You are on page 1of 1

1. intensificar a actividade diplomática ante posibles conflitos.

Os Balcáns eran o “polvorín de


Europa”.
2. Paralelamente, as potencias acrecentaban a súa política de rearme e o receo contra o
adversario.
3. A diplomacia estaba preparada para que prendese a mecha que dera lugar á guerra. Serbia
pactaba con Rusia ante o expansionismo austríaco, tradicional aliado alemán.

A I Guerra Mundial
Case de maneira premonitoria, o historiador Jacob Burckhardt expuxera que o devir do vello
continente era “incerto”. Entre 1890 e 1914, nunha etapa de máximo apoxeo político, económico,
social, científico e tecnolóxico, Europa foi incapaz de resolver os seus problemas internos marcados
polos efectos do nacionalismo. A necesidade de cada Estado de ratificar a súa identidade, a través da
supremacía política, económica e cultural, alentaría a expansión imperialista a través do dominio
político e da industrialización.
Despois das guerras napoleónicas ata a guerra de Crimea (1853-1856) non houbera conflitos
relevantes. Os problemas da política colonial e a extrema tensión nos Balcáns crearían o caldo de
cultivo que daría paso a un novo panorama de relacións internacionais. As potencias preparábanse
para a guerra. A política de rearme por parte das potencias mundiais e unha frenética actividade
diplomática asegurando alianzas crearon o clima da Paz Armada. Da mesma forma que os grandes
imperios viñeran establecendo alianzas e pactos de non agresión, Gran Bretaña e Francia facían o
mesmo coa Entente cordial de 1904, á que se uniría Rusia en 1907 formando a Tripla Entente.

Causas da guerra
Ante un previsible enfrontamento armado, os bloques aliados reforzarían os seus lazos de unión a
través de compromisos de intervención no caso de seren agredidos por terceiros países. Como
viñemos sinalando, as miradas estaban postas no sueste de Europa debido á desintegración do

You might also like