You are on page 1of 3

TEXTOS TEMAS 6 / 7

1)
“ (...) Os alemáns chegaron ata as portas de Leningrado e de Moscova, pero non lograron entrar en
ningunha das dúas cidades (...) Cando apareceu o xeo invernal, que impedía as grandes operacións, o
exército soviético xa estaba en pé e o pobo ruso mobilizado para a grande guerra patriótica”.
VILLANI: “A idade contemporánea”

a) ¿Cando e onde se producíu o acontecementoá que fai referencia o texto?

b) ¿Que razóns provocaron este conflicto?

c) ¿Tiveron os alemáns éxito? ¿Por que?

d) ¿Que importante consecuencia se derivou deste acontecemento?


2.

"Onte, (...), unha fecha que perdurará na infamia, Estados Unidos de América foi (...) atacado por forzas
aéreas do Xapón.
Estados Unidos (…) estaba aínda en conversacións co seu Goberno e o seu emperador, buscando o
mantemento da paz no Pacifico (…). Durante a realización do ataque, o Goberno xaponés deliberadamente tivo a
posibilidade de enganar a Estados Unidos con falsos plantexamentos (…) para a continuación da paz (…).
Pídolle ao Congreso declarar que (...) existe un estado de guerra entre Estados Unidos e o Imperio de Xapón."
F. D. Roosevelt. Discurso de declaración de guerra ante al Congreso

a) ¿Cando e onde se desenvolveu o acontecemento citado no texto?

b) ¿Que causas provocaron dito acontecemento?

c) ¿Que importante consecuencia para a guerra se derivou deste acontecemento?


3)

Na presente etapa da historia mundial case todas as nacións deben elixir entre modos alternativos de vida.
Con moita frecuencia, a decisión non acostuma a ser libre. En varios países do mundo, recentemente,
implantáronse pola forza réximes totalitarios, contra a vontade popular. O goberno dos Estados Unidos elevou
frecuentes protestas contra as coaccións e as intimidacións realizadas en Polonia e Bulgaria, violando o acordo de
Ialta. Debo afirmar tamén que noutros países ocorreron feitos semellantes.
Un de ditos modos de vida baséase na vontade da maioría e distínguese pola existencia de institucións libres,
un goberno representativo, eleccións limpas, garantías á liberdade individual, liberdade de palabra e relixión e o
dereito a vivir sen opresión política. O outro baséase na vontade dunha minoría imposta mediante a forza á
maioría. Descansa no terror e a opresión, nunha prensa e radio controladas, en eleccións fraudulentas e na
supresión das liberdades individuais.
Basta mirar un mapa para comprender que a supervivencia e integridade da nación grega ten gran
importancia dentro do marco máis amplo da política mundial. Se Grecia caera baixo o poder dunha minoría
armada, o efecto sobre os seus veciños (...), sería inmediato e grave. A confusión e o desorde poderían facilmente
estenderse por todo o Medio Oriente (...).
Debemos proceder resolta e inmediatamente (...). Polo tanto, pido ao Congreso autorización para axudar a
estes países coa cantidade de catrocentos millóns de dólares (...). Ademais de ditos fondos, pido ao Congreso que
aprobe o envío de persoal norteamericano civil e militar,(...) para cooperar na tarefa da reconstrución e co fin de
supervisar a utilización da axuda financeira e material que chegue a ser outorgada (...).
Discurso do presidente Truman ante o Congreso de EE.UU. (Washington, 12 de marzo de 1947)
a) Truman fala de países onde se levaron a cabo coaccións e intimidacións violando os acordos de Ialta e
citando Polonia e Bulgaria como exemplos. ¿A que acordo de Ialta alude cando di isto?

b) ¿Que outros países se poderían incluir no mesmo grupo?

c) ¿En que diferencia Truman os dous sistemas políticos que contrapón no texto?

d) Que territorio europeo corría o risco de que lle pasara o mesmo que aos países anteriormente citados?
¿Cal sería a consecuencia de que suceder isto segundo Truman?

e) ¿Que consecuencia práctica, visible na última parte do texto, tivo a chamada “Doutrina Truman”?

You might also like