You are on page 1of 3

A GUERRA FRÍA

Denomínase sistema bipolar xa que aparecen 2 superpotencias completamente opostas: EEUU e a URSS,
que lideran dous grandes bloques: o capitalista (occidental) e o comunista (oriental). O resto de países tiñan que
posicionarse nun dos bandos.
A Guerra Fría foi un enfrontamento político, ideolóxico, económico e cultural que tivo lugar entre 1947 e
1991 entre dous bloques de países liderados polos Estados Unidos e a URSS. Recibe ese nome xa que non foi un
enfrontamento armado directo, senón que constituíu unha ameaza permanente de conflito entre os dous bandos.
Cada un dos bloques organizouse mediante tratados de cooperación, axuda mutua e apoio militar. O
bloque occidental integrou a OTAN (ligazón única entre Europa e América do Norte, que lles permite consultar e
cooperar no campo da defensa e seguridade e realizar xuntos operacións multinacionais de xestión de crise) e o
bloque oriental, o Pacto de Varsovia (alianza militar formada polos países de Europa do Leste para contrarrestar
a ameaza da OTAN) e o Consello de Axuda Mutua Económica (COMECON). Ademais, EEUU sostivo os gobernos
dos países do seu bloque coa doutrina Truman (EEUU debe apoiar aos pobos libres que se están resistindo á
subyugación por parte de minorías armadas ou presións externas), que buscaba deter a expansión do
comunismo a nivel mundial.
Ambos tiveron unha estrita vixilancia política e ideolóxica nas súas áreas de influencia: caza de bruxas en
EEUU ou represión das revoltas en Hungría e Checoslovaquia no bloque comunista.

CAUSAS
● Políticas ou ideolóxicas: a ambición dos dirixentes de estender a súa ideoloxía e o seu modelo de
organización política, económica e social a todo o mundo.
● Militaristas: os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki, que constituíron unha ameaza de EEUU
a unha URSS que estaba a piques de sumarse á guerra contra Xapón.
● Económicas: o Plan Marshall, polo cal os estadounidenses concederon créditos a baixos intereses aos
países de Europa occidental devastados pola guerra, para evitar que caesen en mans de partidos
comunistas aliados a Moscova.

CONFLITOS NOTABLES
Primeiro gran conflito: a ponte aérea
Adóitase considerar a ponte aérea de Berlín (1948) como o primeiro conflito da Guerra Fría. Ante a decisión
de utilizar o marco como nova moeda para as zonas alemás controladas polos aliados, a URSS decidiu cortar as
estradas occidentais a Berlín e facer un bloqueo á cidade que a fixese caer. EUA creou unha ponte aérea que
abasteceu a súa zona e ameazou á URSS coa guerra.

A guerra de Corea
Na Guerra de Corea cada potencia apoiou a un bando distinto (1950-1953). Desde 1948, Corea estaba
dividida en dous países que seguían o modelo soviético e o modelo estadounidense. O primeiro ataque
produciuse coa invasión norcoreana ao sur da mesma e durante o desenvolvemento do conflito chegarían a
intervir tropas estadounidenses, chinesas e soviéticas. Asinouse un armisticio cando a fronteira estaba nas súas
posicións orixinais.

O conflito árabe-israelí
A chegada de Eisenhower á presidencia endureceu as medidas contra a URRS e aumentou os conflitos. Os
enfrontamentos de Israel contra os países árabes acabaron converténdose noutro intento de ambas potencias
por estender a súa zona de influencia. O maior punto de tensión produciuse en 1956 durante a Guerra de Suez,
despois a participación de ambos bloques reduciuse ao ámbito loxístico e material.

O muro de Berlin
A capital alemá sería foco constante de choques entre ambos bloques. Desde 1949, o país estaría dividido
entre a República Federal de Alemaña (RFA) e a República Democrática Alemá (RDA) e o mesmo ocorría en Berlín.
Despois do chamado Pano de Aceiro, unha división imaxinaria que marcaba as dúas zonas ideolóxicas en Europa,
a Unión Soviética construíu en 1961 un muro para evitar a saída de cidadáns cara ao sector capitalista. A división
da cidade duraría ata 1990, cando os propios berlineses derrubaron o muro.

A crise dos mísiles


En 1962, a URSS colocou mísiles de medio alcance en Cuba, aproveitando as súas novas relacións con esta
e en resposta á instalación de mísiles nucleares dos EUA en Turquía. Ao verse directamente ameazados, os
gobernos de Kennedy e Jruschov iniciaron un tira e afrouxa que levou ao bloqueo da illa. Ambas as potencias
acabaron retirando os seus mísiles, pero existiu o risco dunha guerra nuclear.

MUNDO CAPITALISTA E MUNDO COMUNISTA


A primeira diferenza entre economía capitalista e comunista é o control sobre a forma de producir a
propiedade privada dos recursos. A economía capitalista incentiva a creación da libre empresa, mantendo a
propiedade privada en mans de quen ten recursos para producir. Mentres que no sistema económico comunista
todo iso permanece en mans do Estado, representado por todos os membros da sociedade.
Por outro lado no capitalismo existe a libre competencia entre empresas. Mentres que na comunista a
competencia é practicamente nula pola intervención do Estado. Ademais, as ganancias obtidas por unha
empresa distribúense a todas as persoas da economía. Pola contra, no capitalismo as ganancias dunha empresa
son utilizadas só polo propietario.
Finalmente na economía capitalista, incentívase o crecemento económico persoal. Cada individuo debe
traballar en por si para crear riqueza e as súas posibilidades dependen das súas capacidades e esforzo. Nunha
economía comunista, en cambio, a riqueza distribúese segundo as necesidades de cada cal. Independentemente
da preparación ou esforzo do individuo, as ganancias repártense por igual entre os membros da comunidade e
todos deveñan salarios iguais.

DESCOLONIZACIÓN DE ÁFRICA
En África, podemos dividir o período da descolonización en tres etapas, relacionadas coa situación
xeográfica:
1. Independízanse os países do norte:

Libia e Etiopía, foran colonias italianas, logo estiveron baixo administración británica e francesa, e
posteriormente independizáronse en 1951 e 1952.
Nesa mesma década, Francia concedeulle a independencia a Marrocos e Tunisia en 1956. Alxeria
independízase máis tarde, tras unha guerra entre os partidarios franceses de concederlle a independencia e os
que pretendían manter a colonia.

2. Nos anos 60 produciuse a independencia das colonias da África subsahariana:


Nixeria e Kenia independizáronse do imperio británico; tamén Camerún e República Centroafricana, que
eran colonias francesas; e o Congo, Ruana e Burundi, que eran colonias belgas.

3. Os países afectados son do sur do continente:


Nela desapareceron as colonias portuguesas de Angola e Mozambique en 1975, cando chegou a
democracia a Portugal e Namibia descolonizouse en 1990.
Por último, Sudáfrica estivo gobernada por unha minoría branca baixo un réxime denominado apartheid
ata 1993, a pesar de ser independente. Logo convocáronse as primeiras eleccións libres e Nelson Mandela, líder da
oposición a ese sistema racista, acadaría a presidencia do país.

CONSECUENCIAS
● Militaristas: acumulación de armas nos países satélites das grandes potencias, que logo da Guerra Fría
utilizáronse en guerras civís.
● Políticas: a inxerencia de EUA na política interna dos países americanos e o seu apoio a golpes de estado
que derrocaron a gobernos esquerdistas, a polarización do mundo en dous bloques, o procomunista e o
anticomunista.
● Demográficas: a descolonización das colonias europeas.

CONFERENCIAS

● 1955: Conferencia de Bandung (Indonesia), na que participaron 29 xefes de Estado das antigas colonias
africanas e asiáticas. Xurdiu o Movemento dos Países Non Aliñados, que procede do desexo dos novos
Estados de non integrarse con ningún dos dous grandes bloques: o da órbita norteamericana (chamado
primeiro mundo) o da soviética (o segundo mundo). Así, os países que representaban esa forma alternativa
de xestión reciben o nome de “Terceiro Mundo”. Os líderes foron: Nehru, Nkrumah, Nasser, Sukarno e Tito.
● 1961: Conferencia de Belgrado. Reuníronse os mesmo países que en Indonesia, pero cunha intención clara
de dar un paso máis na colaboración entre os países que acadaran recentemente a independencia.

A UE
Sobre a Unión Europea:
- O seu xerme está na Comunidade Económica Europea, creada en 1957 no Tratado de Roma.
- En 1992, no Tratado de Maastricht, adoptouse o nome de Unión Europea.

DEFINICIÓNS
● "teléfono vermello": é unha ligazón de comunicación directa entre a Unión Soviética e os Estados Unidos
para situacións moi críticas. Fundouse o 20 de xuño de 1963a liña directa Moscova-Washington, que segue
vixente na actualidade
● Primavera de Praga: foi un período de liberalización política e protesta masiva en Checoslovaquia como
estado socialista despois da Segunda Guerra Mundial. Comezou en xaneiro de 1968 impulsada polo
político Alexander Dubček e acabou en agosto cando a Unión Soviética e outros membros do Pacto de
Varsovia invadiron o país para reprimir as reformas.
● Nehru: foi un nacionalista e político hindú, destacado na loita pola independencia do seu país do Imperio
británico. Foi a primeira persoa en ocupar o cargo de primeiro ministro da India, desempeñándose como
tal, desde a súa independencia ocorrida en 1947, ata a súa morte.​
● Perestroika: plan de políticas aperturistas para potenciar o desenvolvemento económico do país e a súa
democratización ao estilo occidental levada a cabo nos últimos anos da Unión Soviética, impulsada por
Mijaíl Gorbachov tras chegar ao poder en 1985.
● Reagan: presidente dos EUA que puxo en marcha unha estratexia de defensa chamada guerra das
galaxias. Esta é un programa militar cuxo obxectivo é construír un sistema defensivo con armas espaciais
capaz de previr un ataque nuclear a un territorio norteamericano contra armas nucleares estratéxicas
(mísiles intercontinentais e mísiles balísticos lanzados desde submarinos).

You might also like