You are on page 1of 4

COMENTARIO HISTÓRICO DA PELÍCULA: SIN

NOVIDADE NO FRONTE (ALL QUIET ON THE WESTERN


FRONT)

Ficha técnica: A película “Sin novidade no fronte”, en inglés chamada “All quiet on the
western front” é unha película bélica do ano 2022, dirixida polo director Edward Berger, ó
cal non ten unha gran reputación máis ca propia gañada facendo películas e series a nivel
nacional. Aínda que esta mesma película fíxoo darse a coñecer entre os grande de
Hollywood. Esta película é unha versión doutras dúas anteriores, que proceden dun libro
escrito en 1928 por Erich Maria Remarque, o cal estivo na Gran Guerra, e baseou as súas
vivendas para escribir o libro. Ten como duración 140 min.

Intérpretes: Felix Kammerer como Paul Bäumer, Daniel Brühl como Matthias Erzebenger,
Aaron Hilmer como Albert Kropp e Moritz Claus como Franz Müller.

Outros intérpretes: Albretch Schuch, Edin Hasanovic ou Devid Striesow.

Argumento: a pelicula comeza con un grupo de amigos, ó que pertence o protagonista


Paul, entusiasmados por ir á guerra e ser os heroes da súa nación, o que non saben e
que alí van a vivir horrores nada máis chegar, e pouco a pouco uns terán que ver como os
outros caen de forma cruel e macabra. Mentres tanto, os diplomáticos das dúas nacións
están facendo unha xunta para firmar un armisticio e pór fin ás hostilidades e á guerra.

Análise histórica: a película está baseada en acontecementos da Primeira Guerra


Mundial, ou tamén coñecida como a Gran Guerra. Para entender o conflito temos que
remontarnos 50 anos antes, onde suceden 2 cousas. A primeira é o comezo da segunda
revolución industrial, que trouxo con ela novas técnicas de produción e sistemas
industriais o que provocou un grande desenvolvemento entre algunhas nacións, entre elas
Alemaña, que provocou un grande interese destas novas potencias industriais en espallar
o seu dominio por todo o mundo e buscar novos lugares onde vender e de onde obter
materias primas, así deu comezo ó coñecido Imperialismo, o que provocou as primeiras
chamadas de atención entre unhas potencias a outras polo reparto colonial. A segunda
cousa que sucede e a derrota de Francia e de Napoleón III contra Bismarck, na que o
exército prusiano masacrara ó exército francés nunha soa batalla, o que deu a Alemaña
un poder e unha hexemonía brutal, e fixo crecer ese orgullo que posteriormente os levaría
á Gran Guerra. Despois disto Bismarck para asegurar o futuro da nación fixo un pacto
entre outras dúas potencias, o imperio Austro-Húngaro e Rusia. No 1890, Bismarck dimite
do seu posto xa que Guillerme II chegaría ó poder, e con el, as ansias de facer a guerra
contra as diferentes potencias europeas, e como Bismarck estaba totalmente en contra
disto xa que quería ter unha hexemonía nacional pacífica, foise do posto. Pronto, o
sistema de alianzas cambiou e agora había dous bandos novos. Por un lado a tripla-
entente á que pertencían Rusia, Francia e Inglaterra. E as potencias do eixe á que
pertencía Alemaña, Italia e Austro-Hungría. Dende o comezo do século XX, chegaron
problemas e crises en Europa que aceleraron a chegada da guerra. O feito máis
importante foi o asasinato por parte dun mercenario pro-serbio de Franz Ferdinand o líder
político de Austro-Hungría, o que foi o detontante principal, xa que provocou que Austro-
Hungría lle declarase a guerra a Serbia, como Serbia era aliada de Rusia, Rusia lle
declarou a guerra a Austro-Hungría, como Alemaña era aliada de Austro-Hungría,
Alemaña lle declarou a guerra a Rusia, como Francia e Inglaterra eran aliadas de Rusia,
lle declararon a Guerra ás outras dúas potencias, e Italia defendeu a Alemaña.

A guerra comezou con rápidas ofensivas do eixe intentando chegar a Paris antes de que
chegasen os camaradas aliados dende Rusia, pero os alemáns foron detidos na batalla
de Marne. Con isto daba fin a guerra de movementos, e comezaba a guerra de
trincheiras, que é representada na película, na que os bandos metíanse en trincheiras
esperando para atacar ou ser atacados, esta foi a fase mais cruenta da guerra, porque os
soldados pasaban vivindo aquí meses e meses, separados por un campo cheo de
cadáveres, e nunhas trincheiras infestadas de enfermidades e penurias. Despois en 1917,
Rusia abandona a guerra pero chega EEUU, e os alemáns deciden facer unha ofensiva
suicida, na que miles e miles de persoas morreron para avanzar uns cantos quilómetros,
que de pouco lle chegou a servir porque a rendición alemán estaba ó caer, e terminou
chegando en 1918. Esperábase desta guerra unha guerra rápida e sinxela, pero terminou
sendo longa, cruenta, e acabou levándose a vida de 20 millóns de persoas. Foi unha
guerra total, xa que o obxectivo xa non era só destruír ó exército do bando inimigo, senón
destruír o todo pobo do inimigo. Causou a bancarrota total dos gañadores e dos
perdedores, e firmando un armisticio humillante, Alemaña non se ía render e máis tarde ía
volver con outro dictador a facer o caos, pero iso xa é outra guerra.

Na película non se fala do aspecto ideolóxico, xa que realmente a Gran Guerra foi unha
guerra polo dominio mundial, non pola ideoloxía. O que si podemos apreciar é como se
vivía nas trincheiras, como dixen antes, foron horribles temporadas vivindo entre paredes
de terra sin saber ata cando ías a estar ahí. O que si se podería mencionar do ámbito
político é a representación de políticos que se dedicaban a convencer ós soldados xoves
para que vaian á guerra, unha clara alusión a cruel propaganda que lles vendían ás
persoas da época en Europa. Ademais tamén podemos falar das negociacións entre os
dous bandos, que terminaron sendo humillantes para Alemaña, pero intentado pensar nos
xoves que estaban a morrer innecesariamente. Ademais podemos falar do orgullo que
tiñan os propios xerais, que na película móstrase a un de eles mandado a morrer ós seus
soldados antes de que se dera validez ó armisticio.

No contexto no que se roda, non hai nungunha motivación que leve ó director a facelo,
quero dicir, non é como na serie de Sen Límites, que se estreou xusto co 500 aniversario
da volta ó mundo de Magallanes y Elcano. Podería chegar a ser unha motivación por
moda, recordemos que non moito antes da saída da película de Sin Novidade No Fronte,
saíu a película 1917, e vendo o éxito obtido, o director puido verse motivado a facela.

Os personaxes eran todos ficticios, aínda que baseados nas vivencias do autor da novela
principal, excepto un: Matthias Erzebeger, interpretado por Daniel Brühl. Este personaxe
foi o home que levou a cabo as negociacións do armisticio. No filme é representado como
un pacifista que buscaba a paz e a vida dos soldados. Que puido ser así, pero en
realidade no comezo da guerra a apoiou e dedicouse a facer propaganda desta, pero
despois deuse conta de que non se podía gañar, e foi en contra. De feito, foi asasinado
polos que pensaban que era un traidor á patria.

Nos erros históricos, podemos encontrar un que, ten sentido argumentativo, pero non
deixa de ser un erro histórico. O que sucede e que os personaxes alístanse en 1917 na
guerra, e van todos motivados porque pensan que vai ser algo divertido en non lles
sucederá nada malo, e alí encóntranse o peor. O erro está en que en 1917 xa toda a
poboación sabía que a guerra era unha carnicería humana e ninguén que se alistase novo
descoñecía este feito. Por iso, que vaian tan contentos, realmente no ten sentido en 1917,
ó contrario que si o tería en 1914, cando non sabían aínda como era todo. Outro erro, é
que na etapa final a guerra, que é o tramo desta que se ve representado, xa non existía
unha guerra de trincheiras, de feito, na fase final os alemáns dedicáronse a facer avances
suicidas que posteriormente serian repelidos polas operacións aliadas, pero non había
guerra de posición como se ve representado. Aínda así, ten sentido que sexa así, porque
é a parte máis icónica e representativa da guerra, ó igual que a felicidade por ir á guerra.

Outros erros, menores, poderían ser o uso de cascos, que non era tan abundante, a gran
efectividade dos tanques, que precisamente o modelo mostrado no filme era dos máis
ineficientes xa que se atascaba moito, e as xornadas de descanso nas que estaban fora
das liñas de defensa, que practicamente non existían, pero dalgunha forma tiñan que
mostrar a parte “humana” dos personaxes.

Valoración personal: realmente, no subxetivo, esparaba un pouco máis do filme, pero


tamén houbo cousas que non me esperaba e me gustaron moito, como no momento no
que Paul asasina a un francés e este comeza a agonizar, e Paul non o soporta e intenta
salvalo, pareceume unha escena totalmente desgarradora na que entendes a crueldade
da guerra. Cabe dicir que a partir de aquí o protagonista converterse nunha máquina de
matar e abandona toda a humanidade que nalgún momento tivo. Ademais de que as
mortes dos seus compañeiros foros brutais, e se entende a súa posterior actitude
deshumanizada. A interpretación do personaxe de Albert gustoume moito, porque
representaba un pequeno neno na guerra, por exemplo cando ve ó grupo de mulleres,
recupera unha ilusión que perdera, e iso transmítese dende ó actor cara ó público. Outro
punto tamén é a actuación do personaxe de Paul, que comeza sendo un adolescente
feliz, acabando cun home case sen valores, no cal se pode apreciar a coñecida mirada
das mil iardas. De todas formas, ten moitos premios, que recoñezo que merecidos aínda
que pensaba que sería diferente.

You might also like