You are on page 1of 11

ROUSSEAU

O problema da propiedade
1. Rousseau está en contra do
progreso. Arguméntao
Rousseau é un pensador ilustrado (S. XVIII) e é o
único dos ilustrados que está en contra do
progreso. Argumentos:
- O progreso privou ao ser humano do estado de
natureza no que vivía
- O progreso trouxo desigualdade, inxustizas
infelicidade e corrupción, creando sociedades
artificiais dominada pola ansia de honores,
ambicións, etc

2
2. Como sería, pois, o ser humano nese
estado de natureza?. Descríbeo
O estado de natureza é aquel no que se atoparían os seres
humanos antes do xurdimento das sociedades organizadas.
Non deixa de ser unha hipótese, unha referencia, porque non
hai constancia de que realmente existise. O definitivo é
tratar de descubrir a auténtica natureza do ser humano, que,
neste estado podería ser comparado co “bo salvaxe”:
- Bo por natureza (bondade innata)
- Vivía en liberdade (liberdade natural). Autosuficiencia
- estado de igualdade (igualdade natural)
- Amoral (vivía ao marxe da sociedade, aillado)

3
3. Como chegou Rousseau a esta
conclusión?
Por abstracción, é dicir, eliminando do ser
humano todo aquelo que a civilización e o
progreso lle impuxo, desigualdades varias,
artificios (luxos, honores, paixóns
inmoderadas, desexo de cousas
superfluas...etc). O que queda é o ser humano
en estado de natureza.

4
4. Por que deixan os seres
humanos o estado de natureza?
No intre que se establece o
dereito a propiedade privada
e a autoridade para
salvagardalo

5
5 e 6. Consecuencias da aparición
da propiedade privada e do Estado
- Xurde a desigualdade, as diferencias ricos-
probes, amos- escravos.
Xurde a rivalidade
Inseguridade
Loitas duns contra outros
- A aparición do Estado (sociedade política) para
solucionar esta situación solo serviu para
consolidala

6
7 e 8 Solucións

Dúas solucións:
- A educación, para transformar
ao individuo
- O contrato social, para
transformar a sociedade

7
9. Consecuencias
- O programa educativo baseado na bondade
innata do individuo, a inmersión na natureza e
o individualismo, basicamente
- O contrato social, baseado no
establecemento nun xeito de asociación na
que cada individuo, unido a os demais en
sociedade, se obedeza, porén, a si mesmo.
Non perde a súa individualidade.

8
10 e 11. Que liberdade e igualdade
se derivan do contrato social?
A liberdade natural muda en liberdade política.
O individuo comprométese coa comunidade, cos
demais e a comunidade co individuo, que queda
tan libre como cando vivía en natureza
A igualdade natural queda convertida en
igualdade política. Ninguén é máis que o outro,
como se evidencia na VONTADE XERAL.

9
12, 13 e 14. A VONTADE XERAL.
Finalidade
É a vontade que xurde da unión
de todos os individuos
establecendo leis que deben
ser aplicadas por igual a todos.
A finalidade é o Ben Común

10
15. A vontade xeral e a soberanía
A vontade xeral (o que ven sendo a vontade
popular nos sistemas democráticos. O pobo) é
SOBERANA.
A soberanía é inalienable (non pode cederse
nin delegarse) e indivisible (non hai, pois,
separación de poderes)

11

You might also like