You are on page 1of 6

14/1/2024 EdebeOn+

XEOGRAFIA E HISTORIA 4 / A época de entreguerras (1919-1939) / 33. …

1 2 3

A ÉPOCA DE ENTREGUERRAS (1919-1939)

33. A ALEMAÑA NAZI


As condicións de paz impostas polo Tratado de Versalles deixaron a
Alemaña empobrecida e humillada.

Tras a derrota na Primeira Guerra Mundial e a abdicación do káiser,


instaurouse en Alemaña unha república democrática (a denominada
República de Weimar), que tivo que facer fronte ás dificultades
económicas e sociais da posguerra. Pero o descontento xeneralizado e
a crise favoreceron o auxe do nacionalsocialismo.

Descubre que foi o nacionalsocialismo

0:00 / 0:59

https://plus.edebe.com/epe/project/5176675/22938021/lesson/4310035/view 1/6
14/1/2024 EdebeOn+

Que foi o nacionalsocialismo?

O nacionalsocialismo foi un movemento político e social totalitario


que se desenvolveu en Alemaña. Tamén se coñece con esta
denominación ao réxime político ditatorial que se instaurou neste
país entre 1934 e 1945.

Este réxime totalitario caracterizouse polo predominio do partido


único; a ausencia de pluralismo e de liberdades; o control ideolóxico; o
antisemitismo; o exercicio do poder sen limitacións; a mobilización
continuada da poboación, sustentada en organizacións subordinadas
ao partido (sindicatos, asociacións xuvenís...), e a vontade de
monopolizar todos os aspectos da vida social mediante a
comunicación de masas, a propaganda ou a educación.

O pensamento de Adolf Hitler:



 https://links.edebe.com/9375

A chegada de Hitler ao poder

No ano 1920 fundouse o Partido Nacionalsocialista dos


Traballadores Alemáns (NSDAP), coñecido como Partido Nazi e
https://plus.edebe.com/epe/project/5176675/22938021/lesson/4310035/view 2/6
14/1/2024 EdebeOn+

liderado desde 1921 por Adolf Hitler. Os principais puntos do seu


programa eran a revisión do Tratado de Versalles, o rearmamento
militar, a denuncia do sistema parlamentario, a limitación das
liberdades individuais e o antisemitismo.

En novembro de 1923, Adolf Hitler protagonizou un errado golpe de


estado en Múnic, polo que foi condenado e enviado ao cárcere.
Durante a súa reclusión escribiu Mein Kampf, obra na que expuxo a
ideoloxía nazi, de corte racista e antidemocrático. Tras a súa liberación,
en 1924, Hitler cambiou a táctica do partido para entrar no xogo
parlamentario.

O crac bolsista e a gran depresión económica agravaron as dificultades


económicas de Alemaña e acentuaron de maneira notable a
inestabilidade política e institucional do país. Esta situación favoreceu
a radicalización política, e amplos sectores da poboación (militares,
industriais, obreiros, campesiños), medorentos do ascenso dos
comunistas, apoiaron o nacionalsocialismo como solución aos
problemas do país.

En xaneiro de 1933, Adolf Hitler gañou as eleccións e foi nomeado


chanceler de Alemaña. En 1934 morreu o presidente da República, o
mariscal Paul von Hindenburg; Hitler se autoproclamó Führer
(caudillo) e instaurou o Terceiro Reich (Terceiro Imperio).

Queres coñecer como chegou Hitler ao poder?

0:00 / 3:41

https://plus.edebe.com/epe/project/5176675/22938021/lesson/4310035/view 3/6
14/1/2024 EdebeOn+

Partido Obreiro Alemán



1. Nós pedimos a reunión de todos os alemáns nunha
Gran Alemaña, de acordo co dereito dos pobos a
dispor deles mesmos.

2. Nós reclamamos [...] a anulación do Tratado de


Versalles.

3. Nós reclamamos terras para [...] establecer os


nosos excedentes de poboación.

4. Só poden ser considerados cidadáns os irmáns de


raza. Só poden ser irmáns de raza os que son de
sangue alemán [...]. Ningún xudeu pode ser un
irmán de raza [...].

5. [...] Se non é posible alimentar ben a toda a


poboación do Estado, todos os súbditos doutras
nacións deben ser expulsados de Alemaña.

6. [...] Reclamamos a constitución dun poder forte e


central [...] que goberne sobre a totalidade dos seus
territorios cun poder absoluto.
Programa do Partido Obreiro Alemán (orixe do
NSDAP). 1920.

https://plus.edebe.com/epe/project/5176675/22938021/lesson/4310035/view 4/6
14/1/2024 EdebeOn+

Amplía as características do Terceiro Reich


alemán

rísticas do Terceiro Reich

Hitler gañou as
chanceler de
presidente da
on Hindenburg;
er (caudillo) e
ich (Terceiro

O antisemitismo

En 1935, o Partido Nazi aprobou as Leis de Núremberg,
baseadas na clasificación das persoas
(alemáns, xudeus ou mestizos) en función da súa
ascendencia.

https://plus.edebe.com/epe/project/5176675/22938021/lesson/4310035/view 5/6
14/1/2024 EdebeOn+

Esta normativa outorgou legalidade á discriminación


racial contra os xudeus: foron privados da cidadanía
alemá e de optar a postos da administración pública. En
consecuencia, numerosos intelectuais, centíficos e
artistas tiveron que exiliarse.

Obxectivo 16: paz, xustiza


e institucións sólidas.

Un dos obxectivos da ONU sobre


Desenvolvemento Sostible consiste en
promover sociedades xustas, pacíficas e
inclusivas. A aprendizaxe da evolución do
Terceiro Reich alemán permite reflexionar
sobre as actitudes inxustas, violentas e
excluíntes, e así mesmo pode axudar á súa
erradicación na actualidade.

https://plus.edebe.com/epe/project/5176675/22938021/lesson/4310035/view 6/6

You might also like