
primeiras protestas e loitas obrerias: ludismo (páx. 70-73).

Respecto aos apartados b. A Loita polo voto: o cartismo, apartado c. O sindicalismo (páx. 74-75),
céntrate en explicar como os obreiros=proletariado ao darse conta que non eran as máquinas as
culpables da súa situación, senón a nova estructura social e económica, deron paso á organización
(mútua, sindicalismo, etc.).
Conclusión relacionada coa aparición da conciencia de clase relacionada co socialismo marxista e
anarquista.

Doc. 22 (páx. 72), doc. 25 (páx. 73), doc 27 ou doc. 28 (páx. 75).
PREGUNTA TEÓRICA
O movemento obreiro na segunda metade do XIX: Iª Internacional, marxismo e anarquismo
(características e diferencias).
COMPOSICIÓN DE DOCUMENTOS
O socialismo e as Internacionais (o movemento obreiro na 2ª metade do XIX): marxismo e
anarquismo.

Comenza sinalando como a aparición do socialismo está relacionado co proceso industrializador e a


aparición da nova sociedade de clases, (punto 5, 2º parágrafo da páx. 76, e punto 5.2, o 1º e 2º
parágrafos da páx. 78).
Respecto aos socialistas utópicos, apartado 5.1, páx. 76, só mencionar que foron chamados así polo
Marxismo por aportar propostas sociais idílicas =utópicas. O máis destacado está nos apartados 5.2,
5.3 e 5.4 (páx. 78-87):
5.2. Marxismo, (páx. 78-81): características básicas desta corrente socialista creada por Marx e
Engels. Tanto na pregunta, como no comentario, será fundamental que comprendas e utilices os
seguintes conceptos: Materialismo histórico, Loita de Clases, Sociedade sen clases, Ditadura do
proletariado e a crítica ao capitalismo “plusvalía.
Polo que se refire ao anarquismo, debes ter moi claro que significa, e as súas características,
fundamentalmente as que os diferencias e enfrontaron cos Marxistas recollido no apartado 5.3.
Anarquismo, (páx. 82-83)
Continúa coa Iª Internacional (apartado 5.4, páx. 84-87) aquí interesa que saibas: que foi a Iª
Internacional? E por que se celebrou a 1ª en Londres? Cales foron as causas do enfrontamentos entre
Marx e Bakunin? Por que fracasou a Iª Internacional?
Remata co apartado 2.2. A consolidación do movemento obreiro (páx. 102-106):
Nos últimos anos do S. XIX, o Marxismo ao pretender a conquista do poder político, creou partidos
políticos e sindicatos. Menciona o nome dalgún partido ou sindicato.
O anarquismo ao ser contrario a todo tipo de autoridade, nunca formarán partidos políticos, sí
sindicatos. Utilizando para expandirse a finais do S. XIX e comenzos do XX dúas vías: anarcoterrorista
(violenta) e a anarcosindicalista.
Documento 33 (páx. 80), documento 35 (páx. 82), documento 37 (páx. 84)/doc. 39 (páx. 86)

En calquera das posibilidades de comentarios, podes optar pola selección que figura nun
arquivo adxunto para o alumnado de exención de lingua galega.
TERMOS a definir
Anarquismo
Unha das correntes do socialismo (crítica do capitalismo) ao que buscan eliminar, pero diferéncianse
dos marxistas respecto aos métodos para conseguilo. A diferencia dos marxistas, rechazan calquer
tipo de autoridade (incluída a do Estado) e como estes defenden a abolición da propiedade, pero
frente á loita de clases, busca a liberdade individual. Modos de actuación: acción violenta e a loita
sindical, anarcosindicalismo.
Clase social
Modo de organizar a sociedade no que a posición dentro desta se determina básicamente por
criterios económicos. Caracterízase polo seu carácter aberto xa que a diferencia do estamento,
pódese ascender ou descender dentro da pirámide social. Existen fundamentalmente tres clases:
alta, media e baixa.
Iª Internacional (1864-1876) ou Asociación Internacional de Traballadores.
Primeira organización sólida da clase obreira internacional, para loitar contra o sistema económico
capitalista. Actuou como medio de enlace e coordinación entre grupos de traballadores de diferentes
países (marxistas, anarquistas,…).
Ludismo
Movemento social das tres primeiras décadas do século XIX, caracterizado pola oposición á
introdución de maquinaria moderna no proceso productivo; desencadenando accións violentas e
desorganizadas como a destrución das máquinas. Os primeiros exemplos de Ludismo déronse en
GB a comenzos do século XIX. O nome procede dun mítico líder do téxtil Ned Ludd de finais do XVIII

Marxismo
Unha das correntes do socialismo na 2ª metade do S. XIX que estableceu como bases ideolóxicas: a
explicación material/económica da Historia «materialismo histórico», a “loita de clases” como motor
do cambio cara unha sociedade sen clases na que se establecese a “ditadura do proletariado” como
forma de goberno; e a “plusvalía” como factor da desigualdade na sociedade capitalista.

Proletariado
Nova clase social, formada por antigos campesiños, artesáns que ao non ter medios para producir
venderán a súa forza de traballo a cambio dun salario.

Sindicato
Asociacións obreiras que naceron como resposta aos problemas ocasionados pola industrialización
(fábrica). Son os representantes dos intereses dos obreiros no proceso productivo.

Socialismo
Teoría e acción política defensor dun sistema político e económico baseado na socialización da
economía (oposto ao capitalismo) para establecer unha sociedade sen clases. Utópico/científico.

You might also like