You are on page 1of 116

Revista do

comunismo galego
nº2 II xeira - xaneiro 2023

Independencia, internacionalismo
e toma do poder
Aproximación ao movemento
xeral do capital e do traballo
Clases, estado, reforma e
historia. Clase contra clase
1972 en Vigo.
Antecedentes e formación de
Abrente e Solpor nuclear no actores alternativos
Estado e en Galiza
Unha nova xeira no comunismo
Sofistas, charlatáns e outros de raigame galega
seres malchamados teóricos
Entrevista á Asociación de
Ten sentido reivindicar a Amizade Galego-Cubana
Lenin no século XXI? Francisco Villamil
Embate. Revista do comunismo galego, nº2 da IIª xeira. Galicia, marzo de 2023

Consello de Redacción: Comité Central do Partido Comunista pola República Galega

Maquetación: Alberto Ardid

Impresión: Gráficas Planeta SL, Mos-Galicia

Peche de edición: 25 de xaneiro de 2023

Depósito legal: C-1813-2005

______________________________

Embate non se fai responsábel das opinións das colaboradoras e colaboradores, que se
expresarán de maneira individual e non representarán necesariamente a opinión da re-
vista. Esta reflectirase exclusivamente no editorial e nos textos asinados polo Comité
Central do Partido Comunista pola República Galega ou por calquera das súas áreas.
Pódense reproducir libremente os artigos citando fonte.

pcrg.gal
comunismoerepublica@gmail.com
Fe de erros do número anterior

No terceiro parágrafo da páxina 52, no artigo “Embate, unha nova revista para un novo Partido”,
onde pon Outubro debería ter posto Setembro, voceiro que foi das Xuntas Galegas pola Am-
nistía tras a detención en setembro de 1980 de 16 militantes do Partido Galego do Proletariado
por parte das forzas represivas do Estado Imperialista Español. Cómpre salientar que o primeiro
número de Setembro foi redactado polos propios presos políticos do PGP, membros tamén de
Galicia Ceibe (Organización de Liberación Nacional).
EMBATE xaneiro 2023

Editorial

Independencia, internacionalismo
e toma do poder

O obxectivo do comunismo está claro, aínda que algúns se


teñan esforzado por deturpalo, ocultalo ou esquecelo: a conquista do
poder por e para a clase obreira.
Esta cuestión, contemplada no seu momento por Marx e Engels,
sería desenvolvida máis tarde por Lenin que, n’O Estado e a revolución,
dedica páxinas e páxinas a botar por terra as deturpacións interesadas
que o reformismo viña facendo da obra de Karl Marx coa esperan-
za de reducir o comunismo á categoría de disidencia controlada. A
conclusión que Lenin saca das súas investigacións é clara: o comunis-
mo, como proxecto revolucionario de transformación da realidade, só
pode acadar o seu obxectivo de conquista do poder para o proletariado
mediante a destrución do Estado burgués e a construción dun novo
Estado obreiro. A vitoria final da nosa clase –que chega unicamente
coa plena derrota internacional da burguesía e o seu derrocamento
en todos os recunchos do Mundo– traerá como consecuencia a perda
de utilidade da ditadura do proletariado, dado que xa non existirá un
inimigo contra o que exercela e, así, o Estado obreiro, despoxado da
súa utilidade práctica, extinguirase dando lugar ao comunismo como
modo de produción e final da loita de clases.
O dito até agora está máis ou menos claro na mente de calquera
militante e aparece recollido nos textos de calquera organización comu-
nista, pero é habitual que exista un notábel descuido á hora de trazar
unha folla de ruta concreta orientada á conquista do poder, ou, por ex-
presalo en termos propios do marxismo clásico, non podemos falar, no

7
xaneiro 2023 EMBATE

caso do Estado español, dun horizonte estratéxico nidiamente definido


para a fase concreta do proceso revolucionario na que nos atopamos.
A configuración do comunismo galego á que nos referimos
no editorial do primeiro número de Embate non é un mero proceso
de confluencias e escisións orgánicas, senón que se trata dunha longa
reflexión colectiva sobre os métodos de loita do proletariado e a súa
capacidade para a construción do poder obreiro no contexto concreto
do Estado español. A conclusión, aplicando o pragmatismo e o rigor
revolucionario propios do método leninista, está clara: non existe un
camiño á conquista do poder, no noso contexto concreto, que sexa
posíbel definir mellor que o das independencias.
O grande aporte do leninismo á cuestión nacional é o seu en-
foque da mesma como unha cuestión de clase, comprendendo que
a nación é unha forma de organización social resultante dun longo
proceso histórico que toma forma no capitalismo como resultado das
condicións concretas da loita de clases nese momento. Desaparecida a
xurisdición privada da terra por parte dos señores feudais coa chegada
do novo Estado burgués, os individuos precisarán identificarse como
grupo en base a outros criterios, consolidándose así a nación como
forma de identificación social. Algúns Estados, como Francia ou Ale-
maña, terán máis éxito á hora de consolidar a identificación plena entre
nación e Estado –con excepcións evidentes como Córsega ou Bretaña,
no caso francés–, mentres que outros, como España, por debilidade
do proxecto burgués, serán incapaces de consolidarse como Estado
mononacional. A existencia das nacións como realidades obxectivas en
paralelo ao Estado é algo indiscutíbel dende un punto de vista mate-
rialista e axuda a comprender a causa pola que os estados burgueses
adoptan unha forma concreta e a causa pola que existe, por exemplo,
un proxecto independentista da nación galega pero non un proxecto
independentista da cidade de Betanzos.
En 1913 Stalin escribe, por encargo do grupo bolxevique, O
marxismo e a cuestión nacional, panfleto que viña a continuar as re-

8
EMBATE xaneiro 2023

O grande aporte do leninismo á flexións feitas por Le-


cuestión nacional é o seu enfoque da nin sobre o asunto ao
tempo que trazaba cal
mesma como unha cuestión de clase. debía ser a estratexia do
Partido con respecto á
cuestión nacional do Imperio ruso en relación aos intereses revolu-
cionarios do proletariado. É neste panfleto no que se sistematiza, por
primeira vez, unha definición de nación formulada por enteiro dende
claves marxistas, que Castelao recollerá no seu Sempre en Galiza e que
xa citamos no anterior editorial. Lembremos a definición de Stalin:
«Nación é unha comunidade humana estábel, históricamente forma-
da e xurdida sobre a base da comunidade de idioma, de territorio, de
vida económica e de psicoloxía, manifestada esta na comunidade de
cultura.»
A isto, engade:
«Ademáis, de seu compréndese que a nación, como todo fenómeno
histórico, atópase suxeita á la lei do cambio, ten a súa historia, o seu
comezo e o seu final.»
E tamén:
«É necesario subliñar que ningún dos rasgos indicados, tomado illada-
mente, é dabondo para definir a nación. Máis aínda: basta con que fal-
te aínda que so sexa un destes rasgos, para que a nación deixe de selo.»
Non obstante, con respecto á lingua, aclara o seguinte:
«Ingleses e norteamericanos falan o mesmo idioma e, a pesar disto, non
constitúen unha soa nación. Outro tanto cabe dicir dos noruegos e dos
daneses, dos ingleses e os irlandeses.»
Por que resultan útiles as achegas de Stalin para o proxecto
revolucionario marxista? Porque permiten categorizar a nación como
unha realidade social á marxe de calquera noción de identidade ou per-

9
xaneiro 2023 EMBATE

(...) nas últimas décadas ningún fenómeno


político ten ameazado tanto a estabilida-
de e a propia existencia do Estado español
coma o independentismo organizado nas
súas diversas formas.

tenza individual, que non é máis que a subxectividade propia do pen-


samento liberal, desbotando ao mesmo tempo a tendencia esencialista
ás explicacións místicas e á comprensión da nación como un fenómeno
estático ou eterno. Isto permite trazar un horizonte estratéxico baseán-
donos exclusivamente nos intereses de clase do proletariado galego, que
non son outros que os do proletariado internacional no seu conxunto.
Partindo dun marco de análise marxista podemos afirmar que
o Estado español é inequívocamente plurinacional e que se atopa atra-
vesado por unha contradición irreconciliábel entre os intereses da na-
ción opresora –España– e os intereses das nacións sometidas – Galicia,
Euskadi, Cataluña...– esta contradición nacional non é outra cousa que
a contradición de clase: os intereses da burguesía española precisan do
sometemento destas nacións para o correcto desempeño do seu modelo
económico. As formas concretas nas que se materializa esta dinámica
no caso galego e a súa repercusión na composición de clase de Galicia
foron expostas no artigo «Clase e estratexia revolucionaria en Galicia».
Esta contradición á que nos referimos ofrece síntomas concretos
de tipo político, materializados por unha banda na aparición de fortes
tendencias nacionalistas e independentistas nas nacións sen Estado –ca-
paces de acadar unha enorme incidencia social e incrementar ata niveles
extremos a intensidade dos métodos de loita en algúns momentos da
historia recente– e por outra banda no apoxeo dun nacionalismo español
de tipo chovinista e de carácter extremadamente reaccionario que busca
perpetuar a actual composición nacional do Estado mediante constantes
ataques de todo tipo –culturais, lingüísticos, económicos...– contra as
nacións sen Estado, tratando de diluir a súa conciencia nacional. Este

10
EMBATE xaneiro 2023

último fenómeno ao que nos referimos ten resultados fácilmente com-


probábeis na nosa terra: por primeira vez, en 2022, o INE situou o cas-
telán como lingua máis falada en Galicia, un retroceso social do galego
nunca antes visto, nin sequera nos tempos da ditadura franquista.
Temos, por tanto, que as nacións existen obxectivamente como
grupos sociais de entidade propia, con independencia da forma que
adopte a entidade estatal. Temos tamén que o Estado español é un
Estado plurinacional que, por intereses económicos e políticos da bur-
guesía española descansa sobre a base da opresión nacional, o que pro-
voca unha tensión constante e constitúe unha contradición interna
susceptíbel de ser detonada. Podemos concluir, por tanto, que se a
cuestión nacional é, efectivamente, unha cuestión de clase, a contra-
dición nacional que opera no seo do Estado español é necesariamente
unha contradición de clase e que, por tanto, a súa resolución nunha
dirección ou noutra, condiciona o equilibro de forzas no contexto da
loita de clases.
A todo isto podemos engadir dúas certezas máis: a primeira
é que, nas últimas décadas ningún fenómeno político ten ameazado
tanto a estabilidade e a propia existencia do Estado español coma o in-
dependentismo organizado nas súas diversas formas; a segunda é que,
no marxismo, o dereito á autodeterminación é unha reclamación irre-
nunciábel, sendo a independencia –Vietnam– ou a unidade –URSS–
opcións estratéxicas igualmente válidas sempre e cando conduzan á
conquista do poder polo proletariado.
No caso concreto de Galicia, a composición de clase da nosa
nación establece dous proxectos claramente confrontados: un sobe-
ranismo que representa os intereses das clases populares contra unha
visión estática do Estado que busca perpetuar a depredación da nosa
terra por parte das elites dominantes, a burguesía española e os seus
axentes/asociados en Galicia.
Para perpetuarse no poder, as clases dominantes adoitan ali-
mentar o odio entre as distintas nacións ou grupos étnicos, evitando

11
xaneiro 2023 EMBATE

así que a loita de clases como diná,ica xeral e fenómeno histórico sexa
plenamente visíbel para a clase traballadora no seu conxunto. Isto evita
que o proletariado asuma as formas de organización e de loita acordes
cos seus intereses e facilita a supervivencia do poder burgués. É precisa-
mente por isto que o marxismo responde cunha aposta firme polo in-
ternacionalismo proletario, único método capaz de disipar esa neblina
e enfocar correctamente cal é o inimigo e cales son os nosos obxectivos
como clase. Exemplos innumerábeis: a paz incondicional bolxevique
en Brest-Litovsk, Ho Chi Minh sendo membro fundador do Partido
Comunista Francés antes de convertirse en arquitecto indiscutíbel da
independencia do Vietnam, a heroica historia da solidariedade cubana
con tódolos pobos do mundo...
En definitiva, a tarefa do comunismo galego, por tanto, disco-
rre polo mesmo vieiro que a do comunismo catalán, vasco, canario ou
mesmo español, porque compartimos a tarefa común da destrución do
Estado para a construción do novo poder:
• A construción, por parte das diversas nacións que compoñen o Es-
tado –incluída a nación española–, de cadanseu Partido Comunista,
recuperando a cuestión de clase como eixo vertebrador e rexeitando
a tentación do conservadorismo máis acomodaticio, que pode asu-
mir múltiples formas: sectarismo, folclorismo, esquerdismo esteril,
falso pragmatismo dereitista...
• O artellamento, por parte deses partidos, dun horizonte estratéxico
enfocado á detonación das contradicións internas do Estado burgués,
asumindo a independencia das nacións sen Estado como un dos de-
tonantes máis potentes cos que podemos contar na actualidade.
• O traballo consecuente na elaboración dunha liña política que con-
ciba a independencia dende unha óptica de clase, entendendo que
non se trata de alimentar ás masas coa mística esencialista en base
a cálculos oportunistas de interese persoal, senón de trazar unha
folla de ruta que faga posíbel o choque frontal e a vitoria fronte ao
inimigo de clase.

12
EMBATE xaneiro 2023

• Un compromiso co fortalecemento dos vínculos entre as orga-


nizacións obreiras das distintas nacións que compoñen o Estado
español, comprendendo que o internacionalismo proletario é un
exercicio de fraternidade revolucionaria que se constrúe necesaria-
mente á marxe das lóxicas do poder burgués e que está totalmente
enfocado a destruilo.

13
xaneiro 2023 EMBATE

Aproximación ao movemento
xeral do capital e do traballo
Partido Comunista pola República Galega

1. Tendencias e ubicación do momento histórico


A chave para o análise conxunto do sistema capitalista é a taxa
de ganancia, Marx así o defende, e por unha inferencia dedutiva moi
básica, isto é así. As mercadorías só se producen si delas obtense unha
ganancia, un capitalista xamais vai producir unha mercadoría (comprar
insumos, maquinaria e forza de traballo), si dese proceso non vai ex-
traer un beneficio.
Esta lóxica tan básica proxectábase a principios do século XIX
con moita obviedade, de aí que as teorías económicas clásicas tiveran
que armar unha teoría da ganancia. Porén, tanto a teoría da ganancia
de Adam Smith como a de Ricardo son a mostra máis corolaria da de-
bilidade da teoría económica de ambos.
Unha vez posta a un lado a teoría do valor-traballo polo libera-
lismo, este xa non se molestou en desenvolver unha teoría da ganancia,
proba irrefutábel da vulgaridade da economía vulgar. De feito, o único
que se produce para xustificar a ganancia polo capitalista son excursos
fetichizados e alleantes acerca do “traballo” do empresario.

14
EMBATE xaneiro 2023

A lei da tendencia descendente da taxa de ganancia é a lei máis


explicativa do movemento xeral de capital. A seguinte ilustración así o
mostra:

O gráfico que se presenta recolle o percurso do capitalismo nos


últimos setenta anos. A segunda metade do século pasado inaugura
a idade de ouro do capitalismo. Un capitalismo dinámico capaz de
expandirse convivindo cunha situación xeopolítica que o limitaba e
unha clase obreira organizada que o tiña ameazado. Isto só pode ser
explicado pola taxa de ganancia elevada derivada da destrución masiva
de capital da segunda guerra mundial.
Pero esa gran contratendencia (2ª GM) só é un suspiro históri-
co, a mediados dos sesenta a taxa de ganancia xa da mostras de seguir
a tendencia natural que porta ata os oitenta, o cal entronca moi ben
coa década de depresión capitalista que supón os setenta e de reestru-
turación dos oitenta. Nesta última década, acciónanse de xeito masiva
a escala espacial e histórica, todas as contratendencias das que se dota

15
xaneiro 2023 EMBATE

o capital para reverter a súa tónica descendente. O capitalismo acode


ao comercio exterior (deslocalizando produción, abrindo mercados),
acode a superpoboación relativa planetaria, aumenta o grao de explota-
ción, e por suposto, acode ao capital ficticio. Todas estas manobras son
efectivas e conseguen soster a taxa de ganancia ata o novo milenio. A
partir de 1998, a taxa de ganancia prosegue a súa tendencia histórica e a
súa decadencia correspóndese coa decadencia que amosa o capitalismo
a inicios deste século.

Pequena aclaración: en que consiste a lei da tendencia descen-


dente da taxa de ganancia enunciada por Marx.
O valor capitalista (e a ganancia) prodúcese pola obxectivación do tra-
ballo humano na mercadoría. O cambio tecnolóxico desprove a mercadoría
de traballo humano, é dicir, o traballo que fai unha maquina aforra o traba-
llo que fai unha persoa, e polo tanto, constrinxe o valor dunha mercadoría.
Porén, o cambio tecnolóxico permite ao capitalista individual apro-
piarse de maior cota de mercado ao poder vender a mercadoría máis barata,
vende máis. Isto sitúa a súa taxa de ganancia individual por enriba da media
e xustifica a súa acción inversora, o problema ven cando todos os demais ca-
pitalistas da mesma rama de produción invisten na mesma tecnoloxía. Todos
volven a acadar a mesma cota de mercado e o mesmo prezo medio da mer-
cadoría. Pero nesta nova situación de equilibrio a mercadoría porta menos
ganancia individual, dado que os capitalistas acometen o seu ciclo de acu-
mulación con máis maquinaria que traballo humano conxelado na unidade
producida.
Marx sitúa aquí a forza principal que empuxa ao capitalismo ao abis-
mo, porén sinala diversas contratendencias históricas das que o capital pode
botar man para reverter a tendencia principal que o empurra. O aumento
do grao de explotación, a redución do salario por baixo do seu valor, o aba-
ratamento dos elementos do capital constante, a superpoboación relativa, o
comercio exterior e o capital ficticio son as principais contratendencias que
sinala Marx. Nos seguintes parágrafos daremos conta de como o capitalismo
actual botou man e esgotou todas as contratendencias, e como se dirixe a unha
lameira.

16
EMBATE xaneiro 2023

2. Organización de datos e fenómenos que nutren


as contratendencias
a. Aumento do grao de explotación
O aumento do grao de explotación consiste, tradicionalmente
e fundamentalmente, na prolongación da xornada e a intensificación
da mesma. O capitalismo decimonónico e de principios de século deu
conta das limitacións fisiolóxicas e políticas que tiña esta contratenden-
cia, pois esta foi unha das causas fundamentais da organización obreira.
Pero o capitalismo actual esta re-experimentando e volvendo a xogar
cos límites fisiolóxicos, mediante novas figuras e vellos métodos.
O aumento do grao de
Os desafiuzamentos son unha das mos- explotación prodúcese
tras máis dramáticas de como a clase na flexibilidade horaria,
capitalista non garante a reprodución nas horas extras (paga-
da súa forza de traballo, o aumento das e impagadas), no au-
vertixinoso dos insumos da vida (...) mento da sinistralidade
laboral (no estado espa-
ñol morren dous obrei-
ros ao día) e no aumento de xornada e intensificación da mesma, co cal
os problemas psicolóxicos están intimamente correlacionados (estrés,
ansiedade).

b. Redución do salario por debaixo do valor


O valor da forza de traballo é unha determinación histórica
do que custa reproducir a forza de traballo, polo tanto é unha medida
oscilante, pois o custo de repor a forza de traballo non é o mesmo agora
que fai vinte anos nin cincuenta. Porén, podemos afirmar que cada vez
os salarios responden menos a funcionalidade principal que compren.
En termos absolutos e relativos, os salarios baixaron. Fronte
as rendas do capital, os salarios levan baixando nos últimos cincuenta

17
xaneiro 2023 EMBATE

anos ininterrompidamente (de xeito brutal, a participación salarial no


novo valor engadido no estado español descendeu un 7% entre 2009-
2015), e en termos absolutos, os salarios levan baixando nos últimos
vinte anos. Nos últimos dez anos (2010-2020), o total dos asalariados
somos un 2% máis pobres, e sen contar con que a tendencia dispersou-
se moito, é dicir, as escalas máis altas dos asalariados pasaron a cobrar
máis e as escalas máis baixas menos.
Fenómenos coma a incapacidade dos novos traballadores de
independizarse da casa e dos ingresos dos pais é unha mostra moi
elocuente disto. Os desafiuzamentos son unha das mostras máis dra-
máticas de como a clase capitalista non garante a reprodución da súa
forza de traballo, o aumento vertixinoso dos insumos da vida, é dicir,
alimentos (o prezo internacional da comida aumentou un 39,7%),
subministracións, servizos, etcétera, aumentaron de xeito vertixinoso
fronte ao aumento nominal dos salarios.
E isto tamén constitúe unha debilidade grande para o capital,
pois a valorización do mesmo depende de que alguén este en disposi-
ción de pagar mercadorías, polo tanto, a incapacidade de consumo na
clase traballadora é tamén unha debilidade do capital

c. Abaratamento dos elementos de capital constante


A caída do peso do capital constante fronte ao capital variábel
é outra contratendencia fundamental. Achar novas fontes de enerxía e
de máis fácil explotación, abaratar os custes da maquinaria ou de dife-
rentes procesos produtivos son as formas principais de abaratamento.
Porén, o que se observa é o aumento exponencial da enerxía
e das materias primas, cada vez hai máis escaseza e é máis custoso a
extracción de calquera materia prima, as taxas de retorno enerxéticas (a
enerxía que se obtén porcentualmente con respecto ao gasto de ener-
xía para obtela) aumentaron ininterrompidamente na último século, e
máis acentuado nos últimos vinte anos. De feito, o control xeopolítico

18
EMBATE xaneiro 2023

dos subministracións é unha das chaves para comprender a conflitivi-


dade internacional actual. O control da enerxía é tan crucial que unha
diminución do 2% na dispoñibilidade de petróleo acarea unha dimi-
nución do PIB do 3 ao 4%.
Pero esta contratendencia aínda ten unha lectura máis profun-
da, o abaratamento do proceso produtivo é incompatíbel coa necesi-
dade de manter unha relación sostíbel coa natureza. A depredación,
esgotamento e contaminación que precisa o capitalismo para manter a
súa taxa de ganancia conforman un perigo para a vida, no sentido máis
básico da palabra. O quecemento global, a contaminación de sumidoi-
ros e hábitats, o aumento na periodicidade de fenómenos atmosféricos
adversos, o aumento de pragas, a desertización do solo, etcétera, son
algúns dos fenómenos que evidencian o perigo e os límites que ten o
capital como relación social xeral.

d. Superpoboación relativa
A superpoboación relativa significa a disposición de forza de tra-
ballo para o capital. Constitúe un dos maiores recursos que ten para
disciplinar a forza de traballo. De xeito moi obsceno: “se non queres este
traballo por este salario, tranquilo que hai cinco coma ti agardando polo
posto”, e isto tanto pode comprenderse nun punto de compra e venda de
forza de traballo como nunha lóxica a nivel espacial por todo o mundo
(“se os obreiros deste país non queren traballar por este salario, tranqui-
los que teño aos obreiros deste outro país que agardan polo posto”).

(...) coa caída da URSS constatamos irre-


futabelmente que a forma mercadoría era
a forma de relación social fundamental en
todos os países do mundo, é dicir, o capita-
lismo é un sistema planetario.

19
xaneiro 2023 EMBATE

Se ben é certo que a relación salarial é unha realidade que au-


menta historicamente, a forza de traballo a nivel mundial aumentou
entre 1980 e 2007 un 63% (de 1.900 a 3.100 millóns), e a nivel es-
tatal a taxa de asalarización pasou do 79% ao 89% entre 1980-2021,
tamén se observa unha incapacidade crecente (do capital) de asalarizar
a inxente cantidade de forza de traballo que se produce a escala global.
Deste xeito, están en alza categorías como a temporalidade laboral, a
flexibilidade horaria, a disposición por horas, novas modalidades sen
relación laboral, coma os falsos autónomos, a economía somerxida.
E por suposto, a forma máis descarnada e tradicional de super-
poboación relativa que é manter unha masa da forza de traballo total-
mente parada, a expensas das migallas máis exiguas do capital. Outro
fenómeno destacábel nos países capitalistas decadentes é o desaxuste
brutal entre a formación que se recibe e o emprego que se exerce final-
mente, sobretodo no caso da formación universitaria.
A escala global se se conta a poboación desempregada, a em-
pregada ou empregada de xeito altamente vulnerábel e a inactiva en
idade laboral computan un total de 2.400 millóns de persoas, un 70%
máis que a empregada regularmente. En 2008, máis da metade do
traballo mundial estaba desempregada.
Dispáranse os procesos de reproletarización, é dicir, desposuír aos
seres humanos dos seus medios de produción e de vida, para que se vexan
na obriga de vender a súa forza de traballo como único recurso que non
lles é alleo. De diferentes xeitos, a tradicional é a expropiación da terra,
fenómeno principal nos países subdesenvolvidos, pero coas súas manifes-
tacións nos países desenvolvidos. O aumento exponencial dos alugueiros
visibilizan a expropiación e a concentración masiva da terra na urbe.

e. Comercio exterior
A contratendencia que supuxo o comercio exterior, sobre todo
a partir dos anos setenta, sofre un esgotamento moi evidente. Xa non

20
EMBATE xaneiro 2023

quedan esferas de acumulación nacional as que o capital do centro ca-


pitalista pode acudir para valorizarse. Nin nun sentido de abaratamen-
to da forza de traballo debido á sobreabundancia de capital xa existente
(existen países con abundante forza de traballo aos que o capital non
acode a deslocalizarse), nin nun sentido de completar a súa valoriza-
ción, é dicir, de abrir novos mercados onde se consuman as mercadorías
capitalistas.
O comercio exterior tivo un auxe nestas dúas formas durante
a segunda metade do século XX, de feito, tanto é así, que coa caída
da URSS constatamos irrefutabelmente que a forma mercadoría era a
forma de relación social fundamental en todos os países do mundo, é
dicir, o capitalismo é un sistema planetario.
Porén, na actualidade vemos unha tendencia desglobalizante, a
cal, dá mostras das limitacións desta contratendencia. Obsérvase unha
baixada relativa das exportacións como elemento máis evidente do des-
censo do grao de acollemento mundial do mercado. Pero o vivido na
última crise capitalista (a crise da COVID-19) evidencia esta tendencia
de xeito grave, a ruptura das cadeas de valor a nivel global é a consu-
mación da tendencia a desglobalización. A escaseza de certos recursos
completábase co atasco que sufrían certas ramas de produción a nivel
global. Os pescozos de botella, o desabastecemento, o enceramento, a
falta de forza de traballo en determinadas ramas de produción, etcétera,
conforman a nova realidade global.
Outra evidencia do esgotamento desta contratendencia sitúase
na limitación dos plans capitalistas globais do centro imperialista, a falta
de construción de infraestruturas a escala mundial evidencia a limita-
ción do proxecto estadounidense, que ven substituída por un plan real-
mente ambicioso, como é a ruta da seda. De feito, o desencadeamento
das últimas guerras e intentos desestabilizantes, por parte da OTAN,
van dirixidas a garantir a propiedade das fontes de enerxía e a entorpecer
o proxecto chinés.

21
xaneiro 2023 EMBATE

f. Capital por accións


O capital ficticio é unha forma de arranxo temporal da acumu-
lación capitalista, enrolando a acumulación de capital hoxe dacordo á
acumulación de capital que se producirá nun futuro. De feito, a día de
hoxe é moi complicado separar fraccións do gran capital como financei-
ra e industrial, ambas forman unha amalgama de intereses tan grandes
e tan intimamente mesturados que imposibilitan esta diferenciación.
O sobreendebedamento é un problema moi grave, tanto do sec-
tor público coma do privado. Se nos anos 90, a débeda mundial era do
70% da produción mundial bruta e no 2012 do 110%, na actualidade
supera o 365%, e basease fundamentalmente na promesa de crecemen-
to de China. O banco de Basilea calcula que existen entre 550 e 600
billóns de capital ficticio no mundo, tendo en conta que o PIB mundial
ronda os 100 billóns, precísanse seis mundos para soportar a realidade
ficticia do capital.
A sobreabundancia de empresas zombie, empresas que só viven
ao día capaces de soportar o peche de contas anual debido aos présta-
mos é de máis do 20%, isto sitúa ao capitalismo nunha posición moi
débil, pois lastra a taxa de ganancia, pero ao mesmo tempo a súa quebra
provocaría unha reacción en cadea de impredecibles repercusións.
O capitalismo está sumido nunha espiral insoportable de débe-
da impagable, está en quebra técnica, que só pode restructurar de xeito
brutal. A inflación é unha xeito de sobreporse a esta situación pero é
moi limitada para poder dar conta do problema.

“O capitalismo está sumido nunha espiral insoportábel


de débeda impagábel, está en quebra técnica, que só
pode reestruturar de xeito brutal. A inflación é unha
xeito de sobreporse a esta situación pero é moi limita-
da para poder dar conta do problema”.

22
EMBATE xaneiro 2023

g. Unha última contratendencia


Atreveríame a aumentar unha última contratendencia ás enun-
ciadas por Marx, de xeito moi conxuntural ao capitalismo que se vive
en Europa: O emprego do estado polo capital. A privatización como
elemento máis evidente desta contratendencia, é dicir, a convertibi-
lidade de empresas e actividades produtivas públicas en acumulación
privada. As limitacións desta contratendencia son moi evidentes, dado
que aos estados europeos apenas lle quedan empresas públicas por pri-
vatizar.
Pero ademais, sinalamos o aumento do estado en “traballo im-
produtivo indirecto” garantes da estabilización para a acumulación de
capital e como espazos propios de acumulación. A necesidade de au-
mentar os medios de difusión de masas (no conflito bélico en cerne, o
conflito ucraíno, é moi evidente a necesidade do capital de dotarse dun
único relato, unha preparación psicolóxica de masas para a guerra),
a publicidade, festas, fútbol, formas de relixión civil, exaltación das
figuras do estado, formas de asistencialismo/clientelismo, complexo de
seguridade militar e legal-profesional (exército, armas, policía, sistema
xurídico, prisións, ...).

3. Consideracións finais da tendencia e contraten-


dencias
Todas as contratendencias están dando mostras de esgotamento
moi evidentes e dramáticas, mentres que a tendencia profunda a súa
dinámica. Non hai visos de ningunha nova onda tecnolóxica capaz de
relanzar a tendencia de xeito global, de feito, a última gran onda de
cambio técnico, foi a microelectrónica e informática e esta ten limita-
cións que se viron moi evidentes para relanzar a taxa de ganancia. Tanto
é así, que tivo unha crise de seguido, como foi a crise das punto.com.
Pero a realidade que oculta, é que o traballo humano conxelado en
microchips, carcasas, ordenadores, ipods, tablets e walkmans é pírrica

23
xaneiro 2023 EMBATE

en comparación a última gran onda que relanzou a taxa de ganancia,


como foi a acumulación que tivo como elemento central a produción
masiva do automóbil.
E as novas ondas tecnolóxicas como son a robótica, a nanotec-
noloxía, a bioxenética, a intelixencia artificial e a neurociencia, apar-
te dos seus problemas de implantación masiva, aínda ameazan máis a
composición de traballo vivo na mercadoría. Polo tanto, podemos afir-
mar sen lugar a dúbidas que estas non van relanzar a taxa de ganancia,
pois portan moi pouco traballo vivo no seu desenvolvemento e na súa
hipotética produción masiva.

24
EMBATE xaneiro 2023

Clases, estado, reforma e historia.


Clase contra clase
Manoel Pérez

a. Clases sociais, loita de clases e estado


A loita de clases é o marco xeral de contacto entre as clases
sociais. As clases sociais antagónicas (proletariado e burguesía) son as
construcións conflitivas de solidariedade-competencia universal que se
establecen entre: Por un lado, os vendedores de forza de traballo (clase
traballadora), e polo outro lado, os compradores de forza de traballo
(clase dominante).
A competencia que establecen os obreiros entre si por vender
máis barata a súa forza de traballo vertebra unha relación de competen-
cia que portamos como clase (de aí, parte das complicacións históricas
no avance da mesma). Agora ben, a reprodución mesma do capital total
como unidade, é dicir, a unidade do proceso de produción e consumo
sociais precisa da venta da forza de traballo polo seu valor. O capital
non pode mercar forza de traballo por debaixo do seu valor de forma
sostida no tempo, falaríamos dunha forza de traballo que morre de
fame, de enfermidades, de esgotamento, ou que simplemente rexeita
vender a súa forza de traballo e prefire vivir doutras formas ao marxe da
relación salarial. Polo tanto, de xeito paradoxal, é o movemento xeral
de capital o que posibilita a solidariedade obreira e da necesidade da

25
xaneiro 2023 EMBATE

O xogo institucional é unha aparencia


que axuda a delimitar as fronteiras até as
que o sistema está disposta a reformarse
para seguir funcionando.

construción da mesma como clase para poder loitar pola venda da súa
forza de traballo polo seu valor.
A burguesía ou os compradores de forza de traballo inxírense
nunha dicotomía parecida pero antagónica no capital xeral. Por un
lado, establecen unha relación de competencia individual ao querer
comprar a forza de traballo o máis barata posíbeis e verse enfronta-
dos por unha forza de traballo limitada. Por outra banda, establecen
unha relación de solidariedade universal ao ser compradores da mesma
mercadoría, e enfrontala de xeito colectivo para a súa compra e o seu
disciplinamento.
Son estas determinacións e non outras, as que vertebran as cla-
ses sociais como suxeitos conflitivos en disputa e históricos. A súa rela-
ción como clases ao seu interior e entre elas constitúe todas as manifes-
tacións da loita de clases, é dicir, a loita de clases é o gran regulador da
compra-venda da forza de traballo polo seu valor. Porén, esta relación
é excesivamente conflitiva, dado que sen maior construción social que
ambas clases en choque constituiríase unha pugna constante de folgas
e lock-outs irresistíbeis para a acumulación de capital.
É este o motivo da necesidade do estado para o capital. A loita
de clases precisa dunha forma invertida na que ambas clases aparezan
como unha relación de solidariedade universal baixo un abstracto “in-
terese xeral”, e incluso baixo unha formulación individual igual para
ambas clases, cidadanía. Noutras palabras, o capital precisa de que a
relación de clase antagónica apareza invertida como un antagonismo
respecto de como satisfacer mellor o interese xeral ou “nacional”.
De todos xeitos, esta non é unha simple inversión maniquea

26
EMBATE xaneiro 2023

do capital, o estado non é simplemente unha ferramenta de engano. O


estado cumpre unha función fundamental á hora de adecuar a com-
pra-venda da forza de traballo, é dicir, de garantir un salario que permi-
ta acumular capital de forma xeral e sostida.

2. O Reformismo como posibilidade


A política institucional e a súa ficción democrática está concibi-
da para levarse a cabo sobre individuos desposuídos (individuos que só
posúen a súa forza de traballo). Unha (des)sociedade de individuos sen
poder está conformada para albergar formas pasivas de política (repre-
sentación-delegación). Porque ao ser valor-capital o “suxeito” raigaño
desta orde social, os individuos só poden chegar a ser suxeitos contra el.
Por iso a opción reformista só prospera dentro duns parámetros de-
terminados, dado que as esixencias de valor do capital van por riba de
calquera tipo de consideración moral, ética, estética, relixiosa, moral ou
política. O xogo institucional é unha aparencia que axuda a delimitar
as fronteiras até as que o sistema está disposta a reformarse para seguir
funcionando. O profesor Andrés Piqueras sinala que os logros demo-
cráticos no capitalismo só poden lograrse (avanzar de forma sostida) si
coinciden tres tipos de factores:

• Factor subxacente: Dáse cando a masa de ganancia e a súa taxa de


beneficio desenvólvese satisfactoriamente para a clase capitalista.
• Factor accionador: Que a clase capitalista véxase con dificultade de
emprazar ou substituír á forza de traballo.
• Factor precipitante: Concorre cando o traballo organizado adquire
unha relevante forza social e política.
• Exame histórico de tendencias.

27
xaneiro 2023 EMBATE

Imos facer un breve esbozo de como aparecen a taxa de ga-


nancia, a loita de clases e a disputa política na historia do capitalismo.
O capitalismo competitivo caracterizouse por experimentar ao longo
do século XVIII e XIX unha loita sanguenta pola compra e a venda
da forza de traballo por debaixo do seu valor, toda a extensión que
dedica Marx ao estudo da extracción da plusvalía absoluta e o paso da
manufactura a gran industria é un excelente percorrido polo que imos
denominar “o camiño da construción social do capital”.
Este é o camiño máis duro que debe pasar toda acumulación
de capital nacional, e concretamente, debe sufrir a clase traballadora
de cada espazo nacional para lograr vender a súa forza de traballo de
forma colectiva polo seu valor. Esta fase nunca é unha fase superada e
xeneralizábel a todos os obreiros, é dicir, nunca vai haber un momento
no que este asegurada a venda de forza de traballo polo seu valor, senón
que seguirá sendo unha disputa inacabada, violenta e non xeneralizábel
a todos os obreiros, factor co que o capital vai xogar. Pero digamos que
se produce unha oscilación próxima para a maioría obreira sobre o que
recibe a cambio da súa forza de traballo. A organización obreira nesta
fase é oscilante, débil na súa organización pero vigorosa en explosións
concentradas de enfrontamento de clase.
Nesta primeira fase xa se vai producindo unha sedimentación
lexislativa que procura esa relación universal, pero é na seguinte fase
de avance da clase obreira como suxeito colectivo e ao mesmo tem-
po, a dificultade de proseguir coa acumulación de capital de maneira
ampliada o que vertebra a segunda fase: “a consolidación das clases
no capital”. É nesta fase que a clase obreira experimenta coas maiores
construcións colectivas de solidariedade que experimentou a humani-
dade: os sindicatos e os partidos comunistas, acadando o poder en cer-
tos países e latitudes. Precipitado por dúas condicións: A incapacidade
e inestabilidade do capital e a construción agregada da clase obreira.
Falamos da primeira metade do século XX.
De feito, a construción europea que se fai pos-segunda guerra

28
EMBATE xaneiro 2023

mundial vertebrase baixo este magma, o fracaso do capital e da súa


expresión máis sanguinaria, o fascismo, e a capacidade de organización
da clase obreira.
Porén, dáse unha fase de acumulación de capital ampliada moi
vigorosa. A destrución masiva de capital na guerra mundial e a capaci-
dade para ensamblar novas innovacións en grandes centros industriais
relanza a plusvalía relativa. Constrúese unha nova realidade coa po-
tencialidade de cumprir os parámetros reformistas antes enunciados
sempre baixo a ameaza interna e externa da clase obreira organizada:
Altas taxas de ganancia, unha forza de traballo limitada e unha forte
organización social da mesma.
Isto fixo que o movemento obreiro se envorcara na opción re-
formista, pois era a opción real de avance. De feito, a consolidación a
nivel lexislativo de dereitos laborais que se consegue en certos países
europeos non ten parangón histórico. É dicir, o estado, na procura de
salvagardar a acumulación de capital total, vese forzado a inclusión dun
pacto moi avanzado, en prol do “interese xeral”.
Pero a taxa de ganancia non atura o ritmo e dobra, os anos se-
tenta e oitenta son o escenario de mudanza na que o capital axusta con-
tas coa clase obreira. É unha crise de reaxuste por abaixo, que asegura
unha tendencia contraria a que se viña dando. A burguesía prosegue a
súa acumulación con desprazamentos espaciais e temporais moi vigo-
rosos e a clase traballadora retrocede ao verse frustrada historicamente
pola derrota do reformismo e a inexistencia da opción “revolucionaria”.
Digamos que o gran movemento obreiro e comunista deixa sedimen-
tado no estado a gran potencia da solidariedade da nosa clase, de feito,
debido a asunción das demandas obreiras, o movemento queda tan
subsumido e encaixado no estado que é incapaz de sobreporse á ofensi-
va da burguesía.
A derrota dos anos oitenta é tal que asegura a tendencia de des-
pegar o salario do valor da forza de traballo que se establece nos anos
oitenta e que chega até os nosos días, véndonos na actualidade cunha

29
xaneiro 2023 EMBATE

A burguesía prosegue a súa acumulación con


desprazamentos espaciais e temporais moi
vigorosos e a clase traballadora retrocede
ao verse frustrada historicamente pola derro-
ta do reformismo e a inexistencia da opción
“revolucionaria”.

dificultade crecente de reproducir a nosa forza de traballo.


Porén o problema na actualidade, xa non é que existan difi-
cultades para reproducir a forza de traballo, senón que existe unha
imposibilidade crecente de acumulación de capital nun magma disgre-
gado das clases. A fase actual denominarémola “fase de disgregación do
capital-traballo”. Nesta fase a disputa política vai xurdir dunha forma
máis abrupta, con códigos de clase e estruturas organizadas herdadas e
novas, nas que os choques de clase van volver ser violentos, caóticos, é
dicir, vaise volver a disputar o poder.

3. Estratexia revolucionaria. Clase contra clase

A crise capitalista eleva os movementos de clase porque eleva


tanto a competencia como a solidariedade nelas. Elevan a competen-
cia entre o proletariado porque ao haber menos demanda de forza de
traballo, o proletariado compite de xeito máis descarnado pola pouca
demanda que hai, e ao mesmo tempo refórzase o lazo de solidariedade
porque o salario que recibe despégase máis do seu nivel de superviven-
cia. Do mesmo xeito, eleva a competencia entre a burguesía dado que
compite de xeito máis descarnado pola pequena cota de mercado e
tamén aflúe a solidariedade entre ela ao ter que enfrontar a clase obre-
ira como clase social.

30
EMBATE xaneiro 2023

A primeira internacional encarou de fronte


as teses insurreccionalistas, tanto anarquistas
como branquistas. A terceira internacional
foi o resultado do enfrontamento coas teses
reformistas, e a súa superación.

Porén, isto non quere dicir que por elixir métodos máis afas-
tados da legalidade, por declararnos inimigos de todas as institucións,
por condenar todas as reformas e por pornos ao marxe de todo consen-
so esteamos máis certos e máis próximos á revolución. De feito, a clase
obreira presta maior atención ás reformas e disputas, pois vese moito
máis afectado debido a debilidade da súa reprodución e o que se xoga
en cada unha delas.
O movemento obreiro sempre oscilou nesa dicotomía entre re-
forma ou insurrección. A primeira internacional encarou de fronte as
teses insurreccionalistas, tanto anarquistas como branquistas. A terceira
internacional foi o resultado do enfrontamento coas teses reformistas,
e a súa superación. Pero, tanto Luxemburgo como Lenin, achegan que
non se trata de repudiar ningún dos repertorios de loita que manexan
ambas correntes. Trátase da combinación mestra de ambas coa mirada
fixa na toma do poder político, é dicir, coa mirada fixa na eclosión da
solidariedade da nosa clase a escala xeral e do afundimento da solidarie-
dade da burguesía, co conseguinte fin do seu poder político.
Se se mira calquera proceso revolucionario coa marxe dun ano cara
atrás verase que todos os procesos revolucionarios son o resultado da
erótica combinación da reforma e da insurrección, da representación
e da asemblea, da violencia e da paz, da tribuna e da rúa. Cun factor
común a todos eles, o partido. O estado maior da nosa clase.
Cultivar o partido, como o espazo consciente da vontade xeral
de solidariedade da nosa clase, debe ser a pedra angular da estratexia

31
xaneiro 2023 EMBATE

revolucionaria, concibir a combinación máis audaz entre a reforma e


a insurrección como formas de accionar a nosa clase e derrotar a outra
é a tarefa de dito partido. Hai que desbotar os partidos estean tan en-
caixados nas estruturas do capital que só albisque o perfeccionamento
das mesmas, nin os partidos totalmente alleos a toda disputa social e
política.
A estratexia de clase contra clase é isto, enfrontar a clase obreira
contra a burguesía en todo momento coa máxima agudización posíbel,
empregar todas as ferramentas da insurrección e da reforma para facelo.
Capilarizar e esmagar.

32
EMBATE xaneiro 2023

1972 en Vigo. Antecedentes e


formación de actores alternativos
Isidro Román Lago

Hai pouco máis de 50 anos, en 1972, Galiza era un fervedoi-


ro social, tanto, que moitos chegaron a cualificala como a vangarda
do proletariado do Estado español. Non obstante, a memoria das tres
grandes mobilizacións obreiras que tiveron lugar ese ano correu sorte
diversa. Marzo de 1972 en Ferrol converteuse a partir dos anos 80
nunha referencia simbólica, non só de lembranza, senón tamén de se-
mente de loitas presentes e vindeiras. Esta utilización como elemento
simbólico a partir da institucionalización do día máis tráxico do con-
flito, o 10 de marzo, como Dia da Clase Obreira Galega, contrasta co
esquecemento das outras dúas grandes mobilizacións dese ano: a folga
do estaleiro Barreras, convertida en folga xeral de sector en maio, e a
Folga Xeral de Setembro, as dúas na cidade de Vigo.

Estas dúas mobilizacións foron moito máis potentes e innova-


doras que a acontecida en Ferrol, entón porqué foron “borradas” da
memoria colectiva? Evidentemente carecen do elemento tráxico, pero
ademais a súa potencia e non compartir como en Ferrol a dirección
exclusiva do PCG, teñen moito que ver no seu esquecemento.

33
xaneiro 2023 EMBATE

No caso da folga de Barreras a dirección do PCG está ausente,


e no caso da Folga Xeral de Setembro a mobilización foi compartida
con outra organización. Este feito dotou a estas dúas mobilizacións
dunha serie de dinámicas, tanto a nivel de extensión, de medios e de
obxectivos concretos, ben diferentes a cantas mobilizacións se tiñan
producido ate o momento, e serviron para incorporar ao repertorio de
mobilización empregado polos traballadores novos tipos de accións que
reflectiron un novo tipo de conflito.

Estas características novas do proceso de mobilización que


aparecen en Vigo e a súa potencialidade como referente a seguir polo
traballadores, fixeron que o actor político dominante nese momento,
o PCG-COs (Comisións Obreiras) , decidirá inmediatamente despois
do remate da Folga Xeral de Setembro elaborar un relato do acontecido
que o situase lonxe da loita de clases para inscribilo dentro da súa axen-
da política: a loita contra a ditadura e polas liberdades, inxerida dentro
da súa política de reconciliación nacional, baleirando as mobilizacións
tanto da súa compoñente de clase, como ignorando os seus elementos
máis innovadores. Este relato foi exclusivo ate hai ben pouco e conti-
núa a ser claramente o relato dominante. Así pois, o que vas comezar
ler agora, si esta breve introdución foi capaz de captar o teu interese, é
un relato alternativo e dende unha perspectiva de clase a partir dunha
análise dinámica deses dous episodios combativos, a folga de Barreras
de maio de 1972 e a Folga Xeral de Setembro en Vigo.

Para ser capaces de comprender o que acontece en Vigo naquel


1972 temos que partir dúas consideracións previas.

N do A: Non emprego a sigla CC.OO. xa que considero que as Comisións Obreiras de 1972 non son a confederación
que se constitúe como organización sindical en 1976, e si un órgano unitario de representación da clase obreira onde
teñen presenza e actividade todo tipo de tendencias, dende os activos membros do PCG ate opcións marxistas-lenis-
nistas, pasando por nacionalistas da UPG e sectores cristiáns radicalizados e mesmo anarcosindicalistas (estes dous
últimos organizados paralelamente nos seus propios sindicatos, a USO e a CNT), pero e sobre todo unha inmensa
morea de traballadores que simplemente se organizan para a defensa dos seus intereses de clase.

34
EMBATE xaneiro 2023

En primeiro lugar, hai que ter claro que a ausencia de activi-


dade combativos nunha sociedade non significa, per se, a inexistencia
de actores combativos. Isto quere dicir que aínda que nunha visión
epidérmica non sexamos capaces de identificar elementos de fractura,
estes poden estar actuando a un nivel “subterráneo” no que podería ser
un proceso de reorganización de efectivos.

En segundo lugar, debemos de ir abandonando a idea de que


tan só a través das organizacións formais se pode canalizar a activida-
de combativa e que o papel destas na formación de cadros é exclusi-
vo. Aínda máis, os procesos de transmisión da cultura obreira operan
ao marxe destas organizacións formais. Con isto non estamos a negar
o importante papel das organizacións formais nas tarefas formativas,
senón que, en ausencia destas ou en situacións de clandestinidade, a
transmisión dos “saberes” tanto organizativos como ideolóxicos conti-
núa a facerse a través doutras canles alternativas.

Estas dúas consideracións son claves para comprender como é


posible que en maio de 1962, ano da onda de folgas máis importante
dende a fin da guerra civil, de repente e sen que as organizacións pro-
pias dos traballadores tiveran unha incidencia relevante na cidade de
Vigo, estourara no sector da construción naval primeiro para expandir-
se despois aos distintos sectores produtivos da cidade, unha potente fol-
ga xeral. Si botamos unha ollada a esta gran mobilización antecedente
primeiro das do 72, vemos como os dous elementos dos que falabamos
antes están plenamente presentes.

A represión que o movemento obreiro sofre na cidade dende


xullo de 1936 ocasiona a desaparición física de moitos dos seus cadros
dirixentes, pero non de todos eles, de feito sobreviven importantes ele-
mentos libertarios, comunistas e socialistas. Tampouco os militantes
obreiros de segundo nivel e os de base desaparecen. A partir de 1939

35
xaneiro 2023 EMBATE

comezan a reconstruír o movemento obreiro organizado. Non obs-


tante, a nova onda represiva que se desata a partir da fin da II Guerra
Mundial orixina a caída destas novas estruturas clandestinas en 1947.
Inexistentes ou reducidas a moi pequenos círculos as organizacións dos
traballadores, os procesos de transmisión da cultura obreira se despra-
zan cara as redes informais. Hai que ter en conta neste desprazamento
da transmisión da cultura obreira un feito que xeralmente non se ten
en conta: aqueles mozos e mozas que construíran potentes organiza-
cións na etapa republicana aínda están traballado nas fábricas e talleres
da cidade ate ao redor de 1972/1973, momento no que se xubilan. A
presenza destes actores, xa adultos, é determinante na formación do
novo sindicalismo. Son eles quen transmite aos traballadores máis no-
vos os saberes desa cultura obreira nos espazos e tempos reservados ao
descanso: no tempo do bocadillo, nas comidas de empresa, nos vestia-
rios, ou nos viños despois da xornada laboral. Evidentemente non se
vai transmitir unha posición partidista concreta, nin sería interesante,
nin sería asumida por uns mozos que na maioría dos casos non tiñan
experiencia previa ningunha. Transmítese un xeito de facer (a asemblea
de traballadores) e un xeito de organizarse (as comisións de obreiros).
Pero xunto con isto, e froito das relacións que se establecen entre ve-
llos e novos traballadores, determinados elementos nas fábricas se van
revestindo, aos ollos dos obreiros novos, dun factor de prestixio. Este
prestixio que pouco a pouco irán acumulando algún dos vellos cadros
sindicais está asentado na súa propia traxectoria persoal que adquire
un carácter exemplarizante. Así nolo conta un deses mozos obreiros do
72: “Os vellos nos ensinaron aos rapaces que o militante debe ser o mellor
traballador, o máis consciente, e esforzarse en ser o máis preparado, o me-
llor profesional como unha actitude exemplar (...) e por iso eran respectados
estes homes.”

Pero esta actitude que transmitían os vellos cadros sindicais


era, moitas veces, unha posición consciente, intencionada: “El ejemplo,

36
EMBATE xaneiro 2023

más que las palabras, debe ser el señuelo que atraiga la simpatía de las per-
sonas que nos conocen, pues cuando el uso de la palabra está prohibido y la
prensa no circula libremente para difundir las ideas más allá del círculo de
nuestras relaciones, nada convence tanto como una actitud moral y rebelde
que se mantenga fuerte a
(...) debemos de ir abandonando a la coacción y las amena-
idea de que tan só a través das or- zas.” Estes cadros sin-
ganizacións formais se pode canali- dicais de preguerra que
zar a actividade combativa e que o estarán presentes nunha
papel destas na formación de cadros gran parte das grandes
empresas de Vigo come-
é exclusivo. Aínda máis, os procesos
zan a denominarse polo
de transmisión da cultura obreira
conxunto dos traballado-
operan ao marxe destas organiza- res como “fios negros”. A
cións formais. súa influenza e prestixio
era tal que podían para-
lizar unha sección enteira e mesmo unha factoría con tan só un xesto.
Na folga de Vigo de 1962 terán a súa primeira manifestación práctica,
dando inicio a onda de folgas coa que se retoma a actividade conflitiva
a gran escala na cidade. Pero non só están presentes neste rexurdir da
conflitividade obreira estes fios negros senón que con eles volverán a
aparecer os seus métodos.

Así é, como inicio da mobilización, os cadros obreiros que


permanecen activos elixen a sabotaxe para dar o sinal de comezo da
mobilización. Nas tres grandes empresas que participan no conflito ac-
túase do mesmo xeito, un corte repentino no fluído eléctrico fai que
actividade quede paralizada e os traballadores alentados pola actitude
dos fios negros xa non reiniciarán a produción dun xeito total ate trans-
corridos 15 días. Máis esta folga iniciática para unha gran parte dos
traballadores máis novos, conta cunha serie de eivas, precisamente por

37
xaneiro 2023 EMBATE

ser o primeiro intento serio de mobilización xeral dende 1936. Os tra-


balladores serán incapaces de superar nas súas mobilizacións o estreito
marco de cada unha das empresas en loita polo que non se trasladará o
conflito ao conxunto da sociedade e este esmorecerá dentro das portas
das factorías, pero tampouco contarán cunha organización válida ca-
paz de aglutinalos en pos dun obxectivo común.

Estamos nun tempo no que a solidariedade só ten un xeito


efectivo de exercese: fronte a un conflito nunha empresa, téntase ex-
pandir, aínda que por
causas diferentes (as
particulares de cada Estamos nun tempo no que a solida-
empresa), aos outros riedade só ten un xeito efectivo de
centros de traballo exercese: fronte a un conflito nunha
orixinando unha tipo- empresa, téntase expandir (...) aos
loxía de mobilización outros centros de traballo orixinando
similar ao despraza- unha tipoloxía de mobilización simi-
mento das ondas na lar ao desprazamento das ondas na
auga. É dicir, trátase de auga.
facer coincidir no mes-
mo marco temporal
conflitos diferentes en diferentes empresas. Nesta estratexia contarán
cun elemento favorecedor, a Lei de Convenios Colectivos aprobada
polo franquismo en 1957 e que viu a posibilitar a negociación das
condicións laborais entre os representantes oficiais dos traballadores e
empresarios, posibilitando visibilizar os conflitos nos períodos de ne-
gociación.

Non obstante, as consecuencias positivas superan con creces


as eivas. Unha gran parte dos traballadores novos que non viviran a
democracia republicana e nunca pensaron en encadrase dentro das or-
ganizacións sindicais clandestinas clásicas (UGT e CNT) teñen o seu

38
EMBATE xaneiro 2023

primeiro contacto coa loita obreira de masas: “Desde aquel momento


eu e outros mitos nos sentimos un pouco partícipes de todo aquilo (…),
nese momento cando chegou o 62 me faltaba algo, e era iso precisamente,
a partir de aí a cousa cambiou totalmente xa. Eu creo que toda a xuventú
que estabamos naquela época, uns máis e outros menos, nos quedamos moi
marcados por eso.” Máis tamén será o punto de partida da creación das
COs. Nacidas dun xeito espontáneo e non permanente xa nos anos
40, inician un proceso de institucionalización que as levará a adoptar
primeiramente un carácter permanente como representantes unitarios
do sentir do conxunto dos traballadores dunha empresa concreta, para
posteriormente ter un impulso definitivo coa aposta do PCE de poten-
cialas, creándose na maioría dos centros de traballo.

Esta nova organización de base e unitaria, contará coa presenza


de todos os sectores ideolóxicos presentes na clase obreira. Non obs-
tante será o PCG, no caso galego, o actor político que máis medios e
máis militantes destine á consolidación deste novo tipo de sindicalis-
mo, tanto que estas COs serían impensables sen a súa presenza. Baixo a
estratexia de copar o sindicalismo vertical e polo tanto a capacidade de
negociación dos convenios, os homes e mulleres das COs preséntanse
ás eleccións sindicais oficiais e van gañando peso en cada nova convo-
catoria. Ao mesmo tempo e vista a capacidade de mobilización que a
nova estrutura obreira adquire, o PCE/PCG decide empregala como
un medio para por en práctica a súa política de reconciliación nacional.

En Galiza, e máis concretamente en Vigo, é neste momento,


cando o control da nova estrutura polo PCG é absolutamente esmaga-
dor, cando comezan a aparecer as primeiras posicións críticas. En 1969
un grupo de mozos obreiros comeza a debater nos viños despois do
traballo (obsérvese a importancia das redes informais) as políticas que
o partido impón nas COs. Critícase a política de reconciliación nacio-
nal e a utilización que se fai das mobilización obreiras para difundir

39
xaneiro 2023 EMBATE

esa estratexia concreta. Critícase a falla de potenciación por parte do


partido do debate e a falla de información aos traballadores dos ver-
dadeiros motivos das mobilizacións, critícase, incluso, a participación
nos procesos electorais do franquismo no mundo do traballo. Todas
estas posicións levan a estes traballadores a propoñerse constituír un
grupo, que mantendo o traballo nas COs e no propio partido teña
unha orientación claramente marxista-leninista.

Pero o que os mozos integrantes deste grupo non saben é que


simultaneamente e no seo das Xuventudes Comunistas, outro grupo
de mozos, algúns obreiros e outros estudantes, comezan a reflexionar
sobre estes mesmos asuntos, chegando a posicións idénticas. O primei-
ro dos grupos estaba liderado por Xosé Anxo García Méndez, traba-
llador do estaleiro Freire e representante da súa CO na Intercomisión
. O segundo grupo contaba como figura central con Abelardo Collazo
Araújo.

Entre 1969 e finais de 1971 os dous grupos continúan deba-


tendo e atraendo cara as súas posicións a máis militantes comunistas
e a máis obreiros independentes, sen que nos conste que entraran en
contacto entre eles. Por outra banda en 1971 se produce outro feito de
importancia cualitativa, o grupo máis xenuíno en Galiza do que se ten
chamado Nova Esquerda, Galicia Socialista, intégrase na UPG. Con
Camilo Nogueira e Xan López Facal como líderes aporta á UPG o seu
primeiro continxente obreiro con presenza en tres grandes empresas:
Citroën, e os estaleiros de Barreras e Ascón-Rios. Así as cousas, o PCG
atópase, por primeira vez dende o desenvolvemento das COs cunha
oposición organizada, cativa cuantitativamente falando, incluso moi
cativa en relación ás súas propias forzas, pero cunha gran proxección.

É precisamente a principios de 1971 cando os dous grupos crí-


ticos entran en contacto. O grupo das mocidades, moito máis formado

40
EMBATE xaneiro 2023

a nivel teórico, convida aos obreiros a unha asemblea para debater as


súas posicións conxuntamente. Nesta asemblea, celebrada no parque de
Castrelos, acórdase iniciar un traballo conxunto dentro das estruturas
do PCG e das COs. Este traballo conxunto levanta as suspicacias da
dirección do PCG que tenta facer volver ao rego aos críticos. O último
intento prodúcese a finais de 1971, e remata en fracaso: “non houbo
avenencia alguna porque eles optaban por un radicalismo no que vían a
deriva, intuían a deriva do Partido hacia o oportunismo, o reformismo”.
O PCG corta toda ponte co grupo das xuventudes, pero non así co sec-
tor obreiro, co que tenta, sabedores da súa incidencia nas fábricas, un
último intento. Líderes obreiros do PCG e os líderes do sector crítico
reúnense nun souto na parroquia de Vilar de Infesta do veciño concello
de Redondela. A reunión, que se desenvolve entre fortes acusacións
mutuas, remata entre empurróns e labazadas.

O acto de ruptura formal coas COs e o PCG producirase en


dúas fases. A primeira nas mocidades do partido. Nunha asemblea dos
mozos comunistas e a proposta do Abelardo Collazo vótase, a man
alzada, abandonar o partido. A proposta foi aprobada pola práctica to-
talidade dos mozos e mozas presentes, rexistrándose tan só un voto en
contra. A segunda fase na ruptura faise no marco dunha asemblea am-
pliada da Intercomisión1 en xaneiro de 1972, no Alto de San Colmao:
“Eu iba representar á rama estudiantil i se nos dixo que nun momento
dado iban a empezar a escindirse por bloques, iba a aparecer Barreras se
escinde, tal se escinde… entón nese momento decir, movemento estudiantil,
se escinde tamén.”

A partir deste momento o Movemento Obreiro en Vigo está di-


vidido en dúas grandes organizacións, por unha banda o tándem PCG/
COs e por outra a nova organización, que adoptará o nome de Organi-

A Intercomisión era o organismo coordinador das diferentes COs de fábrica. Nel participaban os líderes de cada
1

Comisión Obreira fábrica, representándoa.

41
xaneiro 2023 EMBATE

zación Obreira. A nova or- (...) o conflito e as súas dinámicas


ganización é sensiblemente que nacen nas factorías son leva-
máis pequena que as COs, dos aos barrios que é onde resi-
pero ten gran presenza en den os traballadores en loita. Isto
empresas clave do sector
ven a significar, a nivel práctico, a
naval, entre as que destaca
disputa dese espazo ás forzas do
por riba de todas elas Ba-
orde e polo tanto o enfrontamento
rreras. A súa organización
interna é substancialmente
consciente con elas.
diferente a das comisións e
a sitúan a cabo entre unha organización de carácter político e unha or-
ganización de carácter sindical e con aspiración de masas. Destaca por
riba de todas as diferenzas unha que lle outorga un carácter singular:
a combinación dunha estrutura fabril cunha estrutura territorial, de
xeito que as células de fábrica intégranse nunha estrutura zonal que
se crea por agrupación de barrios. Esta novidosa organización interna
resposta a un dos seus presupostos básicos: expandir os conflitos labo-
rais fora das empresas e levalos aos barrios obreiros e posteriormente ao
conxunto da sociedade. Pero expandir os conflitos obreiros aos barrios
non é máis de un intento de politización do espazo urbano, o conflito
e as súas dinámicas que nacen nas factorías son levados aos barrios
que é onde residen os traballadores en loita. Isto ven a significar, a
nivel práctico, a disputa dese espazo ás forzas do orde e polo tanto o
enfrontamento consciente con elas. A violencia policial debe e ten que
ser combatida coa violencia obreira. Este e non outro é o contexto e
a significación política do recurso á violencia por este grupo. No caso
concreto de Organización Obreira a violencia tamén se emprega para
represión de quebrafolgas e de elementos que exercían de acusóns dian-
te das direccións das empresas. As accións contra este tipo de persoas
foron analizadas no seu momento non só como un fin en si mesmo
ou para apoiar unha mobilización, senón, incluso como un xeito de

42
EMBATE xaneiro 2023

propaganda: “Isto tivo moito impacto dentro dos traballadores porque


resulta que era a primeira vez dende facía moito tempo (…) penso que
era importante para ver a “calidade” que tiñan estes elementos (…) O
importante foi que os traballadores miraron algo serio, miraron que a
cousa non era simplemente de decir, “voy a hacer esto…”, e empezaron
a coller confianza na súa autoorganización.”

A extensión dos conflitos aos barrios, o emprego da violencia


contra forzas da orde e quebrafolgas, a práctica asemblearia a nivel de
base, o establecemento dun modelo de militancia claramente marxis-
ta-leninista, a súa aposta polo emprego do galego en todos os seus co-
municados e publicacións son os elementos que diferenciais de Orga-
nización Obreira. Polo que respecta á UPG a súa escasa implantación
nos centros de traballo fixo a nivel práctico non desenvolverá ningunha
tarefa digna de mención e na súa prensa remítese á propia Organiza-
ción Obreira como modelo na acción sindical. De feito, as dúas orga-
nizacións mantiñan unhas excelentes relacións que se materializaron
na doazón que Moncho Reboiras lles fixo do seu primeiro aparello de
propaganda.

Este é o contexto organizativo que existe en Vigo a comezos


de 1972. En abril estoura o primeiro conflito no que Organización
Obreira vai pór en práctica os seus novos métodos e no que se utilizará
unha consigna que pouco a pouco irá permeabilizando en todo o mun-
do do traballo vigués. O conflito prodúcese nunha pequena empresa
de electricidade, Talleres Kober. Na empresa non existe CO, pero si
hai militantes de O.O. Reclámase un incremento salarial e a mellora
substancial das condición de seguridade laboral. A dirección da em-
presa reacciona despedindo aos cabecillas das protestas que presentan
reclamación no Sindicato Vertical segundo o procedemento da época.
Os traballadores de Kober acoden ao acto de conciliación acompa-
ñados dunha delegación dos traballadores das empresas do naval de

43
xaneiro 2023 EMBATE

Vigo, que ameazan ás autoridades franquistas coa convocatoria de folga


xeral en caso de que se mantiveran os despidos e non se recoñeceran as
reivindicacións dos obreiros. Ante a ameaza, os traballadores son todos
readmitidos e a empresa acepta as súas reivindicacións. A vitoria dos
homes de O.O. é total, a única arma empregada, a solidariedade de
clase. É a primeira vez que se emprega deste xeito nun conflito laboral.
Pero aínda hai máis, a delegación de traballadores das grandes empresas
comunican ao Sindicato Vertical que “a partir de ahora cualquier fábri-
ca que tenga un problema contará con la solidaridad del metal, sea el
despido de pesca, construcción, transporte (…)”. A amenaza era clara,
non se consentiría ningún despedimento en ningún sector.

44
EMBATE xaneiro 2023

Abrente e Solpor nuclear no


Estado e en Galiza
V. V. Sánchez

Limiar
Unicamente o escándalo do Prestige foi quen de superar a mar-
ca de mobilización ambiental batida pola loita antinuclear da España
do tardío século vinte. A batalla civil contra as centrais nucleares no
Estado Español entendeuse coma a maior vitoria do pensamento eco-
loxista nunha España en transición de volta á democracia parlamen-
taria, á OTAN e á CEE. Dende ADEGA a ETA, dende a UPG ao
PSOE, conseguiron eliminar a España da listaxe de potencias nuclea-
res. Repasaremos as diferentes lecturas que recollemos daquelas loitas,
a que intereses atenderon, e cales foron as consecuencias.

Comezos da tecnoloxía nuclear no Estado


No ano 51 nace a Junta de Energía Nuclear (JEN) como resul-
tado de reunións secretas da Junta de Investigaciones Atómicas. Catro
anos máis tarde asínase o Convenio Español-Norteamericano de Enerxía
Nuclear, que coloca a USA como principal colaborador no desenvolve-
mento da tecnoloxía de fisión na ditadura, fundamentalmente na ce-
sión das patentes de reactores experimentais e en varios préstamos para
a súa construción. Lembremos que as orixes da enerxía nuclear son

45
xaneiro 2023 EMBATE

puramente militares, e as únicas bombas detonadas naquel momento,


sobre poboación civil, foron en Hiroshima e Nagasaki (1945).
A decisión de construír as primeiras centrais nucleares tómase
no Pacto de Olaveaga en 1956, unhas reunións celebradas na cidade
homónima no Euskadi (nación que liderará a loita antinuclear dúas de-
cadas máis tarde). Coa asistencia técnica e 350.000$ de General Elec-
tric constrúese o primeiro reactor experimental JEN-1. Logo outros
catro: ARGOS, ARBI, JEN-2 e CORAL-1. En 1958 acada o estado
crítico (EC) o reactor JEN-1.
Tras a aprobación da Ley de Energía Nuclear (1964), entran
en funcionamento as primeiras centrais: Zorita, Garoña e Vandellós
I. En construcion estaban sete: Almaraz I-II, Lemóniz I-II, Ascó I-II e
Cofrentes. Logo había moitos máis proxectos, en total 37.

A influencia de Estados Unidos no campo nuclear español é


controversial. Atende á necesidade de importar unha tecnoloxía nova e
ás boas relacións coa España franquista. Segundo Costa Morata, os Es-
tados Unidos fracasaran no dominio estatal das nucleares e os avances

46
EMBATE xaneiro 2023

científicos e prototipos eran lanzados por compañías privadas como


General Electric e Westinghouse, que monopolizaban a industria. Es-
taban interesados en colaborar con países coma España para vender
modelos que non podían implementar no seu país porque eran descar-
tados. As centrais de Almonacid e Garoña usaban uranio enriquecido,
que naquel momento producía USA e o seguinte importador tecno-
lóxico foi Francia coa central de Vandellós I, crucial no desenvolve-
mento do proxecto nuclear secreto.
As catro centrais en construción en 1976 estaban sendo di-
rixidas por compañías iankis: Bechtel para Lemoiz e Ascó; e Gibbs &
Hill para Almaraz e Cofrentes: «USA atopa en España o seu mercado
máis seguro en Europa Occidental (...) Os nosos dirixentes consideran
-e non unicamente no eido nuclear- que depender de USA, non é
dependencia (...) ademais de constituír un principio francamente emo-
tivo, revoluciona o concepto de agarre e neocolonialismo (...) España
recoñece a USA o poder de controlar, intervir, vixiar e experimentar en
todas as nosas instalacións nucleares. Este é o contido básico do Con-
venio de Cooperación Nuclear de 1955» 1
No canto da nacionalización da industria nuclear, o estado
máis avanzado era Francia, claramente desvinculada de Estados Uni-
dos. Logo, en 1974 Gran Bretaña decidía prescindir da tecnoloxía ian-
ki e producir o seu propio reactor «SGHWR». Por certo, foron os
ingleses os primeiros no mundo en ter unha central nuclear comercial,
a de Calder Hall, en 1956, e a primeira central nuclear da historia foi
a soviética de Obninsk en 1954.
No caso español a primeira xeración de centrais tivo un 45%
de participación nacional, acadado grazas á obra civil xa que o equipa-
mento ocupaba un 25%; na segunda, a participación acadou un 70%
sendo o equipamento dotado dun 45-55% e a obra civil un 96% apro-
ximadamente; na terceira acádase un 85% sendo os equipos un 75%.2

1
Pedro Costa Morata (1976).
2
Iranzo (1990).

47
xaneiro 2023 EMBATE

A industria de extracción
A extracción de uranio comeza en Córdoba, Cáceres, Badaxoz,
Salamanca e Andúxar. Sendo Estremadura até a clausura das minas o
maior produtor de uranio para as centrais españolas. A minaría de ura-
nio español foi desenvolta pola JEN dende 1949 a 1981 e por ENUSA
dende 1974, sendo as minas máis importantes as de Saelices o Chico
(Salamanca) e a de A Haba (Badaxoz), cuxa produción levou a España
a situarse coma segundo produtor de uranio en Europa na década de
1980, soamente detrás de Francia. Tamén se obtivo uranio de O Cabril
(Córdoba) dende aproximadamente o final da Guerra Civil ata 1959.
Xa cedo España comezou a suplir parte das necesidades de ura-
nio mediante a importación, por exemplo, a un Níxer independizado
de Francia en 1960. O primeiro presidente en democracia foi Hamani
Diori, deposto polo golpe de estado de 1974 por Seyni Kountché, que
morre, por certo, en París en 1987. Entón o novo goberno, que amosa
unha curiosa afinidade cos intereses franceses, permite que ENUSA
tome o 10% do capital da Compagnie Minére d’Akouta (COMI-
NAK), que se traduce no 15% da produción anual, unhas 350 tonela-
das anuais. Deste xeito a participación nacional na minaría de uranio
acada o 93,5% en 1990, sendo o restante, até cen, o correspondente a
capital constante como transporte ou equipos3.
No relativo a Europa, a entrada de España na Comunidade
Europea da Enerxía Atómica (coñecida como EURATOM) tivo con-
secuencias a priori positivas para a enerxía nuclear4. O organismo tiña
programas de financiación da exploración de recursos que tiñan o po-
tencial de impulsar o PNEIU (Plan Nacional de Exploración e Inves-
tigación del Uranio), estancado dende 1983 pola falta de orzamentos.
EURATOM tamén xogou un papel na colocación dos excedentes de

3
Iranzo (1990).
4
En 1982 o Parlamento Europeo resolvía que era fundamental o desenvolvemento da enerxía nuclear para aqueles
países sen recursos propios de hidrocarburos, dado o menor custe da electricidade xerada pola nuclear (Iranzo, 1990).

48
EMBATE xaneiro 2023

A influencia de Estados Unidos no uranio españois -planificados


campo nuclear español é contro- e conseguidos con éxito para
cumprir o PEN-75- unha
versial. Atende á necesidade de
vez comezada a moratoria.
importar unha tecnoloxía nova Tamén proporcionou acceso
e ás boas relacións coa España ás plantas de enriquecemento
franquista. de EURODIF en Francia e
URENGO en Reino Unido.
As minas españolas foron progresivamente clausuradas até que
a firma australiana Berkeley Resources, en 2010, se interesa pola rea-
pertura da mina salmantina pechada en 20015. A empresa conseguiu
120 licencias favorábeis pero o proxecto foi finalmente abandonado
por falta de respaldo das administracións. Co novo goberno PSOE-UP,
a Lei de Cambio Climático en 2021 prohibe conceder novos permisos
de “exploración, de investigación ou concesións de explotación de mi-
nerais radioactivos” e anula as autorizacións previas a Qbis Resources,
publicadas no DOE6 en 2019, para a extracción de uranio en diversas
aldeas estremeñas7. Ademais o CSN8 informa desfavorabelmente sobre
o proxecto de Berkeley de construír unha planta de reprocesado en
Retortillo.
Actualmente o Estado importa uranio á Federación Rusa (o 40% apro-
ximadamente)9, a Canadá, a Níxer, a Kazaxistán, a Namibia ou a Uz-
bequistán10. A guerra proxy a Rusia foi utilizada como recurso por
Berkeley Minera España para intentar reactivar as licencias de obra,
afirmando que España pode suplir a súa demanda total de uranio para
dez anos, e os prezos do uranio ruso (do cal Europa quere comezar a
desprenderse) suben11.

A industria de transformación
O ciclo de vida do uranio consta de dous ciclos: o primeiro
dende a mina ao reactor e o segundo como residuo dende o reactor ata

49
xaneiro 2023 EMBATE

a súa valorización ou eliminación12. No primeiro ciclo, España partici-


pou mediante a fábrica de concentrados de Andújar (Jaén), operativa
dende 1959 ata 198113; a fábrica de combustíbel nuclear de Juzbado
(Salamanca), activa dende 1985, en mans de ENUSA e que expor-
ta mais da metade da produción a varios países europeos e a USA,
ademais de xestionar o combustíbel irradiado procedente das centrais
españolas que era anteriormente enviado ao estranxeiro14, e as plantas
de concentración de Elefante (1975) e Quercus (1990), na mina de
Saelices e en desmantelamento dende 2001 e 2003, respectivamen-
te. Aragonesas15 produxo tamén auga pesada na fábrica de Sabiñánigo
(Huesca). Ademais houbo investigación, en concreto no proxecto pilo-
to FUESA, que consistía na recuperación de uranio contido no ácido
fosfórico producido por Fosfórico Español S. A. en Huelva.
En total, só unha das cinco etapas da transformación de uranio
en combustíbel é feita en España, íntegramente en Juzbado, e as dúas
primeiras etapas (extracción e primeira fase de concentración) foron
levadas a cabo nas plantas mencionadas no pasado. Actualmente co
Brexit no Reino Unido a industria nuclear española ve peligrar o sumi-
nistro de equipos e servizos do programa nuclear británico16.

5
Pódese consultar o proxecto de Salamanca en https://www.berkeleyenergia.com/salamanca-project-overview/pro-
ject-studies-all/
6
Diario Oficial de Extremadura
7
https://www.elperiodicoextremadura.com/extremadura/2022/01/02/enterro-mina-uranio-61148778.html
8
Consejo de Seguridad Nuclear, o sucesor da JEN.
9
España importa uranio enriquecido dende 1975 da URSS e despois a través de Rosatom (posibelmente o conglomera-
do industrial nuclear mais grande do mundo), en concreto ca subsidiaria Tenex.
10
Informe de Foro Nuclear 2021 https://www.foronuclear.org/wp-content/uploads/2021/06/Energia-2021.pdf
11
https://www.lainformacion.com/empresas/sanciones-rusia-enusa-dependencia-uranio/2862614/
12
https://www.foronuclear.org/actualidad/a-fondo/etapas-para-la-obtencion-del-combustible-nuclear-a-partir-del-ura-
nio/
13
As operacións de concentración son soamente rentábeis a partir dun umbral de produción (que en 1990 en España
non se acadaba) xa que hai un exceso de oferta destes servizos, ademais de que é unha operación que suma pouco valor
engadido ao combustíbel.
14
Como a inglesa BNFL para as centrais de Zorita e Garoña.
15
http://wikimapia.org/18315321/es/Eiasa-Aragonesas
16
https://elperiodicodelaenergia.com/enusa-principal-afectada-de-la-industria-nuclear-espanola-por-el-brexit/

50
EMBATE xaneiro 2023

A valorización dos residuos nucleares


Os residuos nucleares son un problema intrínseco á enerxía nu-
clear de fisión e se clasifican segundo a emisión de partículas, en baixa
e media actividade (que representan o 95% do volume total de RR17) e
alta actividade. Dende mediados do século vinte foi común mergullar
os residuos radioactivos en zonas profundas dos mares e océanos, ata
que posteriormente se proíbe e se estandarizan os cemiterios terrestres.
Unha vez pechada a mina de El Cabril, a JEN comezou a usar a mina
Beta para soterrar residuos radioactivos, onde ata día de hoxe segue
almacenando os residuos de baixa e media actividade das centrais es-
pañolas. Rematará a súa capacidade de carga, agás ampliacións non
previstas, en 2030.
En 1987 apróbase o Primer Plan General de Residuos Radioac-
tivos, e aos poucos días nace en Córdoba a Coordinadora anti-Ca-
bril. O parlamento andaluz vota en contra do cemiterio nuclear e por
Orde do Ministerio de Industria repártense indemnizacións enormes
en Hornachuelos, Fuente Obejuna, Navas Concepción e Alanis. Isto
desmobiliza as protestas.
O que segue é unha historia de histeria colectiva centrada en
derrubar toda construción de cemiterios, centros tecnolóxicos e labo-
ratorios. As mobilizacións populares, promovidas en gran parte por
AEDENAT (o colectivo que nos 90 mais concentra as actividades dada
a desmobilización do resto de colectivos pola moratoria nuclear) impe-
diron a construcion do laboratorio experimental de Arribes del Duero
e o de Nombela en Toledo. No mesmo ano é suspendido o proxecto
IPES de residuos nucleares (Instalación Piloto Experimental Subterrá-
nea) en Salamanca, tras unha presion social dura, incluíndo un secues-
tro na Deputación.
O proxecto IPES, tumbado tras dez meses de protestas, era

17
Residuos Radioactivos

51
xaneiro 2023 EMBATE

un AXP (Almacén Xeolóxico Profundo), ao que aspira calquer produ-


tor de RR. Os modelos ATC (Almacén Temporal Centralizado) teñen
menor custe a curto prazo pero tampouco fuxiron das protestas, en
concreto contra unha instalación anexa a Trillo I en 1988 e contra o
proxecto toledano de El Berrocal, proposto en 1990 e descartado defi-
nitivamente tras cinco anos.
Para colmo, en 1986 comeza unha campaña masiva de des-
mantelamento de pararraios radioactivos: en 1960 comezan a instalarse
(tanto particulares como entidades públicas) tanto en España como
por Europa pararraios con cabezais radioactivos (porque pensaban que
funcionaban mellor), nun total de 27.000 en todo o territorio do Esta-
do18. Numerosas vilas negáronse a construir almacéns para os aparatos:
Quart de Poblet, Bocigas, Aldaya, Sayatón, Palma de Mallorca, etc. O
maior conflito a este respecto ocorreu nas comarcas valencianas de Do-
menyo e Els Serrans. ENRESA propón levalos a Vandellós I, que leva
aos veciños de L’Ametlla a gañar un xuízo en Bruxelas. A Coordinadora
Anti-Cabril tamén logra que se retire a proposta de levalos alí. Final-
mente foron enviados a Inglaterra para a súa eliminación.
Unha das poucas boas noticias nas derradeiras décadas, con
triste final, deuse en Cuenca, na vila de Villar de Cañas. Despois de dé-
cadas, o primeiro almacén de RAA atopa unha posición favorábel nun-
ha vila española19, que aproba en 2011, e por referéndum, construilo.
En novembro deste ano 2022 o Plan de Residuos Radioactivos racha co
proxecto e aproba construír, en vez dun único cemiterio definitivo, sete
diferentes, un por cada central. Nesta dialéctica retorcida tanto PSOE
como o Movimiento Ibérico Antinuclear organizan marchas contra o
ATC, sen contar cos veciños da vila20.
A día de 16 de novembro de 2022, España (os nosos impostos)
está pagando 60.000 euros diarios a Francia por almacenar os nosos RAA.

18
Joaquín Fernández (1999).
19
Tras as fases IFA e AFA, correspondentes ás construcións de AXP (Inventario Nacional de Formaciones Favorábeis e
Estudio de Áreas Favorábeis de Alta, respectivamente).
20
https://www.publico.es/sociedad/personas-marchan-cementerio-nuclear-villar.html

52
EMBATE xaneiro 2023

Veciñanza de Villar de Cañas

A oposición civil á enerxía nuclear


A oposición ás centrais comezou como un fenómeno con-
verxente entre académicos ecoloxistas e veciños locais e arraianos aos
proxectos. Fundamentouse primeiro no medo a unha tecnoloxía expe-
rimental, e logo na falta de transparencia do Ministerio de Industria,
altamente escurantista, que mercaba propiedades en concellos prefe-
ribelmente pouco habitados, nos que comezaban as obras sen coñe-
cemento dos veciños, moitas veces incluso sen autorización21. Tamén
ocorreu que moitas veces non se respectaban as zonas de seguridade22:
Almaraz estaba a 1,5km da vila; Ascó a 1,4km e o mínimo de distancia
en 1976 era de dous kilómetros.
Nembargantes, as maiores razóns viñeron dun contexto pla-
gado de accidentes e neglixencias. O primeiro suceso relevante foi o
acidente de Palomares en 1966: catro bombas termonucleares son sol-

21
Como comenta Joaquín Fernández (1999), respecto a FECSA e os grupos de Ascó en Tarragona.
22
Unha central nuclear ten unha zona de exclusion, de vixilancia e de seguridade, a radios crecentes respecto do reactor.

53
xaneiro 2023 EMBATE

tadas en Almería accidentalmente polo choque entre varias aeronaves


estadounidenses nunha maniobra común de reabastecemento de com-
bustíbel. O segundo suceso importante ocorre catro anos mais tarde
cando a JEN libera acidentalmente RRL ao río Manzanares23.
Particularmente no río Ebro dábase unha combinación nociva
de asuntos que retroalimentaron unha sensación de abuso e abando-
no24: o trasvase Ebro-Pirineo Occidental e a concentracción de centrais
(Garoña, Ascó e Tudela, como proxectos daquelas avanzados, e Sástago,
Escatrón e Fuenmayor, rápidamente desestimadas) levaron á poboa-
ción a defender as súas paisaxes fronte ao que consideraron un abuso.
Nesta primeira etapa de oposición, as novas que chegaban de
accidentes, de enfermidades canceríxenas nas centrais nucleares e de
incluso algunha morte de traballadores (como o caso dun traballador
de Zorita en 1976) ademais dos primeiros estudos académicos que fa-
laban das consecuencias ambientais, comezaron a artellar o primeiro
movemento nacional posfranquista (xunto ca oposición á OTAN).
Os primeiros artigos antinucleares veñen da man de Mario Ga-
viria, urbanista e ecoloxista, e de Josep María Portell, periodista que in-
vestigou a loita de liberación vasca e foi finalmente asasinado por ETA.
O aporte serio mais influínte foi a publicación de «Análisis económico
de las centrales nucleares» de José Allende, profesor da Universidade de
Bilbo.
En xeral o movemento antinuclear caracterizouse por unha he-
teroxeneidade organizativa e ideolóxica verdadeiramente ampla, sendo
liderado, no caso galego, polos partidos nacionalistas e os sindicatos
labregos, e no caso vasco por frontes de masas enormes e dirixidas por
comités interclasistas.
Este momento de fluxo político, de grande recuperación mo-

23
As tarefas de desmonte de ribeiras e de limitacións temporais das actividades agropecuarias coñecéronse como
Operación Tajo.
24
Costa Morata (1985).

54
EMBATE xaneiro 2023

bilizatoria, convivía cunha policía todavía reticente a certos modos,


actos e estéticas, que clausuraba moitas veces reunións, mesas redon-
das, conferencias, etc, daquelas todavía con moitos partidos ilegaliza-
dos, traballando mediante asociacións culturais, unha práctica común
no franquismo25. En 1975 é detido o Secretario Xeral de AEORMA26
como responsábel da realización dunha mesa redonda sobre as centrais;
detéctanse fugas na central de Vandellós I27 e o periodista Antonio Es-
pada é prendido dous días28, todo no lapso de meses.
A táctica oportunista de moitas organizacións -debida á popu-
laridade do pensamento antinuclear- diversificou o interese partidario
destas mobilizacións e levou por exemplo a PSOE, Falange Española
de las JONS (Auténtica) e PCE a concentrarse frente a ubicación da
proxectada central de San Vicente de la Barquera (Cantabria). Así, a
dialéctica deuse en todo o Estado, básicamente entre a UCD e o resto
de partidos, case sen discriminación, agás polas reticencias temperás do
PCE (dicía Carrillo en 1979 que “un país que renuncia á enerxía nu-
clear é un país que renuncia ao progreso”). Cómpre sinalar a existencia
de métodos de intrusismo plataformista, atendendo a estas dinámicas
oportunistas, por parte sobre todo de Greenpeace ou de partidos que,
como veremos no caso de Xove, tratan de acaparar o traballo de anos.
Tamén ademais algunha vez incluso en contra dos intereses dos pro-
pios veciños do concello, coma no mencionado caso de Villar de Cañas
(neste caso para un cemiterio nuclear) ou no de Escatrón, a vila ara-
gonesa que en 1977 aprobou co 93,92% dos votos construír a central

25
Algunhas destas foron creadas ad hoc pola ANPG como Galo en Compostela, Facho, Lumieira ou Francisco Lanza
en Ribadeo, e outras foron “anexionadas” despois coma no caso de Sementeira.
26
En 1970 nace a Asociacion Española para la Ordenación del Territorio y el Medio Ambiente (AEORMA), “en las
antípodas de ADENA (...) introduce una línea más combativa y de objetivos más amplios (...) en 1988 (...) su secreta-
rio general (...) acusaba a ADENA de tener en su consejo a lo mejor del franquismo”. Unha vez nos Ancares un activis-
ta de AEORMA desviou a escopeta de Manuel Fraga para que non matase a un urogallo (Joaquín Fernández, 1999)
27
En 1989 préndese o reactor de Vandellós I, sendo o accidente nuclear mais grave en España, que levou ao peche de-
finitivo da central. Cómpre mencionar que o accidente ocorre no reactor que producía a materia explosiva do Proyecto
Islero, proxecto que como veremos USA cercenou neses precisos anos.
28
Inspirada nestes sucesos Pilar Miró estrea a pelicula de ficción Hablamos esta noche, en 1982.
29
https://www.heraldo.es/noticias/aragon/2017/06/07/el-pueblo-que-voto-instalacion-una-central-nu-
clear-1180192-300.html

55
xaneiro 2023 EMBATE

proposta polo Estado29. Cómpre mencionar a este respecto que o único


latexo atómico posterior á moratoria de 1984 ocorreu tamén en Ara-
gón, desta vez na construción do «Rubbiatrón»30, un reactor proposto
polo premio nobel Carlo Rubbia. O proxecto foi anunciado LAESA31,
creada ad hoc en 1997 coa misión de conectalo á rede en 2002. En
2001 creba a sociedade e sobra dicir que o plan non continuou.

A relación das ideas antinucleares coa entrada na


OTAN
A nivel de plataformas civís, nace en maio de 1977 nace a Coor-
dinadora Estatal Antinuclear (CEAN), formada por 23 colectivos (que
chegan a ser 52 en 1984). O Comité Antinuclear mais activo despois
do vasco foi o catalán (CAC), que publicou o «Boletín de Información
sobre Energía Nuclear» que seguiu activo ata 1987.
Neste canto, cómpre mencionar algo que sitúa a España, xunto
con Francia, Alemaña e Italia, nun lugar privilexiado, xa que a inmensa
primeira liña antinuclear tamén rexeitaba á OTAN e pediu o voto en
contra no famoso -e fraudulento- referendo de 1986. Segundo Luis
Lemkov, colocounos nunha contraposición con USA e cos ingleses,
que separaban enerxía nuclear da organización militar atlántica. A Pla-
taforma Cívica para la salida de España de la OTAN estaba lidera-
da polo PCE e pola CEOP (Coordinadora Estatal de Organizaciones
Pacifistas) “onde conviven ecoloxistas, obxectores, cristianos de base e
partidos extraparlamentarios, levan o peso da campaña que protagoni-
zou as maiores mobilizacions de masas da historia do noso país”.32

30
https://francis.naukas.com/2010/08/11/el-ascenso-y-la-caida-del-rubbiatron-en-zaragoza-laesa-y-el-acelera-
dor-de-energia-propuesto-por-carlo-rubbia/
31
Laboratorio del Amplificador de Energía, S.A, contaba ca participación do Instituto Aragonés de Fomento.
32
Joaquín Fernández (1999). Pódese ler as «Actas del Segundo Encuentro del Movimiento por la Paz del Estado
Español», Barcelona, 1985.

56
EMBATE xaneiro 2023

A loita antinuclear en Euskal Herria


De lonxe as mais exitosas loitas e as mais masivas en todo o
Estado déronse en Euskal herria, onde a loita de liberación nacional,
de xeito similar ao caso galego pero con grandes diferencias, decidiu in-
volucrarse e intentar liderar a ofensiva contra o PEN-7533. En Euskadi
deuse a confluencia de conflitividades socioambientais ca loita de libe-
ración nacional armada. Nunha primeira fase, os problemas ambien-
tais son articulados dende veciños a organizacións de xeito heteroxéneo
sen unha dirección política ou estratéxica clara, ainda que sempre de
orientación abertzale. Tanto en Galiza como en Euskadi as centrais pa-
saron a representar a efixie da Ditadura. Nesta etapa de fluxo político,
de recuperación democrática, a loita antinuclear era unha loita antidi-
tatorial. Estas posicións están presentes nas protestas contra a central
de Deba e Xove (nos inicios), que estiveron centradas en denunciar o
dano paisaxístico e medioambiental. É nunha segunda fase cando os
partidos nacionalistas se suman e pasan a xogar un papel determinante
nas loitas antinucleares, a pesar de continuar a ser un apéndice dunha
fronte de masas mais indefinida, como foi o «Comité por una Costa
Vasca No Nuclear», que era a plataforma dende a que se anunciaban as
mobilizacións, os percorridos e toda a programación. É nesta segunda
fase, e particularmente cas protestas contra Lemoiz, cando se produxo
un salto cualitativo: o agredido non eran xa unhas vilas concretas, se-
nón todos os vascos.
O 25 de agosto de 1976 50.000 persoas concéntranse en Plen-
cia-Górliz en contra das centrais de Ispáster-Ea, Deva e Lemoiz. En
xullo saen ás rúas en Bilbo 200.000 persoas, no que é posibelmente
a maior protesta antinuclear do mundo a día de hoxe34. Un grupo

33
Primer Plan Energético Nacional (ou IV Plan de Desarrollo). A vitoria posterior do ecoloxismo conseguirá que o
PEN de 1978 faga numerosas concesións na paralización do proxecto nuclear.
34
A asistencia a manifestacións masivas é difícilmente cuantificábel pero grosso modo a mobilización en Bilbo é
equiparábel ás de New York (1979) ou Roma (1986), e en todos os casos consideramos protestas anti-centrais, xa que
considerando tamén as protestas anti-armas nucleares, a de Berlín Occidental (1983) tivo medio millón.

57
xaneiro 2023 EMBATE

de manifestantes levanta unha faixa na que se le “Iberduero se lo pasa


bomba”35.
Nas accións participaba a recén formada Koordinadora Abert-
zale Sozialista, o Partido Nacionalista Vasco, Herri Batasuna, Euska-
diko Ezkerra, Euskadiko Mugimendu Komunista, Liga Komunista
Iraultzailea e o Partido Socialista de Euskadi (PSOE), con mais debate
interno nos comezos porque formaba coalición co PCE-EPK. Os mi-
litantes do PNV foron desaparecendo das manifestacións e o partido
terminou adoptando en 1981 unha postura favorábel á central, coinci-
dindo cas posturas da UCD e Alianza Popular.
As intervencións de ETA asumiron polémicas ambientais na década dos
70, por exemplo en ameazas por escrito ao propietario dunha granxa
en Irún por contaminar o entorno. En xaneiro do 77 comeza a intervir
nas protestas en Lemoiz: dúas bombas nos comedores da central, in-
cendios, etc. En total 80 atentados no ano 1977 contra instalacións e
oficinas, co saldo total de sete mortos.
A relación do movemento con ETA é complexa. Hai quen di
que «A pesares de que o tema foi motivo de debates e discrepancias in-
ternas, dende as organizacións do movemento antinuclear vasco non se
articulou ningunha denuncia pública dos atentados de ETA»36, pero o
certo é que a pesar de que ETA obtivo certa simpatía nos manifestantes,
desmostrada con faixas e pintadas, que acadaron tamén Navarra nas
protestas contra a central de Tudela (mediante o secuestro do delegado
do Ministerio de Industria y Energía), existiron protestas numerosas e
mediáticamente densas -convocadas por partidos, non polos comités-
polo asasinato do enxeñeiro de Iberduero Jose María Ryan en 1981, e
polo asasinato do inmediato sucesor no posto Ángel Pascual. O certo é
que estes feitos paralizaron as obras, ata o cese definitivo en 1984.

35
Joaquín Fernández (1999).
36
Raúl López Romo e Daniel Lanero Táboas (2012)

58
EMBATE xaneiro 2023

A loita antinuclear en Galiza


En comparación co que aconteceu nos movementos naciona-
listas vasco e catalán, o galego non se interesou particularmente polas
ciencias naturais. O mais destacábel foron alguhas publicacións e saí-
das de campo do Seminario de Estudos Galegos. Non é ata a década
dos 60 cando a UPG, fundada en 1964 na clandestinidade, incorpora
o factor ambiental na lóxica da crítica política37, de feito a súa primeira
actuación política de relevancia foi na oposición á construción do em-
balse de Castrelo do Miño.

(...) o movemento antinuclear caracterizouse por unha


heteroxeneidade organizativa e ideolóxica verdadeira-
mente ampla, sendo liderado, no caso galego, polos
partidos nacionalistas e os sindicatos labregos.

Unión Fenosa, Hidroeléctrica del Cantábrico e Electra de Vies-


go anuncian en 1973 a construción dunha central nuclear no concello
de Xove, ao carón da proxectada Alúmina-Aluminio (logo Alcoa), co
plan de servir de abastecemento eléctrico á industria, hoxe por cer-
to, alimentada polo parque empresarial de Muras. Entón, a UPG é
quen de organizar todo o traballo dende o comezo, ademais da súa
fronte Asemblea Nacional-Popular Galega38, e de Comisiós Labregas39,
a rama sindical da UPG no agro. O traballo levouse a cabo princi-
palmente mediante as asociacións culturais Sementeira, de Viveiro, e
Valle Inclán, de Lugo. Cómpre particularmente destacar as figuras de

37
En concreto as loitas ambientais en Galiza foron contra os embalses, contra a expropiación de montes comunais,
contra a construcion da Autopista do Atlántico e contra a central de Xove.
38
Que decide finalmente posicionarse tras coñecer os efectos do gradiente térmico que xeraría o vertido de auga quente
no marisqueo da zona.
39
Que logo se tranformará no Sindicato Labrego Galego, con Lidia Senra como Secretaria Xeral.

59
xaneiro 2023 EMBATE

Pencha Santasmarinas, traballadora de Extensión Agraria, picheleira,


activa nos círculos “anepegos”, que promovía as reunións percorrendo
todas as parroquias; tamén a de Moncho Valcarce, «o crego das Encro-
bas», eminente defensor dos labregos, comunista, e de Ramón Muñiz,
compañeiro de profesión de Pencha e promotor dos Comités de Apoio
á Loita Labrega (CALL40).
A nivel formativo sucedíanse charlas e reunións continuamen-
te, como as organizadas por Camilo Nogueira, asistidas ata por mil
persoas. Tamén tiveron un papel moi importante o traballo axitativo de
certos académicos41 como Pedro Costa Morata -ecoloxista murciano-,
Ramón “Moncho” Varela -biólogo e ecoloxista, que publicaría no 81
«A Contaminación das Centrais Nucleares: Xove» con Edicións Xis-
tral-, e mesmo de X. M. Beiras, que publicara en 1972 posibelmente a
biblia da teoría do colonialismo interno en Galiza, «O Atraso Econó-
mico da Galiza». Dende a lóxica do colonialismo interno entendíase
que Galiza non tiña deficiencias enerxéticas que cubrir polo que se
veía nos catro reactores únicamente a exportación de electricidade para
Madrid. Ademais, xa comezaban a chegar novas das protestas en Ale-
maña42 alén doutros acontecementos coma o movemento contra a Fosa
Atlántica e incluso algunha película como Silkwood43 ou o Síndrome
de China, que nutriron o ideario colectivo. Carlos Varela Veiga, pola
nosa parte, é case o único responsábel do legado cinematográfico das
protestas en Xove (ademais de moitas outras)44.
A oposición organizouse dende 1974, cando ten lugar o pri-
meiro acto sobre a central, unha mesa redonda organizada pola aso-

40
Os CALL estaban constituídos por xente relacionada co agro mais sendo case na súa totalidade funcionarios de
Extensión Agraria, médicos, cregos, etc. Aos CALL pertenceu tamén África Leiras, activista relevante neste conflito. As
CCLL, en cambio, si estaban compostos íntegramente por labregos.
41
Uns mais meritorios que outros. Un profesor da USC afirmaba que nacerían nenos con Síndrome de Down. «Efectos
das radiacións sobre a saúde (A propósito da central nuclear de Regodela-Xove)», TEIMA nº23, maio de 1977, p8,
Xose Luis Temes.
42
Contra unha central nuclear no municipio alemán de Wyhl.
43
A traballadora Karen Gay Silkwood foi asasinada nun presunto atentado en coche cando estaba inmersa nun proceso
de denuncia de irregularidades nos sistemas de seguridade da planta de preparación de combustíbel nuclear na que
traballaba. Estaba sindicada na Atomic Workers Union. Basada nestes feitos estreouse en 1983 a película Silkwood.
44
Existe unha recompilación de 2005 consultábel en https://www.youtube.com/watch?v=Hp4LWWZ5-AY.

60
EMBATE xaneiro 2023

É posíbel (...) que a loita antinu- ciación Valle Inclán, que pre-
clear se configurase como táctica sentan X. M. Beiras -como
oportunista e en absoluto como profesor-, José Manuel Otero
Novas -ministro da UCD- e
estratexia da clase obreira.
o señor Velasco -enxeñeiro e
director da central de Zorita.
En xuño do mesmo ano faise outro acto, desta organizado por Semen-
teira, ao que asiste Jesús López González, alcalde de Xove dende o ano
seguinte, X. M. Beiras e Mario Iglesias, enxeñeiro lucense que militaba
no Partido Socialista Popular.
En 1976 ten lugar a primeira concentración, de xeito espontá-
neo, cando unha morea de mocidade sae completamente revoluciona-
da dunha reunión celebrada na sala de festas Verxeles.
En abril do 77, convocada formalmente polas Comisiós La-
bregas, organízase a primeira marcha de 12km entre Viveiro e Xove. A
organización ideou esta forma para eludir ás proibicións de facer con-
centracións, a pesaren da cal foi proibida polo goberno civil de Lugo e
se decidiu facer igual, en fila india, por imperativo dos “grises”, e cunha
asistencia inicial dunhas 500 persoas, ás que se lle uniron posterior-
mente os militantes do Movemento Comunista de Galicia “os mocos”,
do Partido Comunista Galego, alén do resto de organizacións, como
Comisiones Obreras, Partido dos Traballadores, Partido Comunista
de Unificación, Liga Comunista Revolucionaria, Partido Socialista de
Galicia (PSOE), Estudantes Revolucionarios Galegos45 e Asemblea Po-
pular Galega. A convocatoria finalizou na igrexa de Xove, onde houbo
liortas debidas ao intento de algunhas organizacións, particularmente
o PCG46, de monopolizar o acto, de “chegar e encher” e abandeirar o
traballo feito pola UPG. Feitos corroborados mesmo por Rafael Pilla-
do, Secretario Xeral47 do PCG e natural de Cervo. Segundo Ramón

45
De ERGA proceden moitos dos actuais cadros da UPG.
46
Fundado en París en 1968. O PCE legalizouse o día anterior á marcha.
47
https://anosaterra.com/rafael-pillado-a-memoria-que-sempre-absolve/

61
xaneiro 2023 EMBATE

Muñiz, esta convocatoria congregou a unhas 8000 persoas.


En 1978 faise unha pequena concentración na praia de Esteiro
e nace o Comité Antinuclear Galego. Ao ano seguinte repítese a mar-
cha entre Viveiro e Xove, agora autorizada, que remata tamén na praia
de Esteiro, por imperativo do pleno de Xove, para evitar que se “dete-
riore con los actos la vida pacífica y normal de sus habitantes”48. Esta
convocatoria foi posibelmente superada en número de participantes.
Comprensíbel polo contexto do acidente de Three Mile Island en New
York. Sucédense tamén algúns actos de solidariedade noutras cidades
galegas49.
Finalmente o abandono do proxecto nos 80 obedece á mesma
lóxica da moratoria nuclear e está sometida de igual modo a diversas
explicacións, entre elas a existencia dunha suposta faia xeolóxica. O
contexto de crise das empresas eléctricas volve a ser o mais relevante.
É posíbel, entón, que a loita antinuclear se configurase como
táctica oportunista e en absoluto como estratexia da clase obreira, como
aquela fronte de masas favorábel ao novo momento de fluxo político,
nos anos inmediatamente posteriores ó final da ditadura, como medio
para volver a organizarse. A UPG tamén loitou contra a instalación
de Alúmina-Aluminio, e rectificou unha vez estivo funcionando, para
pasar a organizar numerosas manifestacións en favor dun tren de lami-
nado, o proceso de transformación do que precisamente carece unha
enclave de extracción.

48
Cita extraída do texto do pleno de Xove, impreso cedido por Francisco Luis Rodríguez Guerreiro e
Xulia Canoura Díaz.
49
En Pontevedra é detido o cantante Suso Vaamonde por un Guardia Civil debido a cánticos antipatrió-
ticos (Joaquín Fernández 1999).

62
EMBATE xaneiro 2023

A Fosa Atlántica
Entre 1967 e 1983 a Fosa Atlántica, a 700 km da costa galega,
foi o vertedoiro nuclear de Europa. UK xa soterraba dende 1949 en
diferentes partes do Atlántico e Francia dende 1959 no Mediterráneo.
En 1974 Francisco Bermejo, profesor da USC e fundador de ADEGA
fala por vez primeira deste asunto en Galicia, tras coñecer unha repor-
taxe da revista alemana Stern. En 1979 sae un filme de Greenpeace en
colaboración ca tv holandesa mostrando a rotura de bidóns radioac-
tivos mergullados. Dende entón Greenpeace colabora con ADEGA
nas misións de sabotaxe nos barcos co Sirius e co Xurelo. Numerosos
concellos (O Grove, Fene, A Coruña, etc), partidos (o maioritario o
xa constituído BNG), sindicatos e cofrarías apoian as loitas. En 1983
celébrase a VII reunión do Convenio de Londres sobre residuos ra-
dioactivos onde se proíbe almacenar RAA no mar (pero si de baixa e
media). Sucédense protestas galegas en Madrid e Londres. O 8 de xullo
dáse unha xornada de protesta masiva en Galicia con folgas, apagóns,
soan as sireas de varios portos… Os sindicatos ingleses tamén están en
folga, impedindo a saída programada do Atlantic Fisher, con 4.000T
de residuos50. Unha nova reunión en Londres en 1983 aproba a mo-
ratoria (que xa non se levantará) sobre o soterramiento de residuos
na Fosa. Reino Unido desobedece e envía un derradeiro cargamento,
baixo o mando de Margaret Tatcher, que falaba incluso de levar buques
de Armada nas viaxes para protexer aos seus barcos.
Seguramente a raiz deste acontecemento, Greenpeace51 esta-
blécese de xeito permanente en España en 1984, con Artemio Precioso
como presidente52.

50
O lider dun destes sindicatos era John Prescott, futuro viceprimeiro ministro de Tony Blair que en 1998 presiona para
proibir o afundimento de plataformas petroliferas (que ao parecer era practica común cando deixaban de ser usadas).
51
Que xa realizara algunhas accións anti-caza-de-baleas posteriormente ao Manifiesto de Daimiel (1978).
52
Afiliouse ao PCE en 1937, loitou no Exército Republicano e ca vitoria do golpe de estado emigrou á URSS ca súa
familia, logo a Yugoslavia e a Checoslovaquia, onde se doctora en macroeconomía.

63
xaneiro 2023 EMBATE

O declive nuclear no Estado


A paralización do proxecto nuclear no Estado atende a múlti-
ples explicacións suxeitas a debate, que son tres:
• Crise financeira internacional e das empresas eléctricas españolas
• A entrada na OTAN e a subordinación aos intereses yankis
• A presión da loita antinuclear violenta e pacífica
O primeiro goberno do PSOE, con Felipe González, despois da
morte de Franco e de 6 anos ca UCD, revisa o Plan Enerxético vixente
(PEN-78) e redacta o novo PEN-83, que paraliza as obras de cinco dos
sete reactores en construción: Lemóniz I-II, Valdecaballeros I-II e Trillo
II. O goberno paraliza as inversións na industria nuclear e rompe unila-
teralmente os contratos cas empresas eléctricas que xa investiran miles
de millóns de euros nas centrais. Únicamente os proxectos de Trillo I e
Vandellós II sobreviviron aos recortes.
«Alteráronse considerabelmente as decisións dun sector moi in-
tensivo en capital, e polo tanto moi sensíbel a el (...) A crise financeira
de FECSA en 1984 é o caso mais significativo (...) A solución veu por
un intercambio de activos entre empresas e por un novo reparto do
territorio nacional polas eléctricas, mediante un interminábel proceso
de fusións e tomas de control empresarial»53.
Segundo Eguiagaray (ministro de Felipe González) a moratoria
foi tanto unha compensación pola paralización dos contratos como un
rescate financeiro das compañías eléctricas, endebedadas pola deriva
incontrolada da industrialización mal planificada do tardofranquismo.
Esta visión é compartida por Ecologistas en Acción (2018) mentres
AEPDEN (1978) atribúe a vitoria, neste caso do PEN-78, á loita eco-
loxista.

53
Cuerdo Mir (1999).

64
EMBATE xaneiro 2023


A «Ley de Ordenación del Sistema Eléctrico» (1994) paraliza
definitivamente as centrais citadas na moratoria do PEN-83, algunhas
rematadas ao 90%, polo que se estableceu unha compensación e entre
1996 e 2015 todos os españois pagaron sobrecargos nas facturas eléc-
tricas para compensar ás empresas (por un total de case seis mil millóns
de euros).
O contexto económico internacional é a crise do 73, que, a
priori, desincentiva a construción de centrais por un aumento dos in-
tereses dos créditos e falta de capital, nun sector como este que é finan-
ceiramente moi intensivo. Agora ben, isto pode explicar unha redución
das previsións de participación nuclear no total da demanda enerxética
nacional, malia non frenou a construción de centrais.
No canto da mobilización, a moratoria dispersou case toda a
organización, malia cómpre resaltar o protagonismo dos comités anti-
nucleares vascos, como EGUZKI (dende 1987), do que se escinde EKI
aos dous anos, por discrepancias con Herri Batasuna. Para a CEAN,
AEDENAT, ADENEX, Greenpeace e outros douscentos colectivos a
moratoria non foi suficiente e intentaron pechar as derradeiras centrais
activas mediante unha Iniciativa Legislativa Popular en 1990, á que lle
faltaron 40.000 firmas para chegar ao medio millón necesarias. Lem-
bremos que na República Socialista Soviética de Ucrania, en 1986,
ocorre a maior catástrofe nuclear da historia, o accidente de Chernobil,
que acentúa definitivamente a inclinación antinuclear de varias xera-

65
xaneiro 2023 EMBATE

En 1966 a JEN é enviada a Palomares para rescatar os


restos da bombas caídas e obter información sobre a cons-
trución de bombas termonucleares. Guillermo Velarde (...)
xoga un papel relevante nos achados.

cións de persoas en todo o mundo.


En 1996 Greenpeace, ADENEX e outros colectivos lideran a
campaña Cerrar Almaraz. Neses anos Greenpeace adicouse a perseguir a
barcos que navegaban con cargas nucleares para ver que facían con elas.
Fixemos un repaso pola historia da crise económica malia existe
outra parte da historia, a do programa nuclear español secreto, a chega-
da do mundo unipolar e a OTAN.
O programa nuclear secreto, iniciado oficialmente en 1963,
chamouse «Proyecto Islero» e plantexaba a obtención de 36 cabezas
nucleares. O principal aliado técnico da España franquista neste campo
foi a Francia de De Gaulle, grazas á cal constrúese a central de Vande-
llós I, de patente francesa, e a única en toda a historia de España que
producía plutonio-239 de uso militar como residuo. De Francia estaba
previsto obter os primeiros Submarinos Nucleares de Ataque, de clase
Rubis, que se fabricarían en Cartagena, ademais de misiles e bombas
proporcionadas pola empresa EXPAL.
En 1966 a JEN é enviada a Palomares para rescatar os restos
da bombas caídas e obter información sobre a construción de bombas
termonucleares. Guillermo Velarde54, director técnico da JEN ata 1981
xoga un papel relevante nos achados.
En 1974 confírmase a existencia de dúas cabezas nucleares lis-
tas e proponse 1977 como a data para realizar probas nucleares no
Sáhara Español, a unha profundidade de 150m. Xusto en 1975 ocorre

Que en 2016, a dous anos de morrer, publica «Proyecto Islero. Cuando España pudo desarrollar armas
54

nucleares».

66
EMBATE xaneiro 2023

a Marcha Verde sobre o Sáhara e España abandona o territorio dous


meses mais tarde, coincidindo cas presións de Jimmy Carter (USA
1977-1981) sobre os países non firmantes do TNPN. Ademais o pri-
meiro goberno da UCD paraliza a construción do CINSO (Centro de
Investigación Nuclear II de Soria), proposto polo goberno provisional
de Arias Navarro, que rematou sendo únicamente unha planta de bio-
masa. Logo, en 1981 o Centro de Investigación Nuclear de Juzbado,
no goberno de Calvo Sotelo, é sometido á soberanía da Energy Inter-
national Agency e un ano mais tarde España entra na OTAN.
O Proyecto Islero foi definitivamente abandonado trala reu-
nión en La Moncloa de Ronald Reagan e Felipe González en 1987,
que leva a España a firmar no TNPN, tratado que rexeitaba dende
1968, e polo que a CEAN fixo campaña a favor. Unha vez foi todo
cancelado, os explosivos nucleares preparados foron enviados a Chile e
Sudáfrica55.

55
Guillermo Velarde (2016).

67
xaneiro 2023 EMBATE

Anexo fotográfico

68
EMBATE xaneiro 2023

69
xaneiro 2023 EMBATE

70
EMBATE xaneiro 2023

71
xaneiro 2023 EMBATE

72
EMBATE xaneiro 2023

Bibliografía utilizada

• Artigo de Ecoloxistas en Acción «El movimiento antinuclear en España


1977-1990» consultado en https://www.ecologistasenaccion.org/16239/
el-movimiento-antinuclear-en-espana-1977-1990/ o 14 de novembro de 2022.
Publicado en 2018.
• Boletín Informativo de AEPDEN Encina, xuño 1978, consultado en https://
archivo.ecologistasenaccion.org/uploads/r/null/e/7/3/e735d83382630e6e0b-
d6e3cd9fb51daa0d4e31c69320bf0d83dda32599f118ca/1978-06_AEPDEN_
Encina.pdf o 13 de novembro de 2022.
• «El Ecologismo Español», Joaquín Fernández, 1999.
• «Nuclearizar España?», Pedro Costa Morata, 1976.
• «Hacia la Destrucción Ecológica de España», Pedro Costa Morata, 1985.
• «El Buen Salvaje», Mario Gaviria, 1981.
• «Evaluación de los Planes Energéticos Nacionales en España (1975-
1998)», Miguel Cuerdo Mir, consultado en https://core.ac.uk/download/
pdf/39048389.pdf o 17 de novembro de 2022. Publicado orixinalmente na
Revista de Historia Industrial nº15, p161-178, 1999.
• Artigo de El Progreso https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/el-dia-en-
que-xove-vencio-la-energia-nuclear/20110318130100216407.html
• «Antinucleares y nacionalistas. Conflictividad socioambiental en el País Vasco
y la Galicia rurales de la Transición» publicado na revista Historia Con-
temporánea nº43 p749-777, 2012, escrito por Raúl López Romo e Daniel
Lanero Táboas. Consultado en https://ojs.ehu.eus/index.php/HC/article/
view/4743/4531 o 24 de novembro de 2022.
• Artigo «La energía nuclear ante el mercado único», Juan Emilio Iranzo Martín,
1990. Publicado en Cuadernos de Estrategia nº16, p124-154. Consultado en
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2773038 o 27 de novembro
de 2022.
• Artigo de Wikipedia en https://hmong.es/wiki/Anti-nuclear_movement, con-
sultado o 1 de decembro de 2022.
• Artigo de M. R. Martin en LibreMercado.com https://www.libremercado.
com/2022-09-17/que-fue-del-uranio-en-espana-lo-que-llego-a-sacarse-y-lo-
que-hoy-se-podria-extraer-6933132/, consultado o 2 de decembro de 2022.
• Artigo de Antonio Gómez en https://www.latribunadecuenca.es/Noticia/zd1b-
58d4b-e9e2-ca65-6974a7cf810f7e5d/201410/Adios-al-fantasma-de-los-para-
rrayos-radiactivos-, consultado o 3 de decembro de 2022.
• Foto dos veciños de Villar de Cañas: https://www.villardecanas.es/ATC/atc.htm
• Artigo de F. G. Balcázar en El Mundo https://www.elmundo.es/croni-
ca/2022/12/14/639227d2e4d4d8a1468b459b.html liberado na páxina web de
archive.ph

73
xaneiro 2023 EMBATE

• Artigo en El Progreso: https://www.elprogreso.es/articulo/a-marina/


jesus-lopez-recibi-amenazas-muerte-diera-licencia-construir-fabri-
ca/202006171316321444459.html
• Artigo en El Salto Diario, do blog de Desconexión Nuclear: https://www.
elsaltodiario.com/desconexion-nuclear/enterramientos-radiactivos-en-el-jarama
consultado o 21 de decembro de 2022.
• «Proyecto Islero. Cuando España pude desarrollar armas nucleares», Guillermo
Velarde, 2016.

Fotos das protestas en Xove cedidas por Xulia Canoura Díaz e Francisco Luís Rodrí-
guez Guerreiro. Doulles ás grazas por aturarnos e amosarnos material inédito.

Recomendacións

• El Ecologismo Español, Joaquín Fernández, 1999.


• https://www.rtve.es/play/videos/te-acuerdas/los-pararrayos-radiacti-
vos/1331906/
• https://www.enusa.es/areas-de-negocio/nuclear/fabricacion/#menu
• El Secreto de la Bomba Atómica Española, Francisco Gámez Balcázar, 2022.

74
EMBATE xaneiro 2023

Unha nova xeira no comunismo


de raigame galega

María García

Eu, unha vella traballadora, que sigo tentando aprender a ser
comunista, saúdo con delicia a aparición e consolidación da nova ex-
presión orgánica do comunismo de praxe independentista e lectura
republicana; coma esa vella toupeira que sempre volve a furar na terra
da que os nosos clásicos nos falaban. A nova criatura, que os máis “ve-
teranos” ollamos con alivio e espranza, non é tan nova como parece,
pois, nesta Terra e neste Tempo, leva décadas vivindo entre nós, con
diferentes nomes, formas e caras.
Chamámoslle agora Partido Comunista pola República Gale-
ga, ao mesmo Partido que antes se chamou, na Galicia dos desposuí-
dos, Partido Galego do Proletariado, Galicia Ceibe, Partido Comunis-
ta de Liberación Nacional, Fronte Popular Galega… Este Partido, que
sempre foi máis que un Partido, tamén se manifestou, discreta e cola-
borativamente, xunto cos camaradas da nosa clase, a través do SOG,
da ING, da CSG, da CTG, da INTG, da CXTG, da STG, da CIG e
da CUT.., traballou, con todas as virtudes e carencias que tamén ten
a nosa contradictoria clase, onde o mellor e o peor sempre se xuntan,
estivo en divisións, que se convertiron de novo en unións, en enfronta-
mentos, as veces máis fraticidas que ideolóxicos, dos que todos temos
responsabilidade, e tamén estivo na reparadora fraternidade posterior

75
xaneiro 2023 EMBATE

que nos impón a His- O noso barco nunca irá ás rochas, sabe
toria. Este Partido
navegar en todos os climas, nin as peores
tamén tivo fillos, os
fillos, creativos com- Mareas fixeron fundir esta tripulación de
binando ledicia con pulso firme. Se a firmeza foi, e é, unha
carraxe, tiveron no- virtude necesaria do bo comunista, a inte-
mes fermosos como: lixencia non o é menos (...)
Xerfas, MI, Adiante,
Xeira... Fillos estes,
que tamén superon manifestarse humilde e xenerosamente mediante
ERGA, EI, GREI, LEG, Anega, Espiral…
Foi un Partido que sempre soubo que o leninismo só é digno
de tal nome cando é creativo, audaz, imaxinativo, adaptativo, e, sobre
todo, útil. E parece que o sigue a saber. O noso barco nunca irá ás
rochas, sabe navegar en todos os climas, nin as peores Mareas fixeron
fundir esta tripulación de pulso firme. Se a firmeza foi, e é, unha virtu-
de necesaria do bo comunista, a intelixencia non o é menos, por iso este
partido tamén escribiu, pensou, analizou, e produciu intelectualmente
Academia e Beleza a partes iguais, como só un proletario consciente
de si mesmo pode facer; aí está Sempre en Galicia, a Revista Espiral,
o Embate, a Gadoupa, o Clube Cultural Adiante, a Trabe de Ouro, as
Redes Escarlata. A fermosura plena da clase obreira pensando e creando
colectivamente.
Hai quen dí que este Partido tamén se chamou Unión do Pobo
Galego, Union Socialista Galega, Comité Revoluzonário Arredista Ga-
lego, que incluso foi a, infaustamente abortada, Sección Galega da III
Internacional, o PG progresista, popular e antifascista de Castelao, a
confesamente independentista FMG…É posible que tivera este Par-
tido case infinitos nomes, en todas as Terras e todos os Tempos. Tivo
nomes de mártir e de traballador anónimo, de preso, de asesinado, de
explotado e de alegre combatente, de dirixente revolucionario e de mi-
litante de base. Pode que o primeiro nome fose Espartaco, o derradeiro
nós cremos que será Comunismo.

76
EMBATE xaneiro 2023

Inda que, sabemos que non existe articulación posible do pre-


sente nin do Futuro sen Historia, tamén somos conscientes que só da
memoria non se pode vivir, por iso dende aquí, gustaríame humilde-
mente insistir teimosamente nalgunhas obviades:
1. Defendemos a construcción da Organización de Combate da
nosa Clase, o Cerebro Colectivo do Proletariado, o Instrumen-
to de Consciencia e Emancipación. Nós chamámo-lo Partido
Comunista. Cremos que é un deber seguir a insistir na agru-
pación de todo-los comunistas de Galicia no mesmo Partido.
Contra o pluralismo burgués é o Partido quen dirime as dife-
rencias non antagónicas entre a clase consciente.
2. Tamén contra ese mesmo pluralismo burgués, defendemos a
Unidade Obreira, que a nivel da loita económica ten forma de
Sindicato Único Galego. Exhortamos ó sindicalismo nacional
e de clase realmente existente, esto é, á CIG e á CUT, e as súas
múltiples correntes internas, así como ós sindicatos de ramo
que operan en Galicia, como o STEG, ás múltiples e varia-
das asembleas independentes de traballadores e ós obreiros
sindicados que teñan a ben rachar co sindicalismo español e
pactista, a colaborar e traballar todos na Unidade Obreira e
Patriótica, incluída a Unidade Orgánica, baixo os parámetros
da combatividade, pluralismo e democracia interna, asemblea-
rismo obreiro, autoorganización nacional e non pactismo. To-
dos terán que pór da súa parte, recoñecendo con humildade os
destacamentos máis cativos a obvia superioridade cuantitativa
e cualitativa da CIG, e a dirección desta última actuando con
xenerosidade e audacia para facilitar a integración, e así con-
tribuír a nutrir, fortalecer e ensanchar o Movemento Obreiro
Galego.
3. Inda que, cremos que a Emancipación Nacional e Social de
Galicia só se vai poder dar de forma plena baixo unha estra-
texia comunista que nos leve á Independencia e ó Socialismo,

77
xaneiro 2023 EMBATE

É posible que tivera este Partido case infinitos nomes, en


todas as Terras e todos os Tempos. Tivo nomes de mártir
e de traballador anónimo, de preso, de asesinado, de
explotado e de alegre combatente, de dirixente revolu-
cionario e de militante de base.

somos conscientes que na Construción Nacional e no Fortale-


cemento Popular temos diversos aliados cos que temos o deber
de ter unha relación sá e fraterna. Chámense istes soberanis-
tas, nacionalistas, republicanos ou arredistas existe en Galicia
un rico, plural e combativo Movimento Popular e Movimento
de Liberación Nacional, que ten nomes propios nas organiza-
cións políticas que cumplen eses mínimos esixibles en termos
nacionais e sociais: BNG, Anova, IGV, Causa Galiza, Agora
Galiza, AAI e PCPG, alén dalgunha expresión local de carác-
ter, composición e práctica nidiamente galega e popular. Creo
que todas as forzas patrióticas debemos facer o esforzo de curar
as feridas do pasado, avanzar no recoñecemento mutuo e na
virtuosa colaboración nas organizacións e movementos sociais
e sectoriais do Pobo Galego, para contribuír entre todos ó seu
fortalecemento, medre e implantación social e territorial para
combater a Hexemonía reaccionaria, liberal e españolizadora.
Debemos de asumir que as nosas diferencias son complemen-
tarias e non competitivas, e que na colaboración gañaremos
todos, inda sabéndonos distintos. Colaboración e Recoñece-
mento mutuo non ten porque significar uniformidade nin uni-
dade orgánica.
4. O ciclo de colaboración estratéxica coa esquerda española, es-
gotouse, con infausto final para as organización galegas, que,
humilde e honestamente decidiron apostar por iso no seu día.
Facemos un chamamento ós patriotas honestos que siguen tei-
mando nesa vía, a abandonar a uns compañeiros de viaxe que

78
EMBATE xaneiro 2023

nunha década nada fixeron por galeguizarse nin apostar polos


mínimos políticos e democráticos que o pobo galego merece e
necesita. Máis ben, todo o contrario, colonizaron e destruíron
parte do espazo soberanista e republicano en Galicia por cálcu-
los electoralistas e de Réxime.
Emancipación, Patria, República, Irmandade e Comunismo.
Clase, Galicia e Máis Alá!
Galicia, 27 de Natal do 2022.

79
xaneiro 2023 EMBATE

Sofistas, charlatáns e outros


seres malchamados teóricos

Raksha

Eu non sei moitas cousas, é verdade,


pero me durmiron con todos os contos…
e sei todos os contos.
León Felipe

Corría o ano 1854 e un señor chamado Hermann Gossen


pensou que o valor dun obxecto dado respondía á súa capacidade de
satisfacer a nosa necesidade, é dicir, o valor de tal obxecto estaba condi-
cionado pola utilidade que nos puidese reportar e non tanto polo seu
custe de produción, etc.
Unha idea tan orixinal, que xa pasara sen pena nin gloria en
Condillac (1795), debería volver sufrir o mesmo resultado e, efectiva-
mente, así foi.
Non sería até 1871 cando Jevons, Walras e Menger desenterra-
rían este morto como se for unha teoría viva e fecunda que se chamaría
marxinalismo.

80
EMBATE xaneiro 2023

Os teóricos que enarboraron esta cosmovisión da economía


pasarían a se coñecer como Escola Austríaca.

Por que este preámbulo e en que nos interesa esta


xente?
Se ben o marxinalismo como teoría rara vez saía dos círculos
académicos e burgueses, hoxe en día, a través dos medios de difusión
e dos think tank é deitado masivamente nos elementos desclasados y
pequenoburgueses, instruíndoos nos seus conceptos e manipulando a
historia. Polo tanto, interésanos coñecer os seus antecedentes, a súa
metodoloxía e corpo e que é o que defende.
Para este artigo 1) traballaremos de forma dialéctica, é dicir,
partiremos do universal ao particular e do abstracto ao concreto, 2)
non pretendemos facer un exercicio de erudición, senón un achega-
mento ás premisas metodolóxicas da Escola Austríaca para entender
como opera, e 3) apoiámonos bastante no camarada Bujarin.

Economía política, en xeral; Escola austríaca; e


economía política marxista, en particular
Primeiro de nada, é importante sinalar que a Economía polí-
tica é unha ciencia social e ten por obxecto de estudo as leis da pro-
dución social e da distribución dos bens materiais nas diferentes fases do
desenvolvemento da sociedade humana.1
Polo tanto, a adopción dunha escola de pensamento ou postu-
ra implica unha cosmovisión ou forma de entender o problema das leis
da produción e distribución.
Como poderiamos presentar ambas escolas sucintamente?

1
Adxunto de Ciencias da URSS (1960). Manual de economía política. Grijalbo, S.A.

81
xaneiro 2023 EMBATE

Características xerais da Escola Austríaca

Fundamento sociolóxico non A Escola Austríaca non pro-


definido porciona un desenvolvemento/
evolución da sociedade para a
súa teoría económica, máis ben
débese inferir dela, o cal recae
moitas veces en contradicións.
Perspectiva non histórica Se ben é certo que as ciencias
procuran o establecemento
dunhas leis xerais, no caso das
ciencias sociais non sempre se
pode, xa que las leis que son vá-
lidas nunha determinada época
histórica, non o son noutra.
Neste respecto, a Escola Aus-
tríaca pretende presentar unhas
leis económicas de carácter
universal.

Individualismo Predominio do individuo sobre


a sociedade: a nivel sociolóxico
adóitase expresar segundo a
sociedade está conformada por
individuos (átomos).
Predominio do consumo so- Denomínase tamén subxec-
bre a produción tivismo porque é a idea pola
cal a valoración subxectiva do
individuo determina o prezo da
mercancía.

82
EMBATE xaneiro 2023

Características xerais da Economía Política Marxista2

Fundamento sociolóxico de- A EPM emprega o Materia-


finido lismo Histórico como funda-
mento sociolóxico: cada estadio
da historia da humanidade
consta dunha organización da
produción y unas relacións de
produción que condicionan a
superestrutura da sociedade.
Perspectiva histórica A EPM establece unhas leis que
son exclusivas ao modo capi-
talista de produción, fora deste
carecen de validez. Á súa vez
establece outras leis de carácter
xeral.

Social A sociedade non é un agrega-


do de átomos ou individuos,
senón que funciona como unha
entidade allea á nosa vonta-
de, condicionada por factores
obxectivos e que nos determina.
Predominio da produción É o principio da economía clá-
sobre o consumo sica, a cal establece que o valor
dunha mercancía ven do traba-
llo socialmente necesario para a
súa produción (obxectivismo).
Precisamente pola extrema diferenza entre unha teoría e outra,
Bujarin cataloga á Escola Austríaca coma a antítese perfecta3 da EPM.

2
EPM a partir de agora.
3
Bujarin, Nikolái (1974), Economía política do rendista. LAIA, SA.

83
xaneiro 2023 EMBATE

Premisas metodolóxicas
Subxectivismo da Escola Austríaca
O individualismo da Escola Austríaca fai que o feito económi-
co parta das motivacións do individuo. O individuo supón o suxeito
económico, o átomo da sociedade. Un dos exemplos par excellence dos
austríacos adoita ser o clásico home no deserto que debe escoller entre
mercar auga ou diamantes. Para ese suxeito económico, nese momen-
to, terá máis valor a auga có diamante (utilidade marxinal); á súa vez
supón a decisión máis racional para a satisfacción da necesidade do
individuo.
Este modo de razoar tropeza cos seguintes problemas:
1. Este esquema non pon ao individuo nunha relación co social, senón
que fai do social un agregado de individuos. Para poder xustificarse
precisa partir dunha robinsonada, pero las motivacións dos indivi-
duos illados non son as mesmas que as motivacións dos individuos
en sociedade. É dicir, xustifícase a través dunha falacia.
2. No mercado, a avaliación do prezo debe partir dun prezo xa exis-
tente (isto é, fixado por unhas condicións obxectivas). No momen-
to que intentamos determinar a orixe do prezo derivando o social
do individual entramos nun bucle. Mentres que mediante a teoría
do valor-traballo podemos determinar o valor dunha mercancía e
logo o seu prezo condicionado polas relacións de oferta e demanda;
coa teoría marxinalista entrariamos nun ad infinitum dun indivi-
duo que lle dá un valor á súa mercancía, etc; así, dende o home
moderno capitalista até a sociedade máis primitiva.
Resumindo: a Escola Austríaca intenta derivar leis sociais do
individuo illado. Isto está abocado cara un círculo vicioso: toda moti-
vación individual está condicionada polo social; ao explicar o social de-
rivado pola motivación individual termínase explicando o social polo
social ad infinitum.

84
EMBATE xaneiro 2023

O individualismo da Escola O punto de vista Non Históri-


Austríaca fai que o feito econó- co na Escola Austríaca
mico parta das motivacións do Resulta sintomática la defini-
individuo. O individuo supón o ción do propio Böhm Bawerk
suxeito económico, o átomo da sobre o Capital: Chamemos ca-
sociedade. pital, en xeral, a un agregado de
bens producidos que serven como
medios para nos procurar bens, e
dentro deste concepto xeral establezamos á parte un concepto máis res-
trinxido de capital social. Podemos definir o capital social coma un agre-
gado de bens producidos que serven como medios de obter bens económicos
para a sociedade.4
Ou a de Carl Menger: O concepto obxectivo de capital abarca
toda a riqueza da economía de mercado, non importa cal sexa a súa natu-
reza técnica na medida na que o seu valor monetario poida ser calculado;
é dicir, pode ser expresado coma una suma de diñeiro produtivo.5
Toda concepción do Capital na Escola Austríaca atópase fóra
de calquera plano histórico. Comparemos con Marx: o Capital non
é unha cousa material, senón unha determinada relación social de
produción, correspondente a una determinada formación histórica
da sociedade, que toma corpo nunha cousa material e lle infunde un
carácter social específico. O Capital non é a suma dos medios de produción
materiais e producidos. É o conxunto dos medios de produción convertidos
en capital y que de seu teñen tan pouco de capital coma o ouro ou a prata,
coma tales, de diñeiro.6
É dicir, o materialismo histórico establece unhas leis xerais do
desenvolvemento e da evolución histórica do home; a EPM establece
unhas leis concretas o modo capitalista de produción coma etapa de
desenvolvemento do Home.

4
Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, SA.
5
Carl Menger (2021), Sobre a teoría do Capital, Unión Editorial.
6
Karl Marx (1974), O Capital, Volume III, Fondo de Cultura Económica.

85
xaneiro 2023 EMBATE

O problema que atopamos a ambas explicacións sobre a


Teoría do Valor, é que confunden Valor (traballo social-
mente necesario para a elaboración dunha mercancía)
con Valor de Uso (a capacidade que ten unha mercancía
de satisfacer unha necesidade).

Pola contra, a Escola Austríaca abandona calquera enfoque


histórico e establece unhas leis de carácter universal para calquera indi-
viduo en calquera época, o que é o mesmo que no explicar nada.

Produción e consumo
Para o seguidor da Escola Austríaca, a economía política debe
encargarse do estudo das motivacións, das necesidades e o consumo.
De feito, isto é o eixo central en Bawerk e Menger onde a produción
resulta algo moi accesorio.
Ao quedar estas (as relacións de produción) e o factor social
excluídos na teoría dos marxinalistas, a única continuidade coherente
era a elaboración dunha teoría do valor allea á produción, por iso a
utilidade marxinal é o centro de toda a teoría dos marxinalistas.
O problema de antepor o consumo sobre a produción e illar a
produción do consumo é que abdica de intentar realizar calquera aná-
lise histórica ou evolutiva da sociedade. Non se pode explicar o desen-
volvemento das forzas produtivas ou as relacións de produción a través
do consumo individual. Marx sinala con puntaría que se debe explicar
o consumo a través da produción porque 1) a produción crea o material
para o consumo, 2) a produción determina o modo do consumo e 3) a
produción crea novas necesidades de consumo.
A Escola Austríaca, partindo destas tres premisas falaces (su-
bxectivismo, non-histórico, preeminencia do consumo) é incapaz
de dar un cadro da evolución social e económica do Home e tampouco

86
EMBATE xaneiro 2023

pode dar explicación á acumulación do Capital. Malia que metodo-


loxicamente isto é abondo para enterrar como fracaso esta teoría nefas-
ta da burguesía meterémonos na súa pedra angular: a teoría do valor
subxectivo.

Teoría do valor
En materia de Economía Política, a teoría do valor é o aspecto
máis importante. Ben sinala Bujarin: o traballo asalariado, o capital, a
renda, a acumulación de capital, a loita entre as operacións a grande escala
e a pequena escala, as crises, etc., están involucradas directa ou indirecta-
mente nesta cuestión fundamental.7
Como desenvolven esta cuestión os nosos honorábeis académi-
cos da Escola Austríaca?
Bawerk exponos o seguinte: o valor de todas as cousas está ven-
cellado ao home e aos seus obxectivos. A posición do home cara un
obxectivo dado é o que determina se adscribe ou non valor a unha
cousa concreta. E esa posición pode ser de dúas clases, unha baséase no
que se coñece como valor en sentido subxectivo e a outra como valor en
sentido obxectivo.
No seu sentido subxectivo o valor denota a importancia que
un ben o unha cantidade de bens teñen para o benestar dunha per-
soa determinada. A palabra «benestar» enténdese aquí no seu sen-
tido máis amplo. Neste sentido diríamos que un ben ten valor para min
se considero que o meu benestar está vencellado a ese ben, como querendo
dicir que a posesión do ben satisfai algunha necesidade miña, proporció-
name satisfacción, pracer ou evítame algunha dor que estaría obrigado a
soportar se non posuíra o ben. Neste caso a presenza do ben implica unha
ganancia de benestar e, a súa ausencia, a correspondente perda. O ben ten
importancia para min, ten valor para min.

7
Bujarin, Nikolái (1974), Economía política do rendista. LAIA, SA.

87
xaneiro 2023 EMBATE

A outra clase é o valor obxectivo, é dicir a nosa estimación da


capacidade dun ben para dar lugar a algún resultado extrínseco definido.
Cando damos valor a un ben, neste sentido, estámonos limitando
a valorar a relación que existe entre o ben e a realización dalgún
resultado, un obxectivo preciso. Na nosa valoración non intervén a im-
portancia que para o benestar dunha persoa concreta poida ter ese ben.
Abstémonos de calcular o que ese ben poida supor para el benestar ou o
malestar dunha persoa determinada.8
Menger cóntanolo dun xeito máis sinxelo: aquel fenómeno vi-
tal que chamamos valor dos bens abrolla da mesma fonte có carácter
económico destes últimos, é dicir, da anteriormente descrita rela-
ción entre necesidade e masa de bens dispoñíbel.— A diferenza entre
ambos fenómenos radica en que o coñecemento daquela relación cuantitati-
va impulsa, por un lado, a nosa actividade previsora e, con iso, os bens que
se atopan nesta relación convértense en obxectos da nosa economía, é dicir,
en bens económicos. Por outro lado, este coñecemento lévanos á conciencia
da significación que ten para a nosa vida ou, respectivamente, para o noso
benestar, poder dispor de cada cantidade parcial concreta— da masa de
bens que posuímos. Deste modo, os bens que se encontran na relación ante-
dita adquiren valor para nós.9
O problema que atopamos a ambas explicacións sobre a Teoría
do Valor, é que confunden Valor (traballo socialmente necesario para a
elaboración dunha mercancía) con Valor de Uso (a capacidade que ten
unha mercancía de satisfacer unha necesidade). A pesar diso ímonos
adentrar na lóxica interna dos austríacos e explicala.
O señor Bawerk aparte da definición de valor, dános tamén
unha explicación do valor subxectivo e do valor obxectivo. A valoración
subxectiva da mercadoría explícase por causas netamente psicolóxicas:
esta mercadoría satisfai a miña necesidade / apórtame benestar, polo tanto,
ten valor para a miña persoa.

8
Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, SA.
9
Carl Menger (2020), Principios de economía política, Unión Editorial.

88
EMBATE xaneiro 2023

A explicación do valor obxectivo de Bawerk resulta algo más


interesante, e menciona: Cando damos valor a un ben, neste sentido,
estámonos limitando a valorar a relación que existe entre o ben e a rea-
lización dalgún resultado, un obxectivo preciso. Diso, o propio Bawerk
extrae a conclusión lóxica: Existen tantas clases de valores obxectivos coma
fins e resultados extrínsecos a perseguir.10 E continúa: O obxectivo era,
simplemente, o de tratar de pór de relevo con máis claridade unha clase
particular de valor obxectivo de natureza non diferente, pero si de grande
importancia para a ciencia económica. O valor que tiña eu en mente
era o valor de cambio obxectivo dos bens. Mediante este termo desig-
namos o valor dos bens no intercambio. Noutras palabras, valor de cambio
é sinxelamente a capacidade dos bens, a causa de los feitos que se dan
nun momento determinado, para obter «a cambio» outros bens que, por
esa única razón, son equivalentes no intercambio.

Bujarin pon de manifesto (...) que esta visión adoece de


sentido no moderno mercado capitalista, onde a produ-
ción non vai enfocada á satisfacción da necesidade do
produtor ou persoa individual senón á satisfacción do
Mercado.

Da explicación de Bawerk extraemos: 1) O valor obxectivo


dunha mercancía é a utilidade que reporta para un fin determinado
(alleo ás satisfaccións dos individuos) e; 2) O valor de cambio obxec-
tivo é a capacidade que ten unha mercadoría (como calidade) de ser
intercambiada por outras mercadorías.
Atendendo ás definicións aportadas por Bawerk, os marxina-
listas son incapaces de saír do fetichismo da mercadoría xa explicado
por Marx: a forma de mercadoría e a relación de valor dos produtos do
traballo no que se presenta, non ten nada que ver en absoluto coa
súa natureza física e as relacións entre cousas xurdidas dela. Non

89
xaneiro 2023 EMBATE

é máis que a relación social determinada dos mesmos homes, a cal adopta
aquí a forma fantasmagórica dunha relación entre cousas.11 Isto fai que
as súas novísimas concepcións queden ben situadas no campo da Eco-
nomía política vulgar.
As fraquezas teóricas da Escola Austríaca non quedan aquí, se
interiorizamos xa de cheo na súa pedra angular, es dicir, a utilidade
coma fonte do Valor, iamos atopar dificultades no camiño.
Para a Escola Austríaca, unha mercancía só ten valor se a) ten
utilidade para o benestar, e b) é escaso.
Bawerk pon o exemplo de dous homes, un nun deserto e outro
preto dun río. A auga é un ben de utilidade xeral, pero a abundancia
para uno e a escaseza para o outro supón a variación no valor subxec-
tivo deste ben. Mentres que para o primeiro home é un ben útil sen
valor pola súa abundancia, para o segundo é un ben útil que lle supón
practicamente a vida.
Isto é expresado así: «Valor é a importancia que un ben ou un
conxunto de bens adquire cando se lles recoñece unha utilidade que doutra
forma no terían para o benestar dunha persoa».
Todos os bens teñen utilidade, pero non todos os bens teñen valor.
Para que haxa valor, a utilidade ten que ir unida á escaseza. Non escaseza
absoluta, senón relativa á demanda que pesa sobre o ben en cuestión. Para
ser máis exactos, os bens adquiren valor cando a oferta dispoñíbel dos mes-
mos é insuficiente para cubrir as demandas que pesan sobre eses bens ou
están tan próximos á insuficiencia que a retirada dos bens a valorar produce
a insuficiencia da oferta. Por outro lado, os bens non teñen valor cando
abundan tanto que non só satisfán todas as necesidades para as que son ap-
tos, senón que ademais queda un exceso de bens e ningunha necesidade por
satisfacer; ademais o exceso ten que ser o bastante grande para que a retirada
dos bens en cuestión non impida a satisfacción de ningunha necesidade.12

10
Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, S.A.
11
Karl Marx (1974), O Capital, Libro I, Tomo I, AKAL.

90
EMBATE xaneiro 2023

A noción de valor da Escola Austríaca intenta dar (coma cal-


quera teoría sobre o valor), unha explicación sobre a orixe do valor e
o prezo como representación do valor da mercadoría. Bujarin pon de
manifesto xustamente que esta visión adoece de sentido no moderno
mercado capitalista, onde a produción non vai enfocada á satisfacción
da necesidade do produtor ou persoa individual senón á satisfacción do
Mercado.
A economía doméstica produce unha mercancía con valor
de uso para a satisfacción das súas necesidades, o excedente perde
este valor de uso e é deitado ao mercado. A economía moderna
capitalista produce masivamente mercancías carecentes de valor de
uso en relación ao produtor, e á súa totalidade vai ao mercado.
Isto aplícase tanto ao vendedor coma ao comprador ao que
moitas veces lle é indiferente o valor de uso da mercacadoría, coma ao
distribuidor intermediario, especulador, etc.
Tampouco é un principio que sirva para as economías domés-
ticas onde a valoración da utilidade vai condicionada polo diñeiro que
eu teña e o prezo de mercado previamente existente da mercadoría.
O prezo de mercado da mercadoría non se pode obter a partir
da noción de valor de uso (K. Marx) nin da noción de valor de uso
subxectivo (Bawerk). Á súa vez a obxección de que las mercadorías
lanzadas ao mercado baseen o seu valor de uso na súa capacidade para
o intercambio, implicaría derivar a importancia do valor de uso da
importancia do valor de cambio.
O camarada Bujarin remata con certeza: con toda razón, Marx
evitou basear a análise de prezos no valor de uso. Á inversa, o erro funda-
mental da Escola Austríaca consiste en que o principio reitor da súa teoría
non ten nada en común coa realidade capitalista moderna.

12
Eugen von Böhm Bawerk (1998), Teoría positiva do Capital, Edicións AOSTA, SA.

91
xaneiro 2023 EMBATE

A modo de conclusión
Estes mediocres teóricos da burguesía pretenden acabar con
calquera concepción científica sobre o capitalismo soterrando a) A teo-
ría do valor-traballo; b) A concepción histórica da Economía política
coma Ciencia Social, e c) A concepción social do Home.
Esta labor de zapa serve para xustificar un home naturalmente
capitalista e que o Ser Humano sempre foi e é capitalista; serve para ne-
gar a explotación da clase traballadora pola clase capitalista; serve para
xustificar a visión individualista da clase dominante.
Desenvolvín os puntos e conceptos dos autores da Escola Aus-
tríaca para que se poidan contemplar con nitidez, así coma os seus erros
teóricos.
Que isto sirva para coñecer que se agocha tras esta verborrea e
o contido real e reaccionario desta teoría.

«E así como na vida privada se distingue entre o que


un home pensa e di de si mesmo e o que realmente
é e fai, nas loitas históricas cómpre distinguir aínda
máis entre as frases e as figuracións dos partidos e o
seu organismo efectivo e os seus intereses defectivos,
entre o que se imaxinan ser e o que en realidade son».

Karl Marx

92
EMBATE xaneiro 2023

Entrevista á Asociación de Amizade


Galego-Cubana Francisco Villamil

EMBATE: Este ano a Asociación de Amizade Galego-Cuba-


na Francisco Villamil cumpre 40 anos dende a súa creación. Que
balance facedes dos 40 anos de existencia no exercicio da solidarie-
dade internacionalista?
AAG-CFV: Podemos dicir con certo orgullo e sen falsa modestia que
a “Villamil” realizou un bo traballo de solidariedade dende a súa fun-
dación no 1983. Sen dúbida, un dos nosos maiores éxitos foi man-
ter durante corenta anos unha organización militante que agrupou a
ducias de persoas de moi diversas orientacións políticas e ideolóxicas,
todas unidas polo apoio sen límites á Revolución Cubana e ao proxecto
socialista que Cuba constrúe.
Certamente, houbo etapas máis satisfactorias ca outras, nas que se lo-
grou mobilizar milleiros de persoas, tanto para denunciar en manifes-
tacións o bloqueo e o imperialismo, como para encher, literalmente,
barcos que levaron ao pobo cubano o froito da solidariedade material
do pobo galego.
Foi un exercicio multiforme de solidariedade, mobilizando partidos,
sindicatos e outras organizacións sociais ou persoas particulares, que

93
xaneiro 2023 EMBATE

chegou durante 40 anos a amplos sectores do noso pobo e mantivo


aceso un facho internacionalista até hoxe.

EMBATE: Tendo en conta que sodes a asociación máis lonxeva na


práctica do internacionalismo no noso país, como valorades a soli-
dariedade internacionalista que practica o pobo galego?
AAG-CFV: Aínda que pareza un pouco “tópico” dicir isto, sen dúbida
a masiva experiencia de emigración e exilios que o pobo galego pade-
ceu produce unha sensibilidade especial a respecto dos padecementos e
loitas doutros pobos, nomeadamente os de América Latina. Non pode
ser indiferente que o himno galego nacese en Cuba, ou que Castelao
finase no exilio arxentino. Houbo un constante ir e vir de ideas, de mi-
litantes, de experiencias que unen o noso pobo a múltiples experiencias
revolucionarias do mundo. Nomear Fidel, xa é dicilo todo.
Porén, a resposta popular á chamada internacionalista está moi ligada
ao estado concreto, de forza ou de debilidade, das organizacións in-
ternacionalistas ou solidarias e ao nivel de organización e conciencia
política do pobo nun determinado momento, que tamén se expresa
nun limitado traballo internacionalista por parte de partidos e sindica-
tos. Operan por outra parte novas formas presuntamente apolíticas de
“solidariedade” que adoptan formatos de ONG asistenciais, máis ou
menos humanitarias e nalgúns casos, directamente intervencionistas,
como axentes indirectos do imperialismo.
Na nosa man está, fortalecer con militancia e alargar a base asociati-
va de organizacións internacionalistas como a “Villamil” ou como a
Asociación Galego-Bolivariana de Amizade con Venezuela AGABO, o
Comité Internacionalista Mar de Lumes, o Comité de Galego de Apoio
ao Donbass, a Asociación de Amigos do Sahara ou as organizacións de
apoio a Palestina, por exemplo.

94
EMBATE xaneiro 2023

Outro aspecto a non descoidar, é o de incrementar a mobilización so-


cial contra o imperialismo e o militarismo da OTAN. A defensa dos
salarios e do poder adquisitivo da clase obreira pode ser hoxe unha
poderosa ferramenta antiimperialista, nas condicións concretas do mo-
mento no que o imperialismo tende, máis ca nunca, á reacción, á gue-
rra e ao fascismo.

EMBATE: Foron 40 anos nos que a experiencia socialista cubana


veuse día a día acosada, ameazada e acurralada. Cales foron os mo-
mentos máis difíciles para o socialismo en Cuba e como axudou a
asociación e a cooperación internacional?
AAG-CFV: Sen dúbida algunha, a etapa do chamado “período espe-
cial”, a comezos dos anos noventa do século pasado. O retroceso do
socialismo a nivel mundial, coa desaparición da URSS e dos países so-
cialistas de Europa, privou a Cuba do 85% dos seus intercambios eco-
nómicos, co agravante de que existía unha real integración produtiva
de Cuba cos demais países socialistas.
Foi unha etapa na que vimos algunha xente de esquerdas, “revoluciona-
rios” mesmo, que en seis meses pasaron de ser os máis firmes defensores
de Cuba a non dar un patacón polo socialismo ou por Fidel. A frase de
moda dalgunha desas persoas era: á revolución cubana quédanlle seis
meses.
En cambio, neses anos confluíron na “Villamil” e na solidariedade con
Cuba (tamén desde outras organizacións que xurdiron por toda Gali-
za), ducias de persoas que dedicaron xenerosamente tempo, esforzos e
medios. Enchéronse barcos con material médico, maquinaria, vehícu-
los, material escolar, etc. Organizáronse concertos, festivais, manifesta-
cións, charlas en colexios e sindicatos, mobilizouse a solidariedade de
partidos e sindicatos, de Concellos e institucións diversas. A resposta
do pobo galego foi impresionante.

95
xaneiro 2023 EMBATE

A defensa dos salarios e do poder adquisitivo da clase


obreira pode ser hoxe unha poderosa ferramenta an-
tiimperialista, nas condicións concretas do momento no
que o imperialismo tende, máis ca nunca, á reacción, á
guerra e ao fascismo.

EMBATE: O mundo está mudando. Nunha formulación moi re-


sumida: a hexemonía unipolar do capital imperialista estadouni-
dense está véndose cuestionada por unha realidade de hexemonía
multipolar. Como afecta isto á illa caribeña? Abre isto novas posi-
bilidades á solidariedade internacionalista?
AAG-CFV: A pandemia e as dificultades materiais de Cuba, aumenta-
das polo bloqueo (que xa cumpriu 62 anos) e a conseguinte interven-
ción exterior nos sistemas de transferencia e crédito da illa, xeraron un
espontáneo movemento interior de solidariedade que se traduce, por
exemplo, no arribo á cidade de Matanzas, cando esta era o epicentro
da Covid e parecía gravemente colapsada, de centos de voluntarias e
voluntarios de todas as provincias de Cuba: estudantes, profesionais,
artistas ou traballadores. Para a relación internacional de Cuba, a pre-
senza das brigadas médicas en 34 países (incluso en Italia) reborda a
censura das grandes axencias e produce recoñecemento popular en so-
ciedades do terceiro mundo que foron convencidas de estar vivindo
no paraíso consumista e vista a exportación médica solidaria de Cuba
comproban que eles mesmos están excluídos da atención médica. O
goberno de Washington considera urxente darlle volta ao impacto
ideolóxico do internacionalismo médico cubano e fai que apareza nos
media coma un mero traballo mal pagado, no que as mulleres e homes
das brigadas médicas deixan de ser heroes para apareceren coma escra-
vos. A propaganda do capital encadra no mundo da compra-venda a
excepcionalidade de voluntarias e voluntarios resoltos a salvar vidas a

96
EMBATE xaneiro 2023

risco da propia. O que o Imperio tenta evitar é que a opinión públi-


ca do norte capitalista confronte o fracaso do mal chamado mercado
libre coa visión da solidariedade internacional e o socialismo. Isto é
particularmente certo no continente Sur de América, que a nada de
librarse do dominio colonial europeo comezaba a ser atormentado polo
goberno de Washington en nome de ameazas de intromisión exterior,
a seguir do terror comunista e finalmente do risco de que unha illa
do Caribe, con ben menos poboación e riquezas que a área de Nova
York, poda transmitirlle a idea da solidariedade. Ben entendido que,
por veces, esta censura imperial non pode impedir que Emily Morris,
profesora do Instituto das Américas do University College de Londres
repase nun artigo o completo fracaso das arrogantes predicións de ri-
queza para o Báltico e os países do CAME cando a caída do Muro de
Berlín. Morris recorda que a maiores da desaparición do CAME, Cuba
arrastraba o bloqueo, a Lei Helms Burton, a Lei Torricelli, a Lei de Axuste
e a diaria hostilidade promovida desde Washington. Malia o criminal
cerco, os indicativos sociais cubanos superaban os dos seus exsocios do
Leste, urxentemente convertidos ao capitalismo. O artigo aparecera na
New Left Review. Cuba vive en todos os sentidos unha realidade dife-
rente da que conta a propaganda. A rede de solidariedade internacional
co proxecto socialista, procura a diario contrarrestar esta inflación de
propaganda de guerra que ten a súa orixe no goberno de Washington.

EMBATE A experiencia cubana foi a experiencia socialista con maior


proxección internacional de toda América. Para ben ou para mal, os
seus líderes e a súa revolución non deixan indiferente a ninguén.
Como valorades a importancia que compre na batalla das ideas, é
dicir, que importancia ten a loita polo desenmascaramento das men-
tiras que se verten e a dignificación da vontade do pobo cubano?
AAG-CFV: O Imperio domina o medio de difusión e os contidos. O
seu propósito é acabar coa primeira cultura socialista de América que se

97
xaneiro 2023 EMBATE

realiza nun goberno con control integral da economía. A desproporción


entre o poder e a ubicuidade do pregoeiro do Norte e os medios da illa
obxecto do cerco, é colosal. Eduardo Galeano adoitaba recordar o poder
de Hollywood para facer evidente e natural que só o consumo pode
facernos felices. A liña de poder que arrinca dos filmes en technicolor
de telefones brancos dos 50, non se corta coa aparición do streaming
porque a fábula que se conta e a ideoloxía é a mesma. A diferencia é que
a industria de Hollywood de Eisenhower, usaba a caricatura anti-co-
munista contra Cuba con tanta animosidade que acababa producindo
risa. As presidencias de Trump e Biden non perden tempo en comedias
e van a pé feito contra a economía de Cuba co obxectivo declarado de

Cuba vive en todos os sentidos unha realidade diferente


da que conta a propaganda. A rede de solidariedade
internacional co proxecto socialista, procura a diario con-
trarrestar esta inflación de propaganda de guerra que
ten a súa orixe no goberno de Washington

provocar miseria e protestas que acaben co goberno socialista. Paralela-


mente, a liña editorial da propaganda do Imperio aconsella un regreso
ao debate que precedera á unidade da Revolución, de maneira que de-
fenden como plena normalidade as correntes historicamente superadas
como o anti-comunismo, a superstición relixiosa, os límites ordenados
entre culturas (o racismo) e un caudaloso resto de vergoñas do Antergo
Réxime. Ben entendido que isto é o que defende Joseph Biden como
espírito democrático. A outra parte desta mesma recomendación é con-
siderar o diálogo como lugar de converxencia de todas as ideoloxías, sen
preeminencia de ningunha. Arguméntase que a diversidade actual da
sociedade cubana esixe a aceptación de todas as correntes ideolóxicas
para podelas integrar no apolíneo coro dun multi-partidismo no que
dun xeito natural quede excluído o Marxismo, pola súa condición de

98
EMBATE xaneiro 2023

radicalmente anti-capitalista. A propaganda a prol deste debate, invita


a dar por perdida a loita pola cultura, a igualdade e a soberanía. É no-
tábel que quen lanza estes argumentos dende o Norte censure o debate
e combata a proliferación de partidos, nomeadamente os que chama de
esquerdas, na propia casa. Na que fora metrópole de Cuba até 1898,
non parece preocupar o destino da lingua de Cuba nin o recordo dunha
cultura (hoxe fundida na Cubanía coa que procede de África e Asia)
que o discurso académico considera coma un tesouro a conservar e que
incluso conta cunha partida orzamentaria non menor.

EMBATE: A raíz da crise do Covid_19 e a fractura nas cadeas interna-


cionais de valor, a illa sofre problemas de abastecemento. Como está
a situación actual e como podemos cooperar os internacionalistas?
AAG-CFV: Hai que dicir que a emerxencia sanitaria e económica que
produciu o COVID19 tivo un efecto negativo multiplicador das difi-
cultades que viñan de antes. Golpeou a Cuba nun momento en que
esta viña de acadar case a meta de 4 millóns de turistas e por tanto,
tronzou de súpeto o proceso de recuperación económica que se estaba a
producir. No peor desta situación sanitaria, Estados Unidos aproveitou
para endurecer o bloqueo, aumentar as sancións e finalmente, coloca-
ron a Cuba na lista de “estados patrocinadores do terrorismo”, o que
entorpece en maior medida as transaccións bancarias internacionais.
Temos que ver o proceso na perspectiva dunha década. A guerra híbri-
da de Estados Unidos contra Venezuela reduciu drasticamente o inter-
cambio con Cuba e os seus ingresos. A vitoria de Bolsonaro, supuxo a
retirada dos milleiros de efectivos médicos e deportivos que cooperaban
con Brasil. As sancións imperialistas contra Rusia bloquearon o turis-
mo ruso que estaba sendo no 2021 o segundo cliente de Cuba, despois
de Canadá.
Todos estes factores externos xeraron unha situación de tensión econó-

99
xaneiro 2023 EMBATE

No peor desta situación sanitaria, Estados Unidos apro-


veitou para endurecer o bloqueo, aumentar as sancións
e finalmente, colocaron a Cuba na lista de “estados
patrocinadores do terrorismo”, o que entorpece en maior
medida as transaccións bancarias internacionais.

mica extrema, con cortes de luz e auga, carestía de prezos e rupturas


de subministros. O imperialismo monitoriza esta situación e tratar de
converter a natural insatisfacción de sectores da poboación en protestas
e desafección ao proxecto socialista.
Hai unha percepción xeral, no PCC e na sociedade, da necesidade
de actualizar o modelo socialista, nas condicións presentes, que non
son as de hai 60 anos nin as de hai 30. Pero os pasos desas reformas,
cuxos aspectos xerais xa levan aprobados hai dous congresos, van a
modo, con moita prudencia e gradualidade, sen perder de vista que
Estados Unidos, non renunciará nunca ao seu proxecto de apropiación
de Cuba.
En todo caso, ese debate, correspóndelle dalo ao pobo de Cuba. A nós,
correspóndenos impulsar a solidariedade con Cuba. Unha solidarieda-
de multiforme, que pasa primeiro por aumentar a afiliación da nosa
asociación que se mantén exclusivamente das cotas e da venda de libros
que editamos. Que pasa tamén por implantar núcleos locais da Villa-
mil en novas comarcas e seguir levando actividades e campañas polo
país adiante. Correspóndenos estar alertas ante emerxencias como a
acontecida este verán co incendio da base petroleira de Matanzas, ante
a cal a asociación conseguiu mobilizar doazóns por 6.193 euros, nuns
poucos días, ou como na campaña para enviar 10 millóns de xiringas
para a vacinación contra o COVID-19.

100
EMBATE xaneiro 2023

EMBATE: Entre as vosas actividades están a colaboración en cam-


pañas de axuda material fronte ao bloqueo, o exercicio do debate
público e as mostras de solidariedade e protesta. Que actividades e
campañas estanse a desenvolver na actualidade?
AAG-CFV: Hai actividades que xa temos en marcha e outras que serán
aprobadas na vindeira Asemblea Xeral da Asociación en febreiro.
Imos seguir promovendo diversos actos de solidariedade con Cuba.
Nomeadamente a conmemoración do natalicio de Xosé Martí o 28
de xaneiro, que este ano realizaremos en Pontevedra. O 26 de xullo,
conmemoraremos o asalto ao cuarteis Moncada e Céspedes. E a come-
zos de novembro, organizaremos actos de repudio ao bloqueo, coinci-
dindo coa votación na ONU da resolución condenatoria que presenta
Cuba cada ano.
O 3 de marzo, conxuntamente con AGABO, teremos en Vigo a Aran-
txa Tirado, presentando na Casa do Libro a súa última obra, “Lawfare”.
Neste primeiro trimestre queremos traer a Galiza a Helen Yafe, que virá
nunha xira estatal para presentar o documental “Tarefa Vida”, sobre
a loita de Cuba contra as consecuencias das alteracións climáticas e a
protección dos seus ecosistemas máis fráxiles.
Seguiremos organizando campañas de venda de café e azucre co triple
obxectivo de contribuír a rachar o bloqueo, contactar con novas per-
soas interesadas en apoiar a Cuba e apoiar os proxectos de agricultura
ecolóxica que desenvolve SODEPAZ en Cuba.
Imos impulsar unha campaña de divulgación do proxecto de electrifi-
cación solar para o Instituto Finlay de Vacinas, proxecto auspiciado por
SODEPAZ, para o que queremos mobilizar doazóns.
Imos ir sistematizando a recollida de medicamentos, aínda que isto
teña moitas dificultades loxísticas.

101
xaneiro 2023 EMBATE

Para rematar o ano, organizaremos en decembro unha serie de activi-


dades para conmemorar os 40 anos de actividade da nosa asociación,
das que xa informaremos con tempo.
Non queremos rematar sen agradecer o voso interese e o apoio que su-
pón dar voz á solidariedade galega con Cuba nas páxinas da vosa publi-
cación, e á vez, aproveitar para convidar a vosa militancia e simpatizan-
tes a participar activamente na Asociación de Amizade Galego-Cubana
Francisco Villamil ou cando menos asociarse quen o considerar posíbel.

102
EMBATE xaneiro 2023

Ten sentido reivindicar a Lenin no


século XXI?

Toni Puig

A situación actual dos comunistas e de todas aas forzas de es-


querda é difícil e complicada, tanto en relación á valoración do pasado
coma con relación á loita presente.
No que se refire ao pasado, trátase de averiguar se nos ofrece
ou non leccións para afrontar os problemas actuais. No entanto, a súa
avaliación non será a mesma se o que se persegue é trampear a situación
a través de supostas melloras do sistema capitalista, ou se, pola contra,
o obxectivo final é a toma do poder por parte do proletariado.
O que coñecemos como marxismo, ao principio presentouse
con outros apelativos. Engels, por exemplo, no Anti-Düring, chamou-
no socialismo científico. Pero o propio Engels decidiu finamente que
o nombre axeitado era marxismo e fíxóo no seu brillante texto Carlos
Marx: Breve bosquexo biográfico. Daí que ás veces se diga que Engels in-
ventou o marxismo, cando o correcto sería, en todo caso, dicir que foi o
primeiro que denominou marxismo á teoría científica e revolucionaria
ao servizo da emancipación da clase obreira.

103
xaneiro 2023 EMBATE

Isto é bo lembralo, xa que que asistimos a un intento de ente-


rrar non só o marxismo-leninismo, asociándoo estrictamente a unha
certa instrumentalización que do mesmo fixeron os estados dos antigos
países do “socialismo real” ao elevalo á “ideoloxía de estado”. Tamén se
procurar soterrar o mesmo concepto de marxismo arredar a Engels de
Marx e incluso suprimir da obra de Marx algunhas das súas formula-
cións, alegando que Engels as esaxerou ou modificou. Con esta preten-
sión, dáse eco a unha serie de marxólogos académicos convertíndoos
en referentes de moitas persoas ben intencionadas. Búscase un Marx
disociado das experiencias revolucionarias exitosas (ou frustradas) dos
séculos XIX e XX, pintándoo coma un “sabio” de gabinete, coa coarta-
da de que así se evitará lixalo cos erros que en tales procesos revolucio-
narios se cometeron.
En 1913 Lenin publicou un opúsculo titulado Vicisitudes histó-
ricas da doutrina de Carlos Marx, onde di que “o principal da doutrina de
Marx é pór en claro o papel histórico universal do proletariado como crea-
dor da sociedade socialista”. Lenin tivo aquí a virtud de resaltar, como
fixo antes Engels, que o primeiro elemento definitorio do marxismo é o
seu carácter de clase, a súa condición de ferramenta ao servizo da eman-
cipación da clase obreira, unha ferramenta que se mellora co tempo.
Catro anos despois, cara o final da Primeira Guerra Mundial, a
Revolución triunfou en Rusia baixo a dirección do Partido Bolxevique,
en parte grazas á exitosa estratexia de Lenin. Dende entón, o leninis-
mo está xunguido ao outubro ruso de 1917 e ao seu pulo posterior. A
Terceira Internacional foi resultado daquel pulo. Xurdiu da creba da
Segunda Internacional, para orientar aos marxistas cara o derrocamen-
to revolucionario do capitalismo, o que deu orixe ao que se chamou
Movemento Comunista Internacional.
Trala Revolución de outubro, o que fora un movemento socia-
lista internacional único desdobrouse. Os dirixentes da socialdemocra-
cia apoiaran a guerra das súas burguesías imperialistas e xa ía tempo que
axudaban a sofocar o malestar da gente e a estabilizar o capitalismo.

104
EMBATE xaneiro 2023

Desde entón, a socialdemocracia convertiuse de facto na á re-


formista do capitalismo e condicionou as reformas do sistema á súa
viabilidade e continuidade. Isto foi o que obrigou aos revolucionarios a
organizarse fóra da súas ringleiras, tomando o leninismo coma bandei-
ra.
Organizarse á marxe da socialdemocracia reformista non con-
levou renunciar a acordos puntuais con ela e o mesmo vale para os
anarquistas e outras correntes que en momentos puntuais comparten
obxectivos cos comunistas. Pero non se trata de partillar unha mesma
organización facendo un cóctel ideolóxico, senón de texer alianzas e
estas sempre se edifican “con outros” que teñen outras identidades e
outras formas de organización.
Lenin e outros marxistas xa indicaran durante a Primeira Gue-
rra Mundial que o principal inimigo era a burguesía imperialista in-
ternacional. Daí que, nalgunas ocasións, se considerara ao leninismo
coma o “marxismo da época do imperialismo”.
Trala fundación da Terceira Internacional, a experiencia histó-
rica del movemento obreiro revolucionario quíxose sintetizar coas pa-
labras marxismo-leninismo. Con elas non se acantoaban a outros gran-
des líderes revolucionarios de tamaño similar á de Marx e Lenin, nin
se ignoraba o papel das masas ao longo da historia. Todo o contrario.
A obra de Karl Marx e de Lenin, e a de todos os seus camaradas, está
ligada ao desenvolvemento do proletariado moderno e ao seu proceso
de toma de conciencia de clase. Sen a acción das masas explotadas, ao
servizo das cales ambos puxeron todas as súas forzas e toda a súa inte-
lixencia, non tivesen sido posibles as súas impresionantes aportacións
nin as de todos aqueles que actuaron de conformidade con eles.
Como vimos, un dos argumentos para suxerir o abandono do
marxismo-leninismo, foi a suposta vontade de desvincular a obra de
Marx do acontecido nos países do chamado socialismo real. Aquí é
importante deixar claro que as relacións sociais que se desenvolveron
naqueles países non foron simplemente o produto dunha teoría ou

105
xaneiro 2023 EMBATE

dunha ideoloxía á que dixe- (...) un dos argumentos para


ron adherirse os seus dirixen-
suxerir o abandono do marxis-
tes. Foi tamén o resultado dun
conxunto de condicionantes mo-leninismo, foi a suposta von-
e trastornos políticos cos que tade de desvincular a obra de
se atoparon aqueles países, in- Marx do acontecido nos países
cluído unha terríbel guerra ci- do chamado socialismo real.
vil primeiro, unha -aínda máis
terríbel- Segunda Guerra Mun-
dial e unha posterior guerra fría, acompañada de bloqueos que aínda
proseguen e que se acentúan nos nosos días.
É certo que despois da conquista do poder polos partidos co-
munistas ou por grupos revolucionarios afíns a eles, en varios países, o
marxismo-leninismo foi presentado como instrumento ideolóxico de
lexitimación e en certas ocasións permitiu agochar e xustificar políticas
que resultaron erradas. Os procesos históricos son demasiado comple-
xos para ser predicidos e moldeados sobre a base dunha teoría particu-
lar e esta teoría, cando é científica, depúrase e enriquécese coa propia
práctica, o que esixe aprender dos erros propios e alleos e esixe, á vez,
desenvolver a propia teoría para enfrontar situacións inicialmente non
previstas.
O leninismo foi, nun primeiro momento, a forma rusa do des-
envolvemento do marxismo, o que lle permitiu non só entender a rea-
lidade particular de Rusia, senón que tamén lle permitiu enriquecer
o marxismo atendendo estas particularidades e levando a porto unha
revolución proletaria victoriosa, algo antes nunca visto. Daí que a pri-
meira obriga dos leninistas sexa dominar e aplicar os puntos de vista
e métodos marxistas para estudar e resolver os problemas prácticos da
realidade concreta do propio país e elaborar, partindo de dita realidade,
a súa estratexia e tácticas revolucionarias e a súa labor internacionalista.
Isto é moi importante, xa que unha das razóns do desprestixio do mar-
xismo-leninismo se debe a que, con frecuencia, moitos supostos mar-
xistas-leninistas dedicáronse a citar palabras e frases soltas sen estudar

106
EMBATE xaneiro 2023

as particularidades do seu país e as do contexto político internacional.


Unha lectura coidadosa da obra de Lenin permite comprobar
a axeitada descrición que fai do sistema capitalista e do seu desenvol-
vemento peculiar en Rusia, o descubrimento das particularidades do
capitalismo ao chegar á fase imperialista, o vencello entre as loitas de
liberación nacional e a revolución democrática, a preparación teórica e
práctica da clase traballadora e a teoría para construír o partido proleta-
rio, así coma a concepción de que as masas deben ser as protagonistas
da revolución, o que esixe texer as alianzas pertinentes e preparar a
insurrección popular.
Aínda que nalgúns escritos coma en Tres fontes e partes inte-
grentes do marxismo, semella que Lenin pensara que a obra de Marx era
“completa e rematada”, o mesmo desfixo esta posíbel confusión cando
dixo: “Non consideramos a teoría de Marx coma algo completo e in-
violábel. Pola contra, cremos que só puxo as bases da ciencia que debe
desenvolverse en todas as direccións, se non queremos ir arrastrándo-
nos pola vida” (A enfermidade infantil do esquerdismo no comunismo).
Coas palabras “completa e rematada” Lenin referíase exclusivamente a
estas bases científicas, aos fundamentos.
Para Lenin a teoría revolucionaria non é pois un dogma e só
ten sentido cando vai da
man da loita de masas.
Lenin foi moi coidadoso coa forma- Esta concepción levouno
ción teórica e alertaba do perigo á conclusión de que a aná-
de caer no empirismo, unha desvia- lise concreta da situación
ción na que caen os oportunistas de concreta é a alma viva do
todo tipo que se arrastran detrás dos marxismo, unha análise
que debe superar todo
feitos que aparecen na superficie e tipo de especulacións, xa
que se nos presentan distorsionados que a política non depen-
dende os medios de comunicación de das intencións senón
oficiais. das accións.

107
xaneiro 2023 EMBATE

A análise concreta da situación concreta é central para decidir


as distintas formas de loita e relacionalas. Con demasiada frecuencia
quíxose privilexiar unha forma de loita esquecendo as otras. Incluso se
chegou a convertir unha forma de loita coma identidade de tal ou cal
organización política de “esquerdas”. Nuns casos foi a loita armada,
noutros a desobediencia civil, a loita electoral, a axitación nas rúas…
ou as ocupacións de espazos abandonados. Lenin, combateu esta ano-
malía:
“¿Cales son as esixencias fundamentais que todo marxista
debe presentar para a análise da cuestión das formas de loita? En
primeiro lugar, o marxismo distínguese de todas as formas primi-
tivas do socialismo pois non liga o movemento a unha soa forma
determinada de loita. O marxismo admite as formas máis diversas
de loita; ademais, non as “inventa”, senón que xeraliza, organiza
e fai conscientes as formas de loita das clases revolucionarias que
aparecen por si mesmas no curso do movemento. O marxismo, to-
talmente hostil a todas as fórmulas abstractas, a todas as receitas
e doutrinas, esixe que se preste moita atención á loita de masas en
curso que, co desenvolvemento do movemento, o medre da con-
ciencia das masas e a agudización das crises económicas e políticas,
enxendra constantemente novos e cada vez máis diversos métodos
de defensa e ataque. Por isto, o marxismo non rexeita categorica-
mente ningunha forma de loita. O marxismo non se limita, en
caso ningún, ás formas de lucha posíbeis e existentes só nun mo-
mento dado, admitindo a aparición inevitábel de formas de loita
novas, descoñecidas dos militantes dun período dado, ao mudar a
conxuntura social. O marxismo, neste sentido, aprende, se pode di-
cirse así, da práctica das masas, lonxe de pretender ensinar ás masas
formas de loita inventadas por “sistematizadores” de gabinete (…).
En segundo lugar, o marxismo esixe que a cuestión das
formas de loita sexa enfocada historicamente. Achegar esta cues-
tión fóra da situación histórica concreta significa non compren-
der o abecé do materialismo dialéctico. Nos diversos momentos

108
EMBATE xaneiro 2023

da evolución económica, segundo as diferentes condicións políticas,


cultural-nacionais, costumais, etc., aparecen en primeiro plano
distintas formas de loita, e convértense nas formas de loita princi-
pais; e, en relación con isto, modifícanse á súa vez as formas de loi-
ta secundarias, accesorias. Querer responder si ou non a propósito
dun determinado procedemento de lucha, sen examinar en detalle
a situación concreta dun movemento dado, a fase dada do seu des-
envolvemento, significa abandonar completamente a posición do
marxismo. (A guerra de guerrillas).
Lenin foi moi coidadoso coa formación teórica e alertaba do
perigo de caer no empirismo, unha desviación na que caen os oportu-
nistas de todo tipo que se arrastran detrás dos feitos que aparecen na
superficie e que se nos presentan distorsionados dende os medios de co-
municación oficiais. “O coñecemento [dicía] é el reflexo da natureza por
parte do home. Pero isto non se produce dunha maneira simple, inmediata,
sen reflexión total”. (¨Materialismo e empiro-criticismo). Para analizar
a realidade cómpre facer unha serie de abstraccións, ter un patrimonio
conceptual, coñecer as leis que caracterizan cada modo de produción,
observar as contradicións sociais e a súa evolución, etc.
A análise concreta da situación concreta tamén axuda a correxir
os erros. Admitir un erro é axeitado para descubrir as súas causas e rec-
tificar. “O comportamento dun partido político ante os seus erros é unha
das formas máis importantes e máis seguras para xulgar a seriedade deste
partido e a maneira na que cumpre coas súas obrigas cara a súa clase e as
masas traballadoras.” (A enfermidade infantil do esquerdismo no comunis-
mo).
Rigor, seriedade, paciencia, astucia, optimismo e por riba de
todo, posicionamento clasista, son expresións que resumen a conduta
de Lenin. Non era, porén, nin un soñado nin un algareiro sectario
coma estes que se dedican a pasearse polas rúas exclusivamente cos
seus, para “fachendear”. Sabía que a realidade é independente da nosa
vontade, aínda que coa acción podémola modificar, pero para face-

109
xaneiro 2023 EMBATE

lo debemos analizala coidadosamente. Velaquí o motivo polo que lle


daba tanta importancia á análise e lle dedicaba tanto tempo e enerxías.
Lenin tivo a virtude de combater a dexeneración revisionista e
o oportunismo que estaban corroendo ao movemento socialista inter-
nacional e converterse na fonte principal do desenvolvemento do mar-
xismo auténtico e revolucionario, recuperando non só a teoría clásica
de Marx, senón tamén incorporando novas teorías de valor universal,
entre a que ocupou un lugar destacado o estudo do imperialismo e a
comprensión do papel relevante que lle correspondía xugar aos move-
mentos de liberación nacional. Isto distanciouno daqueles que só vían
a posibilidade dunha revolución vitoriosa nos países de capitalismo
avanzado, países que, por cierto, na maioría de casos xa se converteran
en metrópoles imperialistas.
Agora asistimos a novas formas de oportunismo. O abando-
no do marxismo-leninismo, ou a renuncia do mesmo, por parte da
esquerda hoxe maioritaria, foi da man dunha definición xenérica coa
cal se nos vén dicir que o socialismo se alicerza unicamente en ideais
coma a xustiza social, maior igualdade e benestar, cando estes son só
dereitos sociais polos que hai que loitar, pero que por si mesmos non
abocan nunha revolución socialista. Trátase de concesións arrincadas
aos capitalistas. O marxismo-leninismo, en cambio, sen renunciar a
obter concesións dos capitalistas e desenvolvendo continuamente teo-
rías particulares na loita para arrincalas, propónse, coma obxeticvo
irrenunciábel, desprazar do poder aos capitalistas. Só así se afastarán
todas as maldades asociadas ao modo de produción capitalista.
Aliás, significa isto que ao non se lograr aínda unha verdadeira
revolución socialista nos países europeos nos que nós nos ubicamos, o
marxismo-leninismo fracasou ou que incluso foi derrotado?
É evidente que os comunistas europeos fomos incapaces de
levar ao poder aos traballadores e oprimidos, tal como o fixeron na Re-
volución Rusa de 1917, a Revolución Chinesa de 1948, a Revolución
Cubana de 1959… ou a heroica resistencia do pueblo de Viet Nam

110
EMBATE xaneiro 2023

na década dos 70. É evidente tamén, que esta incapacidade foi prexu-
dicial para os países nos que inicialmente a revolución triunfou, pois
ao non derrotar á burguesía dos países que conforman o centro impe-
rialista, este centro imperialista puido desenvolver unha dura batalla
económica e militar contra os países que desexaron construír un futuro
comunista e contra os que loitan pola súa independencia e liberación.
Derramar esta ofensiva é, precisamente, unha das obrigas dos comunis-
tas europeos.
Porén, os comunistas europeos tamén temos no noso haber
unha xeira de xestas e experiencias positivas que non deberiamos infra-
valorar, entre as que ocupa un lugar sinalado a memorábel loita antifas-
cista da que non só fan parte as experiencias contraditorias das frontes
populares, senón que tamén fai parte da mesma, a heroica resistencia
armada antifascista, dentro da cal se debe ubicar a loita partisana.
Oficialmente o leninismo foi definido coma o marxismo da
época do imperialismo, engadinso que se trataba da teoría do move-
mento de liberación do proletariado, da teoría e táctica da ditadura do
proletariado, da teoría da construción da sociedade comunista.
Esta definición gardaba relación cos obxectivos perseguidos
ao fundar a Internacional Comunista, que nun primeiro momento se
propuña conseguir a revolución mundial e que foi concebida coma o
partido dirixente de tal revolución, dando aos partidos nacionais o ca-
rácter de simples seccións locais. Esta pretensión esvaeceuse cos fracasos
da revolución húngara dos consellos obreiros, da revolución esparta-
quista alemá e da experiencia italiana dos consellos de fábrica, entre
outros intentos insurreccionais frustrados. Aqueles fracasos entearon
unha terríbel represión anticomunista, promovida pola fracción máis
reaccionaria da oligarquía financieira e imperialista internacional, que
deu lugar ao nazifascismo e que acabou aguzando a Segunda Guerra
Mundial. Isto débenos levar á conclusión de que o Movemento Comu-
nista, creado coa Terceira Internacional, foi entón derrotado?
Conseguir tal derrota era, nin máis nin menos, o que perse-

111
xaneiro 2023 EMBATE

guía o nazifascismo. Porén O marxismo-leninismo (...) sen renun-


os feitos recórdannos que ciar a obter concesións dos capita-
non o lograron e quen listas e desenvolvendo continuamen-
finalmente acabaron de-
te teorías particulares na loita para
rrotados foron os propios
arrincalas (...), desprazar do poder
nazifascistas.
aos capitalistas. Só así se afastarán to-
Nin a imposibili- das as maldades asociadas ao modo
dade de conseguir a revo- de produción capitalista.
lución mundial a comezos
do século XX, nin a pos-
terior ofensiva fascista, nin a división do Movemento Comunista In-
ternacional tras o XX Congreso do PCUS, nin a deriva reformista dos
partidos que impulsaron o eurocomunismo… nin a caída do Muro de
Berlín, significaron a derrota definitiva do marxismo-leninismo. Fo-
ron acontecementos dolorosos e que nalgunhas ocasións comportaron
dor, sangue, morte e prisión para moitos comunistas. Nada diso pode
afogar as experiencias exitosas e as loitas heroicas do Movemento Co-
munista Internacional que naceu tras a Revolución de Outubro e da
que os comunistas actuais nos debemos considerar herdeiros. A mellor
forma de recoller esta herencia é reivindicando o leninismo.
A revolución non é un xoguete en man dos comunistas, que se
nos poden quitar cando fracasamos e que caprichosamente podemos
recuperar. Para que sexa posíbel deben darse determinadas condicións,
como Lenin puxo de manifesto na súa teoría sobre o elo débil da cadea
imperialista:
“A un marxista non lle cabe dúbida de que a revolución
é imposíbel sen unha situación revolucionaria; ademáis, non toda
situación revolucionaria aboca nunha revolución. Cales son, en
termos xerais, os síntomas distintivos dunha situación revolucio-
naria? Seguramente non cometemos un erro se sinalamos estes tres
síntomas principais: 1) A imposibilidade para as clases dominan-
tes de manter inmutábe a súa dominación; tal ou cal crise das

112
EMBATE xaneiro 2023

“alturas”, unha crise na política da clase dominante que abre unha


fenda pola que irrompen o descontento e a indignación das clases
oprimidas. Para que estoure a revolución no adoita abondar con
que “os de abaixo non queiran”, senón que fai falla, aliás, que “os
de arriba non poidan” seguir vivindo coma até entón. 2) Un agra-
vamento, fora do común, da miseria e dos sufrimentos das clases
oprimidas. 3) Unha intensificación considerábel, por estas causas,
da actividade das masas, que en tiempos de “paz” se deixan expo-
liar tranquilamente, pero que en épocas axitada son empurradas,
tanto por toda a situación de crise, coma polos mesmos “de arriba”,
a unha acción histórica independente.
Sen estes cambios obxectivos, non só independentes da
vontade dos distintos grupos e partidos, senón tamén da vontade
das diferentes clases, a revolución é, por regra xeral, imposíbel. O
conxunto destes cambios obxectivos é precisamente o que se nomea
situación revolucionaria. Esta situación deuse en 1905 en Rusia e
en todas as épocas revolucionarias en Occidente; pero tamén exis-
tiu na década do 60 do século pasado en Alemaña, en 1859-1861
e en 1879-1880 en Rusia, malia que non houbo revolución neses
casos. Por que? Porque non toda situación revolucionaria orixi-
na unha revolución, senón tan só a situación na que aos cambios
obxetcivos antes enumerados agrégase un cambio subxectivo: a ca-
pacidade da clase revolucionaria de conseguir accións revoluciona-
rias de masas o suficientemente fortes para rachar eo vello goberno,
que nunca, nin sequera nas épocas de crise, “cairá” se non se “fai
caer”. (A bancarrota da II Internacional).
Lenin non pode deixar de ser un referente para os revolucio-
narios. O seu rigor teórico permitiulle analizar de maneira concreta e
obxectiva cada aspecto da realidade, discutindo con plena seguridade
cada un dos detalles e afrontando con acerto todas as batallas políticas.
Soubo responder, pois, as esixencias do seu tempo. A súa obra e o seu
exemplo tambén son vitais para responder ás esixencias do noso!

113

You might also like