You are on page 1of 1

1. Que é a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH)? Quen a redactou? Cando?

onde se asinou? que é a ONU?

A declaración universal dos dereitos humanos foi firmada en 1948 polas nacións unidas,
unha organización na que participan case todos os países do mundo que se unen para
debater e buscar solucións a conflitos de forma pacífica. Asinouse en París, Francia e
busca fixar un s dereitos universais que todas as persoas deberían ter en todas as partes
do mundo

2. Antecedentes: que feito histórico xustificou a necesidade dunha Declaración Universal dos
Dereitos Humanos? Describe brevemente os acontecementos dos anos anteriores a dita
Declaración que atentaron contra ditos dereitos.

Os acontecementos pasados anteriormente foron a primeira e sobre todo a 2º guerra


mundial, na que se atentaron contra os dereitos das persoas e realizaron delitos contra a
humanidade. Isto impulsión a creación dos dereitos humanos.

3. Quen foi Eleanor Roosevelt e que papel desenvolveu na redacción da DUDH?

Foi unha activista estadounidense e unha gran impulsora na creación dos dereitos
humanos. De feito foi a presidenta da comisión dos Dereitos Humanos que creou o
escrito

4. Cantos artigos ten dita Declaración? Cita tres que che parezan especialmente importantes
razoando o motivo.

A declaración dos dereitos humanos consta de 30 partes cada unha expoñendo un


dereito, por exemplo o dereito á vida, fundamental no que se basean o resto dos
dereitos, o dereito a non tortura, que asegura que non poidamos ser forzados, e o
dereito á liberdade de expresión que asegura que poidamos pensar e expresarnos sen
opinións externas.

5. Cita algunha outra Declaración que estudáramos na clase que sexa antecedente histórico
da DUDH razoando a túa resposta.

A declaración dos dereitos do home e cidadán, firmada na revolución francesa recollía      


moitos destes principios pero excluía ás mulleres e a persoas alleas a Europa

6. Pensas que a pandemia da covid está a afectar aos Dereitos Humanos? Por que?

Si, xa que , por exemplo, se violaron algúns dereitos humanos para a protección doutros
máis importantes. Como limitar o dereito á mobilidade para asegurar o dereito á vida
doutras persoas

7. Cal é o lema do Día dos Dereitos Humanos 2021?

A igualdade e promover a difusión dos dereitos humanos

You might also like