You are on page 1of 1

TEXTOS UNIDADE 5.

A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL


TEXTO 1
“Desde hai dous anos e medio abusa Inglaterra do poder da súa flota intentando
[polo bloqueo naval] obrigar a Alemaña a someterse a ela mediante a fame que, se ben
non afecta a potencia armada do adversario, si obriga a mulleres e nenos, enfermos e
anciáns, a sufrir penurias pola súa patria [...].
O Goberno imperial [...] por conseguinte, vese obrigado a prescindir de todas as limitacións
que se impuxeran ata agora no emprego dos seus medios de loita no mar [...].
Os Imperios Centrais e os seus aliados cortarán todo tráfico marítimo da Gran Bretaña, de
Italia e de Francia, e a este efecto impedirán, a partir do 1o de febreiro de 1917,
toda clase de navegación [...].
Para executar este propósito procederase sen previo aviso e por calquera arma [...].
Os buques neutrais que naveguen nas paraxes en cuestión farano co seu propio risco e
perigo.”

GOBERNO ALEMÁN. Comunicado aos países neutrais. 1-2-1917

Contesta ás seguintes cuestións:


1. Que tipo de fonte é? Xustifícao.
2. Cal é o tema principal do texto?
3. En que fase do conflito se atopa?
4. Que consecuencias cres que puido ter?

TEXTO 2
“No pasado, practicamente ningunha das guerras non revolucionarias e non ideolóxicas
librouse como unha loita a matar ou ata o esgotamento total. En 1914, non era a ideoloxía o
que dividía aos belixerantes (...) Por que, pois, as principais potencias de ambos os bandos
consideraron a Primeira Guerra Mundial como un conflito en que só se podía contemplar a
vitoria ou a derrota total?
A razón é que, a diferenza doutras guerras anteriores, impulsadas por motivos limitados e
concretos, a Primeira Guerra Mundial perseguía obxectivos ilimitados. Na era imperialista
produciuse a fusión da política e a economía. A rivalidade política internacional establecíase
en función do crecemento e a competitividade da economía pero o trazo característico era
precisamente que non tiña límites. (...) De maneira máis concreta, para dálas belixerantes
principais, Alemaña e Gran Bretaña, o límite tiña que ser o ceo, pois Alemaña aspiraba a
alcanzar unha posición política e marítima mundial como a que ostentaba Gran Bretaña, o
cal automaticamente relegaría a un plano inferior a unha Gran Bretaña que xa iniciara o
declive. Era o todo ou nada. (...) Era un obxectivo absurdo e destrutivo que arruinou tanto
aos vencedores como aos vencidos. Precipitou aos países derrotados na revolución e aos
vencedores na bancarrota e no esgotamento material.”

Eric J. Hobsbawm. Historia do século XX. 1914-1991.

Contesta ás seguintes cuestións:


1. Que tipo de fonte é? Xustifícao.
2. Cal é o tema principal do texto?
3. Cres que o autor fai unha análise certeira sobre a Primeira Guerra Mundial?
Explícao.

You might also like