You are on page 1of 4

HISTORIA 4º ESO-C

2ª AVALIACIÓN – 2º EXAME UD. 7. I Guerra Mundial e Rev. Rusa


23 de marzo de 2023 UD. 8. Período de entreguerras
NOME E APELIDOS: NOTA:

1. Le as seguintes frases sobre a Revolución Rusa e das dúas palabras resaltadas en


negra rodea ou subliña a que sexa correcta (1,5 puntos):
• A guerra civil rusa enfrontou o Exército Branco e o Exército Vermello, dirixido por Stalin / Trotski.

• En 1905 creáronse consellos de obreiros, campesiños e soldados chamados checas / sóviets.

• Tras a revolución de febreiro de 1917, o goberno decidiu continuar en / saír de a Gran Guerra.

• Despois da revolución de outubro de 1917, impúxose un goberno presidido por Lenin / Stalin.

• A Revolución rusa inspirou levantamentos en Alemaña dos capitalistas / comunistas en 1919.

• En 1903 Lenin fundou o grupo bolxevique / menxevique, dentro do Partido Obreiro Socialdemócrata.

• Tras as eleccións de novembro de 1917, os bolxeviques disolveron a Duma / Asemblea Constituínte.

• A URSS era un sistema totalitario que se xustificaba coa teoría da ditadura do proletariado / comunismo.

• Rusia abandonou a Primeira Guerra mundial asinando o Tratado de Brest-Litovsk / Versalles.

• As milicias armadas creadas polos bolxeviques chamábanse Garda Civil / Garda Vermella.

2. Observa atentamente o gráfico e contesta as


seguintes preguntas (1 punto):
a. Por que a bolsa subiu tanto até 1929? E por que
baixou tanto a partir dese ano? (0,5)

Gráfico das cotizacións da Bolsa de


Nova York entre 1925 e 1932

b. Que consecuencias tivo este brusco descenso da bolsa para a economía dos
Estados Unidos? (0,5)
3. Observa o mapa e, co que xa sabes,
responde (1 punto en total):
a. Que Estados xurdiron en Europa
coa desaparición do Imperio
austrohúngaro? (0,2)

b. Que dous países vencedores se


anexionaron territorios austríacos?
(0,2).

c. Que territorios perdeu Rusia? (0,3)

d. Por que perdeu Rusia tanto territorio, se pertencía ao bando gañador da guerra? (0,3)

4. Le o texto da dereita e responde (1 punto):


Art. 231. Os gobernos aliados e
a. A que Tratado pertencen estes dous artigos? (0,5) asociados declaran, e Alemaña
recoñece, que Alemaña e os seus
aliados son responsables, por telos
causado, de todos os danos sufridos
polos gobernos aliados e asociados
e os seus habitantes (…).
b. Podes indicar outras dúas medidas máis acordadas
nese mesmo Tratado? (0,5 ptos) Art. 232. Os gobernos aliados e
asociados esixen, e Alemaña
comprométese, que sexan reparados
todos os danos causados á
poboación civil das potencias
aliadas e asociadas e aos seus bens.
5. Pregunta test. A crise económica de 1929 segue a lóxica das etapas cíclicas que vive
o sistema capitalista. Sinala a afirmación correcta sobre as súas características,
rodeando a letra «a», «b», «c» ou «d»» (0,5 puntos):
a. A crise chegou aos Estados Unidos proveniente dos países europeos.
b. A crise económica e a caída da produción foron a causa da crise bolsista.
c. Produciuse un aumento importante do valor das accións, que causou unha burbulla especulativa.
d. A prosperidade económica americana proviña dos beneficios xerados pola importación.

6. Pregunta test. Mussolini implantaría o fascismo en Italia. Entre as seguintes frases


sobre a súa chegada ao poder, tres son certas e só unha é FALSA ou INCORRECTA,
rodea «a», «b», «c» ou «d» para sinalar cal está equivocada (0,5 ptos):

a. O Partido Nacional Fascista (PNF) era o partido político de Mussolini.


b. O PNF gañou as eleccións de 1922 e por iso Mussolini chegou a ser o xefe do goberno.
c. Os símbolos fascistas (saúdo, fasces, aguia...) foron tomados do antigo Imperio Romano.
d. O programa político do PNF era ultra-nacionalista italiano, militarista e expansionista.

7. Pregunta test. Mussolini creou a ideoloxía e a simboloxía fascista e xerou unha forte
estrutura de poder. Sinala a afirmación correcta sobre os seus principios
ideolóxicos, rodeando a letra «a», «b», «c» ou «d» (0,5 ptos):

a. Instauración dun Estado laico ou non relixioso.


b. Defensa do sistema de libre mercado.
c. Exaltación do Estado por encima do individuo.
d. Defensa dunha sociedade igualitaria respecto aos dereitos do home e da muller.

8. Pregunta test. Adolf Hitler chegou a ser Chanceler do III Reich en 1934. Sinala cal das
seguintes frases NON recolle unha característica do sistema totalitario nazi
establecido por el en Alemaña, rodea a letra «a», «b», «c» ou «d» (0,5 ptos):

a. O partido nazi era o único partido político permitido.


b. A represión dos opositores ao réxime estaba encargada aos camisas negras.
c. O adoutrinamento ideolóxico da poboación baseábase no racismo e o nacionalismo.
d. A economía orientouse cara á guerra e á conquista expansionista do «espazo vital».

9. En clase vimos oito características definidoras da ideoloxía fascista: es quen agora


de enumerar cinco? (1 punto; 0,2 cada resposta)

1.

2.

3.

4.

5.
10. Observa a imaxe da dereita e explica a relación
deste incendio co ascenso do nazismo en Alemaña
(1 punto):

11. Responde. Por que o réxime nazi foi un sistema “totalitario”? (0,5 puntos)

12. Define (1 punto; 0,5 cada definición):


a. Autarquía.

b. «New Deal».

You might also like